SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  6
Télécharger pour lire hors ligne
James
Benning
(Milwaukee, 1942)
Imaxe: Manfred Werner / Wikipedia
Estudou matemáticas na Universidade de Wisconsin-Milwaukee co apoio
dunha bolsa para a práctica de béisbol. Achegouse aos movementos civís
de finais dos 60 e implicouse na “Guerra contra a Pobreza”, primeiro
aprendéndolles a ler e escribir aos fillos dos traballadores emigrantes en
Colorado e logo no desenvolvemento dun programa de alimentos para as
persoas con necesidades de Missouri Ozarks.
Aos 33 anos rematou estudos de Belas Artes na Universidade de
Wisconsin; un dos seus profesores foi David Bordwell. Empezou a dar aulas
de cinema (Wisconsin, Oklahoma, California) e fixo as súas primeiras
longametraxes (11x14, One Way Boogie Woogie). En 1980 trasladouse a
Nova York e seguiu facendo filmes (American Dreams, Landscape Suicide)
e ao cabo de oito anos trasladouse de novo ao Oeste para ser profesor no
California Institute of the Arts.
James Benning é un artista-cineasta
profundamente americano, o último elo
dunha longa cadea de intelectuais libres e
libertarios amantes da natureza e do ser
humano, de Henry David Thoreau (influencia
confesa) a Walt Whitman. Nos seus filmes,
verdadeiros estudos sobre a paisaxe,
Benning interésase tamén pola pegada da
historia, a memoria colectiva, as
transformacións industriais e urbanas. A
paisaxe é unha “función do tempo”, no
sentido matemático do termo.
Até 2009 traballou con cámaras de cinema,
en 16mm, ás veces someténdose a unha
estrutura ríxida, coa duración dos planos
definida de antemán -os planos fixos de 2,5
minutos da “triloxía de California”, El Valley
Centro, Los e Sogobi; os planos de dez
minutos de 13 Lakes ou Ten Skies-, outras
veces “agardando” o que a paisaxe lle
ofrecía, coma no paso dos trens de RR.
Con Ruhr deixou a cámara de 16mm e empezou a traballar en vídeo dixital.
Desapareceu a limitación da lonxitude das bobinas: en vídeo pode estender
o plano tanto como sexa preciso. Tamén é máis fácil retocar dixitalmente a
imaxe, acelerar ou frear obxectos, mudar a iluminación do plano, incluso
introducir elementos que non estaban... O seu ritmo de traballo
multiplicouse sen perder os seus sinais de identidade. O seu espírito de
experimentación ensaia novas estratexias, coma o uso de material alleo (en
particular, vídeos tomados de Youtube) e os diálogos/revisións de filmes
clásicos norteamericanos, de Easy Rider a Faces, e radicaliza o tratamento
do tempo cara ás tres horas de BNSF ou os 77 minutos dunha nube en
Farocki. É o mesmo, mais é diferente. E o seu gusto polas matemáticas non
desapareceu: volve con ganas en natural history, onde a duración dos
planos vén definida polos primeiros 27 díxitos do número π.
“Cada pouco imparto un curso no Instituto Californiano das Artes
titulado "Ollar e Escoitar". Cada semana dez ou doce estudantes
imos a algures para practicar o feito de prestar atención. Botamos un
día enteiro cruzando un campo petrolífero, xuntámonos unha mañá
cedo para ollar como o ceo se vai enchendo de luz, pasamos dez
horas nos autobuses locais ou unha noite percorrendo a 5th Street
na sección dos sen teito no centro de Los Angeles. Descubrimos que
mirar e escoitar é un acto político, e que as diferenzas na maneira en
que percibimos reflicten os nosos prexuízos coma individuos...”
James Benning
James Benning é unha presentación de Martin Pawley para Filmoteca Fórum e O ano
que o cinema nos cativou, obradoiros de cinema do Fórum Metropolitano e Centro
Ágora. Fonte das imaxes: Wikipedia, capturas de pantalla do filme citado.

Contenu connexe

En vedette

En vedette (16)

Bob Dylan e o cinema
Bob Dylan e o cinemaBob Dylan e o cinema
Bob Dylan e o cinema
 
Produción
ProduciónProdución
Produción
 
Pierre Étaix
Pierre ÉtaixPierre Étaix
Pierre Étaix
 
Raoul Coutard (1924-2016)
Raoul Coutard (1924-2016)Raoul Coutard (1924-2016)
Raoul Coutard (1924-2016)
 
Antes do cinema
Antes do cinemaAntes do cinema
Antes do cinema
 
Abderrahmane Sissako
Abderrahmane SissakoAbderrahmane Sissako
Abderrahmane Sissako
 
Pioneiros
PioneirosPioneiros
Pioneiros
 
Lupita Tovar (1910-2016)
Lupita Tovar (1910-2016)Lupita Tovar (1910-2016)
Lupita Tovar (1910-2016)
 
