Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
A formacion do galego
1. DO LATÍN AO GALEGO
Substrato, adstrato e superestrato
2. LINGUA GALEGA
=
linguas de substrato
(linguas preindoeuropeas e indoeuropeas)
+
romanización
(latín vulgar)
+
linguas de superestrato
(linguas xermánicas e árabe)
3. SUBSTRATO (linguas que se falaban en Galicia antes da chegada do
latín)
• Difícil detectar a súa pegada porque eran civilizacións
ágrafas.
• Dous grandes tipos: os preindoeuropeos (os pobos máis
antigos, chegados na Idade de Pedra) e os
indoeuropeos (a partir do ano 800 a. C., destacando os
celtas).
• Consérvanse termos de orixe celta na toponimia (A
Coruña, Céltigos, -obre) e, sobre todo, no vocabulario
relacionado coa natureza (lousa, croio, buraco, leira,
cervexa, salmón, bidueiro).
• As linguas de substrato tamén influíron no acento do latín
empregado nas distintas zonas da Hispania.
4. ROMANIZACIÓN
• Latín vulgar.
• Introdución lenta do latín a través da administración, da
formación académica, do cristianismo e da cultura. É a
lingua de promoción social e requisito imprescindible para
obter a cidadanía romana.
5. SUPERESTRATO (linguas invasoras despois da chegada do latín)
• Xermánico (suevos, visigodos): pouca influencia
na lingua.
Topónimos e antropónimos: Samil, Gondomar, Mondariz, Sabarís;
Alberte, Rodrigo, Elvira…
Léxico relacionado cos costumes e a guerra: sopa, roupa, espeto,
frecha, guerra...
• Árabe: estiveron pouco tempo en Galicia e os
termos conservados no galego entraron a
través do castelán e do portugués.
Topónimos: A Mezquita, Sada...
Léxico común relacionado coa agricultura, ciencia e
administración: arroz, cenoria, aceite, cifra, xarope, alcalde,
alférez...
6. VOCES PATRIMONIAIS, CULTISMOS E
SEMICULTISMOS
• Palabras patrimoniais: entraron na época da
romanización e sufriron todas as evolucións fonéticas
características do paso do latín ao galego.
• Semicultismos: palabras que proceden do latín pero que
se incorporaron tardiamente ao galego, polo que sufriron
algún cambio pero non unha evolución completa.
• Cultismos: palabras procedentes do latín ou do grego
incorporadas tardiamente e que non experimentaron
ningunha evolución porque nesa época eses cambios xa
deixaran de producirse.
(Ver táboa da páxina 166 do libro de texto)