SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  43
Télécharger pour lire hors ligne
O RELEVO E A HIDROGRAFÍA
UNIDADE DIDÁCTICA 2_1ª parte
1. A CODIA TERRESTRE: OCÉANOS E CONTINENTES
• A codia terrestre está constituída polas terras emerxidas e os fondos dos océanos.
• As terras emerxidas son:
– os continentes: grandes extensións de terra rodeadas de océanos e mares.
Hai seis continentes: África, Asia, América, Europa, Oceanía e a Antártida.
– as illas: porcións de terra máis pequenas que os continentes, rodeadas de
auga.
• Os océanos son grandes masas de auga salgada. Existen cinco océanos:
O océano Pacífico está situado entre América, Asia e Oceanía. É o máis
profundo.
O océano Atlántico está situado entre América, África e Europa.
O océano Índico está situado entre Oceanía, Asia e África. Estableceuse o
meridiano 20º L como límite co océano Atlántico e o meridiano 147º L como límite
co océano Pacífico
O océano Glaciar Ártico rodea o polo norte.
O océano Glaciar Antártico rodea a Antártida. Ten o límite no paralelo 55º Sur.
2
3
• A distribución dos continentes e os océanos foi variando co tempo. A teoría da
deriva continental e a teoría da tectónica de placas, que integrou a anterior,
contribuíron a explicar este feito.
• A mediados do século XX, expúxose a teoría da tectónica de
placas, segundo a cal a litosfera está fragmentada en varias placas ríxidas, as
chamadas placas tectónicas. Estas placas, cada unha das cales corresponde
aproximadamente a un continente, subcontinente ou océano, flotan sobre o
manto e desprázanse lentamente. Este movemento séguese producindo na
actualidade.
4
2. O RELEVO
• O relevo é o conxunto de formas e accidentes que configuran a parte
exterior da codia terrestre. Divídese en tres tipos: continental, costeiro e
submarino.
2.1. COMO SE FORMA O RELEVO?
• O relevo é o resultado da acción dos axentes internos ou
formadores, causados pola enerxía interna da Terra, que son as placas
tectónicas, as dobras, as fallas, os volcáns e os terremotos.
• Nos seus diferentes movementos, as placas tectónicas orixinan algúns dos
principais elementos do relevo terrestre:
– Ao separarse, as dorsais oceánicas ou, se é nun continente, os rifts.
– Ao chocar, as fosas mariñas e as cordilleiras.
– Polo movemento lateral, as grandes fallas, que se converten en
zonas de actividade sísmica e volcánica.
• Os movementos tectónicos tamén provocan dobras ou pregamentos e
fallas.
5
Dobras ou pregamentos:
Son ondulacións dos estratos das
rochas que se orixinan cando a
presión se exerce sobre rochas
cunha elevada plasticidade.
6
Fallas:
Son fracturas que se producen se a
presión actúa sobre materiais ríxidos.
Os dous bloques de materiais
resultantes da fractura sitúanse a
distinto nivel.
7
• As principias manifestacións da enerxía interna da Terra son os volcáns
e os terremotos.
• Os volcáns son aberturas ou gretas da codia terrestre a través das cales
sae material do interior da Terra, como lava, gases, cinzas e fragmentos
de rocha.
8
• Os terremotos ou sismos son movementos subterráneos bruscos que
poden causar rupturas na codia terrestre. Se o sismo é submarino
chámase maremoto e pode provocar unha onda xigante ou tsunami.
• Para medir e clasificar os terremotos utilízanse principalmente a escala
Richter, que mide en graos a magnitude da enerxía liberada no punto de
