SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  22
Filmografía no cine:
La isla mínima (2014)
Rafael (2008)
Bellas durmientes (2001)
A nena (1997)
Filmografía na televisión:
El Príncipe (2015)
El tiempo entre costuras (2013)
El secreto de Puente Viejo (2013)
Padre Casares (2012) en Televisión de Galicia
Matalobos (2009-2010) en Televisión de Galicia
O Nordés (2009) en Televisión de Galicia
MIR (2007)
Debutou no cine con 16 anos, en 1997, na película Nena do director
galego Xavier Bermúdez.
Traballou nas series da TVG Matalobos e Padre Casares. Tamén
participou a nivel nacional nas series “El tiempo entre costuras” e “El secreto de
Puente Viejo” de A3 e “El príncipe” de Tele5.
A súa participación na película “La isla mínima” levouna a acadar o
Premio Goya á Mellor Actriz Revelación.
Nacida en Viveiro (Lugo) en 1902, é unha
pintora surrealista.
Estuda na Academia de Belas Artes de
Madrid, lugar onde entabla amizade con
persoeiros destacados como Salvador Dalí,
Lorca, Buñuel, Rafael Alberti,…
Obtivo unha beca de ampliación de
estudos, que lle permitiu ir a París, onde
coñece a Picasso e Joan Miró.
Ademais de pintar cadros, ilustrou moitos
libros e revistas. Un dos seus cadros,
Espantapájaros, é considerada unha das
grandes obras surrealistas.
Posteriormente trasládase a Bos Aires e
Chile, onde coincide con Pablo Neruda.
Recibe a Medalla de Ouro de Belas Artes e a Medalla de Ouro da Xunta de
Galicia. Expón no Centro Galego de Arte Contemporánea.
Morre no 1995.
Naceu en Ferrol no 1952. É licenciada
en Filoloxía pola Universidade de Santiago.
Traballou en publicidade, foi
presentadora, actriz de dobraxe,…
Comezou no teatro en varias
compañías, entre elas o Centro Dramático
Galego. Saltou á fama nunha serie da TVG
(Pratos Combinados). Tamén traballou
noutras series de TVG como Libro de
familia, O Nordés...
Participou en varias películas:
El bosque animado.
Hotel Tívoli (polo que obtivo o premio Mestre Mateo).
Los caprichos de Goya.
El orfanato.
Engurras.
Mar adentro, pola que obtivo un Premio Goya á Mellor Interpretación de Reparto.
Esta película levou o Oscar á Mellor película estranxeira.
Ten numerosos premios e
galardóns, entre os que destacamos:
*Premio Nacional das músicas actuais.
*Medalla Castelao.
*Premio Goya á mellor canción orixinal
pola canción “Tu bosque animado”.
*Medalla das Artes e as Letras de Francia.
Nacida en Boimorto (A Coruña) no 1958. Estudou piano, solfexo e ballet.
É unha cantante de pop-rock. Aínda que a maioría da súa obra é en castelán, ten
cancións en galego (Negra Sombra, con Carlos Núñez) e en francés.
Vendeu máis de 5 millóns de copias dos seus discos. Participou en
bandas sonoras de varias películas: O bosque animado, “Tacones lejanos”, “Solo
mía”.
Publicou numerosos discos, sendo os máis coñecidos A contraluz,
Como la flor prometida e Un mar de confianza.
Cantante de fama internacional, sendo un ídolo en Francia.
Obtivo moitos premios en Galicia, a
nivel nacional e internacional, entre eles:
*Premio Nacional de Literatura Infantil e
Xuvenil (O misterio dos fillos de Lúa).
*Premio Merlín de Literatura Infantil (Dúas
bágoas por Máquina).
*Finalista para o premio Hache 2010.
Desde o 2013 é membro da Real
Academia Galega.
Naceu en Xeve (Pontevedra). Dende os dezanove anos, exerceu a
profesión de mestra de primaria e tamén de secundaria.
Autora de múltiples obras de literatura infantil e xuvenil, de
gastronomía, pequenos contos,… entre as que destacamos:
*Dúas bágoas por Máquina
*Chamizo
*¡Asústate Merche!,
*Ás de mosca para Anxo
*O libro da Empanada (gastronómico)
Nace en A Coruña. Estuda no
Colexio francés de Madrid. Foi unha
muller anticipada ao seu tempo que tiña
a capacidade de non pasar inadvertida.
Escritora en lingua castelá,
intelectual, xornalista, crítica literaria,
viaxeira e sobre todo feminista. Aos
quince publica o primeiro dos seus
numerosísimos contos (máis de
cincocentos). É directora da Revista de
Galicia.
Escribiu 18 novelas, entre as que
destacan La tribuna, Los pazos de
Ulloa. Tamén escribiu varias obras
teatrais.
En recoñecemento dos seus méritos artísticos, o rei Alfonso XIII concedeulle
o título nobiliario de condesa de Pardo Bazán.
Ela, xunto con Concepción Arenal, está considerada como unha das
precursores do movemento feminista en España.
Morreu en Madrid no ano 1921.
Naceu en Santiago no 1837.
Trasládase a Madrid, onde casa con Manuel
Murguía.
Rosalía de Castro escribiu tanto en prosa coma en
verso, empregando o galego e o castelán. A súa obra
estivo profundamente marcada polas circunstancias
que rodearon a súa vida: a súa orixe, os problemas
económicos, a perda dos seus fillos e a súa fráxil
saúde. Está considerada como a figura máis
importante do Rexurdimento galego.
En 1863 foi publicado en Vigo o seu primeiro
grande libro, Cantares gallegos, que constitúe o
primeiro libro escrito en galego nunha época na que a
lingua galega estaba extinta coma lingua escrita.
En 1880 a escritora publicou unha escolma de poemas á que chamaría Follas
Novas.
En castelán publicaría La flor, A mi madre e En las orillas del Sar e a novela El
caballero de las botas azules.
Morre no 1885. Os seus restos repousan no Panteón de Galegos Ilustres
(Santiago).
Naceu en Ribadeo (Lugo) no ano 1922. É unha poeta galega. Realizou estudos
musicais, de maxisterio e de filoloxía románica.
Traballou en Vigo como profesora nun instituto de secundaria. Foi codirectora da
revista Nordés.
Membro da Real Academia Galega desde o ano 1996. A autora achega unha
poesía sensual e profunda, tratando temas coma o amor, a patria, a liberdade e
mesmo a morte.
Foi nomeada socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Desde o seu primeiro poemario, O paxaro na boca, publicou multitude de obras.
