1. UD .0.- A CIENCIA E A SOCIEDADE
0.- Introdución
1.- A ciencia de todos. Ciência e tecnoloxía
2.- O Método científico
3.- A construcción do coñecemento científico
4.- Pseudociencias
5.- Fraudes científicos
6.- Actividades-Repaso
7.- Na Web
8.- Bibliografía
2. UD 1.- A CIENCIA E A SOCIEDADE
0.-INTRODUCIÓN
Ao longo da historia, tradicionalmente o coñecemento humano dividiuse en
dúas áreas: a humanística e a científica. A idea de que “a cultura” está vinculada
unicamente á literatura, á filosofía, á historia, á arte..., fai que a ciencia apareza
coma unha actividade que xera un coñecemento diferente ou illado da cultura.
Vivimos nunha sociedade no que non coñecer o nome dos reis Católicos ou de
Cervantes é un claro reflexo de incultura, mentras que cando alguén o ignora todo
sobre a Relatividade Xeral, a Mecánica Cuántica, a Xenética ou a teoría da
Evolución, simplemente pode dicir “é que eu son de letras” e ninguén o mira raro nin
o considera un analfabeto.
É necesario cambiar esta situación. Un cidadán do século XXI non pode
ignorar certos coñecementos científicos para opinar e participar en decisións
importantes que lle afectan. Vivimos nunha sociedade cada vez máis complexa que
precisa de cidadáns formados no coñecemento científico para poder participar nos
próximos retos e tomar importantes decisións sobre o seu futuro.
A ciencia moderna iníciase no Renacemento, cando se comenza a superar a
limitación que supuxo crer que a verdade estaba exclusivamente nos textos
clásicos e nas crenzas relixiosas. Sen embargo, será nos séculos XVIII e XIX
cando se desenvolva como forma de coñecer mediante a comprobación de feitos ou
de datos observados.
Actividade 1:
Lectura do discurso pronunciado por Stephen Hawking durante o acto de recollida
dos Premios Príncipe de Asturias de 1989.
Resposta e debate sobre as cuestións planteadas sobre o mesmo.
1.- A CIENCIA DE TODOS. CIENCIA E TECNOLOXÍA
3. A ciencia é un esforzo colectivo, non individual, onde o progreso só é posible
pola colaboración e o control da comunidade. Grazas a este esforzo a ciencia
líbrase, ás veces con atraso, a acumulación de erros, o fraude e as orientacións
derivadas do interese particular. Para iso precísase un acceso libre aos resultados
e aos datos experimentais (publicacións científicas) e a comprobación do traballo
por outros (que este sexa reproducible).1 A
ciencia, que se xustifica pola curiosidade,
enriquece a nosa vida e, polo ben común,
pertence a todos.
Aínda que o gran desenvolvemento
científico conleva unha grande especialización,
é obriga colectiva dos científicos que a visión
do mundo que proporciona a ciencia estea ao
alcance de todos. Citando a Richard Feynman
(1918-1988), premio Noble de Física en 1965: “Se non es capaz de explicarlle á túa
avoa en que consiste o teu traballo, en realidade non o entendes nin ti mesmo”.
Unha actitude científica, entendida esta como vontade de obxectividade e
escepticismo cara ao preestablecido, non só supón un cuestionamento metódico das
susposicións, senón que a mellor maneira de resolver os problemas aos que nos
enfronta a vida. Quere isto dicir que non todos podemos ser investigadores, pero a
todos os seres humanos nos convén pensar científicamente.2
1.1. ¿Que son a ciencia e a tecnoloxía?
A ciencia (do latín scientia, 'coñecemento') pode definirse como:
Conxunto de coñecementos obtidos mediante a observación e o
razoamento, sistematicamente estruturados, e dos que se deducen
principios e leis xerais.
1
En maio de 2005 a revista Science publicou un experimento sobre células nai humanas do científico surcoreano
Woo Suk que podía solucionar o problema da diabetes e do Alzhéimer. Axiña foi descuberto o fraude.
2
A ignorancia foementa as supersticións. Antes das viaxes de Colón, moitas persoas non se atrevían a realizar
viaxes longas polo mar porque pensaban que a Terra era plana e o barco caería ao abismo chegado a un punto .,
4. A ciencia non procura a verdade pero proporciona xustificacións que tratan de
explicala.
A obra científica inflúe na vida das sociedades. Os descubrimentos poden no
só mellorar o nivel de vida das persoas, previr ou curar enfermidades, facilitar as
tarefas diarias ou facer máis doado o traballo. Ás veces, tamén contribúen a
verdadeiras revolucións culturais, facendo que a visión do mundo mude
radicalmente e a forma de pensar se modifique de xeito importante.
