SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  35
TEMA 9. A LITERATURA DO EXILIO ENTRE    1936 E 1976:  POESÍA, PROSA E TEATRO LITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXI
Recoméndase realizar o visionado desta presentación estando  conectado a Internet.  Deste  xeito poderá  accederse  ás  ligazóns   que ao longo dela se propoñen Clicando  sobre estes símbolos obterase a seguinte in- formación, procedente  de distintos recursos web ou  cargadas na propia presentación: Información sobre un autor citado Información complementaria sobre un  determinado asunto ou texto literario  Ligazón a un arquivo de vídeo Arquivo  de  audio:  poema  musicado, lectura dun texto...
CONTEXTO HISTÓRICO
CONTEXTO HISTÓRICO Este período literario aparece fondamente marcado pola Guerra Civil e as consecuencias políticas e sociais que dela se derivaron.  ►   Grande represión cultural e lingüística durante a ditadura fran- quista en Galiza, que provoca o exilio de numerosos intelectuais  comprometidos co nacionalismo, o republicanismo ou simplemen- te coa democracia ►   Ante a práctica imposibilidade de publicar en galego até a dé- cada dos 50 no noso país, cobra unha vital importancia a acti- vidade cultural do exilio ►   O exilio galego conta cunha peculiaridade importante: a exis- tencia dunha infraestrutura asociativa estábel en moitos países  de Latinoamérica creada por intelectuais que xa vivían na emi- gración antes da irrupción da Ditadura ►   En consecuencia, a práctica totalidade do exilio galego diríxese  cara a eses países do continente americano
A HABANA  CARACAS MÉXICO D.F. MONTEVIDEO BUENOS AIRES Principais cidades da actividade do exilio
Etapas na actividade literaria do exilio Concéntrase en América toda a nosa produción literaria. Publícanse obras importantes como  Jacobusland  (1942) de Emilio Pita,  Catro poe-mas pra catro grabados  (1944) de Lorenzo Va-rela ou  Sempre en Galiza  (1944) de Castelao 1939-1950 Fundadas en Galiza Galaxia e outras editoriais, asactividades do interior e da diáspora  com-pleméntanse. Publícanse en América obras que a censura española non tolera, como  A esmorga  (1959) de Blanco Amor 1950-1960 A expresión cultural en galego vai adquirindo unha certa normalidade en Galiza e comezan a publicarse obras dos exiliados. Algúns destes inician o proceso gradual de regreso ao noso país xa antes da chegada da democracia 1960-1975
CENTRO GALEGO DA HABANA A S  A G R U P C I Ó N S  D E  G A L E G O S IRMANDADE GALEGA DE CARACAS CENTRO GALEGO DE BUENOS AIRES O labor desempeñado polos exiliados galegos foi  variado e intenso, tanto no campo cultural como no político. A existencia previa de ba-ses estábeis de asociacionismo dos galegos emigrados, centradas en boa parte nos centros galegos e nas asociacións culturais, foi esen-cial para a eficacia do seu traballo
E D I T O R I A I S ,  X O R N A I S  E  R E V I S T A S Fúndanse editoriais ( Emecé, Alborada ), coleccións bibliográficas (“Hórreo”, “Dorna”), xornais ( Galicia, Opinión gallega ) e revistas ( Vieiros, Galicia emigrante, De mar a mar )
C O N F E R E N C I A S  E  E X P O S I C I Ó N S Conferencia de Blanco Amor no Centro Galego de Caracas nos Actos polo III aniversario da morte de Castelao (1953) O labor político céntrase na realización de exposicións e conferen-cias en apoio á causa republicana e en defensa da identidade galega, sendo neste campo a figura de Castelao, membro do Goberno Repu-blicano no Exilio e autor do texto teórico máis importante do nacio-nalismo ( Sempre en Galiza ), o principal referente
C O N F E R  E N C I A S  E  E X P O S I C I Ó N S Conferencia de Blanco Amor no Centro Galego de Caracas nos Actos polo III aniversario da morte de Castelao (1953) O labor político céntrase na realización de exposicións e conferen-cias en apoio á causa republicana e en defensa da identidade galega, sendo neste campo a figura de Castelao, membro do Goberno Repu-blicano no Exilio e autor do texto teórico máis importante do nacio-nalismo ( Sempre en Galiza ), o principal referente
A U D I C I Ó N S  R A D I O F Ó N I C A S En Arxentina, realízanse desde 1945 varios programas radiofónicos con temática cultural galega: “A hora Iberoamericana” en Radio del Pueblo, que conta coa colaboración de  Tacholas , “Recordando a Ga-licia” en Radio Ribadavia, dirixida por Maruja Villanueva, “La voz de Galicia”, dirixida por  Tacholas  e coa colaboración de Blanco Amor...
E S P E C T Á C U L O S  T E A T R A I S Lévase a cabo unha intensa actividade teatral, tanto a nivel de pequenas asociacións, como a nivel de grandes producións. Neste campo cómpre salientar a estrea da obra de Castelao  Os vellos non deben de namorarse  en 1941 en Buenos Aires e o labor do Teatro Popular Galego de Blanco Amor O Teatro Solís de Montevideo
E S P E C T Á C U L O S  T E A T R A I S Lévase a cabo unha intensa actividade teatral, tanto a nivel de pequenas asociacións, como a nivel de grandes producións. Neste campo cómpre salientar a estrea da obra de Castelao  Os vellos non deben de namorarse  en 1941 en Buenos Aires e o labor do Teatro Popular Galego de Blanco Amor O Teatro Solís de Montevideo O Teatro Popular Galego, dirixido por Blanco Amor
LUÍS SEOANE AUTORES DE POESÍA Fardel de eisilado  Na brétema As cicatrices A maior abondamento Artista polifacético, destaca polo seu labor nas artes plásticas. Como poeta, móvese dentro da temática social, con predominio do tema da emigración, cun estilo que tende ao coloquia-lismo e no que destaca o verso longo e un mar-cado ton épico P  •  O  •  E  •  S  •  Í  •  A TEXTO
LORENZO VARELA Catro poemas pra catro  gravados  Lonxe Os temas recorrentes da súa obra, inscrita na órbita da poesía social, son a reconstrución histórica desde o punto de vista das clases populares e a saudade da terra, provocada pola distancia do exilio P  •  O  •  E  •  S  •  Í  •  A AUTORES DE POESÍA TEXTO
N  •  A  •  R  •  R  •  A •  T  •  I •  V •  A AUTORES DE NARRATIVA Vilardebós O silencio redimido Nas súas novelas, de carácter autobiográfico, relata a súa infancia na súa aldea natal ( Vilardebós ) e a súa aventura para lograr fuxir da España de Franco e exiliarse en Caracas ( O silencio redimido ). SILVIO SANTIAGO
N  •  A  •  R  •  R  •  A •  T  •  I •  V •  A AUTORES DE NARRATIVA Non agardarei por ninguén Era tempo de apandar O naranxo A súa primeira novela, publicada en Buenos Aires, relata as peripecias de Gonzalo Ozores (trasunto do propio autor), guerrilleiro nos mon-tes de Galiza e soldado na fronte de batalla. En  Era tempo de apandar  céntrase na súa ex-periencia no exilio e nos cárceres franquistas RAMÓN DE VALENZUELA
N  •  A  •  R  •  R  •  A •  T  •  I •  V •  A AUTORES DE NARRATIVA A esmorga Os biosbardos Xente ao lonxe A primeira novela deste autor (estudado no tema 6) é unha das principais obras escritas no exilio (Buenos Aires, 1958) e unha das princi-pais referencias da  narrativa galega E. BLANCO AMOR
[object Object],[object Object],[object Object],A esmorga ,[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],TEXTO
Os tres vellos representan distintos sectores da sociedade da época: o burgués de formación universitaria (D. Saturio), o fidalgo en decadencia (D. Ramón) e o labrego rico (Sr. Fuco). As tres mozas pertencen a un estrato social inferior ao dos vellos. Aparecen caracterizadas negativamente; é a súa deshonestidade e o seu materialismo o que provoca a desgraza dos vellos. T  •  E  •  A  •  T  •  R  •  O AUTORES DE TEATRO Os vellos non deben de  namorarse Estreada en Buenos Aires en 1941, foi concibida como unha “síntese estética”, un espectáculo artístico integral composto por texto, efectos escenográficos moi elaborados, música e danza. En tres actos de grande simetría, seguidos por un epílogo, presenta tres versións diferentes dunha mesma historia: un vello paga coa morte o seu namoramento dunha rapariga nova A.R.CASTELAO
 
