SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  40
O PROCESO DE
HOMINIZACIÓN E
HUMANIZACIÓN
LUCY
         En 1974, en Etiopía, o
            paleoantropólogo D.
          Johanson exhumou un
       conxunto de osos fosilizados.
         Coñecido como Lucy, é o
        esqueleto de homínido máis
        completo da súa época, e o
                máis famoso
       Australopithecus afarensis,
       suposto antepasado de todos
         os homínidos posteriores,
        incluídos nós. Á esquerda,
        recreación dun macho de
       Australopithecus afarensis.
A. AFARENSIS
           As súas cadeiras, xeonllos e
                nocellos, permitíanlles
              andar como os humanos.
                Pero os seus largos e
             fortes antebrazos, os seus
               dedos curvos nos pes e
              mans, e os seus ombros
                 subidos, indican que
                  tamén trepaban ás
                 árbores. Os machos,
            acadaban 1,5 m de altura e
             uns 45 kg de peso, uns 30
              cm máis altos e 2/3 máis
               pesados que as femias.
RECONSTRUCCIÓN A.
AFARENSIS I
          A partir dos restos dun cranio,
             sobre un molde de resina
                  plástica, aplícanse
             músculos de plastilina. As
               marcas óseas indican
             unha grande actividade de
              masticación, unha nariz
              ancha e chata, meixelas
               abucinadas, boca tipo
              fuciño e orellas na parte
                posterior da cabeza.
RECONSTRUCCIÓN A.
AFARENSIS II e III
          Engádense capas de graxa e
             pel. Para os toques finais,
             imaxínase a cor da pel e o
            tipo de pelo. Introducíronse
               mechóns de pelo de oso
            cunha agulla. Para os ollos
              verquéronse varias capas
                de plástico acrílico, e
              pintouse o iris e a córnea
                 en diferentes capas.
HOMO HÁBILIS

           O Homo habilis era unha
            especie de homínido cun
                aspecto moito máis
                humano que o que
                  presentaban os
            Australopithecus. Tiña un
            cranio de 650 cm3 a 800
           cm3, máis redondeado que
               o doutros homínidos.
            Pénsase que o H. habilis
                 era un carnívoro
                oportunista que se
            alimentaba de prea cando
                      podía.
HOMO HÁBILIS

            Tiña unha altura
              parecida á do A.
             Africanus, de 1.30
              metros cun peso
           medio estimado en 40
            kg. Con eles xorde,
            por primeira vez, a
            transformación dos
                materiais en
               ferramentas.
HOMO HÁBILIS
          A posición bípede coa que se
            desprazaban provocou nas
              femias unha redución na
             pelve, o que ocasionou un
               adianto nos partos. Isto
             implicaría un maior tempo
            adicado á crianza (debido á
                  prematurización do
            neonato). O que, a súa vez,
              fixo necesario establecer
             vínculos sociais fortes que
                     implicaron un
                 desenvolvemento da
                       cultura.
HOMO ERGASTER

         Maior capacidade cranial
                (900 cm3), toro
         supraorbital moi marcado,
               ósos nasais que
          proxectarían o nariz cara
              adiante, mandíbula
           pequena e un esqueleto
           similar ao dos humanos
          actuais. A novidade máis
                importante que
           proporcionaron foi a súa
              maior capacitación
            técnica. O tallado das
          lascas é máis elaborado,
         pois modificábanse ambas
               caras (bifaces).
HOMO ERGASTER
        Considérase, como hipótese,
            que os H. E. poderían ser
          os primeiros homínidos en
                establecer relacións
                 sociais complexas,
          facilitadas polos inicios de
           linguaxe oral articulado. O
                seu cerebro estaría
            capacitado para elaborar
                    abstraccións
            rudimentarias. Por ex., se
           observaban a pegada dun
          animal é moi probable que
               rapidamente poideran
              imaxinar a que animal
                correspondía aquela
                      pegada.
HOMO ERECTUS
         Habitou principalmente en
         Asia oriental. Experimentou
             unha gran dispersión
                  xeográfica.
         Posuía un volume cranial
            bastante variable que ía
            dos 800 aos 1200 cm3.
          Este volume aumentou co
           transcorrer da historia do
          Homo erectus. Tiña un toro
            supra-orbitario bastante
           marcado, ademáis dunha
          mandíbula forte carente de
         queixo e dentes pequenos.
HOMO ERECTUS


         Femia de Homo Erectus.
         O seu dimorfismo sexual
          era maior que no home
                 moderno.
HOMO ERECTUS
         Este homínido era bastante
          robusto e posuía unha talla
           de casi 1.80 metros. Miles
          de ferramentas de tipo lítico
          foron atopadas en relación
          co H. Erectus. O H. erectus
          usaba o lume para cociñar,
             xa que nas súas covas
              atopáronse restos de
            cinzas e carbón vexetal,
              xunto con sementes
              queimadas e osos de
                    animais.
HOMO ERECTUS


         Comparativa H. Erectus,
             Australopitecus
            afarensis e Homo
                 sapiens
HOMO ANTECESSOR

