SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  43
Télécharger pour lire hors ligne
CUNTIS, O Baño




            Rubén Campos (3ºA)
            Andrea Correa (3ºA)
            Santiago Duarte (3ºA)
            Eva Gesto (3ºA)
            Olaya Rivas (3ºB)
CUNTIS (O BAÑO)




Cuntis é unha pequena vila, duns 2.000 habitantes, capital do concello do mesmo nome. O antigo
nome de O Baño débese a importancia das augas termais, xa explotadas e disfrutadas polos
romanos. Así o testemuñan os numerosos achados arquoeolóxicos de época romana, cando lle
chamaban Aqua Calidae. As augas mineromedicinais saen a 64ºC, as segundas máis quentes de
Galicia.
O seu clima é típicamente oceánico; é dicir, temperado ó longo do ano con abundantes
precipitacións. Na súa economía destaca a importancia do Sector Terciario (vinculado en moitos
casos ao Balneario) e a industria, centrada nas empresas do Polígono da Ran.
Está situada a 27 Km ó norte de Pontevedra e a 26 Km ó sur de Santiago. Á súa vez, estamos casi
equidistantes (12 km) da Estrada e Caldas de Reis.
IGREXA DE SANTA MARÍA

           Localizada no centro da vila, a igrexa de Santa
           María foi reconstruída na primeira metade do
           S. XVIII a partir da fábrica da súa predecesora
           románica.
           Ten torre para o campanario e espadana,
           planta de cruz latina e no seu interior
           distribúense seis altares con numerosas
           imaxes relixiosas de importante valor artístico,
           talladas por escultores como Gambino, Xosé
           Ferreiro, Francisco Asorey e Uxío Souto.
           Destacan entre outras pezas a Dolorosa, a
           Virxe do Carme, o Cristo Xacente -que ademais
           é articulado- e todo o conxunto de imaxes
           localizadas no altar maior. Sepulturas do
           altomedievo e da época sueva tamén foron
           descubertas nas súas inmediacións.
Esta é a inscrición conservada nos muros da igrexa
parroquial de Cuntis, di: quot;Era milessima centessima
decima sexta, et tertio idus Martii memoriam
celebris       abbatis        Adaulfi,     fecimusquot;
Transcrición: “No ano 1078 tres días antes dos idus
de marzo, fixemos memoria ao célebre abade
Adaulfo“.



                Na fachada destaca o feito que de
                só teña unha torre, o pequeño
                rosetón e, por riba da porta de
                arco     de  medio     punto,    a
                representación da Coroación da
                Virxe.
                A esquerda, debaixo da pancarta
                colocada pola Igrexa para animar
                aos fieis a asistir á misa, está a
                inscrición coa cruz e os nomes
                dos ‘caídos’ (os homes desta
                parroquia que morreron na Guerra
                Civil, pero só os do bando
                franquista).
CONVENTO DE SAN BIEITO

            No 1868 Carme Baliñas de Castro ,unha
            fidalga natural destas terras, logo de tomar
            os hábitos decidiu fundar un convento que
            observase a regra de San Bieito. Aínda que
            algunhas construcións poden ser anteriores
            á fundación monástica, do conxunto de
            edificios destaca unha fermosa fachada
            conventual, de estilo neoclásico, presidida
            pola imaxe do patrón
            No recinto de entrada un amplo portón,
            coroado dunha cruz de pedra e un par de
            pináculos, reciben ao visitante e, na praciña
            que se conforma coa entrada, a igrexa e a
            casa do capelán e un fermoso cruceiro cun
            peto de ánimas. Como curiosidade, o altar
            maior olla cara ao solpor, e no seu interior
            consérvanse varias imaxes relixiosas de
            importante valor, entre outras un San Bieito e
            a súa irmá, Santa Escolástica, xunto ao
            popular quot;Demo de Pereiraquot;, escultura na que
            se representa ao arcanxo San Miguel que
            mata a Satanás.
No convento viven 5 monxas que manteñen unha
vida de tranquilidade e harmonía. Posúen unha
grande extensión de terreo que traballan para obter
os seus alimentos. O cura era o encargado de
facerlle a compra ás monxas, pero na actualidade
sae unha delas a facela, porque xa non son de total
clausura, pois durante o oficio da misa deixanse ver
a través dunhas reixas que se atopan tras o altar.
O 11 de xullo celébrase a festa do santo e se lle
levamos un ovo por cada espulla que teñamos, han
desaparecer todas.
As monxas son famosas polas ricas galletas que
cociñan e polo seu manexo do zurcido e do bordado.
BALNEARIO LA VIRGEN
         Este edificio alberga a maior parte do turismo en
         Cuntis. Aínda que no século XX chegou a dispoñer
         o concello de Cuntis de tres establecementos
         balnearios (Hotel-Balneario La Virgen, Hotel-
         Balneario Barreiro e o Balneario de Castro) arestora
         tan só existe un moderno chamado Termas de
         Cuntis.
         O balneario La Virgen ten a súa orixe no século XIX.
         Ó comezo era como unha casa de Baños, ata que
         Marcial Campos fixo unha remodelación e pasou a
         ser Balneario. Houbo importantes modificacions no
         1881 no seu interior, incorporando unhas bañeiras
         de marmore individuais e aparellos de hidroterapia.
         As modificacións continuáronse en 1908, 1944,
         1969, 1998 e 2006 para ampliar a capacidade do
         hotel e así atraer a un numero maior de turistas.
         Tras todas as modificacións comunícase co novo
         complexo Balneario Termas de Cuntis por un túnel
         que pasa por debaixo da calzada, quedando o
         edificio só como hotel.
         O edificio ten 4 fachadas en pedra, con distintos
         modelos: o baixo e o primeiro andar da fachada
         principal son decimonónicos, as mesmas alturas na
         fachada sur manteñen a mesma traza aínda que
         posuían unha ornamentación vexetal en cemento de
         estilo modernista, actualmente eliminada, tan só se
         conserva na pouca forxa que teñen os balcóns; a
         fachada norte e os segundo e terceiro andar foron
         engadidos feitos con outro tipo de pedra
BALNEARIO AS TERMAS


           As Termas de Cuntis, construídas desde
           1998 nos terreos que ocupaba a casa de
           baños do Barreiro, rompen a fisonomía
           estilística do casco histórico da vila, xa
           que se trata dun edificio alongado con
           fachada porticada lateral e pintada de
           laranxa. Posúe unha fachada ondulante na
           súa parte oeste lindando co paseo do río
           Gallo.

           No seu interior alberga o Aquaforum, é un
           espazo lúdico termal no que está a piscina
           máis ampla do recinto. Son 300 m2 que
           permiten     combinar     os    beneficios
           terapéuticos das aguas.

           Ó seu redor atopase unha zona verde na
           que se exhiben as primeiras bañeiras de
           mármore que se trouxeron (algunha ainda
           se utiliza actualmente), lápidas con
           inscricións en latín e marcos de pedra
           mesturados con plantas e flores.
TERMAS

  Nesta vila existen 3 fontes de aguas termais,
  unha no Parque do Castro que bota auga morna;
  outra enfronte do Hotel-Balneario e outra xunto
  ós lavadoiros. Estas dúas últimas son as das
  fotos e botan auga moi quente.
  As augas termais de Cuntis son sulfurosas;
  boas para a pel e os ósos e dise que proceden
  do volcán de Xinzo (aldea do mesmo concello).
  A primeira é a Burga da Virxe que está na rúa do
  hotel, enfronte ó que agora é o bar “A Casa das
  Burgas. Pensión O Baldino”.
  A Burga do Foxo ou Fogo de Deus.(Foto da
  abaixo) é a fonte coa auga máis quente de toda a
  localidade, sae a unha temperatura de 64ºC).
  Situada nun comezo no lugar máis céntrico,
  tralas diversas remodelacións foi trasladada
  cara a un lateral para crear varias prazas de
  aparcamento, o cal produce certo feismo.
  A Burga do Foxo ten unha peculiaridade que
  non teñen as outras dúas, deixa de botar auga
  nos meses de xullo, agosto e setembro
OS LAVADOIROS DE AUGA QUENTE
                 Os lavadoiros municipais localizados no
                 casco histórico teñen a particularidade de
                 utilizar tanto auga termal, que está a 59ºC,
                 como auga a temperatura ambiente.
                 Están situados nun edificio de pedra cun
                 tellado de tella e armazón de madeira. Ten
                 cinco pías de auga termal (esquerda) e
                 seis de auga fría (a dereita).
                  Xa polo S. XVIII, concretamente en 1756,
                 estes lavadoiros, daquela constituídos
                 por unha única pía -grande e comunal-, se
                 aproveitaban do manancial Lume de
                 Deus. Logo, polo 1829, unha comisión
                 veciñal      realizou novas obras para
                 mellorar a instalación. O mestre de
                 cantería, Antón da Pena, autorizado polos
                 veciños, canalizou a auga termal da
                 fonte e construíu unha pía e catro
                 lavadoiros individuais, todos feitos en
                 pedra, como se coñecen actualmente.
                 As mulleres ían alí a lavar a roupa ou ó
                 lavadoiro fluvial, a carón do Balneario, na
                 beira do río Gallo.
PRAZA DAS ÁRBORES
               Foi coñecida como a Horta das
               Señoritas, xa que este recinto
               cuadrangular era a antiga horta
               do Hospitaliño, que foi un pazo.
               Foi remodelada des que se
               converteu en praza pública, na
               súa parte central sitúase unha
               pequena fonte de catro canos,
               rodeada de árbores e bancos para
               gozar da tranquilidade da vila.
               Nas festas patronais celébrase
               nela o concerto da banda de
               música.
               O edificio máis destacable é o
               Hospitaliño ou Casa da cultura
               quot;Roberto Blanco Torresquot; (Letras
               galegas, 1999), casona de pedra
               de cantaría onde se localiza a
               Biblioteca Municipal. Dende esta
               praza    pódese      gozar   dunha
               fermosa     vista     da   fachada
               principal da igrexa.
CASA DA CULTURA ROBERTO BLANCO TORRES
                    A casa da cultura “Roberto Blanco Torres”,
                    no edificio do Hospitalillo, é un espazo ideal
                    para a cultura e o tempo de lecer. Este edificio
                    dispón de unha sala na planta de abaixo para
                    a realización de diversas actividades, e a
                    biblioteca situada na planta de arriba conta
                    cun gran número de publicacións.

