SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  20
Télécharger pour lire hors ligne
2.0
                                   desire
                                   catálogo de recursos didácticos
                                   www.proxectodesire.eu


                                               Proxecto                  Web 2.0

                                                                                           Licenzas


                                                          gnu/gpl

                         colaboración                 usuarios

                                                                      mitl
                                                        estándares               twitter
                            compromiso                                                        accións complementarias
                                                      docentes

                                                                      educación
                                                                                                            Formación
                                                       webinars
                   futuro                                             web 2.0
                                                                                           validación

                                                mpl                    vimeo
                                                                                           estándares
                                                                       std
Formación
                                                        w3c
                                 xhtml                                         scorm
                                                                                           programación Estándares
                                                        creative commons
                   rfc                    xml                                   bsd
                                                            alcance                        panel expertos

             css                colaboración             foros         redacción                        Licenzas

                             slideshare
                                                 redes sociais          interoperabilidade



            Estándares
                                   Web 2.0                        Proxecto




         Catalogación e distribución de materiais didacticos ligados aos
        novos Certificados Profesionais : Desire 2.0, repositorio mellorado
             para a catalogación de obxectos de aprendizaxe dixital
      Accións Complementarias e de Acompañamento á Formación. Convocatoria 2009
2
2.0
                                                                 desire
                                                                 catálogo de recursos didácticos




  INTRODUCIÓN

  A Fundación Formación e Emprego de Galicia (FOREM Galicia) é consciente da
velocidade a que avanza a incorporación das tecnoloxías da información (TIC) en materias
de formación e emprego. Froito desa conciencia e directamente vinculada á filosofía e
política da nosa organización, presentamos o proxecto “Catalogación e distribución de
                                                         C
materiais didacticos ligados os novos Certificados Profesionais Desire 2.0, repositorio
mellorado para a catalogación de obxectos de aprendizaxe dixital”.

  O Proxecto Desire 2.0 é un repositorio de obxectos de aprendizaxe (ROA) ligado aos
certificados de profesionalidade. Estes establecen un escenario no que o catálogo das
cualificacións profesionais do INCUAL, empregando un símil teatral, sería o foro que
marca o que ocorre nos planos e no proscenio. Fai unha aposta pola flexibilidade (unha
parte de cada módulo formativo pode cursarse de forma non presencial). A innovación
está ligada á tecnoloxía só en parte. A magnitude dos cambios que implica a incorporación
tecnolóxica, a aprendizaxe social, leva a un novo paradigma do proceso de ensino-
aprendizaxe. Para integrar as TIC na aprendizaxe fan falla competencias nos docentes, fan
falla contidos e actividades en formatos adecuados e, sobre todo, un cambio de
mentalidade en todos os actores para cambiar os seus roles tradicionais. A experiencia
di que os materiais que se confeccionan con fondos públicos, unha vez acabado o
proxecto, non se reutilizan suficientemente e fano rara vez fóra da organización que os
prepara.

  O retorno do investimento é moi baixo para o sistema, no mellor dos casos. Un
catálogo/repositorio dos materiais dispoñibles podería contribuír decisivamente a
cambiar esta situación. Ningunha organización pode ser capaz de actualizar
permanentemente todos os materiais que precisa. A actuación dos docentes como
actualizadores, buscadores e creadores de materiais complementarios é clave. A web
2.0, a web social, esixe unha formación 2.0, unha aprendizaxe social, incluso con
contornos persoais de aprendizaxe, con grande intervención dos usuarios na creación e
busca de contidos.




                                                                                               3
2.0
     desire
     catálogo de recursos didácticos




      O PROXECTO

  A materialización do traballo desenvolto durante o ano 2010 é un sitio web accesible,
seguro e estable dispoñible na URL http://www.proxectodesire.eu, onde os usuarios achegan
e descargan obxectos de aprendizaxe e recursos dixitais.

    Os principais obxectivos do proxecto son:



      1.- Catalogación de obxectos de aprendizaxe reutilizables procedentes de diversas
          fontes, en especial os realizados en accións complementarias 2008-2009.

      2.- Revisión de sistemas de busca e presentación dos obxectos.

      3.- Implementación dun sistema de descarga seguro.

      4.- Creación dunha comunidade de práctica, desenvolvendo accións para a
          ampliación da dimensión social do sitio.

      5.- Empaquetado do sistema completo e do código fonte para a súa distribución no
          dominio público.




   Cando falamos dun ROA é necesario definir os principais compoñentes para poder ter unha
visión global clara e definida do proxeto.


    a) Compoñentes tecnolóxicos do e-learning
  Desire 2.0 é o resultado dun proceso de integración e innovación tecnolóxica que permite
a comunicación e interacción entre usuarios e contidos:

  LMS (learning management system) é o software encargado dos procesos administrativos
e da xestión de aprendizaxe. Desire 2.0 emprega Moodle.




4
2.0
                                                                            desire
                                                                            catálogo de recursos didácticos




   CMS (content management system) é o software encargado de mostrar, clasificar, exportar
e servir como plataforma de edición de contidos.




  b) Repositorio
  Coa aparición do e-learning e dos obxectos de aprendizaxe xorden as necesidades
particulares para xestionar os contidos formativos. Os repositorios de obxectos de
aprendizaxe son sitios web de referencia nos que a información acerca destes obxectos se
mantén actualizada e a disposición dos usuarios. Desire 2.0 é un repositorio mixto, xa que
almacena metadatos e tamén os seus contidos.




