SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  39
A B C D E F G H I K L M N O P R S T V X Z ESC. PARA INICIO
Ábaco : Peza en forma de mesa que remata o capitel e sobre a que se asenta  a arquitrabe. Ábsida : Construcción con planta semicircular ou poligonal, cuberta con bóveda, que sobresae na parte posterior dun templo e onde se sitúa o altar maior.   Abstracto:  Denomínase así á arte non figurativa,  a que sostén que as cores e formas  posúen en si mesmas valores estéticos específicos, completamente independentes do tema da pintura ou escultura ou de calquer figura recoñecible na natureza.   Abucinado : Oco de porta ou fiestra que ten máis abertura por unha das  caras da parede que pola outra.   Acroterios : Ornamentos que coroan os vértices dun frontón.   Acuarela : Técnica pictórica que emprega cores diluídas en auga e o papel ou  cartón como soporte. O branco é a propia cor do papel.   Adobe : En arquitectura, ladrillo sen cocer.   Adonis : Mitoloxía grega. O termo alude á fermosura da personaxe. Ademais, a historia da súa morte e resurrección é un símbolo do ciclo natural da morte e do  r enacemento.   Aglutinante : En pintura, elemento que serve para dar cohesión ós pigmentos. Por exemplo, ovo, cola etc.   Aleiro:  Parte do tellado que sobresae do muro.   Aleta : Enorme voluta que enlaza polo exterior dúas alturas dun edificio que teñen distinto ancho.   Alfiz : Moldura que enmarca un arco. É unha peza característica da arquitectura musulmana.   Alminar : Minarete.   Almofado : Perpiaños coas xuntas biseladas ou refundidas.
Alto relevo : En escultura, relevo no cal o seu vulto sobresae máis da metade do fondo.   Ándito : Triforio.   Aniconismo : Sen decoración figurada.   Antepeito : Peitoril.   Antipendios : Parte dianteira dun altar.   Anunciación : Pasaxe bíblica na que o arcanxo Gabriel anuncia a Virxe María o misterio da Encarnación. A Anunciación é un tema moi frecuente na pintura, sobre todo despois do século XV.   Aparello : Forma de dispor os elementos empregados na construcción dun muro. As principais variantes son: A soga: Os ladrillos dispóñense de tal forma que o lado longo sexa paralelo á parede. A tizón: Os ladrillos dispóñense de tal forma que o lado longo sexa perpendicular á parede. A soga e tizón: Paramento no que se alternan os lados longos e curtos dos elementos que o compoñen. Ciclópeo: Aquel que alterna bloques de tamaño colosal sen argamasa de unión. Isódomo: Aquel no que os perpiaños son todos iguais. Pseudoisódomo: Aquel que presenta ringleiras regulares, pero alternando distintas alturas dunha e outra sucesivas.   Apocalipse :  Derradeiro libro do Novo Testamento. Atribúese a San Xoán e nel nárrase o destino da humanidade, a victoria de Cristo e o triunfo da Igrexa.
Arco : Elemento sustentante, que descarga os empuxes, desviándoos lateralmente, e que está destinado a franquear un espacio máis ou menos grande por medio dun traxecto normalmente  curvo. Os  principais tipos de arco  son: Arco apuntado: Consta de dúas porcións de curva que forman un ángulo na clave. Ten dous centros e o intrad orso  cóncavo. Típico do gótico. Arco conopial:  ( Semella unha quilla invertida) É o formado  por dous arcos cóncavos na parte superior e outros dous convexos na inferior, ten, por tanto, catro centros. Típico do último gótico. Arco de ferradura:  Ultrasemicircular e con arranques a igual altura. Arco máis típico da arte musulmana. Arco de medio punto: Aquel de forma semicircular. Arco faixón: Chamado tamén perpiaño. É o que se dispón transversalmente ó eixo da nave. Arco formeiro:  O paralelo ó eixo lonxitudinal da bóveda. Xeralmente comunica a nave central coas laterais. Arco lobulado: Aquel coa silueta formada por tres ou máis seccións de circunferencia que se cortan entre si. Arco mixtilíneo: O que se forma pola mestura de liñas curvas e rectas. É típico da arte árabe. Arco peraltado: De medio punto con dúas prolongacións rectas ou peraltes que o converten nun arco ultrasemicircular. Arco rebaixado: Aquel no que a frecha é inferior á semiluz.   Arcobotante : Arco que transmite ós contrafortes a presión da bóveda que cobre a nave central. Elemento constructivo fundamental do gótico.   Aresta viva : Canto agudo formado igualmente pola unión de dúas superficies.   Arquitectura : Arte e técnica que aplica os seus principios ó deseño, emprazamento e construcción de edificios.   Arquitectura efémera : A construída provisionalmente e realizada xeralmente con materiais perecedoiros.  
Arquitrabe : Parte baixa do entaboamento. Recibe os empuxes do friso e descansa directamente sobre as columnas. Arquivoltas : Conxunto de arcos insertos uns noutros que constrúen unha portada abucinada.   Artesoado :  Teito decorado con artesóns que cubre o interior dos salóns,   cuartos..   Arte moble : É a referida a obxectos móbiles, é dicir, que se poden trasladar e, por tanto, non unidos a un edificio. Por exemplo, cofres ou mobles.   Atenea : Deusa grega da guerra pero tamén das artes, dos oficios e do coñecemento en xeral. Sóese representar como unha moza guerreira con casco e lanza. Moi frecuente no mundo  grego. Na mitoloxía romana asociouse con Minerva.   Atlante : Escultura masculina que fai as veces de columna. Atlas era o deus que, segundo os antigos gregos, sostiña o mundo sobre os seus ombros.   Axadrezado : Decoración en dameiro ou xadrez.  
Baco : Deus do viño dos romanos equivalente ó grego Dionisos.   Baixo relevo : Relevo que sobresae do fondo menos da metade do vulto.   Balaustrada : Conxunto de balaústres.    Balaústre : Columniña redonda ou cadrada, xeralmente moi curva ou perfilada, pensada para soster unha escaleira, un balcón... Son moi frecuentes no Renacemento italiano do XVI e tamén no Barroco.   Baldaquino : Peza arquitectónica formada por unha cuberta apoiada sobre catro elementos sustentantes (piares ou columnas), que se sitúa sobre unha tumba ou altar.   Baptisterio : Lugar destinado ó bautismo. En Italia, no Románico e no Gótico, soe estar exento diante da fachada principal da igrexa propiamente dita. Pola contra, en España, está situado dentro da igrexas.    Baquetón : Moldura redonda a modo de rolo.   Base : Parte inferior da columna sobre a que se asenta o fuste.   Bestiario : É a decoración con bestas, monstros e animais imaxinarios utilizada habitualmente na Idade Media.   Bisel : Corte oblicuo no bordo dunha lámina, prancha, perpiaño etc.   Bocel : É unha moldura en forma de semicírculo convexo.   Bodegón : Natureza morta. É un xénero pictórico no que se representan animais mortos, froitas e obxectos comestibles en xeral.    Bóla : Motivo ornamental en forma de esfera.   Bosquexado : Técnica artística na que a obra se presenta nas súas liñas xerais, sen rematar.  
Bóveda : Estructura que cobre de forma arqueada un espacio entre muros, piares ou columnas. As principais clases de bóvedas son: Bóveda de aresta: Orixínase polo cruzamento de dúas bóvedas de canón. Bóveda Baída: Bóveda esférica cortada nos seus catros lados por outros tantos planos verticais. Bóveda de canón: Fórmase ó desprazar un arco de medio punto ó longo dun eixo lonxitudinal. Bóveda de cruzaría: Formada por arcos ou nervios que se cruzan diagonalmente sobre unha clave central común.  Bóveda estrelada: Bóveda de cruzaría que ademais dos nervios diagonais ten terceletes. Bóveda gallonada:Bóveda con ornamentación de gallóns. Bóveda de lunetos: Bóveda de canón cruzada perpendicularmente por outras de canón de menor altura, dando lugar a formas triangulares curvas, chamadas lunetos.   Bo Pastor : Denomínase así, na arte paleocristiá, á figura pintada ou esculpida que representa a Cristo mozo vestido con faldell ín  curto e que leva sobre as costas unha ovella.   Bucranio:  Ornamento que reproduce o cranio dun boi.   Busto : Pintura ou escultura da parte superior do tórax, con cabeza pero sen brazos.
Cabeceira : Testeiro.  Nas igrexas, parte onde está o altar principal.   Cadro de xénero : Pinturas que representan temas ou escenas do cotián.   Canon : Regra de proporcións humanas conforme ó tipo ideal de cara á determinación da medida ou escala proporcional para o conxunto e as partes dunha escultura.   Canzorro : Pezas saíntes e decoradas que soportan as cornixas ou aleiros. En realidade son ménsulas que sobresaen dun plano e adoitan estar decoradas na súa parte inferior, que é a visible.    Capitel : Sección dun soporte arquitectónico que enlaza o fuste ca arquitrabe. Habitualmente decóranse con variados relevos.   Cariátide : Figura feminina vestida que se emprega como fuste de columna.   Casetón:  Compartimento oco, xeralmente de forma cadrada, de estructura tronco-piramidal invertida, co fondo decorado, que resulta un elemento característico das ornamentacións nos teitumes  da arte romana e dos clásicos posteriores.   Chafrán : Esquina cortada por un plano, evitando así a existencia dun ángulo.   Chapitel : Remate apuntado dunha torre.   Charis : É a gracia que dotaba dun  ethos  ou personalidade máis humana e atractiva ás  esculturas gregas.   Cella : Sala dun edificio sagrado da antigüidade clásica.   Celosía : Taboleiro calado para pechar vans que  permite ver e non ser visto.
Cera perdida : Procedemento para realizar estatuas de bronce  de pequeno tamaño. Unha vez feita a figura en cera, recóbrese con barro, xeso... para conseguir un molde en negativo da figura. Unha vez seco o recubrimento, fáiselle un burato na parte superior e outro na inferior; a continuación vértese polo primeiro  bronce fundido que  fará saír a cera derretida polo segundo. Unha vez arrefriado o metal, fractúrase o molde e despréndese a estatua.   Ciborio : Construcción elevada sobre o cruceiro (para dar luz ó interior da construcción), que habitualmente ten forma de torre de planta cadrada ou octogonal. Xeralmente remátase con chapitel.   Cimacio : É a peza en forma de táboa delgada que remata os capiteis xónicos e corintios.   Claroscuro : Arte de dispor nunha pintura o contraste de luces e sombras, entre cores cálidas e frías. Aplícase concretamente ó xeito de destacar as figuras iluminadas sobre un fondo escuro. Este recurso acada a súa máxima expresión no “tenebrismo”   Claustro : Galería con columnas que rodea o patio dun mosteiro ou igrexa.   Clave dun arco : Doela central dun arco.   Clípeo : Medallón ou escudo circular.   Colariño :Moldura en forma de anel entre o fuste e o capitel.   Colaxe : Técnica plástica consistente en adherir sobre un soporte obxectos de procedencia e natureza moi diversas, ata compoñer a obra definitiva.   Cores cálidas : Son aquelas que expanden a luz  (vermello, laranxa,amarelo)    
Cores complementarias : Aquelas que ó mesturarse xeran branco ou gris neutro: vermello + verde, laranxa + e azul ou violenta + amarelo. As parellas estarán conformadas por unha cor primaria e unha secundaria producida pola mestura das restantes primarias: vermello e verde (azul + amarelo), amarelo e violeta (vermello + azul), azul e laranxa (vermello + amarelo)   Cores frías : Cores que absorben a luz (verde, azul, violeta)   Cores primarias : Aquelas que non se poden obter pola mestura doutras cores (vermello, amarelo e azul)   Cores secundarias : Aquelas que se obteñen coa mestura de dúas primarias: alaranxado (vermello + amarelo), verde (amarelo + azul) e violeta (vermello + azul)   Columna : Elemento vertical cilíndrico, de sostén ou decoración, composto por unha base, fuste e capitel.   Columna salomónica : Aquela de desenvolvemento helicoidal.   Comitente : Persoa que encarga a súa representación a un artista.   Composición centrífuga:  Oposto a composición centrípeta. Todos os elementos están dispostos do centro cara o exterior da obra.   Composición centrípeta:  Oposto a composición centrífuga. Os elementos da obra de arte están dispostos de tal forma que converxen cara o centro xeométrico do cadro ou da escultura.   Contraforte : Peza arquitectónica de forma prismática de que se une a un muro pola súa parte exterior, e que contribúe a acentuar a solidez do mesmo.   Contraluz:  Representación dun obxecto desde o lado contrario ó iluminado.      
Contraposto : Recurso escultórico ideado na Grecia Clásica que consiste na disposición balanceada da figura, de xeito que a perna sobre a que descansa o peso do corpo, en tensión, se corresponde co repouso do brazo do mesmo flanco; namentres que a perna oposta, en repouso, se complementa nese lado co brazo en tensión.   Convento:  Comunidade relixiosa, masculina ou feminina, ou ben complexo arquitectónico que a acolle.   Cornixa:  Parte sobresaliente superior dun entaboamento.   Coro:  Lugar reservado ó clero nas catedrais e igrexas monásticas. A súa colocación variuou ó longo do tempo: no centro da nave maior, nos pés desta ou nun lugar elevado. Dentro do coro disponse os sitiais que ocupan os frades ou clérigos, normalmente de madeira, con relevos e cun atril para os libros litúrxicos.   Costelares:  Armazón, polo regular de madeira, que serve para afianzar a estructura dunha cúpula ou unha cuberta.   Costumismo:  Referente ás obras que se ocupan de representar os costumes.   Crepis:  Crepidoma. Base ou pedestal dun templo con tres gradas ou banzos.    Crestería:   Conxunto de elementos decorativos que engalanan o remate dun edificio.   Cripta:  Capela emprazada baixo a planta dunha igrexa.   Crismón:  Monograma de Xesús que constitúe tamén un motivo artístico desde as orixes da arte paleocristiá. Está formado polas dúas primeiras letras do nome de Cristo X e P (en grego “ji" e “ro”) completadas co alfa e omega do mesmo alfabeto nos flancos, querendo significar á figura de Cristo como orixe e fin de todas as cousas.   Criselefantina:  Escultura feita de ouro e marfil.   Crómlech:  Conxunto de menhires dispostos en forma de círculo.
Cruceiro:  Espacio no que se cruzan, nun templo, dúas naves perpendiculares, sendo unha delas a principal.   Cúpula:  Bóveda semiesférica que xeralmente cobre un espacio cadrado. Para pasar a unha planta circular ou octogonal empréganse as trompas ou pechinas.   Curva praxiteliana:  Recurso escultórico que debe o seu nome ó xenial escultor grego Praxíteles e que consiste en nunha acentuada incurvación da cadeira creando así un ritmo de  liñas e unha sensación de enorme sensualidade.  
