2. É o primeiro mes do ano no calendario
gregoriano e ten 31 días.
3. O nome ven do latín ianuarius, polo deus Jano (en latín
Janus), representado con dúas caras, o deus das portas
(entrada e saída) ou do comezo e o final.
4. A pedra de xaneiro é o
granate e a flor o caravel.
13. -Os raposos buscan parella
-Desovan as sardiñas e os muxes
-Empezan a formar parellas algunhas aves (parrulos, corvos,
merlos, pardales...)
-O Bao segue cheo de aves invernantes
18. DATOS GALICIA:
-Temperatura mínima: -6,7 ºC en Cabeza de Manzaneda
-Temperatura máxima: 23,8 ºC en Lourenzá.
-Chuvia máxima rexistrada: 824 l no Monte Xesteiras (Cuntís), 141 l o día 7.
-Refacho de vento máximo: 142 km/h en Punta Candieira (día 10)
La Voz de Galicia
22. -Xaneiro xeado e abril mollado enchen o faiado
-Cando as rans cantan no xaneiro, sinal de fame en todo o eido
-Seco xaneiro, abundancia no graneiro
23. -Xaneiro xeadeiro, febreiro ventisqueiro, marzo pardo, abril mollado
e maio claro, valen máis que os bois e o carro.
24. -A xeada de xaneiro mata a vaca e mais o leiro.
25. nabicol
-En xaneiro a berza é carneiro
-Xaneiro alleiro
-Se queres ter bo alleiro plántao no xaneiro
-Se chove en San Antón de xaneiro pipas ao fumeiro,
se non, pipas ao canteiro
26. -No mes de xaneiro sube ao
outeiro, se ves verdear ponte a
chorar, se ves estercar ponte a
cantar.
-Quen labra no xaneiro labra
para o ano enteiro.
-En xaneiro, lume na lareira e
porco no fumeiro.
28. 1 de xaneiro de 1801:
descubrimento do primeiro asteroide (Ceres), polo
astrónomo italiano Giuseppe Piazzi no seu
observatorio de Palermo.
Actualmente está considerado un planeta enano
29. 2 de xaneiro de 1839:
Louis Daguerre tira a primeira fotografía da Lúa.
30. 4 de xaneiro de 1643:
nace Isaac Newton,
físico e matemático
inglés.
32. 7 de xaneiro de 1610:
Galileo Galilei observa,
por vez primeira na
historia, algún dos
satélites do planeta
Xúpiter
33. 7 de xaneiro de 1943:
morre Nikola Tesla,
físico, matemático,
enxeñeiro eléctrico e
inventor estadounidense
de orixe austriaca.
34. 7 de xaneiro de
1714:
Hrnry Mill rexistra a
patente da primeira
máquina de escribir
Keystone 1 (1899)
35. 8 de xaneiro de 1642:
morre Galileo
Galilei, matemático e
físico italiano.
36. 9 de xaneiro de 1848:
morre Carolina
Herschel, astrónoma
inglesa de orixen alemán.
37. 9 de xaneiro de 1988:
científicos do Instituto Whitehead de Boston conseguen
illar o TDF (xen responsable do sexo humano),
localizado no cromosoma Y, que está presente só nos
homes.
38. 10 de xaneiro de 1778:
morre Varl von Linné,
botánico sueco.
39. 11 de xaneiro de 2008:
morre Edmund Hillary, alpinista neozalandés,
primeiro home en pisar a cima do Everest, xunto
so sherpa Tenzing Norgay.
40. 14 de xaneiro de 1742:
morre Edmund Halley,
astrónomo británico
41. 14 de xaneiro de 1994:
presentadas as primeiras imáxes trala misión espacial
do telescopio espacial Hubble.
42. 15 de xaneiro de 1362:
primeiro día da tormenta no Mar do Norte (segunda
inundación do Día de San Marcelo, que en tres días
arrasa cos Países Baixos. Inglaterra e norte de
Alemania, causando entre 40 000 e 100 000 mortes.
43. 15 de xaneiro de 2001:
Wikipedia inicia a súa andadura on line.
44. 16 de xaneiro de 1909:
a expedición de
Ernest Shackleton
atopa o Polo Sur Magnético
45. 17 de xaneiro de 1912:
o explorador inglés Robert
Falcon Scott chega ao
Polo Sur, un mes despois de
facelo o noruego Roald
Amundsen.
46. 18 de xaneiro de 1878:
morre Antoine César
Becquerel, físico francés.
47. 19 de xaneiro de 1736:
nace James Watt,
inventor británico.
máquina de vapor
48. 20 de xaneiro de 1775
nace André Marie
Ampère, físico e
matemático francés.
49. 20 de xaneiro de 1906
extráese na Premier Mine, preto de Pretoria (Sudáfrica),
o diamante "Cullinan", cun peso de 620 g antes
de ser cortado.
50. 17 de xaneiro de 2009:
bátese o récord da onda máis grande rexistrada en
España (26 m de altura, 22 millas das costas de Santander),
durante o temporal do ciclón extratropical Klaus.
51. 17 de xaneiro de 1958
Científicos británicos e
estadounidenses
anuncian que lograron
unha fusión nuclear
controlada.
52. 25 de xaneiro de 1627:
nace Robert Boyle,
físico e químico
angloirlandés.
53. 26 de xaneiro de
1823: morre Edward
Jenner, médico
británico que
desenvolveu a vacina
contra a virola.
54. 28 de xaneiro de 1986:
en EE. UU., o transbordador
espacial Challenger explota
pouco despois do seu despegue.
Morren os sete astronautas.
56. Para tentar construír un mundo mellor, máis xusto e humano;
e unha sociedade democrática, libre, xusta,
responsable e pacífica.
O obxectivo da celebración do Día da Paz e fomentar a educación na
tolerancia, a solidaridade, a concordia, o respecto aos
dereitos humanos, a non violencia e a paz.
57. O día da Paz celébrase na
data do aniversario da morte
do lider espiritual da India e
símbolo da non violencia,
Mahatma Gandhi.
Mohandas Karamchand
Gandhi naceu en Porbandar
(India) en 1869 e morreu en Nova
Delhi o 30 de xaneiro de 1948,
Graduouse en dereito en Inglaterra.
Vivíu en África do Sur onde loitou
contra a discriminación racial.
Volveu á India onde organizou a
resistencia non violenta. Estivo
encarcelado en moitas ocasións.
En 1937 era o líder dun movemento
independentista con capacidade
para movilizar a millóns de indios.
58. 30 de xaneiro de 1886:
nace Alfonso Daniel
Rodríguez Castelao,
escritor, debuxante e
político galego.