SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  23
Télécharger pour lire hors ligne
CARDECIDE E LAXOS




             Damián Maneiro (3ºB)
             Melisa Martínez (3ºB)
Laxos e Cardecide
           Laxos (arriba) e Cardecide (abaixo) son
           dúas aldeas da parroquia de Santa María de
           Cuntis. Entre unha e outra non hai nin un
           quilómetro e ademais agora xa se
           construíron casas novas nas veigas que as
           separaban. O monumento ao Sagrado
           Corazón de Asorey une as dúas
           poboacións.
           Son dúas aldeas pequenas, con menos de
           100 habitantes cadansúa e hai moitas casas
           novas, xa que están a 2 e 3 quilómetros de
           Cuntis. Cardecide está na estrada de Xinzo,
           case pegada a Cuntis (sepáraa o río
           Patelas), mentres Laxos está na ladeira do
           monte de Sebil, algo máis alta. Aínda que
           teñen moitas leiras a maioría da poboación
           xa non vive da agricultura.
           Din que o nome de Laxos vén de laxe,
           pedra. Laxos ten unhas boas vistas, pódese
           ver o monte Xesteiras,todo Cuntis e as súas
           parroquias, o castro de Castrolandín…
           En Laxos hai restos dun castro e entre
           Laxos     e   Cardecide     consérvase   un
           petroglifo.
Petroglifos do Outeiro de Cartas, Cardecide
                        Os petroglifos do Outeiro de Cartas están moi
                    desgastados, aínda que se apreza claramente um
                    labirinto en espiral. Os outros gravados (cazoletas
                    e círculos) case non se ven.

                        As rochas onde se atopan están rodeadas
                    cunha cinta (aínda que está tirada) e hai un panel
                    explicativo. O caseto de ladrillo non queda nada
                    ben no outeiro.
O castro de Laxos



           O Castro de Laxos foi descuberto fai unha
           cantos anos de maneira casual. Nas
           prospeccións arqueolóxicas realizadas,
           encontráronse varias casas circulares e
           estruturas que demostran a súa ocupación.

           Agora o castro xa non se pode ver, xa que
           esta todo cheo de toxos e está no medio do
           monte. Esta ‘cova’ e as pedras antigamente
           pertencían ó castro.
Muíño do Portosalto


              Este muíño atópase a carón do río
              Patelas. Lévase a auga cara el desde
              unha canle de pedra. É o muíño que
              usan aínda os veciños de Cardecide.
              Só hai unha chave e cando se perde
              hai que cambiar a pechadura.
              Foi   restaurado por dentro e tívose
              que cambiar a pedra e o mecanismo
              que a movia porque xa que ia vello e
              estaba   moi   desgastado.     Ten   un
              tellado a dúas augas de tella e está
              feito de pedra. É moi bonito por fora
              pero no interior ainda e máis fermoso.
Os hórreos
             Este é o hórreo que hai diante da
             miña casa en Cardecide, á beira
             da estrada. É de pedra, con
             paredes de madeira e con tellado
             a dúas augas de tella. Hai tres
             claros para gardar o millo. O
             espazo do medio esta a caer
             porque pertence a un veciño que
             quere levar o horreo para a súa
             casa e darnos a nós outro. Nos
             non lle deixamos levar o hórreo e
             non quere amañar ese espazo. A
             parte da esquerda e a da dereita
             pertence a miña familia.
             Está situado en fronte dunha finca
             de millo. Neste hórreo gardamos o
             millo de dúas fincas e gárdase ata
             levalo ao muiño a facer fariña.
             Antes de cada colleita sacamos
             todo o millo do outro ano para
             gardar alí o desa colleita.
             Ese horreo leva ali moitisimo
             tempo, pero agora xa esta nun
             estado       moi     precario    e
             prácticamente esta caendo.
Os hórreos


   Estes hórreos atópanse nunha pequena praza de
   Cardecide. Son hórreos restaurados, o de abaixo
   con pouca fortuna, que xa non conservan a
   madeira. Como case todos os hórreos teñen un
   cruz nun dos lados do tellado e no outro un
   adorno de pedra.
   Os hórreos son moi bonitos e está ben que se
   conserven estas construcións tan antigas, aínda
   que se deben restaurar con gusto.
Os hórreos
             Este hórreo é dunha casa de
             Laxos.    Como vedes e un
             hórreo moi bonito e está moi
             ben coidado. Foi restaurado
             hai pouco e tamén o pintaron.
             E un horreo de pedra, cunha
             cruz e outro adorno máis no
             tellado. Está pintado de color
             granate.
             Antigamente      os    horreos
             utilizábanos    para    gardar
             produtos do campo pero
             agora algunha xente non os
             utiliza para iso, senón só de
             decoración.
             Antes os horreos dician moito
             de unha casa xa que se eran
             grandes e bonitos eran dunha
             casa rica e se eran dunha casa
             máis ou menos pobre pois
             eran pequenos e moi sinxelos,
             e algunhas casas nin sequera
             tiñan hórreos.
As fontes




