SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  53
Télécharger pour lire hors ligne
OS DÍAS DAS LETRAS GALEGAS

    O Día das Letras Galegas é unha celebración cultural
  instituida no ano 1963, data na que se cumprían cen anos
       dende a publicación da obra de Rosalía de Castro
   “Cantares galegos”, considerada como punto de partida
    para o Rexurdimento, o volver a nacer da nosa cultura.
A súa finalidade é a de homenaxear a aquelas persoas que
  destacasen pola súa creación literaria en lingua galega ou
                   pola defensa do idioma.
     Anualmente a Real Academia Galega escolle unha
  personalidade diferente, tendo en conta que se esixe que
 pasasen como mínimo dez anos dende o seu falecemento.

                                    Por Ramón Beltrán Carballeira
ROSALÍA DE CASTRO
 Santiago de Compostela 1837 – Padrón 1885




UNHA VEZ TIVEN UN CRAVO

Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón
i eu non me acordo xa si era aquel cravo
de ouro, de ferro ou de amor.
Sóio sei que me fixo un mal tan fondo,
que tanto me atormentou,
que eu día e noite sin cesar choraba
cal choróu Madalena na Pasión.
Señor, que todo o podedes
-pedinlle unha vez a Dios-,
daime valor para arrincar dun golpe
cravo de tal condición.
…


FOLLAS NOVAS
                                1963
CASTELAO
         Rianxo 1886 – Bos Aires 1950



Galicia é a mellor esquina do solar
hispánico, cabo do mundo antigo e avanzada
de Europa nomar inmenso da libertade. A
arquitectura barroca do noso chan, labrada
en pedra granítica, está sempre coberta por
un manto de zugoso verdor. Os montes son
redondos como peitos de muller e as serras
son como lombos de boi cebado. Os vales son
ledos e farturentos. O mar tolea de carraxe
cando nono deixan penetrar na terra; pero
cando entra, quédase adormecido no leito
das rías. Galiza é unha unidade territorial
armónica, de formas e coor, perfeitamente
diferenciada do resto da Hespaña. A
patria é a Terra...


SEMPRE EN GALIZA

                                  1964
EDUARDO PONDAL
Ponteceso 1835 – A Coruña 1917




                          1965
FRANCISCO AÑÓN
         Outes 1812 – Madrid 1878



A LEITEIRA

         Ergome a'o abrir d'o dia
           inda alumea o luceiro,
      e'en chegando a algun regueiro
            bautizo con auga fria
          o leite d'o meu pucheiro,
          porque mellor aproveite,
            ¿Quén merca o leite?

           Madrugueiros estudantes
        hacho ô pasar pol-a veiga
          e deteñenm'os tunantes
         pedindo nata, manteiga,
      e que sei eu.... Banadantes!
       mal fogo de Diol-os-deite,
           ¿Quén merca o leite?

                    …               1966
CURROS ENRÍQUEZ
 Celanova 1851 – A Habana 1908


AIRES DA MIÑA TERRA

    Como a miniña tola
 que sai por ves primeira
  con dengue e muradana
    prá festa do lugar;
    así, xentil i aposta,
 vai vindo a Primaveira,
   grinaldas de craveles
   vertendo ó seu pasar.
     Os álbores espidos
   De fruto e de ramaxe,
     cubertos xa de folla
   comenzan a dar fror;
  i á sombra agachapado
     do prácido follaxe,
mentras que o gando garda,
    fai chifros o pastor.
             ...
                          1967
LÓPEZ CUEVILLAS
         Ourense 1886 – Ourense 1958


PROSAS GALEGAS

"¡Probiños os ríos! Os máis pequenos
morreron xa. As fervenzas dos outros calaron
ca súa leda cantiga, e os muiñeiros
esqueceron as noites afrodíticas dos muíños.
De vagar, de vagar, soio escoan por entre as
pedras das presas fíos de auga, tan miudos,
tan febles, que semellan as bagoas dun neno.
¿Onde foi, ouh ríos, a vosa forza de
viaxeiros arriscados? Tristeiros, mudos, a
vosa iauga encora nas chás e fede por que,
falla de azos pra camiñar, morreu ca
soedade do alén.
E aínda os grandes ríos da nosa terra: O
Miño, O Sil, o Ulla, qué debecidos, qué
probes! De cada día, o voso leito afúndese
máis, como si andivérades a abrir a vosa
propia sepultura...                  1968
NORIEGA VARELA
            Mondoñedo 1869 –Chavín 1947




D´O ERMO .

   iNin rosiñas brancas, nin claveles roxos!
       Eu venero as froliñas d'os toxos.
        D'os toxales as ténues froliñas,
      que sorríen, a medo, entr'espiñas.
      Entr'espiñas que o Ceyo agasalla
     con diamante-las noites qu'orballa.
       ¡Oh d'o yerm'o preciado tesouro!
       as froliñas d'os toxos son d'ouro.
      D'ouro vello son, mai, as froliñas
d'os bravos toxales, ¡d'as devocións miñas!...




                                 1969
MARCIAL VALLADARES
   A Estrada 1821 – A Estrada 1903



MAXINA OU A FILLA ESPÚREA.

"Corría o ano mil oitocentos sesenta e
seis: era unha mañán de maio;
empezaba a esclarecer, e ladrando os
cans nas eiras, daban a xente que
pasaba polas congostras; cantaban xa o
millangarrido, a bubela e o cuco nas
carballeiras, o merlo e o reiseñor nos
salgueirales, o paspallás entre os
centeos, e os xílgaros e carrinciños, os
chincheiros e siríns desfacíanse nos
eidos mirando cada un pra o seu amor,
que alí os oviños no níxaro empolaba, e
adozando todos en concerto vario,
traballos preludio de maternidá...

                                1970
LÓPEZ ABENTE
        Muxía 1878 – Muxía 1963


   CENTILEOS NAS ONDAS .
  Lostregueante choviscar de estrelas
 No escuro seo dunha noite en calma;
  Labarada de auceiros e de arelas
 A arder na seca gándara da ialma.
                    
Anceios meus de lles ronbare aos mares
Rondas de escuma, pérolas nacradas,
    Rebrilos de ronseles estelares
 Nos albos colos das mariñas fadas.
                    
   Ladrón, a vixiar nas penedías,
Nas pardas lombas dos adustos cabos,
  No fervente balbor das ardentías,
Nas mouras furnas nos rochedos bravos.
                    
  No brancore dos seixos dos coídos,
No morno abrigo das arnelas fondas...
   Só puiden apañar estes louridos
         Centileos nas ondas.         1971
LAMAS CARVAJAL
        Ourense 1849 – Ourense 1906


             A ALDEA (frag.)
  No medio dun souto, ao pé dunha serra,
   na cume dun monte, no fondo dun val,
  coas chouzas de seixos telladas de colmo,
       están as aldeas, o mundo rural.
                     ...
   Alí como os corpos, o espritu esmorece,
    sin outros alentos que a superstición;
os mortos as bruxas, os trasnos, as meigas,
   seus dioses penates, seus númenes son.
    Fanáticos, chámanlle á cencia herexía
    ao xenio loucura, grandeza ao poder,
     valor á osadía, ao medo pacencia,
   á usura comercio, vergonza ao non ter.
                     ...
     Alí, os caciques engordan e chegan
     a ricos sin teren nin rentas nin bés,
    namentras o triste maestro de escola,
      un ánema en pena de fraco parés.
                                         1972
LAGO GONZÁLEZ
            Tui 1865 – Santiago 1925


       O DERRADEIRO CELTA
      Chega ond'a cerca do castro,
          mira pro fondo do val,
          finca na parede o codo,
          deita a cabeza na mau,
        e namentras que coa outra
         Arrincando musgue está
        Pensatible, triste e morno,
            Así se pon a falar:
                                              
          Alá van os nosos eidos,
           a miña casa alá vay;
          xa me mataron os fillos
          Matárom´a muller xa;
        Morreron os nosos homes
           Que souperon peleyar
        Morréron-nos os druidas
           Servidores de Teutás
                   ...                   1973
VIQUEIRA CORTÓN
       Madrid 1886 –Bergondo 1924



DA GÁNDARA ERMA E TRISTE

     ¿Da gándara erma e triste,
            piñeiro bravo,
    non ouces do mar o mar molto
            tan solitario?


     ¿Non sintes te chamar á vida
    pra un vivir sempre máis alto?
            Piñeiro antigo,
          vello e engruñado,
  ergue as sempre verdecentes ponlas
  que ao vento traman cal tramaron
   as daqués que, rexos e amorosos,
            aquí cantaron.
                   ...
                               1974
PINTOS VILLAR
         Pontevedra 1811 –Vigo 1876



A GAITA GALEGA TOCADA POLO
GAITEIRO (frag.)

