2. RISCOS NATURAIS
A) DE ORIXE METEOROLÓXICA
A1- INUNDACIÓNS
-Introdución:
Constitúe o risco hidrolóxico máis importante por danos que produce (64% segundo o Consorcio
de Compensación de Seguros), pola súa maior frecuencia e polo seu carácter máis xeralizado.
-Causas:
a) Inundacións nas pequenas cuncas mediterráneas (montañas costeiras, cidades de Cataluña,
Levante e Andalucía oriental) e no cantábrico oriental por chuvias moi intensas - episodios
breves e repentinos – asociadas á gota fría.
b) Inundacións nas grandes cuncas hidrográficas (Douro, Guadiana, Guadalquivir) debido ao
longo período de chuvias (inverno, primavera) e á rápida fusión da neve.
3. Outras causas:
-Ocupación do fondo dos vales e de leitos por edificacións ou infraestruturas.
-Obturación dos cursos de auga ou da desembocadura e liberación brusca das súas augas.
-Enchente súbita do caudal en corgas e barrancos.
-A cada vez maior superficie asfaltada que impide que a terra absorba a auga.
-A tala de bosques, xa que as raíces actúan como auténticas esponxas. Aumenta a gravidade se
o solo está desprovisto de vexetación.
-Localización:
Ademais, das zonas citadas nos apartados a) e b), hai que incluír a Navarra, Baleares,
Tenerife e Gran Canaria.
4. -Consecuencias:
Perdas naturais, humanas e materiais...
-Solucións:
- Obras de enxeñaría hidráulica: encoros para control e regulación das augas, diques de
contención de augas...
- Normas que prohiban a construción de vivendas en áreas de risco.
5. A2- SECAS
-Definición e causa:
Escaseza prolongada das precipitacións respecto aos valores medios das mesmas nun
territorio concreto.
-Localización:
- Sur e sueste peninsular (predisposición á seca).
- Canarias.
-Consecuencias:
- Graves para a agricultura (restricións na rega)
- Debilitan á vexetación.
- Poden producir a morte de peixes, aves acuáticas e outros animais.
- Poden provocar a desertización.
- Reduce o caudal dos ríos, o nivel dos encoros e mesmo dos acuíferos.
- Restrición do abastecemento de auga nas cidades.
7. -Solucións:
- Construción de encoros.
- Canalizacións e transvasamentos.
- Perforación de pozos (pode provocar a sobreexplotación dos acuíferos)
- Uso de camións cisterna para levar auga a áreas afectadas.
- Plantas desalgadoras.
- Reutilización das augas depuradas.
- Concienciación da poboación sobre un uso racional da auga (evitar derroches).
Moitas das posibles solucións forman parte da política hidráulica aplicada polas Confederacións
Hidrográficas...
8.
9. A3- VENTOS FORTES
- Causas:
Polo xeral, asócianse ás borrascas.
- Localización:
- Os máis intensos: Fisterra e Xibraltar.
- En xeral, nas zonas costeiras.
- Consecuencias:
- Naufraxios, danos en portos, cidades, paseos marítimos.
- Perdas na agricultura.
- Cortes eléctricos.
- Cortes nas comunicacións (teléfonos, estradas, aeroportos, ferrocarril...).
- Accidentes.
10. - Solucións:
- Avisos de alerta por parte das autoridades pertinentes (tomar precaucións).
- Axuda por parte de Protección Civil que coordina as accións de emerxencia.
11. A4- ONDAS DE FRÍO
-Causa:
-Masas de aire polar continental moi frío e seco no inverno.
-Localización:
- Península.
- Consecuencias:
- Problemas de circulación.
- Xeadas e perdas agrícolas.
- Solucións:
- Avisos e axuda por parte das autoridades...
12. A5- TEMPORAIS DE NEVE
-Causa:
-Masas de aire frío e húmido. Baixas temperaturas.
-Localización:
- Áreas montañosas; interior e norte peninsular.
- Consecuencias:
- Illamento de moitas localidades no inverno.
- Cortes nas comunicacións.
- Perdas na agricultura.
13. A6- TORMENTAS DE SARABIA
- Causas:
- Teñen lugar sobre todo en primavera e verán por temperaturas baixas en altura.
- Consecuencias:
- Danos na agricultura e outros danos materiais.
14. A7- VAGAS DE CALOR
- Causas:
- Masas de aire cálidas procedentes do Sáhara.
- Consecuencias:
- Vítimas mortais polas altas temperaturas (especialmente vulnerables: nenos e maiores).
- Solucións xerais:
- Información; Protección Civil ; educación da cidadanía.
