Conferencia de presentación de aspectos básicos da toponimia feita por Xoán Carlos Porral. Elaborada para introducir na toponimia aos recolectores de topónimos.
Trátase dunha iniciativa que se traballa desde o ENDL do IES Pintor Colmeiro (Silleda)
http://silledaasferreiras.blogspot.com.es/
3. O PATRIMONIO: entre a razón e o
sentimento
Do monumento, soporte da memoria,
pasamos ao patrimonio, soporte da
identidade.
LINGUA GALEGA
Considerada como monumento só serviría
para exercitar a memoria
E a memoria só se ten do aprendido, aínda que
moitas veces isto non teña utilidade práctica
Considerada como patrimonio, apórtanos
identidade cultural, social e individual
4. O patrimonio posúe a capacidade para
representar simbolicamente
unha identidade a través de diversas
activacións de determinados
referentes patrimoniais, entre eles
as LENDAS e os TOPÓNIMOS
5. A TRADICIÓN ORAL COMO ArP
PRINCIPIO TEÓRICO
1.- A simbolización lingüística dos espazos:
a) Forma parte dunha experiencia cultural
b) Consistente en representar nos espazos aquelas experiencias e tradicións que
gozan dun significado profundo na sociedade
2.- Por iso, ó longo da historia, fóiselle dando identidade lingüística a aqueles
lugares que marcaron a conciencia das comunidades nun momento
determinado
PRINCIPIO PRÁCTICO
Análise do topónimo “Fonte dos Meniños”, que leva consigo un significado
Meniños”
histórico referente a unha práctica que antigamente se realizaba nese lugar,
conservándose, a duras penas, na memoria popular dos pobos que dela se
sentían partícipes
6. “FONTE DOS MENIÑOS”
A) Localización e tradición
Situado espacialmente no monte común da zona oeste da parroquia de San
Vicente de Argozón (Chantada), que, coa serra do Faro como límite xeográfico,
linda coas terras de Camba.
Fonte á que os máis vellos lle asociaban poderes curativos: alí os nenos e nenas
“curábanse” do “anghanadiño” (ou enganido).
Para poder curarse había que pasar á criatura por debaixo dunha pedra que,
situada horizontalmente sobre o regueiro do manancial, facía de ponte. Dúas
mulleres colocadas a cada lado do arco da ponte, pasábanse entre si o neno/a
nove veces repetindo en cada unha delas o seguinte responso dialogado:
Muller 1: “¡María!”
Muller 2: “¿Que?”
Muller 3: “Toma este anganadiño. Se é pa Dios, Dios o leve. Se é po mundo,
Dios o salve”
Rematado o ritual, deixábase unha candea acesa (“se se apagaba, morría a
criatura; se se mantiña acesa, vivía”); tamén se deixaban cartos na fonte, e as
roupas que levaban postas os rapaces e rapazas no momento do rito.
7. “FONTE DOS MENIÑOS”
B) A “Capela”
Algúns dos informadores fixeron referencia á
existencia dunha “capela” ó pé da “Fonte
dos Meniños”
Esto fixo desviar a nosa atención, posto que
os veciños si oíran falar dunha antiga
capela, sita ó pé dunha fonte, na que se
veneraba a Santa Eufemia, pero situábana
en terras de Fafián e non de Argozón
Fomos ata o lugar, e alí atopámonos con isto:
O paso do tempo e o abandono das tradicións e
dos ritos vencellados a un lugar concreto, son dous
dos factores que inciden na perda da concreción
espazo-temporal característica dos topónimos
e na deturpación significativa dos mesmos
8. Fonte dos
Meniños
Muller 1: “¡María!”
Muller 2: “¿Que?”
Muller 3: “Toma este
anganadiño. Se é pa
Dios, Dios o leve. Se
é po mundo, Dios o
salve”
9. “FONTE DOS MENIÑOS”
C) A solución: visita ó manancial curativo
Entre a maleza e unha fraga frondosa, atopamos a fonte.
Ó pé dela (3-4 metros) atopábanse unhas pedras de considerables dimensións enterradas no
chan e formando un semicírculo.
A “Capela”
Fonte dos
Meniños
Dolmen de Dombate
A elas referiuse o noso acompañante como “os restos da capela”.
capela”
As verbas do guía situáronnos ante algo máis ca unha fonte con fins curativas.
A tradición recollida, que centraba o relato en dita fonte e no seu valor sandador, agochaba baixo
o termo capela a referencia á anta dunha mámoa que, pola súa primixenia forma e estrutura,
ben podería ser asemellada a unha capela polos antepasados da zona.
10. “FONTE DOS MENIÑOS”
D) Toponimia (e lendas?) como ArP
O topónimo “Fonte dos Meniños”
Referencia a unha fonte
con carácter sandador
Pero ó seu carón hai unha
“capela”
Que ven a ser a
anta dunha mámoa
11. 1) TIPOLOXÍA DOS TOPÓNIMOS
“A simbolización
lingüística dos espazos
forma parte dunha
experiencia cultural
consistente en
representar nos
espazos aquelas
experiencias que para
nós teñen significados
profundos. Por iso pode
ser preciso darlle unha
identidade lingüística a
cada lugar”.
RODRÍGUEZ CAMPOS, X.;
Lingua, linguaxe e experiencia. A perspectiva
antropolóxica e as implicacións filosóficas. 2001.
12. Antigo Réxime
Novo Réxime
Concentración parcelaria
Paisaxe agrario tradicional
Asistimos a un cambio da paisaxe, costumes, modos de vida
e a perda da tradición oral
14. A) OS TOPÓNIMOS COMO SINALIZADORES DO USO E CALIDADE DO
TERREO
Referentes ao uso actual da terra: O Agro das
Míllaras, Regueira, Regueirancha e Prados da Fonte
Referentes á calidade dos terreos: Vilar Bo,
Campelos e A Devesa
Referentes aos usos da terra no pasado: A
Codeseira, As Carballas, O Toxo, O Soutiño, ou O
Tosano
Referentes á construción: Costa da Tella, A Barreira
e As Barrosas; Croios Brancos, Pedras Rubias e
Coto da Pedra
Referentes a actividades agrarias do pasado: Val da
Moa
15. O topónimo “Croios Brancos” non só
está inmortalizado nunha placa disposta
nun muro dese monte, senón tamén
na memoria colectiva dos veciños
16. B) OS ACONTECEMENTOS DO PASADO COMO REFERENTES DE
TOPÓNIMOS
Conservación que a
través dos topónimos se
dá da memoria popular
da historia da cultura
do pobo: Cruz de Brais
e Cruz do Cacharelo;
Camiño dos Arrieiros
(ou Camiño Real); Pena
das Merendas; Igrexa
da Pena, Cabanelas e
Os Canizos; Mama
Grande, Mama Cavada
e Adrio do Castro
18. C) AS CARACTERÍSTICAS FÍSICAS DO ESPAZO PRESENTES NA
TOPONIMIA
Topónimos que levan
consigo unha referencia
ás características
físicas dun determinado
lugar: Lagoas, Lamelas
e Lameiriño
Topónimos referentes á
altitude dun
determinado lugar:
Outeiriño, Os Cotarelos
e Cotorrapado
Topónimos referentes á
forma dun espazo:
Valiño e Agro Redondo