Publicité
Publicité

Contenu connexe

Publicité

O NOSO MAR DE ADENTRO.pptx

  1. A ENSEADA DE SAN SIMÓN
  2. 1º A LOCALIZACIÓN. 2º A SÚA ORIXE. 3º A DINÁMICA MARIÑA. 4º AS ZONAS DE BEIRAMAR. 5º A FLORA e FAUNA : a. AS PRADARÍAS DE SEBAS b. AS CHAIRAS ENTRE MARÉS c. AS MARISMAS d. OS AREAIS e. A COSTA ROCHOSA 6º A ENSEADA COMO RESERVA DAS AVES MARIÑAS 7º A SOSTIBILIDADE NA NOSA ENSEADA E OS IMPACTOS AMBIENTAIS. 8º TRABALLOS NO NOSO MAR DE ADENTRO. 9º WEBGRAFÍA E BIBLIOGRAFÍA. IMOS INVESTIGAR A CERCA DE:
  3. “Augas de brillantes tesouros” A Enseada de San Simón, o noso mar de adentro. Nun camiño que ben dende tempos pretéritos, uns 4000 anos, o home interactuou no marco natural no que vive, e no que o clima, os procesos xeolóxicos, biolóxicos… conformaron unha paisaxe única e senlleira: A ENSEADA DE SAN SIMÓN.
  4. A ENSEADA DE SAN SIMÓN, forma parte dun ecosistema principal que é a RÍA DE VIGO, que á súa vez depende dun sistema global e maior que é o OCÉANO ATLÁNTICO. A RÍA DE VIGO ábrese dende Cabo Silleiro ao sur e Cabo Home ao norte. É a ría máis longa de Galicia con 33 km. de longo, cunha profundidade máxima de 44 metros. O río principal que a alimenta é o Verdugo-Oitavén. O Estreito de Rande separa a parte exterior da ría coa interior, a enseada de San Simón. CABO HOME CABO SILLEIRO
  5. LOCALIZACIÓN A ENSEADA DE SAN SIMÓN atópase no interior da Ría de Vigo, é a máis meridional das Rías Baixas. Cunha orientación norte-sur, atópase na cabeceira da ría. Ten unha superficie de 2700 hectáreas. Vai dende as marismas de Vilaboa, ata o Estreito de Rande. A altura media da nosa enseada é de 7 metros de altura, sendo a lonxitude 10 km de longo por 3 km de largo. Os concellos que bican as súas augas son: Redondela, Soutomaior, Vilaboa, e Pontevedra.
  6. A ENSEADA DE SAN SIMÓN, ten a forma dun lago interior rodeado por montes altos. Está formada por unha conca sedimentaria, á que aportan as súas augas, ríos como o Verdugo- Oitavén, Ulló, Alvedosa…formando embocaduras ou foces de grande riqueza ecolóxica, onde as augas dos ríos se mesturan coa do mar. Na enseada podemos atopar dende praias como a de Cesantes, frechas litorais ( punta de Cesantes), pequenos entrantes de terra no mar ou cabos como o do Cabalo, Puntal, punta do Cabo…, marismas, pradeiras, illas como as Alvedosas, a do Castelo, ou a de San Simón, e un estreito, o de Rande…
  7. A punta do Cabalo, un cabo en Santa Cristina de Cobres. As illas Alvedosas ou Erbedosas. Marismas de Vilaboa Pequena Praia en Souto Xuste
  8. A SÚA ORIXE Ten máis de 550 millóns de anos. Na oroxénese HERCINIANA, hai 400 millóns de anos, na nosa terra houbo uns movementos tectónicos, que orixinaron a gran dorsal galega, na parte máis meridional xurdindo así a Serra do Suído. Na oroxenia ALPINA, hai uns 140 millóns de anos, cando a Placa Norteamericana se afasta da Europea, eses bloques da codia terrestre entre fracturas movéronse, elevándose uns e afundíndose outros, logo os ríos foron escarvando e labrando o relevo, e será hai 12.000 anos, despois da última IDADE do XEO, cando o nivel do mar subíu e moitos destes vales fluviais, foron asolagados polo mar. A antigua serra costeira separouse da costa, ficando como restos dela as ILLAS CÍES e ONS. CÍES ONS
  9. PROCESO HERCINIANO PROCESO ALPINO. Aínda unidas as Cíes e Ons. NESTAS DÚAS IMAXES PODEDES OBSERVAR O PROCESO DE FORMACIÓN DAS RÍAS
  10. A DINÁMICA MARIÑA DA ENSEADA DE SAN SIMÓN
