SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  17
INTRODUCCIÓN
A memoria que temos do noso traxe tradicional comeza só do século XVIII. De épocas anteriores podemos
saber como era a vestimenta utilizada grazas ó arte(cadros, pinturas,esculturas...).
Coñécese sobre todo o que usaba o campesiño os días de festa, cheo de cor, e usada tamén polas señoras e
señores con complementos ricos e valiosos. O traxe anterior a este século é soberbio, escuro e sen relieve.
O noso traxe foi un feito xeográfico, coma os de outras rexións. Creouse pola cultura e necesidades do ser
humano. Así quedou adaptado ó propio medio natural no que vivía.
É evidente que hai en tódalas épocas, incluída na actual, dous traxes diferentes: os utilizados en festas e
recepcións(á chamada etiqueta), e a indumentaria corrente (aínda que nese século fose extraordinariamente
elegante).O chaqué ou a levita,e o traxe de noiva ou de festa da muller son moi diferentes a os vestidos
correntes.
Non é posible atopar un traxe invariable en Galiza, foise trasformando a través de anos e séculos. Existe por
tanto unha riquísima variedade do noso traxe rexional dependendo das comarcas. Hai diferentes estudios
sobre isto, e nós imonos guiar polo realizado por Nieves de Hoyos, que divide as comarcas da siguiente
maneira:
 As Mariñas:Ten por centro a Betanzos e alcanza a parte meridonial de Pontedeume, sobre todo A Coruña.
 Ortigueira, Ferrol e a parte septentrional de Pontedeume forman outra comarca
para o traxe.
 Bergantiños: Abarca Carballo e parte de Negreira e Corcubión.
 As Rías: Comprenden Corcubión, Muros, Noya, Padrón, Cambados, Redondela e Vigo.
 Partidos Marítimos: Está formado por Lugo, Viveiro ,Mondoñedo e Ribadeo.
 Partidos centrais:Lugo, Vilalba e Becerrá.
 Partidos do Sur: Sarria, Chantada, Monforte de Lemos e Quiroga.
 Santiago de Compostela
 Ordes e Arzúa
 Labradores de Pontevedra
 Ourense
A análise daindumentariatradicional galegadebe terencontaas múltiplesvariantesque estapresenta,non
só en virtude dos condicionais xeográficos, se non incluso en función do propio gusto das costureiras e
sastres que os levaban a cabo.
Hai outrosestudosque profundizaronneste temachegandoarealizarse moitomaisexhaustivas. Peroneste
traballoimosfacerun resumodoselementosbásicosdaindumentariamasculinae femininadotraxe
tradicional galego.
MATERIAIS EMPREGADOS
Para encontrarnos metidos no noso traxe rexional hai que coñecer ben de que está feito:
 Liño: É o compoñente mais característico da indumentaria tradicional galega. Cultívase en todo o
noroeste. Os seus tecidos eran enviados a diferentes lugares do Imperio Romano.
O liño é unha pranta fácil de conseguir, pois require moi poucos coidados, ainda que a súa posterior
elaboración e fíado necesita moitas e pesadas labores, sendo este un dos motivos principais para o seu
proguesivo copaso do tempo.
O traballo de fíar fomentou unha reunión festiva.
A roca era a inseparable compañeira da muller en Galiza. Pode considerarse como símbolo do traballo
durante moitos séculos.
O lenzo galego era a peza fundamental na alta costura española. O prestixio que tiña non foi posible de
soster por empobrecemento, abandono e política económica
 A Lá: Era outro dos elementos mais empregados en Galiza debido a existencia de grandes rabaños, sobre
todo nas zonas montañosas.
A lá ten menos labores que o liño, unicamente require un lavado perfecto, xa que a súa característica
esencial é a brancura.
 A Seda: Usábase en menor medida, e especialmente era moi codiciada para elaborar finas e caladas
medias.
 Outros materiais: As fibras mais humildes que se usaban eran a palla (para facer sombreiros) e o
xunco(para elaborar capas, saias e polainas)
ELEMENTOS DO TRAXE TRADICIONAL GALEGO
O traxe feminino
ROUPA INTERIOR:
 CAMISA: É a primeira peza da roupa interior de muller. Podía ser de varios xéneros pero
fundamentalmente era de liño ou estopa. Tiña as mangas axustadas nos puños e unha abertura no peito
que se pechaba con un ou dous botóns de liño. Dacordo co gusto da muller que a usaba e das razóns
dun día de festa, viaxe ou enfermidade, tiña as súas boas camisas nas que lucía adornos moi sinxelos ou
bordados e finas puntillas feitas por elas mesmas.
 XUSTILLO: Conócese tamén como “corpiño”. É unha especie de chaquetilla sen mangas que remata na
cintura, é o corsé armado de baleas. Xeralmente é unha peza interior que se pon sobre a camisa, sen
embargo ás veces, por razóns do traballo ou por caprichos da moda o xustillo era prenda exterior sobre a
que se poñía o dengue.
O xustillo facíase de xénero forte, xeralmente de liño, e se axustaba (“agolletaba”) cun cordón que iba
diante ou detrás. Podían ser de diferentes cores e ter bordados.
 PANTALÓN OU CALZA INTERIOR: é unha peza interior de abrigo e en principio era aberto na
entreperna. É branco e chega ata debaixo do xeonllo. Había dous tipos: de diario, que inverno era de
xénero mais groso, e o das festas, de tea fina, con remate de encaixes e ben pechado debaixo do xeonllo
con cinta branca ou de cor.
 ENAGUA: É falda de cor branca e cun voo tan grande que pode considerarse esaxerado, e moi adornada
con encaixes de Camariñas ou puntillas de fabricación caseira, as veces feita pola mesma muller que as
usaba. Na puntila do volante pasábase unha cinta de cor que indicaba o estado de muller: vermello se era
solteira, branco se era casada e negro se era viúva.
A vistosidade dos encaixes, que en bastantes casos aparecían en dous ou tres pregos ademais do volante,
deu o nome de “os baixos”, que eran citados para eloxiar á muller que os levaba, á que por este motivo se
podía considerar unha muler elegante.
 MEDIAS: Eran de uso xeral e se facían de liño, elixindo sempre o mais branco, ou de lá para as épocas de
frío, principalmente na Galiza montañosa. Fabricábanse en moitos sitios pero tiñan fama as de
Mondoñedo,Santiago, Padrón e Lugo.
Ademais das medias de fío e de lá, tamén as había de algodón e seda branca e bordadas, outras de color
gris, e tamén eran frecuentes as lisas de seda branca, ou negras.
ROUPA INTERIOR DE SOLTEIRA ROUPA INTERIOR DE CASADA
ROUPA EXTERIOR
 CORPIÑO: a palabra en si , mais que corpo pequeno significa corpo ben feito. O corpiño é unha
chaquetilla axustada á cintura de forma que realza o talle estreito na parte inferior. Pode ter mangas que
rematan en vistosos puños de veludo, e ten un colo cosido ó pano que baixa en redondo ata a cintura. É
unha peza de gala de grande lucimento, e por tanto, de xénero de gran calidade (panilla ou veludo).
 CHAMBRA: peza moi usada polas mulleres galegas. Consiste nunha blusa especial, de colo alto, manga
longa con puño fruncido e botóns que daban realce á tea. Adoitaba ser de liño e adornábase con puntillas
no colo, puños e peche do peito.
 DENGUE: é unha pequena capa que cubre a espalda ata a cintura, e se prolonga para cruzala por diante
en dous menguantes que fan as puntas estreitas e redondeadas, rematando o peche en un ou dous
broches de prata branca ou dourada ( ou outro metal) na espalda, á altura do talle.
É unha peza de gala, e leva dúas cintas de diversas cores (segundo a comarca) anchas e moi longas, que
despois de atalas á cintura, fan lazada por detras e caen ata case que o longo da saia. Fai conxunto co
mantelo, e podía variar en calidade de xénero e en feitura. Eran frecuentes en cores negra e marrón, pero
segundo a moda, podía ser encarnado, azul ou amarelo. Era unha peza moi coidada, algunhas veces de
veludo na sua totalidade,e mayoritariamente de pano mesturado con veludo e adornado ricamente con
acibeche.
 CHAQUETA:é unha prenda de gala e o mesmo tempo de abrigo, usada sobre todo nos pobos da ría de
Muros e Noia. Era de algodón ou liño con mangas terminadas en puño fruncido, ou liso e con adorno de
veludo, acibeche e abalorios. A cor e igual a do traxe e abrocha con un ou dous botóns e con broche de