         Considerada a especie
         homínida máis antiga de
          Europa. Son individuos
          altos, fortes, e co rostro
         máis moderno, aínda que
           o seu cerebro era máis
          pequeno que o do home
         actual. A definición desta
         especie é froito dos máis
         de 80 restos atopados no
         antigo xacimento de Gran
             Dolina, na Serra de
            Atapuerca (Burgos).
HOMO ANTECESSOR
        Na actualidade, a validez desta
           denominación como especie
            diferente é defendida polos
           seus descubridores e outros
          expertos, que consideran que
                 H. A. precede a H.
              Heidelbergensis e, polo
          tanto, é antepasado do Home
          de Neandertal. Sen embargo,
               parte da comunidade
            científica considéraa unha
            simple denominación, non
            específica, para referirse a
                restos atopados en
           Atapuerca, que eles asignan
             á especie H. H., ou ben a
            consideran unha variedade
            de H. Erectus/H. Ergaster.
HOMO
HEIDELBERGENSISApodado
         Individuos moi altos (1,75) e moi
               fortes (100 kg.).
                             “Goliath”. Considerado
                              ancestro do Home de
                           Neandertal. Tiñan grandes
                             cranios moi aplanados,
                           mandíbulas saíntes e gran
                          abertura nasal. Na Serra de
                         Atapuerca (concretamente na
                        Sima dos ósos) foron atopados
                           máis de 5.000 fósiles, que
                         pertencen a un grupo duns 30
                        individuos de todas as idades e
                             sexos. Entre os restos
                        humanos recuperados destaca
                              o nº 5, o cranio de H.
                             Heidelbergensis mellor
                         conservado do mundo. Recibe
                           o nome de “Miguelón” en
                            honra a Miguel Indurain.
HOME DE NEANDERTAL
             Era rechoncha, de
            constitución adecuada
          para soportar o frío, forte,
           e cun cerebro maior co
             noso; os científicos
           chamaron a esta muller
         neandertal Krapina 3, pola
           cova dos Balcáns onde
             desenterraron o seu
              cranio. Nesta cova
           atopáronse cranios con
              cortes: para algúns
         significa que lles gustaba a
            carne humana, outros
           pensan que se trata de
              marcas cerimoniais
HOME DE NEANDERTAL
         Tiñan un cerebro máis grande
            co noso, pero neste caso, o
            maior tamaño non significa
               necesariamente maior
                intelixencia. Algúns
               expertos cren que os
             neandertais necesitaban
                máis neuronas para
               coordinar a súa masa
            corporal extra. Tal vez non
             usaban unha linguaxe tan
              completa coma a nosa,
             pero podían comunicarse
                       entre si.
HOME DE NEANDERTAL


            Os Neandertais
           obrigaban aos uros,
          especie extinguida de
           bóvidos xigantes, a
           dirixirse ás ciénagas
           antes de rodealos e
                  matalos.
HOME DE NEANDERTAL
         Algúns estudosos compararon
             as lesións dos neandertais
                 cas das poboacións
             modernas, e , ao parecer,
              son os xinetes de rodeo
             quen sofren traumatismos
               similares en cabeza e
             pescozo. Parece que eran
               incapaces de concibir
               proxectiles. Clavar as
            lanzas en lugar de lanzalas
            poñía aos cazadores nunha
                  situación perigosa.
HOME DE NEANDERTAL
         Catro dos seis esqueletos de
          neandertais adultos atopados
                nunha cova en Irak,
           presentan deformacións por
           enfermidades ou lesións. Un
          individuo, chamado Shanidar
                  I sufriu feridas por
             aplastamento na perna, o
            nocello e o pe dereitos, un
                golpe no cranio que
          probablemente o deixou cego
           dun ollo, e a amputación do
             brazo dereito por riba do
             cóbado. Todas as feridas
           amosan signos de curación,
            o que indicaba que o grupo
               alimentaba, protexía e
            axudaba aos enfermos ou
                        lisiados.
HOME DE NEANDERTAL

         Os enterros supoñen outro
              fito na historia da
           humanidade: un sentido
             da inmortalidade. A
            persoa máis anciá de
            Shanidar viviu uns 45
             anos. A maioría dos
               neandertais non
              acadaban os 30.
HOME DE NEANDERTAL
         Tal vez neandertais e humanos
              modernos viviron xuntos
           durante decenas de miles de
             anos. Fai uns 50.000 anos,
               apareceron follas máis
                  delgadas e armas
                 arroxadizas, novas
             tecnoloxías asociadas aos
             humanos modernos. Pode
               ser que houbera unha
              mutación (quizais novas
            conexións neurolóxicas) nos
               cerebros dun grupo de
             humanos anatomicamente
              modernos, que vivían en
              África ou Oriente Medio.
HOME DE NEANDERTAL

              Non sabemos por que
          desapareceron os neandertais.
          Arredor de 10.000 anos despois
               da chegada dos homes
         modernos a Europa, acaba todo
            indicio de vida neandertal. É
               posible que os humanos
              modernos conquistaran e
             destruíran aos neandertais.
                Pode ser que aqueles
         introduciran novas enfermidades
          mortais. Quizá houbo un cruce
                entre ambos. Ou ben
              extinguíronse lentamente,
            incapaces de competir cuns
           humanos máis adaptables ao
                        medio.
HOME DE NEANDERTAL
         Hoxe en día podemos descartar
           unha das hipóteses anteriores.
           Moi recentemente, un grupo de
                 científicos españois
            secuenciaron o primeiro ADN
                mitocondrial de restos
          neandertais na península ibérica,
              de 43.000 anos de idade,
          achados no xacemento asturiano
           de El Sidrón. O traballo conclúe
          que non houbo intercambio entre
            neandertais e sapiens, xa que
          ningún europeo ten nada no seu
             ADN que sexa parecido ao
                        destes.
HOME DE NEANDERTAL