Salientar:
-Concerto de outono.
-Vida secreta de Rosalía.
-As vodas palatinas.
-Deter o día cunha flor.
Acadou diversos recoñecementos. Entre eles:
-Premio Celanova Casa dos Poetas.
-Premio da Crítica de poesía galega.
-Premio Cultura das Letras Galegas.
-Premio Laxeiro.
Naceu en 1880 en A Coruña, foi pedagoga,
tradutora, lingüista e profesora galega.
Foi constante na dedicación á educación e
instrución, á renovación educativa, á defensa
dos dereitos das mulleres, á xustiza, liberdade,
ao progreso,…
Introduciu en Galicia os principios
educativos de María Montessori.
Cursou a carreira de Maxisterio na Escola
Normal de A Coruña. Puxo en marcha
numerosas iniciativas de carácter pedagóxico.
Alcanzou enorme prestixio polos seus métodos
renovadores. Foi unha firme defensora dos
dereitos das mulleres e traballou pola súa
emancipación social, cultural e profesional.
Foi destituída dos seus cargos e obrigada a
xubilarse cando contaba con 60 anos, por
razóns políticas.
Morreu no ano 1970.
Naceu en Ferrol no ano 1820. Foi licenciada en
Dereito, xornalista, poeta e autora dramática.
Foi a primeira muller en asistir á universidade. É
bastante probable que asistise disfrazada de home
ás aulas da carreira de Dereito, xa que nese
momento non se permitía legalmente o acceso das
mulleres aos estudos superiores en España.
Con ela naceu o feminismo en España. Desde moi
nova rebelouse contra a marxinación da muller,
reivindicando a igualdade en todos os ámbitos.
Dedicouse a axudar a mulleres presas e á
literatura, escribindo multitude de obras, tanto en
castelán como en francés.
Das súas obras sobre a condición feminina sobresalen La mujer de su
casa e La mujer del porvenir.
Manual del visitador del preso.
Ensayo sobre derechos de gentes.
El visitador del preso.
La beneficencia, la filantropía y la caridad.
Morre en vigo en 1893.
Naceu nunha parroquia de Ferrol, no ano 1916.
Dedicou a súa vida á oceanografía.
Cursou os seus estudos universitarios en
Santiago e Madrid. Tras rematar, investigou no
Instituto Español de Oceanografía (Vigo).
Continuou a súa labor investigadora en Estados
Unidos. Foi a primeira muller en actuar como
científica nun barco de investigación británico.
Durante as súas investigación descubriu un
total de 22 novas especies animais mariñas.
Foi profesora universitaria en México e EEUU.
Desde a súa xubilación estudou a historia da
primeira expedición científica ao Atlántico e
Pacífico, a finais do século XVIII.
Publicou varios libros científicos. Na súa honra, dúas especies mariñas (unha
delas unha medusa) levan o seu apelido en latín: alvarinoae.
Recibiu a Medalla de Prata de Galicia. No ano 2012, a un buque botado en Vigo,
do Instituto Español Oceanográfico, foille posto o seu nome.
Morreu en California (EEUU) en 2005.
Nada no concello de Oleiros (A Coruña) no ano
1927, foi unha matemática investigadora. Desenvolveu
a súa labor en Estados Unidos e Canadá.
De nova cultivou moitas afeccións, entre as que
estaban o deporte e a música. A pesares de que a
familia quería que estudase enxeñería, para continuar
co negocio familiar (unha fundición en A Coruña),
licenciouse en Matemáticas en Madrid.
Concedéronlle unha beca para ampliar estudos en
EEUU, onde se doutorou. Volveu a España e traballou
tres anos como investigadora no Centro Superior de
Investigacións Científicas (CSIC). Despois foi traballar a
Canada e, finalmente, como profesora nunha
universidade de EEUU.
Regresou a Coruña para coidar da súa nai.
No ano 2007, a Unidade Muller e Ciencia da Xunta de Galicia creou o Premio
María Wonenburguer, para as mulleres que destacaran nos eidos da ciencia e
tecnoloxía.
Foi investida Doutora Honoris Causa pola Universidade de A Coruña.
Morreu en A Coruña en 2014.
Esta deportista, nacida en Cangas do Morrazo (Pontevedra) no ano 1982 é a
mellor piragüista española da historia, con presenza en tres citas olímpicas
consecutivas. Gañou numerosas medallas tanto a nivel nacional como
internacional.
Participou en K-1, K2 e K4 nas distancias de 200 e 500 metros.
Campioa Mundial en 2 ocasións (ademais de 7 pratas e 4 bronces)
Campioa Europea en 7 ocasións (ademais de 2 pratas e 3 bronces)
Actualmente acaba de retomar o adestramento, tras ser nai. Aspira a poder
competir nas Olimpíadas de Río de Xaneiro no 2016.
Naceu en Ribeira en 1995. É unha atleta galega, plusmarquista nacional na
categoría xuvenil na modalidade de triplo salto.
Foi elixida mellor atleta española xuvenil do ano 2011, 2012 e 2013. Neste
último ano tamén recibiu o premio Princesa de Asturias. En 2014, aínda en idade
júnior, proclamouse campioa absoluta de España de triplo salto.
Na temporada 2013 pasou a entrenar no Centro de Alto Rendemento de
Madrid. Na actualidade milita no clube de atletismo do F.C. Barcelona. Competiu
na primeira Copa de Galicia batendo o seu propio rexistro galego absoluto de
triplo salto en pista cuberta, saltando ata os 13,20 m, (20 cm máis do saltado un
ano antes por ela mesma). Esta marca significou ademais un novo rexistro en
categoría júnior en España.
O seu ouro no triplo salto no
Campionato do Mundo Júnior do verán de
2012, con 14,17 m de lonxitude, en
Barcelona, dispararon todas as
expectativas para a súa carreira deportiva
nesta modalidade.
Gañou distintas competicións en España
nas modalidades de triplo salto, salto de
lonxitude e velocidade (60 m lisos).
Na actualidade estuda INEF.
Nada o 9 de abril de 1987 en Santiago de
Compostela. É unha gran futbolista galega.
Xoga no posto de dianteira. Na Liga
Española milita desde 2008 no RCD Español
de Barcelona, co que acadou dous
campionatos de Copa en 2009 e 2010, e do
que foi máxima goleadora.
En 2010 disputou a liga de verán nos