orixe (hipocentro); abarca desde os 0º ata os 9º.
9
2.2. A MODELAXE DO RELEVO: OS AXENTES EXTERNOS
• As formas do relevo son modelados polos axentes externos.
• Os axentes externos poden ser naturais ou humanos. Actúan
mediante tres procesos: erosión, transporte e sedimentación.
 A erosión é o proceso polo que as rochas se desgastan, se
fragmentan ou se disolven.
 O transporte é o arrastre dos fragmentos arrancados pola
erosión.
 A sedimentación é o depósito dos materias erosionados e
transportados.
• Os principais axentes externos naturais son: a auga, o vento, a
vexetación e os cambios bruscos da temperatura.
10
• A auga é o axente externo máis activo. Actúa do seguinte xeito:
 As ondas e as correntes marítimas actúan sobre o litoral:
desgastan os cantís e transportar area, forman golfos …
 A auga de choiva escava a superficie das rochas, fíltrase e disolve
as rochas formando covas e, tamén, pode arrastrar algún
compoñentes dos solos.
 Os ríos escavan vales e canóns e forman chairas aluviais e deltas.
 A auga depositada nas gretas ou nas fendas das rochas, cando se
conxela aumenta de volume e exerce una presión sobre as rochas
que pode provocar a súa ruptura.
11
• O vento transporta partículas que impactan sobre as rochas e van
puíndo e redondeando a súa superficie. Ademais, pode formar
grandes acumulacións de materiais, como no caso das dunas dos
desertos.
• A vexetación escava coas súas raíces os solos e as rochas, e axuda
así á súa disgregación.
• Os cambios bruscos da temperatura provocan a dilatación e a
formación de fendas nas rochas.
12
• Os seres humanos tamén son modeladores externos do relevo, pois
sempre transformaron o medio no que viviron, tanto de forma directa
como de forma indirecta.
 Directamente: mediante a deforestación para obter terras de
cultivo; a construción de cidades, estradas, aeroportos, pantanos,
portos e outras infraestruturas; a explotación de canteiras e minas;
o desvío dos ríos...
 Indirectamente, por exemplo, a deforestación provoca un
aumento da erosión, e a falta de vexetación repercute
negativamente sobre a produción de osíxeno, as choivas e as
temperaturas.
13
3.1. O RELEVO CONTINENTAL
• Montañas: son elevacións naturais do terreo.
A súa parte máis alta denomínase cume, mentres que o seu declive
recibe o nome de ladeira.
Poden aparecer illadas ou agrupadas en serras, sistemas ou cordilleiras.
14
3. AS FORMAS DO RELEVO
• Cordilleiras: trátase dunha serie de montañas aliñadas, entrelazadas
entre elas.
15
• Macizos: conxunto de montañas dispostas dun xeito irregular.
16
• Depresións ou concas: zonas do relevo terrestre caracterizadas por
atoparse nunha altitude inferior ao relevo que as rodea.
Son terreos tan baixos que incluso poden atoparse en áreas situadas
baixo o nivel do mar.
17
• Mesetas ou altiplanos: terreos chans e elevados de grande extensión.
Podemos dicir que se trata de chairas elevadas.
18
• Chairas: superficies planas e extensas situadas a pouca altura sobre o
nivel do mar. Adoitan estar situadas preto das costas e nas concas dos
ríos.
19
Vales: son formas alongadas, depresións do terreo entre montañas de
importante altitude.
Distinguimos dous tipos: vales fluviais e vales glaciais. Os vales fluviais foron
creados pola acción dun río e os vales foron abertos por un glaciar
Val fluvial Val glacial