A súa obra dramática divídese en  farsas , pezas imaxinativas, cheas de elementos fantásticos e satíricos, con personaxes esquemáticos e esce-nografía austera (“Romance de Micomicón e Ad-helala”, “Un refaixo para Celestina”) e  autos , pezas de realismo costumista que recrean personaxes e situacións do mundo rural galego (“Anxélica no ombral do ceio”, “A verdade vestida”) T  •  E  •  A  •  T  •  R  •  O AUTORES DE TEATRO Farsas para títeres Teatro pra a xente E. BLANCO AMOR
“ Romance de Mico- micón e Adhelala” (Sarabela Teatro) “ Anxélica no  ombral do ceio” (Monicreques  de Kukas) “ Un refaixo para  Celestina” (CDG)
Participa como actor e director nas compañías Aires da Terra e Maruja Villanueva, de Arxentina e escribe numerosas comedias de corte ruralista e costumista, non exentas de crítica social, que alcanzan grande popularidade e son moi representadas, tanto no exilio como nos escenarios galegos T  •  E  •  A  •  T  •  R  •  O AUTORES DE TEATRO A xustiza dun muiñeiro O ferreiro de Santán O cego de Fornelos M.VARELA BUXÁN
Presenta unha temática histórica n’  A soldadei-ra  e n’  O irlandés astrólogo  (a revolución irman-diña do séc. XV e  a persecución da liberdade individual pola Inquisición no séc. XVII, respec-tivamente) e contemporánea en  Esquema de farsa  (denuncia da falsa visión dada polas auto-ridades franquistas da vida dos emigrados) T  •  E  •  A  •  T  •  R  •  O AUTORES DE TEATRO A soldadeira Esquema de farsa O irlandés astrólogo LUIS SEOANE
A LITERATURA DO EXILIO ENTRE 1936 E 1976 ESQUEMA PARA IMPRIMIR ETAPAS NA ACTIVIDADE LITERARIA DO EXILIO ►  1939-1950:  Concéntrase en América toda a nosa produción literaria. Publícanse obras importantes como  Jaco- busland  (1942) de Emilio Pita,  Catro poemas pra catro grabados  (1944) de Lorenzo Varela ou  Sempre en Galiza   (1944) de Castelao ►  1950-1960 : Fundadas en Galiza Galaxia e outras editoriais, a actividade do interior e da diáspora compleméntan- se. Publícanse en América obras que a censura española non tolera, como  A esmorga  (1959) de Blanco Amor ►  1960-1975 : A expresión cultural en galego vai adquirindo unha certa normalidade en Galiza e comezan a publi- carse obras dos exiliados. Algúns destes inician o proceso gradual de regreso ao noso país xa antes da chegada da  democracia ACTIVIDADES REALIZADAS ►  Actividade cultural e política centrada nos  centros galegos e asociacións culturais  de Buenos Aires, Montevideo,  Caracas, México e A Habana, principlamente ►  Fúndanse editoriais (Emecé, Alborada), coleccións bibliográficas (“Hórreo”, “Dorna”),  xornais  ( Galicia, Opinión ga- llega ) e  revistas  ( Vieiros, Galicia emigrante, De mar a mar )  ►  Realízanse  exposicións e conferencias  en apoio á causa republicana e en defensa da identidade galega, sendo nes- te campo a figura de Castelao, autor do texto teórico máis importante do nacionalismo ( Sempre en Galiza ), o prin- cipal referente ►  En Arxentina, realízanse  programas radiofónicos  con temática cultural galega: “A hora Iberoamericana” en Radio  del Pueblo, “Recordando a Galicia” en Radio Ribadavia, “La voz de Galicia” (na que colabora Blanco Amor) ►  Lévase a cabo unha intensa  actividade teatral .  Neste terreo cómpre  salientar a estrea da obra de Castelao  Os  vellos non deben de namorarse  en 1941 en Buenos Aires e o labor do Teatro Popular Galego de Blanco Amor
AUTORES ►  POESÍA -  Luís Seoane .  Artista polifacético, destaca polo seu labor nas artes plásticas.  Como poeta, móvese dentro da  temática social, con predominio do tema da emigración, cun estilo que tende ao coloquialismo e no que destaca  o verso longo e un marcado ton épico ( Fardel de eisilado, Na brétema, As cicatrices, A maior abondamento ) -  Lorenzo Varela.  Os temas recorrentes da súa obra,  inscrita na órbita da  poesía social, son a reconstrución  histórica desde o punto de vista das clases populares e a saudade da terra, provocada pola distancia do exilio.  ( Catro poemas pra catro gravados, Lonxe ) ►  NARRATIVA -  Silvio Santiago.  Nas súas novelas, de carácter autobiográfico, relata a súa infancia na súa aldea natal   ( Vilar- debós ) e a súa aventura para lograr fuxir da España de Franco e exiliarse en Caracas ( O silencio redimido ) -  Ramón de Valenzuela . A súa primeira novela ( Non agardarei por ninguén ), publicada en Buenos Aires, relata  as peripecias de  Gonzalo Ozores (trasunto do propio autor), guerrilleiro nos montes de Galiza e soldado na fron-  te de batalla. En  Era tempo de apandar   céntrase na súa experiencia no exilio e nos cárceres franquistas -  E.Blanco Amor . A súa primeira novela,  A esmorga , é unha das principais obras escritas no exilio é unha das no- velas máis importantes e influentes da literatura galega. Conta a historia de tres homes que, durante un día de  esmorga,  viven unha serie de tráxicas peripecias que os conducen inexorabelmente á morte. É unha novela de  vocación sociolóxica que presenta importantes innovacións técnicas, temáticas e expresivas ►  TEATRO -  A. R. Castelao.  Estreada en Buenos Aires en 1941,  Os vellos non deben de namorarse  foi concibida como unha  “síntese estética”,  un espectáculo artístico integral composto por texto, efectos escenográficos moi elabora- dos, música e danza. En tres actos de grande simetría, seguidos por un epílogo, presenta tres versións dife- rentes dunha mesma historia: un vello paga coa morte o seu namoramento dunha rapariga nova -  E.Blanco Amor .  A súa obra dramática  ( Farsas para títeres  e  Teatro pra a xente )  divídese en farsas,  pezas  imaxinativas, cheas de elementos fantásticos e satíricos, con personaxes esquemáticos e escenografía austera  e autos, pezas de realismo costumista que recrean personaxes e situcións do mundo rural galego -  M. Varela Buxán . Ademais de actor e produtor, escribe numerosas comedias de corte ruralista e costumista,  non exentas de crítica social, que alcanzan grande popularidade e son moi representadas, tanto no exilio como  nos escenarios galegos ( A xustiza dun muiñeiro, O ferreiro de Santán, O cego de Fornelos ) -  Luís Seoane .  Presenta temática histórica  n’  A soldadeira  e n’  O irlandés astrólogo  (a revolución irmandiña do  séc. XV e  a persecución da liberdade individual pola Inquisición no séc. XVII) e contamporánea en  Esquema de  farsa  (denuncia da falsa visión dada polas autoridades franquistas da vida dos emigrados)
A LITERATURA DO EXILIO ENTRE 1936 E 1976 ACTIVIDADES 1 1 .- Le este  artigo  sobre a curiosa historia de Antonio Alonso Ríos, o  siñor Afranio , e visiona  o  tráiler da película   que se fixo sobre a súa vida. Reflexiona sobre o alcance da repre- sión franquista na posguerra para que se puidesen dar situacións como esta. Tamén podes  ver a curtametraxe  1939, un berro no silencio , sobre esta mesma temática 2 .-  Le o poema dedicado A Roi Xordo, de Lorenzo Varela, e reali- za as actividades propostas nas páxinas 29-30 (69-70) desta  unidade  didáctica  sobre Lorenzo Varela .-  A seguinte ligazón da acceso a un fragmento de vídeo da obra de teatro de Luís Seoane  O  irlandés  astrólogo . Nela abórdase o tema da represión da Inquisición na Galiza do sé- culo XVII. Destaca os paralelismos entre esa época e a situación histórica na que foi  escrita (1959) 3
2 4 .- Le o 2º acto d’  OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE   , visiona estes fragmentos  do  mesmo:  VELLOS-1  e  VELLOS-2  e responde a estas cuestións: ►  Caracterización persoal e social do personaxe do vello ►   En medio de que celebración se desenvolve a acción? Cal é a funcionalidade dos choqueiros? ►   Cal é o interese da moza a respecto do vello e que consecuencias provoca neste? A LITERATURA DO EXILIO ENTRE 1936 E 1976 ACTIVIDADES
PROCEDENCIA DAS IMAXES EMPREGADAS Colocando o punteiro sobre as imaxes, vense as referencias das páxinas web  de onde foron tiradas. Picando nelas, accédese directamente a esas páxinas
 