Estados Unidos. Tamén xogou nas ligas rusa,
sueca e alemá.
Compartiu vestiario coas mellores
xogadoras do mundo neste deporte.
Quedou campioa de Europa de fútbol
feminino coa selección española no ano 2004.
Quedou oitava no FIFA Balón de Ouro do
ano 2014.
Nace no concello de Ribeira no ano 1996. É unha
nadadora galega.
Con doce anos comeza a bater marcas galegas
dalgunhas especialidades e atesoura máis de 40
récords galegos en distintas idades (12, 13, 14 e 15
anos), tanto en piscina curta como en piscina longa, e
en estilo libre, braza e estilos. En 2008, e con só doce
anos, consegue o subcampionato absoluto de Galicia
en 200 m braza.
En 2010 debuta internacionalmente na Copa
Comen de Sicilia. Participou en 2011 nos campionatos
de Europa de natación júnior, que se disputaron en
Belgrado, onde obtivo dúas medallas de ouro, nos
1500 m libres e nos 400 m estilos.
A súa actuación permítelle participar no mundial
júnior de Lima (Ecuador), onde remata quinta nos
1500. Nos Europeos júnior de 2012 obtivo o ouro en
800 m libres, a prata nos 400 m estilos e o bronce en
1500 m libres e no relevo 4x200.
Estuda no Centro Galego de Tecnificación
Deportiva, en Pontevedra.
Josefa Parada, de 25 anos, Cipriana Oujo, de 16 e María Fernández, de 14, que
nunha pequerrecha dorna, expoñéndose a unha morte segura, desafiaron o
temporal, andando e desandando tres veces preto de dúas millas para salvaren do
afogamento a moitos náufragos do “Santa Isabel”.
O Santa Isabel, un vapor-correo cargado de emigrantes que partira do porto da
Coruña con destino a Cádiz, afundira na madrugada do 2 de xaneiro dese mesmo
ano nas inmediacións de Sálvora. Josefa, Cipriana e María, saíron en auxilio de
pasaxeiros e tripulantes en canto sentiron o son da buguina pedindo axuda. Estas
valentes mulleres do mar fixeron un total de catro viaxes entre a illa e o Santa
Isabel. Na última delas remolcaron un dos botes salvavidas do barco ateigado de
asustados viaxeiros. Sen máis recursos ca unha pequena embarcación
e a forza dos seus brazos, as «heroínas de
Sálvora» lograron salvar a vida de medio cento de
persoas das 266 que ían a bordo. O resto faleceron
no accidente.
Estas bravas mulleres recibiron unha pensión
de por vida e a Cruz de Terceira Clase con
Distintivo Negro e Branco, do Consello de Estado.
Desde aquela o Concello de Ribeira ostenta o
título de «Moi nobre, moi leal e moi humanitaria
cidade».
É moi coñecida debido á súa defensa da Coruña do ataque dunha gran flota
inglesa dirixida por Francis Drake no ano 1589, en resposta á Grande Armada que o
ano anterior tentara a invasión de Inglaterra.
Os invasores superaban en número ás defensas da cidade.
Segundo a cónica da época a actuación desta heroína fixo retroceder unha
compañía inimiga, que recuou ao ver que o seu abandeirado fora morto tras pasar
as murallas.
Faleceu en Cambre en 1643 e, aínda que no testamento solicitaba ser
enterrada no convento de San Domingo da Coruña, non se conserva ningún
documento que o acredite nin se puido identificar a súa tumba.
Naceu arredor do ano 1560 no seo dunha
familia modesta. No ano 1581 co
carniceiro Xoán de Rois que morreu no
ano 1585, ao que lle seguirían outras tres
vodas máis.
Unha vida de vicisitudes xurídicas entre
as que figuran numerosos preitos.
Conmemórase a súa memoria coa
praza do concello na Coruña e unha
chama sempre acesa.
É unha figura mítica de Galicia e unha figura
lendaria de bandoleira galega dende finais do
século XIX, que, segundo a lenda, acadou gran
fama asaltando camiños e roubando a caciques
e cregos.
Os contos que falan a existencia dunha
bandida, que dirixiría a súa propia gavela de
ladróns. Son moitos e están espallados por toda
Galicia. Todos eles fan referencia ao século XIX.
Era unha bandoleira xenerosa, xa que axudaba
aos pobres.
Condenada nun xuízo amañado, por un
asasinato que non cometera, ingresa no cárcere.
Logra fuxir e comeza a súa loita por conseguir
vinganza.
Ademais dos contos, existe unha referencia
escrita que parece probar a existencia real de e
é unha mención que a escritora e penalista
Concepción Arenal fai dela logo dunha visita ao
cárcere de A Coruña.
O primeiro disco do grupo Heredeiros da
Cruz, leva por título A cuadrilla de Pepa a Loba.
Naceu en Vigo no 1945. Ten sido unha pioneira
na loita integral contra o narcotráfico, denunciando
aos grandes traficantes e organizando plans
integrais de rehabilitación e reinserción. Fundou a
Federación Provincial e a Federación Galega de
Axuda ó Drogodependente.
Comeza esta loita tras ter dous fillos con
problemas de drogas. Presidenta da Asociación
Érguete de axuda ao toxicómano.
O labor de Carme Avendaño mereceu numerosos premios de recoñecemento
de diversas entidades, entre os que están:
-Premio Xustiza e Sociedade.
-Premio La Voz de Galicia á solidariedade.
-Cruz de Prata da Orde Civil da Solidariedade Social, que lle foi entregado pola
actual Raíña Sofía.
Desde 1999, ten o cargo de presidenta da Fundación Érguete, dedicada á
inserción sociolaboral das persoas con dificultades de integración, en especial,
dos toxicómanos.
Baseada na súa historia persoal, rodaron a película Heroína.
A xente, para falar de cousas antigas, di
que foi nos tempos dela.
Esta muller vivía no ano 1386 no que
sería o actual concello da Pobra do Brollón
(Lugo).
Foi unha fidalga galega que liderou
unha revolta contra o bispo en Lugo, que
obrigaba aos lucenses a pagar elevados
impostos, a finais do século XIV. Este foi
un século difícil e duro para o
campesiñado galego.
Xunto con outras moitas mulleres e
familias enfrontáronse ao recadador do
señor feudal. Un episodio máis das
numerosas loitas que as mulleres levaron
a cabo no mundo feudal na defensa do
pan, da alimentación dos seus e da paz.