prata en forma de cunchas como os do mantelo.
 MANTELA: en castelán “mantilla”. Prenda moi usada en toda Galiza, e imprescindible para entrar na
igrexa. Servía para cubrir a cabeza e era de pano negro. Había dous tamaños: unha curta que cubría a
cabeza e caía ata media espalda, e por diante ia facéndose máis curta; e outra longa, un semicírculo que
caía dende a cabeza ata a cintura, envolvente e de gran abrigo, e forrada con percal ou outra tea de
agodón. Como fai xogo co dengue e mantelo, leva adornos similares a eles, como un zócalo de veludo,
máis ou menos ancho, e algún bordado ende acibeche.
 MANTELETA OU CAPIÑA: Era unha peza de abrigo, de picote ou de liño, que se levaba sobre os ombros
e caía ata máis abaixo da cintura.Era moi útil por permitir o traballo manual, sobre todo a roca, ganchillo
e pallas, e ter protexido o corpo das inclemencias do frío.
 PARLAMENTA: é unha pequena capa adornada con dúas esclavinas que se abrochan por diante do colo.
Era unha prenda de certa distinción e elegancia, e o broche do colo tiña que ser de prata.
 SAIA: E a falda que a muller pon como vestido exterior que suxeita na cintura e chega ata mais abaixo do
xeonllo. Segundo as épocas de moda variaron moito as dimensions das saias. Durante moito tempo a saia
era longa e o seu voo medíase por metros. En moitos casos vestíanse dúas saias, unha interior (zagal) e
unha exterior (basquiña). A saia interior era de baeta de cor amarela, e a basquiña era de pano encarnado
admitía adornos negros. A cintura tiña que se pechaba con dous corchetes. Debaixo de cintura
agochábase unha abertura para a “faltriqueira” (peto).
As saias máis famosas foron as que usaban as muradanas que eran de cor negra de pano e adornos de
pasamanería e acibeche ou riberetes.
A roupa de traballo era moi diferente da do día de festa, era de xénero máis ordinario, sen tantos voos e
máis curta.
 REFAIXO: Similar á saia. Prenda exterior que se puña por riba da enagua. Xeralmente era de cor vermella
ou amarela, e adoitaba levar na parte inferior unha franxa de veludo. Era longo e tamén se lle poñian
adornos mais ou menos complicados (riberetiños e pasamanería).
 MANTELO: É unha prenda de lucimento en forma de mandil, que acada o voo dunha saia pero é mais
curto e está aberto por atrás, e non sustitúe o mandil. É de uso corrente en toda Galiza e tiña unha
confección moi esmerada, sobre todo os de gala, que ostentaban broches de prata e incluso de ouro, e ían
rodeados dunha franxa ancha de veludo negro, que se adornaba polos lados e polo borde inferior co
pasamanería e acibeche formando caprichosos debuxos.
O mantelo, ó igual do mandil, podía poñerse e de feito poñíase moitas veces pola cabeza para ir misa.
 MANDIL: Usado polas mulleres por riba da saia e incuso do mantelo. Átase por detrás coas dúas cintas
que saen de cintura (as “trenzas do mandil”) que en mandiles de festa son dúas cintas bastante longas
que permiten formar un vistoso lazo coas cintas caíndo pola espalda.
O mandil usado para o traballo é de liño ordinario ou de picote plisado sen grandes coidados. Recibe o
nome de lera e podía substituir á mantilla para entrar na igrexa e para cubrirse cando chovía. ë un
mandil de xénero forte e moi amplo de voo para poder levar “unha regazada” de castañas, berzas,
mazás,... ou calquera outra cousa. Non había un color único para o mandil, podían ser brancos, azuis, ou
negros cando a muller ía de loito.
O mandil de festa é da mesma calidade do mantelo e polo tanto destaca dentro do seu pequeno tamaño o
adorno case sempre de acibeche. Este mandil non ten outra misisón máis que romper a monotonía do
mantelo, e pode ter un diminuto peto e ata lucir un pequeno pano bordado.
Traxe de gala, con
mantelo e chaqueta de
pano e veludo, casquete
con prumas, , pano
brocado na cabeza, e
ricas xoias (colares,
pendentes, sapos de
filigrana e broches)
NA CABEZA
 SOMBREIRO DE PALLA. Se usaban en toda Galiza, sobre todo no verán. Eran de tecido fino. de copa
cónica, á recta e de moito corpo, cunha cinta de cae dobre sobre a espalda. A cinta acostume ser negra e
pode levar un adorno lateral de pano (“carabel”), que segundo estea á dereita ou esquerda, indica se a
muller estana solteira ou casada.-
 CASQUETE: É un pequeno sombreiro de forma circular, vai enganchado ó pano da cabeza .A maioría das
veces vai decorado con pedrería de azabache.
 COFIA: É unha especie de velo branco, unha peza de gala na que se colocaba o distintivo para coñecer o
estado da muller que o levaba (cintas de cor branca, vermella ou negra). É unha especie de bolsa aberta
para cubrir a cabeza e o cabelo da súa caída natural. Están feitas de liño moi fino, muselina, tul bordado
ou encaixe e suxéitanse por medio dunha cinta pasada pola xareta que se lle fai no borde da abertura.
As cofias tiñan interesantes debuxos nos seus encaixes, e o mais coidado era o que aparecía no rectángulo
da parte inferior.Eran moi vistosas as da zona da Costa da Morte, por estaren preto de Camariñas, lugar
famoso polos seus encaixes.
O estreo da cofia podía coincidir coa presentación da moza casadeira, ou podía regalartlla o noivo á noiva
, regalo que se ,mantiña en segredo ó igual que o día e a hora do casamento.
Traxe de faena. Camisa sinxela, sen
puntillas, mandil de liño e falda e
corpiño de pano. Pano da cabeza,
sombreiro, e mantón.
 CINTA DO PELO: O peiteado da muller de raia ó medio e o pelo en dúas bandas para recollelo en dúas
trenzas. Poucas veces o peiteaban cara atrás e facía unha soa trenza. O moño aparece moito máis tarde,
facían un rodete e lle encasquetaban un sombreiro.
Dende nenas o pelo, nunha ou dúas trenzas, suxeitábase cunha cinta que era máis ancha a medida que as
rapazas medraban. Facíase un folgado lazo que adoitaba ser de cor branca e formaba parte da elegancia
das mozas
COFIA DE SOLTEIRA
 PANOS: Empregábanse diferentes panos:
PANO DA CABEZA: é de liño, algodón ou seda. Colócase despois de dobralo en tres puntas, formando así
un triángulo. O vértice bótase para espalda e os extremos da base átanse por debaixo do queixo, por riba
Traxe de gala, con
corpiño, mantelo e
mantelaa xogo en pano
e veludo, e adornos de
pedrería e acibeche;,
cofia, pano de mans e
medalla con sapo.
da fronte ou detrás da cabeza de varias maneiras. Impera a cor branca e todas as gamas ata o vermello e
o negro (pano de loito). Co paso do tempo o pano gañoulle terreo á cofia, xa en desuso.
PANO DO PESCOZO: É un pano moi rameado, con frecos ;dóblase en pico, crúzase polo peito e átanse as
puntas. É unha peza de abrigo que se usaba no lugar do dengue.
MANTÓN: Tamén chamado pano de cubrir. É o pano de máis abrigo , pode ser de lá ou algodón e
diferénciase dos anteriores en que nunca se ata. Un dos de máis estima era o de oito puntas e o de máis
abrigo, o chal, que era mantón de flocos e máis voluminoso. O mantón de festa era de seda, rameado e
con flocos moi longos. O mantón foi un poderoso axudante da muller para levar os fillos e para
defenderse do frío no inverno. No caso de que non fixera frío dobrabao e poñíao enrriba da cabeza como
o mantelo.
PANO DAS MANS OU DAS NARICES: tamén chamado “do bolsillo”, é de pequeno tamaño, branco ou de
cor, e o máis bordado era o da boda porque nel se recollian as arras.
 PENDENTES, ADREZOS E COLARES:
Sendo nenas ás mulleres poñíanlles pendentes nas orellas, sinxelos,de prata ou de ouro. O lóxico era que
de nenas levasen uns pendentes, de mozas outros e de casadas os da voda. Tiveron moita aceptación os
aros de prata pola crenza de que eran moi bos para non perder a vista.
Tamén había aros de ouro formados polo aro e un colgante de forma triangular terminado en tres
esferiñas ou calquera motivo de adorno. Eran pequenos e só se poñian en días moi especiais como nas
vodas e romarías.
Fronte a este humilde adorno de pendentes sinxelos, había os “ adornos do traxe de ricos”. Consistía