                     Desire 2.0 é un repositorio mixto de arquivos e metadatos.




  c) Obxectos de aprendizaxe.
  Hoxe en día resulta complexo e non existe consenso estandarizado sobre o que podemos
considerar un obxecto de aprendizaxe. De feito, un bo resumo da evolución do concepto
podemos atopala no informe Uso de estándares aplicados a TIC en educación, publicado
polo Instituto de Tecnoloxías Educativas (ITE), pertencente ao Ministerio de Educación e
Ciencia. No seu apartado 2.4 Objetos de aprendizaje:




                                                                                                          5
2.0
     desire
     catálogo de recursos didácticos




    “La definición más citada en la literatura es la de IEEE, propuesta en uno de los pocos
    estándares relacionados con e-learning que han sido aprobados. Este es LOM, en el que
    se define un objeto de aprendizaje como “cualquier entidad, digital o no digital, que
    puede ser utilizada, para el aprendizaje, la educación o el entrenamiento”

    “En realidad IEEE actualmente ha redefinido ligeramente el concepto de objeto de
    aprendizaje como cualquier entidad digital o no digital que puede ser usada, reutilizada
    o referenciada durante un proceso de aprendizaje apoyado por la tecnología “

outras evolucións do concepto poden consultarse no mesmo apartado 2.4 do citado informe.

  A importancia de consensuar unha definición de obxecto de aprendizaxe foi fundamental
para garantir o éxito do noso proxecto, xa que atopar o equilibrio entre a rigorosidade e a
contribución docente era a fonte que nos permitiría conseguir achegas por parte dos
creadores de contidos, e se os requisitos eran moitos, a comunidade quedaría desalentada
e as achegas serían mínimas.




                            “É fundamental distinguir entre obxecto e recurso didáctico”



    d) Estándares
  O manexo de diferentes tipos de recursos para diferentes aplicacións e plataformas
desenvoltas en distintas tecnoloxías é un tópico clave. Desire 2.0 utiliza e implementa os
seguintes estándares para conseguir a ansiada interoperabilidade entre distintas plataformas:

   Estándar LOM-ES Learning Object Metadata (norma UNE 71361:2009) para a etiquetaxe de
obxectos. Os metadatos son información sobre o propio obxecto. A falta de información sobre
os obxectos limita, de xeito fundamental e crítico, a capacidade para a procura, xestión e uso
de obxectos. Este estándar afronta este problema ao definir unha estrutura para a descrición
interoperable de obxectos educativos. O propósito do estándar é facilitar a procura,
avaliación, adquisición, o intercambio e o uso compartido de obxectos educativos. Os
elementos de datos, do estándar LOM-Es, están agrupados en nove categorías, e dentro de
cada unha delas, no proxecto Desire, utilizamos as etiquetas obrigadas mínimas e
imprescindibles.




6
2.0
                                                                            desire
                                                                            catálogo de recursos didácticos




  Estándares WAI e recomendacións W3C. A Web Accessibility Initiative (WAI), ou Iniciativa
para a Accesibilidade Web, é unha rama do World Wide Web Consortium que vela pola
accesibilidade da Web. A WAI publica as guías de accesibilidade e contido web que especifican
os requisitos de accesibilidade segundo tres niveis, denominados A, AA e AAA, e que
corresponden respectivamente a criterios mínimos de accesibilidade, estendidos, e
accesibilidade máxima. No sitio desenvolto, e para permitirmos unha audiencia o máis extensa
posible de usuarios con distintos niveis de dotación tecnolóxica e capacidade sensorial, tratamos
de seguir as devanditas normas para garantir o acceso á información do noso repositorio.

  XML, acrónimo de eXtensible Markup Language ou linguaxe de marcas extensible, é unha
                        X
metalinguaxe extensible de etiquetas desenvolta polo World Wide Web Consortium (W3C).
XML é un estándar para o intercambio de información estruturada entre diferentes
plataformas, e é utilizado no proxecto Desire para ‘ofrecer’o intercambio de información entre
plataformas ou repositorios que o poidan ler e incorporar, capturando a ‘ficha’ da familia
profesional ou obxecto do noso repositorio para presentar no seu portal ou referenciar.




        “Os estándares: os modelos que cómpre seguir e implementar para lograr os obxectivos...”




  ACHEGAS DE OBXECTOS

  Para colaborar no repositorio e preciso estar dado de alta no sitio www.proxectodesire.eu

  O proceso e sinxelo en non difire de calquera outra alta nun servizo web 2.0. A conta de
correo solicitada no proceso, ademais do nome de usuario e contrasinal, utilizarase para o
envío de boletíns e confirmación de as achegas feitas polo usuario.




                                                                                                          7
2.0
    desire
    catálogo de recursos didácticos




  As achegas, como xa se indicou, teñen que estar relacionadas co Sistema Nacional de
Cualilficacións Profesionais, asociando o obxecto de aprendizaxe, ou o recurso didáctico,
coa Cualifación profesional correspondente e dentro desta a Unidade de Competencia no
que o obxecto se podería aplicar para acadar os seus criterios de realización.




  Co obxecto de flexibilizar o proceso de catalogación, respecto o estándar LOM-ES, o equipo
do proxecto acordou que era mellor permitir que o usuario cumprimentara parte dos campos
a que non subira o obxecto debido a rixidez das condicións. Por iso se permite que o usuario
achegue o obxecto sen cumprimentar a totalidade dos campos xa que logo o obxecto
presentará unha serie de alarmas en relación coa finalización do traballo, e o usuario poderá
completar a catalogación do estándar mais tarde, cando se sinta cómodo achegando e
compartindo obxectos de aprendizaxe.

  Unha vez subido o obxecto, o usuario recibe confirmación vía correo electrónico e un
enlace a ficha do obxecto aportado, co porcentaxe de cumplimentación respeecto os
metadatos.