Contenu connexe

Tendances (13)

Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Neria ViIas (por Uxía Rial)
Neria ViIas (por Uxía Rial)Neria ViIas (por Uxía Rial)
Neria ViIas (por Uxía Rial)
 
Paula carballeira
Paula carballeiraPaula carballeira
Paula carballeira
 
03 A madurez o compromiso coa cultura
03 A madurez o compromiso coa cultura03 A madurez o compromiso coa cultura
03 A madurez o compromiso coa cultura
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016
 
Manuel Rivas
Manuel RivasManuel Rivas
Manuel Rivas
 
Carlos casares
Carlos casaresCarlos casares
Carlos casares
 
Marilar aleixandre
Marilar aleixandreMarilar aleixandre
Marilar aleixandre
 
Álvaro cunqueiro
Álvaro cunqueiroÁlvaro cunqueiro
Álvaro cunqueiro
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Álvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroÁlvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emilio
 

En vedette

Plan De Estudios Medicina Unam
Plan De Estudios Medicina UnamPlan De Estudios Medicina Unam
Plan De Estudios Medicina Unam
nekochocolat
 
Viaje A La India
Viaje A La IndiaViaje A La India
Viaje A La India
titorome2
 
La EnseñAnza Tradicional
La EnseñAnza TradicionalLa EnseñAnza Tradicional
La EnseñAnza Tradicional
nekochocolat
 
PráCtica Red InaláMbrica Had Job
PráCtica Red InaláMbrica Had JobPráCtica Red InaláMbrica Had Job
PráCtica Red InaláMbrica Had Job
cristiancano20
 
Fundamentos De Luinguistica
Fundamentos De LuinguisticaFundamentos De Luinguistica
Fundamentos De Luinguistica
guest8bbcfd0
 
Presentation1
Presentation1Presentation1
Presentation1
rkelle01
 
Mar del plata_presentacion
Mar del plata_presentacionMar del plata_presentacion
Mar del plata_presentacion
gaby
 
Escuela los lagos de heredia
Escuela los lagos de herediaEscuela los lagos de heredia
Escuela los lagos de heredia
Rocío Goyenaga
 

En vedette (20)

Talleres San Juan de Lurigancho Comas Chosica
Talleres San Juan de Lurigancho Comas ChosicaTalleres San Juan de Lurigancho Comas Chosica
Talleres San Juan de Lurigancho Comas Chosica
 
Plan De Estudios Medicina Unam
Plan De Estudios Medicina UnamPlan De Estudios Medicina Unam
Plan De Estudios Medicina Unam
 
Viaje A La India
Viaje A La IndiaViaje A La India
Viaje A La India
 
3 Aniversario
3 Aniversario3 Aniversario
3 Aniversario
 
Proyectando uacde
Proyectando uacdeProyectando uacde
Proyectando uacde
 
Quiero Volver[1]
Quiero Volver[1]Quiero Volver[1]
Quiero Volver[1]
 
La EnseñAnza Tradicional
La EnseñAnza TradicionalLa EnseñAnza Tradicional
La EnseñAnza Tradicional
 
Lms
LmsLms
Lms
 
Crucigrama
CrucigramaCrucigrama
Crucigrama
 
PresentacióN Reciclaje Formador Rebeca
PresentacióN Reciclaje Formador RebecaPresentacióN Reciclaje Formador Rebeca
PresentacióN Reciclaje Formador Rebeca
 
Google Analytics
Google AnalyticsGoogle Analytics
Google Analytics
 
Cosas SúPer Kawaiitasticas Vienen
Cosas SúPer Kawaiitasticas VienenCosas SúPer Kawaiitasticas Vienen
Cosas SúPer Kawaiitasticas Vienen
 
PráCtica Red InaláMbrica Had Job
PráCtica Red InaláMbrica Had JobPráCtica Red InaláMbrica Had Job
PráCtica Red InaláMbrica Had Job
 
Fundamentos De Luinguistica
Fundamentos De LuinguisticaFundamentos De Luinguistica
Fundamentos De Luinguistica
 
Ed Distancia Venezuela
Ed Distancia VenezuelaEd Distancia Venezuela
Ed Distancia Venezuela
 
Presentation1
Presentation1Presentation1
Presentation1
 
Mar del plata_presentacion
Mar del plata_presentacionMar del plata_presentacion
Mar del plata_presentacion
 