          Unha exposición no
          Museo Neandertal de
           Erkrath, Alemania,
            rende honras ao
              Neandertal.
HOME DE NEANDERTAL
          A península Ibérica (Xibraltar),
           quizais foi o último refuxio dos
                 Neandertais. Non se
             aventuraron máis alá, aínda
           que África estea a uns poucos
           kms. ao outro lado do Estreito.
            Este é un máis dos misterios
               dos neandertais xa que,
            naquelas datas, os humanos
            cruzaban no resto do mundo
              distancias acuáticas moito
              maiores. Tal vez non eran
              curiosos? O que podemos
           afirmar é que, durante máis de
            200.000 anos os neandertais
           adaptáronse a un mundo duro
            e desafiante. Poderemos nós
                    dicir o mesmo?
HOMO SAPIENS
HOMO SAPIENS
         A hipótese máis sostida hoxe en
              día afirma que os humanos
             modernos surdiron en África
           fai uns 500.000 anos, e dende
           alí, expandíronse polo mundo.
                Os restos máis antigos,
              atopados no Lago Turkana,
             Kenia, pertencen a un Homo
             sapiens arcaico que viviu fai
             270.000 anos. Outros fósiles
                 máis recientes son os
                achados en Etiopía (uns
              200.000 anos), Sudáfrica e
            Israel (duns 100.000 a 90.000
                 anos de antigüidade)
HOMO SAPIENS
           Naquela época, o norte de
            Europa, Siberia, Australia e
               toda América estaban
              deshabitadas. O Homo
            sapiens ocupaba boa parte
             do continente africano, os
               neandertais (especie
                 autóctona europea)
                estendíanse desde a
                Península Ibérica ata
          Uzbekistán, Asia Central, e no
              sudeste asiático vivía o
          primitivo Homo Erectus, cuxo
          representante máis importante
                 é o home de Xava.
           A esquerda, esqueleto de
              cromagnon atopado na
                  República checa.
HOMO FLORESIENSES
         Un descendente do home de Xava, o
            Homo floresienses, evolucionou
              dunha forma moi particular na
            pequena illa Indonesia de Flores,
            fai 18.000 anos. Tiña unha altura
              aproximada de case 1 m., e un
               peso duns 25 kg. Tiña brazos
            relativamente largos e un cerebro
              pequeno, 380 cm3, fronte aos
              nosos 1600. Coñecía o lume e
             usaba ferramentas de pedra. De
             feito, unha análise da superficie
            interior do seu cranio, descuberto
              en 2003, pon de manifesto que
               posuía un cerebro complexo,
             creativo e innovador, capaz, por
            exemplo, de realizar ferramentas
                     líticas complexas.
HOMO SAPIENSpoboacións eran moi
          As tres
                         primitivas en canto a
                  ferramentas, conduta, e limitada
                  capacidade de innovación. Nada
                    facía pensar que ningunha se
                  impuxera sobre as demais. Pero
                      nalgún momento da última
                        glaciación, o desexo de
                  expansión apoderouse do Homo
                     sapiens e abandonou o seu
                   berce africano. Fai 40.000 anos
                   estendeuse por Eurasia. Moitos
                    autores sosteñen que incluso
                     chegou a Australia antes, fai
                  máis de 50.000 anos. Pero o que
                      é seguro é que tiveron que
                          utilizar algún tipo de
                   embarcación para atravesar os
                  100 km que separaban Australia
                       e Asia. Estes individuos
                   similares a nós, son coñecidos
                    como Home de Cro-Magnon.
HOMO SAPIENS
         Co Homo sapiens, a tecnoloxía
               acadou o seu máximo
             expoñente, cunha extensa
            variedade de instrumentos,
                moi especializados,
             fabricados con tal mestría
             que, a igualdade de peso,
           eran dez veces máis afiados
            cos anteriores. Por primeira
                vez, tállase o oso, a
              cornamenta e o marfil e
               combínanse diferentes
               materiais para fabricar
              utensilios máis eficaces.
HOMO SAPIENS
         Arriba observamos a fabricación
            basta de machadas de pedra
                correspondentes aos H.
            Erectus. Máis abaixo aparece
              a máis mellorada i eficiente
                tecnoloxía Neandertal.
         Na anterior diapositiva aparece
             unha elaboración moito máis
               complexa, que require de
             varias ferramentas. As súas
             machadas eran cómodas de
               manexar, de corte limpo,
                 lixeiras... O tempo de
             preparación oscilaba entre 1
             hora e 2 semanas. Aparece,
                así, a especialización.
HOMO SAPIENS
         Os cromagnons inventaron armas
            de caza e artes de pesca que
             permitían cobrar todo tipo de
           pezas a distancia e, polo tanto,
           con maior seguridade. O home
             converteuse, así, nun eficaz
              depredador. A extinción de
                 moitos animais que
               sobreviviran a anteriores
           glaciacións puido ser causada,
             en boa parte, pola actividade
           cinexética do ser humano. Así,
              desapareceu o mamut, os
            grandes búfalos, os canguros
                      xigantes...
          Arriba, arroxa-lanzas, abaixo,
             punta de lanza separable en
                   tres segmentos.
HOMO SAPIENS
         A mellor adaptación ao medio
               permitiu a expansión
           demográfica dos cromagnons
          e a súa expansión polos cinco
            continentes. A colonización
          das xélidas Rusia e Siberia foi
           posible grazas ao invento da
              agulla, a construción de
           cabanas con osos e cabeiros
          de mamut cubertos con pel de
           animais, e cun lugar especial
          para o lume... Cara o nordeste,
             a emersión do estreito de
            Bering dou acceso a unha
           América deshabitada. Fai uns
          27.000 anos, o home chegou a
             Alaska e, en apenas dous
           milenios, acadou a Tierra del
                       Fuego.
A EVA DE ÉBANO
          Os estudios xenéticos parecen
              confirmar a evidencia fósil
               sobre a orixe africana da
                humanidade. En 1987
                publicouse un traballo
               comparativo do ADNmt,
           presente nas mitocondrias –as
           fábricas de enerxía no interior
           das células, que se transmiten
               de nais a fillos-, de 147
           persoas pertencentes a cinco
             poboacións xeográficas de
            África, Asia, Australia, Nova
           Guinea e Europa. A conclusión
             foi que os humanos temos
            unha orixe africana feminina
             común datado datado nuns
           200.000 anos: a Eva negra ou
                  Eva mitocondrial.
RETRATO DE FAMILIA

