SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  53
A MITOLOXÍA CLÁSICA
   NA ASTRONOMÍA
ÍNDICE
Relación da mitoloxía coa astronomía
Constelacións
- Definición
- Constelacións do Zodíaco
- Outras constelacións
Planetas do Sistema Solar
Satélites e outros corpos celestes
Astronomía e Astroloxía



   Na antigüidade a astronomía e a astroloxía tiñan o
mesmo significado. Hoxe en día, estas palabras designan
                disciplinas diferentes.
Astr onomía: ciencia que estuda os corpos celestes
           do Universo.
Astroloxía: conxunto de coñecementos que relacionan as
            persoas co seu signo do zodíaco.
Relación da Mitoloxía
   clásica coa Astr onomía

-Moitos dos nomes dos astros e outros corpos celestes
reciben o seu nome da mitoloxía clásica.

-Aínda que os gregos e romanos non foron os pioneiros no
mundo da astronomía, déronlle un pulo decisivo, sobre todo
en cidades coma Alexandría en Exipto.

-De aí que se empregasen nomes da mitoloxía grecorromana
(a máis influínte na arte occidental) para designar os planetas,
astros, satélites, constelacións...
Constelacións
QUÉ É UNHA CONSTELACIÓN?


  Unha constelación é unha agrupación de estrelas cuxa
posición no ceo nocturno é tan próxima que as civilizacións
    antigas decidiron conectalas por liñas imaxinarias.

  Segundo a mitoloxía clásica, moitos personaxes foron
     transformados en constelacións: a este tipo de
       transformación chámaselle “catasterismo”.
Constelacións do
    zodíaco
Aries




 Este carneiro foi o que salvou aos irmáns Frixo e Hele de
           seren sacrificados pola raíña de Tesalia.
A súa pel de ouro foi o vélaro que Xasón tivo que conseguir
                    xunto cos argonautas.
Tauro




O deus Zeus transformouse en touro para seducir á ninfa Europa.
        Desta relación nacerá Minos, mítico rei de Creta.
Xéminis




       Representa ós xemelgos, Cástor e Polux, que
naceron dun ovo posto por Leda, despóis de relacionarse con
                Zeus, transformado en cisne.
           Do outro ovo nacerá Helena de Troia.
Cancro




Este cangrexo xigante foi mandado pola deusa Hera a
Hércules para rematar coa súa vida mentres este loitaba
                 coa Hidra de Lerna.
Leo




Representa o león de Nemea, un dos monstros que tivo
  que vencer Hércules. É un dos doce traballos que lle
                 impuxo a deusa Hera.
Virgo




É a filla de Zeus, Astrea, deusa da xustiza. Reinaba na
 Terra difundindo entre os homes a xustiza e a virtude
na Idade de Ouro. Pero emigrou ao ceo horrorizada pola
maldade dos homes na Idade de Ferro. É unha das máis
                  notables deusas virxes.
Libra




 O único signo que simboliza a un obxecto inanimado.
   Representa a balanza da xustiza. No mundo romano
asociábase á imaxe de Xulio César, quen dividiu o ano en
                     partes iguais.
Escorpio




Este escorpión foi enviado polos deuses para atacar a
     Orión, quen tentou violar a Ártemis. Tamén é o
        responsable de que os cabalos do Sol se
    desbocasen cando eran conducidos por Faetón.
Piscis




                             .
A versión máis coñecida di que representaba a Afrodita e
    ao seu fillo Eros, cando foron sorprendidos polo
 monstruo Tifón e conseguiron escapar del tirándose ao
           Éufrates transformados en peixes.
Acuario




     Na mitoloxía grecorromana representaba a
 Ganímedes, o fermosísimo mozo do que se namorou
Zeus e ao que raptou e levou consigo para o Ceo. Alí a
  súa función será a de servir as copas aos deuses.
Capricornio




Respresenta á cabra Amaltea, que amamantou co seu leite a Zeus
  mentres estaba escondido do seu pai Cronos na illa de Creta.
Saxitario




É representado por un centauro disparando o arco e as
frechas. Segundo a mitoloxía clásica, trátase do centauro
Quirón, quen criou e educou a Aquiles, Xasón e Eneas. Era
          célebre como profeta, médico e sabio.
Outras
constelacións
Osa Maior




Di a mitoloxía grega que o gran deus Zeus namorouse da ninfa
Calisto, pertencente ao séquito da deusa Diana, na que se
transformou Zeus para achegarse á ninfa ata conseguir facer o amor
con ela. Como Calisto quedou encinta e Diana se decatou do
acontecido mentres tomaba un baño coas súas ninfas, alonxouna de
si.
Hera, esposa de Zeus, escoitou que Calisto parira ao seu fillo Arkas,
polo que nun ataque de celos, convertiuna nunha osa e pediulle a
Diana que a matase coas súas frechas.
Zeus apiadouse da súa amante e transformouna na constelación da
Osa Maior.
Osa Menor