A primeira é a fonte de Cardecide, feita hai moitos anos. Aquí ía lavar miña bisavoa a roupa, e ten
catro lavadoiros.
Non hai outra fonte en Cardecide, esta é a única que hai pero é moi bonita. Está rodeada dunha veiga
que antes estaba cuberta de silvas, pero xa foi limpada porque dicían que habia serpes,


As fontes de Laxos son as dúas da dereita. A fonte da Picaya fíxose no ano 1956 e a fonte do Rejo foi
feita no ano 1961. As dúas fontes teñen lavadoiro e pía, pero a da Picaya ten unha pia mais fonda e
mais pequena e ten dous lavadoiros pequenos e a do Rejo ten unha pia grande e menos fonda e ten
só un lavadoiro grande. Din que a auga do Rejo sabe mellor que a da Picaya, tamén din que a do Rejo
non fai mal, pero que a da Picaya fai mal na garganta. Antigamente lavaban a roupa no lavadoiro e
tamén as collían para beber, xa que as familias que non tiñan pozos tiñan que ir ás fontes. Segundo a
miña opinión están algo abandonadas, sucias, deberíase mirar máis por elas, porque son cousas
importantes do noso patrimonio cultural.
A mina de Laxos



          Esta mina é propiedade privada dunha
          casa de Laxos. É unha mina de auga, feita
          en pedra. Construíuse no ano 1879 e
          daquela todo se facía a man, non había
          maquinaria como agora. É un espazo ben
          fermoso,   todo   de   pedra,   con   dous
          lavadoiros e unha pía, unha escaleira de
          pedra… Ten dúas entradas e está chea de
          carriza.
A ponte


          Esta é unha ponte que se atopa no
          medio das veigas cerca de Cardecide.
          Non sei se pertence a Cardecide ou a
          Cuntis, pero como era algo do meu
          entorno decidín poñelo.
          É unha ponte vella que atravesa o río
          Patelas por un camiño de terra no que
          non colle un coche, só colle unha
          moto, un     carro estreito ou unha
          persoa andando.
          Este é un dos lugares aos que vou
          para estar só, xa que non hai nin
          ruídos de coches, nin de xente, estas
          ti só coa natureza e non hai ninguen
          para molestarte.
          É unha pena, pero o río está cheo de
          suciedade e de porqueria que bota a
          xente, quizais por iso non hai moitos
          peixes.
O monumento
              Este é o monumento que se atopa a
              uns     douscentos      metros    de
              Cardecide e uns cincocentos de
              Laxos, no parque de Maráns. Foi
              esculpido en granito por Francisco
              Asorey.
              Debaixo da figura do Sagrado
              Corazón, con duás escaleiras a
              cada lado, hai unha pequena capela
              onde se celebran algunhas misas
              nas tardes de verán.
              No interior do monumento non hai
              moito espazo, non collen nin cinco
              persoas. Non hai asentos, polo que
              hai que permanecer de pé cando se
              esta a escoitar a misa.
              O monumento e un lugar moi
              fermoso. A xente, como di o cura,
              vai a profanar este lugar, facendo
              cousas que o cura non aproba que
              se fagan, como ir a facer o botellón
              e máis cousas... Dende             o
              monumento pódese ver todo
              Cuntis.
O monumento: Parque Maráns

                  Estas son as escaleiras de pedra que
                  suben ata o monumento, teñen uns cen
                  banzos. A estas escaleiras iamos meu
                  tio máis eu a xogar facendo a aposta de
                  quen subía antes todas as escaleiras. O
                  que perdia tiña que lavar o coche del.
                  As escaleiras van a dar a ponte que hai
                  onde o cuartel da Guardia Civil. A
                  catrocentos metros do centro urbano
                  de Cuntis. Hai outros camiños para
                  chegar ao monumento, rodeando o
                  outeiro, máis longos pero con menos
                  pendente.
                  Árbores caducifolias e perennes,
                  autóctonas ou foráneas, fan deste
                  miradoiro un lugar moi bonito. No
                  Monumento tamén se se realizan xogos
                  e a ‘festa dos vellos’.
A carballeira de Laxos

              Chámanlle así porque antigamente
              había moitos carballos. Agora só
              queda un porqueos outros fóronse
              talando. Cando os cortaron houbo
              moita polémica, din que o fixeron
              porque apodrecían e eran unha
              ameaza para as casas e os vecinos.
              Na Carballeira hai dous bancos, ali
              reúnense algúns vellos para falar e,
              as   veces,       algúns    rapaces
              pequenos.
              Na Carballeira tamén se facía antes
              a sardiñada do San Xoán, pero
              agora xa non de fai. Antes alí había
              un parque onde ian a xogar os
              poucos rapaces que hai na aldea,
              pero tamén o quitaron porque os
              aparellos estaban en mal estado. .
O monte


