SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  17
Télécharger pour lire hors ligne
Con Voz
Propia
Con
30
ideas
claras
30
ideas
claras
para as
xerais
novembro
2019
30 ideas claras para as Xerais Novembro 2019 · 01
01
Con Voz
Propia
02
Soberanía
para vivirmos
mellor
Galiza precisa contar con voz propia en Madrid e só unha forza
política como o BNG ten liberdade plena para defender, sen
ningún tipo de submisión nin dependencia, os nosos lexítimos
dereitos como pobo. O BNG nunca fallou na defensa de Galiza.
Ese é o noso mellor aval: somos quen sempre defende os inte-
reses do pobo galego.
O actual marco constitucional e estatutario non serve para
resolver os principais problemas sociais e económicos do noso
País. Por iso apostamos na necesidade de o superar. Galiza
debe ver recoñecido o dereito de autodeterminación e tamén
ter a posibilidade de o exercer. O BNG defenderá a ruptura de-
mocrática para que a Galiza poida asumir a soberanía por me-
dio dun proceso constituínte propio. A asunción da soberanía
política é premisa básica para que calquera proceso político
posterior de articulación institucional parta da decisión libre e
non condicionada do pobo galego, en relación exclusivamente
cos seus intereses nacionais e populares. É tamén a garantir
de termos a capacidade de decidir sobre os nosos asuntos para
podermos mellorar as condicións de vida e de benestar do
noso pobo.
30 ideas claras para as Xerais Novembro 2019 · 02
03
Máis poder
para a Galiza
04
Economía ao
servizo das
maiorías sociais
Entretanto se mantiver o actual marco institucional, traballa-
remos por avanzar en todos os ámbitos que signifiquen máis
poder para a Galiza e máis capacidade para decidir desde o
goberno e a administración galega. Nesa liña, defendemos un
novo modelo de financiamento baseado no concerto económi-
co que parta de que a Galiza recade todos os impostos e teña
capacidade para decidir como os inviste; posta en marcha
dunha Facenda Galega; transferencia das competencias en
materia de relacións laborais, de Seguranza Social e pensións;
traspaso das competencias en materia de seguranza pública,
policía xudicial e fiscal, así como garda de tránsito, para o que
será despregado o corpo da Policía Galega; control público dos
nosos recursos, dos sectores estratéxicos da economía e, es-
pecialmente da produción de enerxía. Derrogación de todas as
leis recentralizadoras que invaden as competencias da Galiza.
As forzas políticas estatais comparten unha visión dependen-
te de Galiza e da nosa economía, que favorece unha explota-
ción inxusta dos nosos recursos, posibilita o espolio do noso
aforro e impide articular un modelo económico máis xusto e
equitativo, ao servizo das maiorías sociais. Nós apostamos en
reactivar sectores económicos estragados polas decisións de
Madrid e Bruxelas, como o naval, a pesca ou o agro; crear e des-
envolver outros con grandes potencialidades de futuro, como
o tecnolóxico e o vinculado a actividades emerxentes; crear
emprego e acabar coa emigración da nosa mocidade.
30 ideas claras para as Xerais Novembro 2019 · 03
05
Pór o noso país a
producir. Apoio
a autónomos e
comercio.
06
Máis Galego,
Máis Galiza
Política real de reindustrialización con apoio aos sectores en
crise e especial atención aos sectores emerxentes. Apoio ás
pequenas e medias empresas (PEMES), ás persoas autónomas
e ao pequeno comercio. Rebaixar a presión fiscal para peque-
nas e micro-empresas así como para as cooperativas. Política
real de impulso ao sector da construción naval civil, que pode
recuperar o seu papel nas rías de Vigo e Ferrol.
Asumimos publicamente o compromiso de traballar en todos
os ámbitos que corresponder pola plena restauración dos usos
sociais e a completa normalización do galego. Proceder á mu-
danza pertinente para estabelecer a igualdade legal de galego
e castelán. Aspiramos a unha Galiza en que todas as galegas e
galegos poidamos vivir con normalidade na nosa lingua. Que-
remos asegurar a presenza habitual do idioma galego e das
expresións e creacións culturais galegas nos medios de comu-
nicación públicos estatais, dado que son medios que os gale-
gos e galegas tamén contribuímos a financiar.
30 ideas claras para as Xerais Novembro 2019 · 04
07
Pola Democracia, os
Dereitos e as Liberdades
08
As contas públicas,
nas mans das galegas
e galegos
Na última década vivimos unha profunda crise económica, territorial e social no
Estado español, que puxo aínda máis de manifesto a inxustiza dun sistema e dun-
has políticas ao servizo dos poderosos, que castigou con dureza o pobo, os traba-
lladores e traballadoras e os sectores sociais máis vulnerábeis e puxo en marcha
un proceso agresivo de involución democrática e recorte de dereitos e liberdades.
O BNG defenderá a derrogación da Lei da mordaza e das reformas regresivas do
Código Penal, que permite accións arbitrarias da policía ou da xudicatura neo-
franquista que vulneran, en moitas ocasións, dereitos esenciais; a derrogación
da lei de amnistía aprobada na transición; a recuperación do Pazo de Meirás e de
todos os bens espoliados por Franco, e apoiará todas as propostas que foren en
sentido democratizador no social e no nacional e defenderá con firmeza avanzar
en dereitos e liberdades desde os nosos valores democráticos e republicanos.
Galiza achega por cima de 1.100 millóns de euros máis ao Estado pola vía de tribu-
tos do que o Estado gasta na Galiza ou transfire ás Administracións Galegas. Hoxe
o estado é un buraco sen fondo que recada para atender as necesidades do gober-
no central e para financiar a débeda provocada polas políticas especulativas ao
ditado dos grandes lobbys. Se non quixermos continuar a perder diñeiro, Galiza
debe poder recadar todos os impostos e ter capacidade para decidir como inves-
tilos mediante un sistema de concerto económico e fiscal. Todas as empresas que
exercen a súa actividade na Galiza deben tributar aquí. Reforma do financiamento
local para evitar que cada persoa veciña dun concello galego reciba 50 euros me-
nos que a media estatal. Revisión do IRPF para facelo realmente progresivo. Im-
postos específicos aos beneficios das grandes empresas e ás grandes fortunas, ás
transaccións financeiras e aos produtos de luxo. Reducir o IVE facendo ademais
que os bens e servizos esenciais e culturais tributen no tramo superreducido.
30 ideas claras para as Xerais Novembro 2019 · 05
09
Emprego estábel
e de calidade
10
Pensións dignas
e sistema público
garantido
Derrogar as contrareformas laborais e restaurar plenamente
a negociación colectiva como principio básico das relacións
laborais. Retomar unha regulación máis equitativa, para ase-
gurar que a contratación indefinida sexa a regra xeral e elimi-
nar os contratos lixo. Suba do salario mínimo interprofesional,
garantindo condicións de vida dignas. Reducir a xornada labo-
ral a 35 horas sen redución de salario. Eliminar as Empresas
de Traballo Temporal (ETT), a subcontratación en cadea e as