20
21
3.2. O RELEVO COSTEIRO
É o relevo terrestre que se atopa nas costas. Un lugar de contacto
entre a terra emerxida e a submarina.
22
Illas porción de terra de pequeno
tamaño rodeada por auga. Un
conxunto de illas forma un
arquipélago.
Península: porción de terra rodeada
de auga por todas as partes menos
por unha. Atópase unida ao resto do
territorio por unha porción de terra que
se denomina istmo.
23
Cabo: Anaco de terra que se introduce
no mar, sobresaíndo do resto do litoral.
Tamén se denomina punta.
Golfo: entrada de mar na terra. A baía é
semellante pero cunhas dimensións máis
reducidas.
Ría: lingua de mar que ocupan o último
tramo dun val fluvial.
24
3.3. O RELEVO OCEÁNICO OU SUBMARINO
Son as formas que presenta o fondo dos océanos.
• Plataforma continental: é unha ampla meseta submarina a
continuación dos continentes e que se estende ata os 200 m de
profundidade. É importante porque nela hai pesca e pódese extraer
petróleo ou gas natural.
• Chaira abisal ou conca oceánica: extensión de terreo na zona
máis profunda dos mares e océanos, entre os 3000 e 7000 metros
de profundidade.
• Noiro continental: chanzo grande que une a plataforma continental
coa chaira abisal.
• Fosa mariña: depresión dos fondos oceánicos ou marítimos. A
miúdo chegan aos 6000 metros de profundidade e en ocasións ata
os 11 000 metros.
• Dorsal oceánica: cordilleira submarina de grande extensión.
25
26
27
28
4. A HIDROGRAFÍA
• As augas forman a maior parte do planeta, concretamente representan
un 71% do seu total. Divídense en dous grandes grupos:
• As augas salgadas ou mariñas: formadas polos mares e océanos.
Supoñen un 97% do total.
• As augas doces ou continentais: formadas polos ríos, lagos, augas
subterráneas e augas xeadas. Representan un 3% do total.
29
• Denomínase ciclo da auga ao continuo intercambio de auga entre a
atmosfera, a hidrosfera e a litosfera.
30
4.1. AS AUGAS MARIÑAS
• As augas mariñas son os océanos e os mares. Son augas
salgadas.
• Os océanos son grandes extensións de auga que rodean e
separan os continentes.
• Os mares son extensións de auga de menor tamaño que os
océanos e de menor profundidade (menor de 200 metros).
• A porcentaxe de salinidade depende da temperatura da auga. Os
mares pechados e cálidos son máis salgados, porque a calor
evapora a auga en maior medida ca nos mares fríos e abertos.
31
32
As augas mariñas están en constante movemento, impulsadas polas mareas,
as ondas e as correntes mariñas.
 As mareas son as subidas (preamar) e baixadas (baixamar) diarias do nivel
do mar. Están xeradas pola atracción do Sol e da Lúa sobre as augas.
 As ondas son ondulacións da superficie do mar producidas polo vento.
 As correntes mariñas son grandes cantidades de auga, semellantes a ríos,
que se moven polos océanos. Existen correntes cálidas, as cales teñen unha
temperatura superior á das augas próximas, e correntes frías, que teñen
unha temperatura máis baixa que ca as augas próximas.
33
AS CORRENTES MARIÑAS
34
4.2. AS AUGAS CONTINENTAIS
4.2.1. OS RÍOS
• Un río é unha corrente continua de auga doce que desemboca
no mar, noutro río ou nun lago. As augas dun río discorren polo
seu leito.
• Os ríos fórmanse pola acumulación da auga de choiva e do
desxeo das montaña ou porque saen augas subterráneas á
superficie terrestre. O lugar en que se forma o río é a súa