      Ou Galicia, Galicia boi de palla
     canta lástima ten de tí o Gaiteiro!
    O aguillón que che meten é de aceiro
       e con él muita forza te asoballa.
     No lombo teu zorrega, bate e malla
    fasta o máis nomicreque ferrancheiro
         e calesquer podenco forasteiro
       te vafa de vergonza sin migalla!
        Agarima alleeira eses ingratos
      ou víboras que postas ao teu peito
      co ferrete che rompen mil buratos!
    Si o sangre teu refugas do teu leito
    malas novas madrasta de insensatos
   dos fillos teus ao amor nan tés direito.
                                      1975
RAMÓN CABANILLAS
Cambados 1876 – Cambados 1959

              EN PÉ

                 ¡En pé!
       ¡Irmáns! En pé, sereos,
        a limpa frente erguida,
          envoltos na brancura
        da luz que cai de riba,
             o corazón aberto
          a toda verba amiga,
          e nunha man a fouce
         e noutra man a oliva,
  arredor da bandeira azul e branca,
   arredor da bandeira de Galicia,
           cantémo-lo dereito
            a libre nova vida!
                    ...
                                  1976
ANTÓN VILAR PONTE
         Viveiro 1881 – A Coruña 1936

     PENSAMENTO E SEMENTEIRA
"Eu xa fai tempo que ando a dicir que axiña
non haberá na Galiza máis que unha só
aristocracia - aristocracia de pensamento, non
de sangue -, aristocracia ou aristarquía, si
vos parece millor, a do galeguismo; a que leva
por bandeira e por escudo o "orgullo orixinal"
simbolizado no emprego da lingua materna,
que é o supremo froito de diferenciación da
lingua materna, que é o supremo froito de
diferenciación da raza á que perteñecemos. O
galego culto que hoxe se esprese en galego, por
ese só feito demostra levar na ialma un nidio
sentimento de libertade; un nobre afán de
asolagar a súa intelixencia nas augas vivas do
traballo enxebre co fin de lles dar o tempero
perciso para que poidan fecundar mortas
terras, cheias de lixos de escravitude,
trocándoas en viveiros de vizosa democracia...
                                        1977
ANTONIO LÓPEZ FERREIRO
         Santiago 1837 – Vedra 1910




 O CASTELO DE PAMBRE (frag.)

"A Sobrado algo xa o conocemos; agora
paréceme posto en razón que tamén
enxerguemos algunhas palabras acerca do
Vilar de Mella. Xa dixemos que esta
fortaleza de Vasco Fernández estaba
situada onde se xuntan dous rigueiros que
van ao Iso, antre as parroquias de Mella
e Sendelle. Compúñase dunha torre
cadrada de tres pisos cas súas
correspondentes almeas e con dous corpos
de casa a ela pegados, un polo lado do
Norte e outro polo do Solano...

                                      1978
MANUEL ANTONIO
      Rianxo 1900 – Rianxo 1930


DE CATRO A CATRO (frag.)

      Fomos ficando sós
   o Mar o barco e máis nos.

       Roubáronnos o Sol.
     O paquebote esmultado
   que cosía con liñas de fume
     áxiles cadros sin marco.
                  
      Ronbáronnos o vento.
   Aquel veleiro que se evadéu
 pola corda floxa do horizonte.
                  
Este océano desatracóu das costas
      e os ventos da Roseta
    ourentáronse ao esquenzo.
               ...              1979
ALFONSO X O SABIO
          Toledo 1221 – Sevilla 1284



CANTIGAS DE SANTA MARÍA (frag.)

    Da que Deus mamou leite do seu peito
       non é maravilla de sâar contreito.
  Desto fez Santa María miragre fremoso
  ena ssa eigreja'n Lugo, grand'e piadoso.
         por hûa moller que avía tolleito
    o máis do seu corp'e de mal encolleito:
    Da que Deus mamou leite do seu peito
       non é maravilla de sâar contreito.
  Que ámbalas súas mâos assí s'encolleran
que ben por cabo dos ombros todas se meteran.
       e os calcannares ben en seu dereito
      se meteron todos no corpo maltreito.
    Da que Deus mamou leite do seu peito
       nan é maravilla de sâar contreito.
                                        1980
VICENTE RISCO
             Ourense 1884 – Ourense 1963


                    LERIA (frag.)
“Nas camiñatas longas polas vereas enlamadas do
val, antre as muradellas dos eidos e á sombra dos
carballos, polos vieiros abertos da serra, batidas do
vento, antre as uces e as carqueixas, polas estradas
poeirentas baixo un sol de xusticia; nas pousas na
porta de chouza e na portalada do pazo, ao pé do
cruceiro ou debaixo dun cabaceiro, ao acollido da
chuvia, xantando nos mesós, sentados nos longos
bancos onde se sentan osarrieiros e os camiñantes;
durmindo nas pousadas da aldea, baixo o faiado de
rexas trabes de castiñeiro; falando cos rapaces, cos
vellos, coas mulleriñas, cos homes que andan no
traballo; ollando os longos horizontes cinguidos de
serras azúes, sorbendo o ár fresco da mañá e o luar
da noite, vai ún comungando coa terra, deixándoa
entrar máis adentro na ialma, ...
                                            1981
LUIS AMADO CARBALLO
Pontevedra 1901 – Pontevedra 1927

            PROEL
   O xesto monacal da pedra
  benzoa o acougo da aldea…
                 
     Axiónllanse os camiños
     abrazados ao cruceiro,
     nunha azul eternidade
         de pedra e ceo.
                 
       A agonía do solpor
   conmove o planto da terra,
     e a paisaxe presígnase
  con santas cruces de pedra.
                 

      A campaíña de prata
            do día,
       latexa un ángelus
         de epifanía.               1982
              ...
MANUEL LEIRAS PULPEIRO
   Mondoñedo 1854 – Mondoñedo 1912



  OBRAS COMPLETAS. POESÍAS

   ¿Por qué o ceo máis limpo ao galego
            lle párce afumado?
   ¿Por qué a terra frolida que manda
          lle cheira a escamallo?
¿Por qué a iauga, hastra no ollo da fonte,
         pra el ten sempre tasto?
   ¿Por qué sinte que a sangue sorenta
               figura aburalo?
  ¿Por qué trema, dormente, e dacondo
             somella ter rautos?
    Porque está cos comenzos da febre
         que aos probos deixados
     fai perder a cabeza, i erguila,
              dar fungueirazos,
                     …
                                     1983
ARMANDO COTARELO
             VALLEDOR
             A Veiga 1879 – Madrid 1956


               HOSTIA (frag.)

“¿Relembras?... Foi na doce Aquitaña. A
raiosa primaveira enguirlandaba a campía e a
serán deitaba tranquil coma un misteiro frolido.
Despeado e polvorente cheguei ó teu sarego.
Proscritos da terra nosa, decote perseguidos cal
bestas montesías, chamamos onde vós. E aquela
porta, a porta de túa nai, a úneca para nós
aberta, foi para min a porta dos ceos. No atrio
estabas ti, abeiro da “triquilla” arrodeada de
pombas como Vénus, belida como Flora, graciosa
como Aglae, como Hera sorrinte... ¡Ai! terrible
como o amor. Teur ollos feiticeiros miraron
garimosos o estrano pelerino de quen todos
fuxían... ¡Gracias, ouh Prócula, aínda
gracias, sempre gracias!
                                          1984
ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ
 Boborás 1884 – Pontevedra 1929


     Nós, Nº 71 (frag.)

   Probos rosas, saundosas
      esperando amañecer;
    loumiñadas, degaradas
   por medrar i arrencender.
    Tristes rosas amorosas,
   todo chega, i o fin chega
    cando a póla se dobrega
     e nan vos pode soster.
    Craros soños, frolecidos
       cobizando un ideal;
      aniñados, enchoiados
     nunha roseira lanzal.
    Tristes soños noitecidos,
    todo chega i o fin chega
    se dos soños soilo queda
      o imposibre no rosal.       1985
AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO
              Abadín 1909 – Santiago 1961


HOMENAXE A RAMÓN CABANILLAS
Viñeran anos de carnada e alas de corvo,
sombras desabogosas, chegaran as rulas,
o vento cantaba nas lanzas e nas almeas,
esa canción de ferro tan sabida.
Os que irían ás rilleiras do olvido,
cansos de andar arrastro polas viñas e
pumaregas,
viran chegar os señores da terra sobre os seus
cabalos,
e fixeron homenaxe ós poderosos
cos seus corazóns máis tristes que a noite
á sombra das súas fillas.
E soñaron entón en terras anchas coma mares
onde pousar o mel do seu corazón sin medida,
e botaron negras naus á mar dos deuses,
e sobre mares de cinza de orxos tristes,
e sobre mares ledas de ribeiras sin conto,
puxéronse de xonllos cos ollos entrabertos ós 1986
lonxes...
FRANCISCA HERRERO
          A Coruña 1869 – A Coruña 1950

        NÉVEDA (Introducción).
"Querendo un gran poema cantar, dúbidas
teño; que se falo galego non me entenden; e a
cantar castillán nan me comprendo. Así
mesmo pregúntome, se en prosa hei de
escribir ou ben en verso; e ríome soíña deste
meu dubidar; que é un aletexo igual ó dun
poliño que se debote, coidándose atrapado no
poleiro por un espanta-paxaros de trapo
movido polos ímpetus do vento. Ninguén ha
de le-lo meu escrito nin naide ha de folla-lo
meu pensamento... abonda con deixar corre-
la pruma; abasta con cumpri-lo meu desexo.
¡Lectores... quen os vira, mulpocado!
couberan nun puñiño ben pequecho!...
Deixade, pois, que escriba como canto:
deixádeme que fale cos galegos, que son
irmáns da alma os que me escoitan, e non ha
de asolagar nos meus defectos…          1987
RAMÓN OTERO PEDRAYO
       Ourense 1869 – Ourense 1976


          A CASA SOIA

         Nas queixumosas táboas
    Brosladas finalmente polo verme
   analista de insomnios e fantasmas
    repousou o mou pai no cadoleito,
e inda a piedade de unha bágoa de ólio
 garda a lembranza gosalleira e triste
pra o fillo sempre na querida coimbra,
      neno xiado de augural pavura
   pola friaxe glacial de aquela man
quentor de Deus, forteza e recompensa.
        Sofren meus probes libres
    proba de soedade, noite e poeira,
    apreixan requintados pensadores
    os seus cristalográficos esquemas
    en procura da chama dos poetas
     aínda nos ermos bailadora lapa
                    ...                1988
CELSO EMILIO FERREIRO
    Celanova 1912 – Vigo 1979

LONGA NOITE DE PEDRA
    O teito é de pedra.
  De pedra son os muros
         i as tebras.
      De pedra o chan
         i as reixas.
         As portas,
          as cadeas,
            o aire,
        as fenestras,
         as olladas,
        son de pedra.
   Os corazóns dos homes
   que ao lonxe espreitan,
         feitos están
            tamén
          de pedra.
       I eu, morrendo
      nesta longa noite         1989
         de pedra...
LUIS PIMENTEL
      Lugo 1895 – Lugo 1958




SOLPORES DA MIÑA VILA

       Solpores da miña vila,
        longos, case eternos.
      (Os anos pasan rápidos;
          os días, lentos).
a luz esbara polo meu piano lustroso
    ¿Qué música lle poñeremos?
          As maos, soñan.
          Solpor de prata
           sobor do ébano.
      Penso nos poetas mortos.
          Calma, calma...
                   