John Ford
John FordJohn Ford
John Ford
 
D. W. Griffith
D. W. GriffithD. W. Griffith
D. W. Griffith
 
Alemaña anos 20
Alemaña anos 20Alemaña anos 20
Alemaña anos 20
 
Georges Méliès
Georges MélièsGeorges Méliès
Georges Méliès
 
Buster Keaton
Buster KeatonBuster Keaton
Buster Keaton
 
Cinema mudo en portugal
Cinema mudo en portugalCinema mudo en portugal
Cinema mudo en portugal
 
Rostros da comedia: anos 20
Rostros da comedia: anos 20Rostros da comedia: anos 20
Rostros da comedia: anos 20
 
F. W. Murnau
F. W. MurnauF. W. Murnau
F. W. Murnau
 

Plus de filmotecaforum

Plus de filmotecaforum (20)

DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
 
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
 
DirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy ArznerDirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy Arzner
 
DirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida LupinoDirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida Lupino
 
Cinema palestino
Cinema palestinoCinema palestino
Cinema palestino
 
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadeA Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
 
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesA Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
 
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinema
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
 
Mulleres no western
Mulleres no westernMulleres no western
Mulleres no western
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abril
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallas
 
Kinuyo Tanaka
Kinuyo TanakaKinuyo Tanaka
Kinuyo Tanaka
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembène
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80
 
Hollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSSHollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSS
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
 

James Benning

  • 2. Estudou matemáticas na Universidade de Wisconsin-Milwaukee co apoio dunha bolsa para a práctica de béisbol. Achegouse aos movementos civís de finais dos 60 e implicouse na “Guerra contra a Pobreza”, primeiro aprendéndolles a ler e escribir aos fillos dos traballadores emigrantes en Colorado e logo no desenvolvemento dun programa de alimentos para as persoas con necesidades de Missouri Ozarks. Aos 33 anos rematou estudos de Belas Artes na Universidade de Wisconsin; un dos seus profesores foi David Bordwell. Empezou a dar aulas de cinema (Wisconsin, Oklahoma, California) e fixo as súas primeiras longametraxes (11x14, One Way Boogie Woogie). En 1980 trasladouse a Nova York e seguiu facendo filmes (American Dreams, Landscape Suicide) e ao cabo de oito anos trasladouse de novo ao Oeste para ser profesor no California Institute of the Arts.
  • 3. James Benning é un artista-cineasta profundamente americano, o último elo dunha longa cadea de intelectuais libres e libertarios amantes da natureza e do ser humano, de Henry David Thoreau (influencia confesa) a Walt Whitman. Nos seus filmes, verdadeiros estudos sobre a paisaxe, Benning interésase tamén pola pegada da historia, a memoria colectiva, as transformacións industriais e urbanas. A paisaxe é unha “función do tempo”, no sentido matemático do termo. Até 2009 traballou con cámaras de cinema, en 16mm, ás veces someténdose a unha estrutura ríxida, coa duración dos planos definida de antemán -os planos fixos de 2,5 minutos da “triloxía de California”, El Valley Centro, Los e Sogobi; os planos de dez minutos de 13 Lakes ou Ten Skies-, outras veces “agardando” o que a paisaxe lle ofrecía, coma no paso dos trens de RR.
  • 4. Con Ruhr deixou a cámara de 16mm e empezou a traballar en vídeo dixital. Desapareceu a limitación da lonxitude das bobinas: en vídeo pode estender o plano tanto como sexa preciso. Tamén é máis fácil retocar dixitalmente a imaxe, acelerar ou frear obxectos, mudar a iluminación do plano, incluso introducir elementos que non estaban... O seu ritmo de traballo multiplicouse sen perder os seus sinais de identidade. O seu espírito de experimentación ensaia novas estratexias, coma o uso de material alleo (en particular, vídeos tomados de Youtube) e os diálogos/revisións de filmes clásicos norteamericanos, de Easy Rider a Faces, e radicaliza o tratamento do tempo cara ás tres horas de BNSF ou os 77 minutos dunha nube en Farocki. É o mesmo, mais é diferente. E o seu gusto polas matemáticas non desapareceu: volve con ganas en natural history, onde a duración dos planos vén definida polos primeiros 27 díxitos do número π.
  • 5.
  • 6. “Cada pouco imparto un curso no Instituto Californiano das Artes titulado "Ollar e Escoitar". Cada semana dez ou doce estudantes imos a algures para practicar o feito de prestar atención. Botamos un día enteiro cruzando un campo petrolífero, xuntámonos unha mañá cedo para ollar como o ceo se vai enchendo de luz, pasamos dez horas nos autobuses locais ou unha noite percorrendo a 5th Street na sección dos sen teito no centro de Los Angeles. Descubrimos que mirar e escoitar é un acto político, e que as diferenzas na maneira en que percibimos reflicten os nosos prexuízos coma individuos...” James Benning James Benning é unha presentación de Martin Pawley para Filmoteca Fórum e O ano que o cinema nos cativou, obradoiros de cinema do Fórum Metropolitano e Centro Ágora. Fonte das imaxes: Wikipedia, capturas de pantalla do filme citado.