  11. DINÁMICA MARIÑA Na enseada de San Simón, son moi importantes as correntes mariñas. A circulación xeral da Ría presenta un modelo denominado CIRCULACIÓN ESTUÁRICA POSITIVA. Pola súa beira sur, entra unha masa de auga de mar SALGADA que se despraza paralelamente e a rentes da marxe sur, pasando o Estreito de Rande, penetra na enseada de San Simón e mestúrase cos aportes de auga doce, dos ríos OITAVÉN-VERDUGO, ULLÓ, ALVEDOSA… A auga doce ao ser menos densa, máis lixeiriña, vai discorrer pola superficie e contra a marxe norte da ría, cara ao ESTREITO DE RANDE. A salinidade na enseada será máis baixa que no resto da ría e no mar aberto, AUGAS-SALOBRES. Entrada de auga salgada polo Sur Saída de auga doce e salgada polo Norte
  12. Moi importante no tocante á riqueza e producción biolóxica da ría vai ser o coñecido AFLORAMENTO OCEÁNICO. Fronte as nosas costas hai un MICROAFLORAMENTO . O afloramento oceánico consiste no ascenso de augas profundas frías e ricas en nutrintes, que son alimento do FITOPLANCTON, base da CADEA TRÓFICA. Na primavera-verán, CO VENTO DO NORTE, prodúcese o AFLORAMENTO OCEÁNICO, que coa radiación solar aumenta a riqueza da ría. Un xeito de entender e decatarse do afloramento oceánico é cando no verán, ao bañarnos atopamos a “ auga moi fría, tan fría que corta”.
  13. AS ZONAS DE BEIRAMAR A nosa costa está sometida a subidas e baixadas do mar, cada 12 horas, polo tanto hai unhas condicións cambiantes do litoral. As zonas de beiramar son:  A SUPRALITORAL, dende o nivel máximo da preamar ata o interior da costa.  A MESOLITORAL, é a zona intermedia entre o nivel máximo de marea alta e o nivel mínimo da baixamar, ZONA ASULAGADA polo mar cada 12 horas.  A INFRALITORAL é a máis baixa das tres zonas, empeza no nivel mínimo de baixamar, permanentemente mergullada e sometida a acción directa do mar.
  14. A FLORA E A FAUNA DA ENSEADA DE SAN SIMÓN
  15. A FLORA E FAUNA DA ENSEADA DE SAN SIMÓN. AS ALGAS: Son talófitos, vexetais de estrutura sinxela, non teñen nen raíces, nen talo, nen follas, cada célula é independente e captan os nutrientes por toda a superficie. Realizan a fotosíntese. Segundo a súa pigmentación poden ser: verdes, pardas ou vermellas. Temos as seguintes:  Trapo  Bocho  Buche Bravo  Corbela  Correola  Leituga de mar ou verdello  Verdín ou verdello
  16. LEITUGA DE MAR BOCHO( FUCUS SPIRALIS) BUCHE BRAVO CORREOLA VERDELLO BOCHO (FUCUS VESICULOSUS) LEITUGA DE MAR BOCHO( FUCUS SPIRALIS) BUCHE BRAVO CORREOLA VERDELLO BOCHO (FUCUS VESICULOSUS)
  17. AS PRADARÍAS DE SEBA Case sempre cubertas de auga, entre a franxa de baixamar e ata os 5 m de profundidad medrando sobre un substrato areoso-lamacento A SEB ZOSTERA MARÍTIMA ZOSTERA NOLTII AS PRADARÍAS DE SEBA Case sempre cubertas de auga, entre a franxa de baixamar e ata os 5 m de profundidade, medrando sobre un substrato areoso-lamacento A SEBA. A SEBA ou CEBA: é unha planta herbácea mariña do xénero zostera, é un anxiosperma (planta con flores, raíces e follas), medra no fondo con alto contido orgánico. Esta favorece a quietude da auga e reduce a turbidez da mesma. Hai dous tipos, ámbalas dúas teñen un papel ecolóxico clave no ecosistema da enseada, son: ZOSTERA MARÍTIMA e ZOSTERA NOLTII
  18. Nestas pradarías podemos atopar: o cabalino de mar, o fodón, a solla, o robalo, o muxo, a anguía. Dentro dos invertebrados: - Cefalópodos como o choco e a lura. - Crustáceos como a nécora e o caranguexo. - Equinodermos como a estrela de mar.
