SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  2
Télécharger pour lire hors ligne
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

A Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional, con motivo da
celebración o 3 de DECEMBRO, do DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON
DIVERSIDADE FUNCIONAL, fai público este MANIFESTO, presentando ante a Sociedade
a percepción do colectivo sobre a equiparación de oportunidades das persoas con
diversidade funcional na comarca de Barbanza e as demandas dos seus
representados.

MANIFESTO:
AMBAR con motivo do tres de decembro DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON
DISCAPACIDADE, neste ano 2010, observamos que ademais das vellas cuestións sen
resolver que dificultan o desenvolvemento da vida autónoma das persoas con
diversidade funcional, e ante a crise global, é necesario sinalar que existen marcos
normativos globais que esixen realizar políticas inclusivas para dar solucións aos
vellos problemas, e que actuar positivamente pola inclusión e pola diversidade
permitirá maior igualdade de oportunidades relanzando o desenvolvemento social e a
reactivación económica, e esto é algo que podemos e debemos comezar a facer agora
na nosa comunidade local garantindo que todos poidamos vivir como cidadáns de
pleno dereito, e MANIFESTA:

1.- A PESAR da vixencia da CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DAS PERSOAS CON
DIVERSIDADE FUNCIONAL, constatamos nos trinta meses de vixencia da mesma, o
descoñecemento deste marco legal e os seus efectos para o colectivo de persoas con
diversidade funcional. Reivindicamos a creación de órganos locais nos que teñan voz e
capacidade de decidir o colectivo ao que representamos.

2.- A PESAR da existencia de lexislación en materia de promoción da accesibilidade
atopamos que os nosos pobos e aldeas presentan contornas inaccesibles en canto a
edificación e mobiliario urbano. Esiximos que as persoas con diversidade funcional
poidan facer uso de todos os bens e servizos da comunidade en igualdade de
oportunidades.

3.- A PESAR da existencia desta mesma lexislación e da específica en materia de
transporte, hoxe en día denunciamos a imposibilidade de utilizar transporte público
Interurbano. Esiximos que as administracións públicas competentes nesta materia
promovan estes servizos e adxudiquen exclusivamente a aquelas empresas que
cumpran cos requisitos de accesibilidade.

4.- A PESAR da existencia de lexislación en materia de INCORPORACIÓN DE PERSOAS
CON DIVERSIDADE FUNCIONAL O MERCADO LABORAL ORDINARIO, atopamos que se
segue asociando a imaxe do traballador ou traballadora con diversidade funcional ao
emprego protexido exclusivamente, polo que esiximos unha adecuada coordinación
entre os axentes políticos, empresariais, sindicais e educativos para garantir o acceso
ao emprego normalizado. Expoñemos ás administracións locais que exemplifiquen a
inclusión laboral mediante a incorporación visible e notable de persoas con
diversidade funcional nas súas plantillas de persoal.


Manifesto Asociación AMBAR
Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional                              1
5.- A PESAR da traxectoria histórica do movemento asociativo e do marco legal
conseguido, á nosa comunidade quedalle aínda un longo camiño por percorrer en
canto á plena participación, equiparación de oportunidades e cidadanía plena das
persoas con diversidade funcional. Consideramos que a forma de avanzar neste ámbito
é o auténtico compromiso das administracións públicas para facer cumprir A
CONVENCIÓN. Esiximos ás administracións públicas que adopten a Convención e
apliquen os recursos necesarios para o seu coñecemento e desenvolvemento.

6.- A PESAR de que a natureza das persoas é vivir en sociedade, aínda son moitas as
persoas que cando dependen doutras para conducir as súas vidas, para moverse ou
levar a cabo as súas actividades, son confinadas en residencias inadecuadas,
segregándoas en instalacións onde se lles rouba o control sobre as súas propias vidas e
se apartan da visión da sociedade corrente e da participación. Esiximos que a nosa
xente teña a oportunidade de elixir o seu lugar de residencia e onde e con quen vivir,
en igualdade de condicións coas demais, e non se vexan obrigadas a vivir con arranxo
a un sistema de vida específico.