A aplicación dos coñecementos, métodos ou instrumentos da ciencia para
propósitos prácticos como os da industria, o comercio, a medicina, etc, da orixe á
tecnoloxía (do grego tekne, 'arte, técnica ou oficio' e logos, 'conxunto de
saberes') que se define como:
Conxunto de coñecementos que permiten construír obxectos e
máquinas para adaptar o medio e satisfacer as nosas necesidades.
1.2. Tipos de Ciencias
As ciencias poden clasificarse de acordo co obxectivo do seu estudo.
Ciencias Obxecto de estudo Exemplos
Estudan as formas válidas de inferencia por iso non Lóxica
teñen contido concreto, é un contido formal en Matemática
Formais
contraposición ao resto das ciencias fácticas ou
empíricas. Baséanse en métodos dedutivos.
Astronomía
Nelas englóbanse as ciencias naturais que teñen por Bioloxía
obxecto o estudo da natureza. Seguen o método Física
Experimentais
científico ou hipotético-dedutivo Xeoloxía
Química
Psicoloxía
Socioloxía
Historia
Economía
Son todas as disciplinas que se ocupan dos aspectos
Antropoloxía
Sociais do ser humano - cultura e sociedade- . O método
Ciencia política
depende de cada disciplina particular.
Dereito
Demografía
Traballo social
Xeografía humana
5. As ciencias formais son aquelas que non poden comprobarse
experimentalmente na realidade. Traballan con conceptos abstractos como os
números.
As ciencias empíricas si teñen un correlato real no mundo. Nelas, o
coñecemento provén de fenómenos observables e capaces de ser avaliados por
outros investigadores que traballen baixo las mesmas condicións.
2.- O MÉTODO CIENTÍFICO
Etimoloxicamente método significa “camiño”, o camiño que hai que seguir
para chegar a unha meta que, no caso das ciencias, é o coñecemento da realidade
na que vivimos.
A maior parte dos científicos en activo aprenderon a
investigar na práctica, realizando unha tese de doutoramento e
participando en traballos colectivos, xa que é infrecuente que
estuden previamente as cuestións xerais, filosóficas, do método
científico.
2.1Fases do método científico
I. Observación
O primeiro paso do método científico ten lugar cando se fai unha
observación a propósito de algún evento ou característica do mundo. Esta
observación pode inducir unha pregunta sobre o evento ou característica.
Débese recompilar toda a información posible, tanto a obtida directamente
da realidade observada como a que proporcionen as fontes de información:
internet, revistas, bibliografía...
Nas observacións, en moitas ocasións, teñen importancia os avances en
métodos de observación. Trala observación procédese a unha detallada
descrición do fenómeno.
6. A observación debe ser reproducible. A repetibilidade da observación dos
fenómenos naturais é un requisito fundamental de toda ciencia.
II. Formulación de hipóteses
Planificación de posibles explicacións das observacións e a súa relación
causa-efecto.
III. Dedución das consecuencias da hipótese
Predicións que se poden deducir da hipótese.
IV. Experimentación
Comprobación de se as consecuencias da nosa hipótese se cumpren ou non
por medio da experimentación controlada. Inténtanse manter todas as
variables controladas ou promediadas e trabállase cunha delas.
De todos os pasos no método científico é o que verdadeiramente separa a
ciencia doutras disciplinas:
o Rexistro e Análise de datos:
É indispensable a recolección de datos (observacións iniciais, resultados
durante e ao final do experimento) en forma organizada, de maneira que
sexa posible determinar relacións importantes entre estes, para o cal
se empregan táboas, gráficas e, nalgúns casos, debuxos científicos.
o Análise de Resultados:
Extraer a maior información dos datos recollidos. Sométense a moitos
estudos; entre estes en análise estatístico, que consisten en utilizar as
matemáticas para determinar a variación dun factor.
V. Demostración o refutación das hipóteses
Se non existe concordancia entre o que se observa experimentalmente e o
que predí a hipótese, esta debe ser rexeitada ou modificada (volveríase a o
paso II).
7. Se son coherentes coa experimentación, a hipótese queda demostrada
provisionalmente.
Se tras novas comprobacións a hipótese non é refutada enúnciase unha
teoría.
Se a teoría se consolida con outros experimentos diferentes de diferentes
campos fálase de unha lei natural ou científica.
VI. Presentación de resultados
A ciencia faise para o coñecemento público.