  19. ROBALO MUXO ANGUÍA CHOCO LURA NÉCORA CARANGUEXO ESTRELAMAR
  20. ENTRE MARÉS: AS CHAIRAS Na baixamar a superficie acuática na enseada pode verse reducida un 25% , quedando 500 Ha de chairas areosas e lamacentas ao descuberto. Con cheiro a ovos podres, e aspecto inhóspito e de pouca habitabilidade, porén observándoo con detenimento amosa a presenza de moitos seres como algas: LEITUGA DE MAR, SEBA PEQUENA, SALICORNIA RAMOCISSIMA, SPARTINION MARITIMAE… ENTRE MARES: AS CHAIRAS. Na baixamar a superficie acuática na enseada pode verse reducida un 25%, quedando 500 Ha de chairas areosas e lamacentas ao descuberto. Con cheiro a ovos podres, e aspecto inhóspito e de pouca habitabilidade, porén observándoo con detenemento amosa a presenza de moitos seres como: A LEITUGA DE MAR, SEBA PEQUENA, SALICORNIA RAMOCISSIMA, SPARTINION MARITIMAE
  21. Son un medio óptimo para vermes como a MIÑOCA MARIÑA ou BICHO, tamén hai crustáceos, moluscos bivalvos, gasterópodos, que son un recurso de vida para as ANÁTIDAS, GAIVOTAS, BILURICO, A PÍLDORA, O MAZARICO… Moluscos Miñoca da rías Gasterópodos mariños Alavancos Cisne Bilurico Mazarico Pilro
  22. intermareais, cubertas pola auga de mar menos tempo, ou só nas mareas máis vivas. Co abalo e debalo do mar crean un ambiente onde varía a salinidade e a temperatura da auga. As especies máis típicas son: A SALICORNIA, A SPARTINA ocupando grandes superficies, tamén zona de XUNCOS, CARRIZOS, ESPADANAS, VERDOAGA…o afastarse do mar pode converterse en bosque de ribeira, por iso atopamos especies leñosas como: O SALGUEIRO, O AMIEIRO. XUNCOS CARRIZOS ESPADANAS VERDOAGA AS MARISMAS SALOBRES As marismas son ecosistemas húmidos, onde conflúen auga doce de ríos e auga salgado do mar. As especies máis típicas son: A SALICORNIA, A SPARTINA, ocupando grandes superficies, tamén zona de XUNCOS, CARRIZOS, ESPADANAS, VERDOAGA… O afastarse do mar pode converterse en bosque de ribeira, por iso atopamos especies leñosas como: O SALGUEIRO, O AMIEIRO.
  23. A MARISMA DE VILABOA é a mellor conservada, con 30 Ha, alí poden verse animais como a GARCETA, GARZA REAL, anátidas como o ALAVANCO, PARRULO, CISNES..tamén PICAPEIXES, anfibios e réptiles COBRA VIPERINA…, mamíferos como a LONTRA. A COBRA VIPERINA PICAPEIXES LONTRA GARCETA GARCETA REAL A MARISMA DE VILABOA é a mellor conservada, con 30 Ha, nela poden verse animais como a garceta ou a garceta real. Anátidas como o alavanco, parrulos, cisnes, picapeixes. Anfibios e reptiles: cobra viperina. Mamíferos: lontra.