falsas/os autónomas/os. Desenvolver o Marco Galego de Rela-
cións Laborais. Eliminar a taxas de reposición de efectivos nas
administracións.
Asumir na Galiza a competencia da xestión do réxime econó-
mico da Seguranza Social. Derrogar a Lei 27/ 2011 que supuxo
unha contrarreforma brutal das pensións. Elevar progresi-
vamente a pensión mínima (que deberá coincidir co SMI) a
comezar pola súa equiparación até o 60% do Salario Medio,
para impedir bolsas de pobreza entre a nosa xente de idade,
especialmente importante na Galiza porque é onde hai a maior
proporción de pensións mínimas. A partir de aí, compromiso
legal de que as pensións se revaloricen, polo menos, segundo o
IPC. Estabelecer a xubilación ordinaria aos 65 anos e a parcial
aos 61 anos.
30 ideas claras para as Xerais Novembro 2019 · 06
11
Controlar a banca privada.
Banca pública galega
12
Un rural
con futuro
O proceso de concentración bancaria, que supuxo a desapari-
ción das caixas galegas, provocou que grande parte do aforro
do noso país vai agora para fóra, fornecendo de crédito a outras
partes do Estado. Trátase dunha outra condición que explica
o afogamento do tecido produtivo do país. Por iso é preciso
derrogar a lei bancaria que invade competencias galegas para
promover a Banca Pública galega como ferramentas de des-
envolvemento produtivo para apoiar as PEMES, autónom@s e
familias. Regulación estrita da banca para impedir os abusos e
limitar a especulación de capital en beneficio do investimen-
to e o crédito produtivos. Recuperación íntegra das axudas e
avais públicos concedidos ás entidades financeiras.
Combater as políticas españolas e comunitarias que somete-
ron o sector agro-gandeiro galego a un profundo proceso de
reconversión, con perda significativa de capacidade produti-
va e de emprego agrario, provocando un gravísimo problema
demográfico e de desertización do medio rural. O noso rural
ten futuro con políticas que apoien a redibilidade da produción
leiteira e agro-gandeira e a industria transformadora. Apoio
aos circuítos curtos de comercialización e de transformación
por parte das propias persoas produtoras e aposta na produ-
ción diferenciada e de calidade.
30 ideas claras para as Xerais Novembro 2019 · 07
13
Un mar vivo
14
Tarifa eléctrica galega
e enerxía renovábel
Galiza é a primeira potencia de Europa no complexo mar-in-
dustria: captura de peixe, extracción de marisco (en cantidade
e calidade), tamaño de frota, poboación dependente desta acti-
vidade, produción conserveira e mexilloeira, etc... No entanto,
o feito de seren outros -Madrid e Bruxelas- os que deciden por
nós prexudicou e continúa a prexudicar gravemente a nosa
frota pesqueira e a actividade derivada. Precisamos decidir
sobre o noso mar e que sexa a Galiza a que negocie directa-
mente os tratados pesqueiros con terceiros países. No inme-
diato reclamamos a participación directa de Galiza na reforma
da Política Pesqueira Común (PP, un modelo de reparto xusto,
en función de criterios socioeconómicos e sustentábeis e unha
cota galega de acordo ao número de embarcacións e empregos.
Exixencia de que a pescar artesanal fique exenta de TAC’s e
cotas.
Galiza produce electricidade e é excedentaria. No entanto, para
alén de pagarmos os custos ambientais da produción, tamén
temos que pagar os custos de transporte da electricidade que
exportamos, especialmente a Madrid. Esta é unha situación
inxusta que prexudica as familias e as empresas. Por iso de-
fendemos unha Tarifa eléctrica galega que permita que pague-
mos por volta dun 30% menos e as empresas galegas reduzan
custos, garantindo os empregos, especialmente na industria
electrointensiva. Mudar a regulación do sector para romper
o peso dos grandes monopolios eléctricos. Apoio ás enerxías
renovábeis e ao autoconsumo. Prohibición do ‘fraking’.
30 ideas claras para as Xerais Novembro 2019 · 08
15
Apoio á investigación
para a innovación e o
desenvolvemento
16
Políticas feministas
para avanzar nos
dereitos das mulleres
Asunción na Galiza das políticas de I+D+i e Plan de choque,
incrementanto os recursos públicos, para consolidar capacida-
des apostando no coñecemento e a innovación nas vellas e no-
vas actividades. Reforzar os centros públicos de investigación,
as Universidades e os centros tecnóloxicos máis ligados ao
tecido produtivo. Reter investigador@s e repatriar esa xeración
expulsada nos últimos anos. Suprimir a I+D militar que hoxe
absorbe a maior parte dos recursos públicos para os destinar a
fins civís, sociais ou medioambientais.
A igualdade debe ser unha prioridade política. O BNG compro-
métese a impulsar todas as políticas dirixidas a incrementar
e mellorar os recursos e actuacións destinadas a avanzar na
igualdade efectiva entre mulleres e homes e na loita contra a
violencia machista así como garantir plenamente os dereitos
xa conquistados. Introducir o termo Feminicidio no marco
legal e impulsar o desenvolvemento dun Estatuto de vítima de
Feminicidio. Introducir no marco legal o concepto de consen-
timento para mellorar a tipificación e tratamento da violación
e das agresións sexuais. Creación de xulgados exclusivos de
violencia machista nas sete cidades galegas. Oporse á legali-
zación da práctica das barrigas de aluguer.
30 ideas claras para as Xerais Novembro 2019 · 09
18
Dereitos LGTBI
17
Máis dereitos para
a mocidade
Deseñar políticas de fomento do emprego xuvenil co fin de
crear emprego estábel e unhas condicións laborais dignas,
garantir o dereito efectivo ao traballo e acabar coa emigración.
Promover a participación democrática activa da xuventude na
vida pública e o dereito de voto aos 16 anos. Garantir o acceso
a unha formación de calidade e desenvolver un plan de cho-
que para o retorno das persoas mozas emigradas por causa da
crise económica.
Combater calquera tipo de discriminación por causa da orien-
tación sexual. Incorporar dun modo real e transversal a di-
versidade afectivo- sexual na lexislación, especialmente en
materia de dereitos civís e política social. A prohibición total
das denominadas ‘terapias de conversión’ por seren anti-cien-
tíficas e por atentaren contra a dignidade e a liberdade das
persoas LGBT. Promover a elaboración dun Protocolo de pre-
vención, detección e tratamento do acoso escolar e ciberacoso.
A aprobación dunha lei integral do recoñecemento do dereito
á identidade de xénero e que elimine definitivamente a necesi-
dade de diagnóstico de “disforia de xénero” mediante informes
médicos ou psicolóxicos, co fin de acabar coa patoloxización
das persoas trans.
30 ideas claras para as Xerais Novembro 2019 · 10
19
Servizos públicos
de calidade
20
Ensino galego
de calidade
Garantir servizos públicos, universais e gratuítos é esencial
para camiñarmos para unha sociedade máis xusta, solidaria
e igualitaria e mesmo para evitar o sufrimento das persoas
e o risco de exclusión social. Por iso defendemos asegurar a