      Gran parte dos monte destas aldeas é
      comunal, aínda quehai toxeiras privadas. As
      arbores mais abundantes son os eucaliptos,
      os piñeiros e algúns caraballos. Para
      organizar e levar a cabo todo o referido ó
      monte temos unha Comunidade de Montes
      compartida por Laxos e Cardecide.
      Cando hai moitos eucaliptos vendémolos e
      os cartos que nos dan empregámolos para
      facer cousas necesarias para a aldea, e
      tamén para limpar o monte para previr os
      incendios.
      Ó    monte vai a xente a coller leña e
      antigamente ian a coller toxo para os
      cortellos das vacas, pero agora xa non,
      porque xa non hai vacas. Antes no monte de
      había coellos, perdices, etc. Agora xa non
      hai moita cousa porque os pobres non
      teñen que comer.
O cruceiro de Laxos

             Este cruceiro hai pouco tempo que o
             temos, foi comprado polos veciños cos
             cartos do monte. É un cruceiro de pedra
             moi bonito, a pena é que no sitio onde
             foi colocado non loce nada, porque está
             arrimado a un miro de pedra e se non te
             fixas nin te decatas de que alí hai un
             cruceiro. Debeu ser colocado noutro
             sitio, por exemplo facendo unha rotonda
             ou algo asi.

             O cruceiro posue dous santiños moi
             bonitos e algunhas veces a xente vai ó
             cruceiro e levarlle unhas poucas flores
             nunha maceta, e tamén algunha xente
             que pasa pola aldea tráelle un ramo de
             flores.
As casas (Damián)
      Esta casa de Cardecide foi restaurada fai uns tres ou
      catro anos, pero segundo o meu punto de vista, non
      quedou moi ben. Ten un tellado a dúas augas de tella,
      e ta fachada feita de pedra.
      As portas e as ventas son de cor verde, as persianas
      das ventás súbense dándolle a un botón. Na parte de
      adiante ten un pequeño patio cunha columna no
      medio, esa columna paréceme que sobra. Na
      fotografía non se apreza moi ben pero hai un valado
      de pedra cunha cancela no medio. A cancela do medio
      conservouse da casa antiga que foi restaurada. Esa
      cancela queda mal neste tipo de casa, xa que a casa é
      prácticamente nova. A casa está no medio da aldea,
      pegada a outra dúas casas.

      Esta casa de está a beira da estrada. Ten un patio moi
      amplo cun garaxe á dereita da entrada, unha cancela
      na entrada bastante grande.
      Ten dous andares, ao segundo andar pódese acceder
      dende fóra ou por dentro.
      A casa é de pedra na primeira planta, pero a segunda
      semella um engadido com placas de pizarra. Ten dúas
      terrazas cunhas varandas de cor branca.
      O patio conta cunha fonte na parte dereita e ten un
      solo de baldosa, e xusto ao lado da fonte hai un
      pequeno xardín.
As casas (Melissa)
         A casa de arriba chama a atención polo
         fermosa que é, e polo sitio onde está.
         Chámase a casa do Piñeiro porque nun
         lado ten un piñeiral de que lle dá un toque
         moi bonito.Ademais tamén ten todo moi ben
         coidado, posúe unha enorme extensión de
         terreo, ten todo o xardín con céspede,
         árbores, plantas, un cruceiro, un hórreo,
         apeiros de labranza de adrono coma un
         arado, unha grade, etc. A casa é de pedra,
         ten moitas fiestras, algunhas moi grandes,
         polo que no interior hai moita luz
         .Realmente é unha casa moi fermosa tanto o
         deseño da casa, como o do xardín.




                                A casa de abaixo
                                chama a atención polo
                                traballo da pedra. Está
                                chea de adornos feitos
                                no      granito   polos
                                canteiros que había en
                                Laxos.
As veigas

            Nas veigas de Cardecide, Laxos e
            Cuntis forman unha ampla extensión
            de terreo onde se cultivan patacas e
            millo fundamentalmente. Tamén hai
            moito prados (algúns veciños teñen
            ovellas) e algunhas parras para facer
            viño para a casa.
            Hai u pequeno problema nestas veigas,
            e é que están cerca do monte e
            algunhas veces o xabarín como o millo
            e o que atope pólo camiño.
            A estrada xeral comunícase coas
            veigas a través dunhas pistas de terra
            por onde poden pasar cos tractores e
            tamén cos coches. Hai algunhas fincas
            nas que houbo problemas cos marcos
            porque non están sinalizados e os
            donos algunhas colleron mais térreo
            do que lle correspondía.
O millo

          Este home está esfollando no millo
          xa que en novembro ou así e cando
          fai este traballo, pero claro, iso
          tamén depende de cando se bote o
          millo.

          O millo serve para darlle de comer
          os animais como as galiñas. O
          millo gárdase nos hórreos. Antes a
          xente botaba moita máis cantidade
          de millo da que se bota agora, xa
          que ou ben teñen poucos animais,
          e non necesitan moito, ou algunha
          xente non ten sequera animais.