nuns pendentes de ouro, bastante grandes e en forma de aro, e nunha medalla, unha cruz ou un pequeno
relicario pendente dunha cadea de ouro prata ou unha cinta de veludo.
Foron de uso moi xeral os pendentes formados por dous ou tres corpos. O máis clásico era o coñecido
como “sapo”: O corpo superior ten forma de cola de pavo real aberta. O segundo corpo ten forma
crecente ou trapezoidal e o terceiro, triangular ou ás veces, forma de corazón. Ten unhas filigranas
excepcionales que mostran a delicadeza desta xoia. Os colares eran moi habituais,sobre todo as cadeas de
ouro, ou os colares de contas de prata sobredourada, e era frecuente que o sapo tamén se empregase
como colgante nos colares.
O acibeche era outro material que abundaba nos colares, camafeos, e nos bordados dos traxes.
Traxe pontevedrés de gala.
Con maton debaixo da
mantela, feita en pano e
veludo, igual que o mantelo,
ricamente adornados con
acibeche. Cofia, e colar con
sapo.
Múltiples aderezos: colares,
sapos, pendentes… por riba
desta chaquetiila
mafnificamente adornada con
acibeche.
Traxe Masculino:
ROUPA INTERIOR
 CALZONCILLOS: era un pequeno calzón de liño branco e pechado pola cintura con un botón.
 CIROLAS:.Peza de roupa interior. É un pantalón longo , da misma tea que a camisa. Está feita de liño
de cor branco. Úsabase principalmente no verán pola calor e as faenas do campo, como as segas,
onde había que aguantas moitas horas de sol.
 MEDIAS: Usábanse en tódalas épocas do ano, ás verces soas e outras por debaixo das polainas.
Cubrían o pé e a perna ata o xeonllo, e eran de liño ou lá, e tamén as había de seda.
ROUPA EXTERIOR
 CAMISA: A camisa e usada dende épocas moi lonxanas en Galiza. Está feita de liño ou lá. A súa cor solía
de cor branca, pero podía ser doutras cores. A camisa foi como as demais prendas de vestir, peza de
distinción e esta distinción notábase principalmente no xénero, pero tamén na feitura. As mellores
camisas, que se poñían nas festas, podían ter a parte de adiante superior noutro xénero e con adornos
moitas veces bordados.
 CHALEQUE: É unha prenda moi vistosa na indumentaria masculina. Pode ser de panilla, veludo , baeta
( verde, amarela ou vermella, segundo a cor doutas pezas do traxe). Pode levar colo alto e solapas en
pico de regular, ou de colo baixo e solapas en pico pero máis curtas. O chaleque das festas (“o bo”) tiña
solapas bordadas e ribeteadas, e levaba dúas liñas de botóns brancos ou dourados, unha ringleira para
cerrar e a outra de adorno. O peche podía ser central ou lateral.
A espalda era de liño con variedade de adornos, dende un triángulo só ou dous opostos polo vértice, ou
motivos florales, xeométricos, etc.
 CHAQUETA: Era curta, non pasaba da cintura , e entallada, de pano castaño, verde, azul ou vermello.iña
colo alto ou volto, e solapa pequena, dous petos horizontais, ás veces bordados. Os botóns en dúas liñas,
unha a cada lado, e tamén nos puños, brancos o dourados, según os das demais pezas.
Nalgunha épcoa a chaqueta usábase levándoa ó ombro, postura moi garbosa dos mozos para lucir
mellor o seu chaleque.
A chaqueta de festa tiña sempre o colo alto e bordado, igual que o reforzo dos petos.
 CAPA: Foi de uso frecuente, ainda que descoñecemos cando se puxo de moda. era longa, cunha
esclavina, e forrada.Eran de cor negra, castaña ou azul. Era de uso obrigado o día da voda en calquera
estación do ano. O borche era de prata, pero non faltaban peches de ouro e outros metais.
 XIBÓN: especie de chaleque de colo baixo que pecha por adiante. era máis longo que o chaleque e tiña
un pequeno voo que cubría todo o tronco e a parte superior das pernas.
 CALZÓN OU CALZAS: é de pano ou pana e de moi distinta cor e feitura segundo os lugares. Suxéitase
á cintura e chega a cubrir o xeonllo. Na peuena abertura que ten no xeonllo, en parte parqa que esta
poda dobrarse comodamente, sobresaen os calzoncillos, e oara pechar, debaixo do xeonllo adoitaba ter
botóns ou unha cinta (ás vecs esta era de cor (segundo a comarca) e constituía un adorno.
O calzón luxoso, para o traxe de festa, era de xénero moi boe tiña bordados os fremates, igual que o
chaleque e a chaqueta.
 POLAINAS: É unha prenda que protexe a perna dende a xeonllo ó tornecelo. Cérrase na parte exterior
da perna. Son de cor negro e suxeitaánse ó pé por media dunha cinta que pasa por debaixo do arco do
zapato ou zoque. ten unha especie de visera que cobre parte do pé e , en días de festa, usábanse cun
pompón de seda no remate da viseira, e outros dous no peche superior, xunto ó xeonllo.
 FAIXA: Tea rectangular, larga e terminada en flocos.Da dúas voltas ó redor da cintura. Era de uso
xeneral e non se diferenciaba duns lugares a outros, unicamente variaba a clase, que podía ser de máis
ou menos luxo e de diferente cor , dende o vermello ata o negro.
 PANO. o home tiña sempre un pano luxoso de seda. Era unha peza de moita estimación e de bo
tamaño, maior que o das narices, e que se usaba como adorno, colgado do peto do calzón. Era moi
vistoso e colorido.
Outro pano era o das narices, que era principalmente branco. E tamén moitos homes usaban un pano
branco máis grande ca este, que poñían na cabeza debaixo da monteira ou dos sombreiros os días do
sol para que non lle fixese dano.
NA CABEZA
 MONTEIRA: As súas orixes datan de finais da Idade Media. E un casquete , de diferente forma e
tamaño, para abrigar a cabeza e en ocasiósn tamén as orellas. era de lá ou outro xénero. A maís simple
non era mais que o tecido en forma de bóveda cunha dobrez arredor excepto por diante, que formaba
viseira. Esta era moi usada nas privincias de Lugo e a Coruña. pero foi moi usada a mitral, que era mais
ou menos alta e cun saínte lateral, ás veces bastante longo.
Adornábanse con presillas de veludo e motas de seda, formando grecas e debuxos sen que nelas falten
as prumas de gal, pavo rela, perdiz...
 SOMBREIRO: eran de palla, algunhas veces forrado e incluso con pano branco amarrado por debaixo.
Protexía do sol, e usábase no traballo ou nas solemnidades. Nas vodas usábase de pano.
CALZADO FEMININO E MASCULINO
 ZOCAS: era un calzado de madeira na súa totalidade, e úsase dende hai seculos na nosa terra. As máis
sinxelas son lisas, pero podían ter debuxos fáciles gravados. Eran de madeira de vidueiro ou amieiro.
POdían ser romas ou rematadas en punta, que eran as mais frecuentes.
Unha variente é a “madroña ou madreña”, que ten ampla a entrada para o pé e leva tres tacos na solaqe
tparecen propios para a neve. Son de punta roma e moi cómodos para usar con zapatilla.
 ZOCOS: zapatos con sola de madeira, e apel adoita ser de becerro e ter cor natural ou tinguida de
negro. A bertura pechase cun cordón de coiro que axusta as dúas partes laterais de pel pasando por uns
“oxetes” dourados. Átanse no último ou penúltimo burato directamente ou ben dando unha volta á
perna segundo a comodidade da persoa que os calza.
 CHINELAS: é a zoca sen talón, e tamne se denominaba desta maneira ói calzado que tiña unha sola e
du
ías tiras mais ou menos anchas para suxeitar o empeine do pé (tipo sandalia).
Xornaleiro. Camisa, chaleque, cirolas,
calzón, polainas e sombreiro, e pano
 ZAPATOS: o zapato e a a botina eran elementos e gala e luxo. O zapato feminino clásico era de tacón
baixo, escotado e punta roma. O de gala era o chamado “orella”, feiro de charol, pel fina ou pao negro,
e adoitaba adornarse con lazo na fibela.
Ademais do clásico zapato baixo, había as botinas, que eran de cana, que pasaban o tornecelo, e
estaban feitas de pel ou pano branco ou negro. A botina branca levaba un lazo vermello cunha fibela.
O home usaba o calzado como o da muller, e polo tanto, os días de gala levaba zapatos finos. Pero
ademais usa o zapatón, que era mais forte que o zapato.
 ZANCOS: Son dous paus altos con apoios para os pes. Usábanse para cruzar camiños con moita auga e
para xogos.