                                  1990
ÁLVARO CUNQUEIRO
        Mondoñedo 1911 – Vigo 1981


  SOEDADES DA MIÑA BRANCA
        SEÑOR (frag.)

Escóitasme tí, miña señor amada, cando do
                     peito
               meu o trobo arde
    ou atrás de ti a sombra do meu soño
      loucamente a túa apreixa e bica ?
Ouh doce o peso do teu corpo no meu maxín
                    deitado
        Neste río do meu vagar sin fin
qué incendiado navío non navegas na noite?
 -Por qué este corazón tanta frol murcha,
por qué inda son eu de tanta verba a boca?
     Miña branca señor, corpo delgado:
este bosque é do tempo da máis recente lúa,
     i ese malvís que tanto áer enfrauta
   cada día que amence renasce e asubía.
                                         1991
FERMÍN BOUZA BREY
Ponteareas 1901 – Santiago 1973

     RETORNO (frag.)

    "Mol rabanda do Mundo,
         sabrosa terra nai,
       que ventura manxarte
         como un lírico pan
e chantarche a dentamia dos ollos
           na códea vidal,
        madura, recendente,
       vizosa, a latexar!…
       Somentes ti me sacias
          a fame perennal
       Regusto de alonxarme
          para logo voltar,
       e adormir no teu colo
      abranguendo o teu van,
      como un Miño quencido
        polo peito dos vals,
   coas augas quedas, quedas, 1992
        sen presa polo mar.
EDUARDO BLANCO AMOR
       Ourense 1897 – Vigo 1979



         A PESCA (frag.)

    Agarimantes cóxegas, moxenas
    no teimoso cristal bulinte espello
   dos vimios confidentes pola beira.
 Sobro de nós, dondo silenzo, o ceio.
                     
O peixe foi, seu pulo e bris de prata,
   un istante no tempo de ar e rede;
  dempois, nota e puñal, fendeu as
                 augas,
     arrepío de luz na linfa verde.
                     
  Como ispido na forza do seu arco,
  lanzal teu corpo, sen ferir a area,
     sortíuse con lediza de venablo
para o cachón das augos balbordeiras.
                                    1993
LUIS SEOANE
       Bos Aires 1910 – A Coruña 1979

          A FONTE (frag.)

   Semellaba o vello un vagamundo,
      unha braga ao meio da coxa
 máis curta a outra e de difrente coor,
 desguedellado e arrodeado de moscas,
           ollando cara a fonte.
     Un burato cun picho no muro,
       A fonte da rúa do Franco,
   con unha auga mellor que outras,
       que roidosa enchía as sellas
     cantando a auga e brincando.
         Ao agochárese as mozas
    amostraban as pernas, as coxas
     frescas como a auga da fonte.
      Eso é todo o que agardaba,
    encostado, desdenoso, no muro,
aquel vello que semellaba un vagamundo.
                                        1994
RAFAEL DIESTE
             Rianxo 1899 – Santiago 1981


        O GRANDOR DO MUNDO

Tanto ouvira falar de Bôs-Aires, das ruas
longas e direitas que non se dan ademiradas nin
andadas, da prata relocinte e xenerosa con que
alá premian o traballo, dos boletíns de moitas
llanas e da xente sabida que os lé, dos longos
trens que bruan pol-a pampa infinda e de mil
cousas ledas, lanzales e rumosas, tanto ouvira
falar, antrementres co-a navalla barbeira –a
mais levián da vila- percorría as fazulas dos
seus parroquianos de sempre, e tanto no seu
maxín escarabellou o falado, que un día topouse
de súpito co-a circia vôntá d’ir a Bôs-Aires.
Dez anos alá, e voltaría rico de pecunia e
lembranzas.
Unha mañanciña saeu da vila cun baul
pequerrecho....
                                          1995
XESÚS FERRO COUSELO
          Valga 1906 – Ourense 1975

COMO E POR QUÉ OS ESCRIBANOS
DEIXARON DE EMPREGAR O
GALEGO
O galego enton é a fala dos vasalos e dos
señores, dos cregos e dos labregos, e óucese o
mesmo nos concellos que nas eirexas,
misturado co latín nas prédicas e cerimonias.
“E esto así dito e outorgado ergueuse o dito
chantre e tomou por las maos aos ditos Afonso
Ougea e Tereixa Alvares e en suas maos
feceron logo palavras de casamento ambos e
dous, segundo que manda a nosa Santa
Madre Iglesia, dizendo o dito Afoso Ougea
que recebía a dita Tereixa Alvares por sua
muller boaa e leal e a dita Tereixa Alvares
dizendo que reçebía ao dito Afonso Ougea por
seu marido boo e leal…” Ansí se fixo un
casamento, nos comenzos do catrocentos, según
as Notas de Estebo Pérez, chanceller do
Cabidoo da Catedral de Ourense...
                                        1996
ÁNXEL FOLE
           Lugo 1903 – Lugo 1986

           CONTOS DA NEBOA
O Venancio, que sabía moitas historias disas
que chaman do outro mundo, falaba das
premonicións.
-Hai moitos casos en que se aduviña o porvir
dunha maneira que chamaremos instintiva.
-Ista conversa era millor prá noite, coma
cando paseabamos po-la Ferradura e
contabamos disas historias de medo, ás que
era tan afeizoado o gran clínico don Roberto
Nóvoa Santos.
- Penso recordar que me dixeron que don
Roberto cría que os cás oubeaban cando
sentían a morte dunha persoa, poucas horas
antes de morrer.
Pasamos por diante dunha casa estreitiña.
No portal había unha mesa mortuoria. Non
sei cómo, acheguéime a vé-la esquela. “Don
Casto Méndez, ex recaudador de
contribuciones...” Era o de Pastoriza.
                                       1997
JOHÁN DE CANGAS
          MARTÍN CODAX
           MEENDINHO
       Ondas do mar de Vigo

        Ondas do mar de Vigo,
          se vistes meu amigo?
       E ai Deus!, se verra cedo?

         Ondas do mar levado,
         se vistes meu amado?
       E ai Deus!, se verra cedo?

         Se vistes meu amigo,
         o por que eu sospiro?
       E ai Deus!, se verra cedo?

         Se vistes meu amado,
        por que ei gran coidado?
       E ai Deus!, se verra cedo?

Martín Codax                        1998
ROBERTO BLANCO TORRES
    Cuntis 1891 – Entrimo 1936


 DIANTE DA NATUREZA

 N-as leiras que dan froito,
  sóbor chan que xermina,
      o traballo fecundo
    impón a lei da vida.
  Soilo as cibdás imbéciles
   co pitismo dan grima.
                
 O agro, o agro, é a musa
      d’ardente melonía
  en onde a frol d’a loita
   chea d’arume e limpa,
    ergue seus cores roxos
    ô cume que aloumiña,
  falando ôs peitos nobres
    d’a redentora obriga.
  Soilo as cibdás imbéciles
  traicionan a consina…
                                 1999
MANUEL MURGUÍA
          Arteixo 1833 – A Coruña 1923

  DISCURSO NOS XOGOS FRORAIS DE
                      TUI
¡O noso idioma! O que falaron nosos pais e
vamos esquecendo, o que falan os aldeáns e nos
achamos a ponto de n’entendelo; aquel en que
cantaron reis e trovadores; o que, fillo maor da
pátrea gallega, nola conservóu e conserva coma
un don da providencia; o que aínda ten nos
nosos labres as dozuras eternas e acentos que
van ó corazón; o que agora oídes coma si fose
un himno relixioso; o hermoso, o nobre idioma
que do outro lado dese río é léngoa oficial que
serve a máis de vinte millóns de homes e ten
unha literatura representada polos nomes
gloriosos de Camoens e Vieira, de Garret e de
Herculano; o gallego, en fin, que é o que nos
dá dereito á enteira posesión da terra en que
fomos nados, que nos de que, pois somos un
pobo distinto, debemos selo...
                                         2000
ELADIO RODRÍGUEZ
        Leiro 1864 – A Coruña 1949

      ORACIÓS CAMPESIÑAS
         Quixera que os meus versos
         cheirasen á terra húmida,
    ……………………………
   sonasen sempre a cántigas barudas;
    ……………………………
       tivesen oraciós de atardeceres
    ……………………………
   chegasen as concencias máis escuras
            e despertasen n’elas
          as voluntades murchas,
           e prendesen nas almas
   as arelas patrióticas máis xurdias,
               e rezasen á eito
     a pregaria eucarística e litúrxica
    do santo amor á todo canto é noso
  i-á todo canto en nós vive e perdura,
         pra que así nos sentísemos
            nas xornadas futuras 2001
máis grandes e máis donos de nós mesmos,
FREI MARTÍN SARMIENTO
    Vilafranca do Bierzo 1695 – Madrid 1772



Coloquio de 24 Gallegos Rústicos

        No chan que en Morrazo
           chaman os galegos
          tamen San Cybran
        que chega hasta o ceo,
           que está no camiño
          que vay ao Ribeyro
          dendes Pontevedra
             a vila do reyno,
           a hum-ha legoiña,
             camiño dereyto,
         fay conta que sigues
             o rumbo surlesto
            se sube en relanzo
            por todo o vieyro
            sen muita fadiga
         nem muito tormento,                  2002
ANTÓN AVILES DE TARAMANCOS
     Taramancos 1935 – A Coruña 1992


     O SEMIDEUS DERROTADO
       O elmo ourilucente está guindado
    na inmensidá da gándara bravía,
      a espada escentilante non porfía
     na valerosa man de xesto ousado.