RevolucióN Mexicana
RevolucióN MexicanaRevolucióN Mexicana
RevolucióN Mexicana
 
Clasificación de Páginas Web en Dominio Especifico
Clasificación de Páginas Web en Dominio EspecificoClasificación de Páginas Web en Dominio Especifico
Clasificación de Páginas Web en Dominio Especifico
 
Escuela los lagos de heredia
Escuela los lagos de herediaEscuela los lagos de heredia
Escuela los lagos de heredia
 

Similaire à DÍA DA MULLER- 2015

Galegas Ilustres
Galegas  IlustresGalegas  Ilustres
Galegas Ilustres
Fiz
 
Mulleres de armas tomar
Mulleres de armas tomarMulleres de armas tomar
Mulleres de armas tomar
equipobiblio
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
unriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
unriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
unriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
unriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
unriodeverbas
 

Similaire à DÍA DA MULLER- 2015 (20)

Galegas Ilustres
Galegas  IlustresGalegas  Ilustres
Galegas Ilustres
 
10 Grandes Mulleres galegas
10 Grandes Mulleres galegas10 Grandes Mulleres galegas
10 Grandes Mulleres galegas
 
Autores letras galegas
Autores letras galegasAutores letras galegas
Autores letras galegas
 
Mulleres galegas
Mulleres galegasMulleres galegas
Mulleres galegas
 
Concurso 8 de marzo. mulleres galegas 2021
Concurso 8 de marzo. mulleres galegas 2021Concurso 8 de marzo. mulleres galegas 2021
Concurso 8 de marzo. mulleres galegas 2021
 
Dip diaz castro
Dip diaz castroDip diaz castro
Dip diaz castro
 
Mulleres
MulleresMulleres
Mulleres
 
Mulleres de armas tomar
Mulleres de armas tomarMulleres de armas tomar
Mulleres de armas tomar
 
Miguelanxo prado
Miguelanxo pradoMiguelanxo prado
Miguelanxo prado
 
Rosalía de castro.pptx [reparado]
Rosalía de castro.pptx [reparado]Rosalía de castro.pptx [reparado]
Rosalía de castro.pptx [reparado]
 
Casa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de CastroCasa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de Castro
 
Galegas
GalegasGalegas
Galegas
 
Carlos Casares
Carlos CasaresCarlos Casares
Carlos Casares
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castro
 
DíA Das Letras Galegas
DíA Das Letras GalegasDíA Das Letras Galegas
DíA Das Letras Galegas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 

Plus de Fiz

Resumo t10 lengua_6
Resumo t10 lengua_6Resumo t10 lengua_6
Resumo t10 lengua_6
Fiz
 

Plus de Fiz (20)

LISTA DE COTEXO.pdf
LISTA DE COTEXO.pdfLISTA DE COTEXO.pdf
LISTA DE COTEXO.pdf
 
PARIS.pdf
PARIS.pdfPARIS.pdf
PARIS.pdf
 
Tarefa_1_módulo3-ref.pdf
Tarefa_1_módulo3-ref.pdfTarefa_1_módulo3-ref.pdf
Tarefa_1_módulo3-ref.pdf
 
Situacion_aprendizaxe.pdf
Situacion_aprendizaxe.pdfSituacion_aprendizaxe.pdf
Situacion_aprendizaxe.pdf
 
RUBRICA-VIDEOS.pdf
RUBRICA-VIDEOS.pdfRUBRICA-VIDEOS.pdf
RUBRICA-VIDEOS.pdf
 
Artropodos
ArtropodosArtropodos
Artropodos
 
Dinosauros
DinosaurosDinosauros
Dinosauros
 
CIENTÍFICAS/OS
CIENTÍFICAS/OSCIENTÍFICAS/OS
CIENTÍFICAS/OS
 
Escarlatina, a cociñeira defunta
Escarlatina, a cociñeira defuntaEscarlatina, a cociñeira defunta
Escarlatina, a cociñeira defunta
 
Papagaio
PapagaioPapagaio
Papagaio
 
Castelao hoxe en_dia
Castelao hoxe en_diaCastelao hoxe en_dia
Castelao hoxe en_dia
 
Comic invitacion
Comic invitacionComic invitacion
Comic invitacion
 
Comic invitacion
Comic invitacionComic invitacion
Comic invitacion
 
Agustín Fernández Paz
Agustín Fernández PazAgustín Fernández Paz
Agustín Fernández Paz
 
Revista "Caramiñas"
Revista "Caramiñas"Revista "Caramiñas"
Revista "Caramiñas"
 
R10 lingua sexto
R10 lingua sextoR10 lingua sexto
R10 lingua sexto
 
Resumo t11 lengua_6
Resumo t11 lengua_6Resumo t11 lengua_6
Resumo t11 lengua_6
 
Repaso tema 10_cast_sexto
Repaso tema 10_cast_sextoRepaso tema 10_cast_sexto
Repaso tema 10_cast_sexto
 
Resumo t10 lengua_6
Resumo t10 lengua_6Resumo t10 lengua_6
Resumo t10 lengua_6
 
R8 sociais 6
R8 sociais 6R8 sociais 6
R8 sociais 6
 

Dernier

Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Dernier (11)

Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 

DÍA DA MULLER- 2015

  • 1.
  • 2. Filmografía no cine: La isla mínima (2014) Rafael (2008) Bellas durmientes (2001) A nena (1997) Filmografía na televisión: El Príncipe (2015) El tiempo entre costuras (2013) El secreto de Puente Viejo (2013) Padre Casares (2012) en Televisión de Galicia Matalobos (2009-2010) en Televisión de Galicia O Nordés (2009) en Televisión de Galicia MIR (2007) Debutou no cine con 16 anos, en 1997, na película Nena do director galego Xavier Bermúdez. Traballou nas series da TVG Matalobos e Padre Casares. Tamén participou a nivel nacional nas series “El tiempo entre costuras” e “El secreto de Puente Viejo” de A3 e “El príncipe” de Tele5. A súa participación na película “La isla mínima” levouna a acadar o Premio Goya á Mellor Actriz Revelación.
  • 3. Nacida en Viveiro (Lugo) en 1902, é unha pintora surrealista. Estuda na Academia de Belas Artes de Madrid, lugar onde entabla amizade con persoeiros destacados como Salvador Dalí, Lorca, Buñuel, Rafael Alberti,… Obtivo unha beca de ampliación de estudos, que lle permitiu ir a París, onde coñece a Picasso e Joan Miró. Ademais de pintar cadros, ilustrou moitos libros e revistas. Un dos seus cadros, Espantapájaros, é considerada unha das grandes obras surrealistas. Posteriormente trasládase a Bos Aires e Chile, onde coincide con Pablo Neruda. Recibe a Medalla de Ouro de Belas Artes e a Medalla de Ouro da Xunta de Galicia. Expón no Centro Galego de Arte Contemporánea. Morre no 1995.
  • 4. Naceu en Ferrol no 1952. É licenciada en Filoloxía pola Universidade de Santiago. Traballou en publicidade, foi presentadora, actriz de dobraxe,… Comezou no teatro en varias compañías, entre elas o Centro Dramático Galego. Saltou á fama nunha serie da TVG (Pratos Combinados). Tamén traballou noutras series de TVG como Libro de familia, O Nordés... Participou en varias películas: El bosque animado. Hotel Tívoli (polo que obtivo o premio Mestre Mateo). Los caprichos de Goya. El orfanato. Engurras. Mar adentro, pola que obtivo un Premio Goya á Mellor Interpretación de Reparto. Esta película levou o Oscar á Mellor película estranxeira.
  • 5. Ten numerosos premios e galardóns, entre os que destacamos: *Premio Nacional das músicas actuais. *Medalla Castelao. *Premio Goya á mellor canción orixinal pola canción “Tu bosque animado”. *Medalla das Artes e as Letras de Francia. Nacida en Boimorto (A Coruña) no 1958. Estudou piano, solfexo e ballet. É unha cantante de pop-rock. Aínda que a maioría da súa obra é en castelán, ten cancións en galego (Negra Sombra, con Carlos Núñez) e en francés. Vendeu máis de 5 millóns de copias dos seus discos. Participou en bandas sonoras de varias películas: O bosque animado, “Tacones lejanos”, “Solo mía”. Publicou numerosos discos, sendo os máis coñecidos A contraluz, Como la flor prometida e Un mar de confianza. Cantante de fama internacional, sendo un ídolo en Francia.
  • 6. Obtivo moitos premios en Galicia, a nivel nacional e internacional, entre eles: *Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (O misterio dos fillos de Lúa). *Premio Merlín de Literatura Infantil (Dúas bágoas por Máquina). *Finalista para o premio Hache 2010. Desde o 2013 é membro da Real Academia Galega. Naceu en Xeve (Pontevedra). Dende os dezanove anos, exerceu a profesión de mestra de primaria e tamén de secundaria. Autora de múltiples obras de literatura infantil e xuvenil, de gastronomía, pequenos contos,… entre as que destacamos: *Dúas bágoas por Máquina *Chamizo *¡Asústate Merche!, *Ás de mosca para Anxo *O libro da Empanada (gastronómico)
  • 7. Nace en A Coruña. Estuda no Colexio francés de Madrid. Foi unha muller anticipada ao seu tempo que tiña a capacidade de non pasar inadvertida. Escritora en lingua castelá, intelectual, xornalista, crítica literaria, viaxeira e sobre todo feminista. Aos quince publica o primeiro dos seus numerosísimos contos (máis de cincocentos). É directora da Revista de Galicia. Escribiu 18 novelas, entre as que destacan La tribuna, Los pazos de Ulloa. Tamén escribiu varias obras teatrais. En recoñecemento dos seus méritos artísticos, o rei Alfonso XIII concedeulle o título nobiliario de condesa de Pardo Bazán. Ela, xunto con Concepción Arenal, está considerada como unha das precursores do movemento feminista en España. Morreu en Madrid no ano 1921.
  • 8. Naceu en Santiago no 1837. Trasládase a Madrid, onde casa con Manuel Murguía. Rosalía de Castro escribiu tanto en prosa coma en verso, empregando o galego e o castelán. A súa obra estivo profundamente marcada polas circunstancias que rodearon a súa vida: a súa orixe, os problemas económicos, a perda dos seus fillos e a súa fráxil saúde. Está considerada como a figura máis importante do Rexurdimento galego. En 1863 foi publicado en Vigo o seu primeiro grande libro, Cantares gallegos, que constitúe o primeiro libro escrito en galego nunha época na que a lingua galega estaba extinta coma lingua escrita. En 1880 a escritora publicou unha escolma de poemas á que chamaría Follas Novas. En castelán publicaría La flor, A mi madre e En las orillas del Sar e a novela El caballero de las botas azules. Morre no 1885. Os seus restos repousan no Panteón de Galegos Ilustres (Santiago).
  • 9. Naceu en Ribadeo (Lugo) no ano 1922. É unha poeta galega. Realizou estudos musicais, de maxisterio e de filoloxía románica. Traballou en Vigo como profesora nun instituto de secundaria. Foi codirectora da revista Nordés. Membro da Real Academia Galega desde o ano 1996. A autora achega unha poesía sensual e profunda, tratando temas coma o amor, a patria, a liberdade e mesmo a morte. Foi nomeada socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Desde o seu primeiro poemario, O paxaro na boca, publicou multitude de obras. Salientar: -Concerto de outono. -Vida secreta de Rosalía. -As vodas palatinas. -Deter o día cunha flor. Acadou diversos recoñecementos. Entre eles: -Premio Celanova Casa dos Poetas. -Premio da Crítica de poesía galega. -Premio Cultura das Letras Galegas. -Premio Laxeiro.
