2. Da Ilíada de Homero, s VIII a. C. á Eneida de Virxilio, s. I a. C. e á Ab Urbe Condita de Tito Livio s. I a. C
3.
4. Peleo e Tetis, orixe da disputa Peleo agarra a Tetis antes de que se transforme en serpe para escapar. Vaso de figuras vermellas do s. V a. C. Os deuses olímpicos ; Giulio Romano
5. Voda do mortal Peleo, rei dos mirmidóns de Tesalia, e da nereida Tetis , os pais de Aquiles . (Século V a. C.) AQUILES
6. Voda de Peleo e Tetis ; Abraham Bloemaert (1564-1651) O centauro Quirón sabio e intelixente educou a Aquiles nas artes da caza e da guerra, pero tamén na música, na ética e na medicina e o coñecemento das plantas.
17. Aquiles , un dos grandes protagonistas da guerra de Troia.
18. Patroclo , o grande amigo de Aquiles, combateu coas armas de Aquiles pero matouno Heitor. Por esta razón Aquiles decide regresar ao campo de batalla. Gregos e troianos rifando polo corpo morto de Patroclo. Antoine Wiertz (1806-1865)
19. Aquiles e o corpo de Patroclo ; Nikolaj Nikolajwitsch Ge (1831-1894)
20. Aquiles sostén o corpo de Patroclo Copia dun orixinal grego Loggia della Signoria, Florencia
21. Morte de Heitor Aquiles arrastra o cadáver de Heitor, o grande heroe troiano, ao redor das murallas de Troia. Eric Bana no papel de Heitor na película Troia (2004)
22. Príamo acode á tenda de Aquiles para suplicarlle que lle devolva o corpo do seu fillo Heitor. Alexander Andreyevich Ivanov,1824
23. Príamo e Heitor; Juán Adán Morlán (1741-1816) Príamo suplícalle a Aquiles, cerámica de figuras vermellas.
24. Morte de Aquiles Aquiles morre ferido no talón por unha frecha envelenada disparada por Paris coa axuda de Apolo.
25. O cabalo de Troia Fotograma da película Troia (2004)
26. Laocoonte e os seus fillos; grupo escultórico helenístico. Laocoonte advertiu os troianos do engano dos gregos, pero do mar xurdiron dúas enormes serpes que devoraron os seus fillos e máis a el que intentaba salvalos.
27. Casandra; Evelyn De Morgan,1898 Casandra Filla de Príamo e Hécuba, tamén advertiu do perigo que corría Troia, pero ninguén a creu pois fora condenada por Apolo, que lle concedera o don da profecía, a non ser crida por ter incumprido a súa promesa de entregarse a el.
30. Neoptólemo, fillo de Aquiles, mata a Príamo, o ancián rei de Troia. Morte de Príamo
31. Eneas Converteuse no máis valeroso dos heroes troianos despois de Heitor. Foi o único heroe troiano que sobreviviu á guerra de Troia. Atenea sostén a Diomedes que ataca a Eneas, pero este é salvado por Venus. Noutras ocasións Eneas tamén foi salvado por divindades como Apolo e Neptuno-Poseidón
32. Eneas , fillo de Venus e o mortal Anquises, primo do rei Príamo. Casou con Creúsa , unha das fillas do rei de Troia, coa que tivo un fillo Ascanio ou Iulo . Venus e Anquises ; Sir W. Blake Richmond, s. XIX A. Carracci, s. XVI
38. Os troianos emprenderán unha longa viaxe sempre obstaculizada pola animadversión da deusa Xuno, que tratará de impedir a súa chegada ao Lacio e a fundación dunha nova Troia. Eneas, Anquises e Ascanio ; Lorenzo Bernini (1618-1619)
41. Eneas en Delos ; Claude Lorrain (1600-1682) O oráculo de Apolo en Delos comunícalle que debe dirixirse á terra onde viviron os seus antepasados. Anquises interpreta que se refire á illa de Creta.
42. Eneas chega a Creta , onde funda a cidade de Pérgamo. En soños acláraselle que o seu destino e o lugar onde debe fundar a nova cidade é Italia, terra de procedencia do seu antepasado Dárdano. (Esmalte de 1530)
43. Nas illas Estrófades, no mar Xonio, enfrontáronse con Celeno e coas outras Harpías, monstros femininos híbridos, metade muller, metade ave, provistas de agudas poutas.
44. En Sicilia , grazas ás advertencias de Heleno, un fillo de Príamo, que reinaba en Epiro e lles anticipou algúns dos perigos que terían que afrontar, logran evitar a Escila e Caribdis. Escila, cerámica grega de figuras vermellas, s. V a. C. Caribdis, o remuíño
45. Ao seu paso preto da illa de Sicilia contemplan o fumeante Etna e o ciclope Polifemo lavando o seu ollo ferido por Ulises.
46. En Drépano (Trapani) Eneas sofre a terrible perda do seu pai Anquises, o seu guía e consolo.
47. Xuno pedíndolle a Eolo que solte os Ventos ; Français Boucher (1703-1770) Eolo , deus dos Ventos, a petición de Xuno, inimiga dos troianos, desencadea unha terrible tempestade.