        Esparéxese o pó no medio día
     testemuña da loita afervoada,
     e soio en pé a egua, camarada
      de tanta camiñata largacía.

       O seu carón a adágara rachada
 que en cen combates defendeu seu peito
 cobre de sombra a testa entusiasmada

       E sérvelle o terrón de cadaleito
       e de suario sérvelle a xeada
  a aquel que en valentía foi perfeito.
                                      2003
          ( Poemas a Maricarme Pereira)
XAQUÍN LORENZO “XOCAS”
             Ourense 1907 – Ourense 1987

ENREDOS

 A voz enredos ten na Galiza dous valores: úsase
xeralmente pra indicar algo de pouca importancia e
sen transcendencia; cando se fala de froita, por
exempro, os nosos labregos acostuman a decer: «ises
son        enredos       de       rapaces».
En sentido máis restrinxido, un enredo é un
xoguete, é decer, un artiluxio co que os nenos
satisfán a sua necesidade de ocupar o tempo
imitando no posible ás persoas maiores. O mesmo
significado ten asimesmo a palabra brinquedo (de
brincar = saltar, xogar). A anterior fórmase de
enredar, do mesmo valor que brincar. Chámanse
tamén os xoguetes ixolas, de onde ixoleiro =
mañoso.
O xoguete non ten fronteiras xeográficas nen
cronolóxicas; en tódolos pobos e en tódalas épocas
móstrasenos a existencia dista industria infantil.
                                            2004
    
XESÚS LORENZO VARELA
      A Habana 1916 – Madrid 1978

                 LUGO
           Na fonte de ferro,
            no coiro dos bois
          no espello do vento,
         da navalla e da frol.
          No recén da herba,
           no lobo e no can,
          nos ollos da meiga,
           na pedra do lar.
            No refaixo dela,
            na ponte do alén
        no andar das ovellas.
           no ar do mencer.
           No cabalo quente,
             no viño millor
          no que non se perde
            no meu corazón.
                                      2005
                   ...
Na vida, na morte, no amor e no ren,
 loubareite, Lugo de aceiro e de mel.
MANUEL LUGRÍS
      Sada 1863 – A Coruña 1940


       A FESTA DE TACÓN

Sempre tuveron n-o peito d'os gallegos
cariñoso agarimo as ideas de caridá
misturadas c'o santo antusiasmo pol-a
pátrea: n-a noite d'o veint' e cinco d'o
derradeiro mes dimos unha proba d'ista
verdá.
Pol-a tarde d'ese cobizado dia non
pensaban os gallegos mais que n-a festa
que se proparaba. Todol-os sembrantes
revertian alegria, todol-os corazós
latexaban á impulsos d'os recordos mais
ledos e feiticeiros. As gaitas deixaban
ouvir de vez en cando os seus tenros
conceutos, xa co'a churrusqueira
muiñeira, xa co'a vagarosa e sempre
divina alborada...
                                     2006
MARÍA MARIÑO
      Noia 1918 – O Courel 1967

     VERBA QUE COMEZA
Linme hoxe toda por dentro.
¡Linme!
¡Como me está chegando!
¡Como me apaña!
Eu non sei,
non sei si me chega ou vou por ela.
Non o sei.
¿Ouh, pra que me trouxeches si hoxe
me levas?
Hoxe,
hoxe, día de todos en un.
Infindá do tempo. ¡Hoxe!
Hoxe de quen todos somos na marea
sin ondas,
sin velas,
sin barcos en coor vello.
Hoxe, ¿de quen?
Hoxe: dirán uns.                  2007
Hoxe: dirán outros mentras...
XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ
          Tui 1915 – Vigo 1985


          Ise neno da rúa

   Non é certo que os nenos teñan fame
              Non pode ser.
            Ben o sabedes todo
  os que andades no mundo atafegados
    á percura do pan dos vosos fillos
     Ises outros que vedes pola rúa
             pedindo esmola,
  non teñen fame, non, porque daquela
     vos teríades morto de vergonza.

 E ben vos vexo andar nos vosos coches
   ou nos tranvías, a berrar de cousas
 estranas, -¡viva, beba, baba, buba¡-
     sen reparar naquil esfarrapado
  que coa moura mauciña está petando
            na porta de ferro.
                   ...               2008
RAMÓN PIÑEIRO
      Láncara 1915 – Santiago 1990




A LINGOAXE E AS LÍNGOAS

No panorama cultural dos nosos días
bótase de ver que a preocupación pola
lingoaxe vai tomando unha amplitude i
unha relevancia crecentes. En boa
parte, naturalmente, polas achegas
da propia ciencia lingüística; pro
tamén, e cada vez máis, porque a
investigación da lingoaxe interesa
noutros campos científicos, ou mesmo
como medio de verificación da
filosofía. ..




                                     2009
UXÍO NOVONEYRA
Parada do Courel 1930 – Santiago 1999




SE O PASADO É PASADO

   SE o pasado é pasado
   i o presente é o urgente
  Por qué inda busca a xente
   aquel soño clausurado?

    Vido visto ben santiago
   I esa cuestión non resolta
     Fago camiño de volta
     camiño de volta fago

    Camiño de volta fago
   Volvo do cabo do Mundo
   Terra sólo en ti me fundo
    É a certeza que trago
                                        2010
LOIS PEREIRO
    Monforte de Lemos 1958 – A Coruña 1996




           Cero á esquerda

     O corredor de fondo perde o alento
  fuxindo dunha vida inzada de renuncias
       da súa liturxia obesa e oleosa,
    mediocre nos seus comunais fracasos,
     bágoas de xelo, indignación contida
     non deu chegado a tempo de exercer
                a súa rebelión,
              nin de levar a cabo
          a súa vinganza definitiva
contra un mundo inxusto, homicida, e cruel,
    pola inutilidade da súa propia vida
        solitario, enfermo e fatigado,
     a morte anticipouse e chegou antes.

                                         2011
Os días das letras galegas
Os días das letras galegas

Contenu connexe

Tendances

O libro dos Reis Magos
O libro dos Reis MagosO libro dos Reis Magos
O libro dos Reis Magos
Yolanda Castro
 
Rosalia de castro (pedro) copia
Rosalia de castro (pedro)   copia Rosalia de castro (pedro)   copia
Rosalia de castro (pedro) copia
pedrito25fernandez
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel María
Reme Rbm
 
SÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textosSÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textos
Marlou
 

Tendances (19)

Manuel María: as plantas
Manuel María: as plantasManuel María: as plantas
Manuel María: as plantas
 
Manuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantasManuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantas
 
Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obra
 
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
 
Manuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxeManuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxe
 
COUSAS
COUSASCOUSAS
COUSAS
 
Manuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as avesManuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as aves
 
Escolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de CastroEscolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de Castro
 
CASTELAO
CASTELAOCASTELAO
CASTELAO
 
Manuel María: a natureza, o tempo
Manuel María: a natureza, o tempoManuel María: a natureza, o tempo
Manuel María: a natureza, o tempo
 
Manuel María: animais
Manuel María: animaisManuel María: animais
Manuel María: animais
 
Dinche o corazón na man
Dinche o corazón na manDinche o corazón na man
Dinche o corazón na man
 
O libro dos Reis Magos
O libro dos Reis MagosO libro dos Reis Magos
O libro dos Reis Magos
 
Letrasfinal
LetrasfinalLetrasfinal
Letrasfinal
 
Rosalia de castro (pedro) copia
Rosalia de castro (pedro)   copia Rosalia de castro (pedro)   copia
Rosalia de castro (pedro) copia
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel María
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
SÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textosSÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textos
 
Presentación día do libro 2016, Sevilla
Presentación  día do libro 2016, SevillaPresentación  día do libro 2016, Sevilla
Presentación día do libro 2016, Sevilla
 

En vedette (8)

2012 09 3 pavel morozov presentation vedomosti kkpmoklg
2012 09 3 pavel morozov presentation vedomosti kkpmoklg2012 09 3 pavel morozov presentation vedomosti kkpmoklg
2012 09 3 pavel morozov presentation vedomosti kkpmoklg
 
Lịch Huấn Luyện - Tháng 1 / 2013
Lịch Huấn Luyện - Tháng 1 / 2013Lịch Huấn Luyện - Tháng 1 / 2013
Lịch Huấn Luyện - Tháng 1 / 2013
 
Dmex Presentation Brand You
Dmex Presentation Brand YouDmex Presentation Brand You
Dmex Presentation Brand You
 
2012 06 19 hansa piterforum mv pm ok
2012 06 19 hansa piterforum mv pm ok2012 06 19 hansa piterforum mv pm ok
2012 06 19 hansa piterforum mv pm ok
 
Fahrenheit 451
Fahrenheit 451Fahrenheit 451
Fahrenheit 451
 
Transmissions 1 presentation - Hal Sandbach on Managing Creativity
Transmissions 1 presentation - Hal Sandbach on Managing CreativityTransmissions 1 presentation - Hal Sandbach on Managing Creativity
Transmissions 1 presentation - Hal Sandbach on Managing Creativity
 