A Osa Menor é unha constelación de gran visibilidade ao longo do
 ano no hemisferio norte. Entre as súas estrelas destaca a estrela
                Polar, que sempre apunta ao norte.
  Entre os afeccionados é coñecido polo nome de “O Carro" pola
       forma que deseñan as súas sete estrelas principais.
Na mitoloxía clásica estas sete estrelas serían os sete bois de labor
 (septem-triones) que tiran do carro de Bootes, o “boieiro”, unha
                       constelación próxima.
Andrómeda




Unha constelación situada ao sur de Casiopea e perto de Pegaso.
Casiopea e Cefeo, reis de Etiopía, eran os pais de Andrómeda.
A raíña Casiopea alardeaba da beleza da súa filla, e comparábana
coas Nereidas, fillas do deus do mar Poseidón.
Como castigo os deuses obrigaron a Cefeo a sacrificar á súa filla.
Así Andrómeda foi amarrada a unha rocha ata que foi liberada por
Perseo.
Perseo




Perseo é un semideus da mitoloxía grega, fillo de Dánae.
Esta tiña sido encerrada polo seu pai, Acrisio, nunha torre,
para impedir que tivese trato con varón, xa que unha
profecía anunciáralle que morrería a mans do seu neto.
Sen embargo, Zeus metamorfoseouse en chuvia de ouro e
conseguiu acceder á estancia de Dánae e deixala encinta.
Orion


Orión, o Cazador ou Xigante Guerreiro, foi un xigante tan
alto que podía ir camiñando a través de calquera mar. O
seu primeiro matrimonio rematou cando, por mor da súa
soberbia, a súa primeira esposa foi confinada ao
submundo. Ao namorarse dunha princesa grega, o pai,
celoso, cegouno, pero recuperou a vista cando un oráculo
lle aconsellou que miarara ao sol ao amencer.
Cando viu a Aurora, a deusa do amencer, namorouse dela.
Todo ía ben ata que Orión foi picado por un escorpión,
enfermou e morreu. Para honralo e protexerlo do seu
inimigo, nace no leste, mentres que o seu inimigo
Escorpión se pon no oeste. Orión e Escorpión nunca son
visibles ao mesmo tempo.
3. OS PLANETAS
DO SISTEMA SOLAR
MERCURIO




Este planeta recibe o nome do
deus Mercurio (Hermes en grego),
fillo do deus Xúpiter e da
deusa Maia. É o deus do
comercio e tamén o mensaxeiro dos
deuses, feito ao que se deben
as sandalias con ás que calza para ir
máis rápido nos seus desprazamentos.
Posiblemente este planeta foi
bautizado así pola rapidez da súa
órbita con respecto ao Sol.
VENUS


Este planeta recibe o nome
da deusa do amor e da beleza
feminina, Venus (Afrodita en grego).
Venus naceu da escuma do mar
fecundada polo sangue da castración
de Urano.
TERRA




O nome deste planeta é o da deusa
Terra, Xea na mitoloxía grega.
É unha das forzas primordiais
que xorden do Caos na Cosmogonía.
Despois de xerar a Urano (o Ceo),
unirase a el dando lugar á maioría
dos deuses e deusas da Teogonía.
MARTE




Este planeta recibe o nome
do deus Marte (Ares en grego),
o cal era coñecido por ser deus
da guerra. Fillo do deus Xúpiter
e a deusa Hera.
Na mitoloxía grega non era un
deus moi importante, dado que
eles eran máis pacíficos, pero
os romanos considerábano un dos
deuses máis nomeados, xa que na
súa cultura a guerra é unha cousa
indispensable na súa vida cotiá.
XÚPITER
          Este planeta recibe o nome do deus
          Xúpiter, fillo do titán Cronos
          e a titánide Rea.
          Este deus foi considerado o deus
          de deuses trala derrota do seu pai,
          Cronos. É indubidablemente un
          mullereiro, dado que aparece
          involucrado en distintas aventuras
          amorosas con múltiples deusas e
          humanas.
          Opínase que o seu nome se debe
          a que é o planetade maior tamaño,
          polo cal se lle atribúe o nome do
          máis grande dos deuses.
SATURNO
Este planeta recibe o nome do
deus da agricultura e as colleitas:
Saturno. É fillo de Xea e Urano.
Na mitoloxía, despois de derrotar
ó seu pai, adquire o reinado
e ademais casa coa súa irmá Rea.
Os fillos que terán decidirá
devoralos para que non lle
arrebaten o poder, mais Rea
salva a Xúpiter, que
conseguirá derrotalo.
URANO




 Este planeta recibe o nome do deus Urano, ó
 que se consideraba o primordial.
 Primeiramente foi fillo de Xea, pero chegou a
 casar con ela e mesmo ter descendencia. Foi
 derrotado por Saturno, un dos seus fillos.
NEPTUNO




