4. 5
AS TERRAS DO XACEMENTO
A Estación Arqueolóxica “O Outeiro dos Lameiros”,
encóntrase en terras denominadas “ Montes Veciñais en Man
Común” que son titularidades de carácter colectivo, o que quere dicir que correspóndelle sempre aos veciños e veciñas dun
lugar, aldea ou parroquia, que viñan usando estas terras dende tempos inmemoriais; non entendidos como entes administrativos, senón como grupos sociais.
Os Montes Veciñais en Man Común, non son totalmente
públicas, nin totalmente privadas. Son titularidades privadas
colectivas. A titularidade e o uso destas terras, correspóndelle
sempre aos veciños e veciñas comuneiros. Os Montes Veciñais
en Man Común, son, xa que logo, unha titularidade especial,
un sinal de identidade de Galiza. Son, “outra forma de posuír”
que temos os galegos e as galegas.
Os Montes Veciñais en Man Común, conforman unha
titularidade de carácter xermánico. É dicir, son titularidades
indivisibles, inalienables, imprescritibles e inembargables. O
único requisito esixido para gozar dos dereitos destas terras,
5. 6
7
e a veciñanza, sendo titularidades sen asignación de cotas e
que non se poden transmitir individualmente.
Historicamente, os Montes Veciñais en Man Común foron
o soporte do complexo agro-gandeiro galego. Deles obtíñanse
cereais (trigo e centeo). Deles tamén se obtiña adubio orgánico producido a partir do toxo e das xestas e que era usado
para estercar as terras agrarias e o propio monte veciñal.
Os Montes Veciñais en Man Común mantiñan a cabana
gandeira, que era polivalente, xa que o gando, ademais de
producir alimentos básicos (carne e leite), fertiliza as terras e
sera forza de traballo do laboragrario . Aínda que o gando
vacún era o mais significativo, tamén había gando équido,
lanar, caprino e porcino.
O aproveitamento agrícola e gandeiro, era o principal
uso dos Montes Veciñais en Man Común. Mais tamén había
outros aproveitamentos secundarios como a leña, usada como
combustible para as casas; a madeira, usada para a fabricación de aparellos de labranza e para o interior das casas; a
pedra, usada para a construción das vivendas; o carbón vexetal; a caza; as plantas medicinais; as froitas silvestres...
Precisamente, no lugar onde se atopa o xacemento arqueolóxico, podemos apreciar ese uso multifuncional dos Montes
Veciñais en Man Común. Nel temos, aproveitamento de
madeira, canteira e moi preto, no lugar denominado Fonte
Armada, ata o primeiro terzo do século pasado, había un
aproveitamento agro-gandeiro.
A entidade titular destas terras, denominadas Montes
Veciñais en Man Común, son as comunidades de montes.
Neste caso concreto, a titular destas terras, é a Comunidade
de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Santa
Cristina da Ramallosa. Os órganos de decisión e de goberno
destas entidades son: A Asemblea Xeral de Veciños e Veciñas
Comuneiros e a Xunta Rectora da Comunidade de Montes.
A Asemblea Xeral de Veciños e Veciñas Comuneiros, é o
órgano de goberno máximo da Comunidade de Montes. É a xuntanza de veciños e veciñas comuneiros, que reunidos en asemblea xeral, deciden democraticamente, a xestión, a administración e a posta en valor dos Montes Veciñais en Man Común.
A día de hoxe, os Montes Veciñais en Man Común deixaron de ser o soporte do complexo agro-gandeiro galego; mais.
teñen que ser unha das pezas para o desenvolvemento rural
de Galiza. O presente e o futuro do Monte Veciñal en Man
Común, pasa por camiñar de contado cara o logro dun monte
multifuncional, axustado en primeiro lugar a demandas dos
veciños e veciñas comuneiros e, en segundo lugar, axustado ás
demandas da sociedade galega no seu conxunto. Un monte
veciñal multifuncional onde se desenvolvan as tres funcións
que todo monte debe cumprir: a social, a produtiva e a
medioambiental. Un Monte Veciñal en Man Común, que desenvolvido dende a óptica da sustentabilidade, poña en valor de
xeito compatible e interrelacionado todos os seus usos e os
seus aproveitamentos, como poden ser: a produción de madeira, o aproveitamento agrícola e gandeiro, a biomasa forestal, a
apicultura, os cogomelos,... e os restos patrimoniais.