Zing mp3 version 3
Zing mp3 version 3Zing mp3 version 3
Zing mp3 version 3
 
Relixiosidade no neolítico galego
Relixiosidade no neolítico galegoRelixiosidade no neolítico galego
Relixiosidade no neolítico galego
 

Similaire à Os días das letras galegas

Rosalía De Castro
Rosalía De CastroRosalía De Castro
Rosalía De Castro
boello
 
Tópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galegaTópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galega
raquelairag
 
Ppw Rexurdimento
Ppw RexurdimentoPpw Rexurdimento
Ppw Rexurdimento
guest7b8f3b
 
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de CastroRosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro
trafegandoronseis
 
Valentín paz andrade
Valentín paz andradeValentín paz andrade
Valentín paz andrade
Celia Díaz
 
Esmorga novoneyar
Esmorga novoneyarEsmorga novoneyar
Esmorga novoneyar
Plastilina3
 
Auga en Galicia lendas, contos, crenzas
Auga en Galicia lendas, contos, crenzasAuga en Galicia lendas, contos, crenzas
Auga en Galicia lendas, contos, crenzas
iesasorey
 

Similaire à Os días das letras galegas (20)

Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
 
Rosalía De Castro
Rosalía De CastroRosalía De Castro
Rosalía De Castro
 
Ramón Cabanillas
Ramón CabanillasRamón Cabanillas
Ramón Cabanillas
 
Tópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galegaTópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galega
 
Ppw Rexurdimento
Ppw RexurdimentoPpw Rexurdimento
Ppw Rexurdimento
 
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de CastroRosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro
 
Valentín paz andrade
Valentín paz andradeValentín paz andrade
Valentín paz andrade
 
Presentación 8 De Marzo: Traballadoras
Presentación 8 De Marzo: TraballadorasPresentación 8 De Marzo: Traballadoras
Presentación 8 De Marzo: Traballadoras
 
Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz NúñezTempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
 
Tópicos literarios
Tópicos literariosTópicos literarios
Tópicos literarios
 
Esmorga novoneyar
Esmorga novoneyarEsmorga novoneyar
Esmorga novoneyar
 
Auga en Galicia lendas, contos, crenzas
Auga en Galicia lendas, contos, crenzasAuga en Galicia lendas, contos, crenzas
Auga en Galicia lendas, contos, crenzas
 
Paz Andrade Cespón
Paz Andrade CespónPaz Andrade Cespón
Paz Andrade Cespón
 
Os zapatos máxicos dos leprechauns
Os zapatos máxicos dos leprechaunsOs zapatos máxicos dos leprechauns
Os zapatos máxicos dos leprechauns
 
Tópicos literarios power
Tópicos literarios powerTópicos literarios power
Tópicos literarios power
 
Roteiro literario padrón 2016
Roteiro literario padrón 2016Roteiro literario padrón 2016
Roteiro literario padrón 2016
 
1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala
 
Os Precursores do Rexurdimento
Os Precursores do RexurdimentoOs Precursores do Rexurdimento
Os Precursores do Rexurdimento
 

Plus de fontexeriabib

Plus de fontexeriabib (20)

Táboa periódica dos elementos
Táboa periódica dos elementosTáboa periódica dos elementos
Táboa periódica dos elementos
 
Recomendacións vacacións inverno 2017 18
Recomendacións vacacións inverno 2017 18Recomendacións vacacións inverno 2017 18
Recomendacións vacacións inverno 2017 18
 
1º ESO aprende a usar a Biblioteca
1º ESO aprende a usar a Biblioteca1º ESO aprende a usar a Biblioteca
1º ESO aprende a usar a Biblioteca
 
Inicio curso
Inicio cursoInicio curso
Inicio curso
 
Recomendacións para as vacacións de verán
Recomendacións para as vacacións de veránRecomendacións para as vacacións de verán
Recomendacións para as vacacións de verán
 
Carlos Casares
Carlos CasaresCarlos Casares
Carlos Casares
 
Sister Rosetta Tharpe
Sister Rosetta TharpeSister Rosetta Tharpe
Sister Rosetta Tharpe
 
Nanocontos premiados 2016 17
Nanocontos premiados 2016 17Nanocontos premiados 2016 17
Nanocontos premiados 2016 17
 
Recomendacións lectoras para as vacacións de inverno (Curso 2016-17)
Recomendacións lectoras para as vacacións de inverno (Curso 2016-17)Recomendacións lectoras para as vacacións de inverno (Curso 2016-17)
Recomendacións lectoras para as vacacións de inverno (Curso 2016-17)
 
Formación de usuarios (1º ESO B)
Formación de usuarios (1º ESO B)Formación de usuarios (1º ESO B)
Formación de usuarios (1º ESO B)
 
1º ESO A aprende o uso da Biblioteca
1º ESO A aprende o uso da Biblioteca1º ESO A aprende o uso da Biblioteca
1º ESO A aprende o uso da Biblioteca
 
Agustín Fernández Paz
Agustín Fernández PazAgustín Fernández Paz
Agustín Fernández Paz
 
Que cousas
Que cousasQue cousas
Que cousas
 
Inicio Curso 2016-17
Inicio Curso 2016-17Inicio Curso 2016-17
Inicio Curso 2016-17
 
Recomendacións vacacións de verán
Recomendacións vacacións de veránRecomendacións vacacións de verán
Recomendacións vacacións de verán
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel María
 
O cadrado máxico de Durero
O cadrado máxico de DureroO cadrado máxico de Durero
O cadrado máxico de Durero
 
Recomendacións vacacións inverno 2015 16
Recomendacións vacacións inverno 2015 16Recomendacións vacacións inverno 2015 16
Recomendacións vacacións inverno 2015 16
 
Einstein e a Relatividade
Einstein e a RelatividadeEinstein e a Relatividade
Einstein e a Relatividade
 
O Programa Apolo en imaxes
O Programa Apolo en imaxesO Programa Apolo en imaxes
O Programa Apolo en imaxes
 