Este planeta recibe o nome do deus Neptuno
(Poseidón en grego), o cal era considerado deus
do mar. Cando Xúpiter venceu a Saturno,
repartiron o reinado entre eles e Plutón; el elexiu
gobernar sobre as augas.
Este planeta era considerado o máis
PLUTÓN   pequeno do Sistema Solar, pero
         recentemente clasificouse na
         categoría de platenas ananos. O seu
         nome provén do deus do
         inframundo Plutón (Hades en
         grego), irmán de Xúpiter e Neptuno.
         Cando se repartiron o reinado, el
         quedou co inframundo.
Satélites
Xea/Terra:

Luna/Selene:
Na mitoloxía clásica esta deusa foi identificada coa deusa da
caza e dos bosques, Diana. É a filla da titánide Leto e Zeus,
xemelga de Apolo. Represéntase có arco, as frechas e o estoxo
para gardalas.
Ares/Marte:


Deimos e Fobos:
Fillos de Ares, deus da guerra e do sangue, e de Afrodita, deusa
do amor. Fobos é o Pánico, e Deimos é o Temor. Acompañan o
seu pai, e levan o seu carro ata a batalla.
Zeus/Xúpiter:

Amaltea:
Cabra que habita na illa de Creta. Amamantou a Zeus, quen
despois ca súa pel fixo un escudo chamada éxida. Despois, ó
morrer, convertiuse na constelación de Capricornio.
Calisto:                        Europa:
 Ninfa do séquito de Diana.      Zeus namorouse dela,
 Zeus namorouse dela e           transformándose nun touro.
 transformouse en Diana,         A deusa Hera vingarase
 para ter amores con Calisto.    desta relación mediante o
 Como consecuencia disto, é      mito do Minotauro.
 convertida en osa. Foi
 asasinada polo seu fillo, o
 cazador Árcade.
Ganímedes:                  Io:
 Príncipe troiano. Zeus      Tivo amores con Zeus
 namorouse del e se          convertido en nube. Zeus
 convertiu nunha águia       convertiuna en vaca, para
 raptouno, e levouno ó       protexela de Hera, mais
 Olimpo, onde se             esta púxoa baixo custodia
 convertíu no copeiro dos    de Argos, monstruo de cen
 deuses xunto con Hebe.      ollos.
Metis:
É a prima de Zeus, que lle proporcionou a beberaxe para facer
vomitar os fillos de Cronos, pai de Zeus. Foi o primeiro amor
de Zeus, mais unha profecía dicía que o segundo fillo
destronaría a Zeus. Debido a isto comeu o feto, cando sentiu
dores de cabeza chamou a Hefesto para que lle abrira a
cabeza cun machado e de alí saíu a deusa Atenea.
Saturno/Cronos

Atlas:
Irmán de Prometeo. Suxeita a bóveda celeste como castigo
por encabezar o exército dos Titáns quenes perderon contra
os deuses olímpicos.
Cibeles (Rea):                Pandora:
 Deusa da fertilidade e da     Primeira muller, creada
 natureza salvaxe, nai de      como castigo para os
 todos os deuses. Aparece      homes. Posúe unha caixa
 sentada nun carro tirado      que contén todos os
 por dous leóns que se         males, que foi aberta
 consideran unha parella de    liberándoos todos excepto
 amantes transformados en      a esperanza.
 leóns por Zeus.
Prometeo:                    Titáns:
 Primo de Zeus. Creou a       Son fillos de Urano e Xea.
 raza humana. Roubou o        Foron seis irmáns e seis
 lume a Zeus quen como        irmás e foron encerrados
 castigo atouno a unha        nas profundidades da
 montaña para que cada día    Terra polo seu pai, contra
 unha aguia lle devorase o    o que se rebelan. Loitaron
 fígado, que se rexeneraba    tamén na Titanomaquía
 todas as noites.             (loita de titáns).
Neptuno/Poseidón
Galatea:
Vivía no plácido mar de Sicilia e o Cíclope Polifemo, monstro
cun só ollo na fronte, namórase dela nada máis vela.
Galatea está namorada de Acis e Polifemo perségueos e lanza
unha enorme rocha contra Acis e mátao. Galatea converte
entón ó seu namorado nun río de limpas augas.
Nereidas:                       Tritón:
 Fillas do vello deus do mar     Fillo de Poseidón e da súa
 Nereo e unha das fillas de      esposa Anfítrite. É un
 Océano. As nereidas             semideus mariño con
 forman un grupo                 figura de home ata a
 numeroso no que                 cintura e de peixe de longa
 sobresaen moi poucas.           cola na súa parte inferior.
 Destaca a Nereida Tetis         Represéntase
 porque foi a nai de Aquiles.    acompañando a Poseidón
 Tamén é coñecida Anfítrite      e anunciando a súa
 porque casou con                chegada mentres facía
 Poseidón e foi a raíña dos      sonar a caracola mariña.
 mares e das augas.
Plutón/Hades