15. B1- SISMOS
-Introdución:
- Trátase de tremores de terra. No contexto mediterráneo, España constitúe unha zona de risc
moderado (ao ano: máis de 2.500 terremotos, dos cales só uns 20 son percibidos pol
poboación).
- Escalas de medición:
- Escala de intensidade de Mercalli (de I a II, reflicte os danos producidos polo movemento).
- Escala de magnitude de Richter (de 1 a 9, expresa a enerxía liberada).
RISCOS NATURAIS:B) DE ORIXE XEOLÓXICA
- Causas:
- Situación de España entre as placas Euroasiática e Africana que como se desprazan en
direccións distintas provocan tensións nas masas rochosas que teñen que liberarse en forma de
terremotos.
- Asentamento do terreo en zonas de fallas (ex.: Galicia).
- Asentamento da Cordilleira dos Pireneos que aínda non finalizou.
- Relación con erupcións volcánicas.
16. - Localización:
- Sur e sueste peninsular (Sistemas Béticos).
- A maior parte do contorno mediterráneo.
- Pireneos e Cataluña.
- Parte de Galicia (zona oriental).
17. - Consecuencias:
- Perdas materiais, danos nos edificios, infraestruturas.
- Posibles mortes ( ex.: 800 vítimas en Torrevieja -Alacant- en 1829; 900 en Arenas del Rey
-Granada- en 1884; en Lorca -Murcia- 9 mortos, 324 feridos en 2011 -5,1 grados na Escala de
Richter).
Lorca (Murcia)
18. - Solucións:
- O Instituto Xeográfico Nacional : observación, detección e comunicación dos sismos. Sistema
24 horas: servizo de vixilancia e alerta sísmica.
- Aplicación das normas sismorresistentes á hora de construír edificios e infraestruturas (evitar
danos e desplomes).
- Aplicar as accións de emerxencia de Protección Civil.
- Educación e información da cidadanía.
19. B2- ERUPCIÓNS VOLCÁNICAS
- Localización:
- Canarias agás A Gomera. O resto do arquipélago pode considerarse activo.
Os volcáns do Timanfaya en Lanzarote e de Teneguía en La Palma experimentan anomalías
térmicas e o Teide presenta fumarolas permanentes.
Manifestacións recentes : El Hierro.
- Paisaxes volcánicas en España: Olot, Cabo de Gata, Campos de Calatrava, Illas Columbretes.
20. - Causas:
- Actividade magmática no interior da Terra.
- Consecuencias:
- Perdas materiais, danos nos edificios, infraestruturas...
- Solucións:
- O Instituto Xeográfico Nacional : observación, detección e comunicación de posibles erupcións.
Sistema 24 horas: servizo de vixilancia e alerta.
- Aplicar as accións de emerxencia de Protección Civil.
- Educación e información da cidadanía.
- Evitar construír poboacións en lugares de risco.
21. B3- MOVEMENTOS DE LADEIRA
- ESVARAMENTOS OU ESCORREGAMENTOS
- Localización e causas:
- Rexións húmidas do norte con forte pendente, cubertas por herbas ou prados que non
suxeitan suficientemente un solo saturado por fortes chuvias.
- Prodúcense pola fractura de material.
- Sismos (sur e sueste peninsular, arquipélago canario).
- Consecuencias:
- Aludes de terra.
22. - DESPRAZAMENTOS OU DESPRENDEMENTOS
Constitúen caídas e desprendementos de terras ou masas de rocha que quedan depositadas ao
pé dunha vertente.
- Causas:
- Debilitamento da vertente por tensións internas, movementos externos, filtracións de auga ou
conxelación que provoque fracturas.
-Localización:
- Zonas montañosas, acantilados.
- Consecuencias:
- Danos materiais e n vivendas, infraestruturas viarias.
- Danos a persoas.
- Solucións:
- As anteriormente citadas que veñan ao caso.
23.
24. PROBLEMAS AMBIENTAIS:
A) A DEGRADACIÓN DA VEXETACIÓN:
DEFORESTACIÓN
A1- DEFORESTACIÓN
- Causas:
- Roturación dos bosques: agricultura, pastos, explotación madereira, construcións, minería,
comunicacións...
25. A DEGRADACIÓN DA VEXETACIÓN:
INCENDIOS
A2- INCENDIOS
Frecuencia sobre todo no verán en situación de seca.
- Causas:
- Naturais : lóstregos, períodos de seca (sobre todo na área mediterránea).
- Antrópicas (máis do 60%):
- neglixencia: cabichas mal apagadas, queima de restrollos).