7.- A PESAR de que a Convención no seu artigo 24 obriga a garantir a educación
inclusiva das alumnas e alumnos con diversidade funcional, observando os principios
de normalización, igualdade de oportunidades, non discriminación, accesibilidade
universal, provisión de apoios, calidade e equidade que compensen as desigualdades,
séguense habilitando recursos especiais para segregar persoas con diversidade
funcional, perpetuando unha educación que desvalora ás persoas diferentes desde a
infancia. Demandamos a adopción das medidas económicas necesarias para asegurar
que ningún alumno ou alumna con diversidade funcional se vexa privado, por falta
de recursos, do dereito a acceder a unha educación inclusiva de calidade.

Por estes motivos AMBAR vai continuar o seu labor pola equiparación de
oportunidades das persoas con diversidade funcional colaborando a todos os niveis na
realización das políticas sociais pola inclusión, desde a transversalidade, evitando
medidas segregadoras que exclúen e invisibilizan á nosa xente, tendo como eixo
principal de actuación o VIVIR INCLUÍDOS NA COMUNIDADE. E facemos un
chamamento á comunidade para que se sumen o labor de AMBAR facendo os nosos
pobos máis inclusivos e respectuosos coa diversidade, máis humanos.

Tres de decembro de 2010




Manifesto Asociación AMBAR
Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional                              2

Contenu connexe

Similaire à Manifesto AMBAR 3 decembro 2010

Visita asociación down coruña
Visita asociación down coruñaVisita asociación down coruña
Visita asociación down coruña
satelite1
 
Memoria Xaruma 2013
Memoria Xaruma 2013Memoria Xaruma 2013
Memoria Xaruma 2013
AsocXaruma
 
Programa da candidatura
Programa da candidaturaPrograma da candidatura
Programa da candidatura
xanperican
 

Similaire à Manifesto AMBAR 3 decembro 2010 (20)

Memoria 2017 ASCM
Memoria 2017 ASCMMemoria 2017 ASCM
Memoria 2017 ASCM
 
Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)
 
Propuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
Propuestas y Soluciones de Igualdad y TicPropuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
Propuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
 
programa bng ribadeo 2023.pdf
programa bng ribadeo 2023.pdfprograma bng ribadeo 2023.pdf
programa bng ribadeo 2023.pdf
 
Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023
Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023
Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023
 
Visita asociación down coruña
Visita asociación down coruñaVisita asociación down coruña
Visita asociación down coruña
 
Memoria Xaruma 2013
Memoria Xaruma 2013Memoria Xaruma 2013
Memoria Xaruma 2013
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
 
Díptico informativo do BNG
Díptico informativo do BNGDíptico informativo do BNG
Díptico informativo do BNG
 
Elecciones generales 26J: En Marea
Elecciones generales 26J: En MareaElecciones generales 26J: En Marea
Elecciones generales 26J: En Marea
 
Programa Candidatura Redondas 2
Programa Candidatura Redondas 2Programa Candidatura Redondas 2
Programa Candidatura Redondas 2
 
Programa da candidatura
Programa da candidaturaPrograma da candidatura
Programa da candidatura
 
Visita relator onu
Visita relator onuVisita relator onu
Visita relator onu
 
Programa Ferrol en Común
Programa Ferrol en ComúnPrograma Ferrol en Común
Programa Ferrol en Común
 
Memoria 2019 ASCM
Memoria 2019  ASCMMemoria 2019  ASCM
Memoria 2019 ASCM
 
Memoria Xaruma 2014
Memoria Xaruma 2014 Memoria Xaruma 2014
Memoria Xaruma 2014
 
Coñeces eQuo? Reinicia!
Coñeces eQuo? Reinicia!Coñeces eQuo? Reinicia!
Coñeces eQuo? Reinicia!
 
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
 
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
 
Proposta didactica-para-secundaria
Proposta didactica-para-secundariaProposta didactica-para-secundaria
Proposta didactica-para-secundaria
 