Os días das letras galegas

  • 1.
  • 2. OS DÍAS DAS LETRAS GALEGAS O Día das Letras Galegas é unha celebración cultural instituida no ano 1963, data na que se cumprían cen anos dende a publicación da obra de Rosalía de Castro “Cantares galegos”, considerada como punto de partida para o Rexurdimento, o volver a nacer da nosa cultura. A súa finalidade é a de homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en lingua galega ou pola defensa do idioma. Anualmente a Real Academia Galega escolle unha personalidade diferente, tendo en conta que se esixe que pasasen como mínimo dez anos dende o seu falecemento. Por Ramón Beltrán Carballeira
  • 3. ROSALÍA DE CASTRO Santiago de Compostela 1837 – Padrón 1885 UNHA VEZ TIVEN UN CRAVO Unha vez tiven un cravo cravado no corazón i eu non me acordo xa si era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor. Sóio sei que me fixo un mal tan fondo, que tanto me atormentou, que eu día e noite sin cesar choraba cal choróu Madalena na Pasión. Señor, que todo o podedes -pedinlle unha vez a Dios-, daime valor para arrincar dun golpe cravo de tal condición. … FOLLAS NOVAS 1963
  • 4. CASTELAO Rianxo 1886 – Bos Aires 1950 Galicia é a mellor esquina do solar hispánico, cabo do mundo antigo e avanzada de Europa nomar inmenso da libertade. A arquitectura barroca do noso chan, labrada en pedra granítica, está sempre coberta por un manto de zugoso verdor. Os montes son redondos como peitos de muller e as serras son como lombos de boi cebado. Os vales son ledos e farturentos. O mar tolea de carraxe cando nono deixan penetrar na terra; pero cando entra, quédase adormecido no leito das rías. Galiza é unha unidade territorial armónica, de formas e coor, perfeitamente diferenciada do resto da Hespaña. A patria é a Terra... SEMPRE EN GALIZA 1964
  • 5. EDUARDO PONDAL Ponteceso 1835 – A Coruña 1917 1965
  • 6. FRANCISCO AÑÓN Outes 1812 – Madrid 1878 A LEITEIRA Ergome a'o abrir d'o dia inda alumea o luceiro, e'en chegando a algun regueiro bautizo con auga fria o leite d'o meu pucheiro, porque mellor aproveite, ¿Quén merca o leite?      Madrugueiros estudantes hacho ô pasar pol-a veiga e deteñenm'os tunantes pedindo nata, manteiga, e que sei eu.... Banadantes! mal fogo de Diol-os-deite, ¿Quén merca o leite?  … 1966
  • 7. CURROS ENRÍQUEZ Celanova 1851 – A Habana 1908 AIRES DA MIÑA TERRA Como a miniña tola que sai por ves primeira con dengue e muradana prá festa do lugar; así, xentil i aposta, vai vindo a Primaveira, grinaldas de craveles vertendo ó seu pasar. Os álbores espidos De fruto e de ramaxe, cubertos xa de folla comenzan a dar fror; i á sombra agachapado do prácido follaxe, mentras que o gando garda, fai chifros o pastor. ... 1967
  • 8. LÓPEZ CUEVILLAS Ourense 1886 – Ourense 1958 PROSAS GALEGAS "¡Probiños os ríos! Os máis pequenos morreron xa. As fervenzas dos outros calaron ca súa leda cantiga, e os muiñeiros esqueceron as noites afrodíticas dos muíños. De vagar, de vagar, soio escoan por entre as pedras das presas fíos de auga, tan miudos, tan febles, que semellan as bagoas dun neno. ¿Onde foi, ouh ríos, a vosa forza de viaxeiros arriscados? Tristeiros, mudos, a vosa iauga encora nas chás e fede por que, falla de azos pra camiñar, morreu ca soedade do alén. E aínda os grandes ríos da nosa terra: O Miño, O Sil, o Ulla, qué debecidos, qué probes! De cada día, o voso leito afúndese máis, como si andivérades a abrir a vosa propia sepultura... 1968
  • 9. NORIEGA VARELA Mondoñedo 1869 –Chavín 1947 D´O ERMO . iNin rosiñas brancas, nin claveles roxos! Eu venero as froliñas d'os toxos. D'os toxales as ténues froliñas, que sorríen, a medo, entr'espiñas. Entr'espiñas que o Ceyo agasalla con diamante-las noites qu'orballa. ¡Oh d'o yerm'o preciado tesouro! as froliñas d'os toxos son d'ouro. D'ouro vello son, mai, as froliñas d'os bravos toxales, ¡d'as devocións miñas!... 1969
  • 10. MARCIAL VALLADARES A Estrada 1821 – A Estrada 1903 MAXINA OU A FILLA ESPÚREA. "Corría o ano mil oitocentos sesenta e seis: era unha mañán de maio; empezaba a esclarecer, e ladrando os cans nas eiras, daban a xente que pasaba polas congostras; cantaban xa o millangarrido, a bubela e o cuco nas carballeiras, o merlo e o reiseñor nos salgueirales, o paspallás entre os centeos, e os xílgaros e carrinciños, os chincheiros e siríns desfacíanse nos eidos mirando cada un pra o seu amor, que alí os oviños no níxaro empolaba, e adozando todos en concerto vario, traballos preludio de maternidá... 1970
  • 11. LÓPEZ ABENTE Muxía 1878 – Muxía 1963 CENTILEOS NAS ONDAS . Lostregueante choviscar de estrelas No escuro seo dunha noite en calma; Labarada de auceiros e de arelas A arder na seca gándara da ialma.   Anceios meus de lles ronbare aos mares Rondas de escuma, pérolas nacradas, Rebrilos de ronseles estelares Nos albos colos das mariñas fadas.   Ladrón, a vixiar nas penedías, Nas pardas lombas dos adustos cabos, No fervente balbor das ardentías, Nas mouras furnas nos rochedos bravos.   No brancore dos seixos dos coídos, No morno abrigo das arnelas fondas... Só puiden apañar estes louridos Centileos nas ondas. 1971
  • 12. LAMAS CARVAJAL Ourense 1849 – Ourense 1906 A ALDEA (frag.) No medio dun souto, ao pé dunha serra, na cume dun monte, no fondo dun val, coas chouzas de seixos telladas de colmo, están as aldeas, o mundo rural. ... Alí como os corpos, o espritu esmorece, sin outros alentos que a superstición; os mortos as bruxas, os trasnos, as meigas, seus dioses penates, seus númenes son. Fanáticos, chámanlle á cencia herexía ao xenio loucura, grandeza ao poder, valor á osadía, ao medo pacencia, á usura comercio, vergonza ao non ter. ... Alí, os caciques engordan e chegan a ricos sin teren nin rentas nin bés, namentras o triste maestro de escola, un ánema en pena de fraco parés. 1972
  • 13. LAGO GONZÁLEZ Tui 1865 – Santiago 1925 O DERRADEIRO CELTA Chega ond'a cerca do castro, mira pro fondo do val, finca na parede o codo, deita a cabeza na mau, e namentras que coa outra Arrincando musgue está Pensatible, triste e morno, Así se pon a falar:                                                 Alá van os nosos eidos, a miña casa alá vay; xa me mataron os fillos Matárom´a muller xa; Morreron os nosos homes Que souperon peleyar Morréron-nos os druidas Servidores de Teutás ...     1973
  • 14. VIQUEIRA CORTÓN Madrid 1886 –Bergondo 1924 DA GÁNDARA ERMA E TRISTE ¿Da gándara erma e triste, piñeiro bravo, non ouces do mar o mar molto tan solitario? ¿Non sintes te chamar á vida pra un vivir sempre máis alto? Piñeiro antigo, vello e engruñado, ergue as sempre verdecentes ponlas que ao vento traman cal tramaron as daqués que, rexos e amorosos, aquí cantaron. ... 1974
  • 15. PINTOS VILLAR Pontevedra 1811 –Vigo 1876 A GAITA GALEGA TOCADA POLO GAITEIRO (frag.) Ou Galicia, Galicia boi de palla canta lástima ten de tí o Gaiteiro! O aguillón que che meten é de aceiro e con él muita forza te asoballa. No lombo teu zorrega, bate e malla fasta o máis nomicreque ferrancheiro e calesquer podenco forasteiro te vafa de vergonza sin migalla! Agarima alleeira eses ingratos ou víboras que postas ao teu peito co ferrete che rompen mil buratos! Si o sangre teu refugas do teu leito malas novas madrasta de insensatos dos fillos teus ao amor nan tés direito. 1975
  • 16. RAMÓN CABANILLAS Cambados 1876 – Cambados 1959 EN PÉ ¡En pé! ¡Irmáns! En pé, sereos, a limpa frente erguida, envoltos na brancura da luz que cai de riba, o corazón aberto a toda verba amiga, e nunha man a fouce e noutra man a oliva, arredor da bandeira azul e branca, arredor da bandeira de Galicia, cantémo-lo dereito a libre nova vida! ... 1976
  • 17. ANTÓN VILAR PONTE Viveiro 1881 – A Coruña 1936 PENSAMENTO E SEMENTEIRA "Eu xa fai tempo que ando a dicir que axiña non haberá na Galiza máis que unha só aristocracia - aristocracia de pensamento, non de sangue -, aristocracia ou aristarquía, si vos parece millor, a do galeguismo; a que leva por bandeira e por escudo o "orgullo orixinal" simbolizado no emprego da lingua materna, que é o supremo froito de diferenciación da lingua materna, que é o supremo froito de diferenciación da raza á que perteñecemos. O galego culto que hoxe se esprese en galego, por ese só feito demostra levar na ialma un nidio sentimento de libertade; un nobre afán de asolagar a súa intelixencia nas augas vivas do traballo enxebre co fin de lles dar o tempero perciso para que poidan fecundar mortas terras, cheias de lixos de escravitude, trocándoas en viveiros de vizosa democracia... 1977
  • 18. ANTONIO LÓPEZ FERREIRO Santiago 1837 – Vedra 1910 O CASTELO DE PAMBRE (frag.) "A Sobrado algo xa o conocemos; agora paréceme posto en razón que tamén enxerguemos algunhas palabras acerca do Vilar de Mella. Xa dixemos que esta fortaleza de Vasco Fernández estaba situada onde se xuntan dous rigueiros que van ao Iso, antre as parroquias de Mella e Sendelle. Compúñase dunha torre cadrada de tres pisos cas súas correspondentes almeas e con dous corpos de casa a ela pegados, un polo lado do Norte e outro polo do Solano... 1978
  • 19. MANUEL ANTONIO Rianxo 1900 – Rianxo 1930 DE CATRO A CATRO (frag.) Fomos ficando sós o Mar o barco e máis nos. Roubáronnos o Sol. O paquebote esmultado que cosía con liñas de fume áxiles cadros sin marco.   Ronbáronnos o vento. Aquel veleiro que se evadéu pola corda floxa do horizonte.   Este océano desatracóu das costas e os ventos da Roseta ourentáronse ao esquenzo. ...  1979