“ A DERRADEIRA IMAXE” Seis ou sete séculos despois. Denantes ou despois. ¡Que máis ten!... Puido ter sido mil trescentos trinta e seis Ou mil catrocentos trinta e seis Tocaban a morto e non o sabían os culpables. Tódalas campás da cidade tocan a morto dendentón Foi mil novecentos trinta e seis. Ogallá endexamais poida ser. Eran soio ceibes a mar e os paxaros. A filla do zapateiro, ou do ferreiro, ou do xastre, era levada en camisa polas rúas, Marcadas a fogo tres letras na fronte, a cabeza enfeitada, escarnecida,  despoxada dos longos rizos loiros. Berrábanlle as letras da fronte. Eran soio ceibes a mar e os paxaros.
Deixaron caír asasinados sobor das gavias Os homes que soñaron un mundo difrente. Á beira dos cadavres vivían abraiadas as lagartixas verdes, os insectos, as plantas, a terra e a auga.  A eles somente non lles tiñan permitido vivir máis. Soio eran ceibes a mar e os paxaros. A eses estudantes de pousadas pobres da Rúa de San Pedro,  do Campo do Galo, da Rúa das Hortas, de bairros pobres, de aldeas pobres. de  país pobre, estudantes de “pan e sardiña”, con libros amostrándose polos petos deformados dos vellos abrigos con lixaduras, tíñanos matado ao abrente á beira dos camiños. Un preto can vagabundo os velaba. Eran soio ceibes o mar e os paxaros [...] (LUÍS SEOANE:  Na brétema ) VOLVER A L. SEOANE
“ A DERRADEIRA IMAXE” Compañeiros da miña xeración mortos ou asesiñados ¡Tan doce era a xuntanza miña e vosa, de todos nós co mundo! Facíamos un feixe de campos e de estrelas, e ó pisar ise chao que latexaba sentíamos subir pola sangue o misterio. O noso corpo era o camiño da maxia, a escada pola que viña a lúa, o zume de todol-os segredos, a canzón da herba que resucitóu. E o mismo verme era unha folla leda, un mensaxeiro do sagrado alén. Morréchedes, matáronvos, deixáronme. Quedéi eiquí, lonxe das vosas sombras. E gardo, coma un morto, no centro do silenzo, da sede, da agonía, o día que vos poda levar á sepultura unha cesta de pombas e mazás. ¡Tan doce era a xuntanza miña e vosa, de todos nós co mundo! (LORENZO VARELA,  Lonxe ) VOLVER A L. VARELA
VOLVER A  A ESMORGA - -Non señor, non lle foi eisí como está nise papel que léron, que os papéis teñen conta do que lle poñen enriba, anque non foi moito o que entendín. Eiquí, o siñor, bulía moito a ler, e a máis diso non estamos moi afeitos a ouvir lér en castelán, que eiquí nono falamos; e cando un que non sexa señorito se bota a falalo, decímoslle que fala castrapo... Pro, con todo, non foi eisí anque o diga a Guardia Civil, a tía Esquilacha ou o sulsuncordia, con premiso da súa cara. Nin do escomenzo das cousas, nin do que veu dimpóis nin do remate, ninguén sabe nada porque ninguén viu nada, ou si o viron non repararon, que unha cousa é vere e outra reparare. - -Eu, coma xa dixen, que eiquí nono apuntaron, ía pra o meu traballo, eisí Deus me dea, que endexamáis saíra da miña casa, ou da casa da Raxada, que pra o conto ven sere o mesmo, tan determiñado a ir pra o traballo. [...] (E.  BLANCO AMOR:  A esmorga )