Esta foi a óptica, esta foi a estratexia que levou a que os
veciños e veciñas comuneiros da parroquia de Santa Cristina
O Outeiro dos Lameiros
As terras do xacemento
6. 8
9
da Ramallosa, aprobasen en asemblea xeral, a posta en valor
do conxunto arqueolóxico “O Outeiro dos Lameiros”. Unha
posta en valor destes restos patrimoniais nos que, unha vez
asegurada a súa protección e a súa conservación, deben
entenderse como un recurso máis do monte veciñal, de tal
xeito que a posta en valor destes restos patrimoniais deben
significar facelos visibles ao común da xente. Deben significar
que a súa visita resulte gratificante e non frustrante .
Só deste xeito se pode asegurar o mantemento da posta
en valor e xa que logo, a súa protección e a súa conservación.
Só deste xeito, o Monte Veciñal en Man Común, pode serunha
peza para o desenvolvemento do mundo rural e para asentar
poboación neste medio e para contribuír á dinamización
socioeconómica da zona de influencia do monte. Só deste xeito se pode lograr un monte multifuncional e sustentable. E a
posta en valor dos Montes Veciñais en Man Común, entendida
deste xeito, é, entre outras cousas a arma máis eficaz na loita
contra esa peste que son os lumes forestais .
XOSÉ ALFREDO PEREIRA
Presidente da Comunidade de Montes
en Man Común de Sabarís
O Outeiro dos Lameiros
INTRODUCIÓN
A comezos da década de 1980 no Faro de Vigo, da autoría de J.M. Hidalgo Cuñarro e F.J. Costas Goberna con datos
de Antonio Taboada Táboas de Belesar, daban conta do
coñecemento de media ducia de superficies con gravados de
distintas épocas nas parroquias de Belesar e Baíña.
Consistían estes gravados en petróglifos de coviñas e combinacións circulares, un reticulado, muíños naviculares e dúas
figuras antropomorfas, estas na aldea de San Cosme, onde
X. Martínez Tamuxe xa dera conta da existencia de cruces
no ano 1975.
Non sería até febreiro de 1984 cando X.L. Vilar e M.
Pedreira descubriron a estación de arte rupestre do Outeiro
dos Lameiros de forma casual visitando a Tomada dos
Ineses. En realidade no momento da descuberta había un
par de petróglifos marcados con xiz da man dun mozo miñorano, Gustavo Pascual, que días antes pasara pola zona. A
prospección en días sucesivos desvelou ós ollos da arqueoloxía dúas ducias de superficies con gravados na zona entre as
7. 10
11
parroquias de Sabarís, a inmensa maioría, e Baíña. Esta
descuberta provocou varios artigos na prensa e a inclusión
deste numeroso grupo de insculturas no libro Petroglifos del
litoral sur de la ría de Vigo que estaba a elaborar un equipo
dirixido por F.J. Costas Goberna e que se editaría no ano
1984.
Nesta altura no Outeiro dos Lameiros xa se coñecían
superficies con moi variados motivos, tales como coviñas,
circos concéntricos, zoomorfos, reticulados, alfabetiformes e
ata un muíño navicular de soporte fixo. Pero a raíz da visita
á zona de A Posada, M. I. Mouriño, J. R. Soage, E. Buch e E.
Torres no ano 1988 descubriron o gran panel vertical
emprazado nunha das paredes do propio Outeiro dos
Lameiros. As visitas continuadas de Antonio Taboada
aumentarían a colección de superficies gravadas coñecidas
na zona da Puexa e A Regueira do Grilo, dadas a coñecer na
revista Castrelos e tamén no Congreso de Arte Rupestre
celebrado en Vigo no ano 1999.
Desde aquela non hai monografía, estudo, tese ou
publicación que trate a arte rupestre galaica que non cite o
panel, que é importante por si e tamén polo conxunto do que
forma parte. Lembremos que o Outeiro dos Lameiros/ Os
Campos é o cerne dunha zona con gravados rupestres do
norte da Serra da Groba que ocupa as parroquias de
Belesar, Baíña e Sabarís. Está caracterizado pola presenza
de moita e boa arte abstracta destacando os petróglifos do
Grichouso, A Chan da Puexa, A Regueira do Grilo e as superficies números 1, 2 e 17 dos Campos. É sorprendente a
abundancia de reticulados, uns corenta, nun espazo tan
reducido, sendo a maior concentración que coñecemos no
noso país.