48. Neptuno , deus do mar, indignado con Eolo, conduce as naves dos troianos ás costas de Libia.
49. Venus aparecéselle a Eneas en Cartago ; Pietro Berrettini da Cortona (1596-1669) Venus, disfrazada de cazadora, indícalle a Eneas e ao seu compañeiro Acates a que terra arribaron e que camiño deben proseguir. Venus; Eugène-Emmanuel Amaury Duval (1808-1885)
50. Venus decide ofrecerlle un descanso a Eneas e por mediación de Cupido fai que a raíña de Cartago, Dido, se namore do heroe troiano. Eneas e o seu fillo Ascanio con aparencia de Cupido ante a raíña Dido. Giovanni Battista Tiepolo (1696-17170)
51. Vista de Cartago con Dido e Eneas ; Claude Lorrain, s. XVII Dido recibe a Eneas; manuscrito
52. Banquete de Dido e Eneas ; François de Troy, 1704 O banquete de Dido e Eneas nun manuscrito do s. V
53. Enea relátalle a Dido as desventuras de Troia; Pierre-Narcisse Guérin (1815)
54. Paisaxe coa unión de Dido e Eneas ; Gaspard Dughet (1613-1675) Paisaxe con Dido e Eneas ; Thomas Jones, 1769
55. Eneas e Dido , fresco de Pompeia Que hóspede tan extraordinario entrou na nosa casa! Que prestancia a súa! Que forza no seu peito e nas súas armas! Abofé creo, e a miña confianza non é va, que é de deuses a súa raza
56. Mercurio avisa a Eneas ; Tiepolo, s. XVIII Mercurio esperta a Eneas Marcantonio Franceschini (1648-1729)
57. Eneas, esgazado pola dor, abandona Cartago obedecendo as ordes de Xúpiter. Paisaxe coa saída de Eneas de Cartago ; Benito Manuel Agüero (1650) A morte de Dido ; Heinch Friedrich Füger (1751-1818)
58. A morte de Dido. Dido, vencida pola dor, pídelle á súa irmá Ana que prepare unha pira no palacio para queimar as pertenzas do seu amante, pero esta acolleraa a ela despois de que se quite a vida coa espada de Eneas. G. Francesco Barbieri O Guercino , s. XVII Andre Sacchi, s. XVII
67. A fortaleza de Byrsa, onde foi fundada Cartago por Dido, coa cidade ao fondo.
68. Por mandato de Xuno, Iris a deusa mensaxeira incitou ás mulleres troianas, cansas de andar errantes, a incendiar as naves mentres o homes celebraban os xogos fúnebres en honor a Anquises. Seguindo o consello do adiviño Nautes, Eneas decidiu fundar unha cidade para que queden algúns dos seus acompañantes, e chamoulle Acesta ( Sexesta ) en honor a Acestes que o recibira amigablemente. Regreso a Sicilia Iris; cerámica de figuras vermellas, s, V a. C. Xuno
69. A Sibila indícalle a Eneas que debe buscar nun bosque unha rama dourada para poder acceder ao reino de Plutón e Proserpina. Dúas pombas de Venus guiarán a Eneas ata a árbore. Chegada a Cumas e descenso aos Infernos . Sibila de Cumas da Capela Sixtina; Miguel Anxo Plutón e Proserpina
70. Entrada á cova da Sibila de Cumas onde realizaba as súas profecías. A Sibila acompañará a Eneas ata o mundo dos mortos, onde Anquises lle mostrará os grandes personaxes da historia de Roma.
71. O lago Averno , preto de Cumas, era considerado polos romanos como a entrada ao mundo dos Infernos, por el entraron Eneas e a Sibila.
72. Caronte conduce as almas a través da lagoa Estixia; Alexander Litouchenko (1835-1890) Fresco do palacio dos Medici; Luca Giordano (1632-1705) Cérbero, o gardián dos Infernos
73. Eneas, a Sibila e Caronte ; Wenzel Holler (1607-1677) Moeda (1500-1525) Guiseppe Maria Crespi (1665-1747)
74. Eneas e a Sibila nos Infernos. Jan Bruselas Brueghel Velours (1568-1625)
75. O Tártaro e os castigos eternos Sísifo ;Tiziano (1490-1576) Danaides ; John William Waterhouse (1849-1917) Ixión ; Bernard Picart (1673-1733) Tántalo ; Gioacchino Assereto (1600-1649)
76. Os Campos Elíseos Os campos Elíseos; Henri Martín (1860-1943) A visión de Eneas nos Campos Elíseos; Sebastiano Conca (1665-1747)
77. Eneas nos Infernos; Pietro Bardellino (1723-1810) Eneas atopa o seu pai nos Campos Elíseos e este anticípalle o futuro glorioso dos seus descendentes que fundarán a cidade de Roma e amósalle as almas de ilustres romanos que farán, no futuro, famoso e poderoso o Imperio Romano. Irmáns Graco Xulio César Octavio Augusto Escipión o Africano
78. Despois de abandonar o mundo de ultratumba, Eneas e os seus compañeiros proseguiron a súa viaxe e pasaron preto da illa de Circe , a maga filla do Sol, que transformaba en feras os que chegaban ás súas costas. Circe; John William waterhouse (1849-1917) Edward Burne-Jones (1833-1898)
79.
