Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Ficha Nº 6 Peer Gynt
1. FICHA Nº 6
AUTOR: Edvard Grieg 1843-1907 OBRA: Peer Gynt Suite nº 1 Op. 46
AUDICIÓN:
XÉNERO MUSICAL: Suite para orquestra
Edvard Grieg é un compositor nacionalista noruego. As obras máis coñecidas son as
duas suites de Peer Gynt e o concerto para piano en Lam; tamén compuxo moitas
obras para piano e cancións para voz e piano. Esta suite, Peer Gynt, esta baseada na
obra de teatro homónima de Henrik Ibsen. Antes de darlle a súa forma definitiva de
suite, Grieg compuxera a música incidental que acompañaba á obra de teatro de
Ibsen. Peer Gynt é un rapaz fanfarrón e aventureiro que forma parte das lendas
noruegas.
• A mañán: a música pretende describir un amencer que contempla o noso
protagonista en África. Na primeira frase a frauta e o oboe altérnanse para
facer a melodía.
• A morte de Ase: neste número Grieg describe a morte de Ase, nai de Peer
Gynt. A orquestra toca sempre o mesmo motivo; comeza en pianísimo, chega
ata o fortísimo e finaliza novamente en pp.
• Danza de Anitra: Peer Gynt atópase en Exipto e é enfeitizado por unha
esclava que canta e danza para él.
• Na gruta do rei das montañas: Peer Gynt trata de fuxir do rei dos troll. A
mesma frase de catro compases repítese un total de 19 veces cada vez mais
rápido e máis forte, dando a sensación dunha persecución.
FICHA Nº 6