                    Era un antigo pazo pertencente ao Conde
                    Ximonde, construído no século XVIII. Era a
                    súa residencia cando acudía a tomar as
                    augas. Despois foi usado para albergar aos
                    bañistas sen recursos (Hospitalillo) e
                    abandonado ata ser recurperado polo
                    Concello.

                    A casa leva o nome do xornalista e poeta
                    nado en Cuntis e asasinado en Entrimo polo
                    franquistas en 1936, ó que se lle adicou o Día
                    das Letras Galegas do ano 1999. Os membros
                    da Real Academia Galega, rendéronlle
                    homenaxe en Cuntis aquel 17 de maio,
                    inagurando un busto na súa memoria nos
                    xardíns da Horta do Cura.
PRAZA DO FERROL
          Esta praza atópase situada no centro do
          pequeno       casco     histórico,    nela
          desembocan as rúas da Presiña, Carreira
          do Conde, Balneario e Colón. Foi no seu
          día o lugar onde se celebraban as Feiras
          (antes de que se levasen para o campo
          das Codeseiras, o que hoxe é a Praza da
          Constitución).
          Aínda que hoxe está presidida na súa
          parte central por unha simple farola, nela
          había un cruceiro (o cruceiro que hoxe en
          día atopamos no cemiterio parroquial) e a
          fonte, que logo foi levada para a “Praza
          das árboresquot;. Aquí é onde paraban as
          antigas carrilanas e     o ómnibus que
          deixaba ou recollía ós bañistas.
          Nesta praza temos o edificio que tivo
          relevancia na antigüidade, O Casino, que
          estaba enrriba do actual café-Bar Quico, o
          café-terraza máis antigo da vila. Na parte
          de atrás (cara a rúa da Presiña) ten unha
          sala en galería onde se celebraban os
          bailes e cerimonias sociais durante a
          ditadura franquista.
CASA E HORTA DO CURA


             Nestas   duas   fotografías   pódese
             apreciar a fermosa Casa do Cura
             que agora, por desgraza, está en
             ruínas pero que antes era a casa
             reitoral do cura da parroquia. Esta
             casa ten duas posibles saídas, unha
             cara a praza da igrexa e outra cara
             os xardíns.
             A Horta do Cura leva ese nome
             porque antes pertencíalle ó cura
             pero agora é un xardín público con
             piñeiros, salqueiros , palmeiras e
             outras árbores e plantas..
A FEIRA
     A feira é o lugar onde se fan as festas
     Patronais de Cuntis e o pequeno mercado
     todos os sabados, herdeiro da tradicional
     feira. O 22 de setembro faciase e feira máis
     grande de cuntis.
      Esta situada onde a igrexa parroquial de
     Cuntis. Nela estaba o campo de futbol que
     agora quitaron. Antes estaba alí o colexio,
     derrubado hai uns anos.
     Na feira tamén se atopa a pouco afortunada
     Casa do Concello, construída por riba dunha
     fermosa escola de indianos, tristemente
     desaparecida.
HÓRREO DA HORTA DO CURA
                O hórreo de por sí é unha construción
                típica de Galicia, usábase para gardar
                os cereais, principalmente. Teñen
                unha forma rectangular, formada por
                pedra ou madeira ou por un conxunto
                das dúas, que garda as colleitas da
                humidade e dos roedores.
                Na época romana xa existían estas
                construccións, creese que son de
                orixe celta, pero con adaptacions
                romanas. Noutro tempo a súa
                lonxitude determinaba o poder da
                casa.
                As súas partes reciben nomes
                característicos como son:          pes
                dereitos ou esteos (soen ser 6-8),
                rateiras ou tornarratos (pedra plana,
                para que os roedores non suban).
                Na foto de abaixo podemos ver as
                pintadas feitas por algúns vándalos
                que só saben facer dano.
MONUMENTO AOS CANTEIROS




                O monumento atópase na
                “Horta do Cura”. Foi mandado
                construír en homenaxe ós
                antigos canteiros desta zona.
                No monumento pódese apreciar
                ós cinco canteiros cumprindo
                co seu oficio, que era o de
                traballar na pedra.
                Este monumento ía ser unha
                fonte, pero non ten auga
PARQUE DE MARÁNS: O MONUMENTO
                 Esta preciosidade érguese no monte de
                 Maráns, coloquialmente coñecido como “O
                 Monumento” xa que alí se atopa o
                 Monumento ao Sagrado Corazón de Xesús,
                 esculpido por Francisco Asorey. Podemos
                 chegar pola estrada que lle dá acceso ou a
                 través dunha escaleira de pedra con máis
                 dun cento de chanzos. Inaugurouse en
                 1945 como un proxecto de recuperación do
                 cume do monte de Maráns.
                 Árbores     caducifolias    e    perennes,
                 autóctonas ou foráneas, fan deste
                 miradoiro un lugar propicio para merendar,
                 parolar e contemplar unha fermosa
                 panorámica do núcleo urbano e o val no
                 que se asenta.
                 Dende os diversos socalcos e miradoiros
                 pódese gozar dunha boa vista da vila.
                 E, ademais ten bancos e mesas de pedra e
                 una arboreda abundante onde todos os
                 anos se celebran uns xogos tradicionais o
                 día 16 de agosto (San Roque). Debaixo do
                 Sagrado corazón hai unha capela e un peto
                 de ánimas.
COLEXIO D. AURELIO
              O colexio onde estudamos chámase
              don Aurelio Marcelino Rey García. O
              colexio esta formado por unha parte
              vella que ten uns vinte e sete anos e
              outra nova que terá uns dez anos.
              Leva o nome dun mestre moi querido
              no pobo, que destacou polas súas
              innovadoras ideas pedagóxicas. Na
              Guerra Civil foi represaliado polos
              franquistas, estando preso uns
              meses na Illa de San Simón.
              No colexio ensínase educación
              infantil, primaria e secundaria. Os
              rapaces de infantil encóntranse na
              primeira planta da parte nova, os de
              primaria na segunda e os de
              secundaria     repártense   entre   a
              segunda e a terceira planta da parte
              vella.
              O colexio no seu interior ten unha
              cafetaría, unha sala de profesores e
              un despacho para a director do
              centro e para a xefa de estudos, e
              outras dependencias.
              Pola parte de atrás do colexio hai un
              patio con dous campos de fútbol e
              catro canastras, e un ximnasio. Hai
              pouco fixeron un comedor.
RÍO GALLO
            O río Gallo é afluente do
            Umia. Atravesa toda a vila de
            Cuntis    por   detrás     do
            Balneario, de norte a sur,
            pasando ó carón do Parque
            ``O Castro``.
            O río Gallo recibe ese nome
            pola forma de galla (Y) que
            forma no seu curso. É o eixo
            director dun val que ten
            unha altitude de 200 metros.
            A tectónica fracturou o
            material granítico dominante
            neste sector e a rede fluvial
            adaptouse      á    topografía
            resultante, formándose un
            val amplo e homoxéneo,
            flanqueado       por     dous
            conxuntos montañosos, o
            monte Xesteiras ó noroeste
            e a cadea montañosa que
            percorre de norte a sur o
            linde oriental do concello.
            Este río ten escalos e troitas
            nas súas augas e unha
            abuntante arboreda nas súas
            orelas.
PARQUE DO CASTRO
       O Castro é privado pertenece ó Hotel-Balneario de
       Cuntis.
       Na propiedade        atopábase antigamente o
       balneario dos pobres, é dicir, no pequeño edificio
       existente estaban as bañeiras de mármore onde
       os bañistas pobres se daban os baños, un
       depósito de auga quente e unha pequena zona
       chea de auga na que habitaban as rás. Na
       actualidade consérvase o edificio, pero non se
       usa.
       No xardín hai unhas sebes colocadas de forma
       paralela nas que di: “Termas de Cuntis”,
       “Concello de Cuntis”, separadas por un corredor
       onde se atopaba unha pequena fonte con forma
       de anxo. Nun dos recunchos atopamos unha das
       fontes de augas termais. Esta caracterízase polo
       seu cheiro a ovos podres (xofre), nótase máis que
       nas outras fontes. A auga desta burga e especial
       para a pel. Moita xente leva para a casa e outros
       incluso a beben.
       Nun lateral do parque hai unha porta que
       comunicaba directamente cos xardín do hotel.
       Hai un paseo ó longo do río e varias pontes de
       madeira actuais, deixando no esquecemento a
       presa que alí existía. As árbores predominantes
       son carballos, secuoias, chopos, piñeiros e
       loureiros.
CENTRO SOCIO-CULTURAL ‘PATELAS’

                    O centro socio-cultural Xosé Raído
                    Patelas é o lugar de encontro de
                    mozos e mozas de Cuntis, xa que ten
                    ordenadores nos que se pode un
                    conectar a internet para buscar
                    información, facer      traballos, etc.
                    Tamén ten unha sala de lecer onde se
                    poden ver películas e xogar ó tenis de
                    mesa na súa terraza.
                    Tamén atopamos no seu interior a
                    OMIX      (Oficina     Municipal    de
                    Información Xuvenil), na que podemos
                    obter información sobre as actividades
                    de Cuntis, o carné xove, etc.
                    Na planta baixa fanse actividades e
                    represéntanse obras de teatro e
                    festivais diversos.
                    Ten unha estrutura moderna.