Danae:  Personaxe mitolóxica, nai de Perseo e filla do rei de Argos. Estando presa, Danae foi seducida por Zeus, que se xuntou con ela en forma chuvia de ouro.   Deambulatorio:  Corredor que rodea a parte traseira do presbiterio: É prolongación das naves laterais e só excepcionalmente se da sen elas. Tamén xirola   Déese:   Representación de Cristo na cruz, con María e San Xoán ó pé da mesma.  As veces  cristo aparece  no trono celestial. Este motivo iconográfico foi moi frecuente na arte bizantina ata o século XIV.   Derrame :   Dise dunha porta ou ventá que  é moito máis  ancha na parte interior que na exterior ou viceversa.   Díptico:  Cadro ou baixo relevo formado por dous taboleiros que se pechan coma un libro.   Dolmen:  Monumento megalítico funerario construído con pedras colocadas verticalmente e unha horizontal por riba como teito.   Doela:  Cada unha das pedras que, labradas en forma de cuña, forman un arco.   Dosel:  Cuberta ornamental dunha imaxe, estatua, etc. coa que se quere realzar a súa dignidade e exaltar a súa ornamentación.   Dripping:  Técnica pictórica que  consiste en deixar pingar a pintura sobre a superficie do lenzo, xeralmente colocado no chan.  
Eclecticismo:  Estilo artístico que xorde pola mestura doutros estilos anteriores.   Edículo:  Pequeno edificio ou templete para decorar exteriores.     Empastado:  Pintura con moita carga do cor.   Encaixe:  Tecido  de mallas e calados feito en liño fino que forma complexos debuxos.   Entaboamento:   Nos templos grecorromanos, o conxunto de pezas arquitectónicas sostidas por columnas. O entaboamento está composto por tres elementos: arquitrabe,friso e cornixa.   Éntase:  Mecanismo de corrección visual típico da arquitectura clásica. Mediante un engrosamento do fuste das columnas na súa parte media conséguese, por efecto de perspectiva, que o fuste semelle recto.   Enxuta: Espacio entre o lintel  e o arco.   Epifanía:   Representación pictórica ou escultórica da adoración do neno Xesús polos  Reis Magos.   Equino:  Peza inferior e curva do capitel dórico que descansa directamente sobre o fuste da columna.   Escocia:  Moldura cóncava que forma parte das bases. Concretamente a Base Ática consta de dous toros e unha escocia   Escola:   Artistas que posúen  características comúns.   Escorzo:  Disposición obl i cua ou perpendicular ó plano do cadro das figuras representadas. Deste xeito acentúase a sensación de profundidade de espacio representativo, é dicir, a perspectiva.   Escultura:  Arte de modelar, de tallar ou esculpir en barro, pedra, madeira ou outra materia, representando de vulto un obxecto, unha persoa, etc.  
Escultura de vulto redondo:  Aquela que pode ser contemplada desde calquera punto de vista ó seu redor.   Escultura exenta:   Escultura de vulto redondo   Esfinxe:  Ser mitolóxico con cabeza e peitos de muller., alado, con corpo e extremidades de león.   Esfumado:   (do it.  Sfumato) Consiste en rebaixar os tons dunha pintura para lograr, coa suavidade da factura, certo aspecto de vaguidade e distancia.   Estatua  ecuestre:  Tipoloxía  escultórica na que se representa ó retratado sobre un cabalo.   Estatua columna:  Escultura pegada ó fuste dunha columna.   Estereóbato:  Crepis.   Ethos:  Concepto grego que designa o estado normal e equilibrado. É o contrario  de  pathos     Estilobato:  Plano de sustentación das columnas. É a derradeira grada sobre a que apoia un templo clásico.   Estípite:  Elemento en forma de tronco de pirámide invertido que pode cumprir  funcións de soporte.   Estofado:  Dourado. Require unha base de ouro sobre a que logo se pinta, raspando a seguir para que saian  á luz xunto á cor as irisacións brillantes e luminosas do ouro.   Estuco:  Mestura de cal, po de mármore, alabastro ou xeso, de frecuente emprego en arquitectura pola baratura e lixeireza. Unha vez seco, ten un aspecto suave e liso. Ten o inconveniente da súa gran fraxilidade.   Estribo : Contraforte .   Exedra:  Obra de planta semicircular, a modo de ábsida, de usos moi variados.
Festón:  Motivo decorativo clásico consistente nunha cinta de flores, froitos ou follas, suspendidas polos dous extremos.   Figurativa, arte : Dise da arte que representa obxectos identificables en oposición á abstracta.   Filete:  Tamén listel.  Franxa estreita e lisa que separa dúas molduras.   Fresco :Técnica pictórica empregada na pintura mural. Tras cubrir o muro cunha capa de xeso aplícanse as cores diluídas en auga, de xeito que, ó secarse, aquel absorbe estas.   Friso : Parte plana entre a arquitrabe e a cornixa.   Frontispicio : Parte alta dun edificio ou dunha porta.   Frontón : Coroamento dun edificio de forma triangular. O espacio pechado que delimita chámase tímpano   Fuste:  Parte alongada dunha columna, comprendida entre a base e o capitel.
Gablete:  Remate  triangular sobre as arcadas característico do gótico.   Gallón:  Ornamentación curva moi saínte con que se decoran ás veces boceis e pezas de ourivería. O seu perfil  é dun cuarto de ovo. Por veces fórmanse cúpulas de gallóns por xustaposicións destes elementos.   Gánose:  Mestura de aceite, cera e colorantes que se aplicaba ás estatuas de mármore da antigüidade para colorealas.   Gárgola:  Desaugadoiro de pedra, xeralmente decorado con motivos animalísticos ou fantásticos, por onde se verte ó exterior, lonxe da parede, a auga dos  tellados dos edificios. Acadaron  a súa máxima vistosidade e desenvolvemento nas catedrais góticas.   Gravado:  Reproducción mecánica, mediante unha prensa, dun debuxo realizado previamente nunha prancha.   Greca:  Típica decoración grega configurada por un “meandro” de liñas rectas.   Grisalla:  Composición pintada a base exclusivamente da gama do gris, do branco e do negro, imitando o efecto do baixo relevo.   Grutesco:  Motivo decorativo a base de seres fantásticos, animais e  vexetais, completamente enlazados e formando un todo.
Hieratismo:  Aplícase á tendencia na que predomina un concepto monumental, ríxido e contido.   Hiperrealismo:  Representación da realidade con toda a perfección posible.   Hípetra  (sala):  En arquitectura, sala aberta ou patio porticado.   Hipóstila (sala):  En arquitectura, sala sustentada por columnas.   Horror vacui :  Ornamentación caracterizada polo seu  exceso e saturación.  
Iconoclasta :  Persoa que se opón á realización de imaxes, tanto pintadas como esculpidas, con fins relixiosos.   Iconografía :  Ciencia que estudia as orixes, formación e desenvolvemento dos temas figurados e dos atributos cos que poden identificarse e dos que normalmente van acompañados.   Iconoloxía:  Ciencia que estudia o sentido que as formas, imaxes, etc. dunha obra, posúen en canto concerne ó alegórico ou o simbólico.   Iconostase:  Arcos dispostos a modo de biombo que separa o presbiterio do resto da igrexa, onde se sitúan os fregueses, para así illar ó oficiante no momento da consagración da misa.   Idealismo:  Tendencia dos artistas que desexan achegarse todo o posible á representación perfecta dos temas das súas obras, buscando sempre a superación das taras ou defectos que todo modelo presenta.   Imago clipeata:  Aquela que se atopa dentro dun  clípeo  (escudo circular).   Imposta:  Serie horizontal de ladrillos ou pedras nun muro, algo voada, sobre a que se asenta un arco ou bóveda. En xeral, saedizo que separa dúas plantas  dun edificio.   Imprimación:  Capa de fondo que se dispón sobre o lenzo, táboa ou calquera outro soporte, antes de ser pintado para darlle máis corpo, facelo menos absorbente, máis luminoso e garantir unha maior durabilidade da pintura.   Intercolumnio :  Espacio comprendido entre dúas columnas.   Intrad orso :  Superficie inferior dun arco, bóveda ou doela.   Isocefalia:  Norma artística que aliña as cabezas á mesma altura.    
Koré:  Moza grega. Especificamente, as esculpidas durante a época arcaica da arte grega. Kouros:  Mozo grega. Especificamente, os esculpidas durante a época arcaica da arte grega.
Ladrillo:  Elemento en forma de paralelepípedo alongado que se fabrica con arxila cocida.   Lambrequín:  Adorno en metal, madeira, téxtil, etc. colgante e corrido, que se coloca debaixo de frisos ou beirados.   Lanterna:  Construcción que serve de coroamento das cúpulas. A lanterna ten planta circular e nos seus muros ábrense ventanais coa finalidade de iluminar o espacio interior.   Lintel:  Peza horizontal que limita pola parte de arriba o oco das portas e ventás. O lintel descarga sobre as  xambas.   Liña serpentinata:  A que propia de moitas figuras humanas do manierismo e que se caracteriza polo movemento xiratorio ou helicoidal de cadeiras, ombros e cabeza que se contrabalancean.     Liñas de fuga:  Aquelas  que compoñen a trama dun cadro, dirixidas todas cara un punto converxente no centro da composición que se chama punto de fuga.   Listel:  Tamén filete. Franxa estreita e lisa que separa dúas molduras.   Luneto:  Pequena bóveda en forma de media lúa aberta na bóveda prinicipal para dar luz a esta.   Luz dun arco:  Anchura do van que este xera.  
Macaroni:  debuxos lineais xeralmente abstractos realizados coas mans.   Mainel:  Parteluz .   Mampostaría:  Fábrica de pedra sen labrar ou con labra moi tosca que se dispón de maneira irregular. Cada unha das pedras denomínanse mampostos.   Mandorla:  Italianismo que significa améndoa e que designa un óvalo ou marco amendoado que circunda a Cristo en Maxestade especialmente na arte románica.   Marchante:  Comerciante de obras de arte.   Mastaba:  No mundo exipcio, edificio funerario en forma de tronco de pirámide.   Matronium:  Tribuna reservada ás mulleres nas basílicas paleocristiás e bizantinas.   Maxestático:  Coa solemnidade propia da Maxestade.   Mecenas:  Persoa ou institución que favorece e promove economicamente actividades culturais.   Menhir:  Pedra longa espetada no chan.   Ménsula:  Elemento en saedizo que serve para soster algunha cousa.   Mercurio:  Personaxe da mitoloxía romana, fillo de Xúpiter e deus da elocuencia e do comercio. Despois pasou a ser a divindade protectora dos viaxeiros e mensaxeiro dos deuses. Correspóndese co Hermes dos gregos.  
Mesquita: Templo da relixión islámica ou musulmana. Aínda que existen diferentes tipoloxías, a máis común en Occidente é a dun edificio de planta rectangular dividido en dúas partes básicas: un patio porticado con unha ou varias fontes, e unha sala de oracións dividida en numerosas naves por columnas e cun nicho ó fondo chamado  mihrab  que sinala a dirección á Meca. O conxunto complementábase con unha ou varias torres –minaretes ou alminares- dende onde se chamaba os fieis á oración.   Metopa:  Espacios cadrados separados polos triglifos no friso dórico.   Minarete : Torre da mesquita desde onde se chama os fieis  á oración.   Mitoloxía : Disciplina orixinariamente encargada do estudio das historias e fábulas dos deuses das relixións pagás antigas, especialmente a grecorromana, aínda que hoxe por hoxe, por extensión, se aplica á ciencia que estuda todo tipo de mitos.   Mocárabes:  Decoración de prismas xustapostos e dirixidos cara abaixo, formando concavidades entre si.   Modelado : Execución en barro ou cera do modelo que se propón o artista reproducir nunha substancia consistente. En pintura, todo o que confire á pintura un aspecto de vulto redondo.   Modillón : Elemento saedizo, a xeito de pequeno bloque, co que se adorna ou sustenta un elemento voado pola súa parte inferior. O de rolos leva na curva cóncava unha serie de baquetóns ou rolos que quedan graduados.   Moldura : Elemento ornamental saínte e corrido que serve para delimitar unha superficie, xa sexa nunha fachada, nun moble ou no marco dun cadro.   Módulo:  Unidade arquitectónica de medida, que relaciona as partes e o todo na obra de arte.   Monolito:  Obra realizada só cun bloque de pedra.   Monóptero:  Edificio circular rodeado dunha fileira de columnas.  
Morteiro:  Mestura de area, cal e auga. Masa.   Mosaico:  Decoración conseguida xustapoñendo sobre un fondo de cemento, teselas de diversas cores.   Mosteiro : Conxunto de edificios habitados  por persoas entregadas á vida relixiosa en comunidade, e que normalmente respostan a unha estructura moi precisa de acordo cas regras da Orde que a ocupa ou do monacato cristián en xeral.   Mural : Feito sobre, ou relativo a, unha parede ou muro.    Muro cortina:  Muro que cerra unha construcción sen soportar ningunha carga ou peso. Normalmente está pegado e colga da estructura.    Muro de carga:  Aquel que ten unha función tectónica, ou sexa, que soporta peso doutras estructuras.   Musivaria:  Arte e técnica do mosaico.
Naos : Cella.   Nártice :  Do latín  narthex.   Parte do adro da basílica paleocristiá, contigua á mesma, porticada e reservada ós catecúmenos.   Naturalismo:  Tendencia artística que trata de representar o máis fielmente posible a natureza.   Natureza morta : Bodegón.   Nave :Espacio interior dun edificio, delimitado por muros ou columnas.   Nazareno : Representación de Xesucristo penitente característica das procesión de Semana Santa.   Necrópole :  Cemiterio ou sitio das sepulturas.   Nereidas : As cincuenta fillas de Nereo. Divindades mariñas da mitoloxía grega que habitaban o pazo submarino do seu pai, cabalgan sobre as ondas en golfiños ou en cabalos mariños e que personifican o dinamismo do mar.   Nimbo : Luminosidade que rodea a cabeza dun figura. Aureola.   Ninfas : Divindades menores femininas que simbolizan a gracia e a fecundidade da natureza na mitoloxía grecorromana.  Espidas ou semiespidas, frecuentan paraxes naturais, ríos, bosques... onde cantan e bailan.   Non figurativa : Arte que non reproduce as formas da natureza nin se inspira nelas. Abstracción.
Obelisco : Monumento pétreo, elevado, cuadrangular e rematado en pirámide.   Óculo : Ventá de forma circular.   Odeón:  En grecia, teatro destinado ás audicións musicais.   Óleo : Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante oleoso como o  aceite de liñaza. O óleo emprégase por primeira vez na pintura flamenca no século XV e será con posterioridade a técnica máis utilizada en pintura polas súas vantaxes técnicas.   Orde : En arquitectura, conxunto formado por columna e entaboamento dispostos segundo módulos e canons máis ou menos fixos.   Orde composta : Fusión de elementos xónicos e corintios realizada na época romana.   Orde corintia : Os elementos son similares ós da orde xónica, diferenciándose polo capitel da columna, formado por follas de acanto con catros volutas nos seus ángulos superiores, chamados calículos.   Orde dórica : Carece de base. o fuste é acanalado (acanaladuras de aresta viva), e seu capitel consta de dúas partes: equino e ábaco., A arquitrabe é lisa e o friso divídese en triglifos e metopas.   Orde toscana : Interpretación romana da orde dórica.   Orde xónica : A columna posúe base, formada por dous toros e unha escocia. O fuste ten vintecatro estrías. O capitel está formado por volutas. A arquitrabe presenta tres bandas en saínte e o friso é corrido.   Orde xigante : Caracterízase polas columnas que terán unha altura de máis de  un  piso do edificio.   Ourivería : Traballo artístico sobre metais preciosos.