xestión pública directa e con recursos, investimento e persoal
suficiente para que os servizos sexan prestados con criterios
sociais e cubran as necesidades da totalidade da sociedade. A
supresión de toda a lexislación que obstaculiza a reversión ou
rescate da xestión directa dun servizo ou o cambio de xestión
privada a pública de diferentes servizos públicos. Tamén é
necesaria a supresión da taxa de reposición de efectivos fixada
centralizadamente polo estado para controlar e impedir pola
vía da ausencia de persoal a prestación pública dos servizos.
Derrogar a LOMCE e asumir todas as competencias en materia
educativa, para poder elaborar os plans de estudo e os deseños
curriculares e para organizar todas as ensinanzas mediante
unha Lei Galega de Educación. Defender o ensino público e,
por conseguinte, eliminar os concertos educativos dos cen-
tros que segregan alumnado por razón de xénero, así como no
ensino non obrigatorio, co obxecto de promover a súa supre-
sión en todos os niveis educativos. Aumentar os orzamentos
destinados á educación para lle dedicar, no mínimo, 7% do PIB.
Apostar nun ensino laico quitando a Relixión, como cuestión
que corresponde ao ámbito privado, dos centros educativos.
Conxelar as taxas universitarias e dedicar 1,5% do PIB ás Uni-
versidades públicas.
30 ideas claras para as Xerais Novembro 2019 · 11
22
Garantir a protección
social e condicións de
vida dignas
21
Sanidade
pública e
universal
Restituír o dereito universal á sanidade pública suprimindo o
copagamento e as restricións no acceso á atención sanitaria.
Derrogar as normas aprobadas para recentralizar as decisións
sanitarias e acabar coa universalidade no acceso. Garantir o
financiamento suficiente e a xestión pública para unha sanida-
de universal e de calidade. Incorporar progresivamente a asis-
tencia odontolóxica gratuíta até os 18 anos. Reforzar as áreas
máis deficitarias. Potenciación da atención primaria. Regular o
dereito a unha morte digna.
Asegurar o dereito a unha vivenda digna e prohibir o corte de
servizos básicos. Mudanza das leis hipotecaria e bancaria para
protexer de modo efectivo as persoas –en especial as máis
vulnerábeis- fronte á banca. Dación en pagamento e prohibi-
ción de desaloxo de familias cando for a súa primeira e única
vivenda. Incrementar o gasto global en protección social até
atinxir, como mínimo, o gasto medio en protección social do
conxunto da Unión Europea. Reclamar os 188 millóns de euros
que o Estado adebeda en concepto de financiamento da Lei de
dependencia e rexeitar o copagamento. Aplicar un programa
específico para a loita e erradicación da pobreza e a exclusión
social. Erradicación das distintas fendas (salariais, estabilida-
de...) derivadas do xénero e a identidade.
30 ideas claras para as Xerais Novembro 2019 · 12
23
Infraestruturas
públicas ao
servizo do país
24
Defensa do medio
e dos animais
Asunción na Galiza da xestión de infraestruturas chaves para
unha estratexia de país: portos de interese xeral, aeroportos
e autoestradas. A AP-9 e AP-53 serán transferidas á Galiza e
pasarán a xestión pública para acabar con portaxes abusivas
que só serven para o lucro de empresas privadas. Completar
infraestruturas dos camiños de ferro priorizando as que ar-
ticulan o País, coa mellora da rede ferroviaria interior (FEVE,
Eixo Atlántico...). Asunción de responsabilidades após unha
exhaustiva investigación sobre o accidente de Angrois.
Apostar por un modelo económico que teña en conta os lími-
tes do sistema ecolóxico e adaptado a un futuro sen enerxías
fósiles para garantir a sustentabilidade para as xeracións pre-
sentes e tamén futuras. En particular, tomaremos parte activa
na defensa de todas as medidas que combatan o cambio climá-
tico. Revogar a prórroga de ENCE en Pontevedra. Acometer o
saneamento integral das rías galegas, e dispor e equipar unha
rede de bases de loita contra a contaminación do medio mari-
ño ao longo de todo o corredor marítimo fronte á costa galega.
Recoñecer a propiedade comunitaria do monte. Prohibir todo
tipo de acto de tortura contra os animais, incluídas as toura-
das.
30 ideas claras para as Xerais Novembro 2019 · 13
26
Supresión de
institucións
inútiles e
custosas
25
Acabar coa
evasión fiscal
e perseguir a
fraude
Persecución efectiva da evasión de capitais fiscal, con nova
normativa e con nova política inspectora centrada nos bancos,
nos fondos, nas grandes empresas e grandes patrimonios. Para
soster a longo prazo servizos públicos de calidade e dispor de
recursos para a dinamización económica precisamos acabar
coa fraude e a evasión fiscal, realizada sobre todo polas gran-
des empresas e fortunas. Avanzar na xustiza fiscal co criterio
de que pague máis quen máis ten e favorecer as clases popula-
res.
En canto a Galiza faga parte do Estado español, debemos re-
clamar a supresión de institucións que supoñen un gasto
importante e carecen de calquera tipo de funcionalidade. Así,
defendemos a desaparición das Deputacións provinciais, dos
ministerios con competencias transferidas, da Delegación e
Subdelegacións do Goberno, do Senado e da Casa Real.
30 ideas claras para as Xerais Novembro 2019 · 14
27
Máis participación,
máis democracia
28
Defensa dun
ideario anti-
imperialista e
política de paz
Nova Lei de Consultas Públicas para aprofundar na demo-
cracia directa e normalizar a realización de referendos vin-
culantes en asuntos de interese, incluído o dereito de auto-
determinación. Reforma electoral democratizadora: Galiza
circunscrición electoral, eliminación da porcentaxe mínima,
fin á Lei D’Hont e reparto proporcional directo, obrigatoriedade
do voto secreto en cabina, prohibición de reparto de papeletas
e garantía de debates en campaña. Voto aos 16 anos. Defen-
sa da laicidade e da derrogación do Concordato de 1979. Os
bens da Igrexa deberán pagar o IBI. Eliminación da simboloxía
relixiosa nas administracións e institucións públicas e supre-
sión da materia de Relixión no ensino.
Supresión do gasto militar. Saída da OTAN e defensa dunha
política internacional respectuosa coa soberanía dos pobos e
baseada na paz e a non inxerencia. Destinar o gasto militar a
políticas sociais e de desenvolvemento.
30 ideas claras para as Xerais Novembro 2019 · 15
29
Con orgullo
do que somos
30
Con confianza
no pobo galego
Queremos contribuír para unha Galiza orgullosa de si propia
que, partindo da súa historia, valorice o seu patrimonio e des-
envolva plenamente a cultura e a capacidade creativa do pobo
galego. Unha Galiza que camiñe con decisión para un futuro
diferente, de prosperidade, de benestar e de liberdade.
Para progresar, para saír do estancamento, para facerse valer,
Galiza ten de confiar nas propias forzas. Nós confiamos na ca-
pacidade do pobo galego, que xa ten demostrado moitas veces
que é capaz de enfrontar as dificultades e de superalas con éxi-
to. Tamén agora será capaz de falar alto e claro para defender
os seus dereitos, os dereitos de todos e todas as galegas.