                    Horario: Luns a venres de 4 a 8
                    Sabados de 10 a 13

                    Xosé Raido quot;O Patelasquot; (gaiteiro e
                    artesán de instrumentos musicais),
FOGAR DO PENSIONISTA


            O lugar onde soen quedar as persoas
            maiores é o “Fogar do Pensionista”. O
            “Fogar do Pensionista” é un bar que se
            atopa na Praza do Concello.
            Alí van as persoas maiores, reúnense e
            tamén botan unhas partidas as cartas ou ó
            dominó. A ese bar soamentes van as
            persoas maiores aínda que tamén
            podemos ir os rapaces.
            Ten dúas plantas, na de abaixo está o bar
            e as mesas onde os “vellos” xogan e
            conversan, e na primeira planta hai un
            salón onde ás veces se celebran bailes e
            festas para os maiores.
PARQUE INFANTIL


           Os nenos e as nenas de Cuntis sóense
           atopar neste parque tódas ás tardes á
           saída do colexio. Este parque
           construíuse fai pouco polo que aínda
           lle quedan varias cousas para que
           estea completamente rematado.
           Cando este parque non existía os
           nenos tiñan outro parque que está a
           uns cantos metros deste pero non tiña
           tantos xogos.
           Onde agora mesmo está sitado este
           parque   antigamente      estaban    as
           escolas de infantil e de primaria. Este
           parque consta de un chan de tipo
           moqueta que amortigua as caídas dos
           cativos.
AS CAMPAÍÑAS
          Un dos lugares maís fermosos de
          Cuntis son as fervenzas da Patela
          que se atopan moi preto do
          Castro de Castrolandín.
          A auga cae dende unha boa altura
          para morrer nunhas pozas que
          serven de piscina natural e ao
          mesmo tempo de lugar de
          encontro entre rapaces e rapazas
          dos arredores. Neste recanto
          xuntanse o cantaruxar das augas
          coa frescura das sombras e o
          silencio dunha antiga fraga.
          As augas baixan toleironas dende
          Mesego e serviron de enerxía
          para botar a andar os muíños que
          alí se atopan e unha antiga central
          hidroeléctrica.
          Máis abaixo van amansando para
          morrer no río Gallo nas toxeiras
          das      Barcias,    detrás     do
          Restaurante Don Manuel.
POMBAL
         Este     pombal    atópase      en
         Transponte,      a    carón     do
         Convento de San Bieito.
         Os      pombais      son     raros
         complementos da vivenda rural ,
         debido ó seu custe e a escaseza
         da    rendibilidade,    por    iso
         aparecen           nas      fincas
         pertencentes ós pazos, ás casas
         reitorais ou ás casas grandes de
         campesiños acomodados.
         É unha construción con forma
         cilíndrica, cun radio e unha
         altura aproximadamente igual ó
         seu diámetro. A súa cuberta é
         cónica de forma que cando
         chove a auga escorregue cara o
         chan. Ten moi poucas entradas
         para as pombas, unha cornixa
         para que estas alcen o voo e
         unha porta de acceso para as
         persoas.
FORXA DO FERREIRO

              Esta forxa está situada na rúa
              Convento. Como se pode ver está en
              ruinas. Ó seu dono era Alfonso
              Eiras, un home bon, moi tranquilo e
              simpático. Adicábase a forxar
              metais e arranxar os útiles de
              labranza   como    picar   eixadas,
              machadas, gadañas, fouciño, etc.
              Traballaba sobre unha pedra,
              cuberta de reixas, na cal avivaba o
              lume, pasando unha corrente de aire
              horizontal por medio dun fol manual.
              E para arrefriar os metais tiña un pio
              con auga corrente dun regato que
              pasaba por detrás do taller. Daquela
              tiña moito traballo porque a maioría
              da xente dedicábase á labranza
              manual,     porque      non      había
              máquinas. É unha pena que estea en
              ruinas porque é un sitio que garda
              moitos recordos do lugar.
CASAS (Andrea)

                 Esta casa, que se atopa en
                 Piñeiros, está feita con pedra do
                 país, con boa orientación cara o
                 sol, e cun tellado de pizarra traído
                 de terras ourensás. Unha grande
                 cheminea que dá calor suficiente
                 para quentar o espazo interior.
                 Para cortar a monotonía das liñas
                 rectas preséntanse un pórtico e
                 unha balconada, levantadas coa
                 axuda        dunhas       columnas
                 traballadas en pedra.
                 Unha ampla vidrieira de forma
                 semicircular permite unha grande
                 luminosidade      nas     estancias
                 interiores.
                 No entorno hai unha abondosa
                 presenza de céspede con algunhas
                 arbores de folla caduca que
                 permitirán boa sombra no verán e a
                 chegada dos escasos raios de sol
                 no inverno.
                 Gústame esta vivenda porque ten
                 novas técnicas de construción.
Esta casa atópase nas Casas do Monte, en
Calvos, é unha das que me gusta xa que
se introduce no medio. É unha casa antiga
restaurada fai uns catro anos. Está feita en
pedra e con teito de tella do país.Ten unha
cheminea na que hai catro picos. Na
fachada principal hai un soportal suxeito
por dúas columnas feitas en pedra. A
vivenda está construída nunca finca de
1700 m2 que está rodeada por un muro de
pedra. Dentro da finca, pola parte de atrás
hai un alpendre como a casa. Tamén se
pode ver o que antigamente se chamaba o
pío, que era onde se lavaba a roupa e tiña
auga     correndo    continuamente      que
procedia de mananciais.
Esta vivenda está situada o carón dun río que é
afluente do río Gallo na rúa Presiña, Cuntis. É
unha casa de pedra que foi restaurada hai uns
anos. Antigamente debeu pertencer a unha
familia nobre porque na súa fachada as cornixas
das ventás están esculpidas, propias de familias
con poder económico.
É unha casa de dúas plantas que nun dos seus
lados ten unha galería.
Desde fóra pódese ver que é unha casa moi
ampla. No seu exterior atópase un pequeno pero
orixinal xardín, xa que está feito con cactos moi
grandes, un garaxe e un lugar onde se atopa
unha barbacoa.
Non me gusta porque destaca entre as demais do
seu arredor.

Esta casa atópase en Transponte. É da época
dos nosos avós. Como pode verse non está
habitada e está en ruinas. É de pedra e o seu
teito de tella do país. Esta casa ten dous pisos.
No inferior e onde se gardaban os animais, que
daban calor ó piso superior, onde vivían as
persoas. Para subir ó andar superior hai unhas
escaleiras a carón da casa. Na súa fachada, no
piso superior, hai un balcón. Na parte de atrás da
casa hai un alpendre onde seguramente
gardaban as ferramentas do campo. Non me
gusta porque a parede do alpendre está pintada
de branco.
CASAS (Eva)



       Estas son as dúas casas que me gustan. O
       motivo básico disto é porque son de pedra
       e intégranse ben no medio.
       A primeira está restaurada, situada na rúa
       da Presiña, foi a antiga consulta dun
       médico ata que a súa parte de madeira se
       foi desfacendo.

       A segunda está na rúa da Circunvalación
       Don Aurelio. Foi feita nova. Gústame
       porque ten unha boa arquitectura e uns
       xardíns amplos con variedade de árbores, é
       ecolóxica porque ten paneis solares.
       Ademais ten un cruceiro de pedra e un
       hórreo que sobresae polo muro.
CASAS (Olaya Rivas)

           A casa de arriba gústame xa que é unha casa
               restaurada . Ten o tellado de tella, cousa
               que nas casas de Cuntis se ve moito. As
               varandas dos balcóns e das xanelas son
               de cor vermella e por iso combina mellor
               coa cor das tellas e co cerrado que ten a
               casa por fora. Tamén me gusta esta casa
               por que é de pedra restaurada e ten unha
               galería por onde entra a luz solar. Esta
               casa integrase ben no medio polo tellado
               e pola pedra que ten.


