SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  40
Télécharger pour lire hors ligne
A
N
T
O
N
I
O
F
R
A
G
U
A
S
SEGUNDA ÉPOCA: Nº 25
NOVO ALUMNADO
MARIE CURIE
VALENTINA TERESHKOVA
TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN
FRIDA KAHLO
OS XORNALISTAS
TRABALLANDO ARREO
XOGANDO ENTRE RIMAS
TEMPOS DE CAMBIOS
ACRÓSTICOS
O XORNAL NA AULA
LETRAS GALEGAS 2019: BIOGRAFÍA DE ANTONIO FRAGUAS
AULA DE APOIO
PIANO DE FROITAS
EQUIPO DE MEDIACIÓN
THE WORLD OF ENGLISH BELUSO
UNHA CRIMINÓLOGA NO COLE
QUEREMOS PRESENTARNOS, SOMOS:
ESTE ANO VIMOS AO COLE DE BELUSO POR PRIMEIRA VEZ, AÍNDA
QUE SOMOS PEQUENOS TRABALLAMOS MOITO AO LONGO DESTE
CURSO: PINTAMOS, XOGAMOS, DESCUBRIMOS E SOBRE TODO
APRENDEMOS A ESTAR XUNTOS.
5º EDUCACIÓN INFANTIL
5º EDUCACIÓN INFANTIL
EXPOÑEMOS OS TRABALLOS
DE INVESTIGACIÓN
O SISTEMA
SOLAR
MARIE
CURIE
VALENTINA
TERESHKOVA
2º E. PRIMARIA E 5º E. INFANTIL
FIADEIRO Letras Galegas 2019
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
6ª de Educación Infantil
FRIDA KAHLO
(Magdalena del Carmen Frida Kahlo Calderón)
.
FIADEIRO Letras Galegas 2019
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
FIADEIRO Letras Galegas 2019
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
FIADEIRO Letras Galegas 2019
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
Os rapaces e rapazas de 2º de EP realizamos un elaborado
traballo sobre o Sistema Solar, buscamos información sobre
os planetas, creamos as nosas maquetas, expuxemos os nosos
traballos a compañeiros e compañeiras doutros cursos, e o
máis importante… traballamos en equipo!
Para o entroido, inspirándonos
en Teresa Portela, pintamos
piraguas, fixemos remos…
Ademais creamos a nosa copla,
“Os piragüistas do charco”.
O día do desfile, divertímonos e
gozamos dunha saborosa
merenda para repoñer forzas.
Tamén continuamos coa Patrulla da Reciclaxe, fomos o teatro,
entrevistamos ao director do FICBUEU, realizamos un
obradoiro de alimentación saudable e fixemos o diario tódolos
días.
Foi un gran curso!
XOGANDO ENTRE RIMAS
Os nen@s de terceiro comezaron a xogar coas palabras e tratar de facer pequenas rimas.
Así pois entre o ir e vir coas palabras saíron xoias tan especiais e interesantes coma estas:
TEMPOS DE CAMBIOS
Dende fai un tempo os
alumn@s de terceiro contan
cuns novos compañeiros de
clase “os nosos cágados”.
Este proxecto comezou coa
súa chegada inesperada a
aula destes 22 pequenos
animais. Foi unha sorpresa
para o alumnado que
tomaron con moita alegría e
nerviosismo.
Despois do entusiasmo inicial
decidimos que faríamos con
eles e pareceulles boa idea
aproveitar o fantástico
laboratorio co que conta o
colexio e o seu material e
así montar un lugar axeitado
onde poidan vivir e
converterse en rás antes de
devolvelas a unha charca
para que continúen a súa
vida en liberdade.
Tiñamos todo preparado e
só nos faltaba a auga, que
como non trouxemos do
mesmo regato onde foron
atopados para facilitarlle a
súa adaptación ao seu novo
fogar.
Xa teñen casa!!!
Agora tócanos aprender
como debemos coidalos se
queremos que a nosa
experiencia científica
chegue a un bó fin.
Buscamos o que comían en
liberdade e como sustituílo
na clase. Así, coma os
cágados son herbívoros ao
comezo ata que desenvolven
as patas dianteiras,
comezamos por botarlle
espinacas tenras, follas de
leituga suaves...todo ven
picadiño e para iso hai que
esmerarse e estar ben
atentos!
Estableceuse unha táboa de
encargados do acuario e
unhas tarefas esenciais que
facer como: picar a comida,
botarlles de comer, revisar
o estado de todas as nosas
crías, cambiarlle a auga ao
acuario cada dous ou tres
días e revisar o estado da
zona de sombra e fondo do
mesmo.
Con todo preparado o que
faltaba era poñerlle nomes
aos novos integrantes do
grupo e, como eran tantos,
non houbo moito problema,
cada un podía propoñer o
nome que máis lle gustase
sen ter que chegar a
acordos.
Saíron nomes moi chulos e
divertidos!!
Parece que isto de ter
responsabilidades non se nos
dá nada mal. Van crecendo
pouco a pouco e xa imos
vendo os pasos da súa
metamorfose. Saíronlles as
patas traseiras!!!
Non todos van ao mesmo
ritmo e así apreciamos
moito mellor os cambios que
van sufrindo.
Tod@s estamos impacientes
por ver cando lle saen as
patas dianteiras e perden a
súa cola xa que son cambios
que requiren coidados novos
e con eles novos retos.
Cando teñan patiñas pasan a
ser carnívoros e isto supón
estar atentos e cambiar o
que lle botamos de comer e
facilitarlles zonas onde
poidan subirse e respirar
fóra da auga para poder
“estrear os seus novos
pulmóns”.
3º EDUCACIÓN PRIMARIA
Aos nenos e nenas de 4º de Primaria gústanos moito a poesía, deixamos voar a
nosa imaxinación e decidimos facer uns acrósticos cos nosos nomes.
O XORNAL NA AULA
Este ano os alumnos e
alumnas de 5º de Educación
Primaria como novidade no tempo
adicado diariamente a lectura tamén
lemos os xornais
O xornal fai posible de
maneira asequible a ensinanza
activa.
O uso dos xornais ten catro funcións. A primeira función denomínase
informativa que é a de informar e ampliar a información que se está