Contenu connexe

Tendances

Literatura medieval. épica.
Literatura medieval. épica.Literatura medieval. épica.
Literatura medieval. épica.
Irene Calvo
 
Cantigas sta maria[1]
Cantigas sta maria[1]Cantigas sta maria[1]
Cantigas sta maria[1]
Loli Cid Cid
 
Gonzalo de Berceo.
Gonzalo de Berceo.Gonzalo de Berceo.
Gonzalo de Berceo.
pigarciab
 
Ut pictura poesis. Acerca del significado del cuadro de Francesco Furini "La ...
Ut pictura poesis. Acerca del significado del cuadro de Francesco Furini "La ...Ut pictura poesis. Acerca del significado del cuadro de Francesco Furini "La ...
Ut pictura poesis. Acerca del significado del cuadro de Francesco Furini "La ...
Alicia Mendoza Krauss
 
Vestimenta del Imperio Bizantino
Vestimenta del Imperio BizantinoVestimenta del Imperio Bizantino
Vestimenta del Imperio Bizantino
Isabel Gutierrez
 
Ppw Rexurdimento
Ppw RexurdimentoPpw Rexurdimento
Ppw Rexurdimento
guest7b8f3b
 

Tendances (20)

Cantiga de amor 3º eso
Cantiga de amor 3º esoCantiga de amor 3º eso
Cantiga de amor 3º eso
 
Literatura medieval. épica.
Literatura medieval. épica.Literatura medieval. épica.
Literatura medieval. épica.
 
Roman clothing
Roman clothingRoman clothing
Roman clothing
 
Os Precursores do Rexurdimento
Os Precursores do RexurdimentoOs Precursores do Rexurdimento
Os Precursores do Rexurdimento
 
O caneco
O caneco O caneco
O caneco
 
Cantigas sta maria[1]
Cantigas sta maria[1]Cantigas sta maria[1]
Cantigas sta maria[1]
 
Tema 11º el arte barroco pintura
Tema 11º el arte barroco pintura Tema 11º el arte barroco pintura
Tema 11º el arte barroco pintura
 
Estilo barroco
Estilo barrocoEstilo barroco
Estilo barroco
 
swimwear
swimwearswimwear
swimwear
 
Gonzalo de Berceo.
Gonzalo de Berceo.Gonzalo de Berceo.
Gonzalo de Berceo.
 
Fashion through ages
Fashion through agesFashion through ages
Fashion through ages
 
Luis de Gongora
Luis de GongoraLuis de Gongora
Luis de Gongora
 
Ut pictura poesis. Acerca del significado del cuadro de Francesco Furini "La ...
Ut pictura poesis. Acerca del significado del cuadro de Francesco Furini "La ...Ut pictura poesis. Acerca del significado del cuadro de Francesco Furini "La ...
Ut pictura poesis. Acerca del significado del cuadro de Francesco Furini "La ...
 
Presentacion alhambra
Presentacion alhambraPresentacion alhambra
Presentacion alhambra
 
Gonzalo de berceo
Gonzalo de berceoGonzalo de berceo
Gonzalo de berceo
 
El motín de Esquilache. Conjura o revolución
El motín de Esquilache. Conjura o revoluciónEl motín de Esquilache. Conjura o revolución
El motín de Esquilache. Conjura o revolución
 
Indumentaria y mobiliario del S.XIX
Indumentaria y mobiliario del S.XIXIndumentaria y mobiliario del S.XIX
Indumentaria y mobiliario del S.XIX
 
Vestimenta del Imperio Bizantino
Vestimenta del Imperio BizantinoVestimenta del Imperio Bizantino
Vestimenta del Imperio Bizantino
 
Ppw Rexurdimento
Ppw RexurdimentoPpw Rexurdimento
Ppw Rexurdimento
 
Prosa medieval
Prosa medievalProsa medieval
Prosa medieval
 

En vedette (15)