80. Xuno coa axuda das divindades invernais, especialmente da Furia Electo, que insuflou rabia e odio en Turno e en Amata, muller de Latino e defensora de Turno, conseguiu desencadear as hostilidades entre os latinos e os troianos. Orestes perseguido polas Furias; William-Adolphe Bouguereau (1825-1905) Xuno
81. A Eneas, abatido ante a nova guerra, aparéceselle en forma de ancián o deus do lugar, o Tíber , confirmándolle que esa será a súa morada, e aconséllalle que edifique unha cidade onde vexa unha porca branca aleitando trinta ranchiños brancos. Anúncialle que o seu fillo Ascanio fundará a cidade de Alba Longa.
82. Eneas remonta o río ata Palanteo, situado no lugar onde máis tarde será fundada Roma, alí solicítalle axuda ao rei daquelas terras, o árcade Evandro , que o acolleu amigablemente e envía o seu fillo Palante á fronte dun exército en axuda dos troianos. Evandro e Eneas no Palatino (Palanteo); Wenzel Hollar
83. Vulcano ; Rubens (1577-1640) Venus pídelle ao seu esposo Vulcano que forxe armas para Eneas. Venus e Vulcano ; François Boucher (1703-1770)
85. Venus móstralle as armas a Eneas ; Jean Restout (1692-1768) Poussin, s. XII
86. Venus entrégalle a Eneas as armas forxadas por Vulcano ; Gérard de Lairesse (1640-1711) No escudo Vulcano representara grandes feitos do futuro de Roma, como a batalla de Actium na que Octavio Augusto vencerá a Marco Antonio e Cleopatra, o ano 31 a. C.
87. Morte de valerosos guerreiros dun e doutro bando: Palante e Camila , a amazona raíña dos volscos, aliada dos rútulos. Amazona ferida; Von Stuk (1863-1928)
88. Eneas é ferido pola ninfa Xuturna, irmá de Turno. Fresco pompeiano, s. I
89. Finalmente a contenda dirímese nun combate singular entre Eneas e Turno. Eneas vencendo a Turno; Lucas Giordano (1634-1705)
90. Final da Eneida de Virxilio “ Éneas brande o dardo fatal e con todo o seu corpo dispárao de lonxe (...) Voa como negro turbillón a hasta levando un cruel final e esgaza as beiras da coiraza e o último rebordo do escudo. Zumbando atravésalle a coxa. Turno, golpeado, cae ao chan con todo o seu corpo dobrando os xeonllos. Os rútulos berran e resoa todo o monte ao redor e os bosques profundos devolven o eco. ” Virxilio; A Eneida , XII
91. Ab Urbe Condita de Tito Livio Eneas casou con Lavinia e fundou a cidade de Lavinium oa sur da actual Roma e preto do mar Tirreno. Museo de Lavinium
92. Ascanio fundou a metrópole de Alba Longa ao pé dos montes Albanos. Nesta cidade reinaron durante séculos os descendentes de Ascanio, un deste foi Procas , pai de Numitor e Amulio . Castel Gandolfo ocupou o lugar da antiga Alba Longa .
93.
94. Templo de Vesta no Foro Romano A casa das Vestais no Foro Romano Vesta-Hestia, deusa do fogar
101. Rómulo e Remo salvados por Fáustulo; Pietro da Cortona (1596-1669) Fáustulo atopa os xemelgos e entrégallos á súa esposa Laurencia .
102. Rómulo e Remo fundan Roma. Para decidir cal será o futuro rei deciden consultar a vontade dos deuses expresada a través do voo das aves. Rómulo no Palatino ve primeiro seis voitres, Remo máis tarde doce no Aventino. Xorde a disputa e Rómulo mata a Remo. Segundo outra versión, Remo morreu a mans de Rómulo cando saltou o rego que trazaba este, burlándose do rito da fundación da cidade.
104. As primeiras choupanas apareceron no outeiro Palatino. Posteriormente Roma foise estendendo polas restantes outeiros ata converterse na cidade dos sete outeiros.
105. Pietro da Cortona (1596-1669) O rapto das Sabinas . Rómulo busca mulleres para os seus compañeiros Nicolas Poussin (1594-1665)
106. O rapto das Sabinas Jacques-Louis David (1748-1825)
107. O rapto das Sabinas, fragmento dun fresco de Giovanni Francesco Ramanelli (1612-1660) O rapto das Sabinas; Giambologna (1529-1608)
108. O enfrontamento de Roma con Alba Longa: tres Horacios contra tres Curiacios. O xuramento dos Horacios ; Louis David (1748-1825)