          O millo se está nun sitio seco non
          se seca. A planta do millo sábese
          que está seca cando é de cor
          marrón, xa que se está verde a
          planta é de cor verde.
A estrada en Cardecide
                 Esto e a estrada entre Cuntis e Xinzo
                 que divide en dous a aldea de
                 Cardecide. A estrada é moi perigosa
                 porque cerca do horreo hai unha
                 curva sen visibilidade. Nesa curva xa
                 ten habido accidentes pero ninguén
                 se preocupa… ata que suceda algo
                 grave, como o atropelo dunha
                 persoa.
                 Na casa do fondo da segunda imaxe
                 viven meus avós. A casa está nun
                 sitio perigoso porque ten unha curva
                 de dereitas xusto diante e se algún
                 coche vai a moita velocidade e se
                 sae da curva, vai directo contra a
                 casa e fai unha desfeita. Xa non é a
                 primeira vez que un coche volca nesa
                 curva e queda ali unha semana tirado
                 ata que un guindastre o vai buscar.
                 Esa curva non é moi perigosa, pero e
                 que hai algunha xente que pasa por
                 alí coma un avión, sen impotarlle as
                 consecuencias.
Elías, o canteiro

            Este home chamábase Elias, naceu no
            ano 1920 a morreu no ano 2008. Este
            home era un canteiro que vivía en Laxos.

            Elías foi un dos canteiros que construíu o
            Monumento      no   ano    1945    e    tamén
            construíu algunhas casas de pedra aquí
            en Laxos. Estivo ata os 39 anos en Laxos,
            marchou para a Coruña e alí casou.
            Estivo ata os 58 anos en         A Coruña e
            regresou outra vez a Laxos coa súa
            muller.   Elías   morreu    por    un    paro
            cardíaco, xa que dende os 59 anos os
            levaba sufrindo. Elías en Laxos tiña un
            fillo, que é veciño noso, e el mais a sua
            muller viñeron a vivir con el.
O meu recuncho (Melissa)

              Este e o meu recuncho preferido xa que é
              un un pequeno espazo que hai preto da
              miña casa. Cando era mais cativa ía xogar
              alí xa que e un sitio elevado con moitas
              pedras onde se pode escalar.

              Gústame ir para alí xa que ademais de que
              me trae grandes recordos de cando ía
              xogar alí eu soa, ou acompañada dos meus
              amigos, tamén hai unhas grandes vistas e
              pódense ver moita cousas como por
              exemplo todo Cuntis, o monte de
              Xesteiras…

              Cando fai bo tempo vou para alí e miro a
              paisaxe, levo un libro e leo, e tamén
              escoito música. Este cachiño sempre será
              o meu recuncho preferido porque alí
              síntome realmente ben, respiro aire puro e
              estou en contacto coa natureza.

Contenu connexe

Tendances (19)

A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader SandeA Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
 
Xinzo
XinzoXinzo
Xinzo
 
Andainas pola contorna
Andainas pola contornaAndainas pola contorna
Andainas pola contorna
 
Mesego E Zoo
Mesego E ZooMesego E Zoo
Mesego E Zoo
 
Riamonte, un lugar para coñecer
Riamonte, un lugar para coñecerRiamonte, un lugar para coñecer
Riamonte, un lugar para coñecer
 
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGROAPROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
 
Fábrica da luz
Fábrica da luzFábrica da luz
Fábrica da luz
 
Vanesa Trasponte
Vanesa TrasponteVanesa Trasponte
Vanesa Trasponte
 
Condución da auga
Condución da augaCondución da auga
Condución da auga
 
Guimarei
GuimareiGuimarei
Guimarei
 
Arcos De Furco
Arcos De FurcoArcos De Furco
Arcos De Furco
 
O Casal (Estacas)
O Casal (Estacas)O Casal (Estacas)
O Casal (Estacas)
 
Riamonte
RiamonteRiamonte
Riamonte
 
Os nosos ríos
Os nosos ríosOs nosos ríos
Os nosos ríos
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concello
 
Exposiciíon peregrina 1
Exposiciíon peregrina 1Exposiciíon peregrina 1
Exposiciíon peregrina 1
 
Grolos
GrolosGrolos
Grolos
 
Fontes, pozos, lavadoiros
Fontes, pozos, lavadoirosFontes, pozos, lavadoiros
Fontes, pozos, lavadoiros
 
Santa euxea1
Santa euxea1Santa euxea1
Santa euxea1
 

En vedette (16)

Historia de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e XuliaHistoria de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e Xulia
 
A CastañA
A CastañAA CastañA
A CastañA
 
Matanza
MatanzaMatanza
Matanza
 
Manuel correa
Manuel correaManuel correa
Manuel correa
 
Sabina sanmartín
Sabina sanmartínSabina sanmartín
Sabina sanmartín
 
Iª exposición fqf
Iª exposición fqfIª exposición fqf
Iª exposición fqf
 
Magán
MagánMagán
Magán
 
Dinora Campos
Dinora CamposDinora Campos
Dinora Campos
 
O liño
O liñoO liño
O liño
 
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín ReyManuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
 
Cuntis, O Baño
Cuntis, O BañoCuntis, O Baño
Cuntis, O Baño
 
Exposición Museo (novembro)
Exposición Museo (novembro)Exposición Museo (novembro)
Exposición Museo (novembro)
 