CARONTE:
Era o barqueiro do Hades, deus do inframundo, encargado de
guiar as sombras errantes dos defuntos recentes dunha beira á
outra do río Aqueronte se tiñan un óbolo para pagar o viaxe.
Aqueles que non podían pagar tiñan que vagar cen años polas
ribeiras do río, e algún tempo despois Caronte accedía a
portalos sen cobrar.
Outros mitos celestes:
   A vía Láctea
Zeus namorouse de Alcmena e para conquistala transformouse
no seu marido Anfitrión, quen estaba ausente durante un longo
periodo de tempo, mais ao día seguinte regresou a súa casa
xunto a súa muller quen pasara a noite con Zeus transformado.
Desta relación naceu Hércules, dotado de grandes capacidades
que lle axudaron a sobrevivir aos ataques da vingativa Hera.
Zeus quería que Hércules fose inmortal e a única forma de
conseguilo era que mamase do leite divino de Hera, por iso
mentres ela durmía Zeus achegou ó neno ó seu peito, quen
mordeu con tanta forza que espertou á deusa e o regueiro de
leite que se derramou polo Universo deu lugar a Vía Láctea.
Traballo realizado no IES Francisco Asorey de
 Cambados polos alumnos de 3º e 4º de ESO:

Albornoz Camperos, Fabiola
Cacabelos Romero, Manuel     Ferreiro Amil, Berta
Carou Trigo, Javier          Fernández Feijoo, Fátima
Chaves Pérez, Rebeca         Grandal Otero, Alexandre
Cordal García, Ariadna       Pérez Ramudo, Elisa
Cores Pérez, Mariela         Rodríguez Daporta, Noé
Durán Rubí, Mariña           Silva Chaves, Bibiana
Falcón Leal, Andrea          Vilanova Núñez, Estela



 Coordinador: Profesor José Luis López García

Contenu connexe

Similaire à Astronomía e mitoloxía

Algunhas historias da mitoloxía e a lingua gregas
Algunhas historias da mitoloxía e a lingua gregasAlgunhas historias da mitoloxía e a lingua gregas
Algunhas historias da mitoloxía e a lingua gregasfontexeriabib
 
O mar mitoloxía
O mar mitoloxíaO mar mitoloxía
O mar mitoloxíaiesasorey
 
Deuses do vento
Deuses do ventoDeuses do vento
Deuses do ventoiesasorey
 
Traballo de Zeus
Traballo de ZeusTraballo de Zeus
Traballo de Zeusluci97
 
Eu coñezo a miña herdanza, e ti
Eu coñezo a miña herdanza, e tiEu coñezo a miña herdanza, e ti
Eu coñezo a miña herdanza, e tiiesasorey
 
Constelacións Do Hemisferio Norte
Constelacións Do Hemisferio NorteConstelacións Do Hemisferio Norte
Constelacións Do Hemisferio Nortedadeva
 
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdf
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdfAlquimia e simboloxía en Dragal. pdf
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdfmentirosasoy
 
Alquimia e simboloxía en Dragal, corrixido
Alquimia e simboloxía en Dragal, corrixidoAlquimia e simboloxía en Dragal, corrixido
Alquimia e simboloxía en Dragal, corrixidomentirosasoy
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelaciónsCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelaciónsanoiteenecesaria
 
A orixe dos deuses
A orixe dos deusesA orixe dos deuses
A orixe dos deusesCarmen Díaz
 
A relixión grega ( abalar)
A relixión grega ( abalar)A relixión grega ( abalar)
A relixión grega ( abalar)feli555
 
Cclasicatemavii 120307063242-phpapp02
Cclasicatemavii 120307063242-phpapp02Cclasicatemavii 120307063242-phpapp02
Cclasicatemavii 120307063242-phpapp02laurabarrosg
 
Elementos químicos n mitoloxía
Elementos químicos n mitoloxíaElementos químicos n mitoloxía
Elementos químicos n mitoloxíaiesasorey
 
Da Terra E Do Ceo
Da Terra E Do CeoDa Terra E Do Ceo
Da Terra E Do Ceodadeva
 
Divinidades menores na ruta da esmorga
Divinidades menores na ruta da esmorgaDivinidades menores na ruta da esmorga
Divinidades menores na ruta da esmorgavictorefisica1
 

Similaire à Astronomía e mitoloxía (20)

Algunhas historias da mitoloxía e a lingua gregas
Algunhas historias da mitoloxía e a lingua gregasAlgunhas historias da mitoloxía e a lingua gregas
Algunhas historias da mitoloxía e a lingua gregas
 
O mar mitoloxía
O mar mitoloxíaO mar mitoloxía
O mar mitoloxía
 
MITOLOXÍA GREGA.pdf
MITOLOXÍA GREGA.pdfMITOLOXÍA GREGA.pdf
MITOLOXÍA GREGA.pdf
 
Deuses do vento
Deuses do ventoDeuses do vento
Deuses do vento
 
Traballo de Zeus
Traballo de ZeusTraballo de Zeus
Traballo de Zeus
 
Eu coñezo a miña herdanza, e ti
Eu coñezo a miña herdanza, e tiEu coñezo a miña herdanza, e ti
Eu coñezo a miña herdanza, e ti
 