L`anguleru
L`anguleruL`anguleru
L`anguleru
 
Hms serpent
Hms serpentHms serpent
Hms serpent
 
Olentzero
OlentzeroOlentzero
Olentzero
 
As Sereas
As SereasAs Sereas
As Sereas
 
Sereas e mariñeiros
Sereas e mariñeirosSereas e mariñeiros
Sereas e mariñeiros
 
L´esteru
L´esteruL´esteru
L´esteru
 
Músicos do Pórtico da Gloria
Músicos do Pórtico da Gloria Músicos do Pórtico da Gloria
Músicos do Pórtico da Gloria
 
Zipi e zape
Zipi e zapeZipi e zape
Zipi e zape
 
Abella para rapaces
Abella para rapacesAbella para rapaces
Abella para rapaces
 
Traballo mafalda
Traballo mafaldaTraballo mafalda
Traballo mafalda
 
Astérix o galo
Astérix  o galoAstérix  o galo
Astérix o galo
 
A banda deseñada slide
A banda deseñada   slideA banda deseñada   slide
A banda deseñada slide
 
Manga
MangaManga
Manga
 
O traxe rexional galego present. pp 97-2003
O traxe rexional galego present. pp 97-2003O traxe rexional galego present. pp 97-2003
O traxe rexional galego present. pp 97-2003
 
Presentación banda deseñada 6ºB
Presentación banda deseñada 6ºBPresentación banda deseñada 6ºB
Presentación banda deseñada 6ºB
 

Similaire à Traxe tradicional galego definitivo (10)

O noso traxe
O noso traxeO noso traxe
O noso traxe
 
O Entroido de Viana do Bolo
O Entroido de Viana do BoloO Entroido de Viana do Bolo
O Entroido de Viana do Bolo
 
Presentacion Entroido 4ºA Miriam E Sarah
Presentacion Entroido 4ºA Miriam E SarahPresentacion Entroido 4ºA Miriam E Sarah
Presentacion Entroido 4ºA Miriam E Sarah
 
Unha viaxe pola cultura romana
Unha viaxe pola cultura romanaUnha viaxe pola cultura romana
Unha viaxe pola cultura romana
 
Entroido 2021
Entroido 2021Entroido 2021
Entroido 2021
 
O Entroido
O EntroidoO Entroido
O Entroido
 
O Entroido
O EntroidoO Entroido
O Entroido
 
Moda Clasica
Moda ClasicaModa Clasica
Moda Clasica
 
τὰ ἐνδύματα
τὰ ἐνδύματατὰ ἐνδύματα
τὰ ἐνδύματα
 
τὰ ἐνδύματα
τὰ ἐνδύματατὰ ἐνδύματα
τὰ ἐνδύματα
 

Plus de ceip Seara

Plus de ceip Seara (20)

INVERTEBRADOS
INVERTEBRADOSINVERTEBRADOS
INVERTEBRADOS
 
Animais dos continentes
Animais dos continentesAnimais dos continentes
Animais dos continentes
 
Animais vertebrados do mundo
Animais vertebrados do mundoAnimais vertebrados do mundo
Animais vertebrados do mundo
 
Animais vertebrados
Animais vertebradosAnimais vertebrados
Animais vertebrados
 
Traballo: Vertebrados do Mundo
Traballo: Vertebrados do MundoTraballo: Vertebrados do Mundo
Traballo: Vertebrados do Mundo
 
Entrevista aos avós
Entrevista aos avósEntrevista aos avós
Entrevista aos avós
 
O submarino
O submarinoO submarino
O submarino
 
O microscopio emma
O microscopio emmaO microscopio emma
O microscopio emma
 
O ferrocarril
O ferrocarrilO ferrocarril
O ferrocarril
 
Reloxos (1)
Reloxos (1)Reloxos (1)
Reloxos (1)
 
Raios X
Raios XRaios X
Raios X
 
A electricidade
A electricidadeA electricidade
A electricidade
 
Gafas e lentes
Gafas e lentesGafas e lentes
Gafas e lentes
 
A camara fotografica aitor
A camara fotografica aitorA camara fotografica aitor
A camara fotografica aitor
 
Presentación tecnoloxía
Presentación tecnoloxíaPresentación tecnoloxía
Presentación tecnoloxía
 
A bombilla
A bombillaA bombilla
A bombilla
 
Gastroscopia presentar junio 2018
Gastroscopia presentar junio 2018Gastroscopia presentar junio 2018
Gastroscopia presentar junio 2018
 
Scalextric
Scalextric Scalextric
Scalextric
 
A radio
A  radioA  radio
A radio
 
O televisor
O televisorO televisor
O televisor
 

Dernier

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Dernier (12)