Contenu connexe

Tendances

10 marzo manifiesto
10 marzo manifiesto10 marzo manifiesto
10 marzo manifiestooscargaliza
 
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICOTEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICOCgt Correos A Coruña
 
Galicia sindical numero 15
Galicia sindical numero 15Galicia sindical numero 15
Galicia sindical numero 15oscargaliza
 
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014AGEeFerrolterra
 
Erguer os soños e as esperanzas: manifesto por unha República Galega
Erguer os soños e as esperanzas: manifesto por unha República GalegaErguer os soños e as esperanzas: manifesto por unha República Galega
Erguer os soños e as esperanzas: manifesto por unha República GalegaBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Voceiro marzo 2018
Voceiro marzo 2018Voceiro marzo 2018
Voceiro marzo 2018BNGOPorrinho
 
2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...
2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...
2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...oscargaliza
 
2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...
2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...
2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...oscargaliza
 
Octavilla galego 2b definitiva ok ugt
Octavilla galego 2b definitiva ok ugtOctavilla galego 2b definitiva ok ugt
Octavilla galego 2b definitiva ok ugtoscargaliza
 
2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...
2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...
2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...oscargaliza
 
Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032CCOOXustiza
 

Tendances (19)

Manifesto 1 de maio
Manifesto 1 de maioManifesto 1 de maio
Manifesto 1 de maio
 
10 marzo manifiesto
10 marzo manifiesto10 marzo manifiesto
10 marzo manifiesto
 
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICOTEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
 
Todo o que conseguiu o BNG co acordo de investidura
Todo o que conseguiu o BNG co acordo de investiduraTodo o que conseguiu o BNG co acordo de investidura
Todo o que conseguiu o BNG co acordo de investidura
 
Galicia sindical numero 15
Galicia sindical numero 15Galicia sindical numero 15
Galicia sindical numero 15
 
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
 
Manifesto "o parlamento é do pobo"
Manifesto "o parlamento é do pobo"Manifesto "o parlamento é do pobo"
Manifesto "o parlamento é do pobo"
 
Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020
 
Erguer os soños e as esperanzas: manifesto por unha República Galega
Erguer os soños e as esperanzas: manifesto por unha República GalegaErguer os soños e as esperanzas: manifesto por unha República Galega
Erguer os soños e as esperanzas: manifesto por unha República Galega
 
Voceiro marzo 2018
Voceiro marzo 2018Voceiro marzo 2018
Voceiro marzo 2018
 
2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...
2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...
2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...
 
2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...
2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...
2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...
 
Folleto do Día da Patria Galega de 2019
Folleto do Día da Patria Galega de 2019Folleto do Día da Patria Galega de 2019
Folleto do Día da Patria Galega de 2019
 
Octavilla galego 2b definitiva ok ugt
Octavilla galego 2b definitiva ok ugtOctavilla galego 2b definitiva ok ugt
Octavilla galego 2b definitiva ok ugt
 
Programa electoral Xerais 2019
Programa electoral Xerais 2019Programa electoral Xerais 2019
Programa electoral Xerais 2019
 
2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...
2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...
2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...
 