Manifesto AMBAR 3 decembro 2010

  • 1. DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL A Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional, con motivo da celebración o 3 de DECEMBRO, do DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL, fai público este MANIFESTO, presentando ante a Sociedade a percepción do colectivo sobre a equiparación de oportunidades das persoas con diversidade funcional na comarca de Barbanza e as demandas dos seus representados. MANIFESTO: AMBAR con motivo do tres de decembro DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, neste ano 2010, observamos que ademais das vellas cuestións sen resolver que dificultan o desenvolvemento da vida autónoma das persoas con diversidade funcional, e ante a crise global, é necesario sinalar que existen marcos normativos globais que esixen realizar políticas inclusivas para dar solucións aos vellos problemas, e que actuar positivamente pola inclusión e pola diversidade permitirá maior igualdade de oportunidades relanzando o desenvolvemento social e a reactivación económica, e esto é algo que podemos e debemos comezar a facer agora na nosa comunidade local garantindo que todos poidamos vivir como cidadáns de pleno dereito, e MANIFESTA: 1.- A PESAR da vixencia da CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL, constatamos nos trinta meses de vixencia da mesma, o descoñecemento deste marco legal e os seus efectos para o colectivo de persoas con diversidade funcional. Reivindicamos a creación de órganos locais nos que teñan voz e capacidade de decidir o colectivo ao que representamos. 2.- A PESAR da existencia de lexislación en materia de promoción da accesibilidade atopamos que os nosos pobos e aldeas presentan contornas inaccesibles en canto a edificación e mobiliario urbano. Esiximos que as persoas con diversidade funcional poidan facer uso de todos os bens e servizos da comunidade en igualdade de oportunidades. 3.- A PESAR da existencia desta mesma lexislación e da específica en materia de transporte, hoxe en día denunciamos a imposibilidade de utilizar transporte público Interurbano. Esiximos que as administracións públicas competentes nesta materia promovan estes servizos e adxudiquen exclusivamente a aquelas empresas que cumpran cos requisitos de accesibilidade. 4.- A PESAR da existencia de lexislación en materia de INCORPORACIÓN DE PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL O MERCADO LABORAL ORDINARIO, atopamos que se segue asociando a imaxe do traballador ou traballadora con diversidade funcional ao emprego protexido exclusivamente, polo que esiximos unha adecuada coordinación entre os axentes políticos, empresariais, sindicais e educativos para garantir o acceso ao emprego normalizado. Expoñemos ás administracións locais que exemplifiquen a inclusión laboral mediante a incorporación visible e notable de persoas con diversidade funcional nas súas plantillas de persoal. Manifesto Asociación AMBAR Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional 1
  • 2. 5.- A PESAR da traxectoria histórica do movemento asociativo e do marco legal conseguido, á nosa comunidade quedalle aínda un longo camiño por percorrer en canto á plena participación, equiparación de oportunidades e cidadanía plena das persoas con diversidade funcional. Consideramos que a forma de avanzar neste ámbito é o auténtico compromiso das administracións públicas para facer cumprir A CONVENCIÓN. Esiximos ás administracións públicas que adopten a Convención e apliquen os recursos necesarios para o seu coñecemento e desenvolvemento. 6.- A PESAR de que a natureza das persoas é vivir en sociedade, aínda son moitas as persoas que cando dependen doutras para conducir as súas vidas, para moverse ou levar a cabo as súas actividades, son confinadas en residencias inadecuadas, segregándoas en instalacións onde se lles rouba o control sobre as súas propias vidas e se apartan da visión da sociedade corrente e da participación. Esiximos que a nosa xente teña a oportunidade de elixir o seu lugar de residencia e onde e con quen vivir, en igualdade de condicións coas demais, e non se vexan obrigadas a vivir con arranxo a un sistema de vida específico. 7.- A PESAR de que a Convención no seu artigo 24 obriga a garantir a educación inclusiva das alumnas e alumnos con diversidade funcional, observando os principios de normalización, igualdade de oportunidades, non discriminación, accesibilidade universal, provisión de apoios, calidade e equidade que compensen as desigualdades, séguense habilitando recursos especiais para segregar persoas con diversidade funcional, perpetuando unha educación que desvalora ás persoas diferentes desde a infancia. Demandamos a adopción das medidas económicas necesarias para asegurar que ningún alumno ou alumna con diversidade funcional se vexa privado, por falta de recursos, do dereito a acceder a unha educación inclusiva de calidade. Por estes motivos AMBAR vai continuar o seu labor pola equiparación de oportunidades das persoas con diversidade funcional colaborando a todos os niveis na realización das políticas sociais pola inclusión, desde a transversalidade, evitando medidas segregadoras que exclúen e invisibilizan á nosa xente, tendo como eixo principal de actuación o VIVIR INCLUÍDOS NA COMUNIDADE. E facemos un chamamento á comunidade para que se sumen o labor de AMBAR facendo os nosos pobos máis inclusivos e respectuosos coa diversidade, máis humanos. Tres de decembro de 2010 Manifesto Asociación AMBAR Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional 2