Constelacións Do Hemisferio Norte
Constelacións Do Hemisferio NorteConstelacións Do Hemisferio Norte
Constelacións Do Hemisferio Norte
 
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdf
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdfAlquimia e simboloxía en Dragal. pdf
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdf
 
Alquimia e simboloxía en Dragal, corrixido
Alquimia e simboloxía en Dragal, corrixidoAlquimia e simboloxía en Dragal, corrixido
Alquimia e simboloxía en Dragal, corrixido
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelaciónsCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
 
A orixe dos deuses
A orixe dos deusesA orixe dos deuses
A orixe dos deuses
 
A relixión grega ( abalar)
A relixión grega ( abalar)A relixión grega ( abalar)
A relixión grega ( abalar)
 
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amorAna Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
 
Cclasicatemavii 120307063242-phpapp02
Cclasicatemavii 120307063242-phpapp02Cclasicatemavii 120307063242-phpapp02
Cclasicatemavii 120307063242-phpapp02
 
Elementos químicos n mitoloxía
Elementos químicos n mitoloxíaElementos químicos n mitoloxía
Elementos químicos n mitoloxía
 
Da Terra E Do Ceo
Da Terra E Do CeoDa Terra E Do Ceo
Da Terra E Do Ceo
 
Divinidades menores na ruta da esmorga
Divinidades menores na ruta da esmorgaDivinidades menores na ruta da esmorga
Divinidades menores na ruta da esmorga
 
Amantes Zeus
Amantes ZeusAmantes Zeus
Amantes Zeus
 
As Sereas
As SereasAs Sereas
As Sereas
 
Literatura grega
Literatura gregaLiteratura grega
Literatura grega
 

Plus de iesasorey

Macroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxMacroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxiesasorey
 
Macro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxMacro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxiesasorey
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxiesasorey
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptiesasorey
 
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptProxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptiesasorey
 
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfProxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfiesasorey
 
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfRío Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfiesasorey
 
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfTraballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfiesasorey
 
Carlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfCarlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfiesasorey
 
Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019iesasorey
 
Humbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. AsoreyHumbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. Asoreyiesasorey
 
Manuel María o carballo
Manuel María o carballoManuel María o carballo
Manuel María o carballoiesasorey
 
Fotosenelánguloexacto
FotosenelánguloexactoFotosenelánguloexacto
Fotosenelánguloexactoiesasorey
 
As estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoAs estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoiesasorey
 
Conrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosConrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosiesasorey
 
Hawai adrián alonso vilar
Hawai   adrián alonso vilarHawai   adrián alonso vilar
Hawai adrián alonso vilariesasorey
 
Febreiro 2016
Febreiro 2016Febreiro 2016
Febreiro 2016iesasorey
 
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos iesasorey
 
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) iesasorey
 

Plus de iesasorey (20)

Macroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxMacroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptx
 
Macro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxMacro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptx
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptx
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.ppt
 
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptProxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
 
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfProxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
 
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfRío Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
 
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfTraballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
 
Carlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfCarlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdf
 
Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019
 
Humbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. AsoreyHumbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. Asorey
 
Marzo 2016
Marzo 2016Marzo 2016
Marzo 2016
 
Manuel María o carballo
Manuel María o carballoManuel María o carballo
Manuel María o carballo
 
Fotosenelánguloexacto
FotosenelánguloexactoFotosenelánguloexacto
Fotosenelánguloexacto
 
As estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoAs estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundo
 
Conrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosConrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anos
 
Hawai adrián alonso vilar
Hawai   adrián alonso vilarHawai   adrián alonso vilar
Hawai adrián alonso vilar
 
Febreiro 2016
Febreiro 2016Febreiro 2016
Febreiro 2016
 
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
 
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
 

Dernier

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Dernier (7)