           A casa número de abaixo gústame porque
              atópase en pleno centro de Cuntis. Tamén
              me gusta pola pedra que utilizaron para
              construíla. Enriba do tellado ten una
              pequena xanela e ós lados uns adornos
              en forma de espiral esculpidos na pedra.
              Outro motivo polo cal me gusta e polos
              dous tipos de balcóns que utilizaron para
              facer a casa. Un o balcón que esta a nivel
              da fachada e o outro que sobresae.
Esta casa non me gusta. Atópase
en pleno centro de Cuntis. Non
me gusta por varios motivos. O
primeiro motivo polo cal esta
casa non me gusta e porque ten
as persianas, a baranda e o
cerrado de fóra coas cores da
bandeira de Galicia que non
pegan nada coa pedra. O
segundo motivo é porque ten
escaleiras diante da porta da
entrada. Outro elemento que
destaca negativamente é que por
fóra é de de pedra e despois ten
unha parte pintada de branco.
CASAS (Rubén Campos)




            A primeira casa non me gusta porque
            está abandonada no centro da vila, a
            pesar de que os propietarios son ricos.
            O Concello no fai nada e a casa é un
            perigo, sobre todo cando hai temporal.
            A segunda non me gusta nin polo
            tellado, nin polo color das paredes.
            Non pega nada no entorno.
CASAS (Santiago)
        A casa que a min me gusta está situada na Rúa da
        Presiña.É unha casa de dúas plantas, de pedra, ten
        as ventás, a porta da entrada e o portal de cor
        granate, e tamén ten un garaxe para gardar os
        vehículos.
        A min gústame porque é unha casa grande, ten un
        cerrado moi bonito, que por diante da casa e polo
        lado dereito está todo cerrado para que non se vexa
        o que están facendo, é ampla, parece acolledora. O
        que máis me gusta desta casa e a galería tan
        grande que ten no lado esquerdo que debe de ser o
        comedor.Tamén ten un pequeno balcón na segunda
        planta por diante. Polo lado dereito da casa pasa un
        pequeno río. Ten unhas vistas bastantes bonitas, xa
        que enfronte da casa está o parque do Castro.
        Tamén me gusta porque a casa está situada nun
        lugar bastante tranquilo e silencioso.

    A casa que menos me gusta tamén está situada na Rúa
    da Presiña. É unha casa bastante vella, que está en
    ruínas. Na planta de abaixo ten tres portas de cor verde
    con cristal no centro de cadansúa. No segundo ten unha
    ampla galería de madeira en moi mal estado. Non ten
    unas vistas bonitas porque enfronte da casa hai outra
    casa abandonada.
    Caeulle parte do tellado. Tampouco me gustan os
    ladrillos e a pintada.
MEU CURRUNCHO (Andrea)

                   O meu curruncho preferido
                   atopase o carón do río Gallo e
                   do parque do Castro´. É un lugar
                   onde se pode gozar da
                   tranquilidade   da    vila.   Co
                   murmurio tranquilizador das
                   augas do río que caen polas
                   numerosas fervenzas que hai.
                   Fai uns meses melloraron o
                   lugar    poñendo    a    estrada
                   asfaltada, impedindo que se
                   levantara po e terra que
                   molestase as persoas. Ó longo
                   do camiño puxeron bancos para
                   que as persoas se puideran
                   sentar e ademais instalaron
                   farolas, que durante as noites
                   iluminan    todo   o     camiño,
                   facendo que sexa un lugar
                   perfecto para pasear.
MEU RECUNCHO (Eva)

              Está situado a carón do centro médico
              e o Centro socio-cultural Xosé Raído
              Patelas, na rúa Olimpio Arca.
              Ó fondo da foto está o río Gallo
              (afluente do Umia) aínda que non se ve.
              Esta zona é rica en árbores como
              palmeiras,     castiñeiros,     chopos,
              ameneiros, abetos, etc.
              Hai bancos para sentarse e gozar da
              natureza e tranquilidade do lugar.
              Moita xente pasea por alí as súas
              mascotas e pasan a tarde xogando á
              pelota.
              Anque ó seu lado pase a estrada, de
              momento é un lugar tranquilo. Dentro
              duns anos cabe a posibilidade de que
              non sexa tan tranquilo, pois hai un
              proxecto de facer chalés á beira do río.
              É o meu lugar preferido porque me
              gusta a natureza e no verán as miñas
              amigas e eu vamos dar unha volta en
              bici, xogamos e botamos carreiras.
              Hai que dicir que é un bo sitio para
              darse un baño no verán e coller
              castañas no outono.
MEU RECUNCHO (Rubén)


               Este é o meu sitio preferido porque é
               onde mellor o paso cos meus
               amigos. É o parque do Castro,
               propiedade privada do Balneario
               pero aberto ao público, a carón do río
               Gallo.
               Paseino moi ben aquí porque é onde
               iamos xogar ó fútbol. As dúas
               árbores da dereita eran unha porteria
               e a árbore da esquerda era outra. O
               outro poste facíamolo con pedras ou
               unha cana que houbera polo chan. O
               que máis me gustaba era cando nos
               caía o balón ó río e tiñamos que
               meternos nel para intentar sacalo.
               Tamén recordo con pracer moitas
               das historias que nos pasaron aquí.
MEU RECUNCHO (Santiago)


                   O meu recuncho preferido está
                   situado no lado dereito do
                   Auditorio. É un lugar onde hai
                   unhas escaleiras para subir ó
                   Auditorio. É un lugar moi
                   tranquilo, xa que non hai moito
                   ruído e normalmente non soe
                   haber ninguén. Este é o lugar
                   onde mellor me concentro, e
                   cando teño que pensar algo moi
                   importante sempre o penso alí, xa
                   que é bastante tranquilo.
                   Tamén se teño lle que estar a
                   soas con alguén para pedirlle ou
                   contarlle algo importante case
                   sempre o levo para este lugar.
                   Non é moi acolledor, xa que ten
                   as paredes bastantes pintadas, e
                   a min isto non me gusta nada,
                   pero segue sendo o meu
                   recuncho preferido. Tamén o
                   paso moi ben alí, cando vou cos
                   meus amigos e amigas.
XENTE: o adestrador e o zapateiro
              Jose Antonio Pardal Baños, adestrador do Clube
              Atletismo Cuntis e dalgÚns atletas que se atopan no
              Centro de Tecnificación de Pontevedra, tamén é o
              actual detector de talentos deportivos dentro do ámbito
              do atletismo galego.
              É un adestrador que leva a competir ós seus atletas por
              toda Europa. Algún dos seus atletas máis destacados
              son: Eva Mª Iglesias, Marisol Diz, Rocío Carbia e Juan
              Carlos Ríos en marcha; Francisco Vilas, Miguel Otero
              e Cristina González en medio fondo; Veronica Argibay
              e Irene Gesto en valas. Ten entre o seu cadro de atletas
              a campións galegos consecutivos, campións de
              España e representantes nos Campionatos de Europa.



              O home da fotografía é un zapateiro dos tres que hai
              en Cuntis. O seu comercio atópase na Praza de
              Galicia. Ten moitas ferramentas e máquinas para
              poder realizar correctamente o seu traballo. Ademais
              de dedicarse a facer e arranxar zapatos tamén traballa
              con chaves, cinturóns e demais prendas de coiro. No
              seu establecemento ten dúas seccións, unha é a parte
              da tenda onde atende á xente e a outra o taller onde se
              dedica a traballar co coiro e onde ten a maquinaria
              necesaria.
XENTE: o artesán, os bodegueiros, o sancristán e o
                 garda forestal
                                       Ladisdilao Cao (Ladis) é
                                       un veciño ao     que lle
                                       gusta moito facer cousas
                                       en madeira no taller que
                                       montou na casa.
                                       Estes    dous    vellos
                                       amigos, o Campaneiro e
                                       Rama, están facendo un
                                       pouco de viño sen
                                       mancharse.
                                       A esquerda de abaixo é o
                                       sancristán,    coñecido
                                       coma     o  campaneiro,
                                       cociñando na casa.
                                       A persoa de abaixo á
                                       dereita é Manolo Torres,
                                       ou Manolo o de Follente,
                                       coñecido    nas     catro
                                       provincias de Galicia por
                                       ter sido garda forestal
                                       durante 48 anos. A foto
                                       está tomada no que el e
                                       seus amigos chaman o
                                       garito, onde fan moitas
                                       festas.
Cuntis, O Baño

Contenu connexe

Tendances (8)

Muíño de marea. A Seca-Cambados
Muíño de marea. A Seca-CambadosMuíño de marea. A Seca-Cambados
Muíño de marea. A Seca-Cambados
 
Muíño de marea a seca
Muíño de marea a secaMuíño de marea a seca
Muíño de marea a seca
 
Burela, a costa
Burela, a costaBurela, a costa
Burela, a costa
 
Vilaboa 2º Trimestre
Vilaboa  2º TrimestreVilaboa  2º Trimestre
Vilaboa 2º Trimestre
 
A auga en santiago de compostela
A auga en santiago de compostelaA auga en santiago de compostela
A auga en santiago de compostela
 
Xacementos Romanos En Galicia
Xacementos Romanos En GaliciaXacementos Romanos En Galicia
Xacementos Romanos En Galicia
 
Touro
TouroTouro
Touro
 
A costa galega
A costa galega A costa galega
A costa galega
 

En vedette (13)

Couselo
CouseloCouselo
Couselo
 
O Casal (Estacas)
O Casal (Estacas)O Casal (Estacas)
O Casal (Estacas)
 