cabeceira.
• Os ríos levan as augas ata a desembocadura, que é o espazo
polo que un río verte as súas augas ao mar, a outro río ou a un
lago.
• Se un río desemboca nun mar ou nun lago denomínase río
principal, mentres que se desemboca noutro río denomínase
afluente.
• O conxunto de terras por onde discorre un río principal e mais
os seus afluentes denomínase conca hidrográfica dese río.
35
• O curso é o percorrido dun río polo seu leito o cauce. Divídese en
tres partes: alto, medio e baixo.
 O curso alto ocupa os primeiros quilómetros de percorrido do río.
A forza que adquire a auga polas pendentes do relevo fai que se
produza unha importante erosión. Nas zonas con desniveis
pronunciados fórmanse fervenzas.
 O curso medio é unha zona de menor pendente, o val é mais
chan e aberto e as augas son máis lentas forman pequenas
ondulacións no terreo chamadas meandros.
 No curso baixo, a auga discorre aínda máis lenta porque
descende o desnivel. Nesta área o río deposita os materiais que
transportou ao longo de todo o curso.
●
Se estes materiais enchen superficies extensas
forman as chairas aluviais.
●
Se os materiais se acumulan de forma triangular
forman deltas.
 No momento en que se xuntan as augas do río coas augas do
mar fórmanse esteiros.
36
37
• A cantidade de auga que leva un río é o caudal, e este varía coas estacións.
– Se varía pouco dicimos que ten un caudal regular.
– Se varía moito dicimos que o seu caudal é irregular, chegando a
producirse estiaxe (unha diminución acusada das augas).
• As variacións no caudal dun río fan que se clasifiquen en:
 Réxime pluvial: as súas augas proceden maioritariamente da chuvia; polo
tanto é durante o inverno cando teñen o seu máximo caudal.
 Réxime nival: as augas proceden do desxeo, co cal o seu caudal máximo
prodúcese na primavera.
 Réxime mixto: as augas do río neste caso proceden tanto da chuvia como do
desxeo. Distínguense dous tipos:
- Nivo-pluvial: a aportación de auga do desxeo é máis importante que a
auga da choiva.
- Pluvio-nival: a aportación da auga de chuvia é máis importante que a
aportación da auga do desxeo.
38
39
4.2.2. OS LAGOS
• Un lago é unha masa de auga acumulada de forma
permanente terra dentro e en zonas afundidas do terreo.
• Os lagos fórmanse por diferentes motivos:
- Pola acumulación da auga das precipitacións, por iso o
volume de auga varia ao longo do ano.
- A partir da auga de ríos e correntes subterráneas que
desembocan neles.
- Pola auga de xeo derretido dos glaciares.
• As lagoas son lagos pequenos.
• Os mares interiores son lagos de auga salgada.
40
41
4.2.3. AS AUGAS SUBTERRÁNEAS
• As augas subterráneas son as que discorren por debaixo da
superficie terrestre. Supoñen cas o 25% das augas continentais.
• Orixínanse cando unha parte da auga de choiva se infiltra no terreo
ata que chega a unha capa de rochas impermeables e forma un
acuífero.
• As augas subterráneas forman auténticos ríos e lagos subterráneos.
Ás veces, saen ao exterior e forman mananciais (se a auga é fría) e
fontes termais (se a auga é quente).
42
4.2.4. OS GLACIARES
• Os glaciares son masas de xeo formadas pola acumulación de
neve durante centos de anos. Existen nas zonas polares e nas
zonas máis elevadas dalgunhas montañas.
• Cando os glaciares alcanzan o mar, rachan e forman icebergs,
que son masas flotantes de xeo.
43