Contenu connexe

Tendances

Homo heidelbergensis
Homo heidelbergensisHomo heidelbergensis
Homo heidelbergensisElena
 
Homo ergaster sofía
Homo ergaster sofíaHomo ergaster sofía
Homo ergaster sofíaencarnavilla
 
Evoluc humana apuntes 2011 12
Evoluc humana apuntes 2011 12Evoluc humana apuntes 2011 12
Evoluc humana apuntes 2011 12montx189
 
Homo habilis
Homo habilisHomo habilis
Homo habilisElena
 
Evolucion Humana
Evolucion HumanaEvolucion Humana
Evolucion HumanaAnd
 
Evolución humana nova
Evolución humana novaEvolución humana nova
Evolución humana novaAna Urbieta
 
Nuevo PresentacióN De Microsoft Office Power Point
Nuevo PresentacióN De Microsoft Office Power PointNuevo PresentacióN De Microsoft Office Power Point
Nuevo PresentacióN De Microsoft Office Power PointMaite Zaitut
 
Dinosauros
DinosaurosDinosauros
DinosaurosFiz
 
A EVOLUCIÓN
A EVOLUCIÓNA EVOLUCIÓN
A EVOLUCIÓNFiz
 
Ficha 2 fillos de áfrica
Ficha 2 fillos de áfricaFicha 2 fillos de áfrica
Ficha 2 fillos de áfricajuanapardo
 
Homo ergaster
Homo ergasterHomo ergaster
Homo ergasterElena
 
A Evolución Humana (Antropoloxía)
A Evolución Humana (Antropoloxía)A Evolución Humana (Antropoloxía)
A Evolución Humana (Antropoloxía)sraqwerty
 
Xenealoxia humana
Xenealoxia humanaXenealoxia humana
Xenealoxia humanasignoluilli
 

Tendances (17)

Homo heidelbergensis
Homo heidelbergensisHomo heidelbergensis
Homo heidelbergensis
 
Homo ergaster sofía
Homo ergaster sofíaHomo ergaster sofía
Homo ergaster sofía
 
Homo Habilis 1
Homo Habilis 1Homo Habilis 1
Homo Habilis 1
 
Evoluc humana apuntes 2011 12
Evoluc humana apuntes 2011 12Evoluc humana apuntes 2011 12
Evoluc humana apuntes 2011 12
 
Homo habilis
Homo habilisHomo habilis
Homo habilis
 
Evolucion Humana
Evolucion HumanaEvolucion Humana
Evolucion Humana
 
Lucy Copia
Lucy   CopiaLucy   Copia
Lucy Copia
 
Evolución humana nova
Evolución humana novaEvolución humana nova
Evolución humana nova
 
A hominización.
A hominización.A hominización.
A hominización.
 
Nuevo PresentacióN De Microsoft Office Power Point
Nuevo PresentacióN De Microsoft Office Power PointNuevo PresentacióN De Microsoft Office Power Point
Nuevo PresentacióN De Microsoft Office Power Point
 
Dinosauros
DinosaurosDinosauros
Dinosauros
 
A EVOLUCIÓN
A EVOLUCIÓNA EVOLUCIÓN
A EVOLUCIÓN
 
Ficha 2 fillos de áfrica
Ficha 2 fillos de áfricaFicha 2 fillos de áfrica
Ficha 2 fillos de áfrica
 
Homo ergaster
Homo ergasterHomo ergaster
Homo ergaster
 
A Evolución Humana (Antropoloxía)
A Evolución Humana (Antropoloxía)A Evolución Humana (Antropoloxía)
A Evolución Humana (Antropoloxía)
 