A saúde é un dereito
A saúde é un dereitoA saúde é un dereito
A saúde é un dereito
 
Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032
 
Por un sector lácteo con poder
Por un sector lácteo con poderPor un sector lácteo con poder
Por un sector lácteo con poder
 

Similaire à [Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras

Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024luarodalegre97
 
Programa de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNGPrograma de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNG20minutos
 
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdfTecer Galicia Tecer Podemos
 
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024luarodalegre97
 
Programa marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por Galicia
Programa marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por GaliciaPrograma marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por Galicia
Programa marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por GaliciaDani Lago
 
CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015Mortadelo007
 
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafaO espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafaBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Presentación balance ano de goberno
Presentación balance ano de gobernoPresentación balance ano de goberno
Presentación balance ano de gobernoGabitorren
 
Boletin Abril 2011 PPdG.
Boletin Abril 2011 PPdG.Boletin Abril 2011 PPdG.
Boletin Abril 2011 PPdG.mariaramallo
 
Boletín BNG O Porriño
Boletín BNG O PorriñoBoletín BNG O Porriño
Boletín BNG O PorriñoBNGdoPorrinho
 
Programa electoral de Podemos Galicia 2024
Programa electoral de Podemos Galicia 2024Programa electoral de Podemos Galicia 2024
Programa electoral de Podemos Galicia 2024luarodalegre97
 
Tema 6 Organización política e territorial de España
Tema 6 Organización política e territorial de EspañaTema 6 Organización política e territorial de España
Tema 6 Organización política e territorial de Españarubempaul
 

Similaire à [Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras (20)

Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
 
Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023
 
Programa de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNGPrograma de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNG
 
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
 
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
 
Programa marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por Galicia
Programa marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por GaliciaPrograma marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por Galicia
Programa marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por Galicia
 
CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015
 
Folleto Día da Patria Galega
Folleto Día da Patria GalegaFolleto Día da Patria Galega
Folleto Día da Patria Galega
 
[Xerais 2019 (10N)] Programa electoral
[Xerais 2019 (10N)] Programa electoral[Xerais 2019 (10N)] Programa electoral
[Xerais 2019 (10N)] Programa electoral
 
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafaO espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
 
Temos dereito a unha vida digna
Temos dereito a unha vida dignaTemos dereito a unha vida digna
Temos dereito a unha vida digna
 
Concellos en rede por galiza
Concellos en rede por galizaConcellos en rede por galiza
Concellos en rede por galiza
 
Presentación balance ano de goberno
Presentación balance ano de gobernoPresentación balance ano de goberno
Presentación balance ano de goberno
 
Boletin Abril 2011 PPdG.
Boletin Abril 2011 PPdG.Boletin Abril 2011 PPdG.
Boletin Abril 2011 PPdG.
 
Boletín BNG O Porriño
Boletín BNG O PorriñoBoletín BNG O Porriño
Boletín BNG O Porriño
 
15 compromisos a favor de Galiza
15 compromisos a favor de Galiza15 compromisos a favor de Galiza
15 compromisos a favor de Galiza
 
Programa electoral de Podemos Galicia 2024
Programa electoral de Podemos Galicia 2024Programa electoral de Podemos Galicia 2024
Programa electoral de Podemos Galicia 2024
 
Tema 6 Organización política e territorial de España
Tema 6 Organización política e territorial de EspañaTema 6 Organización política e territorial de España
Tema 6 Organización política e territorial de España
 
Queremos vivir do noso traballo
Queremos vivir do noso traballoQueremos vivir do noso traballo
Queremos vivir do noso traballo
 
PG.pdf
PG.pdfPG.pdf
PG.pdf
 

Plus de BNG - Bloque Nacionalista Galego

Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaDecálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialDesconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusPropostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
[Xerais 2019 (10N)] Decálogo para defender Galiza no Congreso
[Xerais 2019 (10N)] Decálogo para defender Galiza no Congreso[Xerais 2019 (10N)] Decálogo para defender Galiza no Congreso
[Xerais 2019 (10N)] Decálogo para defender Galiza no CongresoBNG - Bloque Nacionalista Galego
 

Plus de BNG - Bloque Nacionalista Galego (20)

Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
 
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
 
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaDecálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
 
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer GalizaDecálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
 
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
 
Queremos tren
Queremos trenQueremos tren
Queremos tren
 
90 anos do Partido Galeguista
90 anos do Partido Galeguista90 anos do Partido Galeguista
90 anos do Partido Galeguista
 
Defendamos a sanidade pública
Defendamos a sanidade públicaDefendamos a sanidade pública
Defendamos a sanidade pública
 
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
 
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
 
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegasProxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
 
100 anos de Nós
100 anos de Nós100 anos de Nós
100 anos de Nós
 
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialDesconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
 
100 anos do Día da Patria Galega
100 anos do Día da Patria Galega100 anos do Día da Patria Galega
100 anos do Día da Patria Galega
 
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
 
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusPropostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
 
Folleto en defensa da sanidade pública
Folleto en defensa da sanidade públicaFolleto en defensa da sanidade pública
Folleto en defensa da sanidade pública
 
[25N] A violencia queda dentro
[25N] A violencia queda dentro[25N] A violencia queda dentro
[25N] A violencia queda dentro
 
Declaracion de Llotja de Mar
Declaracion de Llotja de MarDeclaracion de Llotja de Mar
Declaracion de Llotja de Mar
 
[Xerais 2019 (10N)] Decálogo para defender Galiza no Congreso
[Xerais 2019 (10N)] Decálogo para defender Galiza no Congreso[Xerais 2019 (10N)] Decálogo para defender Galiza no Congreso
[Xerais 2019 (10N)] Decálogo para defender Galiza no Congreso
 