Contenu connexe

Similaire à UNIDADE 2_ O RELEVO E A HIDROGRAFÍA.pdf

Similaire à UNIDADE 2_ O RELEVO E A HIDROGRAFÍA.pdf (20)

Tema a auga
Tema a augaTema a auga
Tema a auga
 
Formas da costa
Formas da costaFormas da costa
Formas da costa
 
Formas da costa
Formas da costaFormas da costa
Formas da costa
 
Vocabulario de xeografía: o relevo
Vocabulario de xeografía: o relevoVocabulario de xeografía: o relevo
Vocabulario de xeografía: o relevo
 
As paisaxes
As paisaxesAs paisaxes
As paisaxes
 
Procesos xeolóxicos externos
Procesos xeolóxicos externosProcesos xeolóxicos externos
Procesos xeolóxicos externos
 
O medio mariño (Candea 1994)
O medio mariño (Candea 1994)O medio mariño (Candea 1994)
O medio mariño (Candea 1994)
 
Dinámica externa
Dinámica externaDinámica externa
Dinámica externa
 
Tema 7.enerxía interna e o relevo
Tema 7.enerxía interna e o relevoTema 7.enerxía interna e o relevo
Tema 7.enerxía interna e o relevo
 
Paisaxe e relevo
Paisaxe e relevoPaisaxe e relevo
Paisaxe e relevo
 
Paisaxe e relevo
Paisaxe e relevoPaisaxe e relevo
Paisaxe e relevo
 
Tema 2 o relevo
Tema 2 o relevoTema 2 o relevo
Tema 2 o relevo
 
Tema2representaciondaterra 111009111239-phpapp01
Tema2representaciondaterra 111009111239-phpapp01Tema2representaciondaterra 111009111239-phpapp01
Tema2representaciondaterra 111009111239-phpapp01
 
As augas
As augasAs augas
As augas
 
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
 
Dinamica da auga
Dinamica da augaDinamica da auga
Dinamica da auga
 
Costa mediterrã¡nea
Costa mediterrã¡neaCosta mediterrã¡nea
Costa mediterrã¡nea
 
Tema 3 As formas da terra
Tema 3 As formas da terraTema 3 As formas da terra
Tema 3 As formas da terra
 
Tema 2: A Representacion da Terra. Os mapas
Tema 2: A Representacion da Terra. Os mapasTema 2: A Representacion da Terra. Os mapas
Tema 2: A Representacion da Terra. Os mapas
 
Tema 3: As Formas da Terra. O Noso Concello. Galicia
Tema 3: As Formas da Terra. O Noso Concello. GaliciaTema 3: As Formas da Terra. O Noso Concello. Galicia
Tema 3: As Formas da Terra. O Noso Concello. Galicia
 

Dernier

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 

Dernier (8)