  • 20. ALFONSO X O SABIO Toledo 1221 – Sevilla 1284 CANTIGAS DE SANTA MARÍA (frag.) Da que Deus mamou leite do seu peito non é maravilla de sâar contreito. Desto fez Santa María miragre fremoso ena ssa eigreja'n Lugo, grand'e piadoso. por hûa moller que avía tolleito o máis do seu corp'e de mal encolleito: Da que Deus mamou leite do seu peito non é maravilla de sâar contreito. Que ámbalas súas mâos assí s'encolleran que ben por cabo dos ombros todas se meteran. e os calcannares ben en seu dereito se meteron todos no corpo maltreito. Da que Deus mamou leite do seu peito nan é maravilla de sâar contreito. 1980
  • 21. VICENTE RISCO Ourense 1884 – Ourense 1963 LERIA (frag.) “Nas camiñatas longas polas vereas enlamadas do val, antre as muradellas dos eidos e á sombra dos carballos, polos vieiros abertos da serra, batidas do vento, antre as uces e as carqueixas, polas estradas poeirentas baixo un sol de xusticia; nas pousas na porta de chouza e na portalada do pazo, ao pé do cruceiro ou debaixo dun cabaceiro, ao acollido da chuvia, xantando nos mesós, sentados nos longos bancos onde se sentan osarrieiros e os camiñantes; durmindo nas pousadas da aldea, baixo o faiado de rexas trabes de castiñeiro; falando cos rapaces, cos vellos, coas mulleriñas, cos homes que andan no traballo; ollando os longos horizontes cinguidos de serras azúes, sorbendo o ár fresco da mañá e o luar da noite, vai ún comungando coa terra, deixándoa entrar máis adentro na ialma, ... 1981
  • 22. LUIS AMADO CARBALLO Pontevedra 1901 – Pontevedra 1927 PROEL O xesto monacal da pedra benzoa o acougo da aldea…   Axiónllanse os camiños abrazados ao cruceiro, nunha azul eternidade de pedra e ceo.   A agonía do solpor conmove o planto da terra, e a paisaxe presígnase con santas cruces de pedra.   A campaíña de prata do día, latexa un ángelus de epifanía.  1982 ...
  • 23. MANUEL LEIRAS PULPEIRO Mondoñedo 1854 – Mondoñedo 1912 OBRAS COMPLETAS. POESÍAS ¿Por qué o ceo máis limpo ao galego lle párce afumado? ¿Por qué a terra frolida que manda lle cheira a escamallo? ¿Por qué a iauga, hastra no ollo da fonte, pra el ten sempre tasto? ¿Por qué sinte que a sangue sorenta figura aburalo? ¿Por qué trema, dormente, e dacondo somella ter rautos? Porque está cos comenzos da febre que aos probos deixados fai perder a cabeza, i erguila, dar fungueirazos, … 1983
  • 24. ARMANDO COTARELO VALLEDOR A Veiga 1879 – Madrid 1956 HOSTIA (frag.) “¿Relembras?... Foi na doce Aquitaña. A raiosa primaveira enguirlandaba a campía e a serán deitaba tranquil coma un misteiro frolido. Despeado e polvorente cheguei ó teu sarego. Proscritos da terra nosa, decote perseguidos cal bestas montesías, chamamos onde vós. E aquela porta, a porta de túa nai, a úneca para nós aberta, foi para min a porta dos ceos. No atrio estabas ti, abeiro da “triquilla” arrodeada de pombas como Vénus, belida como Flora, graciosa como Aglae, como Hera sorrinte... ¡Ai! terrible como o amor. Teur ollos feiticeiros miraron garimosos o estrano pelerino de quen todos fuxían... ¡Gracias, ouh Prócula, aínda gracias, sempre gracias! 1984
  • 25. ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ Boborás 1884 – Pontevedra 1929 Nós, Nº 71 (frag.) Probos rosas, saundosas esperando amañecer; loumiñadas, degaradas por medrar i arrencender. Tristes rosas amorosas, todo chega, i o fin chega cando a póla se dobrega e nan vos pode soster. Craros soños, frolecidos cobizando un ideal; aniñados, enchoiados nunha roseira lanzal. Tristes soños noitecidos, todo chega i o fin chega se dos soños soilo queda o imposibre no rosal. 1985
  • 26. AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO Abadín 1909 – Santiago 1961 HOMENAXE A RAMÓN CABANILLAS Viñeran anos de carnada e alas de corvo, sombras desabogosas, chegaran as rulas, o vento cantaba nas lanzas e nas almeas, esa canción de ferro tan sabida. Os que irían ás rilleiras do olvido, cansos de andar arrastro polas viñas e pumaregas, viran chegar os señores da terra sobre os seus cabalos, e fixeron homenaxe ós poderosos cos seus corazóns máis tristes que a noite á sombra das súas fillas. E soñaron entón en terras anchas coma mares onde pousar o mel do seu corazón sin medida, e botaron negras naus á mar dos deuses, e sobre mares de cinza de orxos tristes, e sobre mares ledas de ribeiras sin conto, puxéronse de xonllos cos ollos entrabertos ós 1986 lonxes...
  • 27. FRANCISCA HERRERO A Coruña 1869 – A Coruña 1950 NÉVEDA (Introducción). "Querendo un gran poema cantar, dúbidas teño; que se falo galego non me entenden; e a cantar castillán nan me comprendo. Así mesmo pregúntome, se en prosa hei de escribir ou ben en verso; e ríome soíña deste meu dubidar; que é un aletexo igual ó dun poliño que se debote, coidándose atrapado no poleiro por un espanta-paxaros de trapo movido polos ímpetus do vento. Ninguén ha de le-lo meu escrito nin naide ha de folla-lo meu pensamento... abonda con deixar corre- la pruma; abasta con cumpri-lo meu desexo. ¡Lectores... quen os vira, mulpocado! couberan nun puñiño ben pequecho!... Deixade, pois, que escriba como canto: deixádeme que fale cos galegos, que son irmáns da alma os que me escoitan, e non ha de asolagar nos meus defectos… 1987
  • 28. RAMÓN OTERO PEDRAYO Ourense 1869 – Ourense 1976 A CASA SOIA Nas queixumosas táboas Brosladas finalmente polo verme analista de insomnios e fantasmas repousou o mou pai no cadoleito, e inda a piedade de unha bágoa de ólio garda a lembranza gosalleira e triste pra o fillo sempre na querida coimbra, neno xiado de augural pavura pola friaxe glacial de aquela man quentor de Deus, forteza e recompensa. Sofren meus probes libres proba de soedade, noite e poeira, apreixan requintados pensadores os seus cristalográficos esquemas en procura da chama dos poetas aínda nos ermos bailadora lapa ... 1988
  • 29. CELSO EMILIO FERREIRO Celanova 1912 – Vigo 1979 LONGA NOITE DE PEDRA O teito é de pedra. De pedra son os muros i as tebras. De pedra o chan i as reixas. As portas, as cadeas, o aire, as fenestras, as olladas, son de pedra. Os corazóns dos homes que ao lonxe espreitan, feitos están tamén de pedra. I eu, morrendo nesta longa noite 1989 de pedra...
  • 30. LUIS PIMENTEL Lugo 1895 – Lugo 1958 SOLPORES DA MIÑA VILA Solpores da miña vila, longos, case eternos. (Os anos pasan rápidos; os días, lentos). a luz esbara polo meu piano lustroso ¿Qué música lle poñeremos? As maos, soñan. Solpor de prata sobor do ébano. Penso nos poetas mortos. Calma, calma...   1990
  • 31. ÁLVARO CUNQUEIRO Mondoñedo 1911 – Vigo 1981 SOEDADES DA MIÑA BRANCA SEÑOR (frag.) Escóitasme tí, miña señor amada, cando do peito meu o trobo arde ou atrás de ti a sombra do meu soño loucamente a túa apreixa e bica ? Ouh doce o peso do teu corpo no meu maxín deitado Neste río do meu vagar sin fin qué incendiado navío non navegas na noite? -Por qué este corazón tanta frol murcha, por qué inda son eu de tanta verba a boca? Miña branca señor, corpo delgado: este bosque é do tempo da máis recente lúa, i ese malvís que tanto áer enfrauta cada día que amence renasce e asubía. 1991
  • 32. FERMÍN BOUZA BREY Ponteareas 1901 – Santiago 1973 RETORNO (frag.) "Mol rabanda do Mundo, sabrosa terra nai, que ventura manxarte como un lírico pan e chantarche a dentamia dos ollos na códea vidal, madura, recendente, vizosa, a latexar!… Somentes ti me sacias a fame perennal Regusto de alonxarme para logo voltar, e adormir no teu colo abranguendo o teu van, como un Miño quencido polo peito dos vals, coas augas quedas, quedas, 1992 sen presa polo mar.
  • 33. EDUARDO BLANCO AMOR Ourense 1897 – Vigo 1979 A PESCA (frag.) Agarimantes cóxegas, moxenas no teimoso cristal bulinte espello dos vimios confidentes pola beira. Sobro de nós, dondo silenzo, o ceio.   O peixe foi, seu pulo e bris de prata, un istante no tempo de ar e rede; dempois, nota e puñal, fendeu as augas, arrepío de luz na linfa verde.   Como ispido na forza do seu arco, lanzal teu corpo, sen ferir a area, sortíuse con lediza de venablo para o cachón das augos balbordeiras. 1993
  • 34. LUIS SEOANE Bos Aires 1910 – A Coruña 1979 A FONTE (frag.) Semellaba o vello un vagamundo, unha braga ao meio da coxa máis curta a outra e de difrente coor, desguedellado e arrodeado de moscas, ollando cara a fonte. Un burato cun picho no muro, A fonte da rúa do Franco, con unha auga mellor que outras, que roidosa enchía as sellas cantando a auga e brincando. Ao agochárese as mozas amostraban as pernas, as coxas frescas como a auga da fonte. Eso é todo o que agardaba, encostado, desdenoso, no muro, aquel vello que semellaba un vagamundo. 1994
  • 35. RAFAEL DIESTE Rianxo 1899 – Santiago 1981 O GRANDOR DO MUNDO Tanto ouvira falar de Bôs-Aires, das ruas longas e direitas que non se dan ademiradas nin andadas, da prata relocinte e xenerosa con que alá premian o traballo, dos boletíns de moitas llanas e da xente sabida que os lé, dos longos trens que bruan pol-a pampa infinda e de mil cousas ledas, lanzales e rumosas, tanto ouvira falar, antrementres co-a navalla barbeira –a mais levián da vila- percorría as fazulas dos seus parroquianos de sempre, e tanto no seu maxín escarabellou o falado, que un día topouse de súpito co-a circia vôntá d’ir a Bôs-Aires. Dez anos alá, e voltaría rico de pecunia e lembranzas. Unha mañanciña saeu da vila cun baul pequerrecho.... 1995