Paleta : Útil sobre o que o  pintor coloca as cores para mesturalas. Conxunto de cores empregadas por un pintor.   Pan de ouro : Ouro en láminas moi finas que se aplican para dourar toda clase de obxectos artísticos.   Pantocrátor : Imaxe de Cristo sentado en Maxestade, en actitude de bendicir coa man dereita e portando o Evanxeo coa esquerda.    Paramento : Aspecto ou disposición dos elementos dun muro.   Parietal (arte):  Arte realizada nas paredes.   Parteluz : Columna que divide en dous o oco dunha porta ou ventá. Mainel.   Pathos:  Concepto grego que designa as expresións de emoción ou de paixóns extremas.  É o contrario  de  ethos   Pátin a: Especie de verniz ou ton suave que adquiren os obxectos co paso do tempo e que altera levemente o seu aspecto superficial.   Peaña : Soporte ou asento dunha estatua.   Pechina : Un dos catro triángulos curvilíneos sobre os que se sustenta unha cúpula. Serven para pasar da planta cadrada á circular.   Pedestal:  Apio de columnas, efixies, esculturas, etc.   Peitoril:  Peche inferior dun van.   Pentecostés : Festa cristiá que conmemora a chegada do Espírito Santo sobre os Apóstolos. As obras de arte con esta temática soen representar ós Apóstolos e á Virxe co Espírito Santo, en forma de pomba, voando sobre as súas cabezas.   Peristilo:  Patio (ou galería) rodeado de columnas.   
Perpiaño : Pedra, xeralmente en forma de paralelepípedo e sección rectangular, que se emprega en construcción (sillar). Perspectiva : Xeito de representar nunha superficie os obxectos de maneira  que aparezan na forma e disposición na que se amosan á vista na realidade.   Perspectiva a vista de paxaro : Aquela que resulta da observación do obxecto dende un vista superior. Perspectiva militar.   Perspectiva aérea : Intenta representar a atmosfera que envolve ós obxectos, debuxando ós do fondo máis desvaidamente para conseguir unha sensación real de distancia.   Perspectiva cabaleira : A que se obtén dende  un punto de vista semellante ó dun xinete.   Perspectiva lineal : As liñas das figuras son converxentes cara o fondo, cada vez máis pequenas  a medida que se desexa presentalas afastadas do espectador. Diminúen  de acordo coas liñas de fuga que converxen cara o punto de fuga.   Perspectiva xerárquica : Consiste en representar ás personaxes de diferentes tamaños, en función da súa relevancia social.   Petroglifo : Incisión en pedra de época prehistórica.   Piar : Elemento sustentante de sección cuadrangular, rectangular ou poligonal. Se ó piar se lle unen columnas ou semicolumnas, denomínase piar composto.   Piedade : Representación artística de Cristo morto sobre o regazo da Virxe María.   Pigmento:  Substancia de distintas orixes que colorea as superficies sobre as que se aplica.   Pilastra : Piar adosado a un muro.   Pilono :Cada unha das obras troncopiramidais que forman a entrada do templo exipcio.
Pilotes:  Soportes que elevan unha construcción sobre o chan deixando a parte inferior do edificio libre.   Pináculo : Final apuntado dun chapitel.   Pincel : Útil do pintor. Mango rematado nunha serie de pelos que forma feixe, de moi diversos tamaños e calidades co que se aplica a pintura.   Pintura : Arte de aplicar as cores sobre unha superficie.   Pirámide : Monumento exipcio, en forma de pirámide, feito en pedra, que servía de sepultura monumental ós dinastías exipcios na Antigüidade.    Plan basilical : Edificios con muros exteriores non equidistantes con respecto a un punto central.   Plan central : Edificios con muros exteriores equidistantes con respecto a un punto central.   Planta : Plan. Representación gráfica da proxección horizontal dun edificio.    Planta de cruz grega : Edificio con forma de cruz cos  brazos iguais.   Planta de cruz latina : Edificio con forma de cruz cos brazos desiguais.   Plasticismo:  Modo pictórico de pincelada fina que resalta fortemente as calidades formais.   Plein Air:  Pintura realizada ó aire libre.   Plementos:  Distintos tramos nos que se divide unha bóveda.   Plinto:  Peza cadrada sobre a que repousa unha columna. Pedestal*   Policromía : Dise dunha obra decorada con diversas cores. Oponse a monocromía.   Políptico : Pintura formada por varias táboas que poden dobrarse ou pecharse.
Pórtico : Lugar cuberto e columnado situado á entrada dun edificio e xeralmente apoiado nel.   Presbiterio : Nas igrexas é o lugar reservado ós sacerdotes, onde se atopa o altar maior.   Primeiro plano : En pintura, a parte da obra que parece máis próxima  ó espectador.   Promotor : Persoa que promove ou impulsa a creación dunha obra de arte.   Proporción:  Relación ordenada, correspondencia harmónica na medida que gardan as partes entre si e co todo.   Pseudoperíptero:  Templo con fachadas laterais nas que aparecen as columnas inseridas ou pegadas no muro.   Puntillismo:  Técnica pictórica que se basea nunha pincelada en forma de puntos que se xustapoñen.   Putti:  Anxiños alados e de formas infantís.   Punto de fuga : Punto no horizonte no que parecen converxer todas as liñas horizontais paralelas nun plano.
Recebado:  Revestimento de xeso, morteiro, etc. que se dá a un muro antes do seu enlucido.   Refectorio : Comedor dun convento ou mosteiro.   Relevo :   Escultura non exenta, é dicir, labrada só sobre unha das superficies dun bloque.     Relevo pictórico : Relevo con efectos de perspectiva.   Relevo plástico : Aquel no que predomina a compoñente volumétrica sobre a pictórica.   Relevo  schiacciato : Relevo que amosa pouca profundidade, aquel que está feito a base de incisións moi lixeiras.   Repinte:  Pintura que se engade a un cadro cando se restaura.   Repuxado:  Traballo realizado martelando o metal por detrás para obter relevo polo anverso.   Retábulo : Obra de arte que cobre  o muro que cerra o altar, feita en madeira, pedra ou metal, con pinturas e/ou esculturas e que presenta a seguinte disposición típica: -Banco: Pedestal. -Rúas: Son divisións verticais, ás veces separadas entre si por outras máis estreitas chamadas “entrerrúas”. Se a central se prolonga e sobresae no derradeiro piso denomínase ático. -Corpos: Cada unha das divisións horizontais. -Gardapó: Enmarca, en saedizo,  ó retábulo para protexelo. -Portas: En ocasións dispúñanse no laterais, decoradas polo exterior e polo interior, estas portas para pechar e protexer o retábulo.   Revival:  Volta ás formas artísticas do pasado con intención de recuperalas.  
Rocalla:  Decoración recargada propia do reinado do rei Luís XV, caracterizada pola introducción de motivos en forma de cuncha.   Róleos:  D ecoración a base de motivos enrolados, de volutas, sobre si mesm o s.   Rosetón : Ventá ou van en forma circular. Normalmente están decorados  con vidreiras.   Rotonda:  Construcción de planta circular.   Rupestre : Feito sobre rocha. Especialmente as pinturas e gravados prehistóricos do paleolítico superior.
Salmer:  É a primeira doela dun arco   Sartego : Sepulcro de inhumación.   Scriptorium :  Estancia dedicada ó traballo intelectual nos mosteiros cristiáns.   Sección : Debuxo que reproduce o aspecto que presentaría un obxecto se fose cortado segundo un plano, comunmente horizontal ou vertical.   Sección áurea:  Unidade de medida que interrelaciona de forma proporcional e harmónica as distintas partes dun edificio.   Serpentinata: Composición en forma de xiro violento sobre si mesmo, moi habitual no Manierismo. Liña serpentinata*.   Seteira:  Fiestra de pequeno tamaño e moi estreita. Serve para disparar por ela  e  ó mesmo tempo protexerse.   Sfumato :  Esfumado.   Simbolismo : Calquera tendencia que na Arte usa frecuentemente símbolos, buscando o coñecemento intelectual e a expresión conceptual.   Simetría : Disposición dos elementos que se corresponden con perfecta analoxía a dereita e esquerda. A simetría apórtalle á composición un rigoroso equilibrio.   Sistema arquitrabado:  Sistema arquitectónico que emprega elementos de peche horizontais.   Sogeado:  Decoración característica da arte asturiana, que recibe ese nome por semellar no seu debuxo unha corda grosa.
Tambor : Anel sobre o que se asenta unha cúpula.   Talla : Escultura en madeira.   Tapiz : Labor de tecido no que as figuras que a decoran forman parte da trama, a diferencia do bordado.   Trasd orso :  Plano superior, extremo e convexo dun arco ou bóveda.   Técnica de panos mollados : Práctica escultórica ideada por Fidias que consiste en presentar os panos, as vestimentas, das figuras pegadas ós corpos, tal e como se estivesen mollados.    Tejaroz:  Telladiño voado sobre unha portada.   Temple : Técnica pictórica que se emprega para decorar muros ou táboas. As cores van mesturadas con auga temperada entre outras substancias aglutinantes, como o ovo ou a cola.   Templete:  É unha pequena arquitectura que imita vagamente a forma dun templo. Da mesma forma, define tamén un elemento decorativo en forma de templo.   Tenebrismo : Técnica pictórica que emprega grandes contrastes de luz e sombra, de modo que as partes iluminadas se destaquen violentamente sobre as que non o están.   Terceletes : Nervios das bóvedas estreladas que,  partindo dos mesmos puntos que os diagonais, forman un ángulo na mesma bisectriz na que o fan estes, chamándose dita bisectriz, no seu percorrido ata a clave ligadura.   Termas : Baños romanos que constaban de tres partes:  frigidarium ,  tepidarium  e  caldarium .   Testeiro :  Cabeceira.   Tetramorfos : Conxunto de símbolos representativos dos Evanxelistas: San Mateo “ Home alado”; San Marcos “León”;  San Lucas “ Touro” e San Xoán “Aguia”.
Theótocos :  Representación da Virxe co neno.   Tímpano : Espacio delimitado polo lintel e as arquivoltas nas portadas das igrexas.   Tinta:  Cor coa que se cobre unha figura.   Tinta plana:  En pintura, aquela  que enche unha silueta cunha soa cor, sen cambios na tonalidade.   Tondo:  Adorno circular refundido nun paramento.   Ton : En pintura, a maior ou menor intensidade dunha cor.   Toque:  Cada un dos golpes de pincel que se utilizan na realización dun cadro.   Toro:  É unha moldura en forma de semicírculo convexo.   Torso : Escultura que representa a unha persoa carente de pernas, brazos e cabeza.   Tracería:  decoración arquitectónica formada por combinacións de figuras xeométricas, que crean un calado na pedra. Elemento ornamental moi habitual nos vans góticos.   Trampantollo:  Designa unha ilusión óptica espacial en pintura, de xeito que parece real o que só é pintado. Engano.   Trompe-lóeil .   Trépano : Instrumento que serve para producir incisións estreitas e profundas nunha escultura. Unha obras escultórica feita a trépano, é a que presenta profundas incisións, para dar efecto de gran relevo ou claro e scuro.   Tres cuartos:  Posición dunha figura entre o perfil e a fronte.   Tribuna : Galería sobre a nave lateral dun templo onde se poden aloxar os fieis.  
Triforio : Serie de ventás ornamentais, partidas por maineis, practicadas no groso dos muros da nave central, por riba das arcadas que dan ás naves laterais.Non debe confundirse coa tribuna, que posúe unha anchura igual á da nave lateral sobre a que está construída.   Triglifo : Motivos decorativos dos frisos dóricos que se dispón en alternancia cas metopas. Son pequenos piares espaciados regularmente e que na súa fronte ofrecen dúas acanaladuras ou glifos e media acanaladura sobre cada aresta, a dereita e esquerda. Estas acanaladuras están separadas por filetes de igual ancho.   Tríptico : Obra en tres táboas, lenzos ou follas de material duro, de xeito que as laterais se dobren sobre a central.   Tritón : Cada unha das divindades que forman o cortexo do deus Poseidón. Son metade home (corpo) e metade peixe (pernas). Xeneralmente represéntanse soprando en cunchas que lle serven de trompa.   Trompa :  Pequena bóveda semicónica, co vértice no ángulo dos muros e a parte ancha cara fóra, que se emprega para transformar unha planta cadrada en octogonal. Sobre a planta octogonal xa é posible asentar unha cúpula.
Vaciado : Baleirado. Procedemento para  a reproducción de esculturas.Técnica que consiste en aplicar xeso ou resinas a unha escultura ou relevo, co fin de conseguir un molde da obra. Ese molde empregarase despois para facer as copias que se desexen.   Van : Oco realizado nun muro que pode ser porta, ventá, etc.   Veladura : Técnica pictórica consistente en aplicar sobre as cores unha tinta transparente co fin  de suavizar os tons das mesmas.   Venus : Antiga deusa romana da vexetación e dos xardíns. Asimílase á Afrodita grega,  a deusa do amor e a beleza.    Verniz : Disolución dunha ou varias substancias resinosas nun líquido volátil, coa que se lles dá lustre ás  pinturas, madeiras, etc.   Vidrieira:  Bastidor con vidros para pechar portas ou ventás. A formada por vidros de debuxos coloreados ensambladas por un enchumbado ou rede de chumbo, de sección en H para que encaixen os vidros e que siluetea os contornos das figuras para pecahar os ventanais das igrexas e outros monumentos.   Visitación : Pasaxe bíblica da vida da Virxe María. O Arcanxo Gabriel anunciara a María que a súa curmá Isabel, a pesares da súa idade avanzada, daría a luz a un neno: San Xoán Bautista. María visita a súa curmá para felicitala  e esta visita fai que San Xoán quede libre do pecado orixinal xa antes do seu nacemento.   Voado: Elemento voado é o que sobresae do plano do muro.   Voluta : Adorno en forma de espiral que, en número de catro decoran o capitel xónico. A orde composta romana, mestura de corintio e xónico, tamén empregará as volutas.   Voo :  Parte dunha construcción que avanza sobre a liña do muro que a sustenta e queda saínte respecto a el.     Vulcano : Divindade itálica do lume asimilado ó Hefesto grego.  Iconograficamente  é común que apareza en segundo plano, agochado nas sombras e disposto a lanzar as súas redes sobre Venus, a súa muller, e Marte. Con todo convértese nunha figura central cando se representa na súa forxa. Os seus símbolos son o martelo, as tenaces e a zafra.  
Xacente : Persoa representada morta e tendida.   Xamba :Cada unha das dúas pezas verticais que sosteñen o lintel.   Xeminado:  Van, fiestra ou columna unidas de dúas en dúas.   Xirola : Deambulatorio.
Zapata:  Basa de pé dereito.   Zeus : Deus supremo da mitoloxía grega. Asimílase ó Xúpiter da mitoloxía romana. Ten o poder supremo sobre todos os deuses e todos os seres humanos. Ós seus atributos son a aguia, o cetro e máis o raio.   Zigurat : Edificio orixinario de Mesopotamia. É un outeiro artificial de forma piramidal e escalonada, con planta rectangular ou cadrada e grandes escaleiras de acceso. Na derradeira terraza, aséntase o templo.   Zócolo:  Construcción na parte inferior dun edifico que crea unha superficie uniforme para que todos os baseamentos estean ó mesmo nivel.  