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 

UNIDADE 2_ O RELEVO E A HIDROGRAFÍA.pdf

  • 1. O RELEVO E A HIDROGRAFÍA UNIDADE DIDÁCTICA 2_1ª parte
  • 2. 1. A CODIA TERRESTRE: OCÉANOS E CONTINENTES • A codia terrestre está constituída polas terras emerxidas e os fondos dos océanos. • As terras emerxidas son: – os continentes: grandes extensións de terra rodeadas de océanos e mares. Hai seis continentes: África, Asia, América, Europa, Oceanía e a Antártida. – as illas: porcións de terra máis pequenas que os continentes, rodeadas de auga. • Os océanos son grandes masas de auga salgada. Existen cinco océanos: O océano Pacífico está situado entre América, Asia e Oceanía. É o máis profundo. O océano Atlántico está situado entre América, África e Europa. O océano Índico está situado entre Oceanía, Asia e África. Estableceuse o meridiano 20º L como límite co océano Atlántico e o meridiano 147º L como límite co océano Pacífico O océano Glaciar Ártico rodea o polo norte. O océano Glaciar Antártico rodea a Antártida. Ten o límite no paralelo 55º Sur. 2
  • 3. 3
  • 4. • A distribución dos continentes e os océanos foi variando co tempo. A teoría da deriva continental e a teoría da tectónica de placas, que integrou a anterior, contribuíron a explicar este feito. • A mediados do século XX, expúxose a teoría da tectónica de placas, segundo a cal a litosfera está fragmentada en varias placas ríxidas, as chamadas placas tectónicas. Estas placas, cada unha das cales corresponde aproximadamente a un continente, subcontinente ou océano, flotan sobre o manto e desprázanse lentamente. Este movemento séguese producindo na actualidade. 4
  • 5. 2. O RELEVO • O relevo é o conxunto de formas e accidentes que configuran a parte exterior da codia terrestre. Divídese en tres tipos: continental, costeiro e submarino. 2.1. COMO SE FORMA O RELEVO? • O relevo é o resultado da acción dos axentes internos ou formadores, causados pola enerxía interna da Terra, que son as placas tectónicas, as dobras, as fallas, os volcáns e os terremotos. • Nos seus diferentes movementos, as placas tectónicas orixinan algúns dos principais elementos do relevo terrestre: – Ao separarse, as dorsais oceánicas ou, se é nun continente, os rifts. – Ao chocar, as fosas mariñas e as cordilleiras. – Polo movemento lateral, as grandes fallas, que se converten en zonas de actividade sísmica e volcánica. • Os movementos tectónicos tamén provocan dobras ou pregamentos e fallas. 5
  • 6. Dobras ou pregamentos: Son ondulacións dos estratos das rochas que se orixinan cando a presión se exerce sobre rochas cunha elevada plasticidade. 6
  • 7. Fallas: Son fracturas que se producen se a presión actúa sobre materiais ríxidos. Os dous bloques de materiais resultantes da fractura sitúanse a distinto nivel. 7
  • 8. • As principias manifestacións da enerxía interna da Terra son os volcáns e os terremotos. • Os volcáns son aberturas ou gretas da codia terrestre a través das cales sae material do interior da Terra, como lava, gases, cinzas e fragmentos de rocha. 8
  • 9. • Os terremotos ou sismos son movementos subterráneos bruscos que poden causar rupturas na codia terrestre. Se o sismo é submarino chámase maremoto e pode provocar unha onda xigante ou tsunami. • Para medir e clasificar os terremotos utilízanse principalmente a escala Richter, que mide en graos a magnitude da enerxía liberada no punto de orixe (hipocentro); abarca desde os 0º ata os 9º. 9
  • 10. 2.2. A MODELAXE DO RELEVO: OS AXENTES EXTERNOS • As formas do relevo son modelados polos axentes externos. • Os axentes externos poden ser naturais ou humanos. Actúan mediante tres procesos: erosión, transporte e sedimentación.  A erosión é o proceso polo que as rochas se desgastan, se fragmentan ou se disolven.  O transporte é o arrastre dos fragmentos arrancados pola erosión.  A sedimentación é o depósito dos materias erosionados e transportados. • Os principais axentes externos naturais son: a auga, o vento, a vexetación e os cambios bruscos da temperatura. 10
  • 11. • A auga é o axente externo máis activo. Actúa do seguinte xeito:  As ondas e as correntes marítimas actúan sobre o litoral: desgastan os cantís e transportar area, forman golfos …  A auga de choiva escava a superficie das rochas, fíltrase e disolve as rochas formando covas e, tamén, pode arrastrar algún compoñentes dos solos.  Os ríos escavan vales e canóns e forman chairas aluviais e deltas.  A auga depositada nas gretas ou nas fendas das rochas, cando se conxela aumenta de volume e exerce una presión sobre as rochas que pode provocar a súa ruptura. 11