estudando ou investigando.
A segunda é unha función compensadora xa que se traballa a
información que ás veces se pode dar.A terceira é de apertura ao medio que
lles permite investigar e descubrir cousas, contidos, coñecementos novos que
son reais e pasan na actualidade.
Por último, a cuarta función é a complementaria, xa que a través da
prensa se poden dar actividades de lectura, de suma…
O alumnado desenvolve as súas capacidades de redacción, de
investigación, de cálculo, de búsqueda, de creación, de análise e de síntese,
Ao utilizar a prensa na aula desenvólvense unha serie de hábitos como a
curiosidade, apertura cara o novo, selección, decisión, participación e
preocupación por determinados temas da información e interpretación lectora.
Permite a conexión da ensinanza coa realidade, ademais de achegar ao
alumno e a alumna a familiarizarse cos medios de comunicación de masas
para integralos na educación e na súa vida cotiá.
A aprendizaxe coa utilización da prensa pódese realizar en calquer
tempo e lugar, ademais de que a súa aplicación pode adaptarse ás
necesidades e intereses do grupo. O reflexo verbal das ideas e sentimentos
que os alumnos e alumnas teñen sobre noticias importantes, o ton das
palabras que utilizan na conversa, incluso a imaxe posicional dos alumnos na
aula, promove hábitos de escoita e mellora a comunicación.
Para rematar hai que destacar que o uso da prensa permite que o neno
e a nena poidan desenvolver a cualidade de ter unha mente aberta e un
pensamento crítico, o coñecer e comprender o que sucede no seu entorno
social, político, económico.
LETRAS GALEGAS 2019
Antonio Fraguas Fraguas
O autor homenaxeado este
ano no día das letras
galegas naceu a principio
do śeculo pasado,
concretamente o 28 de
decembro de 1905, na
parroquia de Loureiro, a cal
pertence ó concello pontevedrés de Cerdedo-
Cotobade. Pola proximidade a Pontevedra, foi
nesta cidade onde estudou o bacharelato, sendo
Castelao mestre seu. Posteriormente estudou en
Santiago de Compostela a carreira de Filosofía e
Letras, onde se licenciou en 1928.
Foi un destacado historiador, etnógrafo,
antropólogo e xeógrafo galeguista. No ano 1923
fundou xunto con outros compañeiros a
“Sociedade da Lingua”, tendo como obxectivo a
defensa da lingua galega e a creación dun
dicionario. Aínda así, sempre estivo vinculado a
Galicia dedicándose ó estudio da cultura e do
territorio galego.
Así mesmo, formou parte do Instituto de
Estudos Galegos “Padre Sarmiento” e da Real
Academia Galega (R.A.G.), presidente do Museo
do Pobo Galego e membro do Consello da Cultura
Galega entre outros cargos destacados.
Ademais de adicarlle o día das Letras
Galegas este ano, durante a súa vida recibiu
grandes recoñecementos polo seu traballo como
foron: o Pedrón de Ouro, a Medalla de Castelao,
o Premio “Otero Pedrayo”, o premio das Artes e
das Letras de Galicia, etc.
Despois de anos cheos de éxitos, falece en
Santiago de Compostela o 5 de novembro de
1999, deixándonos unha herdanza literaria e
cultural de valor
incalculable, na que hai que
destacar obras como foron
Galicia Máxica ou o
Cantigueiro de Cotobade, así
como as máis de 1300
publicacións feitas en
xornais e revistas, onde
destacaba a importancia da
cultura galega na sociedade
da época.
Este artigo está adicado a esa falsa crenza de que na aula de apoio só se ven
a repasar, a estudar, a reforzar, a facer exercicios repetitivos unha e outra
vez... Buff, xa esgota só de pensalo!
Pero, que saibades, que a nosa aula pode ser moi molona.
Feltro, papel, tesoiras e moito
pegamento para crear.
Non importa se é polo Nadal,
Entroido, Valentín ou data sen sinalar.
Aprendemos traballando pero tamén disfrutando
Para o Día da nosa Rosalía todo o colexio cantou, falou, berrou, actuou con
poemas e moito ilusión. E nós? – Innovamos!
Recitamos creando e pintando co libro “Poemas para pintar”
Eva e Yanira
Makey- Makey é unha placa similar ao mando dunha videoconsola
que simula ser un teclado ou rato, o que permite enviar ordes ao
computador ao que se atope conectado. No canto de pulsar os botóns o
que facemos é pechar o circuíto mediante contactos ou pinzas de crocodilo
e desta forma simúlase pulsar un botón. Permítenos converter calquera
obxecto da vida diaria nun teclado, un mando ou un rato. A idea de
Makey- Makey é sinxela e simple. Consiste nunha placa de electrónica
baseada en Arduino cun cable USB que se conecta ao ordenador como un
periférico máis, de maneira que da a oportunidade aos seus usuarios de
buscar e atopar novas maneiras de interactuar cos seus ordenadores,
potenciando a creatividade e a imaxinación
Utilizamos diferentes froitas para compoñer as notas musicais e as
conectamos con diferentes pinzas de crocodilo á placa base. En cuanto o
sofware do piano, utilizamos unha aplicación dispoñible en modo online.
A NOSA OPINIÓN DA MEDIACIÓN NO COLEXIO
Equipo de mediación do curso 2018/19
David:
“Gústame e gustaríame ser mediador por moito tempo porque axudas a xente que o necesita. É
moi bonito o traballo que nos indicaron, ademais a xente agradéceche a axuda e gústame a cor