Hai tamén muíños naviculares de soporte fixo formando parte dunha zona máis extensa de aparición que vai desde Caminha ata Cangas, con excepcións en Carnota e
Agolada. Estes muíños constitúen o sistema máis antigo que
coñecemos para converter en fariña os cereais que introduciu en Galicia a chegada do neolítico hai 6500 anos; pero
quizais valesen tamén para moer outros vexetais.
Nesta zona baionesa de arte coñecemos tamén a existencia de zoomorfos na Puexa, na Regueira do Grilo, nos
Campos en dúas superficies pero o que lle confire especial
valor ó conxunto é a parede gravada do Outeiro dos
Lameiros, unha superficie de 15 x 5 m. Espectacular polo
seu tamaño, polo seu emprazamento nunha parede vertical,
algo inusual en Galicia, por conter a maior cantidade de
cuadrúpedes –uns 78- nunha soa superficie e polo gran
dominio visual sobre o espazo circundante e sobre o Val
Miñor, ademais de presentarnos figuras únicas na arte
rupestre galega.
O Outeiro dos Lameiros
Introdución
8. 13
OS PETRÓGLIFOS
O MOMENTO DOS GRAVADORES
Un dos maiores cambios producidos na humanidade foi
a invención do neolítico que supuxo hai uns 12.000 anos no
Próximo Oriente a domesticación de plantas e animais, a
fabricación de cacharros cerámicos, o traballo da pedra puída e unha maior exteriorización relixiosa. Este grupo de
innovacións exportouse por toda Europa e chegou aproximadamente polo 4500 a.C. a Galicia trocando os modos de
vida nómades en máis sedentarios o que traería a manifestación máis visible na paisaxe que son as tumbas: as mámoas. Son montes de terra que acubillan unha cámara funeraria máis ou menos desenvolta en tamaño e decoración
(Fig.1). Pode ter as lousas que conforman a cámara funeraria
pintadas e tamén gravadas e quizais desta época, de hai uns
6000 anos sexan os primeiros petróglifos, de seguro os máis
sinxelos, simples buracos gravados chamados coviñas.
Será no terceiro milenio a.C. cando se fai máis complexa a sociedade da man dunha Segunda Revolución Agraria
9. 14
15
que mellora as técnicas do cultivo da terra (arada, estercado) que facilita o establecemento en novos territorios e de
novos cultivos (verzas, lentellas, liño) con maior fixación á
terra. Supoñemos unha maior produtividade que levaría a
acumulación de excedentes e a unha paulatina diferenciación social que podemos intuír nas tumbas, nos enxovais e
nas representacións artísticas. Ó longo do terceiro milenio
a.C. desenvolverase a cerámica tipo Penha caracterizada
polas formas curvas e unha peculiar decoración incisa disposta en bandas con motivos xeométricos, coñecida como
inciso-metopada. Algo máis serodia é a cerámica campaniforme, coñecida en todo o occidente europeo polas súas pastas máis finas e unha decoración en bandas con temas xeométricos que enchen toda a peza. (Fig. 2).
É o tempo de comezo do traballo dos metais, do ouro,
da prata e do cobre coas primeiras armas neste último
material. É o tempo do polimorfismo funerario no que se
inclúen a cista claramente como enterramento individual.
Neste marco cronolóxico e cultural de sociedade máis
asimétrica, de cistas individuais, de traballo dos metais e
acumulación de riqueza é cando se gravan unha parte
importante dos petróglifos do noso país, nun intre entre o
terceiro e o comezo do segundo milenio, hai uns 4000 anos e
o dato cronolóxico máis fiable apórtano os paneis con armas
gravadas, mellor se conteñen alabardas que teñen unha
pervivencia curta a comezos do segundo milenio.
1- Pintura no interior da cámara funeraria do dolmen de Dombate (Cabana de Bergantiños)
O Outeiro dos Lameiros
Os petroglifos. O momento dos gravadores
10. 16
17
A ARTE GRAVADA NAS PEDRAS
2.- Cerámica tipo Penha das covas do Folón (Coruxo, Vigo)
O Outeiro dos Lameiros
Podemos dicir que o aspecto máis destacado do calcolítico e dos primeiros momentos da idade do bronce sexa a
arte rupestre, as rochas graníticas dos montes de Portugal
até a zona de Carnota e Dumbría tanto na zona costeira
como nos vales próximos, caso de Gargamala (Mondariz),o
va do Lérez en Cotobade e Campo Lameiro ou na zona de
Santiago, Teo e Ames. As prospeccións dos últimos quince
anos fixeron que aumentara exponecialmente o coñecemento de superficies con gravados no Pordo do Son e Carnota ou
cara o interior en Agolada e Antas de Ulla.