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 

Traxe tradicional galego definitivo

  • 1.
  • 2. INTRODUCCIÓN A memoria que temos do noso traxe tradicional comeza só do século XVIII. De épocas anteriores podemos saber como era a vestimenta utilizada grazas ó arte(cadros, pinturas,esculturas...). Coñécese sobre todo o que usaba o campesiño os días de festa, cheo de cor, e usada tamén polas señoras e señores con complementos ricos e valiosos. O traxe anterior a este século é soberbio, escuro e sen relieve. O noso traxe foi un feito xeográfico, coma os de outras rexións. Creouse pola cultura e necesidades do ser humano. Así quedou adaptado ó propio medio natural no que vivía. É evidente que hai en tódalas épocas, incluída na actual, dous traxes diferentes: os utilizados en festas e recepcións(á chamada etiqueta), e a indumentaria corrente (aínda que nese século fose extraordinariamente elegante).O chaqué ou a levita,e o traxe de noiva ou de festa da muller son moi diferentes a os vestidos correntes. Non é posible atopar un traxe invariable en Galiza, foise trasformando a través de anos e séculos. Existe por tanto unha riquísima variedade do noso traxe rexional dependendo das comarcas. Hai diferentes estudios sobre isto, e nós imonos guiar polo realizado por Nieves de Hoyos, que divide as comarcas da siguiente maneira:
  • 3.  As Mariñas:Ten por centro a Betanzos e alcanza a parte meridonial de Pontedeume, sobre todo A Coruña.  Ortigueira, Ferrol e a parte septentrional de Pontedeume forman outra comarca para o traxe.  Bergantiños: Abarca Carballo e parte de Negreira e Corcubión.  As Rías: Comprenden Corcubión, Muros, Noya, Padrón, Cambados, Redondela e Vigo.  Partidos Marítimos: Está formado por Lugo, Viveiro ,Mondoñedo e Ribadeo.  Partidos centrais:Lugo, Vilalba e Becerrá.  Partidos do Sur: Sarria, Chantada, Monforte de Lemos e Quiroga.  Santiago de Compostela  Ordes e Arzúa  Labradores de Pontevedra  Ourense A análise daindumentariatradicional galegadebe terencontaas múltiplesvariantesque estapresenta,non só en virtude dos condicionais xeográficos, se non incluso en función do propio gusto das costureiras e sastres que os levaban a cabo. Hai outrosestudosque profundizaronneste temachegandoarealizarse moitomaisexhaustivas. Peroneste traballoimosfacerun resumodoselementosbásicosdaindumentariamasculinae femininadotraxe tradicional galego.
  • 4. MATERIAIS EMPREGADOS Para encontrarnos metidos no noso traxe rexional hai que coñecer ben de que está feito:  Liño: É o compoñente mais característico da indumentaria tradicional galega. Cultívase en todo o noroeste. Os seus tecidos eran enviados a diferentes lugares do Imperio Romano. O liño é unha pranta fácil de conseguir, pois require moi poucos coidados, ainda que a súa posterior elaboración e fíado necesita moitas e pesadas labores, sendo este un dos motivos principais para o seu proguesivo copaso do tempo. O traballo de fíar fomentou unha reunión festiva. A roca era a inseparable compañeira da muller en Galiza. Pode considerarse como símbolo do traballo durante moitos séculos. O lenzo galego era a peza fundamental na alta costura española. O prestixio que tiña non foi posible de soster por empobrecemento, abandono e política económica  A Lá: Era outro dos elementos mais empregados en Galiza debido a existencia de grandes rabaños, sobre todo nas zonas montañosas. A lá ten menos labores que o liño, unicamente require un lavado perfecto, xa que a súa característica esencial é a brancura.  A Seda: Usábase en menor medida, e especialmente era moi codiciada para elaborar finas e caladas medias.  Outros materiais: As fibras mais humildes que se usaban eran a palla (para facer sombreiros) e o xunco(para elaborar capas, saias e polainas)
  • 5. ELEMENTOS DO TRAXE TRADICIONAL GALEGO O traxe feminino ROUPA INTERIOR:  CAMISA: É a primeira peza da roupa interior de muller. Podía ser de varios xéneros pero fundamentalmente era de liño ou estopa. Tiña as mangas axustadas nos puños e unha abertura no peito que se pechaba con un ou dous botóns de liño. Dacordo co gusto da muller que a usaba e das razóns dun día de festa, viaxe ou enfermidade, tiña as súas boas camisas nas que lucía adornos moi sinxelos ou bordados e finas puntillas feitas por elas mesmas.  XUSTILLO: Conócese tamén como “corpiño”. É unha especie de chaquetilla sen mangas que remata na cintura, é o corsé armado de baleas. Xeralmente é unha peza interior que se pon sobre a camisa, sen embargo ás veces, por razóns do traballo ou por caprichos da moda o xustillo era prenda exterior sobre a que se poñía o dengue. O xustillo facíase de xénero forte, xeralmente de liño, e se axustaba (“agolletaba”) cun cordón que iba diante ou detrás. Podían ser de diferentes cores e ter bordados.  PANTALÓN OU CALZA INTERIOR: é unha peza interior de abrigo e en principio era aberto na entreperna. É branco e chega ata debaixo do xeonllo. Había dous tipos: de diario, que inverno era de xénero mais groso, e o das festas, de tea fina, con remate de encaixes e ben pechado debaixo do xeonllo con cinta branca ou de cor.  ENAGUA: É falda de cor branca e cun voo tan grande que pode considerarse esaxerado, e moi adornada con encaixes de Camariñas ou puntillas de fabricación caseira, as veces feita pola mesma muller que as usaba. Na puntila do volante pasábase unha cinta de cor que indicaba o estado de muller: vermello se era solteira, branco se era casada e negro se era viúva. A vistosidade dos encaixes, que en bastantes casos aparecían en dous ou tres pregos ademais do volante, deu o nome de “os baixos”, que eran citados para eloxiar á muller que os levaba, á que por este motivo se podía considerar unha muler elegante.  MEDIAS: Eran de uso xeral e se facían de liño, elixindo sempre o mais branco, ou de lá para as épocas de frío, principalmente na Galiza montañosa. Fabricábanse en moitos sitios pero tiñan fama as de Mondoñedo,Santiago, Padrón e Lugo. Ademais das medias de fío e de lá, tamén as había de algodón e seda branca e bordadas, outras de color gris, e tamén eran frecuentes as lisas de seda branca, ou negras.
  • 6. ROUPA INTERIOR DE SOLTEIRA ROUPA INTERIOR DE CASADA ROUPA EXTERIOR  CORPIÑO: a palabra en si , mais que corpo pequeno significa corpo ben feito. O corpiño é unha chaquetilla axustada á cintura de forma que realza o talle estreito na parte inferior. Pode ter mangas que rematan en vistosos puños de veludo, e ten un colo cosido ó pano que baixa en redondo ata a cintura. É unha peza de gala de grande lucimento, e por tanto, de xénero de gran calidade (panilla ou veludo).  CHAMBRA: peza moi usada polas mulleres galegas. Consiste nunha blusa especial, de colo alto, manga longa con puño fruncido e botóns que daban realce á tea. Adoitaba ser de liño e adornábase con puntillas no colo, puños e peche do peito.  DENGUE: é unha pequena capa que cubre a espalda ata a cintura, e se prolonga para cruzala por diante en dous menguantes que fan as puntas estreitas e redondeadas, rematando o peche en un ou dous broches de prata branca ou dourada ( ou outro metal) na espalda, á altura do talle. É unha peza de gala, e leva dúas cintas de diversas cores (segundo a comarca) anchas e moi longas, que despois de atalas á cintura, fan lazada por detras e caen ata case que o longo da saia. Fai conxunto co mantelo, e podía variar en calidade de xénero e en feitura. Eran frecuentes en cores negra e marrón, pero segundo a moda, podía ser encarnado, azul ou amarelo. Era unha peza moi coidada, algunhas veces de veludo na sua totalidade,e mayoritariamente de pano mesturado con veludo e adornado ricamente con acibeche.  CHAQUETA:é unha prenda de gala e o mesmo tempo de abrigo, usada sobre todo nos pobos da ría de Muros e Noia. Era de algodón ou liño con mangas terminadas en puño fruncido, ou liso e con adorno de
