Good Stuff Happens in 1:1 Meetings: Why you need them and how to do them well
Formigueiro e as grelas
1. O FORMIGUEIRO – Víctor Villar
E MAIS …
AS GRELAS – Nines Domínguez
2. QUEN SOMOS?
Un conxunto de persoas amigas con intereses e preocupacións
comúns que buscan compartir coñecementos e consumir de
xeito responsable e san, na procura dun desenvolvemento local
participativo e sustentable cara á soberanía alimentaria real.
3. • ECOLOXICO:
• Fertilizantes e pesticidas naturais
• Trato respectuoso aos animais
• Produtos locais: menor pegada ecolóxica, loita contra o cambio
climático
• Compra a granel, redución de envases, reutilización e reciclaxe destes
• SOSTIBLE:
• Uso extensivo fronte a intensivo
• Desenvolvemento local
• Ordenación do territorio dende “o local”, respecto a biodiversidade
• Demanda de produtos de tempada
4. • XUSTO:
• Pequenas explotacións autoxestionadas
• Precio xusto para os produtores
• Repecto das condicións laborais dos traballadores
• Contribución ao desenvolvemento local
5. - Onde se produce o que consumimos?
- Quen o produce?
- Respéctase á xente e á terra que produce?
- Os produtos son sans na súa produción e consumo?
- Tómanse medidas para evitar ou reducir a
contaminación?
6. En
fe Asociacións
rm Participación Xustiza
ed
ad
e
Fa
m
Solidaridade
e
amigos aficións
Co
nt
am
in
Ecoloxía familia traballo
ac
ió
n
Dé estudos
Dación be
en TV,prensa
d
pagamentoa casa
o meu espazo de comodidade
7. Asociacións
Participación Xustiza
Solidaridade
amigos aficións
Ecoloxía familia traballo
estudos
Dación en TV,prensa
pagamento casa
o meu espazo de comodidade
8. Asociacións
Participación Xustiza
Solidaridade
amigos aficións
Ecoloxía familia traballo
estudos
Dación en TV,prensa
pagamento casa
o meu espazo de comodidade
9. Debates
Obradoiros
Pedidos
As Grelas
Interacción con
outros grupos
Eventos
Intercambio
información
10. O FORMIGUEIRO:
Achégate Casa do Bispo, Vilaselán, Ribadeo
Facebook: Formigueiro Ribadeo,
cooperación e solidaridade
AS GRELAS:
asgrelas@gmail.com
Facebook:Grupo de consumo as grelas
Blog: http://asgrelas.odiseus.org/
Notes de l'éditeur
As Grelas, quen somos? Se temos que describirnos esta sería unha posibilidade: somos Un conxunto de persoas amigas con intereses e preocupacións comúns que buscan compartir coñecementos e consumir de xeito responsable e san, na procura dun desenvolvemento local participativo e sustentable cara á soberanía alimentaria real . Nos Nacemos e xuntámonos polo común interese de confiar en que existe unha forma sinxela de consumir e nutrirse da riqueza da nosa terra. Queremos establecer lazos humanos entre @s productor@s e os que consumimos o que el@s producen. Descubrimos que unha forma lóxica de mercar faite menos influenciable pola publicidade, e provócache que profundices na orixe daquilo que estás mercando xa sexa roupa, calzado, comida, agasallos, etc…Todo leva consigo unha historia… Para nos, consumo responsable significa: ecoloxico, sostible e xusto
Ecolóxico significa para nos un uso de fertilizantes e pesticidas naturais, dando prioridade á asociación de cultivos e loita biolóxica. Trato respectuoso aos animais con prácticas de benestar animal evitando o uso de antibióticos e outros medicamentos, utilizar produtos locais con menor pegada ecolóxica xa que se reduce o transporte, o que ademais contribúe á loita contra o cambio climático. Que sexa posible a compra de produtos a granel reducindo a cantidade de envases e en todo caso que sexan biodegradables, reutilizables ou reciclables Sostible e que haxa unha explotación racional das terras (uso extensivo fronte a intensivo) e dos recursos mariños respectando os períodos de reprodución e crecemento. E o favorecemento do desenvolvemento local mediante o consumo de produtos e servizos locais e evitando así o despoboamento do campo, unha mellor ordenación do territorio feita dende "o local" para respectar a biodiversidade e o que nos podemos facer e demandar produtos de tempada de variedades locais adaptadas ao noso clima e chan e que castigan menos a terra.
Xusto e o non acaparamento de terras con pequenas explotacións autoxestionadas fronte a grandes multinacionais, un prezo xusto para os produtores e a redución de intermediarios. É o respecto das condicións laborais dos traballadores e a contribución ao desenvolvemento local porque as persoas que viven aquí consumen aquí e se gastan o que gañan aquí, fronte ás multinacionais que son lideradas por xente que non consume aquí nin se interesa polas nosas condicións de vida ou polo noso territorio, e que as ganancias económicas e humanas redunden nas zonas onde se consumen os recursos tanto naturais coma humanos. E todo isto lévanos á base "a información".
Temos o deber de ser consumidores informados e poder contestarnos preguntas básicas como: Se nós como consumidores informados somos esixentes, os produtores terán que adaptarse para satisfacer as nosas demandas. E cómo é este proceso?
E cómo esiximos? Abandonando o noso espazo de comodidade. Movémonos diariamente polo mundo dentro do noso espazo de comodidade formado pola nosa casa, familia, amigos, traballo, estudos... e interaccionamos con eles de xeito directo. Sabemos o que acontece fóra dese espazo a través dos medios de comunicación que nos traen noticias sobre a débeda, a contaminación, a fame, as enfermidades... Pero polo xeral non interactuamos con eles, e se facémolo é de forma moi indirecta: donacións, firmas, etc. Pero tamén oímos outras cousas como a dación en pagamento, a ecoloxía a solidariedade, a participación, a xustiza, as asociacións..
E un día decidimos abrir unha porta nese muro que encerra o noso espazo de comodidade para mirar con algo máis de detemento, e descubrimos que queremos saber máis, necesitamos saber máis…
e pouco a pouco noso espazo de comodidade esténdese. E a nosa interacción co mundo vólvese máis directa, participamos e descubrimos que podemos elixir, que non estamos só nós e os nosos. E entón emprendemos o camiño da asociación, a organización, o esforzo común... a forza do social
E unha vez que estamos organizados comezamos a movernos: xestionamos os pedidos, formulamos debates, organizamos eventos (como a semana do comercio xusto), intercambiamos información, organizamos obradoiros (como un que fixemos de xabóns e feltro) e buscamos a interacción con outros grupos buscando sinerxias, como outros grupos de consumo ou o grupo TERRA, que tamén pertenece ao Formigueiro.