8
2.0
                                                                  desire
                                                                  catálogo de recursos didácticos




  EXPERIENCIA PILOTO E COMUNIDADE PRÁCTICA

   Do mesmo xeito que na pasada edición, o concurso de deseño de obxectos de aprendizaxe
foi parte primordial da promoción do noso repositorio. Na pasada edición tivemos a
experiencia de elixir medios de difusión do concurso máis globais, sen lles prestarmos
atención aos medios locais. Nesta edición fixemos unha dobre aposta que non fixo máis que
confirmar o erro da pasada edición. Por unha banda, promocionouse o concurso a través de
medios globais, utilizando as redes sociais e portais relacionados co sector e a rede
Didáctica, TIC e innovación educativa, pertencente ao servizo de listas de distribución da
comunidade académica española.

   No concurso, e respecto da pasada edición, precisáronse algúns aspectos de tipo técnico
e relaxáronse outros que podían afastar a posibles interesados. Lembremos que o obxectivo
do concurso é dobre: fomentar o uso de ferramentas 2.0 e atraer os participantes á
comunidade de práctica do Desire.




                                                                                                9
2.0
      desire
      catálogo de recursos didácticos




     As condicións técnicas destacables do concurso recalcaron os seguintes aspectos:

      - Os obxectos presentados deben estar relacionados con algunha das familias
        profesionais do Sistema Nacional de Cualifiacións, aspecto sen o cal non terían sentido
        no noso proxecto.
      - O obxecto de aprendizaxe debía ser etiquetado mediante o estándar LOM-Es para
        garantir a súa transferibilidade e recuperación.
      - O obxecto achegado ao concurso publicarase baixo licenza Creative Commons [by-nc-sa].

     Respecto dos criterios de valoración

  Estes xiraron en torno á ferramenta LORI_ESP Instrumento para a avaliación de obxectos
de aprendizaxe, cos seguintes criterios de avaliación:

      - Calidade de contido: veracidade, exactitude e equilibrio na presentación dos contidos
        e nivel de detalle axeitado.
      - Adecuación dos obxectos de aprendizaxe: adecuación entre os obxectivos de
        aprendizaxe, actividades, avaliacións e características dos alumnos aos que se dirixe.
      - Motivación: capacidade para motivar e crear interese con relación aos alumnos aos
        que se dirixe.
      - Interactividade e adaptación: promoción da interactividade dos estudantes e adaptación
        ás súas necesidades.
      - Presentación: características do deseño orientadas a favorecer a aprendizaxe e o
        desenvolvemento cognitivo.
      - Usabilidade da interacción: facilidade de navegación, interface intuitiva e calidade dos
        temas de axuda.
      - Accesibilidade: deseño dos controis e presentación dos formatos axeitados aos alumnos
        con discapacidade.
      - Reusabilidade: posibilidade de uso en contextos de aprendizaxe distintos e con
        estudantes con traxectorias distintas.
      - Conformidade a estándares: aplicación dalgún dos estándares ou especificacións
        internacionais.

     Os tres obxectos premiados foron:

      1º Premio: Guia html achegado por Jose Riveiro. Asociado á familia profesional Informática
      e comunicacións, á cualificación profesional Confección e publicación de páxinas web,
      e á unidade Construír páxinas web.




10
2.0
                                                                      desire
                                                                      catálogo de recursos didácticos




 2º Premio: Arranque dun motor por proceso marcha-paro, achegado por Miguel García
 Martín. Asociado á familia profesional Transporte e mantemento de vehículos, á
 cualificación profesional Mantemento do motor e os seus sistemas auxiliares, e á unidade
 Manter os sistemas auxiliares do motor térmico.
 3º Premio: Guía Active Inspire, de Emilio Cortizas. Asociado á familia profesional
 Competencias transversais e á cualificación profesional Instrumentais.

Máis información sobre o concurso en http://www.proxectodesire.eu/concurso




                 Detalle ficha dos metadatos do obxecto gañador do concurso




                                                                                                   11
2.0
     desire
     catálogo de recursos didácticos




     WEB 2.0 E COMUNIDADE PRÁCTICA

  Articular unha comunidade de práctica de utilidade para todos os actores do sistema é un
dos obxectivos primordiais do proxecto Desire. Unha comunidade que pase da cultura da
competencia á cultura da colaboración (ou do modelo catedral ao modelo bazar como nos
recordaría Gorka Palazio no seu webinar).




  Para fomentar esta comunidade seleccionáronse catro expertos que puideran liderar este
obxectivo, ademais dos membros do equipo do proxecto, e establecéronse catro webinars
con distintos obxectivos:

  `Xogo Serio´, impartido por Lucio Margulis. O noso primeiro webinar cun obxectivo claro:
facer un cambio de óptica sobre o noso traballo como docentes e construír grupo.

  Gorka Palazio, `Ferramentas 2.0 na educación e na formación´. Coñecer da man deste
experto as ferramentas que como docentes poden ser de axuda para afrontar o cambio de
paradigma que nos ocupa.

   Sergio Vasquez Bronfman, `Deseñar cursos para aprender facendo´. Unha perspectiva
dende o punto de vista do deseño de programas e obxectos de aprendizaxe cara á modalidade
e-learning e b-learning

  Esperanza Roman Mendoza, `Twitter, nova canle de comunicación para a formación´.
Coñecer twitter e as súas aplicacións dende o punto de vista empresarial e docente foi o
obxectivo do noso último webinar.

  Todos os webinars forom impartidos no noso espazo Elluminate e difundidos a través da
páxina do portal Desire, o twitter do proxecto (@proxectodeire), correo electrónico e algúns
portais do sector como www.aefol.com




12
2.0
                                                                            desire
                                                                            catálogo de recursos didácticos




   Conforme o proxecto avanzaba, a estratexia de alarmas e comunicación de novos webinars
foi centrándose nas canles específicas do proxecto Desire: o propio portal e a canle twitter
@proxectodesire, co obxecto de asentar a comunidade nos nosos espazos.