Os motivos que aparecen representados nos petróglifos
pódense dividir en dous grandes grupos, os de arte abstracta e os naturalistas. Xuntamos no primeiro conxunto co
nome de arte abstracta a aquelas figuras que non identificamos con nada que apareza na natureza. Se o identificamos
con determinadas figuras xeométricas pero non sabemos
que obxecto real ou simbólico querían representar.
Debemos lembrar que a distancia temporal é duns 4.000
11. 18
19
3.- Varios centos de coviñas no Outeiro Grande (Mabia, Oia)
anos e o mundo simbólico e o horizonte mental variaron
abondo desde aquela sociedade sen escritura que polo tanto
non nos deixou escritas as claves interpretativas desta colección de figuras xeométricas que pasamos a describir:
O motivo máis sinxelo é un punto gravado que chamamos coviña e que aparece na inmensa maioría das insculturas nas máis variadas posicións (Fig. 3). Ciscadas de xeito
aparentemente anárquico pola rocha, no centro dun circo
4.- Combinación circular do Monte Tetón (Tebra, Tomiño)
O Outeiro dos Lameiros
A arte gravada nas pedras
12. 20
21
ou dunha combinación circular, entre os aneis destas combinacións, agrupadas dentro dun circo ou dun cadrado.
Outro motivo que aparece case sempre son os circos sós
ou nomeadamente en combinacións. Esta é unha figura que
caracteriza a arte rupestre galega e atlántica europea.
Decote aparecen en rochas que non destacan no entorno,
rochas planas que pasan desapercibidas e que poden portar
ata varias ducias de circos de distintos tipos, con radio, con
liñas que parten desde o anel exterior, outras comunican
varias combinacións circulares ou percorren a pedra como
nexo do conxunto. As medidas van desde uns pouco centímetros ate os 3m. de diámetro da combinación existente no
Monte Tetón (Tebra, Tomiño). (Fig. 4).
O grupo de arte abstracta complétase coas espirais que
poden desenvolverse no sentido das agullas do reloxo (dextroxiras) ou ó contraio (levoxiras), neste motivo destacan as
da Laxe das Rodas (Muros) rodeadas con coviñas en todo o
seu contorno. (Fig. 5).
Máis escasos e de execución técnica máis complexa son
os labirintos. Só coñecemos cinco exemplares en Galicia, dous
en Mogor (Marín), un en Armenteira (Meis) e outros dous na
Serra da Groba, un no Pinal do Rei (Marzán, O Rosal) e outro
na Laxe Cruzada (Torroña, Oia) este o de maiores dimensións
–110 cm. de diámetro que coñecemos en Europa. (Fig. 6).
O labirinto é un motivo coñecido ó longo da prehistoria
e da historia antiga en toda a cunca do Mediterráneo e até
non hai moitos anos ós exemplares galegos atribuíaselle
unha cronoloxía serodia para poñelos en consonancia cos
5.- Espiral no Picoto (Marzán, O Rosal)
O Outeiro dos Lameiros
A arte gravada nas pedras
13. 22
23
mediterráneos, pero agora crese na maior antigüidade dos
galegos por achárense con contextos claros da arte rupestre
galega do calcolítico –bronce.
Para completar o apartado abstracto hai figuras menos
numerosas como esvásticas, cadrados, reticulados ou o
intento de facer labirintos sen chegar a acadar a representación total (A Laxe dos Picos en Figueirido ou na Chan de
Lagoa en Caneda) a pé feito ou por incapacidade técnica.