[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras

  • 3. 30 ideas claras para as Xerais Novembro 2019 · 01 01 Con Voz Propia 02 Soberanía para vivirmos mellor Galiza precisa contar con voz propia en Madrid e só unha forza política como o BNG ten liberdade plena para defender, sen ningún tipo de submisión nin dependencia, os nosos lexítimos dereitos como pobo. O BNG nunca fallou na defensa de Galiza. Ese é o noso mellor aval: somos quen sempre defende os inte- reses do pobo galego. O actual marco constitucional e estatutario non serve para resolver os principais problemas sociais e económicos do noso País. Por iso apostamos na necesidade de o superar. Galiza debe ver recoñecido o dereito de autodeterminación e tamén ter a posibilidade de o exercer. O BNG defenderá a ruptura de- mocrática para que a Galiza poida asumir a soberanía por me- dio dun proceso constituínte propio. A asunción da soberanía política é premisa básica para que calquera proceso político posterior de articulación institucional parta da decisión libre e non condicionada do pobo galego, en relación exclusivamente cos seus intereses nacionais e populares. É tamén a garantir de termos a capacidade de decidir sobre os nosos asuntos para podermos mellorar as condicións de vida e de benestar do noso pobo.
  • 4. 30 ideas claras para as Xerais Novembro 2019 · 02 03 Máis poder para a Galiza 04 Economía ao servizo das maiorías sociais Entretanto se mantiver o actual marco institucional, traballa- remos por avanzar en todos os ámbitos que signifiquen máis poder para a Galiza e máis capacidade para decidir desde o goberno e a administración galega. Nesa liña, defendemos un novo modelo de financiamento baseado no concerto económi- co que parta de que a Galiza recade todos os impostos e teña capacidade para decidir como os inviste; posta en marcha dunha Facenda Galega; transferencia das competencias en materia de relacións laborais, de Seguranza Social e pensións; traspaso das competencias en materia de seguranza pública, policía xudicial e fiscal, así como garda de tránsito, para o que será despregado o corpo da Policía Galega; control público dos nosos recursos, dos sectores estratéxicos da economía e, es- pecialmente da produción de enerxía. Derrogación de todas as leis recentralizadoras que invaden as competencias da Galiza. As forzas políticas estatais comparten unha visión dependen- te de Galiza e da nosa economía, que favorece unha explota- ción inxusta dos nosos recursos, posibilita o espolio do noso aforro e impide articular un modelo económico máis xusto e equitativo, ao servizo das maiorías sociais. Nós apostamos en reactivar sectores económicos estragados polas decisións de Madrid e Bruxelas, como o naval, a pesca ou o agro; crear e des- envolver outros con grandes potencialidades de futuro, como o tecnolóxico e o vinculado a actividades emerxentes; crear emprego e acabar coa emigración da nosa mocidade.
  • 5. 30 ideas claras para as Xerais Novembro 2019 · 03 05 Pór o noso país a producir. Apoio a autónomos e comercio. 06 Máis Galego, Máis Galiza Política real de reindustrialización con apoio aos sectores en crise e especial atención aos sectores emerxentes. Apoio ás pequenas e medias empresas (PEMES), ás persoas autónomas e ao pequeno comercio. Rebaixar a presión fiscal para peque- nas e micro-empresas así como para as cooperativas. Política real de impulso ao sector da construción naval civil, que pode recuperar o seu papel nas rías de Vigo e Ferrol. Asumimos publicamente o compromiso de traballar en todos os ámbitos que corresponder pola plena restauración dos usos sociais e a completa normalización do galego. Proceder á mu- danza pertinente para estabelecer a igualdade legal de galego e castelán. Aspiramos a unha Galiza en que todas as galegas e galegos poidamos vivir con normalidade na nosa lingua. Que- remos asegurar a presenza habitual do idioma galego e das expresións e creacións culturais galegas nos medios de comu- nicación públicos estatais, dado que son medios que os gale- gos e galegas tamén contribuímos a financiar.
  • 6. 30 ideas claras para as Xerais Novembro 2019 · 04 07 Pola Democracia, os Dereitos e as Liberdades 08 As contas públicas, nas mans das galegas e galegos Na última década vivimos unha profunda crise económica, territorial e social no Estado español, que puxo aínda máis de manifesto a inxustiza dun sistema e dun- has políticas ao servizo dos poderosos, que castigou con dureza o pobo, os traba- lladores e traballadoras e os sectores sociais máis vulnerábeis e puxo en marcha un proceso agresivo de involución democrática e recorte de dereitos e liberdades. O BNG defenderá a derrogación da Lei da mordaza e das reformas regresivas do Código Penal, que permite accións arbitrarias da policía ou da xudicatura neo- franquista que vulneran, en moitas ocasións, dereitos esenciais; a derrogación da lei de amnistía aprobada na transición; a recuperación do Pazo de Meirás e de todos os bens espoliados por Franco, e apoiará todas as propostas que foren en sentido democratizador no social e no nacional e defenderá con firmeza avanzar en dereitos e liberdades desde os nosos valores democráticos e republicanos. Galiza achega por cima de 1.100 millóns de euros máis ao Estado pola vía de tribu- tos do que o Estado gasta na Galiza ou transfire ás Administracións Galegas. Hoxe o estado é un buraco sen fondo que recada para atender as necesidades do gober- no central e para financiar a débeda provocada polas políticas especulativas ao ditado dos grandes lobbys. Se non quixermos continuar a perder diñeiro, Galiza debe poder recadar todos os impostos e ter capacidade para decidir como inves- tilos mediante un sistema de concerto económico e fiscal. Todas as empresas que exercen a súa actividade na Galiza deben tributar aquí. Reforma do financiamento local para evitar que cada persoa veciña dun concello galego reciba 50 euros me- nos que a media estatal. Revisión do IRPF para facelo realmente progresivo. Im- postos específicos aos beneficios das grandes empresas e ás grandes fortunas, ás transaccións financeiras e aos produtos de luxo. Reducir o IVE facendo ademais que os bens e servizos esenciais e culturais tributen no tramo superreducido.