  Todos     os   webinars     desenvoltos    están     dispoñibles    no    espazo
http://www.proxectodesire.eu/vimeo para súa consulta, descarga, enlace ou embebido
noutros portais.

  Twitter foi o espazo social seleccionado para a comunicación e para estarmos ao tanto
das novas do proxecto. Aspectos como a precisión na mensaxe, a seguridade en canto a
datos solicitados, e a dispoñibilidade para clientes móbiles foron claros para elixilo.




  “A evolución progresiva do número de seguidores do proxecto Desire 2.0 en Twitter ratifica o éxito da
 experiencia piloto e confirma a creación dunha “comunidade práctica” que xira arredor do repositorio”




  ACHEGAS DO PROXECTO

   O proxecto Desire 2.0 debe servirlles de estímulo a docentes e usuarios para compartir
coñecementos. Entendemos que actualmente a formación precisa imperiosamente un cambio
de mentalidade que considere o coñecemento como algo para compartir. O cambio debemos
enfocalo como un “presente inmediato” e como un proceso de adaptación “futuro e difuso”.
Gobernos e institucións decatáronse dos beneficios do coñecemento aberto e da relación
directa existente coas novas tecnoloxías. O ser humano aprende, ensina e emprega os seus
coñecementos na medida da liberdade que teña para facelo. As novas tecnoloxías da
información e comunicación (TIC) non fan máis que consolidar o “novo” proceso de formación
e coñecemento do individuo.




                                                                                                         13
2.0
     desire
     catálogo de recursos didácticos




  As liberdades e dereitos con respecto ao software libre espalláronse ao terreo do
coñecemento, colmando a seguinte noción, moi estendida, de coñecemento libre:

     - O coñecemento libre pode ser libremente adquirido e libremente usado, con calquera
       propósito e sen necesitar o permiso de ninguén (libertad 0).
     - O coñecemento libre pode adaptarse libremente ás necesidades do adquisidor (libertad 1).
       O acceso a unha fonte modificable do coñecemento é unha precondición para isto.
     - O coñecemento libre pode compartirse libremente cos demais (libertad 2).
     - O coñecemento libre é tal que pode mellorarse e as súas versións adaptadas e
       melloradas poden compartirse libremente cos demais, para que así se beneficie a
       comunidade enteira (libertad 3). O acceso a unha fonte modificable do coñecemento é
       unha precondición para isto.

  En Desire 2.0 intentamos, na medida do posible, cumprir as catro liberdades, liberando os
contidos baixo licenzas non restritivas Creative Commons para os textos e imaxes, e licenzas
GNU/GPL e BSD para a maioría dos desenvolvementos de software.




     QUE PROPORCIONA O PROXECTO?

     - Catalogación de obxectos de aprendizaxe e recursos didácticos procendentes das
       Accións Complementarias 2008-2009.
     - Módulo GPL para a catalogación de recursos didácticos e obxectos de aprendizaxe.
     - Base de datos do Sistema Nacional de Cualificacións Profesionais en formato SQL
       actualizada.
     - Empaquetado do sistema completo e funcional nun LiveDVD baseado no sistema
       operativo libre e gratuíto GNU/Linux

     Descarga o código fonte do proxecto en http://www.proxectodesire.eu/code




                        “As licenzas non restritivas garanten a libre difusión dos contidos”




14
2.0
                                                         desire
                                                         catálogo de recursos didácticos




DESEÑO GRÁFICO

Fontes engadidas de Google Font Directory

 Yanone Kaffeesatz




Coles utilizadas a maiores:




#FFA900              #9CB725           #2786C2
rgb(246,167,23)      rgb(156,183,36)   rgb(39,134,194)




                                                                                      15
16
Cuadernillo desire 2.0
Cuadernillo desire 2.0

Contenu connexe

Similaire à Cuadernillo desire 2.0

Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)
Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)
Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)Román Landín
 
Directrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería EducaciónDirectrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería Educaciónorientacionjuanadevega
 
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A CoruñaSeminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A CoruñaEduardo Rodríguez Machado
 
Competencia Dixital
Competencia DixitalCompetencia Dixital
Competencia Dixitaltonbeton
 
Competencia Dixital
Competencia DixitalCompetencia Dixital
Competencia Dixitaltonbeton
 
Pfac formación básica abalar-12-13 word
Pfac formación básica abalar-12-13 wordPfac formación básica abalar-12-13 word
Pfac formación básica abalar-12-13 wordceipirmansvillar
 
O Caderno de Lingua. Unha experiencia común
O Caderno de Lingua. Unha experiencia comúnO Caderno de Lingua. Unha experiencia común
O Caderno de Lingua. Unha experiencia comúnRomán Landín
 
web 2.0, maria tic
web 2.0, maria ticweb 2.0, maria tic
web 2.0, maria ticmariaticve
 
Presentación proxecto abalar 12-13-20110927 presentacion-proxecto_abalar_curs...
Presentación proxecto abalar 12-13-20110927 presentacion-proxecto_abalar_curs...Presentación proxecto abalar 12-13-20110927 presentacion-proxecto_abalar_curs...
Presentación proxecto abalar 12-13-20110927 presentacion-proxecto_abalar_curs...ceipirmansvillar
 
Webs Dinámicas, web nos centros educativos baseadas en Software Libre
Webs Dinámicas, web nos centros educativos baseadas en Software LibreWebs Dinámicas, web nos centros educativos baseadas en Software Libre
Webs Dinámicas, web nos centros educativos baseadas en Software Libreousli07
 

Similaire à Cuadernillo desire 2.0 (20)

Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)
Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)
Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)
 
Directrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería EducaciónDirectrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería Educación
 
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A CoruñaSeminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
 