Contenu connexe

Tendances

Tema 2. A arte clásia : arte grega
Tema 2.  A arte clásia :  arte gregaTema 2.  A arte clásia :  arte grega
Tema 2. A arte clásia : arte gregamaikarequejoalvarez
 
Tema 5. A arte grega
Tema 5.  A arte gregaTema 5.  A arte grega
Tema 5. A arte gregamairequejo
 
Características xerais da arquitectura barroca
Características xerais da arquitectura barrocaCaracterísticas xerais da arquitectura barroca
Características xerais da arquitectura barrocaprofesor historia
 
Arte renacentista - DAVID VÁZQUEZ
Arte renacentista - DAVID VÁZQUEZArte renacentista - DAVID VÁZQUEZ
Arte renacentista - DAVID VÁZQUEZmaikarequejoalvarez
 
U N I D A D E 5 Arte IsláMica
U N I D A D E 5  Arte IsláMicaU N I D A D E 5  Arte IsláMica
U N I D A D E 5 Arte IsláMicacamposseijo
 
A arquitectura na Grecia clásica
A arquitectura na Grecia clásicaA arquitectura na Grecia clásica
A arquitectura na Grecia clásicaprofesor historia
 
Arquitectura barroca italiana Paula e Cristina
Arquitectura barroca italiana   Paula e CristinaArquitectura barroca italiana   Paula e Cristina
Arquitectura barroca italiana Paula e Cristinamaikarequejoalvarez
 
Arquitectura renacemento
Arquitectura renacementoArquitectura renacemento
Arquitectura renacementomasinisa
 
Tema 5 arte prerrománico
Tema 5 arte prerrománicoTema 5 arte prerrománico
Tema 5 arte prerrománicoagreloroberto
 
T.7. A arte paleocristiá
T.7.  A arte paleocristiáT.7.  A arte paleocristiá
T.7. A arte paleocristiámaikarequejo
 

Tendances (19)

Propíleos
PropíleosPropíleos
Propíleos
 
Tema 2. A arte clásia : arte grega
Tema 2.  A arte clásia :  arte gregaTema 2.  A arte clásia :  arte grega
Tema 2. A arte clásia : arte grega
 
Tema 6. A arte romana
Tema 6. A arte romanaTema 6. A arte romana
Tema 6. A arte romana
 
Tema 2. A arte grega
Tema 2. A arte gregaTema 2. A arte grega
Tema 2. A arte grega
 
Vocabulario arte paleocristiá
Vocabulario arte paleocristiáVocabulario arte paleocristiá
Vocabulario arte paleocristiá
 
Tema 5. A arte grega
Tema 5.  A arte gregaTema 5.  A arte grega
Tema 5. A arte grega
 
A Arte Romana
A Arte RomanaA Arte Romana
A Arte Romana
 
Tema 7. A arte paleocristiá
Tema 7. A arte paleocristiáTema 7. A arte paleocristiá
Tema 7. A arte paleocristiá
 
Renacemento europeo e español
Renacemento europeo e españolRenacemento europeo e español
Renacemento europeo e español
 
Características xerais da arquitectura barroca
Características xerais da arquitectura barrocaCaracterísticas xerais da arquitectura barroca
Características xerais da arquitectura barroca
 
Arquitectura grega II
Arquitectura grega IIArquitectura grega II
Arquitectura grega II
 
Arte renacentista - DAVID VÁZQUEZ
Arte renacentista - DAVID VÁZQUEZArte renacentista - DAVID VÁZQUEZ
Arte renacentista - DAVID VÁZQUEZ
 
U N I D A D E 5 Arte IsláMica
U N I D A D E 5  Arte IsláMicaU N I D A D E 5  Arte IsláMica
U N I D A D E 5 Arte IsláMica
 
Tema 7 gotico
Tema 7 goticoTema 7 gotico
Tema 7 gotico
 
A arquitectura na Grecia clásica
A arquitectura na Grecia clásicaA arquitectura na Grecia clásica
A arquitectura na Grecia clásica
 
Arquitectura barroca italiana Paula e Cristina
Arquitectura barroca italiana   Paula e CristinaArquitectura barroca italiana   Paula e Cristina
Arquitectura barroca italiana Paula e Cristina
 
Arquitectura renacemento
Arquitectura renacementoArquitectura renacemento
Arquitectura renacemento
 
Tema 5 arte prerrománico
Tema 5 arte prerrománicoTema 5 arte prerrománico
Tema 5 arte prerrománico
 
T.7. A arte paleocristiá
T.7.  A arte paleocristiáT.7.  A arte paleocristiá
T.7. A arte paleocristiá
 

En vedette

En vedette (15)

Las Claves De La CivilizacióN Romana Y El Urbanismo
Las Claves De La CivilizacióN Romana Y El UrbanismoLas Claves De La CivilizacióN Romana Y El Urbanismo
Las Claves De La CivilizacióN Romana Y El Urbanismo
 
El Arte Griego La Escultura General Y Arcaica
El Arte Griego La Escultura General Y ArcaicaEl Arte Griego La Escultura General Y Arcaica
El Arte Griego La Escultura General Y Arcaica
 
La Escultura Griega La Etapa HeleníStica
La Escultura Griega La Etapa HeleníSticaLa Escultura Griega La Etapa HeleníStica
La Escultura Griega La Etapa HeleníStica
 
El Arte Romano Arquitectura
El Arte Romano ArquitecturaEl Arte Romano Arquitectura
El Arte Romano Arquitectura
 
Atenas reconstruida.
Atenas reconstruida.Atenas reconstruida.
Atenas reconstruida.
 
La Pintura Romana
La Pintura RomanaLa Pintura Romana
La Pintura Romana
 
El Urbanismo Romano
El Urbanismo RomanoEl Urbanismo Romano
El Urbanismo Romano
 
La Escultura Griega El Clasicismo
La Escultura Griega El ClasicismoLa Escultura Griega El Clasicismo
La Escultura Griega El Clasicismo
 
El Arte Griego PresentacióN
El Arte Griego PresentacióNEl Arte Griego PresentacióN
El Arte Griego PresentacióN
 
La Arquitectura Romana Caract. Grales.
La Arquitectura Romana Caract. Grales.La Arquitectura Romana Caract. Grales.
La Arquitectura Romana Caract. Grales.
 