Marina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro FernándezMarina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro Fernández
 
Eva Gesto.key
Eva Gesto.keyEva Gesto.key
Eva Gesto.key
 
As Nosas Avoas
As Nosas AvoasAs Nosas Avoas
As Nosas Avoas
 
A ESCOLA DA DITADURA
A ESCOLA DA DITADURAA ESCOLA DA DITADURA
A ESCOLA DA DITADURA
 

Similaire à Cardecide E Laxos

Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloxistina
 
Rianxo
RianxoRianxo
Rianxoalbela
 
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºBO turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºBmarloga
 
A auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da augaA auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da augamonadela
 
paseando polo pomar
paseando polo pomarpaseando polo pomar
paseando polo pomarvalcorto1
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
C:\Fakepath\Museo Rio Lerez 2010 Definitivo
C:\Fakepath\Museo Rio Lerez 2010 DefinitivoC:\Fakepath\Museo Rio Lerez 2010 Definitivo
C:\Fakepath\Museo Rio Lerez 2010 DefinitivoArsenio Núñez
 
Calendario 2018 - I parte
Calendario 2018 - I parte Calendario 2018 - I parte
Calendario 2018 - I parte bibliolois
 
Rota de 5º curso
Rota de 5º cursoRota de 5º curso
Rota de 5º cursosenlleiro2
 
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A PastoraIES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastoraiesasorey
 
Traballo san andres
Traballo san andresTraballo san andres
Traballo san andresraul_tova
 
Lendas do Lenguelle
Lendas do LenguelleLendas do Lenguelle
Lendas do Lenguellepri inter
 
Casas De Aqui E De Acolá
Casas De Aqui E De AcoláCasas De Aqui E De Acolá
Casas De Aqui E De AcoláBergantera
 
Dossier de actividades sobre castros e castrexos
Dossier de actividades sobre castros e castrexosDossier de actividades sobre castros e castrexos
Dossier de actividades sobre castros e castrexosPatricia Pena Barbeito
 
Edac muinhos
Edac muinhosEdac muinhos
Edac muinhossatelite1
 

Similaire à Cardecide E Laxos (19)

Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concello
 
Rianxo
RianxoRianxo
Rianxo
 
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºBO turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
 
A auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da augaA auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da auga
 
paseando polo pomar
paseando polo pomarpaseando polo pomar
paseando polo pomar
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Touro
TouroTouro
Touro
 
O relevo en galicia (8)
O relevo en galicia (8)O relevo en galicia (8)
O relevo en galicia (8)
 
C:\Fakepath\Museo Rio Lerez 2010 Definitivo
C:\Fakepath\Museo Rio Lerez 2010 DefinitivoC:\Fakepath\Museo Rio Lerez 2010 Definitivo
C:\Fakepath\Museo Rio Lerez 2010 Definitivo
 
Calendario 2018 - I parte
Calendario 2018 - I parte Calendario 2018 - I parte
Calendario 2018 - I parte
 
Rota de 5º curso
Rota de 5º cursoRota de 5º curso
Rota de 5º curso
 
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A PastoraIES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
 
Traballo san andres
Traballo san andresTraballo san andres
Traballo san andres
 
Lendas do Lenguelle
Lendas do LenguelleLendas do Lenguelle
Lendas do Lenguelle
 
RÍO LENGUELLE
RÍO LENGUELLERÍO LENGUELLE
RÍO LENGUELLE
 
Casas De Aqui E De Acolá
Casas De Aqui E De AcoláCasas De Aqui E De Acolá
Casas De Aqui E De Acolá
 
Dossier de actividades sobre castros e castrexos
Dossier de actividades sobre castros e castrexosDossier de actividades sobre castros e castrexos
Dossier de actividades sobre castros e castrexos
 
Ribadeo falls
Ribadeo fallsRibadeo falls
Ribadeo falls
 
Edac muinhos
Edac muinhosEdac muinhos
Edac muinhos
 

Plus de Heladio Anxo Fernández (8)

A Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra MundialA Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra Mundial
 
A grande guerra
A grande guerraA grande guerra
A grande guerra
 
Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_
 
MediacióN Pasos
MediacióN PasosMediacióN Pasos
MediacióN Pasos
 
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 101ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
 
II República (1931-1936)
II República (1931-1936)II República (1931-1936)
II República (1931-1936)
 
Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)
 