  • 10. Naceu en 1880 en A Coruña, foi pedagoga, tradutora, lingüista e profesora galega. Foi constante na dedicación á educación e instrución, á renovación educativa, á defensa dos dereitos das mulleres, á xustiza, liberdade, ao progreso,… Introduciu en Galicia os principios educativos de María Montessori. Cursou a carreira de Maxisterio na Escola Normal de A Coruña. Puxo en marcha numerosas iniciativas de carácter pedagóxico. Alcanzou enorme prestixio polos seus métodos renovadores. Foi unha firme defensora dos dereitos das mulleres e traballou pola súa emancipación social, cultural e profesional. Foi destituída dos seus cargos e obrigada a xubilarse cando contaba con 60 anos, por razóns políticas. Morreu no ano 1970.
  • 11. Naceu en Ferrol no ano 1820. Foi licenciada en Dereito, xornalista, poeta e autora dramática. Foi a primeira muller en asistir á universidade. É bastante probable que asistise disfrazada de home ás aulas da carreira de Dereito, xa que nese momento non se permitía legalmente o acceso das mulleres aos estudos superiores en España. Con ela naceu o feminismo en España. Desde moi nova rebelouse contra a marxinación da muller, reivindicando a igualdade en todos os ámbitos. Dedicouse a axudar a mulleres presas e á literatura, escribindo multitude de obras, tanto en castelán como en francés. Das súas obras sobre a condición feminina sobresalen La mujer de su casa e La mujer del porvenir. Manual del visitador del preso. Ensayo sobre derechos de gentes. El visitador del preso. La beneficencia, la filantropía y la caridad. Morre en vigo en 1893.
  • 12. Naceu nunha parroquia de Ferrol, no ano 1916. Dedicou a súa vida á oceanografía. Cursou os seus estudos universitarios en Santiago e Madrid. Tras rematar, investigou no Instituto Español de Oceanografía (Vigo). Continuou a súa labor investigadora en Estados Unidos. Foi a primeira muller en actuar como científica nun barco de investigación británico. Durante as súas investigación descubriu un total de 22 novas especies animais mariñas. Foi profesora universitaria en México e EEUU. Desde a súa xubilación estudou a historia da primeira expedición científica ao Atlántico e Pacífico, a finais do século XVIII. Publicou varios libros científicos. Na súa honra, dúas especies mariñas (unha delas unha medusa) levan o seu apelido en latín: alvarinoae. Recibiu a Medalla de Prata de Galicia. No ano 2012, a un buque botado en Vigo, do Instituto Español Oceanográfico, foille posto o seu nome. Morreu en California (EEUU) en 2005.
  • 13. Nada no concello de Oleiros (A Coruña) no ano 1927, foi unha matemática investigadora. Desenvolveu a súa labor en Estados Unidos e Canadá. De nova cultivou moitas afeccións, entre as que estaban o deporte e a música. A pesares de que a familia quería que estudase enxeñería, para continuar co negocio familiar (unha fundición en A Coruña), licenciouse en Matemáticas en Madrid. Concedéronlle unha beca para ampliar estudos en EEUU, onde se doutorou. Volveu a España e traballou tres anos como investigadora no Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Despois foi traballar a Canada e, finalmente, como profesora nunha universidade de EEUU. Regresou a Coruña para coidar da súa nai. No ano 2007, a Unidade Muller e Ciencia da Xunta de Galicia creou o Premio María Wonenburguer, para as mulleres que destacaran nos eidos da ciencia e tecnoloxía. Foi investida Doutora Honoris Causa pola Universidade de A Coruña. Morreu en A Coruña en 2014.
  • 14. Esta deportista, nacida en Cangas do Morrazo (Pontevedra) no ano 1982 é a mellor piragüista española da historia, con presenza en tres citas olímpicas consecutivas. Gañou numerosas medallas tanto a nivel nacional como internacional. Participou en K-1, K2 e K4 nas distancias de 200 e 500 metros. Campioa Mundial en 2 ocasións (ademais de 7 pratas e 4 bronces) Campioa Europea en 7 ocasións (ademais de 2 pratas e 3 bronces) Actualmente acaba de retomar o adestramento, tras ser nai. Aspira a poder competir nas Olimpíadas de Río de Xaneiro no 2016.
  • 15. Naceu en Ribeira en 1995. É unha atleta galega, plusmarquista nacional na categoría xuvenil na modalidade de triplo salto. Foi elixida mellor atleta española xuvenil do ano 2011, 2012 e 2013. Neste último ano tamén recibiu o premio Princesa de Asturias. En 2014, aínda en idade júnior, proclamouse campioa absoluta de España de triplo salto. Na temporada 2013 pasou a entrenar no Centro de Alto Rendemento de Madrid. Na actualidade milita no clube de atletismo do F.C. Barcelona. Competiu na primeira Copa de Galicia batendo o seu propio rexistro galego absoluto de triplo salto en pista cuberta, saltando ata os 13,20 m, (20 cm máis do saltado un ano antes por ela mesma). Esta marca significou ademais un novo rexistro en categoría júnior en España. O seu ouro no triplo salto no Campionato do Mundo Júnior do verán de 2012, con 14,17 m de lonxitude, en Barcelona, dispararon todas as expectativas para a súa carreira deportiva nesta modalidade. Gañou distintas competicións en España nas modalidades de triplo salto, salto de lonxitude e velocidade (60 m lisos). Na actualidade estuda INEF.
  • 16. Nada o 9 de abril de 1987 en Santiago de Compostela. É unha gran futbolista galega. Xoga no posto de dianteira. Na Liga Española milita desde 2008 no RCD Español de Barcelona, co que acadou dous campionatos de Copa en 2009 e 2010, e do que foi máxima goleadora. En 2010 disputou a liga de verán nos Estados Unidos. Tamén xogou nas ligas rusa, sueca e alemá. Compartiu vestiario coas mellores xogadoras do mundo neste deporte. Quedou campioa de Europa de fútbol feminino coa selección española no ano 2004. Quedou oitava no FIFA Balón de Ouro do ano 2014.