El Arte IsláMico IntroduccióN Historica
El Arte IsláMico IntroduccióN HistoricaEl Arte IsláMico IntroduccióN Historica
El Arte IsláMico IntroduccióN Historica
 
Arte IsláMico Arquitectura
Arte IsláMico ArquitecturaArte IsláMico Arquitectura
Arte IsláMico Arquitectura
 
El Arte Griego La Arquitectura
El Arte Griego La ArquitecturaEl Arte Griego La Arquitectura
El Arte Griego La Arquitectura
 
Vocabulario Historia del Arte (Selectividad)
Vocabulario Historia del Arte (Selectividad)Vocabulario Historia del Arte (Selectividad)
Vocabulario Historia del Arte (Selectividad)
 
Death by PowerPoint
Death by PowerPointDeath by PowerPoint
Death by PowerPoint
 

Similaire à 6 Glosario

U N I D A D E 7 Catedral GóTica
U N I D A D E 7 Catedral GóTicaU N I D A D E 7 Catedral GóTica
U N I D A D E 7 Catedral GóTicacamposseijo
 
Artes figurativas góticas
Artes figurativas góticasArtes figurativas góticas
Artes figurativas góticasAgrela Elvixeo
 
U N I D A D E 6 Arte Románica
U N I D A D E 6  Arte RománicaU N I D A D E 6  Arte Románica
U N I D A D E 6 Arte Románicacamposseijo
 
Características da arte románica
Características da arte románicaCaracterísticas da arte románica
Características da arte románicapapoularosa
 
Arte románica. 2º ESO
Arte románica. 2º ESOArte románica. 2º ESO
Arte románica. 2º ESOquiquehs
 
Arte paleocristiá, bizantina e carolinxia
Arte paleocristiá, bizantina e carolinxiaArte paleocristiá, bizantina e carolinxia
Arte paleocristiá, bizantina e carolinxiaIolanda
 
Tema 1introdución arte
Tema 1introdución arteTema 1introdución arte
Tema 1introdución arteagreloroberto
 
Tema 1introdución arte
Tema 1introdución arteTema 1introdución arte
Tema 1introdución arteagreloroberto
 
Artes figurativas do románico
Artes figurativas do románicoArtes figurativas do románico
Artes figurativas do románicoAgrela Elvixeo
 
UNIDADE 12 ARQUITECTURA BARROCA
UNIDADE 12 ARQUITECTURA BARROCAUNIDADE 12 ARQUITECTURA BARROCA
UNIDADE 12 ARQUITECTURA BARROCAcamposseijo
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do góticosaraiba
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do góticosaraiba
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do góticosaraiba
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do góticosaraiba
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do góticosaraiba
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do góticosaraiba
 
Arquitectura renacemento
Arquitectura renacementoArquitectura renacemento
Arquitectura renacementomasinisa
 

Similaire à 6 Glosario (20)

glosariodetermosartisticos.pdf
glosariodetermosartisticos.pdfglosariodetermosartisticos.pdf
glosariodetermosartisticos.pdf
 
U N I D A D E 7 Catedral GóTica
U N I D A D E 7 Catedral GóTicaU N I D A D E 7 Catedral GóTica
U N I D A D E 7 Catedral GóTica
 
Artes figurativas góticas
Artes figurativas góticasArtes figurativas góticas
Artes figurativas góticas
 
U N I D A D E 6 Arte Románica
U N I D A D E 6  Arte RománicaU N I D A D E 6  Arte Románica
U N I D A D E 6 Arte Románica
 
Características da arte románica
Características da arte románicaCaracterísticas da arte románica
Características da arte románica
 
Arte barroca
Arte barrocaArte barroca
Arte barroca
 
Arte románica. 2º ESO
Arte románica. 2º ESOArte románica. 2º ESO
Arte románica. 2º ESO
 
Arte paleocristiá, bizantina e carolinxia
Arte paleocristiá, bizantina e carolinxiaArte paleocristiá, bizantina e carolinxia
Arte paleocristiá, bizantina e carolinxia
 
Tema 1introdución arte
Tema 1introdución arteTema 1introdución arte
Tema 1introdución arte
 
Tema 1introdución arte
Tema 1introdución arteTema 1introdución arte
Tema 1introdución arte
 
Arquitectura Gótica
Arquitectura GóticaArquitectura Gótica
Arquitectura Gótica
 
Artes figurativas do románico
Artes figurativas do románicoArtes figurativas do románico
Artes figurativas do románico
 
UNIDADE 12 ARQUITECTURA BARROCA
UNIDADE 12 ARQUITECTURA BARROCAUNIDADE 12 ARQUITECTURA BARROCA
UNIDADE 12 ARQUITECTURA BARROCA
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
Arquitectura renacemento
Arquitectura renacementoArquitectura renacemento
Arquitectura renacemento
 

Plus de Aulagalicia Hxg

Plus de Aulagalicia Hxg (20)

Crise do antigo réxime copia
Crise do antigo réxime copiaCrise do antigo réxime copia
Crise do antigo réxime copia
 
Constitución de 1812
Constitución de 1812Constitución de 1812
Constitución de 1812
 
Economia E Sociedade RestauracióN
Economia E Sociedade RestauracióNEconomia E Sociedade RestauracióN
Economia E Sociedade RestauracióN
 
EspañA Isabelina
EspañA IsabelinaEspañA Isabelina
EspañA Isabelina
 
Ud07 O Sexenio DemocráTico
Ud07 O Sexenio DemocráTicoUd07 O Sexenio DemocráTico
Ud07 O Sexenio DemocráTico
 
Presentación Tema 4
Presentación Tema 4Presentación Tema 4
Presentación Tema 4
 
PresentacióN Tema 4
PresentacióN Tema 4PresentacióN Tema 4
PresentacióN Tema 4
 
Comentario Del Mapa Del Tiempo
Comentario Del Mapa Del TiempoComentario Del Mapa Del Tiempo
Comentario Del Mapa Del Tiempo
 
A FormacióN Do Estado EspañOl
A FormacióN Do Estado EspañOlA FormacióN Do Estado EspañOl
A FormacióN Do Estado EspañOl
 
O Reformismo BorbóNico
O Reformismo BorbóNicoO Reformismo BorbóNico
O Reformismo BorbóNico
 
Arquitectura Grega
Arquitectura GregaArquitectura Grega
Arquitectura Grega
 
O Relevo PeníNsular
O Relevo PeníNsularO Relevo PeníNsular
O Relevo PeníNsular
 
Os Rrcc As Bases Do Estado Moderno
Os Rrcc As Bases Do Estado ModernoOs Rrcc As Bases Do Estado Moderno
Os Rrcc As Bases Do Estado Moderno
 
Sector Servizos
Sector ServizosSector Servizos
Sector Servizos
 
Vocabulario Visual A K
Vocabulario Visual A KVocabulario Visual A K
Vocabulario Visual A K
 
Vocabulario Visual L Z
Vocabulario Visual L ZVocabulario Visual L Z
Vocabulario Visual L Z
 
Romanticismo E Realismo
Romanticismo E RealismoRomanticismo E Realismo
Romanticismo E Realismo
 