da pañoleta”.
Carla Ángel:
“A min encántame ser mediadora, porque axudo á xente e cando axudamos a alguén eles
despois, cando teñamos un problema, axudarannos, o que máis, máis, máis me gusta de ser
mediadora, é levalos ao recuncho de mediación. Ás veces podemos axudarnos entre nós, o que
non me gusta moito é que os nenos e nenas non nos fagan caso. Encántame ir cos nenos
pequenos a ver se teñen problemas, case nunca teñen problemas”.
Miguel:
“A miña opinión é que cando es mediador sínteste xenial porque axudas á xente. Tamén
porque así as persoas ás que estabas axudando se reconcilian entre elas e porque hai
outros mediadores que te poden axudar no conflito. Ás veces é moi difícil pero é moi
bonito axudar á xente”.
Rocío:
“Gústame a idea de ser mediadora porque me gusta axudar á xente que ten
conflitos e me gusta poder levalos a unha solución, tamén mola porque temos unha
pañoleta da miña cor favorita. O importante é que me gusta ser mediadora porque
me divirto moito axudando aos nenos e ás nenas que o necesiten cos meus
compañeiros da aula de 6º de E.P.”.
Jose:
“O que máis me gusta é que podes axudar á xente e podo utilizar a pañoleta
como bufanda”.
Pedro:
“O que máis me gusta de ser
mediador é axudar aos demais
resolvendo os seus conflitos e
problemas falando con eles. É un
traballo moi divertido!
Recoméndovolo a todos”.
Carlota:
“Para min o de ser mediadora é xenial, porque
podes axudar aos nenos que están nun conflito,
para que deixen de pelexar imos ao recuncho
para solucionalo. E cos de infantil é o mesmo.
Cando o problema está solucionado temos unha
tablet para sacar unha foto dos nenos que
pelexaron. E tamén espero que cando os máis
peques do cole sexan maiores e estean en 6º
curso, se divirtan arreglando os conflitos que
pasan no patio. Eu doulle unha cualificación
de 10 de 10”.
Breixo:
“Gústame moito ser mediador porque podo axudar a
persoas que necesitan axuda nese momento. Tamén
porque a cor da pañoleta mola”.
Enara:
“A min gústame ser mediadora porque ademais de aprender a resolver conflitos,
axudamos a outra xente a resolvelos. Temos que levar unhas pañoletas de cor verde
atadas ao pescozo para que no recreo os demais nenos nos poidan recoñecer
facilmente.”
Inés:
“Gústame moito ser mediadora, porque me encanta ver que hai un
problema e sentirme responsable de axudar cando se soluciona
rápido.
Tamén me gusta cando estou cun neno ou nena no recuncho e que
me dean a razón, me fagan caso e non haxa máis problemas ou
discusións”.
Levo desde primeiro querendo ser mediadora e agora o conseguín”.
Diego:
“A min o que máis me gusta é resolver os problemas, porque me sinto ben sabendo que axudo a alguén cun conflito ou cunha
dúbida, a verdade é que cando veu Bibiana a mostrarnos que é ser mediador, non sabía se quería selo, pero despois cando mo
ensinou, xa dixen: esta é a miña oportunidade de non ser quen cree problemas, senón de ser quen os resolva”.
Julia:
O que me gusta de ser mediadora é axudar aos demais. Primeiro aos rapaces pequenos
teslle rabia e despois cólleslle cariño. A xente ao saber que es mediadora tenche un
pouco máis de respecto e, sobre todo, o que máis me gusta é que os problemas sempre se
acaban arranxando”.
Andrés:
“A min encántame cando podo axudar aos nenos no patio
como, por exemplo: axudar aos nenos e nenas no patio,
axudar se hai algún conflito e tamén vixiar se pasa algo
porque así teñen confianza en min. O que máis me gusta é
que podes axudar aos nenos”.
Noa:
“Gústame ser mediadora porque podes axudar aos nenos e nenas que o necesitan e
grazas a iso pode que xa non teñan máis problemas, pelexas, enfados, etc.”
Laura:
“A min ser mediadora pareceume moi divertido pero tamén moi importante porque tes
que ter moita responsabilidade. Eu síntome moi feliz porque así podo axudar ás persoas
do meu arredor, xa que a convivencia nun colexio é moi importante .’’
Brais:
Lara:
“Para min a mediación foi unha idea moi boa porque así podemos resolver conflitos dos nenos e
nenas do cole. Gustoume moito o de ter que apuntalos nun papel porque así podemos ver quen
os tivo, cando houbo máis... Tamén me gusta ter que poñer o pano de cor verde porque así os
nenos e nenas diferénciannos dos outros alumnos de 6º. Ás veces resolver conflitos non é tan
fácil, pero é divertido”.
Damián:
“Eu fíxenme mediador porque me gusta axudar aos demais, ser mediador é moi
divertido xa que todos os días que son mediador é moi especial xa que os nenos
acuden a min para que os axude”.
Ana:
“A mediación gústame moito porque axudo a resolver conflitos, tanto a grandes como a
pequenos. Creo que é importante para min resolver conflitos falando e sen castigar”.
Carla:
“A min gústame ser mediadora porque me encánta resolver os conflitos dos nenos do patio, non soe haber
moitos problemas, aínda que cando os hai sinteste moi ben ao saber que estás axudando a alguén que ten algún
problema con outro compañeiro, polo menos a min gústame axudar aos nenos e nenas que teñen problemas no
patio do colexio”.
Lucía:
“O que máis me gustou da experiencia foi poder axudar aos demais”.
FIADEIRO Letras Galegas 2019
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
The world of English is a fun place to be. We
learn by singing, dancing, drawing and playing.
This year we had a teacher from London at
school. His name is Roy and he came from
London to help us learn English. He is always
smiling and is never cold. He always wears
shorts and sports clothes.
We did many different types of role plays in the
English classroom. We went shopping, visited
the doctor or asked for directions. We also read
many stories and books. Some of them are
recorded in the English Blog. Go online and
listen to them.
The pupils from
year five prepared
some questions
and interviewed
Roy. Now we
know a lot of things
about him.
You can read the
whole interview in
our last school
newspaper “Faro
da Escola”.
FIADEIRO Letras Galegas 2019
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
We took part on lots of different projects, we became prehistoric women and men, we learnt about
“Pop Art”, the perspective, profiles and semiprofiles, the importance of colour, shades and tints,
the influence of light and much more. Here are some pictures.
Here you can see some of the crafts and activities we’ve done this year. We hope you enjoy them!
We celebrated St. Patrick’s and other festivals too. Check them out in the English blog!
A Puppet Show
Lucía, Neves, Carlota, Sabela and
Candela performed a little puppet show
in English.
The story was based on the book "Little
Cat and the Snow" by Joel Franz Rossel.
The girls worked hard rehearsing at
break time and they did it fantastic.
CONGRATS!
FIADEIRO Letras Galegas 2019
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
Women were our central topic this year, so some of our activities were about women such as Maruja
Mayo or Barbara Hepworth. Here are two posters where you can see Aitana Ocaña (OT) and Marie
Curie (scientist) made by pupils from year 5 and year 6.
We had fun making “slime”. We used a recipe that included shaving foam, glue and paint.
On Carnival the children from
year 4 dressed up as mighty
Cleopatra. The teacher was
dressed up too. Then we did our
own version of “Walk like an
Egyptian”, by “The Bangles”.
FIADEIRO Letras Galegas 2019
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
Theatre in English
We went Pontevedra to watch a new funny
version of “Tarzan”.
It was a comedy play in English about the
importance of friendship and animals. We
laughed, sang songs and danced
“Mandinga” with the actors and actresses.
We saw some plays in Cangas too. “Mr. Bear goes to school” for Preschoolers, “Rap and Pan” for
year 1, year 2 and year 3 and “Ghost train” for year 4, year 5 and year 6. Aixa and Daniela T school
with Mr. Bear to learn the vowels. Rap and Pan told us wonderful stories while Sofía and Carmen
travelled to wonderland.
Prince Emilio did a very good on stage too. Ghost Train was a fun and spooky play.
FIADEIRO Letras Galegas 2019
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
The children from year 6 worked in groups to prepare decorations for the “Science and Literature Fair”
that took place in Bueu the 4th of May.
We took turns to make a
drawing based on the book
“A Señorita Bubble”.
It was a hard work, but we
had a lot of fun and we are
very happy with the outcome.
These are just some examples of how hard we worked this year. If you want to see more please visit
our blog, The world of English in www.woebeluso.blogspot.com
UNHA CRIMINÓLOGA NA BIBLIOTECA DO COLEXIO
Un día baixamos as nenas e os nenos de 5º e 6º de Primaria á biblioteca do colexio. O
que non agardabamos era o que alí atopamos: unha zona acordoada e unha infinidade de
cousas revoltas (gafas, xogos, libros…). Non sabiamos que pasara nin por que estaba así a nosa
biblioteca.
O mellor de todo foi que na biblioteca estaba Guadalupe Álvarez Coss, Criminóloga e
Criminalista. Preguntarédesvos que facía alí ela. Guadalupe viñera coñecer a situación para
analizar se quedaran pegadas deixadas pola persoa ou persoas que revolveran a nosa biblio e
fixeran tal desaguisado no colexio. Explicounos que dividira a zona en catro partes co fin de
distribuír diferentes espazos a analizar e, coa axuda de nenas e nenos, foi recollendo as
diversas mostras que atopamos, como cabelo ou sangue. Para a recollida das mostras tivemos
que usar luvas e máscaras. As mostras recollidas serían enviadas ao laboratorio para que cada
perito analizase e obtivese información que resultase de interese para identificar quen entrara
na biblioteca mentres non había ninguén no cole. Lupita falounos de catro tipos de perito:
perito en dactiloscopia, quen se encarga das pegadas dactilares; perito en grafoscopia, quen se
encarga de examinar escritos e sinaturas; perito en balística, quen se encarga de estudar a
traxectoria, o alcance e os efectos das balas e proxectís; e perito hematólogo, quen se encarga
de analizar o sangue.
Resultou impresionante!
Grazas, Lupita!
Fiadeiro Letras Galegas 2019