Guimarei
GuimareiGuimarei
Guimarei
 
CastrolandíN
CastrolandíNCastrolandíN
CastrolandíN
 
Vanesa Trasponte
Vanesa TrasponteVanesa Trasponte
Vanesa Trasponte
 
Loureiro. Antonio CastroagudíN
Loureiro. Antonio CastroagudíNLoureiro. Antonio CastroagudíN
Loureiro. Antonio CastroagudíN
 
Calvos
CalvosCalvos
Calvos
 
Exposición Museo (novembro)
Exposición Museo (novembro)Exposición Museo (novembro)
Exposición Museo (novembro)
 
Gontade
GontadeGontade
Gontade
 
Cequeril
CequerilCequeril
Cequeril
 
Cardecide E Laxos
Cardecide E LaxosCardecide E Laxos
Cardecide E Laxos
 
Xinzo
XinzoXinzo
Xinzo
 
A ESCOLA DA DITADURA
A ESCOLA DA DITADURAA ESCOLA DA DITADURA
A ESCOLA DA DITADURA
 

Similaire à Cuntis, O Baño

San SandurniñO
San SandurniñOSan SandurniñO
San SandurniñO
Inesytta
 
Mosteiro de santa catalina de montefaro
Mosteiro de santa catalina de montefaroMosteiro de santa catalina de montefaro
Mosteiro de santa catalina de montefaro
Yolanda Castro
 
Muíños de marea
Muíños de mareaMuíños de marea
Muíños de marea
monadela
 
Xacementosromanosengalicia 1232982662523332-3
Xacementosromanosengalicia 1232982662523332-3Xacementosromanosengalicia 1232982662523332-3
Xacementosromanosengalicia 1232982662523332-3
anagagon
 
Mosteiros de Galicia
Mosteiros de GaliciaMosteiros de Galicia
Mosteiros de Galicia
ladymandona
 

Similaire à Cuntis, O Baño (20)

Fisterra 2003
Fisterra 2003Fisterra 2003
Fisterra 2003
 
San SandurniñO
San SandurniñOSan SandurniñO
San SandurniñO
 
Mosteiro de santa catalina de montefaro
Mosteiro de santa catalina de montefaroMosteiro de santa catalina de montefaro
Mosteiro de santa catalina de montefaro
 
Viaxe pola nosa historia
Viaxe pola nosa historiaViaxe pola nosa historia
Viaxe pola nosa historia
 
Historia de Caldas de Reis
Historia de Caldas de ReisHistoria de Caldas de Reis
Historia de Caldas de Reis
 
Caldas de reis
Caldas de reisCaldas de reis
Caldas de reis
 
Pdf mosteiro
Pdf mosteiroPdf mosteiro
Pdf mosteiro
 
Pdf mosteiro
Pdf mosteiroPdf mosteiro
Pdf mosteiro
 
Muíños de marea
Muíños de mareaMuíños de marea
Muíños de marea
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldas
 
Santiago_Touro
Santiago_TouroSantiago_Touro
Santiago_Touro
 
Xacementosromanosengalicia 1232982662523332-3
Xacementosromanosengalicia 1232982662523332-3Xacementosromanosengalicia 1232982662523332-3
Xacementosromanosengalicia 1232982662523332-3
 
Mosteiros de Galicia
Mosteiros de GaliciaMosteiros de Galicia
Mosteiros de Galicia
 
Andainas pola contorna
Andainas pola contornaAndainas pola contorna
Andainas pola contorna
 
Ourense termal 2011
Ourense termal 2011Ourense termal 2011
Ourense termal 2011
 
Noia, A Costa
Noia, A CostaNoia, A Costa
Noia, A Costa
 
A Guarda
A GuardaA Guarda
A Guarda
 
Santiago_Touro
Santiago_TouroSantiago_Touro
Santiago_Touro
 
Mosteiros de Galicia
Mosteiros de GaliciaMosteiros de Galicia
Mosteiros de Galicia
 
Un libro un concello percorrendo a provincia da Coruña
Un libro un concello percorrendo a provincia da CoruñaUn libro un concello percorrendo a provincia da Coruña
Un libro un concello percorrendo a provincia da Coruña
 

Plus de Heladio Anxo Fernández

A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader SandeA Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
Heladio Anxo Fernández
 
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 101ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
Heladio Anxo Fernández
 

Plus de Heladio Anxo Fernández (20)

A Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra MundialA Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra Mundial
 
Eva Gesto.key
Eva Gesto.keyEva Gesto.key
Eva Gesto.key
 
A grande guerra
A grande guerraA grande guerra
A grande guerra
 
Marina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro FernándezMarina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro Fernández
 
Sabina sanmartín
Sabina sanmartínSabina sanmartín
Sabina sanmartín
 
Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_
 
Manuel correa
Manuel correaManuel correa
Manuel correa
 
Magán
MagánMagán
Magán
 
Dinora Campos
Dinora CamposDinora Campos
Dinora Campos
 
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín ReyManuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
 
O liño
O liñoO liño
O liño
 
Historia de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e XuliaHistoria de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e Xulia
 
Mesego E Zoo
Mesego E ZooMesego E Zoo
Mesego E Zoo
 
MediacióN Pasos
MediacióN PasosMediacióN Pasos
MediacióN Pasos
 
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader SandeA Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
 
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 101ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
 
II República (1931-1936)
II República (1931-1936)II República (1931-1936)
II República (1931-1936)
 
Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)
 