Arquitecturaxx
ArquitecturaxxArquitecturaxx
Arquitecturaxx
 
Pinturaxx
PinturaxxPinturaxx
Pinturaxx
 
Esculturaxx
EsculturaxxEsculturaxx
Esculturaxx
 

6 Glosario

  • 1. A B C D E F G H I K L M N O P R S T V X Z ESC. PARA INICIO
  • 2. Ábaco : Peza en forma de mesa que remata o capitel e sobre a que se asenta a arquitrabe. Ábsida : Construcción con planta semicircular ou poligonal, cuberta con bóveda, que sobresae na parte posterior dun templo e onde se sitúa o altar maior.   Abstracto: Denomínase así á arte non figurativa, a que sostén que as cores e formas posúen en si mesmas valores estéticos específicos, completamente independentes do tema da pintura ou escultura ou de calquer figura recoñecible na natureza.   Abucinado : Oco de porta ou fiestra que ten máis abertura por unha das caras da parede que pola outra.   Acroterios : Ornamentos que coroan os vértices dun frontón.   Acuarela : Técnica pictórica que emprega cores diluídas en auga e o papel ou cartón como soporte. O branco é a propia cor do papel.   Adobe : En arquitectura, ladrillo sen cocer.   Adonis : Mitoloxía grega. O termo alude á fermosura da personaxe. Ademais, a historia da súa morte e resurrección é un símbolo do ciclo natural da morte e do r enacemento.   Aglutinante : En pintura, elemento que serve para dar cohesión ós pigmentos. Por exemplo, ovo, cola etc.   Aleiro: Parte do tellado que sobresae do muro.   Aleta : Enorme voluta que enlaza polo exterior dúas alturas dun edificio que teñen distinto ancho.   Alfiz : Moldura que enmarca un arco. É unha peza característica da arquitectura musulmana.   Alminar : Minarete.   Almofado : Perpiaños coas xuntas biseladas ou refundidas.
  • 3. Alto relevo : En escultura, relevo no cal o seu vulto sobresae máis da metade do fondo.   Ándito : Triforio.   Aniconismo : Sen decoración figurada.   Antepeito : Peitoril.   Antipendios : Parte dianteira dun altar.   Anunciación : Pasaxe bíblica na que o arcanxo Gabriel anuncia a Virxe María o misterio da Encarnación. A Anunciación é un tema moi frecuente na pintura, sobre todo despois do século XV.   Aparello : Forma de dispor os elementos empregados na construcción dun muro. As principais variantes son: A soga: Os ladrillos dispóñense de tal forma que o lado longo sexa paralelo á parede. A tizón: Os ladrillos dispóñense de tal forma que o lado longo sexa perpendicular á parede. A soga e tizón: Paramento no que se alternan os lados longos e curtos dos elementos que o compoñen. Ciclópeo: Aquel que alterna bloques de tamaño colosal sen argamasa de unión. Isódomo: Aquel no que os perpiaños son todos iguais. Pseudoisódomo: Aquel que presenta ringleiras regulares, pero alternando distintas alturas dunha e outra sucesivas.   Apocalipse : Derradeiro libro do Novo Testamento. Atribúese a San Xoán e nel nárrase o destino da humanidade, a victoria de Cristo e o triunfo da Igrexa.
  • 4. Arco : Elemento sustentante, que descarga os empuxes, desviándoos lateralmente, e que está destinado a franquear un espacio máis ou menos grande por medio dun traxecto normalmente curvo. Os principais tipos de arco son: Arco apuntado: Consta de dúas porcións de curva que forman un ángulo na clave. Ten dous centros e o intrad orso cóncavo. Típico do gótico. Arco conopial: ( Semella unha quilla invertida) É o formado por dous arcos cóncavos na parte superior e outros dous convexos na inferior, ten, por tanto, catro centros. Típico do último gótico. Arco de ferradura: Ultrasemicircular e con arranques a igual altura. Arco máis típico da arte musulmana. Arco de medio punto: Aquel de forma semicircular. Arco faixón: Chamado tamén perpiaño. É o que se dispón transversalmente ó eixo da nave. Arco formeiro: O paralelo ó eixo lonxitudinal da bóveda. Xeralmente comunica a nave central coas laterais. Arco lobulado: Aquel coa silueta formada por tres ou máis seccións de circunferencia que se cortan entre si. Arco mixtilíneo: O que se forma pola mestura de liñas curvas e rectas. É típico da arte árabe. Arco peraltado: De medio punto con dúas prolongacións rectas ou peraltes que o converten nun arco ultrasemicircular. Arco rebaixado: Aquel no que a frecha é inferior á semiluz.   Arcobotante : Arco que transmite ós contrafortes a presión da bóveda que cobre a nave central. Elemento constructivo fundamental do gótico.   Aresta viva : Canto agudo formado igualmente pola unión de dúas superficies.   Arquitectura : Arte e técnica que aplica os seus principios ó deseño, emprazamento e construcción de edificios.   Arquitectura efémera : A construída provisionalmente e realizada xeralmente con materiais perecedoiros.  
  • 5. Arquitrabe : Parte baixa do entaboamento. Recibe os empuxes do friso e descansa directamente sobre as columnas. Arquivoltas : Conxunto de arcos insertos uns noutros que constrúen unha portada abucinada.   Artesoado : Teito decorado con artesóns que cubre o interior dos salóns, cuartos..   Arte moble : É a referida a obxectos móbiles, é dicir, que se poden trasladar e, por tanto, non unidos a un edificio. Por exemplo, cofres ou mobles.   Atenea : Deusa grega da guerra pero tamén das artes, dos oficios e do coñecemento en xeral. Sóese representar como unha moza guerreira con casco e lanza. Moi frecuente no mundo grego. Na mitoloxía romana asociouse con Minerva.   Atlante : Escultura masculina que fai as veces de columna. Atlas era o deus que, segundo os antigos gregos, sostiña o mundo sobre os seus ombros.   Axadrezado : Decoración en dameiro ou xadrez.  
  • 6. Baco : Deus do viño dos romanos equivalente ó grego Dionisos.   Baixo relevo : Relevo que sobresae do fondo menos da metade do vulto.   Balaustrada : Conxunto de balaústres.   Balaústre : Columniña redonda ou cadrada, xeralmente moi curva ou perfilada, pensada para soster unha escaleira, un balcón... Son moi frecuentes no Renacemento italiano do XVI e tamén no Barroco.   Baldaquino : Peza arquitectónica formada por unha cuberta apoiada sobre catro elementos sustentantes (piares ou columnas), que se sitúa sobre unha tumba ou altar.   Baptisterio : Lugar destinado ó bautismo. En Italia, no Románico e no Gótico, soe estar exento diante da fachada principal da igrexa propiamente dita. Pola contra, en España, está situado dentro da igrexas.   Baquetón : Moldura redonda a modo de rolo.   Base : Parte inferior da columna sobre a que se asenta o fuste.   Bestiario : É a decoración con bestas, monstros e animais imaxinarios utilizada habitualmente na Idade Media.   Bisel : Corte oblicuo no bordo dunha lámina, prancha, perpiaño etc.   Bocel : É unha moldura en forma de semicírculo convexo.   Bodegón : Natureza morta. É un xénero pictórico no que se representan animais mortos, froitas e obxectos comestibles en xeral.   Bóla : Motivo ornamental en forma de esfera.   Bosquexado : Técnica artística na que a obra se presenta nas súas liñas xerais, sen rematar.  
  • 7. Bóveda : Estructura que cobre de forma arqueada un espacio entre muros, piares ou columnas. As principais clases de bóvedas son: Bóveda de aresta: Orixínase polo cruzamento de dúas bóvedas de canón. Bóveda Baída: Bóveda esférica cortada nos seus catros lados por outros tantos planos verticais. Bóveda de canón: Fórmase ó desprazar un arco de medio punto ó longo dun eixo lonxitudinal. Bóveda de cruzaría: Formada por arcos ou nervios que se cruzan diagonalmente sobre unha clave central común. Bóveda estrelada: Bóveda de cruzaría que ademais dos nervios diagonais ten terceletes. Bóveda gallonada:Bóveda con ornamentación de gallóns. Bóveda de lunetos: Bóveda de canón cruzada perpendicularmente por outras de canón de menor altura, dando lugar a formas triangulares curvas, chamadas lunetos.   Bo Pastor : Denomínase así, na arte paleocristiá, á figura pintada ou esculpida que representa a Cristo mozo vestido con faldell ín curto e que leva sobre as costas unha ovella.   Bucranio: Ornamento que reproduce o cranio dun boi.   Busto : Pintura ou escultura da parte superior do tórax, con cabeza pero sen brazos.
  • 8. Cabeceira : Testeiro. Nas igrexas, parte onde está o altar principal.   Cadro de xénero : Pinturas que representan temas ou escenas do cotián.   Canon : Regra de proporcións humanas conforme ó tipo ideal de cara á determinación da medida ou escala proporcional para o conxunto e as partes dunha escultura.   Canzorro : Pezas saíntes e decoradas que soportan as cornixas ou aleiros. En realidade son ménsulas que sobresaen dun plano e adoitan estar decoradas na súa parte inferior, que é a visible.   Capitel : Sección dun soporte arquitectónico que enlaza o fuste ca arquitrabe. Habitualmente decóranse con variados relevos.   Cariátide : Figura feminina vestida que se emprega como fuste de columna.   Casetón: Compartimento oco, xeralmente de forma cadrada, de estructura tronco-piramidal invertida, co fondo decorado, que resulta un elemento característico das ornamentacións nos teitumes da arte romana e dos clásicos posteriores.   Chafrán : Esquina cortada por un plano, evitando así a existencia dun ángulo.   Chapitel : Remate apuntado dunha torre.   Charis : É a gracia que dotaba dun ethos ou personalidade máis humana e atractiva ás esculturas gregas.   Cella : Sala dun edificio sagrado da antigüidade clásica.   Celosía : Taboleiro calado para pechar vans que permite ver e non ser visto.
  • 9. Cera perdida : Procedemento para realizar estatuas de bronce de pequeno tamaño. Unha vez feita a figura en cera, recóbrese con barro, xeso... para conseguir un molde en negativo da figura. Unha vez seco o recubrimento, fáiselle un burato na parte superior e outro na inferior; a continuación vértese polo primeiro bronce fundido que fará saír a cera derretida polo segundo. Unha vez arrefriado o metal, fractúrase o molde e despréndese a estatua.   Ciborio : Construcción elevada sobre o cruceiro (para dar luz ó interior da construcción), que habitualmente ten forma de torre de planta cadrada ou octogonal. Xeralmente remátase con chapitel.   Cimacio : É a peza en forma de táboa delgada que remata os capiteis xónicos e corintios.   Claroscuro : Arte de dispor nunha pintura o contraste de luces e sombras, entre cores cálidas e frías. Aplícase concretamente ó xeito de destacar as figuras iluminadas sobre un fondo escuro. Este recurso acada a súa máxima expresión no “tenebrismo”   Claustro : Galería con columnas que rodea o patio dun mosteiro ou igrexa.   Clave dun arco : Doela central dun arco.   Clípeo : Medallón ou escudo circular.   Colariño :Moldura en forma de anel entre o fuste e o capitel.   Colaxe : Técnica plástica consistente en adherir sobre un soporte obxectos de procedencia e natureza moi diversas, ata compoñer a obra definitiva.   Cores cálidas : Son aquelas que expanden a luz (vermello, laranxa,amarelo)    
  • 10. Cores complementarias : Aquelas que ó mesturarse xeran branco ou gris neutro: vermello + verde, laranxa + e azul ou violenta + amarelo. As parellas estarán conformadas por unha cor primaria e unha secundaria producida pola mestura das restantes primarias: vermello e verde (azul + amarelo), amarelo e violeta (vermello + azul), azul e laranxa (vermello + amarelo)   Cores frías : Cores que absorben a luz (verde, azul, violeta)   Cores primarias : Aquelas que non se poden obter pola mestura doutras cores (vermello, amarelo e azul)   Cores secundarias : Aquelas que se obteñen coa mestura de dúas primarias: alaranxado (vermello + amarelo), verde (amarelo + azul) e violeta (vermello + azul)   Columna : Elemento vertical cilíndrico, de sostén ou decoración, composto por unha base, fuste e capitel.   Columna salomónica : Aquela de desenvolvemento helicoidal.   Comitente : Persoa que encarga a súa representación a un artista.   Composición centrífuga: Oposto a composición centrípeta. Todos os elementos están dispostos do centro cara o exterior da obra.   Composición centrípeta: Oposto a composición centrífuga. Os elementos da obra de arte están dispostos de tal forma que converxen cara o centro xeométrico do cadro ou da escultura.   Contraforte : Peza arquitectónica de forma prismática de que se une a un muro pola súa parte exterior, e que contribúe a acentuar a solidez do mesmo.   Contraluz: Representación dun obxecto desde o lado contrario ó iluminado.      
  • 11. Contraposto : Recurso escultórico ideado na Grecia Clásica que consiste na disposición balanceada da figura, de xeito que a perna sobre a que descansa o peso do corpo, en tensión, se corresponde co repouso do brazo do mesmo flanco; namentres que a perna oposta, en repouso, se complementa nese lado co brazo en tensión.   Convento: Comunidade relixiosa, masculina ou feminina, ou ben complexo arquitectónico que a acolle.   Cornixa: Parte sobresaliente superior dun entaboamento.   Coro: Lugar reservado ó clero nas catedrais e igrexas monásticas. A súa colocación variuou ó longo do tempo: no centro da nave maior, nos pés desta ou nun lugar elevado. Dentro do coro disponse os sitiais que ocupan os frades ou clérigos, normalmente de madeira, con relevos e cun atril para os libros litúrxicos.   Costelares: Armazón, polo regular de madeira, que serve para afianzar a estructura dunha cúpula ou unha cuberta.   Costumismo: Referente ás obras que se ocupan de representar os costumes.   Crepis: Crepidoma. Base ou pedestal dun templo con tres gradas ou banzos.   Crestería: Conxunto de elementos decorativos que engalanan o remate dun edificio.   Cripta: Capela emprazada baixo a planta dunha igrexa.   Crismón: Monograma de Xesús que constitúe tamén un motivo artístico desde as orixes da arte paleocristiá. Está formado polas dúas primeiras letras do nome de Cristo X e P (en grego “ji" e “ro”) completadas co alfa e omega do mesmo alfabeto nos flancos, querendo significar á figura de Cristo como orixe e fin de todas as cousas.   Criselefantina: Escultura feita de ouro e marfil.   Crómlech: Conxunto de menhires dispostos en forma de círculo.
  • 12. Cruceiro: Espacio no que se cruzan, nun templo, dúas naves perpendiculares, sendo unha delas a principal.   Cúpula: Bóveda semiesférica que xeralmente cobre un espacio cadrado. Para pasar a unha planta circular ou octogonal empréganse as trompas ou pechinas.   Curva praxiteliana: Recurso escultórico que debe o seu nome ó xenial escultor grego Praxíteles e que consiste en nunha acentuada incurvación da cadeira creando así un ritmo de liñas e unha sensación de enorme sensualidade.  