A orixe da vida
A orixe da vidaA orixe da vida
A orixe da vida
 
Xenealoxia humana
Xenealoxia humanaXenealoxia humana
Xenealoxia humana
 

En vedette

Lucy presentación hipervínculo
Lucy presentación hipervínculoLucy presentación hipervínculo
Lucy presentación hipervínculoprofesdelCarmen
 
Lucy - Desarrollo cerebral.
Lucy - Desarrollo cerebral.Lucy - Desarrollo cerebral.
Lucy - Desarrollo cerebral.Lizgutierrez52
 
Lucy Presentation
Lucy PresentationLucy Presentation
Lucy PresentationA Lecesse
 
Resumen de la pelicula lucy
Resumen de la pelicula lucyResumen de la pelicula lucy
Resumen de la pelicula lucyBRAYANSTEVEN12
 
Resumen de la película ´´lucy´´
Resumen de la película ´´lucy´´Resumen de la película ´´lucy´´
Resumen de la película ´´lucy´´15955
 
Historia el descubrimiento de lucy
Historia el descubrimiento de lucyHistoria el descubrimiento de lucy
Historia el descubrimiento de lucyfelix
 
Ensayo el hallazgo de lucy
Ensayo el hallazgo de lucyEnsayo el hallazgo de lucy
Ensayo el hallazgo de lucycaustica
 

En vedette (9)

Lucy presentación hipervínculo
Lucy presentación hipervínculoLucy presentación hipervínculo
Lucy presentación hipervínculo
 
Lucy - Desarrollo cerebral.
Lucy - Desarrollo cerebral.Lucy - Desarrollo cerebral.
Lucy - Desarrollo cerebral.
 
Trabajo lucy película
Trabajo lucy películaTrabajo lucy película
Trabajo lucy película
 
Lucy analisis argumentativo
Lucy analisis argumentativo Lucy analisis argumentativo
Lucy analisis argumentativo
 
Lucy Presentation
Lucy PresentationLucy Presentation
Lucy Presentation
 
Resumen de la pelicula lucy
Resumen de la pelicula lucyResumen de la pelicula lucy
Resumen de la pelicula lucy
 
Resumen de la película ´´lucy´´
Resumen de la película ´´lucy´´Resumen de la película ´´lucy´´
Resumen de la película ´´lucy´´
 
Historia el descubrimiento de lucy
Historia el descubrimiento de lucyHistoria el descubrimiento de lucy
Historia el descubrimiento de lucy
 
Ensayo el hallazgo de lucy
Ensayo el hallazgo de lucyEnsayo el hallazgo de lucy
Ensayo el hallazgo de lucy
 

Similaire à Lucy

Homo habilis Brais
Homo habilis BraisHomo habilis Brais
Homo habilis Braisencarnavilla
 
A evolución humana
A evolución humanaA evolución humana
A evolución humanaAna Urbieta
 
Homo erectus
Homo erectusHomo erectus
Homo erectusElena
 
09c a prehistoria
09c a prehistoria09c a prehistoria
09c a prehistoriaroberto
 
Cranios dos homínidos do paleolítico platega
Cranios dos homínidos do paleolítico   plategaCranios dos homínidos do paleolítico   platega
Cranios dos homínidos do paleolítico plategaluisbaltar
 
Hominización
HominizaciónHominización
Hominizaciónangelgago
 
Unidade 9. a prehistoria
Unidade 9. a prehistoriaUnidade 9. a prehistoria
Unidade 9. a prehistoriaAgrela Elvixeo
 
A evolución do ser humano hominidos
A evolución do ser humano hominidosA evolución do ser humano hominidos
A evolución do ser humano hominidosJosé Ramón
 
A evolución do ser humano hominidos
A evolución do ser humano hominidosA evolución do ser humano hominidos
A evolución do ser humano hominidosJosé Ramón
 
Homo neanderthalensis
Homo neanderthalensisHomo neanderthalensis
Homo neanderthalensisElena
 

Similaire à Lucy (20)

Homo habilis Brais
Homo habilis BraisHomo habilis Brais
Homo habilis Brais
 
A evolución humana
A evolución humanaA evolución humana
A evolución humana
 
Homo erectus
Homo erectusHomo erectus
Homo erectus
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoria
 
Tema 5 4_eso_evoluc_biolxca
Tema 5 4_eso_evoluc_biolxcaTema 5 4_eso_evoluc_biolxca
Tema 5 4_eso_evoluc_biolxca
 
09c a prehistoria
09c a prehistoria09c a prehistoria
09c a prehistoria
 
Cranios dos homínidos do paleolítico platega
Cranios dos homínidos do paleolítico   plategaCranios dos homínidos do paleolítico   platega
Cranios dos homínidos do paleolítico platega
 
Hominización
HominizaciónHominización
Hominización
 
Homo Habilis 1
Homo Habilis 1Homo Habilis 1
Homo Habilis 1
 
Homo Habilis 1
Homo Habilis 1Homo Habilis 1
Homo Habilis 1
 
A prehistoriatemaesa
A prehistoriatemaesaA prehistoriatemaesa
A prehistoriatemaesa
 
Unidade 9. a prehistoria
Unidade 9. a prehistoriaUnidade 9. a prehistoria
Unidade 9. a prehistoria
 