Contenu connexe

Tendances

Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Marlou
 
A poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduraA poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduratrafegandoronseis
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioRomán Landín
 
castelao
castelaocastelao
castelaoxenevra
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegasnoagaliza
 
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)A profa Pilar Ponte
 
cabanillas
cabanillascabanillas
cabanillasxenevra
 
Esquemas. a poesía das Irmandades da Fala
Esquemas. a poesía das Irmandades da FalaEsquemas. a poesía das Irmandades da Fala
Esquemas. a poesía das Irmandades da FalaMarlou
 
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxiLourenço Alvarez Ruiz
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXxenevra
 
A literatura do exilio entre 1936 e 1976
A literatura do exilio entre 1936 e 1976A literatura do exilio entre 1936 e 1976
A literatura do exilio entre 1936 e 1976trafegandoronseis
 
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGA narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGtrafegandoronseis
 
As vangardas en galicia
As vangardas en galiciaAs vangardas en galicia
As vangardas en galiciaXesús Amboaxe
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Román Landín
 
Les tendencies més rellevants de la poesia de postguerra...alba i cristina
Les tendencies més rellevants de la poesia de postguerra...alba i cristinaLes tendencies més rellevants de la poesia de postguerra...alba i cristina
Les tendencies més rellevants de la poesia de postguerra...alba i cristinaAmparo
 

Tendances (20)

Ramón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayoRamón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayo
 
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
 
A poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduraA poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditadura
 
risco
riscorisco
risco
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
castelao
castelaocastelao
castelao
 
O teatro no tempo das if
O teatro no tempo das ifO teatro no tempo das if
O teatro no tempo das if
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegas
 
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
 
cabanillas
cabanillascabanillas
cabanillas
 
7. A nova narrativa galega
7. A nova narrativa galega7. A nova narrativa galega
7. A nova narrativa galega
 
Esquemas. a poesía das Irmandades da Fala
Esquemas. a poesía das Irmandades da FalaEsquemas. a poesía das Irmandades da Fala
Esquemas. a poesía das Irmandades da Fala
 
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XX
 
A literatura do exilio entre 1936 e 1976
A literatura do exilio entre 1936 e 1976A literatura do exilio entre 1936 e 1976
A literatura do exilio entre 1936 e 1976
 
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGA narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
 
As vangardas en galicia
As vangardas en galiciaAs vangardas en galicia
As vangardas en galicia
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
 
Les tendencies més rellevants de la poesia de postguerra...alba i cristina
Les tendencies més rellevants de la poesia de postguerra...alba i cristinaLes tendencies més rellevants de la poesia de postguerra...alba i cristina
Les tendencies més rellevants de la poesia de postguerra...alba i cristina
 

En vedette

6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira VilasLourenço Alvarez Ruiz
 
A poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduraA poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduratrafegandoronseis
 
Narrativa De Postguerra
Narrativa De PostguerraNarrativa De Postguerra
Narrativa De Postguerradorneiro
 
2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XX2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XXxenevra
 
Programa Congreso Internacional Buenos Aires
Programa Congreso Internacional Buenos AiresPrograma Congreso Internacional Buenos Aires
Programa Congreso Internacional Buenos Airesrmplugo
 
Traballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquista
Traballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquistaTraballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquista
Traballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquistaMarlou
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xeraisLourenço Alvarez Ruiz
 
Eduardo Blanco Amor
Eduardo Blanco AmorEduardo Blanco Amor
Eduardo Blanco AmorSambade
 
4.exemplo. actividades bioloxia a esmorga
4.exemplo. actividades bioloxia a esmorga4.exemplo. actividades bioloxia a esmorga
4.exemplo. actividades bioloxia a esmorgavictorefisica1
 
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxiLourenço Alvarez Ruiz
 

En vedette (20)

8. O teatro galego entre 1936 e 1976
8. O teatro galego entre 1936 e 19768. O teatro galego entre 1936 e 1976
8. O teatro galego entre 1936 e 1976
 
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
 
Exilio
ExilioExilio
Exilio
 
Lingua Galega Posguerra
Lingua Galega PosguerraLingua Galega Posguerra
Lingua Galega Posguerra
 
A poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduraA poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditadura
 
Narrativa De Postguerra
Narrativa De PostguerraNarrativa De Postguerra
Narrativa De Postguerra
 
A literatura do exilio
A literatura do exilioA literatura do exilio
A literatura do exilio
 
Sintaxe tradicional
Sintaxe tradicionalSintaxe tradicional
Sintaxe tradicional
 
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 19765. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
 
2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XX2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XX
 
Programa Congreso Internacional Buenos Aires
Programa Congreso Internacional Buenos AiresPrograma Congreso Internacional Buenos Aires
Programa Congreso Internacional Buenos Aires
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Mendez ferrin
Mendez ferrinMendez ferrin
Mendez ferrin
 
Traballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquista
Traballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquistaTraballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquista
Traballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquista
 
A esmorga (fragmento)
A esmorga (fragmento)A esmorga (fragmento)
A esmorga (fragmento)
 
Carmen Blanco
Carmen Blanco Carmen Blanco
Carmen Blanco
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
 
Eduardo Blanco Amor
Eduardo Blanco AmorEduardo Blanco Amor
Eduardo Blanco Amor
 
4.exemplo. actividades bioloxia a esmorga
4.exemplo. actividades bioloxia a esmorga4.exemplo. actividades bioloxia a esmorga
4.exemplo. actividades bioloxia a esmorga
 
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
 

Similaire à 9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976

Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.xenevra
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010xenevra
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010xenevra
 
tema9_2010
tema9_2010tema9_2010
tema9_2010xenevra
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20xenevra
 
Tres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegaTres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegatrafegandoronseis
 
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)Marlou
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Román Landín
 
TEMA 4 TEATRO IRMANDADES, VANGARDA, NOS
TEMA 4 TEATRO IRMANDADES, VANGARDA, NOSTEMA 4 TEATRO IRMANDADES, VANGARDA, NOS
TEMA 4 TEATRO IRMANDADES, VANGARDA, NOSxenevra
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nósxenevra
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21xenevra
 
Lite posguerra
Lite posguerraLite posguerra
Lite posguerramelixanro
 

Similaire à 9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976 (20)

Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010
 
tema9_2010
tema9_2010tema9_2010
tema9_2010
 
Literatura 9
Literatura 9Literatura 9
Literatura 9
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20
 
Tres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegaTres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galega
 
A prosa das Irmandades
A prosa das IrmandadesA prosa das Irmandades
A prosa das Irmandades
 
Alvarez BláZquez
Alvarez BláZquezAlvarez BláZquez
Alvarez BláZquez
 
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
 
1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala
 
Otero pedrayo
Otero pedrayoOtero pedrayo
Otero pedrayo
 
pedrayo
pedrayopedrayo
pedrayo
 
Literaturadoexilio
LiteraturadoexilioLiteraturadoexilio
Literaturadoexilio
 
"A esmorga", de Blanco Amor
"A esmorga", de Blanco Amor"A esmorga", de Blanco Amor
"A esmorga", de Blanco Amor
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)
 
TEMA 4 TEATRO IRMANDADES, VANGARDA, NOS
TEMA 4 TEATRO IRMANDADES, VANGARDA, NOSTEMA 4 TEATRO IRMANDADES, VANGARDA, NOS
TEMA 4 TEATRO IRMANDADES, VANGARDA, NOS
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nós
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
 
Lite posguerra
Lite posguerraLite posguerra
Lite posguerra
 

Plus de Lourenço Alvarez Ruiz (13)

Aspectos de Semántica. Material de apoio
Aspectos de Semántica. Material de apoioAspectos de Semántica. Material de apoio
Aspectos de Semántica. Material de apoio
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
 
4. o teatro do 1º terzo do séc. xx
4. o teatro do 1º terzo do séc. xx4. o teatro do 1º terzo do séc. xx
4. o teatro do 1º terzo do séc. xx
 
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
 
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
 
Poesía experimental
Poesía experimentalPoesía experimental
Poesía experimental
 
TEORÍA DA LITERATURA (NARRATIVA)
TEORÍA DA LITERATURA (NARRATIVA)TEORÍA DA LITERATURA (NARRATIVA)
TEORÍA DA LITERATURA (NARRATIVA)
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegas
 