Competencia Dixital
Competencia DixitalCompetencia Dixital
Competencia Dixital
 
Competencia Dixital
Competencia DixitalCompetencia Dixital
Competencia Dixital
 
Memoria Pfac 2012
Memoria Pfac 2012Memoria Pfac 2012
Memoria Pfac 2012
 
Pfac formación básica abalar-12-13 word
Pfac formación básica abalar-12-13 wordPfac formación básica abalar-12-13 word
Pfac formación básica abalar-12-13 word
 
Websdinamicas
WebsdinamicasWebsdinamicas
Websdinamicas
 
O Caderno de Lingua. Unha experiencia común
O Caderno de Lingua. Unha experiencia comúnO Caderno de Lingua. Unha experiencia común
O Caderno de Lingua. Unha experiencia común
 
Recursos Educativos
Recursos EducativosRecursos Educativos
Recursos Educativos
 
Recursos Educativos
Recursos EducativosRecursos Educativos
Recursos Educativos
 
web 2.0, maria tic
web 2.0, maria ticweb 2.0, maria tic
web 2.0, maria tic
 
Blogs educativos
Blogs educativosBlogs educativos
Blogs educativos
 
Proxecto abalar
Proxecto abalarProxecto abalar
Proxecto abalar
 
Recursos Educativos
Recursos EducativosRecursos Educativos
Recursos Educativos
 
Presentación proxecto abalar 12-13-20110927 presentacion-proxecto_abalar_curs...
Presentación proxecto abalar 12-13-20110927 presentacion-proxecto_abalar_curs...Presentación proxecto abalar 12-13-20110927 presentacion-proxecto_abalar_curs...
Presentación proxecto abalar 12-13-20110927 presentacion-proxecto_abalar_curs...
 
Webs Dinámicas, web nos centros educativos baseadas en Software Libre
Webs Dinámicas, web nos centros educativos baseadas en Software LibreWebs Dinámicas, web nos centros educativos baseadas en Software Libre
Webs Dinámicas, web nos centros educativos baseadas en Software Libre
 
Recursos Educativos
Recursos EducativosRecursos Educativos
Recursos Educativos
 
Recursos Educativos
Recursos EducativosRecursos Educativos
Recursos Educativos
 
Moodle (Nivel III)
Moodle (Nivel III) Moodle (Nivel III)
Moodle (Nivel III)
 

Plus de Fundación Forem Galicia

Plus de Fundación Forem Galicia (9)

Planos Forem Coruña
Planos Forem CoruñaPlanos Forem Coruña
Planos Forem Coruña
 
Presentacion obc forem_galicia_rev1
Presentacion obc forem_galicia_rev1Presentacion obc forem_galicia_rev1
Presentacion obc forem_galicia_rev1
 
Pres desire3 final_rev3
Pres desire3 final_rev3Pres desire3 final_rev3
Pres desire3 final_rev3
 
Las e-mociones
Las e-mocionesLas e-mociones
Las e-mociones
 
Otras metodologias : escuela abierta, digital y colaborativa
Otras metodologias : escuela abierta, digital y colaborativaOtras metodologias : escuela abierta, digital y colaborativa
Otras metodologias : escuela abierta, digital y colaborativa
 
Aprendizaje invisible alfabetismos para un mundo plano
Aprendizaje invisible alfabetismos para un mundo planoAprendizaje invisible alfabetismos para un mundo plano
Aprendizaje invisible alfabetismos para un mundo plano
 
Prefiero una red social frente a moodle
Prefiero una red social frente a moodlePrefiero una red social frente a moodle
Prefiero una red social frente a moodle
 
Estadisticas facebook_150311_180411
Estadisticas facebook_150311_180411Estadisticas facebook_150311_180411
Estadisticas facebook_150311_180411
 