Paleolítico
PaleolíticoPaleolítico
Paleolítico
 
Paleolítico
PaleolíticoPaleolítico
Paleolítico
 
A evolución
A evoluciónA evolución
A evolución
 
A evolución do ser humano hominidos
A evolución do ser humano hominidosA evolución do ser humano hominidos
A evolución do ser humano hominidos
 
A evolución do ser humano hominidos
A evolución do ser humano hominidosA evolución do ser humano hominidos
A evolución do ser humano hominidos
 
Tema 2 cmc
Tema 2 cmcTema 2 cmc
Tema 2 cmc
 
Homo neanderthalensis
Homo neanderthalensisHomo neanderthalensis
Homo neanderthalensis
 
PREHISTORIA
PREHISTORIAPREHISTORIA
PREHISTORIA
 

Lucy

  • 1. O PROCESO DE HOMINIZACIÓN E HUMANIZACIÓN
  • 2. LUCY En 1974, en Etiopía, o paleoantropólogo D. Johanson exhumou un conxunto de osos fosilizados. Coñecido como Lucy, é o esqueleto de homínido máis completo da súa época, e o máis famoso Australopithecus afarensis, suposto antepasado de todos os homínidos posteriores, incluídos nós. Á esquerda, recreación dun macho de Australopithecus afarensis.
  • 3. A. AFARENSIS As súas cadeiras, xeonllos e nocellos, permitíanlles andar como os humanos. Pero os seus largos e fortes antebrazos, os seus dedos curvos nos pes e mans, e os seus ombros subidos, indican que tamén trepaban ás árbores. Os machos, acadaban 1,5 m de altura e uns 45 kg de peso, uns 30 cm máis altos e 2/3 máis pesados que as femias.
  • 4. RECONSTRUCCIÓN A. AFARENSIS I A partir dos restos dun cranio, sobre un molde de resina plástica, aplícanse músculos de plastilina. As marcas óseas indican unha grande actividade de masticación, unha nariz ancha e chata, meixelas abucinadas, boca tipo fuciño e orellas na parte posterior da cabeza.
  • 5. RECONSTRUCCIÓN A. AFARENSIS II e III Engádense capas de graxa e pel. Para os toques finais, imaxínase a cor da pel e o tipo de pelo. Introducíronse mechóns de pelo de oso cunha agulla. Para os ollos verquéronse varias capas de plástico acrílico, e pintouse o iris e a córnea en diferentes capas.
  • 6. HOMO HÁBILIS O Homo habilis era unha especie de homínido cun aspecto moito máis humano que o que presentaban os Australopithecus. Tiña un cranio de 650 cm3 a 800 cm3, máis redondeado que o doutros homínidos. Pénsase que o H. habilis era un carnívoro oportunista que se alimentaba de prea cando podía.
  • 7. HOMO HÁBILIS Tiña unha altura parecida á do A. Africanus, de 1.30 metros cun peso medio estimado en 40 kg. Con eles xorde, por primeira vez, a transformación dos materiais en ferramentas.
  • 8. HOMO HÁBILIS A posición bípede coa que se desprazaban provocou nas femias unha redución na pelve, o que ocasionou un adianto nos partos. Isto implicaría un maior tempo adicado á crianza (debido á prematurización do neonato). O que, a súa vez, fixo necesario establecer vínculos sociais fortes que implicaron un desenvolvemento da cultura.
  • 9. HOMO ERGASTER Maior capacidade cranial (900 cm3), toro supraorbital moi marcado, ósos nasais que proxectarían o nariz cara adiante, mandíbula pequena e un esqueleto similar ao dos humanos actuais. A novidade máis importante que proporcionaron foi a súa maior capacitación técnica. O tallado das lascas é máis elaborado, pois modificábanse ambas caras (bifaces).
  • 10. HOMO ERGASTER Considérase, como hipótese, que os H. E. poderían ser os primeiros homínidos en establecer relacións sociais complexas, facilitadas polos inicios de linguaxe oral articulado. O seu cerebro estaría capacitado para elaborar abstraccións rudimentarias. Por ex., se observaban a pegada dun animal é moi probable que rapidamente poideran imaxinar a que animal correspondía aquela pegada.
  • 11. HOMO ERECTUS Habitou principalmente en Asia oriental. Experimentou unha gran dispersión xeográfica. Posuía un volume cranial bastante variable que ía dos 800 aos 1200 cm3. Este volume aumentou co transcorrer da historia do Homo erectus. Tiña un toro supra-orbitario bastante marcado, ademáis dunha mandíbula forte carente de queixo e dentes pequenos.
  • 12. HOMO ERECTUS Femia de Homo Erectus. O seu dimorfismo sexual era maior que no home moderno.
  • 13. HOMO ERECTUS Este homínido era bastante robusto e posuía unha talla de casi 1.80 metros. Miles de ferramentas de tipo lítico foron atopadas en relación co H. Erectus. O H. erectus usaba o lume para cociñar, xa que nas súas covas atopáronse restos de cinzas e carbón vexetal, xunto con sementes queimadas e osos de animais.
  • 14. HOMO ERECTUS Comparativa H. Erectus, Australopitecus afarensis e Homo sapiens
  • 15. HOMO ANTECESSOR Considerada a especie homínida máis antiga de Europa. Son individuos altos, fortes, e co rostro máis moderno, aínda que o seu cerebro era máis pequeno que o do home actual. A definición desta especie é froito dos máis de 80 restos atopados no antigo xacimento de Gran Dolina, na Serra de Atapuerca (Burgos).