Entroido 2
Entroido 2Entroido 2
Entroido 2
 
Entroido 1
Entroido 1Entroido 1
Entroido 1
 
Entroido 3
Entroido 3Entroido 3
Entroido 3
 
Xeografia De Galiza
Xeografia De GalizaXeografia De Galiza
Xeografia De Galiza
 
Vangardas-1
Vangardas-1Vangardas-1
Vangardas-1
 

9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976

  • 1. TEMA 9. A LITERATURA DO EXILIO ENTRE 1936 E 1976: POESÍA, PROSA E TEATRO LITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXI
  • 2. Recoméndase realizar o visionado desta presentación estando conectado a Internet. Deste xeito poderá accederse ás ligazóns que ao longo dela se propoñen Clicando sobre estes símbolos obterase a seguinte in- formación, procedente de distintos recursos web ou cargadas na propia presentación: Información sobre un autor citado Información complementaria sobre un determinado asunto ou texto literario Ligazón a un arquivo de vídeo Arquivo de audio: poema musicado, lectura dun texto...
  • 4. CONTEXTO HISTÓRICO Este período literario aparece fondamente marcado pola Guerra Civil e as consecuencias políticas e sociais que dela se derivaron. ► Grande represión cultural e lingüística durante a ditadura fran- quista en Galiza, que provoca o exilio de numerosos intelectuais comprometidos co nacionalismo, o republicanismo ou simplemen- te coa democracia ► Ante a práctica imposibilidade de publicar en galego até a dé- cada dos 50 no noso país, cobra unha vital importancia a acti- vidade cultural do exilio ► O exilio galego conta cunha peculiaridade importante: a exis- tencia dunha infraestrutura asociativa estábel en moitos países de Latinoamérica creada por intelectuais que xa vivían na emi- gración antes da irrupción da Ditadura ► En consecuencia, a práctica totalidade do exilio galego diríxese cara a eses países do continente americano
  • 5. A HABANA CARACAS MÉXICO D.F. MONTEVIDEO BUENOS AIRES Principais cidades da actividade do exilio
  • 6. Etapas na actividade literaria do exilio Concéntrase en América toda a nosa produción literaria. Publícanse obras importantes como Jacobusland (1942) de Emilio Pita, Catro poe-mas pra catro grabados (1944) de Lorenzo Va-rela ou Sempre en Galiza (1944) de Castelao 1939-1950 Fundadas en Galiza Galaxia e outras editoriais, asactividades do interior e da diáspora com-pleméntanse. Publícanse en América obras que a censura española non tolera, como A esmorga (1959) de Blanco Amor 1950-1960 A expresión cultural en galego vai adquirindo unha certa normalidade en Galiza e comezan a publicarse obras dos exiliados. Algúns destes inician o proceso gradual de regreso ao noso país xa antes da chegada da democracia 1960-1975
  • 7. CENTRO GALEGO DA HABANA A S A G R U P C I Ó N S D E G A L E G O S IRMANDADE GALEGA DE CARACAS CENTRO GALEGO DE BUENOS AIRES O labor desempeñado polos exiliados galegos foi variado e intenso, tanto no campo cultural como no político. A existencia previa de ba-ses estábeis de asociacionismo dos galegos emigrados, centradas en boa parte nos centros galegos e nas asociacións culturais, foi esen-cial para a eficacia do seu traballo
  • 8. E D I T O R I A I S , X O R N A I S E R E V I S T A S Fúndanse editoriais ( Emecé, Alborada ), coleccións bibliográficas (“Hórreo”, “Dorna”), xornais ( Galicia, Opinión gallega ) e revistas ( Vieiros, Galicia emigrante, De mar a mar )
  • 9. C O N F E R E N C I A S E E X P O S I C I Ó N S Conferencia de Blanco Amor no Centro Galego de Caracas nos Actos polo III aniversario da morte de Castelao (1953) O labor político céntrase na realización de exposicións e conferen-cias en apoio á causa republicana e en defensa da identidade galega, sendo neste campo a figura de Castelao, membro do Goberno Repu-blicano no Exilio e autor do texto teórico máis importante do nacio-nalismo ( Sempre en Galiza ), o principal referente
  • 10. C O N F E R E N C I A S E E X P O S I C I Ó N S Conferencia de Blanco Amor no Centro Galego de Caracas nos Actos polo III aniversario da morte de Castelao (1953) O labor político céntrase na realización de exposicións e conferen-cias en apoio á causa republicana e en defensa da identidade galega, sendo neste campo a figura de Castelao, membro do Goberno Repu-blicano no Exilio e autor do texto teórico máis importante do nacio-nalismo ( Sempre en Galiza ), o principal referente
  • 11. A U D I C I Ó N S R A D I O F Ó N I C A S En Arxentina, realízanse desde 1945 varios programas radiofónicos con temática cultural galega: “A hora Iberoamericana” en Radio del Pueblo, que conta coa colaboración de Tacholas , “Recordando a Ga-licia” en Radio Ribadavia, dirixida por Maruja Villanueva, “La voz de Galicia”, dirixida por Tacholas e coa colaboración de Blanco Amor...
  • 12. E S P E C T Á C U L O S T E A T R A I S Lévase a cabo unha intensa actividade teatral, tanto a nivel de pequenas asociacións, como a nivel de grandes producións. Neste campo cómpre salientar a estrea da obra de Castelao Os vellos non deben de namorarse en 1941 en Buenos Aires e o labor do Teatro Popular Galego de Blanco Amor O Teatro Solís de Montevideo
  • 13. E S P E C T Á C U L O S T E A T R A I S Lévase a cabo unha intensa actividade teatral, tanto a nivel de pequenas asociacións, como a nivel de grandes producións. Neste campo cómpre salientar a estrea da obra de Castelao Os vellos non deben de namorarse en 1941 en Buenos Aires e o labor do Teatro Popular Galego de Blanco Amor O Teatro Solís de Montevideo O Teatro Popular Galego, dirixido por Blanco Amor
  • 14. LUÍS SEOANE AUTORES DE POESÍA Fardel de eisilado Na brétema As cicatrices A maior abondamento Artista polifacético, destaca polo seu labor nas artes plásticas. Como poeta, móvese dentro da temática social, con predominio do tema da emigración, cun estilo que tende ao coloquia-lismo e no que destaca o verso longo e un mar-cado ton épico P • O • E • S • Í • A TEXTO
  • 15. LORENZO VARELA Catro poemas pra catro gravados Lonxe Os temas recorrentes da súa obra, inscrita na órbita da poesía social, son a reconstrución histórica desde o punto de vista das clases populares e a saudade da terra, provocada pola distancia do exilio P • O • E • S • Í • A AUTORES DE POESÍA TEXTO