Aprender haciendo
Aprender haciendoAprender haciendo
Aprender haciendo
 

Cuadernillo desire 2.0

  • 1.
  • 2.
  • 3. 2.0 desire catálogo de recursos didácticos www.proxectodesire.eu Proxecto Web 2.0 Licenzas gnu/gpl colaboración usuarios mitl estándares twitter compromiso accións complementarias docentes educación Formación webinars futuro web 2.0 validación mpl vimeo estándares std Formación w3c xhtml scorm programación Estándares creative commons rfc xml bsd alcance panel expertos css colaboración foros redacción Licenzas slideshare redes sociais interoperabilidade Estándares Web 2.0 Proxecto Catalogación e distribución de materiais didacticos ligados aos novos Certificados Profesionais : Desire 2.0, repositorio mellorado para a catalogación de obxectos de aprendizaxe dixital Accións Complementarias e de Acompañamento á Formación. Convocatoria 2009
  • 4. 2
  • 5. 2.0 desire catálogo de recursos didácticos INTRODUCIÓN A Fundación Formación e Emprego de Galicia (FOREM Galicia) é consciente da velocidade a que avanza a incorporación das tecnoloxías da información (TIC) en materias de formación e emprego. Froito desa conciencia e directamente vinculada á filosofía e política da nosa organización, presentamos o proxecto “Catalogación e distribución de C materiais didacticos ligados os novos Certificados Profesionais Desire 2.0, repositorio mellorado para a catalogación de obxectos de aprendizaxe dixital”. O Proxecto Desire 2.0 é un repositorio de obxectos de aprendizaxe (ROA) ligado aos certificados de profesionalidade. Estes establecen un escenario no que o catálogo das cualificacións profesionais do INCUAL, empregando un símil teatral, sería o foro que marca o que ocorre nos planos e no proscenio. Fai unha aposta pola flexibilidade (unha parte de cada módulo formativo pode cursarse de forma non presencial). A innovación está ligada á tecnoloxía só en parte. A magnitude dos cambios que implica a incorporación tecnolóxica, a aprendizaxe social, leva a un novo paradigma do proceso de ensino- aprendizaxe. Para integrar as TIC na aprendizaxe fan falla competencias nos docentes, fan falla contidos e actividades en formatos adecuados e, sobre todo, un cambio de mentalidade en todos os actores para cambiar os seus roles tradicionais. A experiencia di que os materiais que se confeccionan con fondos públicos, unha vez acabado o proxecto, non se reutilizan suficientemente e fano rara vez fóra da organización que os prepara. O retorno do investimento é moi baixo para o sistema, no mellor dos casos. Un catálogo/repositorio dos materiais dispoñibles podería contribuír decisivamente a cambiar esta situación. Ningunha organización pode ser capaz de actualizar permanentemente todos os materiais que precisa. A actuación dos docentes como actualizadores, buscadores e creadores de materiais complementarios é clave. A web 2.0, a web social, esixe unha formación 2.0, unha aprendizaxe social, incluso con contornos persoais de aprendizaxe, con grande intervención dos usuarios na creación e busca de contidos. 3
  • 6. 2.0 desire catálogo de recursos didácticos O PROXECTO A materialización do traballo desenvolto durante o ano 2010 é un sitio web accesible, seguro e estable dispoñible na URL http://www.proxectodesire.eu, onde os usuarios achegan e descargan obxectos de aprendizaxe e recursos dixitais. Os principais obxectivos do proxecto son: 1.- Catalogación de obxectos de aprendizaxe reutilizables procedentes de diversas fontes, en especial os realizados en accións complementarias 2008-2009. 2.- Revisión de sistemas de busca e presentación dos obxectos. 3.- Implementación dun sistema de descarga seguro. 4.- Creación dunha comunidade de práctica, desenvolvendo accións para a ampliación da dimensión social do sitio. 5.- Empaquetado do sistema completo e do código fonte para a súa distribución no dominio público. Cando falamos dun ROA é necesario definir os principais compoñentes para poder ter unha visión global clara e definida do proxeto. a) Compoñentes tecnolóxicos do e-learning Desire 2.0 é o resultado dun proceso de integración e innovación tecnolóxica que permite a comunicación e interacción entre usuarios e contidos: LMS (learning management system) é o software encargado dos procesos administrativos e da xestión de aprendizaxe. Desire 2.0 emprega Moodle. 4
  • 7. 2.0 desire catálogo de recursos didácticos CMS (content management system) é o software encargado de mostrar, clasificar, exportar e servir como plataforma de edición de contidos. b) Repositorio Coa aparición do e-learning e dos obxectos de aprendizaxe xorden as necesidades particulares para xestionar os contidos formativos. Os repositorios de obxectos de aprendizaxe son sitios web de referencia nos que a información acerca destes obxectos se mantén actualizada e a disposición dos usuarios. Desire 2.0 é un repositorio mixto, xa que almacena metadatos e tamén os seus contidos. Desire 2.0 é un repositorio mixto de arquivos e metadatos. c) Obxectos de aprendizaxe. Hoxe en día resulta complexo e non existe consenso estandarizado sobre o que podemos considerar un obxecto de aprendizaxe. De feito, un bo resumo da evolución do concepto podemos atopala no informe Uso de estándares aplicados a TIC en educación, publicado polo Instituto de Tecnoloxías Educativas (ITE), pertencente ao Ministerio de Educación e Ciencia. No seu apartado 2.4 Objetos de aprendizaje: 5
  • 8. 2.0 desire catálogo de recursos didácticos “La definición más citada en la literatura es la de IEEE, propuesta en uno de los pocos estándares relacionados con e-learning que han sido aprobados. Este es LOM, en el que se define un objeto de aprendizaje como “cualquier entidad, digital o no digital, que puede ser utilizada, para el aprendizaje, la educación o el entrenamiento” “En realidad IEEE actualmente ha redefinido ligeramente el concepto de objeto de aprendizaje como cualquier entidad digital o no digital que puede ser usada, reutilizada o referenciada durante un proceso de aprendizaje apoyado por la tecnología “ outras evolucións do concepto poden consultarse no mesmo apartado 2.4 do citado informe. A importancia de consensuar unha definición de obxecto de aprendizaxe foi fundamental para garantir o éxito do noso proxecto, xa que atopar o equilibrio entre a rigorosidade e a contribución docente era a fonte que nos permitiría conseguir achegas por parte dos creadores de contidos, e se os requisitos eran