  • 7. veludo, acibeche e abalorios. A cor e igual a do traxe e abrocha con un ou dous botóns e con broche de prata en forma de cunchas como os do mantelo.  MANTELA: en castelán “mantilla”. Prenda moi usada en toda Galiza, e imprescindible para entrar na igrexa. Servía para cubrir a cabeza e era de pano negro. Había dous tamaños: unha curta que cubría a cabeza e caía ata media espalda, e por diante ia facéndose máis curta; e outra longa, un semicírculo que caía dende a cabeza ata a cintura, envolvente e de gran abrigo, e forrada con percal ou outra tea de agodón. Como fai xogo co dengue e mantelo, leva adornos similares a eles, como un zócalo de veludo, máis ou menos ancho, e algún bordado ende acibeche.  MANTELETA OU CAPIÑA: Era unha peza de abrigo, de picote ou de liño, que se levaba sobre os ombros e caía ata máis abaixo da cintura.Era moi útil por permitir o traballo manual, sobre todo a roca, ganchillo e pallas, e ter protexido o corpo das inclemencias do frío.  PARLAMENTA: é unha pequena capa adornada con dúas esclavinas que se abrochan por diante do colo. Era unha prenda de certa distinción e elegancia, e o broche do colo tiña que ser de prata.  SAIA: E a falda que a muller pon como vestido exterior que suxeita na cintura e chega ata mais abaixo do xeonllo. Segundo as épocas de moda variaron moito as dimensions das saias. Durante moito tempo a saia era longa e o seu voo medíase por metros. En moitos casos vestíanse dúas saias, unha interior (zagal) e unha exterior (basquiña). A saia interior era de baeta de cor amarela, e a basquiña era de pano encarnado admitía adornos negros. A cintura tiña que se pechaba con dous corchetes. Debaixo de cintura agochábase unha abertura para a “faltriqueira” (peto). As saias máis famosas foron as que usaban as muradanas que eran de cor negra de pano e adornos de pasamanería e acibeche ou riberetes. A roupa de traballo era moi diferente da do día de festa, era de xénero máis ordinario, sen tantos voos e máis curta.  REFAIXO: Similar á saia. Prenda exterior que se puña por riba da enagua. Xeralmente era de cor vermella ou amarela, e adoitaba levar na parte inferior unha franxa de veludo. Era longo e tamén se lle poñian adornos mais ou menos complicados (riberetiños e pasamanería).  MANTELO: É unha prenda de lucimento en forma de mandil, que acada o voo dunha saia pero é mais curto e está aberto por atrás, e non sustitúe o mandil. É de uso corrente en toda Galiza e tiña unha confección moi esmerada, sobre todo os de gala, que ostentaban broches de prata e incluso de ouro, e ían
  • 8. rodeados dunha franxa ancha de veludo negro, que se adornaba polos lados e polo borde inferior co pasamanería e acibeche formando caprichosos debuxos. O mantelo, ó igual do mandil, podía poñerse e de feito poñíase moitas veces pola cabeza para ir misa.
  • 9.  MANDIL: Usado polas mulleres por riba da saia e incuso do mantelo. Átase por detrás coas dúas cintas que saen de cintura (as “trenzas do mandil”) que en mandiles de festa son dúas cintas bastante longas que permiten formar un vistoso lazo coas cintas caíndo pola espalda. O mandil usado para o traballo é de liño ordinario ou de picote plisado sen grandes coidados. Recibe o nome de lera e podía substituir á mantilla para entrar na igrexa e para cubrirse cando chovía. ë un mandil de xénero forte e moi amplo de voo para poder levar “unha regazada” de castañas, berzas, mazás,... ou calquera outra cousa. Non había un color único para o mandil, podían ser brancos, azuis, ou negros cando a muller ía de loito. O mandil de festa é da mesma calidade do mantelo e polo tanto destaca dentro do seu pequeno tamaño o adorno case sempre de acibeche. Este mandil non ten outra misisón máis que romper a monotonía do mantelo, e pode ter un diminuto peto e ata lucir un pequeno pano bordado. Traxe de gala, con mantelo e chaqueta de pano e veludo, casquete con prumas, , pano brocado na cabeza, e ricas xoias (colares, pendentes, sapos de filigrana e broches)
  • 10. NA CABEZA  SOMBREIRO DE PALLA. Se usaban en toda Galiza, sobre todo no verán. Eran de tecido fino. de copa cónica, á recta e de moito corpo, cunha cinta de cae dobre sobre a espalda. A cinta acostume ser negra e pode levar un adorno lateral de pano (“carabel”), que segundo estea á dereita ou esquerda, indica se a muller estana solteira ou casada.-  CASQUETE: É un pequeno sombreiro de forma circular, vai enganchado ó pano da cabeza .A maioría das veces vai decorado con pedrería de azabache.  COFIA: É unha especie de velo branco, unha peza de gala na que se colocaba o distintivo para coñecer o estado da muller que o levaba (cintas de cor branca, vermella ou negra). É unha especie de bolsa aberta para cubrir a cabeza e o cabelo da súa caída natural. Están feitas de liño moi fino, muselina, tul bordado ou encaixe e suxéitanse por medio dunha cinta pasada pola xareta que se lle fai no borde da abertura. As cofias tiñan interesantes debuxos nos seus encaixes, e o mais coidado era o que aparecía no rectángulo da parte inferior.Eran moi vistosas as da zona da Costa da Morte, por estaren preto de Camariñas, lugar famoso polos seus encaixes. O estreo da cofia podía coincidir coa presentación da moza casadeira, ou podía regalartlla o noivo á noiva , regalo que se ,mantiña en segredo ó igual que o día e a hora do casamento. Traxe de faena. Camisa sinxela, sen puntillas, mandil de liño e falda e corpiño de pano. Pano da cabeza, sombreiro, e mantón.
  • 11.  CINTA DO PELO: O peiteado da muller de raia ó medio e o pelo en dúas bandas para recollelo en dúas trenzas. Poucas veces o peiteaban cara atrás e facía unha soa trenza. O moño aparece moito máis tarde, facían un rodete e lle encasquetaban un sombreiro. Dende nenas o pelo, nunha ou dúas trenzas, suxeitábase cunha cinta que era máis ancha a medida que as rapazas medraban. Facíase un folgado lazo que adoitaba ser de cor branca e formaba parte da elegancia das mozas COFIA DE SOLTEIRA  PANOS: Empregábanse diferentes panos: PANO DA CABEZA: é de liño, algodón ou seda. Colócase despois de dobralo en tres puntas, formando así un triángulo. O vértice bótase para espalda e os extremos da base átanse por debaixo do queixo, por riba Traxe de gala, con corpiño, mantelo e mantelaa xogo en pano e veludo, e adornos de pedrería e acibeche;, cofia, pano de mans e medalla con sapo.
  • 12. da fronte ou detrás da cabeza de varias maneiras. Impera a cor branca e todas as gamas ata o vermello e o negro (pano de loito). Co paso do tempo o pano gañoulle terreo á cofia, xa en desuso. PANO DO PESCOZO: É un pano moi rameado, con frecos ;dóblase en pico, crúzase polo peito e átanse as puntas. É unha peza de abrigo que se usaba no lugar do dengue. MANTÓN: Tamén chamado pano de cubrir. É o pano de máis abrigo , pode ser de lá ou algodón e diferénciase dos anteriores en que nunca se ata. Un dos de máis estima era o de oito puntas e o de máis abrigo, o chal, que era mantón de flocos e máis voluminoso. O mantón de festa era de seda, rameado e con flocos moi longos. O mantón foi un poderoso axudante da muller para levar os fillos e para defenderse do frío no inverno. No caso de que non fixera frío dobrabao e poñíao enrriba da cabeza como o mantelo. PANO DAS MANS OU DAS NARICES: tamén chamado “do bolsillo”, é de pequeno tamaño, branco ou de cor, e o máis bordado era o da boda porque nel se recollian as arras.  PENDENTES, ADREZOS E COLARES: Sendo nenas ás mulleres poñíanlles pendentes nas orellas, sinxelos,de prata ou de ouro. O lóxico era que de nenas levasen uns pendentes, de mozas outros e de casadas os da voda. Tiveron moita aceptación os aros de prata pola crenza de que eran moi bos para non perder a vista. Tamén había aros de ouro formados polo aro e un colgante de forma triangular terminado en tres esferiñas ou calquera motivo de adorno. Eran pequenos e só se poñian en días moi especiais como nas vodas e romarías. Fronte a este humilde adorno de pendentes sinxelos, había os “ adornos do traxe de ricos”. Consistía nuns pendentes de ouro, bastante grandes e en forma de aro, e nunha medalla, unha cruz ou un pequeno relicario pendente dunha cadea de ouro prata ou unha cinta de veludo. Foron de uso moi xeral os pendentes formados por dous ou tres corpos. O máis clásico era o coñecido como “sapo”: O corpo superior ten forma de cola de pavo real aberta. O segundo corpo ten forma crecente ou trapezoidal e o terceiro, triangular ou ás veces, forma de corazón. Ten unhas filigranas excepcionales que mostran a delicadeza desta xoia. Os colares eran moi habituais,sobre todo as cadeas de ouro, ou os colares de contas de prata sobredourada, e era frecuente que o sapo tamén se empregase como colgante nos colares. O acibeche era outro material que abundaba nos colares, camafeos, e nos bordados dos traxes.