- intencionadas: estender pastos; obter madeira a bo prezo; intereses agrícolas;
especulacións inmobiliarias; intereses industriais; intención delictiva; abandono de áreas
rurais; introdución de especies inadecuadas na repoboación forestal.
28. A DEGRADACIÓN DA VEXETACIÓN:
INCENDIOS
- Localización:
- Galicia (incendios provocados –mantementos de pastos en áreas de montaña- ; sufriu a maior
superficie queimada nos últimos anos).
- Castela e León, Andalucía, Comunidade Valenciana, Cantabria, Cataluña e sistemas
montañosos.
29. A DEGRADACIÓN DA VEXETACIÓN:
INCENDIOS
- Consecuencias:
- Acelérase o proceso de desertización porque facilita a erosión do solo ao quedar este sen
cobertura vexetal.
- Alteración no balance hídrico nas cuncas afectadas.
30. A DEGRADACIÓN DA VEXETACIÓN:
INCENDIOS
- Graves danos nos ecosistemas: vexetación, fauna, solo.
- Perdas económicas.
- Perigo para a vida das persoas.
- Solucións:
- Plans de loita contra os incendios: sistema de vixilancia, de prevención, sensibilización.
- Reforestación para paliar a deforestación; problema: piñeiro e eucalipto (alteración do solo e
cuberta vexetal; especies pirófitas).
31. PROBLEMAS AMBIENTAIS: B) A EROSIÓN
EROSIÓN: Proceso que leva á destrución do solo.
- Causas:
- Naturais:
- Vento, auga.
- Aridez.
- Precipitacións abundantes (arrastre de terras).
- Acción antrópica:
- Deforestación e degradación da vexetación.
- Cultivos intensivos, uso de maquinaria, de insecticidas e fertilizantes químicos (perda de
microorganismos que rexeneran a composición do solo).
- Incendios.
- Explotación gandeira.
- Repoboación con especies non autóctonas.
32. PROBLEMAS AMBIENTAIS: B) A EROSIÓN
- Localización:
- Cuncas do Guadalquivir, Ebro, Xúcar.
- Zonas dispersas do sur peninsular.
- A vertente atlántica norte é a menos afectada, aínda que presenta problemas locais.
- Consecuencias:
- Redución do material biolóxico e
perda de fertilidade do solo.
- Desertificación.
- Solucións:
- Sobre todo: aplicar medidas
preventivas en terras aínda non
degradadas pero que están en
risco.
34. PROBLEMAS AMBIENTAIS: C) A DESERTIZACIÓN
Proceso polo cal os solos, antes ricos en vexetación, empobrécense, grétanse, deixan de ser
fértiles e vólvense desérticos.
O termo desertificación alude ao anterior debido á acción antrópica, de maneira que un
territorio que non posúe nin o clima, nin a vexetación, nin os solos propios dos desertos,
termina adquirindo as características destes.
35. PROBLEMAS AMBIENTAIS: C) A DESERTIZACIÓN
- Causas:
- Naturais:
- Prolongación da seca ou chuvias torrenciais , sobre todo en zonas de pendente.
- Acción antrópica:
- Deforestación.
- Incendios forestais provocados ou por neglixencia.
- Malas prácticas agrícolas ou sobrepastoreo.
- Sobreexplotación dos acuíferos e degradación das augas subterráneas.
- Degradación das augas superficiais.
- Artificialización do solo (explotacións mineiras; grandes infraestruturas; crecementos
residenciais).
- Chuvia aceda.
- Contaminación.
- Vertedoiros e residuos incontrolados
36. PROBLEMAS AMBIENTAIS: C) A DESERTIZACIÓN
- Localización:
- O risco máis alto: Maior parte da costa mediterránea e Canarias; submeseta sur e val do Ebro.
- Ningunha rexión se libra do problema.
- Preto do 18% do territorio: risco elevado (Murcia, Valencia e Canarias).
- Andalucía, Castela-A Mancha, Cataluña, Madrid, Aragón, Baleares...: altos niveis.
37. PROBLEMAS AMBIENTAIS: C) A DESERTIZACIÓN
- Consecuencias:
- Redución da fertilidade do solo e da produtividade agrícola.
- Diminución da biodiversidade.
- Diminución da calidade de vida das persoas que viven en áreas desertizadas (fames,
migracións, crises económicas, pobreza e inestabilidade social).
- Solucións:
- Programa de Acción Nacional contra a Desertificación do Ministerio de Medio Ambiente: evitar
malas prácticas; loita contra a deforestación, contra os incendios forestais...