  • 16. N • A • R • R • A • T • I • V • A AUTORES DE NARRATIVA Vilardebós O silencio redimido Nas súas novelas, de carácter autobiográfico, relata a súa infancia na súa aldea natal ( Vilardebós ) e a súa aventura para lograr fuxir da España de Franco e exiliarse en Caracas ( O silencio redimido ). SILVIO SANTIAGO
  • 17. N • A • R • R • A • T • I • V • A AUTORES DE NARRATIVA Non agardarei por ninguén Era tempo de apandar O naranxo A súa primeira novela, publicada en Buenos Aires, relata as peripecias de Gonzalo Ozores (trasunto do propio autor), guerrilleiro nos mon-tes de Galiza e soldado na fronte de batalla. En Era tempo de apandar céntrase na súa ex-periencia no exilio e nos cárceres franquistas RAMÓN DE VALENZUELA
  • 18. N • A • R • R • A • T • I • V • A AUTORES DE NARRATIVA A esmorga Os biosbardos Xente ao lonxe A primeira novela deste autor (estudado no tema 6) é unha das principais obras escritas no exilio (Buenos Aires, 1958) e unha das princi-pais referencias da narrativa galega E. BLANCO AMOR
  • 19.
  • 20. Os tres vellos representan distintos sectores da sociedade da época: o burgués de formación universitaria (D. Saturio), o fidalgo en decadencia (D. Ramón) e o labrego rico (Sr. Fuco). As tres mozas pertencen a un estrato social inferior ao dos vellos. Aparecen caracterizadas negativamente; é a súa deshonestidade e o seu materialismo o que provoca a desgraza dos vellos. T • E • A • T • R • O AUTORES DE TEATRO Os vellos non deben de namorarse Estreada en Buenos Aires en 1941, foi concibida como unha “síntese estética”, un espectáculo artístico integral composto por texto, efectos escenográficos moi elaborados, música e danza. En tres actos de grande simetría, seguidos por un epílogo, presenta tres versións diferentes dunha mesma historia: un vello paga coa morte o seu namoramento dunha rapariga nova A.R.CASTELAO
  • 21.  
  • 22. A súa obra dramática divídese en farsas , pezas imaxinativas, cheas de elementos fantásticos e satíricos, con personaxes esquemáticos e esce-nografía austera (“Romance de Micomicón e Ad-helala”, “Un refaixo para Celestina”) e autos , pezas de realismo costumista que recrean personaxes e situacións do mundo rural galego (“Anxélica no ombral do ceio”, “A verdade vestida”) T • E • A • T • R • O AUTORES DE TEATRO Farsas para títeres Teatro pra a xente E. BLANCO AMOR
  • 23. “ Romance de Mico- micón e Adhelala” (Sarabela Teatro) “ Anxélica no ombral do ceio” (Monicreques de Kukas) “ Un refaixo para Celestina” (CDG)
  • 24. Participa como actor e director nas compañías Aires da Terra e Maruja Villanueva, de Arxentina e escribe numerosas comedias de corte ruralista e costumista, non exentas de crítica social, que alcanzan grande popularidade e son moi representadas, tanto no exilio como nos escenarios galegos T • E • A • T • R • O AUTORES DE TEATRO A xustiza dun muiñeiro O ferreiro de Santán O cego de Fornelos M.VARELA BUXÁN
  • 25. Presenta unha temática histórica n’ A soldadei-ra e n’ O irlandés astrólogo (a revolución irman-diña do séc. XV e a persecución da liberdade individual pola Inquisición no séc. XVII, respec-tivamente) e contemporánea en Esquema de farsa (denuncia da falsa visión dada polas auto-ridades franquistas da vida dos emigrados) T • E • A • T • R • O AUTORES DE TEATRO A soldadeira Esquema de farsa O irlandés astrólogo LUIS SEOANE
  • 26. A LITERATURA DO EXILIO ENTRE 1936 E 1976 ESQUEMA PARA IMPRIMIR ETAPAS NA ACTIVIDADE LITERARIA DO EXILIO ► 1939-1950: Concéntrase en América toda a nosa produción literaria. Publícanse obras importantes como Jaco- busland (1942) de Emilio Pita, Catro poemas pra catro grabados (1944) de Lorenzo Varela ou Sempre en Galiza (1944) de Castelao ► 1950-1960 : Fundadas en Galiza Galaxia e outras editoriais, a actividade do interior e da diáspora compleméntan- se. Publícanse en América obras que a censura española non tolera, como A esmorga (1959) de Blanco Amor ► 1960-1975 : A expresión cultural en galego vai adquirindo unha certa normalidade en Galiza e comezan a publi- carse obras dos exiliados. Algúns destes inician o proceso gradual de regreso ao noso país xa antes da chegada da democracia ACTIVIDADES REALIZADAS ► Actividade cultural e política centrada nos centros galegos e asociacións culturais de Buenos Aires, Montevideo, Caracas, México e A Habana, principlamente ► Fúndanse editoriais (Emecé, Alborada), coleccións bibliográficas (“Hórreo”, “Dorna”), xornais ( Galicia, Opinión ga- llega ) e revistas ( Vieiros, Galicia emigrante, De mar a mar ) ► Realízanse exposicións e conferencias en apoio á causa republicana e en defensa da identidade galega, sendo nes- te campo a figura de Castelao, autor do texto teórico máis importante do nacionalismo ( Sempre en Galiza ), o prin- cipal referente ► En Arxentina, realízanse programas radiofónicos con temática cultural galega: “A hora Iberoamericana” en Radio del Pueblo, “Recordando a Galicia” en Radio Ribadavia, “La voz de Galicia” (na que colabora Blanco Amor) ► Lévase a cabo unha intensa actividade teatral . Neste terreo cómpre salientar a estrea da obra de Castelao Os vellos non deben de namorarse en 1941 en Buenos Aires e o labor do Teatro Popular Galego de Blanco Amor
  • 27. AUTORES ► POESÍA - Luís Seoane . Artista polifacético, destaca polo seu labor nas artes plásticas. Como poeta, móvese dentro da temática social, con predominio do tema da emigración, cun estilo que tende ao coloquialismo e no que destaca o verso longo e un marcado ton épico ( Fardel de eisilado, Na brétema, As cicatrices, A maior abondamento ) - Lorenzo Varela. Os temas recorrentes da súa obra, inscrita na órbita da poesía social, son a reconstrución histórica desde o punto de vista das clases populares e a saudade da terra, provocada pola distancia do exilio. ( Catro poemas pra catro gravados, Lonxe ) ► NARRATIVA - Silvio Santiago. Nas súas novelas, de carácter autobiográfico, relata a súa infancia na súa aldea natal ( Vilar- debós ) e a súa aventura para lograr fuxir da España de Franco e exiliarse en Caracas ( O silencio redimido ) - Ramón de Valenzuela . A súa primeira novela ( Non agardarei por ninguén ), publicada en Buenos Aires, relata as peripecias de Gonzalo Ozores (trasunto do propio autor), guerrilleiro nos montes de Galiza e soldado na fron- te de batalla. En Era tempo de apandar céntrase na súa experiencia no exilio e nos cárceres franquistas - E.Blanco Amor . A súa primeira novela, A esmorga , é