O outro grande grupo de temas tratados son os que
chamamos naturalistas porque si identificamos con modelos
reais, ben sexan animados, ben obxectos. É este grupo o que
lle confire unha personalidade especial á arte rupestre galega e nos que hai animais a gran maioría cérvidos, pero
tamén cabalos, algún ofidio e tamén representacións humanas esquemáticas. Entre os obxectos aparecen as armas e os
chamados ídolos –cilindro, valiosos elementos para a datación xa que se coñecen modelos reais. O que se reflicte con
estas representacións é un mundo bélico, o entorno do
poder, a desigualdade entre individuos e comunidades. É
rechamante que non se graven ferramentas de traballo
(machadas, eixadas, teares) nin escenas domésticas como a
crianza dos nenos, o traballo na aldea, ... senón que se perpetúa de maneira interesada un mundo belixerante no caso
das armas e quizais cultual polo que respecta ós ídolos-cilindro. Hai que indicar que a maioría dos mostrarios de armas
realízanse sobre rochas inclinadas, para seren vistas. (A
Pedra das Procesións en Gondomar). (Fig.7).
6.- A Pedra do Labirinto ( Mogor, Marín)
O Outeiro dos Lameiros
A arte gravada nas pedras
14. 24
25
Canto ás representacións de animais, como no caso das
armas, é tamén interesada, non se elixen especies ó chou,
non hai na arte rupestre galega, pequenos animais domésticos ou salvaxes, senón que se gravan, maioritariamente,
cervos e algúns cabalos. (Fig.8).
Entre os cervos gravados salientan os machos con
grandes cornas como animal de máis porte do bosque galego que, de seguro, tiña algún valor simbólico. Animal que
aparece en varias escenas de caza (A Laxe das Ferraduras
e O Coto do Rapadouro en Cotobade, p. ex.), tamén en paneis
inclinados nas que irrompe o home como dominador da
natureza, amosando poder como no caso das escenas de
equitación (O Outeiro dos Cogoludos, A Laxe dos Cabalos, A
Chan da Carballeira, todos en Campo Lameiro ou A Pedreira
en Redondela ou no Outeiro do Lameiros).
7.- Mostra de Armas na Pedra das Procesións de Agua da Laxe
O Outeiro dos Lameiros
A arte gravada nas pedras
15. 26
27
A ESTACIÓN DE ARTE RUPESTRE
DO OUTEIRO DOS LAMEIROS
8.- Escena de cópula en Tourón (Pontecaldelas)
O Outeiro dos Lameiros
O EMPRAZAMENTO
O Val Miñor é unha comarca que comprende os concellos de Nigrán, Gondomar e Baiona cerrada ó leste pola
muralla granítico da Serra do Galiñeiro que chega superar
os 700 metros de altura; ó norte está limitada polos montes
do Maúxo que o separa do Val do Fragoso, polo oeste está
aberta ó mar da baía de Baiona na que desemboca a través
da Foz o río Miñor que rega o val. Na banda sur érguese a
Serra da Groba até os 675 metros no Alto da Lebre e vai descendendo cara o mar, nun destes socalcos naturais emprázase a estación rupestre do Outeiro dos Lameiros a 180
metros de altura, aínda que non é o único sitio do Val Miñor
onde se conserva arte rupestre xa que temos boas mostras
na Serra do Galiñeiro no lugar de Agua da Laxe (Vincios,
Gondomar) onde existe unha panoplia dunhas 32 armas na
superficie coñecida como A Pedra das Procesións. Son abundantes os petróglifos nos montes do Maúxo até a península
16. 28
29
9.- Plano de emprazamento dos petróglifos visitables do Outeiro dos Lameiros
17. 30
31
de Monteferro. Non podemos esquecer a maior combinación
de circos concéntricos coñecida no mundo e situada xa nos
montes de Tebra (Tomiño) a poucos metros da parroquia de
Couso (Gondomar).
O OUTEIRO DOS LAMEIROS
Na zona do Outeiro dos Lameiros/Os Campos ocupa 1’5
hectáreas na que existen máis de vinte rochas con gravados
emprazadas nunha zona de paso entre dous outeiros (O
Ceboleiro e o dos Lameiros) que se coñece como portela e
que comunica de xeito natural a parroquia de Baíña coas de
Sabarís e Belesar.
O que visitamos, pola súa importancia arqueolóxica,
artística e prehistórica debido ós gravados rupestres ten e
tivo máis usos ó través do tempo. Como monte veciñal salferido por propiedades privadas (tomadas) aproveitouse o seu
potencial produtor de leña, madeira, toxo e fento para a
cama dos animais, foi canteira do que temos vestixios abondo, nacente de augas para o regadío. Lugar de comunicación
entre as aldeas. Aquí a toponimia mantén o nome da Devesa
do Rei que nos indica que foi un lugar acoutado para produción de madeira para a armada real, sitio que coincide cun
lugar cargado de historia recente. No Outeiro dos Lameiros
extreman as parroquias de Santa Mariña de Baíña e Santa
Cristina da Ramallosa.