Publícase en revistas onde é revisado por expertos independentes que
examinan a súa coherencia e calidade e, así, accede ao mundo científico.
Sobre estas fases pode haber variacións en distintas disciplinas científicas ou
experimentos concretos:
o En certas ciencias non se poden realizar experimentos directamente, só
rexistrar datos (vulcanoloxía, astronomía, física teórica...).
o En ocasións non fai falta planificar unha hipótese, só proceder á
experimentación directamente para coñecer algo.
8. Actividade 2: APLICACIÓN DO MÉTODO CIENTÍFICO:
o CUESTIÓN: Que ocorre cando unha candea que arde sobre auga é
tapada cun recipiente?
o 1º.- Trátase de establecer hipóteses sobre o que vai acontecer.
o 2º.- Deseño e realización do experimento.
o 3º.- Elaboración dunha explicación do observado experimentalmente
baseándose en probas.
9. Etapas do Método Científico
Directa
Observación
Estudo bibliográfico
Formulación
Hipótese
Predicións
Replanificación
Recollida e análise de datos
Experimentación
Análise de resultados
Refutación da hipótese Validación da hipótese
Novos experimentos
Teoría
Novos coñecementos
Lei
Publicación
10. 3.- A CONSTRUCIÓN DO COÑECEMENTO CIENTÍFICO
3.1.- A verdade ou a certeza na ciencia
Un dos científicos e filósofos que máis contribuíu a
reflexionar sobre a veracidade da ciencia é o austríaco
KARL POPPER (1902-1994) quen considera que, ó longo da
historia, os erros científicos foron máis que os acertos.
Este, cunha intención de asegurar a ciencia máis que de
destruíla, considera que todas as hipóteses deben ser
sometidas a crítica implacable; así, se unha hipótese se desbota por falsa ábrese
unha vía para intentar unha alternativa máis probable e, se non se logra demostrar
que a hipótese é falsa, considerarase certa aínda que só provisionalmente. Segundo
Popper, chega un caso negativo para invalidad unha hipótese, mentras que a
acumulación de casos positivos nunca é dabondo , en termos lóxicos, para asegurar
a súa verdade. A dificultade relaciónase co problema da indución, a imposibilidade
lóxica de obter consecuencias xerais a partir de casos particulares.3
3.2.- A aplicación perversa da ciencia
Partindo sempre da importancia decisiva da ciencia e da tecnoloxía para o
avance e o benestar da humanidade, cómpre, sen embargo, recoñecer que a historia
presenta tamén aplicacións da ciencia nocivas ou tráxicas para os seres humanos,
tanto intencionadas como non intencionadas. Exemplos delo foron e seguen séndoo
a tecnoloxía empregada nas guerras, a guerra biolóxica, a enerxía nuclerar, os
pesticidas, moitos medicamentos, os aerosois... e poden chegar a selo outros como
a manipulación xenética e a clonación humana.
Debemos, aínda así, ter presentes as palabras de F. MAYOR ZARAGOZA
(ex director xeral da UNESCO –Organización das Nacións Unidas para a
Educación, a Ciencia e a Cultura-): “O coñecemento sempre é positivo. As
aplicacións poden ser negativas e incluso perversas”.
Un exemplo clásico de indución é o “estudo” da cor dos cisnes. Un investigador anota a cor de todos
3
os que vai atopando, todos eles brancos, concluíndo: “A cor dos cisnes é branca”. Ao día seguinte
atópase cun cisne negro. Conclusión: trátase dunha teoría de que a súa teoría inicial de que todos os
cisnes son brancos é errónea.
11. Precísase, pois, unha “ciencia con conciencia” que inmunice ós científicos e
tecnólogos de posicións dogmáticas e lles faga tomar conciencia da súa
responsabilidade social e valorar as potenciais aplicacións perversas dos seus
descubrimentos. Sen embargo, son os políticos e as grandes industrias os que
deciden as liñas de investigación e de aplicación dos descubrimentos, tendo, polo
tanto, responsabilidade nas aplicacións da ciencia en contra dos intereses sociais.
Ao falar de ciencia e ética cómpre recordar que aínda que a Albert
Einstein se lle vinculou nalgún momento coa
construción da bomba atómica, o papel que xogou
nese proxecto foi unicamente o de animar, xunto
con outros ceintíficos, ao Goberno dos Estados
Unidos a prepararse para a guerra nuclear,
advertíndolle do perigo que supoñía que un país
como Alemaña accedera a ese descubrimento. De
feito, como alemán que apoiara causas
esquerdistas, non foi autorizado a traballar nun
proxecto tan sensible a temas de seguridade, polo
que foi honesto cando anos despois declarou: Non
colaborei na construción da bomba atómica; non colaborei en absoluto”. Foi, sen
embargo, un dos primeiros científicos en poñer en marcha o movemento contra a
carreira armamentística e a loucura nuclear.