Auga Para Vivir
Auga Para VivirAuga Para Vivir
Auga Para Vivir
 

Cardecide E Laxos

  • 1. CARDECIDE E LAXOS Damián Maneiro (3ºB) Melisa Martínez (3ºB)
  • 2. Laxos e Cardecide Laxos (arriba) e Cardecide (abaixo) son dúas aldeas da parroquia de Santa María de Cuntis. Entre unha e outra non hai nin un quilómetro e ademais agora xa se construíron casas novas nas veigas que as separaban. O monumento ao Sagrado Corazón de Asorey une as dúas poboacións. Son dúas aldeas pequenas, con menos de 100 habitantes cadansúa e hai moitas casas novas, xa que están a 2 e 3 quilómetros de Cuntis. Cardecide está na estrada de Xinzo, case pegada a Cuntis (sepáraa o río Patelas), mentres Laxos está na ladeira do monte de Sebil, algo máis alta. Aínda que teñen moitas leiras a maioría da poboación xa non vive da agricultura. Din que o nome de Laxos vén de laxe, pedra. Laxos ten unhas boas vistas, pódese ver o monte Xesteiras,todo Cuntis e as súas parroquias, o castro de Castrolandín… En Laxos hai restos dun castro e entre Laxos e Cardecide consérvase un petroglifo.
  • 3. Petroglifos do Outeiro de Cartas, Cardecide Os petroglifos do Outeiro de Cartas están moi desgastados, aínda que se apreza claramente um labirinto en espiral. Os outros gravados (cazoletas e círculos) case non se ven. As rochas onde se atopan están rodeadas cunha cinta (aínda que está tirada) e hai un panel explicativo. O caseto de ladrillo non queda nada ben no outeiro.
  • 4. O castro de Laxos O Castro de Laxos foi descuberto fai unha cantos anos de maneira casual. Nas prospeccións arqueolóxicas realizadas, encontráronse varias casas circulares e estruturas que demostran a súa ocupación. Agora o castro xa non se pode ver, xa que esta todo cheo de toxos e está no medio do monte. Esta ‘cova’ e as pedras antigamente pertencían ó castro.
  • 5. Muíño do Portosalto Este muíño atópase a carón do río Patelas. Lévase a auga cara el desde unha canle de pedra. É o muíño que usan aínda os veciños de Cardecide. Só hai unha chave e cando se perde hai que cambiar a pechadura. Foi restaurado por dentro e tívose que cambiar a pedra e o mecanismo que a movia porque xa que ia vello e estaba moi desgastado. Ten un tellado a dúas augas de tella e está feito de pedra. É moi bonito por fora pero no interior ainda e máis fermoso.
  • 6. Os hórreos Este é o hórreo que hai diante da miña casa en Cardecide, á beira da estrada. É de pedra, con paredes de madeira e con tellado a dúas augas de tella. Hai tres claros para gardar o millo. O espazo do medio esta a caer porque pertence a un veciño que quere levar o horreo para a súa casa e darnos a nós outro. Nos non lle deixamos levar o hórreo e non quere amañar ese espazo. A parte da esquerda e a da dereita pertence a miña familia. Está situado en fronte dunha finca de millo. Neste hórreo gardamos o millo de dúas fincas e gárdase ata levalo ao muiño a facer fariña. Antes de cada colleita sacamos todo o millo do outro ano para gardar alí o desa colleita. Ese horreo leva ali moitisimo tempo, pero agora xa esta nun estado moi precario e prácticamente esta caendo.
  • 7. Os hórreos Estes hórreos atópanse nunha pequena praza de Cardecide. Son hórreos restaurados, o de abaixo con pouca fortuna, que xa non conservan a madeira. Como case todos os hórreos teñen un cruz nun dos lados do tellado e no outro un adorno de pedra. Os hórreos son moi bonitos e está ben que se conserven estas construcións tan antigas, aínda que se deben restaurar con gusto.
  • 8. Os hórreos Este hórreo é dunha casa de Laxos. Como vedes e un hórreo moi bonito e está moi ben coidado. Foi restaurado hai pouco e tamén o pintaron. E un horreo de pedra, cunha cruz e outro adorno máis no tellado. Está pintado de color granate. Antigamente os horreos utilizábanos para gardar produtos do campo pero agora algunha xente non os utiliza para iso, senón só de decoración. Antes os horreos dician moito de unha casa xa que se eran grandes e bonitos eran dunha casa rica e se eran dunha casa máis ou menos pobre pois eran pequenos e moi sinxelos, e algunhas casas nin sequera tiñan hórreos.
  • 9. As fontes A primeira é a fonte de Cardecide, feita hai moitos anos. Aquí ía lavar miña bisavoa a roupa, e ten catro lavadoiros. Non hai outra fonte en Cardecide, esta é a única que hai pero é moi bonita. Está rodeada dunha veiga que antes estaba cuberta de silvas, pero xa foi limpada porque dicían que habia serpes, As fontes de Laxos son as dúas da dereita. A fonte da Picaya fíxose no ano 1956 e a fonte do Rejo foi feita no ano 1961. As dúas fontes teñen lavadoiro e pía, pero a da Picaya ten unha pia mais fonda e mais pequena e ten dous lavadoiros pequenos e a do Rejo ten unha pia grande e menos fonda e ten só un lavadoiro grande. Din que a auga do Rejo sabe mellor que a da Picaya, tamén din que a do Rejo non fai mal, pero que a da Picaya fai mal na garganta. Antigamente lavaban a roupa no lavadoiro e tamén as collían para beber, xa que as familias que non tiñan pozos tiñan que ir ás fontes. Segundo a miña opinión están algo abandonadas, sucias, deberíase mirar máis por elas, porque son cousas importantes do noso patrimonio cultural.