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 

Astronomía e mitoloxía

  • 1. A MITOLOXÍA CLÁSICA NA ASTRONOMÍA
  • 2. ÍNDICE Relación da mitoloxía coa astronomía Constelacións - Definición - Constelacións do Zodíaco - Outras constelacións Planetas do Sistema Solar Satélites e outros corpos celestes
  • 3. Astronomía e Astroloxía Na antigüidade a astronomía e a astroloxía tiñan o mesmo significado. Hoxe en día, estas palabras designan disciplinas diferentes.
  • 4. Astr onomía: ciencia que estuda os corpos celestes do Universo.
  • 5. Astroloxía: conxunto de coñecementos que relacionan as persoas co seu signo do zodíaco.
  • 6. Relación da Mitoloxía clásica coa Astr onomía -Moitos dos nomes dos astros e outros corpos celestes reciben o seu nome da mitoloxía clásica. -Aínda que os gregos e romanos non foron os pioneiros no mundo da astronomía, déronlle un pulo decisivo, sobre todo en cidades coma Alexandría en Exipto. -De aí que se empregasen nomes da mitoloxía grecorromana (a máis influínte na arte occidental) para designar os planetas, astros, satélites, constelacións...
  • 8. QUÉ É UNHA CONSTELACIÓN? Unha constelación é unha agrupación de estrelas cuxa posición no ceo nocturno é tan próxima que as civilizacións antigas decidiron conectalas por liñas imaxinarias. Segundo a mitoloxía clásica, moitos personaxes foron transformados en constelacións: a este tipo de transformación chámaselle “catasterismo”.
  • 9. Constelacións do zodíaco
  • 10. Aries Este carneiro foi o que salvou aos irmáns Frixo e Hele de seren sacrificados pola raíña de Tesalia. A súa pel de ouro foi o vélaro que Xasón tivo que conseguir xunto cos argonautas.
  • 11. Tauro O deus Zeus transformouse en touro para seducir á ninfa Europa. Desta relación nacerá Minos, mítico rei de Creta.
  • 12. Xéminis Representa ós xemelgos, Cástor e Polux, que naceron dun ovo posto por Leda, despóis de relacionarse con Zeus, transformado en cisne. Do outro ovo nacerá Helena de Troia.
  • 13. Cancro Este cangrexo xigante foi mandado pola deusa Hera a Hércules para rematar coa súa vida mentres este loitaba coa Hidra de Lerna.
  • 14. Leo Representa o león de Nemea, un dos monstros que tivo que vencer Hércules. É un dos doce traballos que lle impuxo a deusa Hera.
  • 15. Virgo É a filla de Zeus, Astrea, deusa da xustiza. Reinaba na Terra difundindo entre os homes a xustiza e a virtude na Idade de Ouro. Pero emigrou ao ceo horrorizada pola maldade dos homes na Idade de Ferro. É unha das máis notables deusas virxes.
  • 16. Libra O único signo que simboliza a un obxecto inanimado. Representa a balanza da xustiza. No mundo romano asociábase á imaxe de Xulio César, quen dividiu o ano en partes iguais.
  • 17. Escorpio Este escorpión foi enviado polos deuses para atacar a Orión, quen tentou violar a Ártemis. Tamén é o responsable de que os cabalos do Sol se desbocasen cando eran conducidos por Faetón.
  • 18. Piscis . A versión máis coñecida di que representaba a Afrodita e ao seu fillo Eros, cando foron sorprendidos polo monstruo Tifón e conseguiron escapar del tirándose ao Éufrates transformados en peixes.
  • 19. Acuario Na mitoloxía grecorromana representaba a Ganímedes, o fermosísimo mozo do que se namorou Zeus e ao que raptou e levou consigo para o Ceo. Alí a súa función será a de servir as copas aos deuses.
  • 20. Capricornio Respresenta á cabra Amaltea, que amamantou co seu leite a Zeus mentres estaba escondido do seu pai Cronos na illa de Creta.
  • 21. Saxitario É representado por un centauro disparando o arco e as frechas. Segundo a mitoloxía clásica, trátase do centauro Quirón, quen criou e educou a Aquiles, Xasón e Eneas. Era célebre como profeta, médico e sabio.
  • 23. Osa Maior Di a mitoloxía grega que o gran deus Zeus namorouse da ninfa Calisto, pertencente ao séquito da deusa Diana, na que se transformou Zeus para achegarse á ninfa ata conseguir facer o amor con ela. Como Calisto quedou encinta e Diana se decatou do acontecido mentres tomaba un baño coas súas ninfas, alonxouna de si. Hera, esposa de Zeus, escoitou que Calisto parira ao seu fillo Arkas, polo que nun ataque de celos, convertiuna nunha osa e pediulle a Diana que a matase coas súas frechas. Zeus apiadouse da súa amante e transformouna na constelación da Osa Maior.
  • 24. Osa Menor A Osa Menor é unha constelación de gran visibilidade ao longo do ano no hemisferio norte. Entre as súas estrelas destaca a estrela Polar, que sempre apunta ao norte. Entre os afeccionados é coñecido polo nome de “O Carro" pola forma que deseñan as súas sete estrelas principais. Na mitoloxía clásica estas sete estrelas serían os sete bois de labor (septem-triones) que tiran do carro de Bootes, o “boieiro”, unha constelación próxima.