3.3.- Serendipia
A serendipia é facultade de facer descubrimentos afortunados e
inesperados por accidente. Son., polo tanto, descubrimentos serendípicos os
descubrimentos accidentais na ciencia.
Exemplos de descubrimentos serendípicos: a
penicilina (Fleming), o velcro, o xabón Ivory, os post-its,
os copos de trigo e millo (Kellogs)...
12. En calquera caso, para realizar un descubrimento, o investigador ten que
estar preparado e debe ter un profundo coñecemento no campo do haxazgo,
ademais da capacidade para “ver o que outros non viron e pensar o que ninguén
pensou”. PASTEUR dicía: “Nos campos da observación, a casualidade favorece só as
mentes preparadas”.
Lecturas sobre o descubrimento dos post-it, dos copos de millo tostado, do xabón
de Ivory... en SERENDIPIA.
Lectura: “De como un explosivo creou os Premios Nobel, converteuse en
medicamento, en contaminante ambiental e resultou ser un espertador ” en OS
DADOS DO RELOXEIRO
Libros recomendadas:
SERENDIPIA. Descubrimientos accidentales en la ciencia
Royston M. Roberts
Colección Historia de la ciencia
Alianza Editorial (2004)
OS DADOS DO RELOXEIRO
Ciencia amena para mentes inquietas
Xurxo Mariño Alfonso
Consello da Cultura Galega (2005)
4.PSEUDOCIENCIAS
Se agora mesmo obviáranse os produtos da tecnociencia a civilización humana
colapsaría. Os cidadáns chegamos, polo xeral, a gozar dos dons da ciencia pero sen
chegar a comprendelos nin a analizalos. As pseudociencias aproveitan este abismo
entre ciencia e sociedade para aparecer como ciencias cando realmente non o son.
Un exemplo desta percepción da ciencia amósase en moitos anuncios
publicitarios, nos cales os anunciantes empregan como gancho do produto unha
13. terminoloxía científica que, aínda que dificilmente é comprensible para a gran
maioría do público, o reviste dunhas cualidades nas que se ten plena confianza.
Pseudociencias, termo que etimoloxicamente equivale a "falsas ciencias", son
disciplinas que se aparentemente se revisten do manto da ciencia, non o son en
realidade. O termo "falso" parece indicar, sendo polo xeral certo, unha certa
intención de engano consciente: a cotío inténtase tal disfraz co interese de dar
unha respetabilidade que posúen os produtos da ciencia, e abusar do prestixio
científico á hora de acalar as posibles críticas.
As características que axudan a recoñecer ás pseudociencias son:
o Non aplican unha metodoloxía de carácter científico.
o Son dogmáticas. Os seus principios están planificados en termos tales
que non admiten refutación, a diferenza das ciencias, onde as
condicións de refutación das hipóteses ou teorías están determinadas
con precisión.
o Proclaman teorías para as que non aportan probas empíricas, que a cotío
contradín abertamente resultados experimentais coñecidos e aceptados
polas ciencias ben establecidas.
o Son inmutables. Ao non ter bases experimentais, non cambian incluso
ante novos descubrimentos.
o Utilizan linguaxe científico pero só en aparencia, descoñecendo ou
malinterpretando o seu significado.
o Non cumpren a estratexia da navalla de Occam (tamén coñecido como
principio de parsimonia), que é un método de construción lóxica segundo
o cal en igualdade de condicións a explicación máis sinxela é
probablemente a correcta.
o No buscan leis xerais.
o Descualifican as críticas por parte das ciencias, a cotío, utilizando
falacias ad hominem, aducindo conspiracións ou proclamándose obxecto
de persecución cando os seus plantexamentos son rebatidos.
14. o Invocan entes inmateriais ou sobrenaturais inaccesibles á investigación
empírica, tales como forza vital, creación divina, inconsciente
metafísico, necesidade histórica, etc.
o Proclaman e esixen que se recoñeza o seu carácter científico, pero só
ante o público xeral, renunciando a poñer a proba as súas explicacións
ante a comunidade científica establecida. O feito de reclamar estatus
científico as diferenza doutras actividades como as relixións.