moitos, a comunidade quedaría desalentada e as achegas serían mínimas. “É fundamental distinguir entre obxecto e recurso didáctico” d) Estándares O manexo de diferentes tipos de recursos para diferentes aplicacións e plataformas desenvoltas en distintas tecnoloxías é un tópico clave. Desire 2.0 utiliza e implementa os seguintes estándares para conseguir a ansiada interoperabilidade entre distintas plataformas: Estándar LOM-ES Learning Object Metadata (norma UNE 71361:2009) para a etiquetaxe de obxectos. Os metadatos son información sobre o propio obxecto. A falta de información sobre os obxectos limita, de xeito fundamental e crítico, a capacidade para a procura, xestión e uso de obxectos. Este estándar afronta este problema ao definir unha estrutura para a descrición interoperable de obxectos educativos. O propósito do estándar é facilitar a procura, avaliación, adquisición, o intercambio e o uso compartido de obxectos educativos. Os elementos de datos, do estándar LOM-Es, están agrupados en nove categorías, e dentro de cada unha delas, no proxecto Desire, utilizamos as etiquetas obrigadas mínimas e imprescindibles. 6
  • 9. 2.0 desire catálogo de recursos didácticos Estándares WAI e recomendacións W3C. A Web Accessibility Initiative (WAI), ou Iniciativa para a Accesibilidade Web, é unha rama do World Wide Web Consortium que vela pola accesibilidade da Web. A WAI publica as guías de accesibilidade e contido web que especifican os requisitos de accesibilidade segundo tres niveis, denominados A, AA e AAA, e que corresponden respectivamente a criterios mínimos de accesibilidade, estendidos, e accesibilidade máxima. No sitio desenvolto, e para permitirmos unha audiencia o máis extensa posible de usuarios con distintos niveis de dotación tecnolóxica e capacidade sensorial, tratamos de seguir as devanditas normas para garantir o acceso á información do noso repositorio. XML, acrónimo de eXtensible Markup Language ou linguaxe de marcas extensible, é unha X metalinguaxe extensible de etiquetas desenvolta polo World Wide Web Consortium (W3C). XML é un estándar para o intercambio de información estruturada entre diferentes plataformas, e é utilizado no proxecto Desire para ‘ofrecer’o intercambio de información entre plataformas ou repositorios que o poidan ler e incorporar, capturando a ‘ficha’ da familia profesional ou obxecto do noso repositorio para presentar no seu portal ou referenciar. “Os estándares: os modelos que cómpre seguir e implementar para lograr os obxectivos...” ACHEGAS DE OBXECTOS Para colaborar no repositorio e preciso estar dado de alta no sitio www.proxectodesire.eu O proceso e sinxelo en non difire de calquera outra alta nun servizo web 2.0. A conta de correo solicitada no proceso, ademais do nome de usuario e contrasinal, utilizarase para o envío de boletíns e confirmación de as achegas feitas polo usuario. 7
  • 10. 2.0 desire catálogo de recursos didácticos As achegas, como xa se indicou, teñen que estar relacionadas co Sistema Nacional de Cualilficacións Profesionais, asociando o obxecto de aprendizaxe, ou o recurso didáctico, coa Cualifación profesional correspondente e dentro desta a Unidade de Competencia no que o obxecto se podería aplicar para acadar os seus criterios de realización. Co obxecto de flexibilizar o proceso de catalogación, respecto o estándar LOM-ES, o equipo do proxecto acordou que era mellor permitir que o usuario cumprimentara parte dos campos a que non subira o obxecto debido a rixidez das condicións. Por iso se permite que o usuario achegue o obxecto sen cumprimentar a totalidade dos campos xa que logo o obxecto presentará unha serie de alarmas en relación coa finalización do traballo, e o usuario poderá completar a catalogación do estándar mais tarde, cando se sinta cómodo achegando e compartindo obxectos de aprendizaxe. Unha vez subido o obxecto, o usuario recibe confirmación vía correo electrónico e un enlace a ficha do obxecto aportado, co porcentaxe de cumplimentación respeecto os metadatos. 8
  • 11. 2.0 desire catálogo de recursos didácticos EXPERIENCIA PILOTO E COMUNIDADE PRÁCTICA Do mesmo xeito que na pasada edición, o concurso de deseño de obxectos de aprendizaxe foi parte primordial da promoción do noso repositorio. Na pasada edición tivemos a experiencia de elixir medios de difusión do concurso máis globais, sen lles prestarmos atención aos medios locais. Nesta edición fixemos unha dobre aposta que non fixo máis que confirmar o erro da pasada edición. Por unha banda, promocionouse o concurso a través de medios globais, utilizando as redes sociais e portais relacionados co sector e a rede Didáctica, TIC e innovación educativa, pertencente ao servizo de listas de distribución da comunidade académica española. No concurso, e respecto da pasada edición, precisáronse algúns aspectos de tipo técnico e relaxáronse outros que podían afastar a posibles interesados. Lembremos que o obxectivo do concurso é dobre: fomentar o uso de ferramentas 2.0 e atraer os participantes á comunidade de práctica do Desire. 9
  • 12. 2.0 desire catálogo de recursos didácticos As condicións técnicas destacables do concurso recalcaron os seguintes aspectos: - Os obxectos presentados deben estar relacionados con algunha das familias profesionais do Sistema Nacional de Cualifiacións, aspecto sen o cal non terían sentido no noso proxecto. - O obxecto de aprendizaxe debía ser etiquetado mediante o estándar LOM-Es para garantir a súa transferibilidade e recuperación. - O obxecto achegado ao concurso publicarase baixo licenza Creative Commons [by-nc-sa]. Respecto dos criterios de valoración Estes xiraron en torno á ferramenta LORI_ESP Instrumento para a avaliación de obxectos de aprendizaxe, cos seguintes criterios de avaliación: - Calidade de contido: veracidade, exactitude e equilibrio na presentación dos contidos e nivel de detalle axeitado. - Adecuación dos obxectos de aprendizaxe: adecuación entre os obxectivos de aprendizaxe, actividades, avaliacións e características dos alumnos aos que se dirixe. - Motivación: capacidade para motivar e crear interese con relación aos alumnos aos que se dirixe. - Interactividade e adaptación: promoción da interactividade dos estudantes e adaptación ás súas necesidades. - Presentación: características do deseño orientadas a favorecer a aprendizaxe e o desenvolvemento cognitivo. - Usabilidade da interacción: facilidade de navegación, interface intuitiva e calidade dos temas de axuda. - Accesibilidade: deseño dos controis e presentación dos formatos axeitados aos alumnos con discapacidade. - Reusabilidade: posibilidade de uso en contextos de aprendizaxe distintos e con estudantes con traxectorias distintas. - Conformidade a estándares: aplicación dalgún dos estándares ou especificacións internacionais. Os tres obxectos premiados foron: 1º Premio: Guia html achegado por Jose Riveiro. Asociado á familia profesional Informática e comunicacións, á cualificación profesional Confección e publicación de páxinas web, e á unidade Construír páxinas web. 10