Contenu connexe

Tendances

Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilsatelite1
 
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)Coordinadora Galega ENDL
 
Boas prácticas en bibliocervo
Boas prácticas en bibliocervoBoas prácticas en bibliocervo
Boas prácticas en bibliocervomaria
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Yolanda Castro
 
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarYolanda Castro
 
Carmen cacho. curso tadega. cambados 2014
Carmen cacho. curso tadega. cambados 2014Carmen cacho. curso tadega. cambados 2014
Carmen cacho. curso tadega. cambados 2014cucacambados
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirCoordinadora Galega ENDL
 

Tendances (20)

Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
 
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
 
Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14
 
Boas prácticas en bibliocervo
Boas prácticas en bibliocervoBoas prácticas en bibliocervo
Boas prácticas en bibliocervo
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
 
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
 
Revista albares 2019
Revista albares 2019Revista albares 2019
Revista albares 2019
 
Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18. Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18.
 
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista Escolar
 
Carmen cacho. curso tadega. cambados 2014
Carmen cacho. curso tadega. cambados 2014Carmen cacho. curso tadega. cambados 2014
Carmen cacho. curso tadega. cambados 2014
 
Ollos de aula. Nº 13
Ollos de aula. Nº 13Ollos de aula. Nº 13
Ollos de aula. Nº 13
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
 

Similaire à Fiadeiro Letras Galegas 2019

Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Revista falares 2016
Revista falares 2016Revista falares 2016
Revista falares 2016lolaiglesias
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Coordinadora Galega ENDL
 
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15cacharila
 
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Traballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombreTraballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombrecbrial
 
Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2cbrial
 
A nena e o grilo nun barquiño unidade didactica
A nena e o grilo nun barquiño   unidade didactica A nena e o grilo nun barquiño   unidade didactica
A nena e o grilo nun barquiño unidade didactica cenlf
 
REVISTA ALBORADA 2021
REVISTA ALBORADA  2021REVISTA ALBORADA  2021
REVISTA ALBORADA 2021anxovila
 
Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23Aquis Fala
 
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIAPROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIAbiblionova
 
Antonio1.º e.p. revista
Antonio1.º e.p. revistaAntonio1.º e.p. revista
Antonio1.º e.p. revistasatelite1
 

Similaire à Fiadeiro Letras Galegas 2019 (20)

Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Revista falares 2016
Revista falares 2016Revista falares 2016
Revista falares 2016
 
Leilía nº24 2017
Leilía nº24 2017Leilía nº24 2017
Leilía nº24 2017
 
Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
 
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
 
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018
 
Traballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombreTraballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombre
 
Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2
 
Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12
 
Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20
 
A nena e o grilo nun barquiño unidade didactica
A nena e o grilo nun barquiño   unidade didactica A nena e o grilo nun barquiño   unidade didactica
A nena e o grilo nun barquiño unidade didactica
 
REVISTA ALBORADA 2021
REVISTA ALBORADA  2021REVISTA ALBORADA  2021
REVISTA ALBORADA 2021
 
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
 
REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12
 
Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23
 
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIAPROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
 
Antonio1.º e.p. revista
Antonio1.º e.p. revistaAntonio1.º e.p. revista
Antonio1.º e.p. revista
 

Dernier

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Dernier (11)