Algunhas pseudociencias son:
o Astroloxía: Adiviñación polas constelacións da eclíptica solar.
o Astropsicoloxía: Psicoterapia por medio da Astroloxía.
o Alienoloxía: Estudo dos extraterrestres ou Aliens.
o Ciencia Anxélica: Estudo "sistemático" dos anxos.
o Ciencia Piramidal: Coñecemento "sistemático" da maxia.
o Cirurxía Psíquica: Cirurxías realizadas por medio da mente.
o Homeopatía: Curación por medio de factores emanados pola mesma
enfermidade.
o Iridoloxía: Adiviñación das enfermidades pola lectura do iris dos ollos.
o Magnetoterapia: Curación por imáns.
o Medicina Holística: Curación por medio do equilibrio coa enerxía
universal.
o Naturismo: Curación por medio dos catro "elementos" naturais.
o Penduloxía: Adiviñación e diagnóstico por péndulos.
o Parapsicoloxía: Estudo de fenómenos paranormais, como fantasmas,
etc.
o Psicoenerxética: Estudo e manipulación da enerxía mental.
o Psicotrónica: Manipulación das ondas cerebrais para telekinesis,
profecía, etc.
o Quiromancia: Adiviñación pola lectura das liñas da man.
o Telekinesia: Comunicación e visualizacións a distancia por medio da
mente.
15. o Toque Terapéutico: Curación por medio das mans, ou imposición das
mans.
o Ufoloxía: Estudo das naves espaciais extraterrestres.
Libro recomendado:
HISTORIAS CURIOSAS DE LA CIENCIA
Cyril Aydon
Swing (2008)
5.- FRAUDES CIENTÍFICOS
Sexa para fuxir da mediocridade ou ben para salvar dificultades coa fin de
poder deixar a súa contribución científica –como é o caso de Galileo ou Newton-, os
científicos engañaron desde sempre, se ben na época moderna, desde que a ciencia
pasou de vocación a profesión, é frecuente que o motor para facelo sexan os
cartos, en forma de financiación ou de cobro de patentes.
Sen embargo, é importante, tamén, dicir que a ciencia soe ter mecanismos
para corrixir os seus propios erros e que a gran maioría dos científicos son persoas
de extraordinaria nobreza., comprometidos co seu labor, polo que reciben con
moita dor as noticias de fraudes e manipulacións científicas. De feito, a
falsificación de datos considérase tan aborrecible que moitos profesionais
síntense ofendidos cando se enteran dun suceso de tal naturaza, incluso cando
afecta a un campo de estudo alleo.
Hoxe, o coñecido como a farsa do home de Piltdown, considérase como o
maior fraude científico do século XX.
Lectura:
“La farsa de Piltdown” de LAS MENTIRAS DE LA
CIENCIA de Dan Agin.
Cuadro pintado por John Cooke no
1915, conmemorativo do descubrimento do
home de Piltdown.
16. Libros recomendados:
LAS MENTIRAS DE LA CIENCIA
Federico di Trocchio
Alianza Editorial
LAS MENTIRAS DE LA CIENCIA
Dan Agin
Edicións Robinbook. Barcelona (2009)
6.- ACTIVIDADES-REPASO
1.- Explica cun exemplo como pode influir a ciencia na sociedade.
2.- Razona se os descubrimentos científicos poden ou non considerarse verdades
absolutas.
3.- En ocasións usamos a frase “demostrado cientificamente” en referencia a unha
afirmación. Pódese asumir como certa? Razóao
4.- Supoñamos que se produce un fenómeno que contradice unha lei científica
recoñecida como certa. Que deben facer os científicos?
5.- Cita un exemplo no que as correntes de pensamento (filosofía, relixión…)
influíran de forma determinante no coñecemento científico.
6.- Cando se produce un descubrimento científico, a actitude máis común é
rexeitar unha hipótese nova a favor dunha xa aceptada. Como cres que inflúe
esta actitude no avance da ciencia?
7.- NA WEB
http://historiadelaciencia.idoneos.com
Páxina que permite realizar un recorrido polas teorías sobre as que se foi
configurando o saber científico a través dos séculos e polas persoas que o
desenvolveron. Aparecen bos enlaces. O seu contido preséntase só en inglés.
8.- BIBLIOGRAFÍA
17. - Libros de texto par a materia Ciencias para o mundo contemporáneo de 1º de
Bacharelato das editoriais Anaya, Rodeira, Pearson Educación, SM, Santillana,
Vivens-Vives, Xerais e Oxford.
- Libros recomendados ao longo da Unidade Didáctica.