  • 13. Danae: Personaxe mitolóxica, nai de Perseo e filla do rei de Argos. Estando presa, Danae foi seducida por Zeus, que se xuntou con ela en forma chuvia de ouro.   Deambulatorio: Corredor que rodea a parte traseira do presbiterio: É prolongación das naves laterais e só excepcionalmente se da sen elas. Tamén xirola   Déese: Representación de Cristo na cruz, con María e San Xoán ó pé da mesma. As veces cristo aparece no trono celestial. Este motivo iconográfico foi moi frecuente na arte bizantina ata o século XIV.   Derrame : Dise dunha porta ou ventá que é moito máis ancha na parte interior que na exterior ou viceversa.   Díptico: Cadro ou baixo relevo formado por dous taboleiros que se pechan coma un libro.   Dolmen: Monumento megalítico funerario construído con pedras colocadas verticalmente e unha horizontal por riba como teito.   Doela: Cada unha das pedras que, labradas en forma de cuña, forman un arco.   Dosel: Cuberta ornamental dunha imaxe, estatua, etc. coa que se quere realzar a súa dignidade e exaltar a súa ornamentación.   Dripping: Técnica pictórica que consiste en deixar pingar a pintura sobre a superficie do lenzo, xeralmente colocado no chan.  
  • 14. Eclecticismo: Estilo artístico que xorde pola mestura doutros estilos anteriores.   Edículo: Pequeno edificio ou templete para decorar exteriores.     Empastado: Pintura con moita carga do cor.   Encaixe: Tecido de mallas e calados feito en liño fino que forma complexos debuxos.   Entaboamento: Nos templos grecorromanos, o conxunto de pezas arquitectónicas sostidas por columnas. O entaboamento está composto por tres elementos: arquitrabe,friso e cornixa.   Éntase: Mecanismo de corrección visual típico da arquitectura clásica. Mediante un engrosamento do fuste das columnas na súa parte media conséguese, por efecto de perspectiva, que o fuste semelle recto.   Enxuta: Espacio entre o lintel e o arco.   Epifanía: Representación pictórica ou escultórica da adoración do neno Xesús polos Reis Magos.   Equino: Peza inferior e curva do capitel dórico que descansa directamente sobre o fuste da columna.   Escocia: Moldura cóncava que forma parte das bases. Concretamente a Base Ática consta de dous toros e unha escocia   Escola: Artistas que posúen características comúns.   Escorzo: Disposición obl i cua ou perpendicular ó plano do cadro das figuras representadas. Deste xeito acentúase a sensación de profundidade de espacio representativo, é dicir, a perspectiva.   Escultura: Arte de modelar, de tallar ou esculpir en barro, pedra, madeira ou outra materia, representando de vulto un obxecto, unha persoa, etc.  
  • 15. Escultura de vulto redondo: Aquela que pode ser contemplada desde calquera punto de vista ó seu redor.   Escultura exenta: Escultura de vulto redondo   Esfinxe: Ser mitolóxico con cabeza e peitos de muller., alado, con corpo e extremidades de león.   Esfumado: (do it. Sfumato) Consiste en rebaixar os tons dunha pintura para lograr, coa suavidade da factura, certo aspecto de vaguidade e distancia.   Estatua ecuestre: Tipoloxía escultórica na que se representa ó retratado sobre un cabalo.   Estatua columna: Escultura pegada ó fuste dunha columna.   Estereóbato: Crepis.   Ethos: Concepto grego que designa o estado normal e equilibrado. É o contrario de pathos     Estilobato: Plano de sustentación das columnas. É a derradeira grada sobre a que apoia un templo clásico.   Estípite: Elemento en forma de tronco de pirámide invertido que pode cumprir funcións de soporte.   Estofado: Dourado. Require unha base de ouro sobre a que logo se pinta, raspando a seguir para que saian á luz xunto á cor as irisacións brillantes e luminosas do ouro.   Estuco: Mestura de cal, po de mármore, alabastro ou xeso, de frecuente emprego en arquitectura pola baratura e lixeireza. Unha vez seco, ten un aspecto suave e liso. Ten o inconveniente da súa gran fraxilidade.   Estribo : Contraforte .   Exedra: Obra de planta semicircular, a modo de ábsida, de usos moi variados.
  • 16. Festón: Motivo decorativo clásico consistente nunha cinta de flores, froitos ou follas, suspendidas polos dous extremos.   Figurativa, arte : Dise da arte que representa obxectos identificables en oposición á abstracta.   Filete: Tamén listel. Franxa estreita e lisa que separa dúas molduras.   Fresco :Técnica pictórica empregada na pintura mural. Tras cubrir o muro cunha capa de xeso aplícanse as cores diluídas en auga, de xeito que, ó secarse, aquel absorbe estas.   Friso : Parte plana entre a arquitrabe e a cornixa.   Frontispicio : Parte alta dun edificio ou dunha porta.   Frontón : Coroamento dun edificio de forma triangular. O espacio pechado que delimita chámase tímpano   Fuste: Parte alongada dunha columna, comprendida entre a base e o capitel.
  • 17. Gablete: Remate triangular sobre as arcadas característico do gótico.   Gallón: Ornamentación curva moi saínte con que se decoran ás veces boceis e pezas de ourivería. O seu perfil é dun cuarto de ovo. Por veces fórmanse cúpulas de gallóns por xustaposicións destes elementos.   Gánose: Mestura de aceite, cera e colorantes que se aplicaba ás estatuas de mármore da antigüidade para colorealas.   Gárgola: Desaugadoiro de pedra, xeralmente decorado con motivos animalísticos ou fantásticos, por onde se verte ó exterior, lonxe da parede, a auga dos tellados dos edificios. Acadaron a súa máxima vistosidade e desenvolvemento nas catedrais góticas.   Gravado: Reproducción mecánica, mediante unha prensa, dun debuxo realizado previamente nunha prancha.   Greca: Típica decoración grega configurada por un “meandro” de liñas rectas.   Grisalla: Composición pintada a base exclusivamente da gama do gris, do branco e do negro, imitando o efecto do baixo relevo.   Grutesco: Motivo decorativo a base de seres fantásticos, animais e vexetais, completamente enlazados e formando un todo.
  • 18. Hieratismo: Aplícase á tendencia na que predomina un concepto monumental, ríxido e contido.   Hiperrealismo: Representación da realidade con toda a perfección posible.   Hípetra (sala): En arquitectura, sala aberta ou patio porticado.   Hipóstila (sala): En arquitectura, sala sustentada por columnas.   Horror vacui : Ornamentación caracterizada polo seu exceso e saturación.  
  • 19. Iconoclasta : Persoa que se opón á realización de imaxes, tanto pintadas como esculpidas, con fins relixiosos.   Iconografía : Ciencia que estudia as orixes, formación e desenvolvemento dos temas figurados e dos atributos cos que poden identificarse e dos que normalmente van acompañados.   Iconoloxía: Ciencia que estudia o sentido que as formas, imaxes, etc. dunha obra, posúen en canto concerne ó alegórico ou o simbólico.   Iconostase: Arcos dispostos a modo de biombo que separa o presbiterio do resto da igrexa, onde se sitúan os fregueses, para así illar ó oficiante no momento da consagración da misa.   Idealismo: Tendencia dos artistas que desexan achegarse todo o posible á representación perfecta dos temas das súas obras, buscando sempre a superación das taras ou defectos que todo modelo presenta.   Imago clipeata: Aquela que se atopa dentro dun clípeo (escudo circular).   Imposta: Serie horizontal de ladrillos ou pedras nun muro, algo voada, sobre a que se asenta un arco ou bóveda. En xeral, saedizo que separa dúas plantas dun edificio.   Imprimación: Capa de fondo que se dispón sobre o lenzo, táboa ou calquera outro soporte, antes de ser pintado para darlle máis corpo, facelo menos absorbente, máis luminoso e garantir unha maior durabilidade da pintura.   Intercolumnio : Espacio comprendido entre dúas columnas.   Intrad orso : Superficie inferior dun arco, bóveda ou doela.   Isocefalia: Norma artística que aliña as cabezas á mesma altura.    
  • 20. Koré: Moza grega. Especificamente, as esculpidas durante a época arcaica da arte grega. Kouros: Mozo grega. Especificamente, os esculpidas durante a época arcaica da arte grega.
  • 21. Ladrillo: Elemento en forma de paralelepípedo alongado que se fabrica con arxila cocida.   Lambrequín: Adorno en metal, madeira, téxtil, etc. colgante e corrido, que se coloca debaixo de frisos ou beirados.   Lanterna: Construcción que serve de coroamento das cúpulas. A lanterna ten planta circular e nos seus muros ábrense ventanais coa finalidade de iluminar o espacio interior.   Lintel: Peza horizontal que limita pola parte de arriba o oco das portas e ventás. O lintel descarga sobre as xambas.   Liña serpentinata: A que propia de moitas figuras humanas do manierismo e que se caracteriza polo movemento xiratorio ou helicoidal de cadeiras, ombros e cabeza que se contrabalancean.   Liñas de fuga: Aquelas que compoñen a trama dun cadro, dirixidas todas cara un punto converxente no centro da composición que se chama punto de fuga.   Listel: Tamén filete. Franxa estreita e lisa que separa dúas molduras.   Luneto: Pequena bóveda en forma de media lúa aberta na bóveda prinicipal para dar luz a esta.   Luz dun arco: Anchura do van que este xera.  
  • 22. Macaroni: debuxos lineais xeralmente abstractos realizados coas mans.   Mainel: Parteluz .   Mampostaría: Fábrica de pedra sen labrar ou con labra moi tosca que se dispón de maneira irregular. Cada unha das pedras denomínanse mampostos.   Mandorla: Italianismo que significa améndoa e que designa un óvalo ou marco amendoado que circunda a Cristo en Maxestade especialmente na arte románica.   Marchante: Comerciante de obras de arte.   Mastaba: No mundo exipcio, edificio funerario en forma de tronco de pirámide.   Matronium: Tribuna reservada ás mulleres nas basílicas paleocristiás e bizantinas.   Maxestático: Coa solemnidade propia da Maxestade.   Mecenas: Persoa ou institución que favorece e promove economicamente actividades culturais.   Menhir: Pedra longa espetada no chan.   Ménsula: Elemento en saedizo que serve para soster algunha cousa.   Mercurio: Personaxe da mitoloxía romana, fillo de Xúpiter e deus da elocuencia e do comercio. Despois pasou a ser a divindade protectora dos viaxeiros e mensaxeiro dos deuses. Correspóndese co Hermes dos gregos.  
  • 23. Mesquita: Templo da relixión islámica ou musulmana. Aínda que existen diferentes tipoloxías, a máis común en Occidente é a dun edificio de planta rectangular dividido en dúas partes básicas: un patio porticado con unha ou varias fontes, e unha sala de oracións dividida en numerosas naves por columnas e cun nicho ó fondo chamado mihrab que sinala a dirección á Meca. O conxunto complementábase con unha ou varias torres –minaretes ou alminares- dende onde se chamaba os fieis á oración.   Metopa: Espacios cadrados separados polos triglifos no friso dórico.   Minarete : Torre da mesquita desde onde se chama os fieis á oración.   Mitoloxía : Disciplina orixinariamente encargada do estudio das historias e fábulas dos deuses das relixións pagás antigas, especialmente a grecorromana, aínda que hoxe por hoxe, por extensión, se aplica á ciencia que estuda todo tipo de mitos.   Mocárabes: Decoración de prismas xustapostos e dirixidos cara abaixo, formando concavidades entre si.   Modelado : Execución en barro ou cera do modelo que se propón o artista reproducir nunha substancia consistente. En pintura, todo o que confire á pintura un aspecto de vulto redondo.   Modillón : Elemento saedizo, a xeito de pequeno bloque, co que se adorna ou sustenta un elemento voado pola súa parte inferior. O de rolos leva na curva cóncava unha serie de baquetóns ou rolos que quedan graduados.   Moldura : Elemento ornamental saínte e corrido que serve para delimitar unha superficie, xa sexa nunha fachada, nun moble ou no marco dun cadro.   Módulo: Unidade arquitectónica de medida, que relaciona as partes e o todo na obra de arte.   Monolito: Obra realizada só cun bloque de pedra.   Monóptero: Edificio circular rodeado dunha fileira de columnas.  
  • 24. Morteiro: Mestura de area, cal e auga. Masa.   Mosaico: Decoración conseguida xustapoñendo sobre un fondo de cemento, teselas de diversas cores.   Mosteiro : Conxunto de edificios habitados por persoas entregadas á vida relixiosa en comunidade, e que normalmente respostan a unha estructura moi precisa de acordo cas regras da Orde que a ocupa ou do monacato cristián en xeral.   Mural : Feito sobre, ou relativo a, unha parede ou muro.    Muro cortina: Muro que cerra unha construcción sen soportar ningunha carga ou peso. Normalmente está pegado e colga da estructura.   Muro de carga: Aquel que ten unha función tectónica, ou sexa, que soporta peso doutras estructuras.   Musivaria: Arte e técnica do mosaico.
  • 25. Naos : Cella.   Nártice : Do latín narthex. Parte do adro da basílica paleocristiá, contigua á mesma, porticada e reservada ós catecúmenos.   Naturalismo: Tendencia artística que trata de representar o máis fielmente posible a natureza.   Natureza morta : Bodegón.   Nave :Espacio interior dun edificio, delimitado por muros ou columnas.   Nazareno : Representación de Xesucristo penitente característica das procesión de Semana Santa.   Necrópole : Cemiterio ou sitio das sepulturas.   Nereidas : As cincuenta fillas de Nereo. Divindades mariñas da mitoloxía grega que habitaban o pazo submarino do seu pai, cabalgan sobre as ondas en golfiños ou en cabalos mariños e que personifican o dinamismo do mar.   Nimbo : Luminosidade que rodea a cabeza dun figura. Aureola.   Ninfas : Divindades menores femininas que simbolizan a gracia e a fecundidade da natureza na mitoloxía grecorromana. Espidas ou semiespidas, frecuentan paraxes naturais, ríos, bosques... onde cantan e bailan.   Non figurativa : Arte que non reproduce as formas da natureza nin se inspira nelas. Abstracción.
  • 26. Obelisco : Monumento pétreo, elevado, cuadrangular e rematado en pirámide.   Óculo : Ventá de forma circular.   Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais.   Óleo : Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante oleoso como o aceite de liñaza. O óleo emprégase por primeira vez na pintura flamenca no século XV e será con posterioridade a técnica máis utilizada en pintura polas súas vantaxes técnicas.   Orde : En arquitectura, conxunto formado por columna e entaboamento dispostos segundo módulos e canons máis ou menos fixos.   Orde composta : Fusión de elementos xónicos e corintios realizada na época romana.   Orde corintia : Os elementos son similares ós da orde xónica, diferenciándose polo capitel da columna, formado por follas de acanto con catros volutas nos seus ángulos superiores, chamados calículos.   Orde dórica : Carece de base. o fuste é acanalado (acanaladuras de aresta viva), e seu capitel consta de dúas partes: equino e ábaco., A arquitrabe é lisa e o friso divídese en triglifos e metopas.   Orde toscana : Interpretación romana da orde dórica.   Orde xónica : A columna posúe base, formada por dous toros e unha escocia. O fuste ten vintecatro estrías. O capitel está formado por volutas. A arquitrabe presenta tres bandas en saínte e o friso é corrido.   Orde xigante : Caracterízase polas columnas que terán unha altura de máis de un piso do edificio.   Ourivería : Traballo artístico sobre metais preciosos.