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 

Fiadeiro Letras Galegas 2019

  • 2. NOVO ALUMNADO MARIE CURIE VALENTINA TERESHKOVA TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN FRIDA KAHLO OS XORNALISTAS TRABALLANDO ARREO XOGANDO ENTRE RIMAS TEMPOS DE CAMBIOS ACRÓSTICOS O XORNAL NA AULA LETRAS GALEGAS 2019: BIOGRAFÍA DE ANTONIO FRAGUAS AULA DE APOIO PIANO DE FROITAS EQUIPO DE MEDIACIÓN THE WORLD OF ENGLISH BELUSO UNHA CRIMINÓLOGA NO COLE
  • 4. ESTE ANO VIMOS AO COLE DE BELUSO POR PRIMEIRA VEZ, AÍNDA QUE SOMOS PEQUENOS TRABALLAMOS MOITO AO LONGO DESTE CURSO: PINTAMOS, XOGAMOS, DESCUBRIMOS E SOBRE TODO APRENDEMOS A ESTAR XUNTOS.
  • 7. EXPOÑEMOS OS TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN O SISTEMA SOLAR MARIE CURIE VALENTINA TERESHKOVA 2º E. PRIMARIA E 5º E. INFANTIL
  • 8. FIADEIRO Letras Galegas 2019 CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 6ª de Educación Infantil FRIDA KAHLO (Magdalena del Carmen Frida Kahlo Calderón) .
  • 9. FIADEIRO Letras Galegas 2019 CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
  • 10. FIADEIRO Letras Galegas 2019 CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
  • 11. FIADEIRO Letras Galegas 2019 CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
  • 12.
  • 13.
  • 14. Os rapaces e rapazas de 2º de EP realizamos un elaborado traballo sobre o Sistema Solar, buscamos información sobre os planetas, creamos as nosas maquetas, expuxemos os nosos traballos a compañeiros e compañeiras doutros cursos, e o máis importante… traballamos en equipo!
  • 15. Para o entroido, inspirándonos en Teresa Portela, pintamos piraguas, fixemos remos… Ademais creamos a nosa copla, “Os piragüistas do charco”. O día do desfile, divertímonos e gozamos dunha saborosa merenda para repoñer forzas.
  • 16. Tamén continuamos coa Patrulla da Reciclaxe, fomos o teatro, entrevistamos ao director do FICBUEU, realizamos un obradoiro de alimentación saudable e fixemos o diario tódolos días. Foi un gran curso!
  • 17. XOGANDO ENTRE RIMAS Os nen@s de terceiro comezaron a xogar coas palabras e tratar de facer pequenas rimas. Así pois entre o ir e vir coas palabras saíron xoias tan especiais e interesantes coma estas:
  • 18. TEMPOS DE CAMBIOS Dende fai un tempo os alumn@s de terceiro contan cuns novos compañeiros de clase “os nosos cágados”. Este proxecto comezou coa súa chegada inesperada a aula destes 22 pequenos animais. Foi unha sorpresa para o alumnado que tomaron con moita alegría e nerviosismo. Despois do entusiasmo inicial decidimos que faríamos con eles e pareceulles boa idea aproveitar o fantástico laboratorio co que conta o colexio e o seu material e así montar un lugar axeitado onde poidan vivir e converterse en rás antes de devolvelas a unha charca para que continúen a súa vida en liberdade. Tiñamos todo preparado e só nos faltaba a auga, que como non trouxemos do mesmo regato onde foron atopados para facilitarlle a súa adaptación ao seu novo fogar. Xa teñen casa!!!
  • 19. Agora tócanos aprender como debemos coidalos se queremos que a nosa experiencia científica chegue a un bó fin. Buscamos o que comían en liberdade e como sustituílo na clase. Así, coma os cágados son herbívoros ao comezo ata que desenvolven as patas dianteiras, comezamos por botarlle espinacas tenras, follas de leituga suaves...todo ven picadiño e para iso hai que esmerarse e estar ben atentos! Estableceuse unha táboa de encargados do acuario e unhas tarefas esenciais que facer como: picar a comida, botarlles de comer, revisar o estado de todas as nosas crías, cambiarlle a auga ao acuario cada dous ou tres días e revisar o estado da zona de sombra e fondo do mesmo. Con todo preparado o que faltaba era poñerlle nomes aos novos integrantes do grupo e, como eran tantos, non houbo moito problema, cada un podía propoñer o nome que máis lle gustase sen ter que chegar a acordos.
  • 20. Saíron nomes moi chulos e divertidos!! Parece que isto de ter responsabilidades non se nos dá nada mal. Van crecendo pouco a pouco e xa imos vendo os pasos da súa metamorfose. Saíronlles as patas traseiras!!! Non todos van ao mesmo ritmo e así apreciamos moito mellor os cambios que van sufrindo. Tod@s estamos impacientes por ver cando lle saen as patas dianteiras e perden a súa cola xa que son cambios que requiren coidados novos e con eles novos retos. Cando teñan patiñas pasan a ser carnívoros e isto supón estar atentos e cambiar o que lle botamos de comer e facilitarlles zonas onde poidan subirse e respirar fóra da auga para poder “estrear os seus novos pulmóns”. 3º EDUCACIÓN PRIMARIA
  • 21. Aos nenos e nenas de 4º de Primaria gústanos moito a poesía, deixamos voar a nosa imaxinación e decidimos facer uns acrósticos cos nosos nomes.
  • 22.
  • 23. O XORNAL NA AULA Este ano os alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria como novidade no tempo adicado diariamente a lectura tamén lemos os xornais O xornal fai posible de maneira asequible a ensinanza activa. O uso dos xornais ten catro funcións. A primeira función denomínase informativa que é a de informar e ampliar a información que se está estudando ou investigando. A segunda é unha función compensadora xa que se traballa a información que ás veces se pode dar.A terceira é de apertura ao medio que lles permite investigar e descubrir cousas, contidos, coñecementos novos que son reais e pasan na actualidade. Por último, a cuarta función é a complementaria, xa que a través da prensa se poden dar actividades de lectura, de suma… O alumnado desenvolve as súas capacidades de redacción, de investigación, de cálculo, de búsqueda, de creación, de análise e de síntese, Ao utilizar a prensa na aula desenvólvense unha serie de hábitos como a curiosidade, apertura cara o novo, selección, decisión, participación e preocupación por determinados temas da información e interpretación lectora. Permite a conexión da ensinanza coa realidade, ademais de achegar ao alumno e a alumna a familiarizarse cos medios de comunicación de masas para integralos na educación e na súa vida cotiá. A aprendizaxe coa utilización da prensa pódese realizar en calquer tempo e lugar, ademais de que a súa aplicación pode adaptarse ás necesidades e intereses do grupo. O reflexo verbal das ideas e sentimentos que os alumnos e alumnas teñen sobre noticias importantes, o ton das palabras que utilizan na conversa, incluso a imaxe posicional dos alumnos na aula, promove hábitos de escoita e mellora a comunicación. Para rematar hai que destacar que o uso da prensa permite que o neno e a nena poidan desenvolver a cualidade de ter unha mente aberta e un pensamento crítico, o coñecer e comprender o que sucede no seu entorno social, político, económico.