unha das principais obras escritas no exilio é unha das no- velas máis importantes e influentes da literatura galega. Conta a historia de tres homes que, durante un día de esmorga, viven unha serie de tráxicas peripecias que os conducen inexorabelmente á morte. É unha novela de vocación sociolóxica que presenta importantes innovacións técnicas, temáticas e expresivas ► TEATRO - A. R. Castelao. Estreada en Buenos Aires en 1941, Os vellos non deben de namorarse foi concibida como unha “síntese estética”, un espectáculo artístico integral composto por texto, efectos escenográficos moi elabora- dos, música e danza. En tres actos de grande simetría, seguidos por un epílogo, presenta tres versións dife- rentes dunha mesma historia: un vello paga coa morte o seu namoramento dunha rapariga nova - E.Blanco Amor . A súa obra dramática ( Farsas para títeres e Teatro pra a xente ) divídese en farsas, pezas imaxinativas, cheas de elementos fantásticos e satíricos, con personaxes esquemáticos e escenografía austera e autos, pezas de realismo costumista que recrean personaxes e situcións do mundo rural galego - M. Varela Buxán . Ademais de actor e produtor, escribe numerosas comedias de corte ruralista e costumista, non exentas de crítica social, que alcanzan grande popularidade e son moi representadas, tanto no exilio como nos escenarios galegos ( A xustiza dun muiñeiro, O ferreiro de Santán, O cego de Fornelos ) - Luís Seoane . Presenta temática histórica n’ A soldadeira e n’ O irlandés astrólogo (a revolución irmandiña do séc. XV e a persecución da liberdade individual pola Inquisición no séc. XVII) e contamporánea en Esquema de farsa (denuncia da falsa visión dada polas autoridades franquistas da vida dos emigrados)
  • 28. A LITERATURA DO EXILIO ENTRE 1936 E 1976 ACTIVIDADES 1 1 .- Le este artigo sobre a curiosa historia de Antonio Alonso Ríos, o siñor Afranio , e visiona o tráiler da película que se fixo sobre a súa vida. Reflexiona sobre o alcance da repre- sión franquista na posguerra para que se puidesen dar situacións como esta. Tamén podes ver a curtametraxe 1939, un berro no silencio , sobre esta mesma temática 2 .- Le o poema dedicado A Roi Xordo, de Lorenzo Varela, e reali- za as actividades propostas nas páxinas 29-30 (69-70) desta unidade didáctica sobre Lorenzo Varela .- A seguinte ligazón da acceso a un fragmento de vídeo da obra de teatro de Luís Seoane O irlandés astrólogo . Nela abórdase o tema da represión da Inquisición na Galiza do sé- culo XVII. Destaca os paralelismos entre esa época e a situación histórica na que foi escrita (1959) 3
  • 29. 2 4 .- Le o 2º acto d’ OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE , visiona estes fragmentos do mesmo: VELLOS-1 e VELLOS-2 e responde a estas cuestións: ► Caracterización persoal e social do personaxe do vello ► En medio de que celebración se desenvolve a acción? Cal é a funcionalidade dos choqueiros? ► Cal é o interese da moza a respecto do vello e que consecuencias provoca neste? A LITERATURA DO EXILIO ENTRE 1936 E 1976 ACTIVIDADES
  • 30. PROCEDENCIA DAS IMAXES EMPREGADAS Colocando o punteiro sobre as imaxes, vense as referencias das páxinas web de onde foron tiradas. Picando nelas, accédese directamente a esas páxinas
  • 31.  
  • 32. “ A DERRADEIRA IMAXE” Seis ou sete séculos despois. Denantes ou despois. ¡Que máis ten!... Puido ter sido mil trescentos trinta e seis Ou mil catrocentos trinta e seis Tocaban a morto e non o sabían os culpables. Tódalas campás da cidade tocan a morto dendentón Foi mil novecentos trinta e seis. Ogallá endexamais poida ser. Eran soio ceibes a mar e os paxaros. A filla do zapateiro, ou do ferreiro, ou do xastre, era levada en camisa polas rúas, Marcadas a fogo tres letras na fronte, a cabeza enfeitada, escarnecida, despoxada dos longos rizos loiros. Berrábanlle as letras da fronte. Eran soio ceibes a mar e os paxaros.
  • 33. Deixaron caír asasinados sobor das gavias Os homes que soñaron un mundo difrente. Á beira dos cadavres vivían abraiadas as lagartixas verdes, os insectos, as plantas, a terra e a auga. A eles somente non lles tiñan permitido vivir máis. Soio eran ceibes a mar e os paxaros. A eses estudantes de pousadas pobres da Rúa de San Pedro, do Campo do Galo, da Rúa das Hortas, de bairros pobres, de aldeas pobres. de país pobre, estudantes de “pan e sardiña”, con libros amostrándose polos petos deformados dos vellos abrigos con lixaduras, tíñanos matado ao abrente á beira dos camiños. Un preto can vagabundo os velaba. Eran soio ceibes o mar e os paxaros [...] (LUÍS SEOANE: Na brétema ) VOLVER A L. SEOANE
  • 34. “ A DERRADEIRA IMAXE” Compañeiros da miña xeración mortos ou asesiñados ¡Tan doce era a xuntanza miña e vosa, de todos nós co mundo! Facíamos un feixe de campos e de estrelas, e ó pisar ise chao que latexaba sentíamos subir pola sangue o misterio. O noso corpo era o camiño da maxia, a escada pola que viña a lúa, o zume de todol-os segredos, a canzón da herba que resucitóu. E o mismo verme era unha folla leda, un mensaxeiro do sagrado alén. Morréchedes, matáronvos, deixáronme. Quedéi eiquí, lonxe das vosas sombras. E gardo, coma un morto, no centro do silenzo, da sede, da agonía, o día que vos poda levar á sepultura unha cesta de pombas e mazás. ¡Tan doce era a xuntanza miña e vosa, de todos nós co mundo! (LORENZO VARELA, Lonxe ) VOLVER A L. VARELA
  • 35. VOLVER A A ESMORGA - -Non señor, non lle foi eisí como está nise papel que léron, que os papéis teñen conta do que lle poñen enriba, anque non foi moito o que entendín. Eiquí, o siñor, bulía moito a ler, e a máis diso non estamos moi afeitos a ouvir lér en castelán, que eiquí nono falamos; e cando un que non sexa señorito se bota a falalo, decímoslle que fala castrapo... Pro, con todo, non foi eisí anque o diga a Guardia Civil, a tía Esquilacha ou o sulsuncordia, con premiso da súa cara. Nin do escomenzo das cousas, nin do que veu dimpóis nin do remate, ninguén sabe nada porque ninguén viu nada, ou si o viron non repararon, que unha cousa é vere e outra reparare. - -Eu, coma xa dixen, que eiquí nono apuntaron, ía pra o meu traballo, eisí Deus me dea, que endexamáis saíra da miña casa, ou da casa da Raxada, que pra o conto ven sere o mesmo, tan determiñado a ir pra o traballo. [...] (E. BLANCO AMOR: A esmorga )