  • 25. Andrómeda Unha constelación situada ao sur de Casiopea e perto de Pegaso. Casiopea e Cefeo, reis de Etiopía, eran os pais de Andrómeda. A raíña Casiopea alardeaba da beleza da súa filla, e comparábana coas Nereidas, fillas do deus do mar Poseidón. Como castigo os deuses obrigaron a Cefeo a sacrificar á súa filla. Así Andrómeda foi amarrada a unha rocha ata que foi liberada por Perseo.
  • 26. Perseo Perseo é un semideus da mitoloxía grega, fillo de Dánae. Esta tiña sido encerrada polo seu pai, Acrisio, nunha torre, para impedir que tivese trato con varón, xa que unha profecía anunciáralle que morrería a mans do seu neto. Sen embargo, Zeus metamorfoseouse en chuvia de ouro e conseguiu acceder á estancia de Dánae e deixala encinta.
  • 27. Orion Orión, o Cazador ou Xigante Guerreiro, foi un xigante tan alto que podía ir camiñando a través de calquera mar. O seu primeiro matrimonio rematou cando, por mor da súa soberbia, a súa primeira esposa foi confinada ao submundo. Ao namorarse dunha princesa grega, o pai, celoso, cegouno, pero recuperou a vista cando un oráculo lle aconsellou que miarara ao sol ao amencer. Cando viu a Aurora, a deusa do amencer, namorouse dela. Todo ía ben ata que Orión foi picado por un escorpión, enfermou e morreu. Para honralo e protexerlo do seu inimigo, nace no leste, mentres que o seu inimigo Escorpión se pon no oeste. Orión e Escorpión nunca son visibles ao mesmo tempo.
  • 28. 3. OS PLANETAS DO SISTEMA SOLAR
  • 29. MERCURIO Este planeta recibe o nome do deus Mercurio (Hermes en grego), fillo do deus Xúpiter e da deusa Maia. É o deus do comercio e tamén o mensaxeiro dos deuses, feito ao que se deben as sandalias con ás que calza para ir máis rápido nos seus desprazamentos. Posiblemente este planeta foi bautizado así pola rapidez da súa órbita con respecto ao Sol.
  • 30. VENUS Este planeta recibe o nome da deusa do amor e da beleza feminina, Venus (Afrodita en grego). Venus naceu da escuma do mar fecundada polo sangue da castración de Urano.
  • 31. TERRA O nome deste planeta é o da deusa Terra, Xea na mitoloxía grega. É unha das forzas primordiais que xorden do Caos na Cosmogonía. Despois de xerar a Urano (o Ceo), unirase a el dando lugar á maioría dos deuses e deusas da Teogonía.
  • 32. MARTE Este planeta recibe o nome do deus Marte (Ares en grego), o cal era coñecido por ser deus da guerra. Fillo do deus Xúpiter e a deusa Hera. Na mitoloxía grega non era un deus moi importante, dado que eles eran máis pacíficos, pero os romanos considerábano un dos deuses máis nomeados, xa que na súa cultura a guerra é unha cousa indispensable na súa vida cotiá.
  • 33. XÚPITER Este planeta recibe o nome do deus Xúpiter, fillo do titán Cronos e a titánide Rea. Este deus foi considerado o deus de deuses trala derrota do seu pai, Cronos. É indubidablemente un mullereiro, dado que aparece involucrado en distintas aventuras amorosas con múltiples deusas e humanas. Opínase que o seu nome se debe a que é o planetade maior tamaño, polo cal se lle atribúe o nome do máis grande dos deuses.
  • 34. SATURNO Este planeta recibe o nome do deus da agricultura e as colleitas: Saturno. É fillo de Xea e Urano. Na mitoloxía, despois de derrotar ó seu pai, adquire o reinado e ademais casa coa súa irmá Rea. Os fillos que terán decidirá devoralos para que non lle arrebaten o poder, mais Rea salva a Xúpiter, que conseguirá derrotalo.
  • 35. URANO Este planeta recibe o nome do deus Urano, ó que se consideraba o primordial. Primeiramente foi fillo de Xea, pero chegou a casar con ela e mesmo ter descendencia. Foi derrotado por Saturno, un dos seus fillos.
  • 36. NEPTUNO Este planeta recibe o nome do deus Neptuno (Poseidón en grego), o cal era considerado deus do mar. Cando Xúpiter venceu a Saturno, repartiron o reinado entre eles e Plutón; el elexiu gobernar sobre as augas.
  • 37. Este planeta era considerado o máis PLUTÓN pequeno do Sistema Solar, pero recentemente clasificouse na categoría de platenas ananos. O seu nome provén do deus do inframundo Plutón (Hades en grego), irmán de Xúpiter e Neptuno. Cando se repartiron o reinado, el quedou co inframundo.
  • 39. Xea/Terra: Luna/Selene: Na mitoloxía clásica esta deusa foi identificada coa deusa da caza e dos bosques, Diana. É a filla da titánide Leto e Zeus, xemelga de Apolo. Represéntase có arco, as frechas e o estoxo para gardalas.
  • 40. Ares/Marte: Deimos e Fobos: Fillos de Ares, deus da guerra e do sangue, e de Afrodita, deusa do amor. Fobos é o Pánico, e Deimos é o Temor. Acompañan o seu pai, e levan o seu carro ata a batalla.