As Nosas Avoas
As Nosas AvoasAs Nosas Avoas
As Nosas Avoas
 
Matanza
MatanzaMatanza
Matanza
 

Cuntis, O Baño

  • 1. CUNTIS, O Baño Rubén Campos (3ºA) Andrea Correa (3ºA) Santiago Duarte (3ºA) Eva Gesto (3ºA) Olaya Rivas (3ºB)
  • 2. CUNTIS (O BAÑO) Cuntis é unha pequena vila, duns 2.000 habitantes, capital do concello do mesmo nome. O antigo nome de O Baño débese a importancia das augas termais, xa explotadas e disfrutadas polos romanos. Así o testemuñan os numerosos achados arquoeolóxicos de época romana, cando lle chamaban Aqua Calidae. As augas mineromedicinais saen a 64ºC, as segundas máis quentes de Galicia. O seu clima é típicamente oceánico; é dicir, temperado ó longo do ano con abundantes precipitacións. Na súa economía destaca a importancia do Sector Terciario (vinculado en moitos casos ao Balneario) e a industria, centrada nas empresas do Polígono da Ran. Está situada a 27 Km ó norte de Pontevedra e a 26 Km ó sur de Santiago. Á súa vez, estamos casi equidistantes (12 km) da Estrada e Caldas de Reis.
  • 3. IGREXA DE SANTA MARÍA Localizada no centro da vila, a igrexa de Santa María foi reconstruída na primeira metade do S. XVIII a partir da fábrica da súa predecesora románica. Ten torre para o campanario e espadana, planta de cruz latina e no seu interior distribúense seis altares con numerosas imaxes relixiosas de importante valor artístico, talladas por escultores como Gambino, Xosé Ferreiro, Francisco Asorey e Uxío Souto. Destacan entre outras pezas a Dolorosa, a Virxe do Carme, o Cristo Xacente -que ademais é articulado- e todo o conxunto de imaxes localizadas no altar maior. Sepulturas do altomedievo e da época sueva tamén foron descubertas nas súas inmediacións.
  • 4. Esta é a inscrición conservada nos muros da igrexa parroquial de Cuntis, di: quot;Era milessima centessima decima sexta, et tertio idus Martii memoriam celebris abbatis Adaulfi, fecimusquot; Transcrición: “No ano 1078 tres días antes dos idus de marzo, fixemos memoria ao célebre abade Adaulfo“. Na fachada destaca o feito que de só teña unha torre, o pequeño rosetón e, por riba da porta de arco de medio punto, a representación da Coroación da Virxe. A esquerda, debaixo da pancarta colocada pola Igrexa para animar aos fieis a asistir á misa, está a inscrición coa cruz e os nomes dos ‘caídos’ (os homes desta parroquia que morreron na Guerra Civil, pero só os do bando franquista).
  • 5. CONVENTO DE SAN BIEITO No 1868 Carme Baliñas de Castro ,unha fidalga natural destas terras, logo de tomar os hábitos decidiu fundar un convento que observase a regra de San Bieito. Aínda que algunhas construcións poden ser anteriores á fundación monástica, do conxunto de edificios destaca unha fermosa fachada conventual, de estilo neoclásico, presidida pola imaxe do patrón No recinto de entrada un amplo portón, coroado dunha cruz de pedra e un par de pináculos, reciben ao visitante e, na praciña que se conforma coa entrada, a igrexa e a casa do capelán e un fermoso cruceiro cun peto de ánimas. Como curiosidade, o altar maior olla cara ao solpor, e no seu interior consérvanse varias imaxes relixiosas de importante valor, entre outras un San Bieito e a súa irmá, Santa Escolástica, xunto ao popular quot;Demo de Pereiraquot;, escultura na que se representa ao arcanxo San Miguel que mata a Satanás.
  • 6. No convento viven 5 monxas que manteñen unha vida de tranquilidade e harmonía. Posúen unha grande extensión de terreo que traballan para obter os seus alimentos. O cura era o encargado de facerlle a compra ás monxas, pero na actualidade sae unha delas a facela, porque xa non son de total clausura, pois durante o oficio da misa deixanse ver a través dunhas reixas que se atopan tras o altar. O 11 de xullo celébrase a festa do santo e se lle levamos un ovo por cada espulla que teñamos, han desaparecer todas. As monxas son famosas polas ricas galletas que cociñan e polo seu manexo do zurcido e do bordado.
  • 7. BALNEARIO LA VIRGEN Este edificio alberga a maior parte do turismo en Cuntis. Aínda que no século XX chegou a dispoñer o concello de Cuntis de tres establecementos balnearios (Hotel-Balneario La Virgen, Hotel- Balneario Barreiro e o Balneario de Castro) arestora tan só existe un moderno chamado Termas de Cuntis. O balneario La Virgen ten a súa orixe no século XIX. Ó comezo era como unha casa de Baños, ata que Marcial Campos fixo unha remodelación e pasou a ser Balneario. Houbo importantes modificacions no 1881 no seu interior, incorporando unhas bañeiras de marmore individuais e aparellos de hidroterapia. As modificacións continuáronse en 1908, 1944, 1969, 1998 e 2006 para ampliar a capacidade do hotel e así atraer a un numero maior de turistas. Tras todas as modificacións comunícase co novo complexo Balneario Termas de Cuntis por un túnel que pasa por debaixo da calzada, quedando o edificio só como hotel. O edificio ten 4 fachadas en pedra, con distintos modelos: o baixo e o primeiro andar da fachada principal son decimonónicos, as mesmas alturas na fachada sur manteñen a mesma traza aínda que posuían unha ornamentación vexetal en cemento de estilo modernista, actualmente eliminada, tan só se conserva na pouca forxa que teñen os balcóns; a fachada norte e os segundo e terceiro andar foron engadidos feitos con outro tipo de pedra
  • 8. BALNEARIO AS TERMAS As Termas de Cuntis, construídas desde 1998 nos terreos que ocupaba a casa de baños do Barreiro, rompen a fisonomía estilística do casco histórico da vila, xa que se trata dun edificio alongado con fachada porticada lateral e pintada de laranxa. Posúe unha fachada ondulante na súa parte oeste lindando co paseo do río Gallo. No seu interior alberga o Aquaforum, é un espazo lúdico termal no que está a piscina máis ampla do recinto. Son 300 m2 que permiten combinar os beneficios terapéuticos das aguas. Ó seu redor atopase unha zona verde na que se exhiben as primeiras bañeiras de mármore que se trouxeron (algunha ainda se utiliza actualmente), lápidas con inscricións en latín e marcos de pedra mesturados con plantas e flores.
  • 9. TERMAS Nesta vila existen 3 fontes de aguas termais, unha no Parque do Castro que bota auga morna; outra enfronte do Hotel-Balneario e outra xunto ós lavadoiros. Estas dúas últimas son as das fotos e botan auga moi quente. As augas termais de Cuntis son sulfurosas; boas para a pel e os ósos e dise que proceden do volcán de Xinzo (aldea do mesmo concello). A primeira é a Burga da Virxe que está na rúa do hotel, enfronte ó que agora é o bar “A Casa das Burgas. Pensión O Baldino”. A Burga do Foxo ou Fogo de Deus.(Foto da abaixo) é a fonte coa auga máis quente de toda a localidade, sae a unha temperatura de 64ºC). Situada nun comezo no lugar máis céntrico, tralas diversas remodelacións foi trasladada cara a un lateral para crear varias prazas de aparcamento, o cal produce certo feismo. A Burga do Foxo ten unha peculiaridade que non teñen as outras dúas, deixa de botar auga nos meses de xullo, agosto e setembro
  • 10. OS LAVADOIROS DE AUGA QUENTE Os lavadoiros municipais localizados no casco histórico teñen a particularidade de utilizar tanto auga termal, que está a 59ºC, como auga a temperatura ambiente. Están situados nun edificio de pedra cun tellado de tella e armazón de madeira. Ten cinco pías de auga termal (esquerda) e seis de auga fría (a dereita). Xa polo S. XVIII, concretamente en 1756, estes lavadoiros, daquela constituídos por unha única pía -grande e comunal-, se aproveitaban do manancial Lume de Deus. Logo, polo 1829, unha comisión veciñal realizou novas obras para mellorar a instalación. O mestre de cantería, Antón da Pena, autorizado polos veciños, canalizou a auga termal da fonte e construíu unha pía e catro lavadoiros individuais, todos feitos en pedra, como se coñecen actualmente. As mulleres ían alí a lavar a roupa ou ó lavadoiro fluvial, a carón do Balneario, na beira do río Gallo.
  • 11. PRAZA DAS ÁRBORES Foi coñecida como a Horta das Señoritas, xa que este recinto cuadrangular era a antiga horta do Hospitaliño, que foi un pazo. Foi remodelada des que se converteu en praza pública, na súa parte central sitúase unha pequena fonte de catro canos, rodeada de árbores e bancos para gozar da tranquilidade da vila. Nas festas patronais celébrase nela o concerto da banda de música. O edificio máis destacable é o Hospitaliño ou Casa da cultura quot;Roberto Blanco Torresquot; (Letras galegas, 1999), casona de pedra de cantaría onde se localiza a Biblioteca Municipal. Dende esta praza pódese gozar dunha fermosa vista da fachada principal da igrexa.
  • 12. CASA DA CULTURA ROBERTO BLANCO TORRES A casa da cultura “Roberto Blanco Torres”, no edificio do Hospitalillo, é un espazo ideal para a cultura e o tempo de lecer. Este edificio dispón de unha sala na planta de abaixo para a realización de diversas actividades, e a biblioteca situada na planta de arriba conta cun gran número de publicacións. Era un antigo pazo pertencente ao Conde Ximonde, construído no século XVIII. Era a súa residencia cando acudía a tomar as augas. Despois foi usado para albergar aos bañistas sen recursos (Hospitalillo) e abandonado ata ser recurperado polo Concello. A casa leva o nome do xornalista e poeta nado en Cuntis e asasinado en Entrimo polo franquistas en 1936, ó que se lle adicou o Día das Letras Galegas do ano 1999. Os membros da Real Academia Galega, rendéronlle homenaxe en Cuntis aquel 17 de maio, inagurando un busto na súa memoria nos xardíns da Horta do Cura.
  • 13. PRAZA DO FERROL Esta praza atópase situada no centro do pequeno casco histórico, nela desembocan as rúas da Presiña, Carreira do Conde, Balneario e Colón. Foi no seu día o lugar onde se celebraban as Feiras (antes de que se levasen para o campo das Codeseiras, o que hoxe é a Praza da Constitución). Aínda que hoxe está presidida na súa parte central por unha simple farola, nela había un cruceiro (o cruceiro que hoxe en día atopamos no cemiterio parroquial) e a fonte, que logo foi levada para a “Praza das árboresquot;. Aquí é onde paraban as antigas carrilanas e o ómnibus que deixaba ou recollía ós bañistas. Nesta praza temos o edificio que tivo relevancia na antigüidade, O Casino, que estaba enrriba do actual café-Bar Quico, o café-terraza máis antigo da vila. Na parte de atrás (cara a rúa da Presiña) ten unha sala en galería onde se celebraban os bailes e cerimonias sociais durante a ditadura franquista.