  • 17. Nace no concello de Ribeira no ano 1996. É unha nadadora galega. Con doce anos comeza a bater marcas galegas dalgunhas especialidades e atesoura máis de 40 récords galegos en distintas idades (12, 13, 14 e 15 anos), tanto en piscina curta como en piscina longa, e en estilo libre, braza e estilos. En 2008, e con só doce anos, consegue o subcampionato absoluto de Galicia en 200 m braza. En 2010 debuta internacionalmente na Copa Comen de Sicilia. Participou en 2011 nos campionatos de Europa de natación júnior, que se disputaron en Belgrado, onde obtivo dúas medallas de ouro, nos 1500 m libres e nos 400 m estilos. A súa actuación permítelle participar no mundial júnior de Lima (Ecuador), onde remata quinta nos 1500. Nos Europeos júnior de 2012 obtivo o ouro en 800 m libres, a prata nos 400 m estilos e o bronce en 1500 m libres e no relevo 4x200. Estuda no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, en Pontevedra.
  • 18. Josefa Parada, de 25 anos, Cipriana Oujo, de 16 e María Fernández, de 14, que nunha pequerrecha dorna, expoñéndose a unha morte segura, desafiaron o temporal, andando e desandando tres veces preto de dúas millas para salvaren do afogamento a moitos náufragos do “Santa Isabel”. O Santa Isabel, un vapor-correo cargado de emigrantes que partira do porto da Coruña con destino a Cádiz, afundira na madrugada do 2 de xaneiro dese mesmo ano nas inmediacións de Sálvora. Josefa, Cipriana e María, saíron en auxilio de pasaxeiros e tripulantes en canto sentiron o son da buguina pedindo axuda. Estas valentes mulleres do mar fixeron un total de catro viaxes entre a illa e o Santa Isabel. Na última delas remolcaron un dos botes salvavidas do barco ateigado de asustados viaxeiros. Sen máis recursos ca unha pequena embarcación e a forza dos seus brazos, as «heroínas de Sálvora» lograron salvar a vida de medio cento de persoas das 266 que ían a bordo. O resto faleceron no accidente. Estas bravas mulleres recibiron unha pensión de por vida e a Cruz de Terceira Clase con Distintivo Negro e Branco, do Consello de Estado. Desde aquela o Concello de Ribeira ostenta o título de «Moi nobre, moi leal e moi humanitaria cidade».
  • 19. É moi coñecida debido á súa defensa da Coruña do ataque dunha gran flota inglesa dirixida por Francis Drake no ano 1589, en resposta á Grande Armada que o ano anterior tentara a invasión de Inglaterra. Os invasores superaban en número ás defensas da cidade. Segundo a cónica da época a actuación desta heroína fixo retroceder unha compañía inimiga, que recuou ao ver que o seu abandeirado fora morto tras pasar as murallas. Faleceu en Cambre en 1643 e, aínda que no testamento solicitaba ser enterrada no convento de San Domingo da Coruña, non se conserva ningún documento que o acredite nin se puido identificar a súa tumba. Naceu arredor do ano 1560 no seo dunha familia modesta. No ano 1581 co carniceiro Xoán de Rois que morreu no ano 1585, ao que lle seguirían outras tres vodas máis. Unha vida de vicisitudes xurídicas entre as que figuran numerosos preitos. Conmemórase a súa memoria coa praza do concello na Coruña e unha chama sempre acesa.
  • 20. É unha figura mítica de Galicia e unha figura lendaria de bandoleira galega dende finais do século XIX, que, segundo a lenda, acadou gran fama asaltando camiños e roubando a caciques e cregos. Os contos que falan a existencia dunha bandida, que dirixiría a súa propia gavela de ladróns. Son moitos e están espallados por toda Galicia. Todos eles fan referencia ao século XIX. Era unha bandoleira xenerosa, xa que axudaba aos pobres. Condenada nun xuízo amañado, por un asasinato que non cometera, ingresa no cárcere. Logra fuxir e comeza a súa loita por conseguir vinganza. Ademais dos contos, existe unha referencia escrita que parece probar a existencia real de e é unha mención que a escritora e penalista Concepción Arenal fai dela logo dunha visita ao cárcere de A Coruña. O primeiro disco do grupo Heredeiros da Cruz, leva por título A cuadrilla de Pepa a Loba.
  • 21. Naceu en Vigo no 1945. Ten sido unha pioneira na loita integral contra o narcotráfico, denunciando aos grandes traficantes e organizando plans integrais de rehabilitación e reinserción. Fundou a Federación Provincial e a Federación Galega de Axuda ó Drogodependente. Comeza esta loita tras ter dous fillos con problemas de drogas. Presidenta da Asociación Érguete de axuda ao toxicómano. O labor de Carme Avendaño mereceu numerosos premios de recoñecemento de diversas entidades, entre os que están: -Premio Xustiza e Sociedade. -Premio La Voz de Galicia á solidariedade. -Cruz de Prata da Orde Civil da Solidariedade Social, que lle foi entregado pola actual Raíña Sofía. Desde 1999, ten o cargo de presidenta da Fundación Érguete, dedicada á inserción sociolaboral das persoas con dificultades de integración, en especial, dos toxicómanos. Baseada na súa historia persoal, rodaron a película Heroína.
  • 22. A xente, para falar de cousas antigas, di que foi nos tempos dela. Esta muller vivía no ano 1386 no que sería o actual concello da Pobra do Brollón (Lugo). Foi unha fidalga galega que liderou unha revolta contra o bispo en Lugo, que obrigaba aos lucenses a pagar elevados impostos, a finais do século XIV. Este foi un século difícil e duro para o campesiñado galego. Xunto con outras moitas mulleres e familias enfrontáronse ao recadador do señor feudal. Un episodio máis das numerosas loitas que as mulleres levaron a cabo no mundo feudal na defensa do pan, da alimentación dos seus e da paz.