  • 13. Traxe pontevedrés de gala. Con maton debaixo da mantela, feita en pano e veludo, igual que o mantelo, ricamente adornados con acibeche. Cofia, e colar con sapo. Múltiples aderezos: colares, sapos, pendentes… por riba desta chaquetiila mafnificamente adornada con acibeche.
  • 14. Traxe Masculino: ROUPA INTERIOR  CALZONCILLOS: era un pequeno calzón de liño branco e pechado pola cintura con un botón.  CIROLAS:.Peza de roupa interior. É un pantalón longo , da misma tea que a camisa. Está feita de liño de cor branco. Úsabase principalmente no verán pola calor e as faenas do campo, como as segas, onde había que aguantas moitas horas de sol.  MEDIAS: Usábanse en tódalas épocas do ano, ás verces soas e outras por debaixo das polainas. Cubrían o pé e a perna ata o xeonllo, e eran de liño ou lá, e tamén as había de seda. ROUPA EXTERIOR  CAMISA: A camisa e usada dende épocas moi lonxanas en Galiza. Está feita de liño ou lá. A súa cor solía de cor branca, pero podía ser doutras cores. A camisa foi como as demais prendas de vestir, peza de distinción e esta distinción notábase principalmente no xénero, pero tamén na feitura. As mellores camisas, que se poñían nas festas, podían ter a parte de adiante superior noutro xénero e con adornos moitas veces bordados.  CHALEQUE: É unha prenda moi vistosa na indumentaria masculina. Pode ser de panilla, veludo , baeta ( verde, amarela ou vermella, segundo a cor doutas pezas do traxe). Pode levar colo alto e solapas en pico de regular, ou de colo baixo e solapas en pico pero máis curtas. O chaleque das festas (“o bo”) tiña solapas bordadas e ribeteadas, e levaba dúas liñas de botóns brancos ou dourados, unha ringleira para cerrar e a outra de adorno. O peche podía ser central ou lateral. A espalda era de liño con variedade de adornos, dende un triángulo só ou dous opostos polo vértice, ou motivos florales, xeométricos, etc.  CHAQUETA: Era curta, non pasaba da cintura , e entallada, de pano castaño, verde, azul ou vermello.iña colo alto ou volto, e solapa pequena, dous petos horizontais, ás veces bordados. Os botóns en dúas liñas, unha a cada lado, e tamén nos puños, brancos o dourados, según os das demais pezas. Nalgunha épcoa a chaqueta usábase levándoa ó ombro, postura moi garbosa dos mozos para lucir mellor o seu chaleque. A chaqueta de festa tiña sempre o colo alto e bordado, igual que o reforzo dos petos.
  • 15.  CAPA: Foi de uso frecuente, ainda que descoñecemos cando se puxo de moda. era longa, cunha esclavina, e forrada.Eran de cor negra, castaña ou azul. Era de uso obrigado o día da voda en calquera estación do ano. O borche era de prata, pero non faltaban peches de ouro e outros metais.  XIBÓN: especie de chaleque de colo baixo que pecha por adiante. era máis longo que o chaleque e tiña un pequeno voo que cubría todo o tronco e a parte superior das pernas.  CALZÓN OU CALZAS: é de pano ou pana e de moi distinta cor e feitura segundo os lugares. Suxéitase á cintura e chega a cubrir o xeonllo. Na peuena abertura que ten no xeonllo, en parte parqa que esta poda dobrarse comodamente, sobresaen os calzoncillos, e oara pechar, debaixo do xeonllo adoitaba ter botóns ou unha cinta (ás vecs esta era de cor (segundo a comarca) e constituía un adorno. O calzón luxoso, para o traxe de festa, era de xénero moi boe tiña bordados os fremates, igual que o chaleque e a chaqueta.  POLAINAS: É unha prenda que protexe a perna dende a xeonllo ó tornecelo. Cérrase na parte exterior da perna. Son de cor negro e suxeitaánse ó pé por media dunha cinta que pasa por debaixo do arco do zapato ou zoque. ten unha especie de visera que cobre parte do pé e , en días de festa, usábanse cun pompón de seda no remate da viseira, e outros dous no peche superior, xunto ó xeonllo.  FAIXA: Tea rectangular, larga e terminada en flocos.Da dúas voltas ó redor da cintura. Era de uso xeneral e non se diferenciaba duns lugares a outros, unicamente variaba a clase, que podía ser de máis ou menos luxo e de diferente cor , dende o vermello ata o negro.  PANO. o home tiña sempre un pano luxoso de seda. Era unha peza de moita estimación e de bo tamaño, maior que o das narices, e que se usaba como adorno, colgado do peto do calzón. Era moi vistoso e colorido. Outro pano era o das narices, que era principalmente branco. E tamén moitos homes usaban un pano branco máis grande ca este, que poñían na cabeza debaixo da monteira ou dos sombreiros os días do sol para que non lle fixese dano. NA CABEZA  MONTEIRA: As súas orixes datan de finais da Idade Media. E un casquete , de diferente forma e tamaño, para abrigar a cabeza e en ocasiósn tamén as orellas. era de lá ou outro xénero. A maís simple non era mais que o tecido en forma de bóveda cunha dobrez arredor excepto por diante, que formaba
  • 16. viseira. Esta era moi usada nas privincias de Lugo e a Coruña. pero foi moi usada a mitral, que era mais ou menos alta e cun saínte lateral, ás veces bastante longo. Adornábanse con presillas de veludo e motas de seda, formando grecas e debuxos sen que nelas falten as prumas de gal, pavo rela, perdiz...  SOMBREIRO: eran de palla, algunhas veces forrado e incluso con pano branco amarrado por debaixo. Protexía do sol, e usábase no traballo ou nas solemnidades. Nas vodas usábase de pano. CALZADO FEMININO E MASCULINO  ZOCAS: era un calzado de madeira na súa totalidade, e úsase dende hai seculos na nosa terra. As máis sinxelas son lisas, pero podían ter debuxos fáciles gravados. Eran de madeira de vidueiro ou amieiro. POdían ser romas ou rematadas en punta, que eran as mais frecuentes. Unha variente é a “madroña ou madreña”, que ten ampla a entrada para o pé e leva tres tacos na solaqe tparecen propios para a neve. Son de punta roma e moi cómodos para usar con zapatilla.  ZOCOS: zapatos con sola de madeira, e apel adoita ser de becerro e ter cor natural ou tinguida de negro. A bertura pechase cun cordón de coiro que axusta as dúas partes laterais de pel pasando por uns “oxetes” dourados. Átanse no último ou penúltimo burato directamente ou ben dando unha volta á perna segundo a comodidade da persoa que os calza.  CHINELAS: é a zoca sen talón, e tamne se denominaba desta maneira ói calzado que tiña unha sola e du ías tiras mais ou menos anchas para suxeitar o empeine do pé (tipo sandalia). Xornaleiro. Camisa, chaleque, cirolas, calzón, polainas e sombreiro, e pano
  • 17.  ZAPATOS: o zapato e a a botina eran elementos e gala e luxo. O zapato feminino clásico era de tacón baixo, escotado e punta roma. O de gala era o chamado “orella”, feiro de charol, pel fina ou pao negro, e adoitaba adornarse con lazo na fibela. Ademais do clásico zapato baixo, había as botinas, que eran de cana, que pasaban o tornecelo, e estaban feitas de pel ou pano branco ou negro. A botina branca levaba un lazo vermello cunha fibela. O home usaba o calzado como o da muller, e polo tanto, os días de gala levaba zapatos finos. Pero ademais usa o zapatón, que era mais forte que o zapato.  ZANCOS: Son dous paus altos con apoios para os pes. Usábanse para cruzar camiños con moita auga e para xogos.