  • 12. • O vento transporta partículas que impactan sobre as rochas e van puíndo e redondeando a súa superficie. Ademais, pode formar grandes acumulacións de materiais, como no caso das dunas dos desertos. • A vexetación escava coas súas raíces os solos e as rochas, e axuda así á súa disgregación. • Os cambios bruscos da temperatura provocan a dilatación e a formación de fendas nas rochas. 12
  • 13. • Os seres humanos tamén son modeladores externos do relevo, pois sempre transformaron o medio no que viviron, tanto de forma directa como de forma indirecta.  Directamente: mediante a deforestación para obter terras de cultivo; a construción de cidades, estradas, aeroportos, pantanos, portos e outras infraestruturas; a explotación de canteiras e minas; o desvío dos ríos...  Indirectamente, por exemplo, a deforestación provoca un aumento da erosión, e a falta de vexetación repercute negativamente sobre a produción de osíxeno, as choivas e as temperaturas. 13
  • 14. 3.1. O RELEVO CONTINENTAL • Montañas: son elevacións naturais do terreo. A súa parte máis alta denomínase cume, mentres que o seu declive recibe o nome de ladeira. Poden aparecer illadas ou agrupadas en serras, sistemas ou cordilleiras. 14 3. AS FORMAS DO RELEVO
  • 15. • Cordilleiras: trátase dunha serie de montañas aliñadas, entrelazadas entre elas. 15
  • 16. • Macizos: conxunto de montañas dispostas dun xeito irregular. 16
  • 17. • Depresións ou concas: zonas do relevo terrestre caracterizadas por atoparse nunha altitude inferior ao relevo que as rodea. Son terreos tan baixos que incluso poden atoparse en áreas situadas baixo o nivel do mar. 17
  • 18. • Mesetas ou altiplanos: terreos chans e elevados de grande extensión. Podemos dicir que se trata de chairas elevadas. 18
  • 19. • Chairas: superficies planas e extensas situadas a pouca altura sobre o nivel do mar. Adoitan estar situadas preto das costas e nas concas dos ríos. 19
  • 20. Vales: son formas alongadas, depresións do terreo entre montañas de importante altitude. Distinguimos dous tipos: vales fluviais e vales glaciais. Os vales fluviais foron creados pola acción dun río e os vales foron abertos por un glaciar Val fluvial Val glacial 20
  • 21. 21
  • 22. 3.2. O RELEVO COSTEIRO É o relevo terrestre que se atopa nas costas. Un lugar de contacto entre a terra emerxida e a submarina. 22
  • 23. Illas porción de terra de pequeno tamaño rodeada por auga. Un conxunto de illas forma un arquipélago. Península: porción de terra rodeada de auga por todas as partes menos por unha. Atópase unida ao resto do territorio por unha porción de terra que se denomina istmo. 23
  • 24. Cabo: Anaco de terra que se introduce no mar, sobresaíndo do resto do litoral. Tamén se denomina punta. Golfo: entrada de mar na terra. A baía é semellante pero cunhas dimensións máis reducidas. Ría: lingua de mar que ocupan o último tramo dun val fluvial. 24
  • 25. 3.3. O RELEVO OCEÁNICO OU SUBMARINO Son as formas que presenta o fondo dos océanos. • Plataforma continental: é unha ampla meseta submarina a continuación dos continentes e que se estende ata os 200 m de profundidade. É importante porque nela hai pesca e pódese extraer petróleo ou gas natural. • Chaira abisal ou conca oceánica: extensión de terreo na zona máis profunda dos mares e océanos, entre os 3000 e 7000 metros de profundidade. • Noiro continental: chanzo grande que une a plataforma continental coa chaira abisal. • Fosa mariña: depresión dos fondos oceánicos ou marítimos. A miúdo chegan aos 6000 metros de profundidade e en ocasións ata os 11 000 metros. • Dorsal oceánica: cordilleira submarina de grande extensión. 25
  • 26. 26
  • 27. 27
  • 28. 28
  • 29. 4. A HIDROGRAFÍA • As augas forman a maior parte do planeta, concretamente representan un 71% do seu total. Divídense en dous grandes grupos: • As augas salgadas ou mariñas: formadas polos mares e océanos. Supoñen un 97% do total. • As augas doces ou continentais: formadas polos ríos, lagos, augas subterráneas e augas xeadas. Representan un 3% do total. 29
  • 30. • Denomínase ciclo da auga ao continuo intercambio de auga entre a atmosfera, a hidrosfera e a litosfera. 30
  • 31. 4.1. AS AUGAS MARIÑAS • As augas mariñas son os océanos e os mares. Son augas salgadas. • Os océanos son grandes extensións de auga que rodean e separan os continentes. • Os mares son extensións de auga de menor tamaño que os océanos e de menor profundidade (menor de 200 metros). • A porcentaxe de salinidade depende da temperatura da auga. Os mares pechados e cálidos son máis salgados, porque a calor evapora a auga en maior medida ca nos mares fríos e abertos. 31