  • 41. Zeus/Xúpiter: Amaltea: Cabra que habita na illa de Creta. Amamantou a Zeus, quen despois ca súa pel fixo un escudo chamada éxida. Despois, ó morrer, convertiuse na constelación de Capricornio.
  • 42. Calisto: Europa: Ninfa do séquito de Diana. Zeus namorouse dela, Zeus namorouse dela e transformándose nun touro. transformouse en Diana, A deusa Hera vingarase para ter amores con Calisto. desta relación mediante o Como consecuencia disto, é mito do Minotauro. convertida en osa. Foi asasinada polo seu fillo, o cazador Árcade.
  • 43. Ganímedes: Io: Príncipe troiano. Zeus Tivo amores con Zeus namorouse del e se convertido en nube. Zeus convertiu nunha águia convertiuna en vaca, para raptouno, e levouno ó protexela de Hera, mais Olimpo, onde se esta púxoa baixo custodia convertíu no copeiro dos de Argos, monstruo de cen deuses xunto con Hebe. ollos.
  • 44. Metis: É a prima de Zeus, que lle proporcionou a beberaxe para facer vomitar os fillos de Cronos, pai de Zeus. Foi o primeiro amor de Zeus, mais unha profecía dicía que o segundo fillo destronaría a Zeus. Debido a isto comeu o feto, cando sentiu dores de cabeza chamou a Hefesto para que lle abrira a cabeza cun machado e de alí saíu a deusa Atenea.
  • 45. Saturno/Cronos Atlas: Irmán de Prometeo. Suxeita a bóveda celeste como castigo por encabezar o exército dos Titáns quenes perderon contra os deuses olímpicos.
  • 46. Cibeles (Rea): Pandora: Deusa da fertilidade e da Primeira muller, creada natureza salvaxe, nai de como castigo para os todos os deuses. Aparece homes. Posúe unha caixa sentada nun carro tirado que contén todos os por dous leóns que se males, que foi aberta consideran unha parella de liberándoos todos excepto amantes transformados en a esperanza. leóns por Zeus.
  • 47. Prometeo: Titáns: Primo de Zeus. Creou a Son fillos de Urano e Xea. raza humana. Roubou o Foron seis irmáns e seis lume a Zeus quen como irmás e foron encerrados castigo atouno a unha nas profundidades da montaña para que cada día Terra polo seu pai, contra unha aguia lle devorase o o que se rebelan. Loitaron fígado, que se rexeneraba tamén na Titanomaquía todas as noites. (loita de titáns).
  • 48. Neptuno/Poseidón Galatea: Vivía no plácido mar de Sicilia e o Cíclope Polifemo, monstro cun só ollo na fronte, namórase dela nada máis vela. Galatea está namorada de Acis e Polifemo perségueos e lanza unha enorme rocha contra Acis e mátao. Galatea converte entón ó seu namorado nun río de limpas augas.
  • 49. Nereidas: Tritón: Fillas do vello deus do mar Fillo de Poseidón e da súa Nereo e unha das fillas de esposa Anfítrite. É un Océano. As nereidas semideus mariño con forman un grupo figura de home ata a numeroso no que cintura e de peixe de longa sobresaen moi poucas. cola na súa parte inferior. Destaca a Nereida Tetis Represéntase porque foi a nai de Aquiles. acompañando a Poseidón Tamén é coñecida Anfítrite e anunciando a súa porque casou con chegada mentres facía Poseidón e foi a raíña dos sonar a caracola mariña. mares e das augas.
  • 50. Plutón/Hades CARONTE: Era o barqueiro do Hades, deus do inframundo, encargado de guiar as sombras errantes dos defuntos recentes dunha beira á outra do río Aqueronte se tiñan un óbolo para pagar o viaxe. Aqueles que non podían pagar tiñan que vagar cen años polas ribeiras do río, e algún tempo despois Caronte accedía a portalos sen cobrar.
  • 51. Outros mitos celestes: A vía Láctea
  • 52. Zeus namorouse de Alcmena e para conquistala transformouse no seu marido Anfitrión, quen estaba ausente durante un longo periodo de tempo, mais ao día seguinte regresou a súa casa xunto a súa muller quen pasara a noite con Zeus transformado. Desta relación naceu Hércules, dotado de grandes capacidades que lle axudaron a sobrevivir aos ataques da vingativa Hera. Zeus quería que Hércules fose inmortal e a única forma de conseguilo era que mamase do leite divino de Hera, por iso mentres ela durmía Zeus achegou ó neno ó seu peito, quen mordeu con tanta forza que espertou á deusa e o regueiro de leite que se derramou polo Universo deu lugar a Vía Láctea.
  • 53. Traballo realizado no IES Francisco Asorey de Cambados polos alumnos de 3º e 4º de ESO: Albornoz Camperos, Fabiola Cacabelos Romero, Manuel Ferreiro Amil, Berta Carou Trigo, Javier Fernández Feijoo, Fátima Chaves Pérez, Rebeca Grandal Otero, Alexandre Cordal García, Ariadna Pérez Ramudo, Elisa Cores Pérez, Mariela Rodríguez Daporta, Noé Durán Rubí, Mariña Silva Chaves, Bibiana Falcón Leal, Andrea Vilanova Núñez, Estela Coordinador: Profesor José Luis López García