  • 24. LETRAS GALEGAS 2019 Antonio Fraguas Fraguas O autor homenaxeado este ano no día das letras galegas naceu a principio do śeculo pasado, concretamente o 28 de decembro de 1905, na parroquia de Loureiro, a cal pertence ó concello pontevedrés de Cerdedo- Cotobade. Pola proximidade a Pontevedra, foi nesta cidade onde estudou o bacharelato, sendo Castelao mestre seu. Posteriormente estudou en Santiago de Compostela a carreira de Filosofía e Letras, onde se licenciou en 1928. Foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. No ano 1923 fundou xunto con outros compañeiros a “Sociedade da Lingua”, tendo como obxectivo a defensa da lingua galega e a creación dun dicionario. Aínda así, sempre estivo vinculado a Galicia dedicándose ó estudio da cultura e do territorio galego.
  • 25. Así mesmo, formou parte do Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento” e da Real Academia Galega (R.A.G.), presidente do Museo do Pobo Galego e membro do Consello da Cultura Galega entre outros cargos destacados. Ademais de adicarlle o día das Letras Galegas este ano, durante a súa vida recibiu grandes recoñecementos polo seu traballo como foron: o Pedrón de Ouro, a Medalla de Castelao, o Premio “Otero Pedrayo”, o premio das Artes e das Letras de Galicia, etc. Despois de anos cheos de éxitos, falece en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, deixándonos unha herdanza literaria e cultural de valor incalculable, na que hai que destacar obras como foron Galicia Máxica ou o Cantigueiro de Cotobade, así como as máis de 1300 publicacións feitas en xornais e revistas, onde destacaba a importancia da cultura galega na sociedade da época.
  • 26. Este artigo está adicado a esa falsa crenza de que na aula de apoio só se ven a repasar, a estudar, a reforzar, a facer exercicios repetitivos unha e outra vez... Buff, xa esgota só de pensalo! Pero, que saibades, que a nosa aula pode ser moi molona. Feltro, papel, tesoiras e moito pegamento para crear. Non importa se é polo Nadal, Entroido, Valentín ou data sen sinalar. Aprendemos traballando pero tamén disfrutando
  • 27. Para o Día da nosa Rosalía todo o colexio cantou, falou, berrou, actuou con poemas e moito ilusión. E nós? – Innovamos! Recitamos creando e pintando co libro “Poemas para pintar” Eva e Yanira
  • 28. Makey- Makey é unha placa similar ao mando dunha videoconsola que simula ser un teclado ou rato, o que permite enviar ordes ao computador ao que se atope conectado. No canto de pulsar os botóns o que facemos é pechar o circuíto mediante contactos ou pinzas de crocodilo e desta forma simúlase pulsar un botón. Permítenos converter calquera obxecto da vida diaria nun teclado, un mando ou un rato. A idea de Makey- Makey é sinxela e simple. Consiste nunha placa de electrónica baseada en Arduino cun cable USB que se conecta ao ordenador como un periférico máis, de maneira que da a oportunidade aos seus usuarios de buscar e atopar novas maneiras de interactuar cos seus ordenadores, potenciando a creatividade e a imaxinación
  • 29. Utilizamos diferentes froitas para compoñer as notas musicais e as conectamos con diferentes pinzas de crocodilo á placa base. En cuanto o sofware do piano, utilizamos unha aplicación dispoñible en modo online.
  • 30. A NOSA OPINIÓN DA MEDIACIÓN NO COLEXIO Equipo de mediación do curso 2018/19 David: “Gústame e gustaríame ser mediador por moito tempo porque axudas a xente que o necesita. É moi bonito o traballo que nos indicaron, ademais a xente agradéceche a axuda e gústame a cor da pañoleta”. Carla Ángel: “A min encántame ser mediadora, porque axudo á xente e cando axudamos a alguén eles despois, cando teñamos un problema, axudarannos, o que máis, máis, máis me gusta de ser mediadora, é levalos ao recuncho de mediación. Ás veces podemos axudarnos entre nós, o que non me gusta moito é que os nenos e nenas non nos fagan caso. Encántame ir cos nenos pequenos a ver se teñen problemas, case nunca teñen problemas”. Miguel: “A miña opinión é que cando es mediador sínteste xenial porque axudas á xente. Tamén porque así as persoas ás que estabas axudando se reconcilian entre elas e porque hai outros mediadores que te poden axudar no conflito. Ás veces é moi difícil pero é moi bonito axudar á xente”. Rocío: “Gústame a idea de ser mediadora porque me gusta axudar á xente que ten conflitos e me gusta poder levalos a unha solución, tamén mola porque temos unha pañoleta da miña cor favorita. O importante é que me gusta ser mediadora porque me divirto moito axudando aos nenos e ás nenas que o necesiten cos meus compañeiros da aula de 6º de E.P.”.
  • 31. Jose: “O que máis me gusta é que podes axudar á xente e podo utilizar a pañoleta como bufanda”. Pedro: “O que máis me gusta de ser mediador é axudar aos demais resolvendo os seus conflitos e problemas falando con eles. É un traballo moi divertido! Recoméndovolo a todos”. Carlota: “Para min o de ser mediadora é xenial, porque podes axudar aos nenos que están nun conflito, para que deixen de pelexar imos ao recuncho para solucionalo. E cos de infantil é o mesmo. Cando o problema está solucionado temos unha tablet para sacar unha foto dos nenos que pelexaron. E tamén espero que cando os máis peques do cole sexan maiores e estean en 6º curso, se divirtan arreglando os conflitos que pasan no patio. Eu doulle unha cualificación de 10 de 10”. Breixo: “Gústame moito ser mediador porque podo axudar a persoas que necesitan axuda nese momento. Tamén porque a cor da pañoleta mola”. Enara: “A min gústame ser mediadora porque ademais de aprender a resolver conflitos, axudamos a outra xente a resolvelos. Temos que levar unhas pañoletas de cor verde atadas ao pescozo para que no recreo os demais nenos nos poidan recoñecer facilmente.”
  • 32. Inés: “Gústame moito ser mediadora, porque me encanta ver que hai un problema e sentirme responsable de axudar cando se soluciona rápido. Tamén me gusta cando estou cun neno ou nena no recuncho e que me dean a razón, me fagan caso e non haxa máis problemas ou discusións”. Levo desde primeiro querendo ser mediadora e agora o conseguín”. Diego: “A min o que máis me gusta é resolver os problemas, porque me sinto ben sabendo que axudo a alguén cun conflito ou cunha dúbida, a verdade é que cando veu Bibiana a mostrarnos que é ser mediador, non sabía se quería selo, pero despois cando mo ensinou, xa dixen: esta é a miña oportunidade de non ser quen cree problemas, senón de ser quen os resolva”. Julia: O que me gusta de ser mediadora é axudar aos demais. Primeiro aos rapaces pequenos teslle rabia e despois cólleslle cariño. A xente ao saber que es mediadora tenche un pouco máis de respecto e, sobre todo, o que máis me gusta é que os problemas sempre se acaban arranxando”. Andrés: “A min encántame cando podo axudar aos nenos no patio como, por exemplo: axudar aos nenos e nenas no patio, axudar se hai algún conflito e tamén vixiar se pasa algo porque así teñen confianza en min. O que máis me gusta é que podes axudar aos nenos”. Noa: “Gústame ser mediadora porque podes axudar aos nenos e nenas que o necesitan e grazas a iso pode que xa non teñan máis problemas, pelexas, enfados, etc.”