  • 16. HOMO ANTECESSOR Na actualidade, a validez desta denominación como especie diferente é defendida polos seus descubridores e outros expertos, que consideran que H. A. precede a H. Heidelbergensis e, polo tanto, é antepasado do Home de Neandertal. Sen embargo, parte da comunidade científica considéraa unha simple denominación, non específica, para referirse a restos atopados en Atapuerca, que eles asignan á especie H. H., ou ben a consideran unha variedade de H. Erectus/H. Ergaster.
  • 17. HOMO HEIDELBERGENSISApodado Individuos moi altos (1,75) e moi fortes (100 kg.). “Goliath”. Considerado ancestro do Home de Neandertal. Tiñan grandes cranios moi aplanados, mandíbulas saíntes e gran abertura nasal. Na Serra de Atapuerca (concretamente na Sima dos ósos) foron atopados máis de 5.000 fósiles, que pertencen a un grupo duns 30 individuos de todas as idades e sexos. Entre os restos humanos recuperados destaca o nº 5, o cranio de H. Heidelbergensis mellor conservado do mundo. Recibe o nome de “Miguelón” en honra a Miguel Indurain.
  • 18. HOME DE NEANDERTAL Era rechoncha, de constitución adecuada para soportar o frío, forte, e cun cerebro maior co noso; os científicos chamaron a esta muller neandertal Krapina 3, pola cova dos Balcáns onde desenterraron o seu cranio. Nesta cova atopáronse cranios con cortes: para algúns significa que lles gustaba a carne humana, outros pensan que se trata de marcas cerimoniais
  • 19. HOME DE NEANDERTAL Tiñan un cerebro máis grande co noso, pero neste caso, o maior tamaño non significa necesariamente maior intelixencia. Algúns expertos cren que os neandertais necesitaban máis neuronas para coordinar a súa masa corporal extra. Tal vez non usaban unha linguaxe tan completa coma a nosa, pero podían comunicarse entre si.
  • 20. HOME DE NEANDERTAL Os Neandertais obrigaban aos uros, especie extinguida de bóvidos xigantes, a dirixirse ás ciénagas antes de rodealos e matalos.
  • 21. HOME DE NEANDERTAL Algúns estudosos compararon as lesións dos neandertais cas das poboacións modernas, e , ao parecer, son os xinetes de rodeo quen sofren traumatismos similares en cabeza e pescozo. Parece que eran incapaces de concibir proxectiles. Clavar as lanzas en lugar de lanzalas poñía aos cazadores nunha situación perigosa.
  • 22. HOME DE NEANDERTAL Catro dos seis esqueletos de neandertais adultos atopados nunha cova en Irak, presentan deformacións por enfermidades ou lesións. Un individuo, chamado Shanidar I sufriu feridas por aplastamento na perna, o nocello e o pe dereitos, un golpe no cranio que probablemente o deixou cego dun ollo, e a amputación do brazo dereito por riba do cóbado. Todas as feridas amosan signos de curación, o que indicaba que o grupo alimentaba, protexía e axudaba aos enfermos ou lisiados.
  • 23. HOME DE NEANDERTAL Os enterros supoñen outro fito na historia da humanidade: un sentido da inmortalidade. A persoa máis anciá de Shanidar viviu uns 45 anos. A maioría dos neandertais non acadaban os 30.
  • 24. HOME DE NEANDERTAL Tal vez neandertais e humanos modernos viviron xuntos durante decenas de miles de anos. Fai uns 50.000 anos, apareceron follas máis delgadas e armas arroxadizas, novas tecnoloxías asociadas aos humanos modernos. Pode ser que houbera unha mutación (quizais novas conexións neurolóxicas) nos cerebros dun grupo de humanos anatomicamente modernos, que vivían en África ou Oriente Medio.
  • 25. HOME DE NEANDERTAL Non sabemos por que desapareceron os neandertais. Arredor de 10.000 anos despois da chegada dos homes modernos a Europa, acaba todo indicio de vida neandertal. É posible que os humanos modernos conquistaran e destruíran aos neandertais. Pode ser que aqueles introduciran novas enfermidades mortais. Quizá houbo un cruce entre ambos. Ou ben extinguíronse lentamente, incapaces de competir cuns humanos máis adaptables ao medio.
  • 26. HOME DE NEANDERTAL Hoxe en día podemos descartar unha das hipóteses anteriores. Moi recentemente, un grupo de científicos españois secuenciaron o primeiro ADN mitocondrial de restos neandertais na península ibérica, de 43.000 anos de idade, achados no xacemento asturiano de El Sidrón. O traballo conclúe que non houbo intercambio entre neandertais e sapiens, xa que ningún europeo ten nada no seu ADN que sexa parecido ao destes.
  • 27. HOME DE NEANDERTAL Unha exposición no Museo Neandertal de Erkrath, Alemania, rende honras ao Neandertal.
  • 28. HOME DE NEANDERTAL A península Ibérica (Xibraltar), quizais foi o último refuxio dos Neandertais. Non se aventuraron máis alá, aínda que África estea a uns poucos kms. ao outro lado do Estreito. Este é un máis dos misterios dos neandertais xa que, naquelas datas, os humanos cruzaban no resto do mundo distancias acuáticas moito maiores. Tal vez non eran curiosos? O que podemos afirmar é que, durante máis de 200.000 anos os neandertais adaptáronse a un mundo duro e desafiante. Poderemos nós dicir o mesmo?