  • 27. Paleta : Útil sobre o que o pintor coloca as cores para mesturalas. Conxunto de cores empregadas por un pintor.   Pan de ouro : Ouro en láminas moi finas que se aplican para dourar toda clase de obxectos artísticos.   Pantocrátor : Imaxe de Cristo sentado en Maxestade, en actitude de bendicir coa man dereita e portando o Evanxeo coa esquerda.   Paramento : Aspecto ou disposición dos elementos dun muro.   Parietal (arte): Arte realizada nas paredes.   Parteluz : Columna que divide en dous o oco dunha porta ou ventá. Mainel.   Pathos: Concepto grego que designa as expresións de emoción ou de paixóns extremas. É o contrario de ethos   Pátin a: Especie de verniz ou ton suave que adquiren os obxectos co paso do tempo e que altera levemente o seu aspecto superficial.   Peaña : Soporte ou asento dunha estatua.   Pechina : Un dos catro triángulos curvilíneos sobre os que se sustenta unha cúpula. Serven para pasar da planta cadrada á circular.   Pedestal: Apio de columnas, efixies, esculturas, etc.   Peitoril: Peche inferior dun van.   Pentecostés : Festa cristiá que conmemora a chegada do Espírito Santo sobre os Apóstolos. As obras de arte con esta temática soen representar ós Apóstolos e á Virxe co Espírito Santo, en forma de pomba, voando sobre as súas cabezas.   Peristilo: Patio (ou galería) rodeado de columnas.  
  • 28. Perpiaño : Pedra, xeralmente en forma de paralelepípedo e sección rectangular, que se emprega en construcción (sillar). Perspectiva : Xeito de representar nunha superficie os obxectos de maneira que aparezan na forma e disposición na que se amosan á vista na realidade.   Perspectiva a vista de paxaro : Aquela que resulta da observación do obxecto dende un vista superior. Perspectiva militar.   Perspectiva aérea : Intenta representar a atmosfera que envolve ós obxectos, debuxando ós do fondo máis desvaidamente para conseguir unha sensación real de distancia.   Perspectiva cabaleira : A que se obtén dende un punto de vista semellante ó dun xinete.   Perspectiva lineal : As liñas das figuras son converxentes cara o fondo, cada vez máis pequenas a medida que se desexa presentalas afastadas do espectador. Diminúen de acordo coas liñas de fuga que converxen cara o punto de fuga.   Perspectiva xerárquica : Consiste en representar ás personaxes de diferentes tamaños, en función da súa relevancia social.   Petroglifo : Incisión en pedra de época prehistórica.   Piar : Elemento sustentante de sección cuadrangular, rectangular ou poligonal. Se ó piar se lle unen columnas ou semicolumnas, denomínase piar composto.   Piedade : Representación artística de Cristo morto sobre o regazo da Virxe María.   Pigmento: Substancia de distintas orixes que colorea as superficies sobre as que se aplica.   Pilastra : Piar adosado a un muro.   Pilono :Cada unha das obras troncopiramidais que forman a entrada do templo exipcio.
  • 29. Pilotes: Soportes que elevan unha construcción sobre o chan deixando a parte inferior do edificio libre.   Pináculo : Final apuntado dun chapitel.   Pincel : Útil do pintor. Mango rematado nunha serie de pelos que forma feixe, de moi diversos tamaños e calidades co que se aplica a pintura.   Pintura : Arte de aplicar as cores sobre unha superficie.   Pirámide : Monumento exipcio, en forma de pirámide, feito en pedra, que servía de sepultura monumental ós dinastías exipcios na Antigüidade.   Plan basilical : Edificios con muros exteriores non equidistantes con respecto a un punto central.   Plan central : Edificios con muros exteriores equidistantes con respecto a un punto central.   Planta : Plan. Representación gráfica da proxección horizontal dun edificio.   Planta de cruz grega : Edificio con forma de cruz cos brazos iguais.   Planta de cruz latina : Edificio con forma de cruz cos brazos desiguais.   Plasticismo: Modo pictórico de pincelada fina que resalta fortemente as calidades formais.   Plein Air: Pintura realizada ó aire libre.   Plementos: Distintos tramos nos que se divide unha bóveda.   Plinto: Peza cadrada sobre a que repousa unha columna. Pedestal*   Policromía : Dise dunha obra decorada con diversas cores. Oponse a monocromía.   Políptico : Pintura formada por varias táboas que poden dobrarse ou pecharse.
  • 30. Pórtico : Lugar cuberto e columnado situado á entrada dun edificio e xeralmente apoiado nel.   Presbiterio : Nas igrexas é o lugar reservado ós sacerdotes, onde se atopa o altar maior.   Primeiro plano : En pintura, a parte da obra que parece máis próxima ó espectador.   Promotor : Persoa que promove ou impulsa a creación dunha obra de arte.   Proporción: Relación ordenada, correspondencia harmónica na medida que gardan as partes entre si e co todo.   Pseudoperíptero: Templo con fachadas laterais nas que aparecen as columnas inseridas ou pegadas no muro.   Puntillismo: Técnica pictórica que se basea nunha pincelada en forma de puntos que se xustapoñen.   Putti: Anxiños alados e de formas infantís.   Punto de fuga : Punto no horizonte no que parecen converxer todas as liñas horizontais paralelas nun plano.
  • 31. Recebado: Revestimento de xeso, morteiro, etc. que se dá a un muro antes do seu enlucido.   Refectorio : Comedor dun convento ou mosteiro.   Relevo : Escultura non exenta, é dicir, labrada só sobre unha das superficies dun bloque.   Relevo pictórico : Relevo con efectos de perspectiva.   Relevo plástico : Aquel no que predomina a compoñente volumétrica sobre a pictórica.   Relevo schiacciato : Relevo que amosa pouca profundidade, aquel que está feito a base de incisións moi lixeiras.   Repinte: Pintura que se engade a un cadro cando se restaura.   Repuxado: Traballo realizado martelando o metal por detrás para obter relevo polo anverso.   Retábulo : Obra de arte que cobre o muro que cerra o altar, feita en madeira, pedra ou metal, con pinturas e/ou esculturas e que presenta a seguinte disposición típica: -Banco: Pedestal. -Rúas: Son divisións verticais, ás veces separadas entre si por outras máis estreitas chamadas “entrerrúas”. Se a central se prolonga e sobresae no derradeiro piso denomínase ático. -Corpos: Cada unha das divisións horizontais. -Gardapó: Enmarca, en saedizo, ó retábulo para protexelo. -Portas: En ocasións dispúñanse no laterais, decoradas polo exterior e polo interior, estas portas para pechar e protexer o retábulo.   Revival: Volta ás formas artísticas do pasado con intención de recuperalas.  
  • 32. Rocalla: Decoración recargada propia do reinado do rei Luís XV, caracterizada pola introducción de motivos en forma de cuncha.   Róleos: D ecoración a base de motivos enrolados, de volutas, sobre si mesm o s.   Rosetón : Ventá ou van en forma circular. Normalmente están decorados con vidreiras.   Rotonda: Construcción de planta circular.   Rupestre : Feito sobre rocha. Especialmente as pinturas e gravados prehistóricos do paleolítico superior.
  • 33. Salmer: É a primeira doela dun arco   Sartego : Sepulcro de inhumación.   Scriptorium : Estancia dedicada ó traballo intelectual nos mosteiros cristiáns.   Sección : Debuxo que reproduce o aspecto que presentaría un obxecto se fose cortado segundo un plano, comunmente horizontal ou vertical.   Sección áurea: Unidade de medida que interrelaciona de forma proporcional e harmónica as distintas partes dun edificio.   Serpentinata: Composición en forma de xiro violento sobre si mesmo, moi habitual no Manierismo. Liña serpentinata*.   Seteira: Fiestra de pequeno tamaño e moi estreita. Serve para disparar por ela e ó mesmo tempo protexerse.   Sfumato : Esfumado.   Simbolismo : Calquera tendencia que na Arte usa frecuentemente símbolos, buscando o coñecemento intelectual e a expresión conceptual.   Simetría : Disposición dos elementos que se corresponden con perfecta analoxía a dereita e esquerda. A simetría apórtalle á composición un rigoroso equilibrio.   Sistema arquitrabado: Sistema arquitectónico que emprega elementos de peche horizontais.   Sogeado: Decoración característica da arte asturiana, que recibe ese nome por semellar no seu debuxo unha corda grosa.
  • 34. Tambor : Anel sobre o que se asenta unha cúpula.   Talla : Escultura en madeira.   Tapiz : Labor de tecido no que as figuras que a decoran forman parte da trama, a diferencia do bordado.   Trasd orso : Plano superior, extremo e convexo dun arco ou bóveda.   Técnica de panos mollados : Práctica escultórica ideada por Fidias que consiste en presentar os panos, as vestimentas, das figuras pegadas ós corpos, tal e como se estivesen mollados.   Tejaroz: Telladiño voado sobre unha portada.   Temple : Técnica pictórica que se emprega para decorar muros ou táboas. As cores van mesturadas con auga temperada entre outras substancias aglutinantes, como o ovo ou a cola.   Templete: É unha pequena arquitectura que imita vagamente a forma dun templo. Da mesma forma, define tamén un elemento decorativo en forma de templo.   Tenebrismo : Técnica pictórica que emprega grandes contrastes de luz e sombra, de modo que as partes iluminadas se destaquen violentamente sobre as que non o están.   Terceletes : Nervios das bóvedas estreladas que, partindo dos mesmos puntos que os diagonais, forman un ángulo na mesma bisectriz na que o fan estes, chamándose dita bisectriz, no seu percorrido ata a clave ligadura.   Termas : Baños romanos que constaban de tres partes: frigidarium , tepidarium e caldarium .   Testeiro : Cabeceira.   Tetramorfos : Conxunto de símbolos representativos dos Evanxelistas: San Mateo “ Home alado”; San Marcos “León”; San Lucas “ Touro” e San Xoán “Aguia”.
  • 35. Theótocos : Representación da Virxe co neno.   Tímpano : Espacio delimitado polo lintel e as arquivoltas nas portadas das igrexas.   Tinta: Cor coa que se cobre unha figura.   Tinta plana: En pintura, aquela que enche unha silueta cunha soa cor, sen cambios na tonalidade.   Tondo: Adorno circular refundido nun paramento.   Ton : En pintura, a maior ou menor intensidade dunha cor.   Toque: Cada un dos golpes de pincel que se utilizan na realización dun cadro.   Toro: É unha moldura en forma de semicírculo convexo.   Torso : Escultura que representa a unha persoa carente de pernas, brazos e cabeza.   Tracería: decoración arquitectónica formada por combinacións de figuras xeométricas, que crean un calado na pedra. Elemento ornamental moi habitual nos vans góticos.   Trampantollo: Designa unha ilusión óptica espacial en pintura, de xeito que parece real o que só é pintado. Engano. Trompe-lóeil .   Trépano : Instrumento que serve para producir incisións estreitas e profundas nunha escultura. Unha obras escultórica feita a trépano, é a que presenta profundas incisións, para dar efecto de gran relevo ou claro e scuro.   Tres cuartos: Posición dunha figura entre o perfil e a fronte.   Tribuna : Galería sobre a nave lateral dun templo onde se poden aloxar os fieis.  
  • 36. Triforio : Serie de ventás ornamentais, partidas por maineis, practicadas no groso dos muros da nave central, por riba das arcadas que dan ás naves laterais.Non debe confundirse coa tribuna, que posúe unha anchura igual á da nave lateral sobre a que está construída.   Triglifo : Motivos decorativos dos frisos dóricos que se dispón en alternancia cas metopas. Son pequenos piares espaciados regularmente e que na súa fronte ofrecen dúas acanaladuras ou glifos e media acanaladura sobre cada aresta, a dereita e esquerda. Estas acanaladuras están separadas por filetes de igual ancho.   Tríptico : Obra en tres táboas, lenzos ou follas de material duro, de xeito que as laterais se dobren sobre a central.   Tritón : Cada unha das divindades que forman o cortexo do deus Poseidón. Son metade home (corpo) e metade peixe (pernas). Xeneralmente represéntanse soprando en cunchas que lle serven de trompa.   Trompa : Pequena bóveda semicónica, co vértice no ángulo dos muros e a parte ancha cara fóra, que se emprega para transformar unha planta cadrada en octogonal. Sobre a planta octogonal xa é posible asentar unha cúpula.
  • 37. Vaciado : Baleirado. Procedemento para a reproducción de esculturas.Técnica que consiste en aplicar xeso ou resinas a unha escultura ou relevo, co fin de conseguir un molde da obra. Ese molde empregarase despois para facer as copias que se desexen.   Van : Oco realizado nun muro que pode ser porta, ventá, etc.   Veladura : Técnica pictórica consistente en aplicar sobre as cores unha tinta transparente co fin de suavizar os tons das mesmas.   Venus : Antiga deusa romana da vexetación e dos xardíns. Asimílase á Afrodita grega, a deusa do amor e a beleza.   Verniz : Disolución dunha ou varias substancias resinosas nun líquido volátil, coa que se lles dá lustre ás pinturas, madeiras, etc.   Vidrieira: Bastidor con vidros para pechar portas ou ventás. A formada por vidros de debuxos coloreados ensambladas por un enchumbado ou rede de chumbo, de sección en H para que encaixen os vidros e que siluetea os contornos das figuras para pecahar os ventanais das igrexas e outros monumentos.   Visitación : Pasaxe bíblica da vida da Virxe María. O Arcanxo Gabriel anunciara a María que a súa curmá Isabel, a pesares da súa idade avanzada, daría a luz a un neno: San Xoán Bautista. María visita a súa curmá para felicitala e esta visita fai que San Xoán quede libre do pecado orixinal xa antes do seu nacemento.   Voado: Elemento voado é o que sobresae do plano do muro.   Voluta : Adorno en forma de espiral que, en número de catro decoran o capitel xónico. A orde composta romana, mestura de corintio e xónico, tamén empregará as volutas.   Voo : Parte dunha construcción que avanza sobre a liña do muro que a sustenta e queda saínte respecto a el.     Vulcano : Divindade itálica do lume asimilado ó Hefesto grego. Iconograficamente é común que apareza en segundo plano, agochado nas sombras e disposto a lanzar as súas redes sobre Venus, a súa muller, e Marte. Con todo convértese nunha figura central cando se representa na súa forxa. Os seus símbolos son o martelo, as tenaces e a zafra.  
  • 38. Xacente : Persoa representada morta e tendida.   Xamba :Cada unha das dúas pezas verticais que sosteñen o lintel.   Xeminado: Van, fiestra ou columna unidas de dúas en dúas.   Xirola : Deambulatorio.
  • 39. Zapata: Basa de pé dereito.   Zeus : Deus supremo da mitoloxía grega. Asimílase ó Xúpiter da mitoloxía romana. Ten o poder supremo sobre todos os deuses e todos os seres humanos. Ós seus atributos son a aguia, o cetro e máis o raio.   Zigurat : Edificio orixinario de Mesopotamia. É un outeiro artificial de forma piramidal e escalonada, con planta rectangular ou cadrada e grandes escaleiras de acceso. Na derradeira terraza, aséntase o templo.   Zócolo: Construcción na parte inferior dun edifico que crea unha superficie uniforme para que todos os baseamentos estean ó mesmo nivel.