  • 7. 30 ideas claras para as Xerais Novembro 2019 · 05 09 Emprego estábel e de calidade 10 Pensións dignas e sistema público garantido Derrogar as contrareformas laborais e restaurar plenamente a negociación colectiva como principio básico das relacións laborais. Retomar unha regulación máis equitativa, para ase- gurar que a contratación indefinida sexa a regra xeral e elimi- nar os contratos lixo. Suba do salario mínimo interprofesional, garantindo condicións de vida dignas. Reducir a xornada labo- ral a 35 horas sen redución de salario. Eliminar as Empresas de Traballo Temporal (ETT), a subcontratación en cadea e as falsas/os autónomas/os. Desenvolver o Marco Galego de Rela- cións Laborais. Eliminar a taxas de reposición de efectivos nas administracións. Asumir na Galiza a competencia da xestión do réxime econó- mico da Seguranza Social. Derrogar a Lei 27/ 2011 que supuxo unha contrarreforma brutal das pensións. Elevar progresi- vamente a pensión mínima (que deberá coincidir co SMI) a comezar pola súa equiparación até o 60% do Salario Medio, para impedir bolsas de pobreza entre a nosa xente de idade, especialmente importante na Galiza porque é onde hai a maior proporción de pensións mínimas. A partir de aí, compromiso legal de que as pensións se revaloricen, polo menos, segundo o IPC. Estabelecer a xubilación ordinaria aos 65 anos e a parcial aos 61 anos.
  • 8. 30 ideas claras para as Xerais Novembro 2019 · 06 11 Controlar a banca privada. Banca pública galega 12 Un rural con futuro O proceso de concentración bancaria, que supuxo a desapari- ción das caixas galegas, provocou que grande parte do aforro do noso país vai agora para fóra, fornecendo de crédito a outras partes do Estado. Trátase dunha outra condición que explica o afogamento do tecido produtivo do país. Por iso é preciso derrogar a lei bancaria que invade competencias galegas para promover a Banca Pública galega como ferramentas de des- envolvemento produtivo para apoiar as PEMES, autónom@s e familias. Regulación estrita da banca para impedir os abusos e limitar a especulación de capital en beneficio do investimen- to e o crédito produtivos. Recuperación íntegra das axudas e avais públicos concedidos ás entidades financeiras. Combater as políticas españolas e comunitarias que somete- ron o sector agro-gandeiro galego a un profundo proceso de reconversión, con perda significativa de capacidade produti- va e de emprego agrario, provocando un gravísimo problema demográfico e de desertización do medio rural. O noso rural ten futuro con políticas que apoien a redibilidade da produción leiteira e agro-gandeira e a industria transformadora. Apoio aos circuítos curtos de comercialización e de transformación por parte das propias persoas produtoras e aposta na produ- ción diferenciada e de calidade.
  • 9. 30 ideas claras para as Xerais Novembro 2019 · 07 13 Un mar vivo 14 Tarifa eléctrica galega e enerxía renovábel Galiza é a primeira potencia de Europa no complexo mar-in- dustria: captura de peixe, extracción de marisco (en cantidade e calidade), tamaño de frota, poboación dependente desta acti- vidade, produción conserveira e mexilloeira, etc... No entanto, o feito de seren outros -Madrid e Bruxelas- os que deciden por nós prexudicou e continúa a prexudicar gravemente a nosa frota pesqueira e a actividade derivada. Precisamos decidir sobre o noso mar e que sexa a Galiza a que negocie directa- mente os tratados pesqueiros con terceiros países. No inme- diato reclamamos a participación directa de Galiza na reforma da Política Pesqueira Común (PP, un modelo de reparto xusto, en función de criterios socioeconómicos e sustentábeis e unha cota galega de acordo ao número de embarcacións e empregos. Exixencia de que a pescar artesanal fique exenta de TAC’s e cotas. Galiza produce electricidade e é excedentaria. No entanto, para alén de pagarmos os custos ambientais da produción, tamén temos que pagar os custos de transporte da electricidade que exportamos, especialmente a Madrid. Esta é unha situación inxusta que prexudica as familias e as empresas. Por iso de- fendemos unha Tarifa eléctrica galega que permita que pague- mos por volta dun 30% menos e as empresas galegas reduzan custos, garantindo os empregos, especialmente na industria electrointensiva. Mudar a regulación do sector para romper o peso dos grandes monopolios eléctricos. Apoio ás enerxías renovábeis e ao autoconsumo. Prohibición do ‘fraking’.
  • 10. 30 ideas claras para as Xerais Novembro 2019 · 08 15 Apoio á investigación para a innovación e o desenvolvemento 16 Políticas feministas para avanzar nos dereitos das mulleres Asunción na Galiza das políticas de I+D+i e Plan de choque, incrementanto os recursos públicos, para consolidar capacida- des apostando no coñecemento e a innovación nas vellas e no- vas actividades. Reforzar os centros públicos de investigación, as Universidades e os centros tecnóloxicos máis ligados ao tecido produtivo. Reter investigador@s e repatriar esa xeración expulsada nos últimos anos. Suprimir a I+D militar que hoxe absorbe a maior parte dos recursos públicos para os destinar a fins civís, sociais ou medioambientais. A igualdade debe ser unha prioridade política. O BNG compro- métese a impulsar todas as políticas dirixidas a incrementar e mellorar os recursos e actuacións destinadas a avanzar na igualdade efectiva entre mulleres e homes e na loita contra a violencia machista así como garantir plenamente os dereitos xa conquistados. Introducir o termo Feminicidio no marco legal e impulsar o desenvolvemento dun Estatuto de vítima de Feminicidio. Introducir no marco legal o concepto de consen- timento para mellorar a tipificación e tratamento da violación e das agresións sexuais. Creación de xulgados exclusivos de violencia machista nas sete cidades galegas. Oporse á legali- zación da práctica das barrigas de aluguer.
  • 11. 30 ideas claras para as Xerais Novembro 2019 · 09 18 Dereitos LGTBI 17 Máis dereitos para a mocidade Deseñar políticas de fomento do emprego xuvenil co fin de crear emprego estábel e unhas condicións laborais dignas, garantir o dereito efectivo ao traballo e acabar coa emigración. Promover a participación democrática activa da xuventude na vida pública e o dereito de voto aos 16 anos. Garantir o acceso a unha formación de calidade e desenvolver un plan de cho- que para o retorno das persoas mozas emigradas por causa da crise económica. Combater calquera tipo de discriminación por causa da orien- tación sexual. Incorporar dun modo real e transversal a di- versidade afectivo- sexual na lexislación, especialmente en materia de dereitos civís e política social. A prohibición total das denominadas ‘terapias de conversión’ por seren anti-cien- tíficas e por atentaren contra a dignidade e a liberdade das persoas LGBT. Promover a elaboración dun Protocolo de pre- vención, detección e tratamento do acoso escolar e ciberacoso. A aprobación dunha lei integral do recoñecemento do dereito á identidade de xénero e que elimine definitivamente a necesi- dade de diagnóstico de “disforia de xénero” mediante informes médicos ou psicolóxicos, co fin de acabar coa patoloxización das persoas trans.