  • 14. CASA E HORTA DO CURA Nestas duas fotografías pódese apreciar a fermosa Casa do Cura que agora, por desgraza, está en ruínas pero que antes era a casa reitoral do cura da parroquia. Esta casa ten duas posibles saídas, unha cara a praza da igrexa e outra cara os xardíns. A Horta do Cura leva ese nome porque antes pertencíalle ó cura pero agora é un xardín público con piñeiros, salqueiros , palmeiras e outras árbores e plantas..
  • 15. A FEIRA A feira é o lugar onde se fan as festas Patronais de Cuntis e o pequeno mercado todos os sabados, herdeiro da tradicional feira. O 22 de setembro faciase e feira máis grande de cuntis. Esta situada onde a igrexa parroquial de Cuntis. Nela estaba o campo de futbol que agora quitaron. Antes estaba alí o colexio, derrubado hai uns anos. Na feira tamén se atopa a pouco afortunada Casa do Concello, construída por riba dunha fermosa escola de indianos, tristemente desaparecida.
  • 16. HÓRREO DA HORTA DO CURA O hórreo de por sí é unha construción típica de Galicia, usábase para gardar os cereais, principalmente. Teñen unha forma rectangular, formada por pedra ou madeira ou por un conxunto das dúas, que garda as colleitas da humidade e dos roedores. Na época romana xa existían estas construccións, creese que son de orixe celta, pero con adaptacions romanas. Noutro tempo a súa lonxitude determinaba o poder da casa. As súas partes reciben nomes característicos como son: pes dereitos ou esteos (soen ser 6-8), rateiras ou tornarratos (pedra plana, para que os roedores non suban). Na foto de abaixo podemos ver as pintadas feitas por algúns vándalos que só saben facer dano.
  • 17. MONUMENTO AOS CANTEIROS O monumento atópase na “Horta do Cura”. Foi mandado construír en homenaxe ós antigos canteiros desta zona. No monumento pódese apreciar ós cinco canteiros cumprindo co seu oficio, que era o de traballar na pedra. Este monumento ía ser unha fonte, pero non ten auga
  • 18. PARQUE DE MARÁNS: O MONUMENTO Esta preciosidade érguese no monte de Maráns, coloquialmente coñecido como “O Monumento” xa que alí se atopa o Monumento ao Sagrado Corazón de Xesús, esculpido por Francisco Asorey. Podemos chegar pola estrada que lle dá acceso ou a través dunha escaleira de pedra con máis dun cento de chanzos. Inaugurouse en 1945 como un proxecto de recuperación do cume do monte de Maráns. Árbores caducifolias e perennes, autóctonas ou foráneas, fan deste miradoiro un lugar propicio para merendar, parolar e contemplar unha fermosa panorámica do núcleo urbano e o val no que se asenta. Dende os diversos socalcos e miradoiros pódese gozar dunha boa vista da vila. E, ademais ten bancos e mesas de pedra e una arboreda abundante onde todos os anos se celebran uns xogos tradicionais o día 16 de agosto (San Roque). Debaixo do Sagrado corazón hai unha capela e un peto de ánimas.
  • 19.
  • 20. COLEXIO D. AURELIO O colexio onde estudamos chámase don Aurelio Marcelino Rey García. O colexio esta formado por unha parte vella que ten uns vinte e sete anos e outra nova que terá uns dez anos. Leva o nome dun mestre moi querido no pobo, que destacou polas súas innovadoras ideas pedagóxicas. Na Guerra Civil foi represaliado polos franquistas, estando preso uns meses na Illa de San Simón. No colexio ensínase educación infantil, primaria e secundaria. Os rapaces de infantil encóntranse na primeira planta da parte nova, os de primaria na segunda e os de secundaria repártense entre a segunda e a terceira planta da parte vella. O colexio no seu interior ten unha cafetaría, unha sala de profesores e un despacho para a director do centro e para a xefa de estudos, e outras dependencias. Pola parte de atrás do colexio hai un patio con dous campos de fútbol e catro canastras, e un ximnasio. Hai pouco fixeron un comedor.
  • 21. RÍO GALLO O río Gallo é afluente do Umia. Atravesa toda a vila de Cuntis por detrás do Balneario, de norte a sur, pasando ó carón do Parque ``O Castro``. O río Gallo recibe ese nome pola forma de galla (Y) que forma no seu curso. É o eixo director dun val que ten unha altitude de 200 metros. A tectónica fracturou o material granítico dominante neste sector e a rede fluvial adaptouse á topografía resultante, formándose un val amplo e homoxéneo, flanqueado por dous conxuntos montañosos, o monte Xesteiras ó noroeste e a cadea montañosa que percorre de norte a sur o linde oriental do concello. Este río ten escalos e troitas nas súas augas e unha abuntante arboreda nas súas orelas.
  • 22. PARQUE DO CASTRO O Castro é privado pertenece ó Hotel-Balneario de Cuntis. Na propiedade atopábase antigamente o balneario dos pobres, é dicir, no pequeño edificio existente estaban as bañeiras de mármore onde os bañistas pobres se daban os baños, un depósito de auga quente e unha pequena zona chea de auga na que habitaban as rás. Na actualidade consérvase o edificio, pero non se usa. No xardín hai unhas sebes colocadas de forma paralela nas que di: “Termas de Cuntis”, “Concello de Cuntis”, separadas por un corredor onde se atopaba unha pequena fonte con forma de anxo. Nun dos recunchos atopamos unha das fontes de augas termais. Esta caracterízase polo seu cheiro a ovos podres (xofre), nótase máis que nas outras fontes. A auga desta burga e especial para a pel. Moita xente leva para a casa e outros incluso a beben. Nun lateral do parque hai unha porta que comunicaba directamente cos xardín do hotel. Hai un paseo ó longo do río e varias pontes de madeira actuais, deixando no esquecemento a presa que alí existía. As árbores predominantes son carballos, secuoias, chopos, piñeiros e loureiros.
  • 23. CENTRO SOCIO-CULTURAL ‘PATELAS’ O centro socio-cultural Xosé Raído Patelas é o lugar de encontro de mozos e mozas de Cuntis, xa que ten ordenadores nos que se pode un conectar a internet para buscar información, facer traballos, etc. Tamén ten unha sala de lecer onde se poden ver películas e xogar ó tenis de mesa na súa terraza. Tamén atopamos no seu interior a OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil), na que podemos obter información sobre as actividades de Cuntis, o carné xove, etc. Na planta baixa fanse actividades e represéntanse obras de teatro e festivais diversos. Ten unha estrutura moderna. Horario: Luns a venres de 4 a 8 Sabados de 10 a 13 Xosé Raido quot;O Patelasquot; (gaiteiro e artesán de instrumentos musicais),
  • 24. FOGAR DO PENSIONISTA O lugar onde soen quedar as persoas maiores é o “Fogar do Pensionista”. O “Fogar do Pensionista” é un bar que se atopa na Praza do Concello. Alí van as persoas maiores, reúnense e tamén botan unhas partidas as cartas ou ó dominó. A ese bar soamentes van as persoas maiores aínda que tamén podemos ir os rapaces. Ten dúas plantas, na de abaixo está o bar e as mesas onde os “vellos” xogan e conversan, e na primeira planta hai un salón onde ás veces se celebran bailes e festas para os maiores.
  • 25. PARQUE INFANTIL Os nenos e as nenas de Cuntis sóense atopar neste parque tódas ás tardes á saída do colexio. Este parque construíuse fai pouco polo que aínda lle quedan varias cousas para que estea completamente rematado. Cando este parque non existía os nenos tiñan outro parque que está a uns cantos metros deste pero non tiña tantos xogos. Onde agora mesmo está sitado este parque antigamente estaban as escolas de infantil e de primaria. Este parque consta de un chan de tipo moqueta que amortigua as caídas dos cativos.
  • 26. AS CAMPAÍÑAS Un dos lugares maís fermosos de Cuntis son as fervenzas da Patela que se atopan moi preto do Castro de Castrolandín. A auga cae dende unha boa altura para morrer nunhas pozas que serven de piscina natural e ao mesmo tempo de lugar de encontro entre rapaces e rapazas dos arredores. Neste recanto xuntanse o cantaruxar das augas coa frescura das sombras e o silencio dunha antiga fraga. As augas baixan toleironas dende Mesego e serviron de enerxía para botar a andar os muíños que alí se atopan e unha antiga central hidroeléctrica. Máis abaixo van amansando para morrer no río Gallo nas toxeiras das Barcias, detrás do Restaurante Don Manuel.
  • 27. POMBAL Este pombal atópase en Transponte, a carón do Convento de San Bieito. Os pombais son raros complementos da vivenda rural , debido ó seu custe e a escaseza da rendibilidade, por iso aparecen nas fincas pertencentes ós pazos, ás casas reitorais ou ás casas grandes de campesiños acomodados. É unha construción con forma cilíndrica, cun radio e unha altura aproximadamente igual ó seu diámetro. A súa cuberta é cónica de forma que cando chove a auga escorregue cara o chan. Ten moi poucas entradas para as pombas, unha cornixa para que estas alcen o voo e unha porta de acceso para as persoas.
  • 28. FORXA DO FERREIRO Esta forxa está situada na rúa Convento. Como se pode ver está en ruinas. Ó seu dono era Alfonso Eiras, un home bon, moi tranquilo e simpático. Adicábase a forxar metais e arranxar os útiles de labranza como picar eixadas, machadas, gadañas, fouciño, etc. Traballaba sobre unha pedra, cuberta de reixas, na cal avivaba o lume, pasando unha corrente de aire horizontal por medio dun fol manual. E para arrefriar os metais tiña un pio con auga corrente dun regato que pasaba por detrás do taller. Daquela tiña moito traballo porque a maioría da xente dedicábase á labranza manual, porque non había máquinas. É unha pena que estea en ruinas porque é un sitio que garda moitos recordos do lugar.