  24. Na ribeira oriental da enseada en certas zonas prodúcese unha acumulación de areas e sedimentos. Na proximidade da Illa de San Simón, onde conflúen correntes de fluxo e r mareal, foise acumulando unha barra de área formando unha FRECHA LITORAL: A PUNT CABO de 6 Ha. Nos areais tanto cubertos como descubertos de auga, é un hábitat ideal de moluscos bi como o CROQUE, AS AMEIXAS, NAVALLAS…é un reservorio de alimento para GAIVOTAS GARZOTAS… Nestes areais baixo a auga e fixadas ás pedras, hai LEITUGA DE MAR, CORREOLA, onde CARANGUEXOS, E CAMARÓNS viven moi pracenteiramente. Praia arriba están o CARDO DE RIBEIRA , EIRUGA MARIÑA, A LEITEIRA…. CARDO DE RIBEIRA EIRUGA MARIÑA OS AREAIS Na ribeira oriental da enseada en certas zonas prodúcese unha acumulación de áreas e outros sedimentos. Na proximidade da Illa de San Simón, onde conflúen correntes de fluxo e refluxo mareal, foise acumulando unha barra de area formando unha FRECHA LITORAL. A punta do cabo de 6 Ha. Nos areais tanto cubertos como descubertos de auga, é un hábitat ideal de moluscos bivalvos como o CROQUE, as AMEIXAS, as NAVALLAS, etc. É un reservorio de alimento para gaivotas e garcetas. Nestes areais baixo a auga e fixadas ás pedras hai LEITUGAS DE MAR, CORREOLAS, onde os CARANGUEXOS e CAMARÓNS viven moi pracenteiramente. Praia arriba están:
  25. A COSTA ROCHOSA Onde o substrato é a rocha nai, na zona intermareal a vida é dura, pequenos charcos que quedan na baixamar, alí é posíbel atopar moluscos como o CARAMUXO, LAPAS, crustáceos como o CAMARÓN DE ROCHA, tamén algunhas algas como o BOCHO, BUCHE BRAVO, CORREOLA, CORBELA… A COSTA ROCHOSA Onde o substrato é a rocha nai, na zona intermareal a vida é dura, pequenos charcos que quedan na baixamar, alí é posíbel atopar: - MOLUSCOS como: CARAMUXO, LAPAS - CRUSTÁCEOS como: CAMARÓN de ROCHA - ALGAS como o BOCHO, BUCHE BRAVO, CORREOLA, CORBELA; etc.
  26. É un dos lugares favoritos para GAIVOTAS E CORVOS MARIÑOS. LAPAS CARAMUXO CAMARÓNS DAS ROCHAS CORVOS MARIÑOS GAIVOTA GAIVOTAS CHORONAS
  27. A ENSEADA COMO RESERVA DAS AVES MARIÑAS A enseada de San Simón é unha zona moi importante para a invernía de moitas aves migratorias, que veñen do norte de Europa. É un lugar de acubillo onde atopan refuxio e alimento. Acolle máis de 6000 aves acuáticas, incluíndo case 3000 anátidas, máis de 2000 gaivotas. Que podemos observar: ANÁTIDAS como o PARRULO ASUBIADOR, ALAVANCO REAL, PARRULO CHUPÓN, parrulo rabilongo, pato frisado, pentumeiro común GAIVOTAS como GAIVOTA ESCURA, GAIVOTA CHORONA, GAIVOTA PATIAMARELA, gaivota arxéntea, gaivota cana, carrán común, carrán cristado OUTRAS AVES como CORVO MARIÑO, GARZA REAL, GARCETA, CISNES… LIMÍCOLAS como PILRO COMÚN, BILURICO PATIVERDE, PÍLDORA CINCENTA, MAZARICOS, BILURICOS…
  28. A ENSEADA, A SOSTIBILIDADES E OS IMPACTOS AMBIENTAIS
  29. A ENSEADA E A SOSTIBILIDADE E OS IMPACTOS AMBIENTAIS. Na enseada de San Simón a actividade de pesca está documentada dende o neolítico , no castro da Peneda atopáronse depósitos de especies mariñas, en concheiros ou cuncheiros, sobretodo de berberechos, ameixas, ostras, murrunchos…etc. Á chegada dos romanos comezouse coa Salga do peixe, na Idade Media contabilízase na Enseada de San Simón, varias salinas, en Arcade e nas bancas de Paredes. Os gremios de mareantes organizaban a pesca na nosa ría, e hai documentación dende o 1573, e na veciña Redondela unha ordenanza do 1605 onde se regula a venda do peixe e ostras. As regateiras e veciños axustando prezos era típico da época. Logo chegaron no s.XVIII, os fomentadores cataláns con novas artes de pesca, con novas relacións sociais e laboráis que provocaron protestas veciñais. No 1763 unha protesta ludista contra o modelo imposto dos cataláns , na explotación da nosa ría, con fomentadores da cidade de Vigo.