  • 36. XESÚS FERRO COUSELO Valga 1906 – Ourense 1975 COMO E POR QUÉ OS ESCRIBANOS DEIXARON DE EMPREGAR O GALEGO O galego enton é a fala dos vasalos e dos señores, dos cregos e dos labregos, e óucese o mesmo nos concellos que nas eirexas, misturado co latín nas prédicas e cerimonias. “E esto así dito e outorgado ergueuse o dito chantre e tomou por las maos aos ditos Afonso Ougea e Tereixa Alvares e en suas maos feceron logo palavras de casamento ambos e dous, segundo que manda a nosa Santa Madre Iglesia, dizendo o dito Afoso Ougea que recebía a dita Tereixa Alvares por sua muller boaa e leal e a dita Tereixa Alvares dizendo que reçebía ao dito Afonso Ougea por seu marido boo e leal…” Ansí se fixo un casamento, nos comenzos do catrocentos, según as Notas de Estebo Pérez, chanceller do Cabidoo da Catedral de Ourense... 1996
  • 37. ÁNXEL FOLE Lugo 1903 – Lugo 1986 CONTOS DA NEBOA O Venancio, que sabía moitas historias disas que chaman do outro mundo, falaba das premonicións. -Hai moitos casos en que se aduviña o porvir dunha maneira que chamaremos instintiva. -Ista conversa era millor prá noite, coma cando paseabamos po-la Ferradura e contabamos disas historias de medo, ás que era tan afeizoado o gran clínico don Roberto Nóvoa Santos. - Penso recordar que me dixeron que don Roberto cría que os cás oubeaban cando sentían a morte dunha persoa, poucas horas antes de morrer. Pasamos por diante dunha casa estreitiña. No portal había unha mesa mortuoria. Non sei cómo, acheguéime a vé-la esquela. “Don Casto Méndez, ex recaudador de contribuciones...” Era o de Pastoriza. 1997
  • 38. JOHÁN DE CANGAS MARTÍN CODAX MEENDINHO Ondas do mar de Vigo Ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo? E ai Deus!, se verra cedo? Ondas do mar levado, se vistes meu amado? E ai Deus!, se verra cedo? Se vistes meu amigo, o por que eu sospiro? E ai Deus!, se verra cedo? Se vistes meu amado, por que ei gran coidado? E ai Deus!, se verra cedo? Martín Codax 1998
  • 39. ROBERTO BLANCO TORRES Cuntis 1891 – Entrimo 1936 DIANTE DA NATUREZA N-as leiras que dan froito, sóbor chan que xermina, o traballo fecundo impón a lei da vida. Soilo as cibdás imbéciles co pitismo dan grima.   O agro, o agro, é a musa d’ardente melonía en onde a frol d’a loita chea d’arume e limpa, ergue seus cores roxos ô cume que aloumiña, falando ôs peitos nobres d’a redentora obriga. Soilo as cibdás imbéciles traicionan a consina… 1999
  • 40. MANUEL MURGUÍA Arteixo 1833 – A Coruña 1923 DISCURSO NOS XOGOS FRORAIS DE TUI ¡O noso idioma! O que falaron nosos pais e vamos esquecendo, o que falan os aldeáns e nos achamos a ponto de n’entendelo; aquel en que cantaron reis e trovadores; o que, fillo maor da pátrea gallega, nola conservóu e conserva coma un don da providencia; o que aínda ten nos nosos labres as dozuras eternas e acentos que van ó corazón; o que agora oídes coma si fose un himno relixioso; o hermoso, o nobre idioma que do outro lado dese río é léngoa oficial que serve a máis de vinte millóns de homes e ten unha literatura representada polos nomes gloriosos de Camoens e Vieira, de Garret e de Herculano; o gallego, en fin, que é o que nos dá dereito á enteira posesión da terra en que fomos nados, que nos de que, pois somos un pobo distinto, debemos selo... 2000
  • 41. ELADIO RODRÍGUEZ Leiro 1864 – A Coruña 1949 ORACIÓS CAMPESIÑAS  Quixera que os meus versos cheirasen á terra húmida, …………………………… sonasen sempre a cántigas barudas; …………………………… tivesen oraciós de atardeceres …………………………… chegasen as concencias máis escuras e despertasen n’elas as voluntades murchas, e prendesen nas almas as arelas patrióticas máis xurdias, e rezasen á eito a pregaria eucarística e litúrxica do santo amor á todo canto é noso i-á todo canto en nós vive e perdura, pra que así nos sentísemos nas xornadas futuras 2001 máis grandes e máis donos de nós mesmos,
  • 42. FREI MARTÍN SARMIENTO Vilafranca do Bierzo 1695 – Madrid 1772 Coloquio de 24 Gallegos Rústicos No chan que en Morrazo chaman os galegos tamen San Cybran que chega hasta o ceo, que está no camiño que vay ao Ribeyro dendes Pontevedra a vila do reyno, a hum-ha legoiña, camiño dereyto, fay conta que sigues o rumbo surlesto se sube en relanzo por todo o vieyro sen muita fadiga nem muito tormento, 2002
  • 43. ANTÓN AVILES DE TARAMANCOS Taramancos 1935 – A Coruña 1992  O SEMIDEUS DERROTADO      O elmo ourilucente está guindado na inmensidá da gándara bravía, a espada escentilante non porfía na valerosa man de xesto ousado.      Esparéxese o pó no medio día testemuña da loita afervoada, e soio en pé a egua, camarada de tanta camiñata largacía.      O seu carón a adágara rachada que en cen combates defendeu seu peito cobre de sombra a testa entusiasmada      E sérvelle o terrón de cadaleito e de suario sérvelle a xeada a aquel que en valentía foi perfeito. 2003      ( Poemas a Maricarme Pereira)
  • 44. XAQUÍN LORENZO “XOCAS” Ourense 1907 – Ourense 1987 ENREDOS  A voz enredos ten na Galiza dous valores: úsase xeralmente pra indicar algo de pouca importancia e sen transcendencia; cando se fala de froita, por exempro, os nosos labregos acostuman a decer: «ises son enredos de rapaces». En sentido máis restrinxido, un enredo é un xoguete, é decer, un artiluxio co que os nenos satisfán a sua necesidade de ocupar o tempo imitando no posible ás persoas maiores. O mesmo significado ten asimesmo a palabra brinquedo (de brincar = saltar, xogar). A anterior fórmase de enredar, do mesmo valor que brincar. Chámanse tamén os xoguetes ixolas, de onde ixoleiro = mañoso. O xoguete non ten fronteiras xeográficas nen cronolóxicas; en tódolos pobos e en tódalas épocas móstrasenos a existencia dista industria infantil. 2004     
  • 45. XESÚS LORENZO VARELA A Habana 1916 – Madrid 1978 LUGO Na fonte de ferro, no coiro dos bois no espello do vento, da navalla e da frol. No recén da herba, no lobo e no can, nos ollos da meiga, na pedra do lar. No refaixo dela, na ponte do alén no andar das ovellas. no ar do mencer. No cabalo quente, no viño millor no que non se perde no meu corazón. 2005 ... Na vida, na morte, no amor e no ren, loubareite, Lugo de aceiro e de mel.
  • 46. MANUEL LUGRÍS Sada 1863 – A Coruña 1940 A FESTA DE TACÓN Sempre tuveron n-o peito d'os gallegos cariñoso agarimo as ideas de caridá misturadas c'o santo antusiasmo pol-a pátrea: n-a noite d'o veint' e cinco d'o derradeiro mes dimos unha proba d'ista verdá. Pol-a tarde d'ese cobizado dia non pensaban os gallegos mais que n-a festa que se proparaba. Todol-os sembrantes revertian alegria, todol-os corazós latexaban á impulsos d'os recordos mais ledos e feiticeiros. As gaitas deixaban ouvir de vez en cando os seus tenros conceutos, xa co'a churrusqueira muiñeira, xa co'a vagarosa e sempre divina alborada...      2006
  • 47. MARÍA MARIÑO Noia 1918 – O Courel 1967 VERBA QUE COMEZA Linme hoxe toda por dentro. ¡Linme! ¡Como me está chegando! ¡Como me apaña! Eu non sei, non sei si me chega ou vou por ela. Non o sei. ¿Ouh, pra que me trouxeches si hoxe me levas? Hoxe, hoxe, día de todos en un. Infindá do tempo. ¡Hoxe! Hoxe de quen todos somos na marea sin ondas, sin velas, sin barcos en coor vello. Hoxe, ¿de quen? Hoxe: dirán uns. 2007 Hoxe: dirán outros mentras...
  • 48. XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ Tui 1915 – Vigo 1985 Ise neno da rúa Non é certo que os nenos teñan fame Non pode ser. Ben o sabedes todo os que andades no mundo atafegados á percura do pan dos vosos fillos Ises outros que vedes pola rúa pedindo esmola, non teñen fame, non, porque daquela vos teríades morto de vergonza. E ben vos vexo andar nos vosos coches ou nos tranvías, a berrar de cousas estranas, -¡viva, beba, baba, buba¡- sen reparar naquil esfarrapado que coa moura mauciña está petando na porta de ferro. ... 2008
  • 49. RAMÓN PIÑEIRO Láncara 1915 – Santiago 1990 A LINGOAXE E AS LÍNGOAS No panorama cultural dos nosos días bótase de ver que a preocupación pola lingoaxe vai tomando unha amplitude i unha relevancia crecentes. En boa parte, naturalmente, polas achegas da propia ciencia lingüística; pro tamén, e cada vez máis, porque a investigación da lingoaxe interesa noutros campos científicos, ou mesmo como medio de verificación da filosofía. .. 2009
  • 50. UXÍO NOVONEYRA Parada do Courel 1930 – Santiago 1999 SE O PASADO É PASADO SE o pasado é pasado i o presente é o urgente Por qué inda busca a xente aquel soño clausurado? Vido visto ben santiago I esa cuestión non resolta Fago camiño de volta camiño de volta fago Camiño de volta fago Volvo do cabo do Mundo Terra sólo en ti me fundo É a certeza que trago 2010
  • 51. LOIS PEREIRO Monforte de Lemos 1958 – A Coruña 1996 Cero á esquerda O corredor de fondo perde o alento fuxindo dunha vida inzada de renuncias da súa liturxia obesa e oleosa, mediocre nos seus comunais fracasos, bágoas de xelo, indignación contida non deu chegado a tempo de exercer a súa rebelión, nin de levar a cabo a súa vinganza definitiva contra un mundo inxusto, homicida, e cruel, pola inutilidade da súa propia vida solitario, enfermo e fatigado, a morte anticipouse e chegou antes. 2011