  • 12. 30 ideas claras para as Xerais Novembro 2019 · 10 19 Servizos públicos de calidade 20 Ensino galego de calidade Garantir servizos públicos, universais e gratuítos é esencial para camiñarmos para unha sociedade máis xusta, solidaria e igualitaria e mesmo para evitar o sufrimento das persoas e o risco de exclusión social. Por iso defendemos asegurar a xestión pública directa e con recursos, investimento e persoal suficiente para que os servizos sexan prestados con criterios sociais e cubran as necesidades da totalidade da sociedade. A supresión de toda a lexislación que obstaculiza a reversión ou rescate da xestión directa dun servizo ou o cambio de xestión privada a pública de diferentes servizos públicos. Tamén é necesaria a supresión da taxa de reposición de efectivos fixada centralizadamente polo estado para controlar e impedir pola vía da ausencia de persoal a prestación pública dos servizos. Derrogar a LOMCE e asumir todas as competencias en materia educativa, para poder elaborar os plans de estudo e os deseños curriculares e para organizar todas as ensinanzas mediante unha Lei Galega de Educación. Defender o ensino público e, por conseguinte, eliminar os concertos educativos dos cen- tros que segregan alumnado por razón de xénero, así como no ensino non obrigatorio, co obxecto de promover a súa supre- sión en todos os niveis educativos. Aumentar os orzamentos destinados á educación para lle dedicar, no mínimo, 7% do PIB. Apostar nun ensino laico quitando a Relixión, como cuestión que corresponde ao ámbito privado, dos centros educativos. Conxelar as taxas universitarias e dedicar 1,5% do PIB ás Uni- versidades públicas.
  • 13. 30 ideas claras para as Xerais Novembro 2019 · 11 22 Garantir a protección social e condicións de vida dignas 21 Sanidade pública e universal Restituír o dereito universal á sanidade pública suprimindo o copagamento e as restricións no acceso á atención sanitaria. Derrogar as normas aprobadas para recentralizar as decisións sanitarias e acabar coa universalidade no acceso. Garantir o financiamento suficiente e a xestión pública para unha sanida- de universal e de calidade. Incorporar progresivamente a asis- tencia odontolóxica gratuíta até os 18 anos. Reforzar as áreas máis deficitarias. Potenciación da atención primaria. Regular o dereito a unha morte digna. Asegurar o dereito a unha vivenda digna e prohibir o corte de servizos básicos. Mudanza das leis hipotecaria e bancaria para protexer de modo efectivo as persoas –en especial as máis vulnerábeis- fronte á banca. Dación en pagamento e prohibi- ción de desaloxo de familias cando for a súa primeira e única vivenda. Incrementar o gasto global en protección social até atinxir, como mínimo, o gasto medio en protección social do conxunto da Unión Europea. Reclamar os 188 millóns de euros que o Estado adebeda en concepto de financiamento da Lei de dependencia e rexeitar o copagamento. Aplicar un programa específico para a loita e erradicación da pobreza e a exclusión social. Erradicación das distintas fendas (salariais, estabilida- de...) derivadas do xénero e a identidade.
  • 14. 30 ideas claras para as Xerais Novembro 2019 · 12 23 Infraestruturas públicas ao servizo do país 24 Defensa do medio e dos animais Asunción na Galiza da xestión de infraestruturas chaves para unha estratexia de país: portos de interese xeral, aeroportos e autoestradas. A AP-9 e AP-53 serán transferidas á Galiza e pasarán a xestión pública para acabar con portaxes abusivas que só serven para o lucro de empresas privadas. Completar infraestruturas dos camiños de ferro priorizando as que ar- ticulan o País, coa mellora da rede ferroviaria interior (FEVE, Eixo Atlántico...). Asunción de responsabilidades após unha exhaustiva investigación sobre o accidente de Angrois. Apostar por un modelo económico que teña en conta os lími- tes do sistema ecolóxico e adaptado a un futuro sen enerxías fósiles para garantir a sustentabilidade para as xeracións pre- sentes e tamén futuras. En particular, tomaremos parte activa na defensa de todas as medidas que combatan o cambio climá- tico. Revogar a prórroga de ENCE en Pontevedra. Acometer o saneamento integral das rías galegas, e dispor e equipar unha rede de bases de loita contra a contaminación do medio mari- ño ao longo de todo o corredor marítimo fronte á costa galega. Recoñecer a propiedade comunitaria do monte. Prohibir todo tipo de acto de tortura contra os animais, incluídas as toura- das.
  • 15. 30 ideas claras para as Xerais Novembro 2019 · 13 26 Supresión de institucións inútiles e custosas 25 Acabar coa evasión fiscal e perseguir a fraude Persecución efectiva da evasión de capitais fiscal, con nova normativa e con nova política inspectora centrada nos bancos, nos fondos, nas grandes empresas e grandes patrimonios. Para soster a longo prazo servizos públicos de calidade e dispor de recursos para a dinamización económica precisamos acabar coa fraude e a evasión fiscal, realizada sobre todo polas gran- des empresas e fortunas. Avanzar na xustiza fiscal co criterio de que pague máis quen máis ten e favorecer as clases popula- res. En canto a Galiza faga parte do Estado español, debemos re- clamar a supresión de institucións que supoñen un gasto importante e carecen de calquera tipo de funcionalidade. Así, defendemos a desaparición das Deputacións provinciais, dos ministerios con competencias transferidas, da Delegación e Subdelegacións do Goberno, do Senado e da Casa Real.
  • 16. 30 ideas claras para as Xerais Novembro 2019 · 14 27 Máis participación, máis democracia 28 Defensa dun ideario anti- imperialista e política de paz Nova Lei de Consultas Públicas para aprofundar na demo- cracia directa e normalizar a realización de referendos vin- culantes en asuntos de interese, incluído o dereito de auto- determinación. Reforma electoral democratizadora: Galiza circunscrición electoral, eliminación da porcentaxe mínima, fin á Lei D’Hont e reparto proporcional directo, obrigatoriedade do voto secreto en cabina, prohibición de reparto de papeletas e garantía de debates en campaña. Voto aos 16 anos. Defen- sa da laicidade e da derrogación do Concordato de 1979. Os bens da Igrexa deberán pagar o IBI. Eliminación da simboloxía relixiosa nas administracións e institucións públicas e supre- sión da materia de Relixión no ensino. Supresión do gasto militar. Saída da OTAN e defensa dunha política internacional respectuosa coa soberanía dos pobos e baseada na paz e a non inxerencia. Destinar o gasto militar a políticas sociais e de desenvolvemento.
  • 17. 30 ideas claras para as Xerais Novembro 2019 · 15 29 Con orgullo do que somos 30 Con confianza no pobo galego Queremos contribuír para unha Galiza orgullosa de si propia que, partindo da súa historia, valorice o seu patrimonio e des- envolva plenamente a cultura e a capacidade creativa do pobo galego. Unha Galiza que camiñe con decisión para un futuro diferente, de prosperidade, de benestar e de liberdade. Para progresar, para saír do estancamento, para facerse valer, Galiza ten de confiar nas propias forzas. Nós confiamos na ca- pacidade do pobo galego, que xa ten demostrado moitas veces que é capaz de enfrontar as dificultades e de superalas con éxi- to. Tamén agora será capaz de falar alto e claro para defender os seus dereitos, os dereitos de todos e todas as galegas.