Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
VI semana intercultural1
1. EQUIPO DE CONVIVENCIA
CEIP PONTE DOS BROZOS – ARTEIXO
Abril 2016
VI Semana Intercultural (4 – 8 abril 2016).
O Equipo de Convivencia en colaboración co Concello de Arteixo e a ONG Ecos
do Sur organiza a VI Semana Intercultural que este ano xira en torno aos refuxiados e
refuxiadas.
A VI Semana Intercultural leva como título O MURO DOS DESEXOS.
O Muro dos Desexos. Esta actividade ten como obxectivo a sensibilización de
toda a comunidades educativa do CEIP Ponte dos Brozos sobre o horror que día a día
viven miles de familias de refuxiados que foxen do seu país e establecer unha
comunicación con todos os axentes implicados nesta comunidade, a través das mensaxes
expresadas polo alumnado e profesorado sobre os seus desexos de convivencia entre os
veciños/-as de Arteixo.
As actividades propostas para Educación Primaria son as seguintes:
1º e 2º nivel de Educación Primaria: NOVOS/-AS VECIÑOS/-AS
Representación teatral:
Os nenos e nenas destes niveis gozaran da representación dunha obra de
monicreques. Na obra descríbese como é un proceso migratorio forzoso dun
grupo de animais, que vendo ameazada a súa vida e a súa tranquilidade
deciden emprender o seu desprazamento cara un novo fogar.
Con ela preténdese facer un achegamento á diversidade cultural, ao que
significa unha migración forzosa, que é un refuxiado/-a e as dificultades que
teñen estas persoas para atopar un lugar onde vivir en paz.
Musicoterapia:
A través da música buscarase que o alumnado experimente diferentes
sentimentos, co obxectivo de espertar a súa empatía partindo das súas
propias sensacións.
2. EQUIPO DE CONVIVENCIA
CEIP PONTE DOS BROZOS – ARTEIXO
Abril 2016
3º e 4º nivel de Educación Primaria: NUN ABRIR E CERRAR DE OLLOS
Relato dunha vida:
A través dunha serie de imaxes amosaranse as causas e consecuencias
dos procesos migratorios.
Exposición dun breve relato de vida protagonizado por unha das nais
e veciñas de Arteixo.
Musicoterapia:
5º e 6º nivel de Educación Primaria: LESBOS: “TESTIGO EN PRIMEIRA
PERSOA”
Alfonso Mascuñana: “Eu fun voluntario en Lesbos”:
Grazas a Rede de Escolas de Amnistía contaremos coa presenza de
Alfonso Mascuñana que nos contara como foi a súa experiencia en Lesbos
e de como traballan alí os/as voluntarios/-as cos refuxiado/-as.
A coordinadora do Equipo de Convivencia.
Marga González
Durante toda a semana teredes á vosa disposición na Biblioteca do centro diverso
material (libros, cine...) seleccionado polas mestras bibliotecarias que, tamén, se
encargaran de por música á VI Semana Intercultural.