1. Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
CEIP de Randufe Nº 50 novembro de 2014
2. IR, HABER E FACER ANOS
Para falarmos do tempo cronolóxico empregamos os verbos facer, haber e ir con usos distintos que
non debemos confundir.
FACER emprégase para indicar con exactitude o tempo. Adoita vir acompañado dun adverbio de
tempo que indica o momento desde o que se conta, por ex.:
“Mañá fai tres meses que me operaron”
Co mesmo significado de tempo exacto transcorrido emprégase facer cando se quere indicar perío-dos
anuais que reciben o nome de aniversarios:
“Iria fixo once anos o 24 de outubro” ou “que día fai os anos a túa irmá?”
HABER emprégase para indicar o tempo aproximado. Non se mide con exactitude, nin se marca o
comezo nin o final, por ex.:
“Hai dous anos que mudamos de domicilio” ou “hai tres meses que me operaron”
IR, acompañado da preposición para, emprégase tamén para indicar un tempo aproximado. por ex.:
“Vai para un ano que merquei a bicicleta”
En galego non existen cumpreanos, porque os anos non se cumpren, os
anos fanse. O día en que unha persoa fai os anos é o aniversario.
En tempos pasados era costume non celebrar o aniversario coma hoxe e
en troca celebrar o día onomástico, que non é outro que o día en que se cele-bra
a festa cristiá do santo ou da santa de quen se leva o nome. Este costume
vai caendo en desuso desde hai décadas por vivirmos nunha sociedade máis
secularizada que a de antano, e tamén hoxe son cada vez máis frecuentes os
nomes que están fóra do santoral católico. Para nomear este día existe a for-ma
estar de santo, ou tamén a forma estar de día, expresión que como a ce-lebración
vai caendo no esquecemento.
Do mesmo xeito que o aniversario é o día en que se fan os anos do nace-mento,
tamén é o día que fai os anos da morte dunha persoa, neste caso ani-versario
da morte, ou tamén chamado cabodano.