  • 10. A mina de Laxos Esta mina é propiedade privada dunha casa de Laxos. É unha mina de auga, feita en pedra. Construíuse no ano 1879 e daquela todo se facía a man, non había maquinaria como agora. É un espazo ben fermoso, todo de pedra, con dous lavadoiros e unha pía, unha escaleira de pedra… Ten dúas entradas e está chea de carriza.
  • 11. A ponte Esta é unha ponte que se atopa no medio das veigas cerca de Cardecide. Non sei se pertence a Cardecide ou a Cuntis, pero como era algo do meu entorno decidín poñelo. É unha ponte vella que atravesa o río Patelas por un camiño de terra no que non colle un coche, só colle unha moto, un carro estreito ou unha persoa andando. Este é un dos lugares aos que vou para estar só, xa que non hai nin ruídos de coches, nin de xente, estas ti só coa natureza e non hai ninguen para molestarte. É unha pena, pero o río está cheo de suciedade e de porqueria que bota a xente, quizais por iso non hai moitos peixes.
  • 12. O monumento Este é o monumento que se atopa a uns douscentos metros de Cardecide e uns cincocentos de Laxos, no parque de Maráns. Foi esculpido en granito por Francisco Asorey. Debaixo da figura do Sagrado Corazón, con duás escaleiras a cada lado, hai unha pequena capela onde se celebran algunhas misas nas tardes de verán. No interior do monumento non hai moito espazo, non collen nin cinco persoas. Non hai asentos, polo que hai que permanecer de pé cando se esta a escoitar a misa. O monumento e un lugar moi fermoso. A xente, como di o cura, vai a profanar este lugar, facendo cousas que o cura non aproba que se fagan, como ir a facer o botellón e máis cousas... Dende o monumento pódese ver todo Cuntis.
  • 13. O monumento: Parque Maráns Estas son as escaleiras de pedra que suben ata o monumento, teñen uns cen banzos. A estas escaleiras iamos meu tio máis eu a xogar facendo a aposta de quen subía antes todas as escaleiras. O que perdia tiña que lavar o coche del. As escaleiras van a dar a ponte que hai onde o cuartel da Guardia Civil. A catrocentos metros do centro urbano de Cuntis. Hai outros camiños para chegar ao monumento, rodeando o outeiro, máis longos pero con menos pendente. Árbores caducifolias e perennes, autóctonas ou foráneas, fan deste miradoiro un lugar moi bonito. No Monumento tamén se se realizan xogos e a ‘festa dos vellos’.
  • 14. A carballeira de Laxos Chámanlle así porque antigamente había moitos carballos. Agora só queda un porqueos outros fóronse talando. Cando os cortaron houbo moita polémica, din que o fixeron porque apodrecían e eran unha ameaza para as casas e os vecinos. Na Carballeira hai dous bancos, ali reúnense algúns vellos para falar e, as veces, algúns rapaces pequenos. Na Carballeira tamén se facía antes a sardiñada do San Xoán, pero agora xa non de fai. Antes alí había un parque onde ian a xogar os poucos rapaces que hai na aldea, pero tamén o quitaron porque os aparellos estaban en mal estado. .
  • 15. O monte Gran parte dos monte destas aldeas é comunal, aínda quehai toxeiras privadas. As arbores mais abundantes son os eucaliptos, os piñeiros e algúns caraballos. Para organizar e levar a cabo todo o referido ó monte temos unha Comunidade de Montes compartida por Laxos e Cardecide. Cando hai moitos eucaliptos vendémolos e os cartos que nos dan empregámolos para facer cousas necesarias para a aldea, e tamén para limpar o monte para previr os incendios. Ó monte vai a xente a coller leña e antigamente ian a coller toxo para os cortellos das vacas, pero agora xa non, porque xa non hai vacas. Antes no monte de había coellos, perdices, etc. Agora xa non hai moita cousa porque os pobres non teñen que comer.
  • 16. O cruceiro de Laxos Este cruceiro hai pouco tempo que o temos, foi comprado polos veciños cos cartos do monte. É un cruceiro de pedra moi bonito, a pena é que no sitio onde foi colocado non loce nada, porque está arrimado a un miro de pedra e se non te fixas nin te decatas de que alí hai un cruceiro. Debeu ser colocado noutro sitio, por exemplo facendo unha rotonda ou algo asi. O cruceiro posue dous santiños moi bonitos e algunhas veces a xente vai ó cruceiro e levarlle unhas poucas flores nunha maceta, e tamén algunha xente que pasa pola aldea tráelle un ramo de flores.