  30. No s.XX, hai un cambio nas novas técnicas e tecnoloxías, onde desaparecen especies que son suplantadas por outras. Hai dúas cousas que van influír no traballo das nosas rías, polo 1880, o primeiro a aparición do ferrocarril, e por outra parte na Bretaña esquilman a sardiña. Polo 1910 traballaban en Traíñas, para logo ir metendo a máquina de vapor nos barcos. Hoxe en día a Enseada de San Simón está para o marisqueo a flote e a pé , para producións de mexillóns, pesca con rede ( minorizada), captura do choco e pesca da anguía.
  31. Nestas 5 fotografía podemos ver as bateas, o traballo do xeito dun só pano, para a sardiña no interior da nosa ría, o trasmallo para o polbo, e a rapeta ou bou de man e o cerco, actividades que foron a menos.
  32. OS IMPACTOS AMBIENTAIS. A enseada de San Simón alberga unha gran poboación humana nas súas beiras : Arcade, Cesantes, Redondela, Rande, Santradán, Santa Cristina de Cobres, Vilaboa, Pontesampaio… Isto conleva unha actividade que non sempre é axeitada. Os principais problemas da Enseada de San Simón:  Contaminación das súas augas por verquidos urbanos e industriais.  Recheos e dragados.  Aterramentos e construcións porturias, que alteran as correntes mariñas, exemplo o Peirao de Arcade, os recheos de Rande para ampliar o porto de Vigo.  Ocupación do litoral sen respectar a lei de costas.  Sobreexplotación dos recursos da nosa ría , como a sardiña e as ostras de Arcade, prácticamente desaparecidas, ao igual que o berberecho e os morrunchos.  Aumento de poboación nos entornos da nosa enseada.  Os incendios forestais.  Especies invasoras.  O furtivismo e a pesca deportiva non regulada, dúas actividades perxudiciais para a explotación do medio mariño.  Concienciación da sociedade no control de verquidos, da presión human sobre o medio ambiente e a necesidade de mellora do tratamento das augas residuais.
  33. Que se pode facer , para ter unha Enseada de San Simón máis sostíbel? • Volumen de capturas controlados, tamén o respecto das tallas mínimas, creación de viveiros, ter espazos de reserva ou veda, sementar e traballar o mar. • Uso de artes e aparellos axeitados que nos sexan agresivos sobre a biodiversidade da nosa ría. • Concienciar sobre a importancia socio-económica e media ambiental da actividade da actividade mariñeira, visibilizar que dá traballo a moitas familias do noso entorno. • A importancia da comercialización dos produtos, e que se respectamos o noso recurso natural que é a enseada vai influír positivamente como recurso económico da zona. • Control da ría e vixilancia da mesma contra o mundo furtivo, veraneantes e as actividades deportivas… E como non nós dende a escola e dende a casa podemos facer moito para non contaminarmos a nosa Enseada de San Simón.
  34. O elemento transcendental da nosa enseada é a AUGA, e hoxe en día os principais problemas da auga son:  A CONTAMINACIÓN tanto de augas doces, salgadas, como do aire e a terra, caendo en forma de choivas acedas ou a través das filtracións nos mananciais. Dende as casas xeneramos moitos refugallos que a través dos inodoros e dos vertedoiros van parar ao mar, como aceites, champús, xabróns, toalliñas de papel duro…  AUGAS RESIDUAIS SEN DEPURAR de cidades, vilas, fábricas, granxas…van sen depurar aos nosos ríos, rías, océanos, mares…orixinando unha contaminación brutal, deixando sen vida eses ecosistemas contaminados.  O EXCESO DE CONSUMO E MALGASTO DA AUGA, tanto en gran escala como as industrias, como a pequeña escala no nosa escola ou casa. É un problema moi grande para o CICLO DA AUGA, inmensos mares, lagos… están desaparecendo da terra. Hai que facer grandes encoros para ter auga para as nosas ciudades, e ás veces, o nivel ecolóxico dos ríos está por debaixo dos límites permitidos. Os encoros tamén non permiten a baixada das grandes enchentes do outono-inverno, que tanto aporte de area facía nas nosas rías.  O QUECEMENTO GLOBAL está orixinando GRANDES SECAS, hai unha EMERXENCIA CLIMÁTICA, en moitos países apenas hai reservas hídricas, a auga é un ben moi escaso. A escaseza de auga está orixinando a DESAPARICIÓN DE BIODIVERSIDADE, só hai que ver a desaparición da ostra, berberecho, caramuxo, morruncho…da nosa Enseada de San Simón.