  • 33. Laura: “A min ser mediadora pareceume moi divertido pero tamén moi importante porque tes que ter moita responsabilidade. Eu síntome moi feliz porque así podo axudar ás persoas do meu arredor, xa que a convivencia nun colexio é moi importante .’’ Brais: Lara: “Para min a mediación foi unha idea moi boa porque así podemos resolver conflitos dos nenos e nenas do cole. Gustoume moito o de ter que apuntalos nun papel porque así podemos ver quen os tivo, cando houbo máis... Tamén me gusta ter que poñer o pano de cor verde porque así os nenos e nenas diferénciannos dos outros alumnos de 6º. Ás veces resolver conflitos non é tan fácil, pero é divertido”. Damián: “Eu fíxenme mediador porque me gusta axudar aos demais, ser mediador é moi divertido xa que todos os días que son mediador é moi especial xa que os nenos acuden a min para que os axude”. Ana: “A mediación gústame moito porque axudo a resolver conflitos, tanto a grandes como a pequenos. Creo que é importante para min resolver conflitos falando e sen castigar”. Carla: “A min gústame ser mediadora porque me encánta resolver os conflitos dos nenos do patio, non soe haber moitos problemas, aínda que cando os hai sinteste moi ben ao saber que estás axudando a alguén que ten algún problema con outro compañeiro, polo menos a min gústame axudar aos nenos e nenas que teñen problemas no patio do colexio”. Lucía: “O que máis me gustou da experiencia foi poder axudar aos demais”.
  • 34. FIADEIRO Letras Galegas 2019 CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS The world of English is a fun place to be. We learn by singing, dancing, drawing and playing. This year we had a teacher from London at school. His name is Roy and he came from London to help us learn English. He is always smiling and is never cold. He always wears shorts and sports clothes. We did many different types of role plays in the English classroom. We went shopping, visited the doctor or asked for directions. We also read many stories and books. Some of them are recorded in the English Blog. Go online and listen to them. The pupils from year five prepared some questions and interviewed Roy. Now we know a lot of things about him. You can read the whole interview in our last school newspaper “Faro da Escola”.
  • 35. FIADEIRO Letras Galegas 2019 CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS We took part on lots of different projects, we became prehistoric women and men, we learnt about “Pop Art”, the perspective, profiles and semiprofiles, the importance of colour, shades and tints, the influence of light and much more. Here are some pictures. Here you can see some of the crafts and activities we’ve done this year. We hope you enjoy them! We celebrated St. Patrick’s and other festivals too. Check them out in the English blog! A Puppet Show Lucía, Neves, Carlota, Sabela and Candela performed a little puppet show in English. The story was based on the book "Little Cat and the Snow" by Joel Franz Rossel. The girls worked hard rehearsing at break time and they did it fantastic. CONGRATS!
  • 36. FIADEIRO Letras Galegas 2019 CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS Women were our central topic this year, so some of our activities were about women such as Maruja Mayo or Barbara Hepworth. Here are two posters where you can see Aitana Ocaña (OT) and Marie Curie (scientist) made by pupils from year 5 and year 6. We had fun making “slime”. We used a recipe that included shaving foam, glue and paint. On Carnival the children from year 4 dressed up as mighty Cleopatra. The teacher was dressed up too. Then we did our own version of “Walk like an Egyptian”, by “The Bangles”.
  • 37. FIADEIRO Letras Galegas 2019 CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS Theatre in English We went Pontevedra to watch a new funny version of “Tarzan”. It was a comedy play in English about the importance of friendship and animals. We laughed, sang songs and danced “Mandinga” with the actors and actresses. We saw some plays in Cangas too. “Mr. Bear goes to school” for Preschoolers, “Rap and Pan” for year 1, year 2 and year 3 and “Ghost train” for year 4, year 5 and year 6. Aixa and Daniela T school with Mr. Bear to learn the vowels. Rap and Pan told us wonderful stories while Sofía and Carmen travelled to wonderland. Prince Emilio did a very good on stage too. Ghost Train was a fun and spooky play.
  • 38. FIADEIRO Letras Galegas 2019 CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS The children from year 6 worked in groups to prepare decorations for the “Science and Literature Fair” that took place in Bueu the 4th of May. We took turns to make a drawing based on the book “A Señorita Bubble”. It was a hard work, but we had a lot of fun and we are very happy with the outcome. These are just some examples of how hard we worked this year. If you want to see more please visit our blog, The world of English in www.woebeluso.blogspot.com
  • 39. UNHA CRIMINÓLOGA NA BIBLIOTECA DO COLEXIO Un día baixamos as nenas e os nenos de 5º e 6º de Primaria á biblioteca do colexio. O que non agardabamos era o que alí atopamos: unha zona acordoada e unha infinidade de cousas revoltas (gafas, xogos, libros…). Non sabiamos que pasara nin por que estaba así a nosa biblioteca. O mellor de todo foi que na biblioteca estaba Guadalupe Álvarez Coss, Criminóloga e Criminalista. Preguntarédesvos que facía alí ela. Guadalupe viñera coñecer a situación para analizar se quedaran pegadas deixadas pola persoa ou persoas que revolveran a nosa biblio e fixeran tal desaguisado no colexio. Explicounos que dividira a zona en catro partes co fin de distribuír diferentes espazos a analizar e, coa axuda de nenas e nenos, foi recollendo as diversas mostras que atopamos, como cabelo ou sangue. Para a recollida das mostras tivemos que usar luvas e máscaras. As mostras recollidas serían enviadas ao laboratorio para que cada perito analizase e obtivese información que resultase de interese para identificar quen entrara na biblioteca mentres non había ninguén no cole. Lupita falounos de catro tipos de perito: perito en dactiloscopia, quen se encarga das pegadas dactilares; perito en grafoscopia, quen se encarga de examinar escritos e sinaturas; perito en balística, quen se encarga de estudar a traxectoria, o alcance e os efectos das balas e proxectís; e perito hematólogo, quen se encarga de analizar o sangue. Resultou impresionante! Grazas, Lupita!