  • 13. 2.0 desire catálogo de recursos didácticos 2º Premio: Arranque dun motor por proceso marcha-paro, achegado por Miguel García Martín. Asociado á familia profesional Transporte e mantemento de vehículos, á cualificación profesional Mantemento do motor e os seus sistemas auxiliares, e á unidade Manter os sistemas auxiliares do motor térmico. 3º Premio: Guía Active Inspire, de Emilio Cortizas. Asociado á familia profesional Competencias transversais e á cualificación profesional Instrumentais. Máis información sobre o concurso en http://www.proxectodesire.eu/concurso Detalle ficha dos metadatos do obxecto gañador do concurso 11
  • 14. 2.0 desire catálogo de recursos didácticos WEB 2.0 E COMUNIDADE PRÁCTICA Articular unha comunidade de práctica de utilidade para todos os actores do sistema é un dos obxectivos primordiais do proxecto Desire. Unha comunidade que pase da cultura da competencia á cultura da colaboración (ou do modelo catedral ao modelo bazar como nos recordaría Gorka Palazio no seu webinar). Para fomentar esta comunidade seleccionáronse catro expertos que puideran liderar este obxectivo, ademais dos membros do equipo do proxecto, e establecéronse catro webinars con distintos obxectivos: `Xogo Serio´, impartido por Lucio Margulis. O noso primeiro webinar cun obxectivo claro: facer un cambio de óptica sobre o noso traballo como docentes e construír grupo. Gorka Palazio, `Ferramentas 2.0 na educación e na formación´. Coñecer da man deste experto as ferramentas que como docentes poden ser de axuda para afrontar o cambio de paradigma que nos ocupa. Sergio Vasquez Bronfman, `Deseñar cursos para aprender facendo´. Unha perspectiva dende o punto de vista do deseño de programas e obxectos de aprendizaxe cara á modalidade e-learning e b-learning Esperanza Roman Mendoza, `Twitter, nova canle de comunicación para a formación´. Coñecer twitter e as súas aplicacións dende o punto de vista empresarial e docente foi o obxectivo do noso último webinar. Todos os webinars forom impartidos no noso espazo Elluminate e difundidos a través da páxina do portal Desire, o twitter do proxecto (@proxectodeire), correo electrónico e algúns portais do sector como www.aefol.com 12
  • 15. 2.0 desire catálogo de recursos didácticos Conforme o proxecto avanzaba, a estratexia de alarmas e comunicación de novos webinars foi centrándose nas canles específicas do proxecto Desire: o propio portal e a canle twitter @proxectodesire, co obxecto de asentar a comunidade nos nosos espazos. Todos os webinars desenvoltos están dispoñibles no espazo http://www.proxectodesire.eu/vimeo para súa consulta, descarga, enlace ou embebido noutros portais. Twitter foi o espazo social seleccionado para a comunicación e para estarmos ao tanto das novas do proxecto. Aspectos como a precisión na mensaxe, a seguridade en canto a datos solicitados, e a dispoñibilidade para clientes móbiles foron claros para elixilo. “A evolución progresiva do número de seguidores do proxecto Desire 2.0 en Twitter ratifica o éxito da experiencia piloto e confirma a creación dunha “comunidade práctica” que xira arredor do repositorio” ACHEGAS DO PROXECTO O proxecto Desire 2.0 debe servirlles de estímulo a docentes e usuarios para compartir coñecementos. Entendemos que actualmente a formación precisa imperiosamente un cambio de mentalidade que considere o coñecemento como algo para compartir. O cambio debemos enfocalo como un “presente inmediato” e como un proceso de adaptación “futuro e difuso”. Gobernos e institucións decatáronse dos beneficios do coñecemento aberto e da relación directa existente coas novas tecnoloxías. O ser humano aprende, ensina e emprega os seus coñecementos na medida da liberdade que teña para facelo. As novas tecnoloxías da información e comunicación (TIC) non fan máis que consolidar o “novo” proceso de formación e coñecemento do individuo. 13
  • 16. 2.0 desire catálogo de recursos didácticos As liberdades e dereitos con respecto ao software libre espalláronse ao terreo do coñecemento, colmando a seguinte noción, moi estendida, de coñecemento libre: - O coñecemento libre pode ser libremente adquirido e libremente usado, con calquera propósito e sen necesitar o permiso de ninguén (libertad 0). - O coñecemento libre pode adaptarse libremente ás necesidades do adquisidor (libertad 1). O acceso a unha fonte modificable do coñecemento é unha precondición para isto. - O coñecemento libre pode compartirse libremente cos demais (libertad 2). - O coñecemento libre é tal que pode mellorarse e as súas versións adaptadas e melloradas poden compartirse libremente cos demais, para que así se beneficie a comunidade enteira (libertad 3). O acceso a unha fonte modificable do coñecemento é unha precondición para isto. En Desire 2.0 intentamos, na medida do posible, cumprir as catro liberdades, liberando os contidos baixo licenzas non restritivas Creative Commons para os textos e imaxes, e licenzas GNU/GPL e BSD para a maioría dos desenvolvementos de software. QUE PROPORCIONA O PROXECTO? - Catalogación de obxectos de aprendizaxe e recursos didácticos procendentes das Accións Complementarias 2008-2009. - Módulo GPL para a catalogación de recursos didácticos e obxectos de aprendizaxe. - Base de datos do Sistema Nacional de Cualificacións Profesionais en formato SQL actualizada. - Empaquetado do sistema completo e funcional nun LiveDVD baseado no sistema operativo libre e gratuíto GNU/Linux Descarga o código fonte do proxecto en http://www.proxectodesire.eu/code “As licenzas non restritivas garanten a libre difusión dos contidos” 14
  • 17. 2.0 desire catálogo de recursos didácticos DESEÑO GRÁFICO Fontes engadidas de Google Font Directory Yanone Kaffeesatz Coles utilizadas a maiores: #FFA900 #9CB725 #2786C2 rgb(246,167,23) rgb(156,183,36) rgb(39,134,194) 15
  • 18. 16