  • 30. HOMO SAPIENS A hipótese máis sostida hoxe en día afirma que os humanos modernos surdiron en África fai uns 500.000 anos, e dende alí, expandíronse polo mundo. Os restos máis antigos, atopados no Lago Turkana, Kenia, pertencen a un Homo sapiens arcaico que viviu fai 270.000 anos. Outros fósiles máis recientes son os achados en Etiopía (uns 200.000 anos), Sudáfrica e Israel (duns 100.000 a 90.000 anos de antigüidade)
  • 31. HOMO SAPIENS Naquela época, o norte de Europa, Siberia, Australia e toda América estaban deshabitadas. O Homo sapiens ocupaba boa parte do continente africano, os neandertais (especie autóctona europea) estendíanse desde a Península Ibérica ata Uzbekistán, Asia Central, e no sudeste asiático vivía o primitivo Homo Erectus, cuxo representante máis importante é o home de Xava. A esquerda, esqueleto de cromagnon atopado na República checa.
  • 32. HOMO FLORESIENSES Un descendente do home de Xava, o Homo floresienses, evolucionou dunha forma moi particular na pequena illa Indonesia de Flores, fai 18.000 anos. Tiña unha altura aproximada de case 1 m., e un peso duns 25 kg. Tiña brazos relativamente largos e un cerebro pequeno, 380 cm3, fronte aos nosos 1600. Coñecía o lume e usaba ferramentas de pedra. De feito, unha análise da superficie interior do seu cranio, descuberto en 2003, pon de manifesto que posuía un cerebro complexo, creativo e innovador, capaz, por exemplo, de realizar ferramentas líticas complexas.
  • 33. HOMO SAPIENSpoboacións eran moi As tres primitivas en canto a ferramentas, conduta, e limitada capacidade de innovación. Nada facía pensar que ningunha se impuxera sobre as demais. Pero nalgún momento da última glaciación, o desexo de expansión apoderouse do Homo sapiens e abandonou o seu berce africano. Fai 40.000 anos estendeuse por Eurasia. Moitos autores sosteñen que incluso chegou a Australia antes, fai máis de 50.000 anos. Pero o que é seguro é que tiveron que utilizar algún tipo de embarcación para atravesar os 100 km que separaban Australia e Asia. Estes individuos similares a nós, son coñecidos como Home de Cro-Magnon.
  • 34. HOMO SAPIENS Co Homo sapiens, a tecnoloxía acadou o seu máximo expoñente, cunha extensa variedade de instrumentos, moi especializados, fabricados con tal mestría que, a igualdade de peso, eran dez veces máis afiados cos anteriores. Por primeira vez, tállase o oso, a cornamenta e o marfil e combínanse diferentes materiais para fabricar utensilios máis eficaces.
  • 35. HOMO SAPIENS Arriba observamos a fabricación basta de machadas de pedra correspondentes aos H. Erectus. Máis abaixo aparece a máis mellorada i eficiente tecnoloxía Neandertal. Na anterior diapositiva aparece unha elaboración moito máis complexa, que require de varias ferramentas. As súas machadas eran cómodas de manexar, de corte limpo, lixeiras... O tempo de preparación oscilaba entre 1 hora e 2 semanas. Aparece, así, a especialización.
  • 36. HOMO SAPIENS Os cromagnons inventaron armas de caza e artes de pesca que permitían cobrar todo tipo de pezas a distancia e, polo tanto, con maior seguridade. O home converteuse, así, nun eficaz depredador. A extinción de moitos animais que sobreviviran a anteriores glaciacións puido ser causada, en boa parte, pola actividade cinexética do ser humano. Así, desapareceu o mamut, os grandes búfalos, os canguros xigantes... Arriba, arroxa-lanzas, abaixo, punta de lanza separable en tres segmentos.
  • 37. HOMO SAPIENS A mellor adaptación ao medio permitiu a expansión demográfica dos cromagnons e a súa expansión polos cinco continentes. A colonización das xélidas Rusia e Siberia foi posible grazas ao invento da agulla, a construción de cabanas con osos e cabeiros de mamut cubertos con pel de animais, e cun lugar especial para o lume... Cara o nordeste, a emersión do estreito de Bering dou acceso a unha América deshabitada. Fai uns 27.000 anos, o home chegou a Alaska e, en apenas dous milenios, acadou a Tierra del Fuego.
  • 38. A EVA DE ÉBANO Os estudios xenéticos parecen confirmar a evidencia fósil sobre a orixe africana da humanidade. En 1987 publicouse un traballo comparativo do ADNmt, presente nas mitocondrias –as fábricas de enerxía no interior das células, que se transmiten de nais a fillos-, de 147 persoas pertencentes a cinco poboacións xeográficas de África, Asia, Australia, Nova Guinea e Europa. A conclusión foi que os humanos temos unha orixe africana feminina común datado datado nuns 200.000 anos: a Eva negra ou Eva mitocondrial.
  • 39.