  • 29. CASAS (Andrea) Esta casa, que se atopa en Piñeiros, está feita con pedra do país, con boa orientación cara o sol, e cun tellado de pizarra traído de terras ourensás. Unha grande cheminea que dá calor suficiente para quentar o espazo interior. Para cortar a monotonía das liñas rectas preséntanse un pórtico e unha balconada, levantadas coa axuda dunhas columnas traballadas en pedra. Unha ampla vidrieira de forma semicircular permite unha grande luminosidade nas estancias interiores. No entorno hai unha abondosa presenza de céspede con algunhas arbores de folla caduca que permitirán boa sombra no verán e a chegada dos escasos raios de sol no inverno. Gústame esta vivenda porque ten novas técnicas de construción.
  • 30. Esta casa atópase nas Casas do Monte, en Calvos, é unha das que me gusta xa que se introduce no medio. É unha casa antiga restaurada fai uns catro anos. Está feita en pedra e con teito de tella do país.Ten unha cheminea na que hai catro picos. Na fachada principal hai un soportal suxeito por dúas columnas feitas en pedra. A vivenda está construída nunca finca de 1700 m2 que está rodeada por un muro de pedra. Dentro da finca, pola parte de atrás hai un alpendre como a casa. Tamén se pode ver o que antigamente se chamaba o pío, que era onde se lavaba a roupa e tiña auga correndo continuamente que procedia de mananciais.
  • 31. Esta vivenda está situada o carón dun río que é afluente do río Gallo na rúa Presiña, Cuntis. É unha casa de pedra que foi restaurada hai uns anos. Antigamente debeu pertencer a unha familia nobre porque na súa fachada as cornixas das ventás están esculpidas, propias de familias con poder económico. É unha casa de dúas plantas que nun dos seus lados ten unha galería. Desde fóra pódese ver que é unha casa moi ampla. No seu exterior atópase un pequeno pero orixinal xardín, xa que está feito con cactos moi grandes, un garaxe e un lugar onde se atopa unha barbacoa. Non me gusta porque destaca entre as demais do seu arredor. Esta casa atópase en Transponte. É da época dos nosos avós. Como pode verse non está habitada e está en ruinas. É de pedra e o seu teito de tella do país. Esta casa ten dous pisos. No inferior e onde se gardaban os animais, que daban calor ó piso superior, onde vivían as persoas. Para subir ó andar superior hai unhas escaleiras a carón da casa. Na súa fachada, no piso superior, hai un balcón. Na parte de atrás da casa hai un alpendre onde seguramente gardaban as ferramentas do campo. Non me gusta porque a parede do alpendre está pintada de branco.
  • 32. CASAS (Eva) Estas son as dúas casas que me gustan. O motivo básico disto é porque son de pedra e intégranse ben no medio. A primeira está restaurada, situada na rúa da Presiña, foi a antiga consulta dun médico ata que a súa parte de madeira se foi desfacendo. A segunda está na rúa da Circunvalación Don Aurelio. Foi feita nova. Gústame porque ten unha boa arquitectura e uns xardíns amplos con variedade de árbores, é ecolóxica porque ten paneis solares. Ademais ten un cruceiro de pedra e un hórreo que sobresae polo muro.
  • 33. CASAS (Olaya Rivas) A casa de arriba gústame xa que é unha casa restaurada . Ten o tellado de tella, cousa que nas casas de Cuntis se ve moito. As varandas dos balcóns e das xanelas son de cor vermella e por iso combina mellor coa cor das tellas e co cerrado que ten a casa por fora. Tamén me gusta esta casa por que é de pedra restaurada e ten unha galería por onde entra a luz solar. Esta casa integrase ben no medio polo tellado e pola pedra que ten. A casa número de abaixo gústame porque atópase en pleno centro de Cuntis. Tamén me gusta pola pedra que utilizaron para construíla. Enriba do tellado ten una pequena xanela e ós lados uns adornos en forma de espiral esculpidos na pedra. Outro motivo polo cal me gusta e polos dous tipos de balcóns que utilizaron para facer a casa. Un o balcón que esta a nivel da fachada e o outro que sobresae.
  • 34. Esta casa non me gusta. Atópase en pleno centro de Cuntis. Non me gusta por varios motivos. O primeiro motivo polo cal esta casa non me gusta e porque ten as persianas, a baranda e o cerrado de fóra coas cores da bandeira de Galicia que non pegan nada coa pedra. O segundo motivo é porque ten escaleiras diante da porta da entrada. Outro elemento que destaca negativamente é que por fóra é de de pedra e despois ten unha parte pintada de branco.
  • 35. CASAS (Rubén Campos) A primeira casa non me gusta porque está abandonada no centro da vila, a pesar de que os propietarios son ricos. O Concello no fai nada e a casa é un perigo, sobre todo cando hai temporal. A segunda non me gusta nin polo tellado, nin polo color das paredes. Non pega nada no entorno.
  • 36. CASAS (Santiago) A casa que a min me gusta está situada na Rúa da Presiña.É unha casa de dúas plantas, de pedra, ten as ventás, a porta da entrada e o portal de cor granate, e tamén ten un garaxe para gardar os vehículos. A min gústame porque é unha casa grande, ten un cerrado moi bonito, que por diante da casa e polo lado dereito está todo cerrado para que non se vexa o que están facendo, é ampla, parece acolledora. O que máis me gusta desta casa e a galería tan grande que ten no lado esquerdo que debe de ser o comedor.Tamén ten un pequeno balcón na segunda planta por diante. Polo lado dereito da casa pasa un pequeno río. Ten unhas vistas bastantes bonitas, xa que enfronte da casa está o parque do Castro. Tamén me gusta porque a casa está situada nun lugar bastante tranquilo e silencioso. A casa que menos me gusta tamén está situada na Rúa da Presiña. É unha casa bastante vella, que está en ruínas. Na planta de abaixo ten tres portas de cor verde con cristal no centro de cadansúa. No segundo ten unha ampla galería de madeira en moi mal estado. Non ten unas vistas bonitas porque enfronte da casa hai outra casa abandonada. Caeulle parte do tellado. Tampouco me gustan os ladrillos e a pintada.
  • 37. MEU CURRUNCHO (Andrea) O meu curruncho preferido atopase o carón do río Gallo e do parque do Castro´. É un lugar onde se pode gozar da tranquilidade da vila. Co murmurio tranquilizador das augas do río que caen polas numerosas fervenzas que hai. Fai uns meses melloraron o lugar poñendo a estrada asfaltada, impedindo que se levantara po e terra que molestase as persoas. Ó longo do camiño puxeron bancos para que as persoas se puideran sentar e ademais instalaron farolas, que durante as noites iluminan todo o camiño, facendo que sexa un lugar perfecto para pasear.
  • 38. MEU RECUNCHO (Eva) Está situado a carón do centro médico e o Centro socio-cultural Xosé Raído Patelas, na rúa Olimpio Arca. Ó fondo da foto está o río Gallo (afluente do Umia) aínda que non se ve. Esta zona é rica en árbores como palmeiras, castiñeiros, chopos, ameneiros, abetos, etc. Hai bancos para sentarse e gozar da natureza e tranquilidade do lugar. Moita xente pasea por alí as súas mascotas e pasan a tarde xogando á pelota. Anque ó seu lado pase a estrada, de momento é un lugar tranquilo. Dentro duns anos cabe a posibilidade de que non sexa tan tranquilo, pois hai un proxecto de facer chalés á beira do río. É o meu lugar preferido porque me gusta a natureza e no verán as miñas amigas e eu vamos dar unha volta en bici, xogamos e botamos carreiras. Hai que dicir que é un bo sitio para darse un baño no verán e coller castañas no outono.
  • 39. MEU RECUNCHO (Rubén) Este é o meu sitio preferido porque é onde mellor o paso cos meus amigos. É o parque do Castro, propiedade privada do Balneario pero aberto ao público, a carón do río Gallo. Paseino moi ben aquí porque é onde iamos xogar ó fútbol. As dúas árbores da dereita eran unha porteria e a árbore da esquerda era outra. O outro poste facíamolo con pedras ou unha cana que houbera polo chan. O que máis me gustaba era cando nos caía o balón ó río e tiñamos que meternos nel para intentar sacalo. Tamén recordo con pracer moitas das historias que nos pasaron aquí.
  • 40. MEU RECUNCHO (Santiago) O meu recuncho preferido está situado no lado dereito do Auditorio. É un lugar onde hai unhas escaleiras para subir ó Auditorio. É un lugar moi tranquilo, xa que non hai moito ruído e normalmente non soe haber ninguén. Este é o lugar onde mellor me concentro, e cando teño que pensar algo moi importante sempre o penso alí, xa que é bastante tranquilo. Tamén se teño lle que estar a soas con alguén para pedirlle ou contarlle algo importante case sempre o levo para este lugar. Non é moi acolledor, xa que ten as paredes bastantes pintadas, e a min isto non me gusta nada, pero segue sendo o meu recuncho preferido. Tamén o paso moi ben alí, cando vou cos meus amigos e amigas.
  • 41. XENTE: o adestrador e o zapateiro Jose Antonio Pardal Baños, adestrador do Clube Atletismo Cuntis e dalgÚns atletas que se atopan no Centro de Tecnificación de Pontevedra, tamén é o actual detector de talentos deportivos dentro do ámbito do atletismo galego. É un adestrador que leva a competir ós seus atletas por toda Europa. Algún dos seus atletas máis destacados son: Eva Mª Iglesias, Marisol Diz, Rocío Carbia e Juan Carlos Ríos en marcha; Francisco Vilas, Miguel Otero e Cristina González en medio fondo; Veronica Argibay e Irene Gesto en valas. Ten entre o seu cadro de atletas a campións galegos consecutivos, campións de España e representantes nos Campionatos de Europa. O home da fotografía é un zapateiro dos tres que hai en Cuntis. O seu comercio atópase na Praza de Galicia. Ten moitas ferramentas e máquinas para poder realizar correctamente o seu traballo. Ademais de dedicarse a facer e arranxar zapatos tamén traballa con chaves, cinturóns e demais prendas de coiro. No seu establecemento ten dúas seccións, unha é a parte da tenda onde atende á xente e a outra o taller onde se dedica a traballar co coiro e onde ten a maquinaria necesaria.
  • 42. XENTE: o artesán, os bodegueiros, o sancristán e o garda forestal Ladisdilao Cao (Ladis) é un veciño ao que lle gusta moito facer cousas en madeira no taller que montou na casa. Estes dous vellos amigos, o Campaneiro e Rama, están facendo un pouco de viño sen mancharse. A esquerda de abaixo é o sancristán, coñecido coma o campaneiro, cociñando na casa. A persoa de abaixo á dereita é Manolo Torres, ou Manolo o de Follente, coñecido nas catro provincias de Galicia por ter sido garda forestal durante 48 anos. A foto está tomada no que el e seus amigos chaman o garito, onde fan moitas festas.