  • 32. 32
  • 33. As augas mariñas están en constante movemento, impulsadas polas mareas, as ondas e as correntes mariñas.  As mareas son as subidas (preamar) e baixadas (baixamar) diarias do nivel do mar. Están xeradas pola atracción do Sol e da Lúa sobre as augas.  As ondas son ondulacións da superficie do mar producidas polo vento.  As correntes mariñas son grandes cantidades de auga, semellantes a ríos, que se moven polos océanos. Existen correntes cálidas, as cales teñen unha temperatura superior á das augas próximas, e correntes frías, que teñen unha temperatura máis baixa que ca as augas próximas. 33
  • 35. 4.2. AS AUGAS CONTINENTAIS 4.2.1. OS RÍOS • Un río é unha corrente continua de auga doce que desemboca no mar, noutro río ou nun lago. As augas dun río discorren polo seu leito. • Os ríos fórmanse pola acumulación da auga de choiva e do desxeo das montaña ou porque saen augas subterráneas á superficie terrestre. O lugar en que se forma o río é a súa cabeceira. • Os ríos levan as augas ata a desembocadura, que é o espazo polo que un río verte as súas augas ao mar, a outro río ou a un lago. • Se un río desemboca nun mar ou nun lago denomínase río principal, mentres que se desemboca noutro río denomínase afluente. • O conxunto de terras por onde discorre un río principal e mais os seus afluentes denomínase conca hidrográfica dese río. 35
  • 36. • O curso é o percorrido dun río polo seu leito o cauce. Divídese en tres partes: alto, medio e baixo.  O curso alto ocupa os primeiros quilómetros de percorrido do río. A forza que adquire a auga polas pendentes do relevo fai que se produza unha importante erosión. Nas zonas con desniveis pronunciados fórmanse fervenzas.  O curso medio é unha zona de menor pendente, o val é mais chan e aberto e as augas son máis lentas forman pequenas ondulacións no terreo chamadas meandros.  No curso baixo, a auga discorre aínda máis lenta porque descende o desnivel. Nesta área o río deposita os materiais que transportou ao longo de todo o curso. ● Se estes materiais enchen superficies extensas forman as chairas aluviais. ● Se os materiais se acumulan de forma triangular forman deltas.  No momento en que se xuntan as augas do río coas augas do mar fórmanse esteiros. 36
  • 37. 37
  • 38. • A cantidade de auga que leva un río é o caudal, e este varía coas estacións. – Se varía pouco dicimos que ten un caudal regular. – Se varía moito dicimos que o seu caudal é irregular, chegando a producirse estiaxe (unha diminución acusada das augas). • As variacións no caudal dun río fan que se clasifiquen en:  Réxime pluvial: as súas augas proceden maioritariamente da chuvia; polo tanto é durante o inverno cando teñen o seu máximo caudal.  Réxime nival: as augas proceden do desxeo, co cal o seu caudal máximo prodúcese na primavera.  Réxime mixto: as augas do río neste caso proceden tanto da chuvia como do desxeo. Distínguense dous tipos: - Nivo-pluvial: a aportación de auga do desxeo é máis importante que a auga da choiva. - Pluvio-nival: a aportación da auga de chuvia é máis importante que a aportación da auga do desxeo. 38
  • 39. 39
  • 40. 4.2.2. OS LAGOS • Un lago é unha masa de auga acumulada de forma permanente terra dentro e en zonas afundidas do terreo. • Os lagos fórmanse por diferentes motivos: - Pola acumulación da auga das precipitacións, por iso o volume de auga varia ao longo do ano. - A partir da auga de ríos e correntes subterráneas que desembocan neles. - Pola auga de xeo derretido dos glaciares. • As lagoas son lagos pequenos. • Os mares interiores son lagos de auga salgada. 40
  • 41. 41
  • 42. 4.2.3. AS AUGAS SUBTERRÁNEAS • As augas subterráneas son as que discorren por debaixo da superficie terrestre. Supoñen cas o 25% das augas continentais. • Orixínanse cando unha parte da auga de choiva se infiltra no terreo ata que chega a unha capa de rochas impermeables e forma un acuífero. • As augas subterráneas forman auténticos ríos e lagos subterráneos. Ás veces, saen ao exterior e forman mananciais (se a auga é fría) e fontes termais (se a auga é quente). 42
  • 43. 4.2.4. OS GLACIARES • Os glaciares son masas de xeo formadas pola acumulación de neve durante centos de anos. Existen nas zonas polares e nas zonas máis elevadas dalgunhas montañas. • Cando os glaciares alcanzan o mar, rachan e forman icebergs, que son masas flotantes de xeo. 43