  35. Que podemos facer nós, para un uso racional e sostíbel da auga. Imos defender o noso mar de adentro.  Pechar as billas cando limpemos os dentes, ou cando nos enxabronamos as mans, non ter aberta a billa decontino.  Duchármonos e non bañarnos, xa que é un malgasto dun ben escaso.  Na escola e na nosa casa, facermos instalación de recollida de augas de choiva, para utilizala nos baños da casa, nas plantacións, invernadoiros e xardíns que temos no arredor.  Mercar lavalouzas e lavadoras con programas de aforro de auga, e utilizar xabrons, xeles e champús ecolóxicos e biodegradábeis.  Billas e mandos con sistemas de aforro, na escola e nas nosas casas.  Nos xardíns da escola e casa árbores autóctonos que precisan menos auga, con sistemas de regadíos con programadores e goteo.  Non verquer residuos no desaugadoiro ou inodoros das casas ou escola,nin tirar medicamentos, xa que todo vai parar ao noso mar, e o mar non é unha estercoleira.  Nas casas dicirlle que non laven o coche con auga doce do pozo ou da rede do concello, hai lugares habilitados de limpeza . Respectemos o noso medio ambiente, para gozarmos del.
  36. BIBLIOGRAFÍA e WEBGRAFÍA: Especial mención a Xoan Ignacio Amoedo Lueiro, foi para nós coma un facho de luz no neboeiro da mañá, como unha muiñeira en aloumiños trenzada no ar , a través dos seus libros: A Enseada de San Simón : Achegamento ó seu medio natural, autor Xoan Ignacio Amoedo Lueiro Redondela: Guía do patrimonio natural, autores Xan Inacio Amoedo Lueiro, e David Brown, edición da Concellaría de Medio Ambiente do concello de Redondela. Auga+ Mar, Adentro, publicación do departamento educativo da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, Nº9. Abril 2009 A illa de San Simón e a súa Enseada, programa educativo, materiais e actividades. Fundación Illa de San Simón, Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia e Caixanova. Coordinación de Xabier Méndez Martínez. Paisaxe. Un programa medioambiental da Obra Social “ La Caixa” Dicionario Fraseolóxico do Mar, Edicións A nosa terra. A problemática ambiental en Galicia, autora Elvira Cienfuegos López, Baía Edicións. Traballos feitos de Mon Daporta e Adela Leiro, referidos ao mar de Cambados, que nos abriron os ollos, co seu ben facer.
  37. https://guias.masmar.net/index.php/Derroteros/Pontevedra/R%C3%ADa-de-Vigo.-Generalidades.-Canales-de-entrada-a- la-R%C3%ADa/Interior-de-la-r%C3%ADa-de-Vigo-Ensenada-de-San-Sim%C3%B3n https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-de-pontevedra/vilaboa/marismas/ https://sge.usal.es/archivos_pdf/geolodia18/guias_geolodia18/gdia18gui_pontevedra.pdf file:///C:/Users/Usuario/Downloads/Hidrografia_dinamica_ria.pdf https://allyouneedisbiology.wordpress.com/tag/zona-infralitoral/ https://gl.wikipedia.org/wiki/Enseada_de_San_Sim%C3%B3n#/media/Ficheiro:Salinas_do_Ull%C3%B3,_Vilaboa_- _panoramio.jpg https://telemarinas.com/a-guarda-homenaxea-os-seus-remeiros-de-hai-medio-seculo/ http://www.terraetempo.gal/print.php?artigo=4659 https://www.tripadvisor.co/LocationPhotoDirectLink-g1064082-d6959432-i130346039- San_Simon_Island-Redondela_Province_of_Pontevedra_Galicia.html https://www.gciencia.com/medioambiental/retrato-das-pradarias-submarinas-de-san-simo https://masrutasymenosrutinas.com/isla-ensenada-san-simon/n/
  38. GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN DESEXAMOS QUE FOSE DO VOSO INTERESE. ESTADE MOI ATENTOS E ATENTAS QUE PODE CHEGARNOS PRONTO UNHA MENSAXE SOBRE A NOSA ENSEADA DE SAN SIMÓN
Publicité