  • 17. As casas (Damián) Esta casa de Cardecide foi restaurada fai uns tres ou catro anos, pero segundo o meu punto de vista, non quedou moi ben. Ten un tellado a dúas augas de tella, e ta fachada feita de pedra. As portas e as ventas son de cor verde, as persianas das ventás súbense dándolle a un botón. Na parte de adiante ten un pequeño patio cunha columna no medio, esa columna paréceme que sobra. Na fotografía non se apreza moi ben pero hai un valado de pedra cunha cancela no medio. A cancela do medio conservouse da casa antiga que foi restaurada. Esa cancela queda mal neste tipo de casa, xa que a casa é prácticamente nova. A casa está no medio da aldea, pegada a outra dúas casas. Esta casa de está a beira da estrada. Ten un patio moi amplo cun garaxe á dereita da entrada, unha cancela na entrada bastante grande. Ten dous andares, ao segundo andar pódese acceder dende fóra ou por dentro. A casa é de pedra na primeira planta, pero a segunda semella um engadido com placas de pizarra. Ten dúas terrazas cunhas varandas de cor branca. O patio conta cunha fonte na parte dereita e ten un solo de baldosa, e xusto ao lado da fonte hai un pequeno xardín.
  • 18. As casas (Melissa) A casa de arriba chama a atención polo fermosa que é, e polo sitio onde está. Chámase a casa do Piñeiro porque nun lado ten un piñeiral de que lle dá un toque moi bonito.Ademais tamén ten todo moi ben coidado, posúe unha enorme extensión de terreo, ten todo o xardín con céspede, árbores, plantas, un cruceiro, un hórreo, apeiros de labranza de adrono coma un arado, unha grade, etc. A casa é de pedra, ten moitas fiestras, algunhas moi grandes, polo que no interior hai moita luz .Realmente é unha casa moi fermosa tanto o deseño da casa, como o do xardín. A casa de abaixo chama a atención polo traballo da pedra. Está chea de adornos feitos no granito polos canteiros que había en Laxos.
  • 19. As veigas Nas veigas de Cardecide, Laxos e Cuntis forman unha ampla extensión de terreo onde se cultivan patacas e millo fundamentalmente. Tamén hai moito prados (algúns veciños teñen ovellas) e algunhas parras para facer viño para a casa. Hai u pequeno problema nestas veigas, e é que están cerca do monte e algunhas veces o xabarín como o millo e o que atope pólo camiño. A estrada xeral comunícase coas veigas a través dunhas pistas de terra por onde poden pasar cos tractores e tamén cos coches. Hai algunhas fincas nas que houbo problemas cos marcos porque non están sinalizados e os donos algunhas colleron mais térreo do que lle correspondía.
  • 20. O millo Este home está esfollando no millo xa que en novembro ou así e cando fai este traballo, pero claro, iso tamén depende de cando se bote o millo. O millo serve para darlle de comer os animais como as galiñas. O millo gárdase nos hórreos. Antes a xente botaba moita máis cantidade de millo da que se bota agora, xa que ou ben teñen poucos animais, e non necesitan moito, ou algunha xente non ten sequera animais. O millo se está nun sitio seco non se seca. A planta do millo sábese que está seca cando é de cor marrón, xa que se está verde a planta é de cor verde.
  • 21. A estrada en Cardecide Esto e a estrada entre Cuntis e Xinzo que divide en dous a aldea de Cardecide. A estrada é moi perigosa porque cerca do horreo hai unha curva sen visibilidade. Nesa curva xa ten habido accidentes pero ninguén se preocupa… ata que suceda algo grave, como o atropelo dunha persoa. Na casa do fondo da segunda imaxe viven meus avós. A casa está nun sitio perigoso porque ten unha curva de dereitas xusto diante e se algún coche vai a moita velocidade e se sae da curva, vai directo contra a casa e fai unha desfeita. Xa non é a primeira vez que un coche volca nesa curva e queda ali unha semana tirado ata que un guindastre o vai buscar. Esa curva non é moi perigosa, pero e que hai algunha xente que pasa por alí coma un avión, sen impotarlle as consecuencias.
  • 22. Elías, o canteiro Este home chamábase Elias, naceu no ano 1920 a morreu no ano 2008. Este home era un canteiro que vivía en Laxos. Elías foi un dos canteiros que construíu o Monumento no ano 1945 e tamén construíu algunhas casas de pedra aquí en Laxos. Estivo ata os 39 anos en Laxos, marchou para a Coruña e alí casou. Estivo ata os 58 anos en A Coruña e regresou outra vez a Laxos coa súa muller. Elías morreu por un paro cardíaco, xa que dende os 59 anos os levaba sufrindo. Elías en Laxos tiña un fillo, que é veciño noso, e el mais a sua muller viñeron a vivir con el.
  • 23. O meu recuncho (Melissa) Este e o meu recuncho preferido xa que é un un pequeno espazo que hai preto da miña casa. Cando era mais cativa ía xogar alí xa que e un sitio elevado con moitas pedras onde se pode escalar. Gústame ir para alí xa que ademais de que me trae grandes recordos de cando ía xogar alí eu soa, ou acompañada dos meus amigos, tamén hai unhas grandes vistas e pódense ver moita cousas como por exemplo todo Cuntis, o monte de Xesteiras… Cando fai bo tempo vou para alí e miro a paisaxe, levo un libro e leo, e tamén escoito música. Este cachiño sempre será o meu recuncho preferido porque alí síntome realmente ben, respiro aire puro e estou en contacto coa natureza.