A zona con arte rupestre do Outeiro dos Lameiros é o
punto de máxima concentración de rochas con gravados dun-
ha área maior que se estende polos montes de Belesar,
Sabarís e Baíña entre os máis dos 400m. de altura do Alto da
Costa de Quelle, os máis de 300 no Grichouso e os 195 metros
do Outeiro dos Lameiros. Aquí das dúas ducias de superficies
gravadas escollemos nove que fixemos visitables, con sendeiros, sinais explicativos, accesos e plataformas. (Fig. 9).
Comezamos a nosa visita polo petróglifo 17 na zona
chan –Os Campos- do lugar. Esta superficie descubriuse no
ano 1984 tapada por ramallada de eucaliptos. ÇE un afloramento granítico alombado e alargado de máis de cinco
metros de longo por dous de ancho. Os traballos de prospección e limpeza do ano 2007 fixéronnos coñecer máis gravados á dereita deste afloramento (ollando desde o lugar de
colocación do cartel) onde hai circos inacabados, coviñas e
un reticulado mal conservado. (Fig. 10).
A parte principal conserva figuras abstractas como son
circos, coviñas e liñas que comunican os distintos motivos.
Pertencen á arte abstracta aquelas figuras que non identificamos con nada real, con ningún obxecto ou animal que
coñezamos. As figuras deste P17 son figuras xeométricas. Se
son puntos chamámolas coviñas, outras identificámolas con
circunferencias pero ignoramos o obxecto, o animal ou quizais a idea que os homes e/ou mulleres que gravaron este
panel quixeron expresar.
Á dereita e na zona máis avultada temos a figura máis
complexa e destacada polo seu emprazamento e por ter o
suco máis ancho e profundo. Todo o resto da superficie está
ocupada por circos concéntricos, por un circo que contén
O Outeiro dos Lameiros
A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
18. 32
33
máis de dúas ducias de puntiños (microcoviñas) no seu interior ou á esquerda de todo con coviñas gravadas entre dous
circos concéntricos.
As mellores horas do día para ollar este petróglifo son
as da saída ou as da caída do sol que por proxectar a luz
máis rasante provoca sombras dos sucos gravados e fanse
os gravados máis evidentes.
Se continuamos polo camiño e collemos o desvío á
esquerda accederemos ós petróglifos 11, 9 e 8.
P11 Estamos perante esta superficie irregular de 5x3m.
na que destacan dous reticulados (raias paralelas cruzadas)
ademais de coviñas de boas dimensións entre 11’5 e 8 cm de
ancho e entre 3 e 6 cm de fondo e liñas curvas e un par de
circos simple.
A rocha está afectada por termoclastos que son cachos
de superficie que desapareceron a causa do lume. (Fig. 11).
Na zona do Outeiro dos Lameiros e arredores acumúlase
a maior concentración de reticulados de Galicia. Coñecemos
aquí uns trinta, que aparecen no mesmo ámbito que os gravados clásicos –coviñas, circos, zoomorfos- incluso compartindo
a mesma rocha con este. Hai autores como Costas Goberna e
Hidalgo Cuñarro que os relacionan con taboleiros de xogo no
mesmo conxunto que os gravados de xogos de alquerque e
tren en raia. A verdade é que moitos reticulados coinciden, na
Serra da Groba, con extremas parroquiais, isto é moi evidente
entre Viladesuso e Mougás, estudado por Roberto Rodríguez
ou mesmo en Belesar, Sabarís e Baíña.
O Outeiro dos Lameiros
10.- Arte abstracta no petróglifo 17
A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
19. 34
35
11.- Debuxo do petróglifo 11
P9 (Fig. 12) Desde a plataforma inmediata a P11 podemos observar os petróglifos 9 e 8. O primeiro en ser visto,
tamén con luz favorable como indicamos para P17, é P8 descuberto durante os traballos arqueolóxicos do 2007.
Permanecía o seu extremo leste ó aire e o resto dos gravados baixo unha tona de terra e baixo os restos dun muro. Os
motivos mellor conservados son os que permanecían soterrados, e conforman unha figura abstracta que amosa unha
gran harmonía compositiva con circos simples, coviñas e
liñas curvas tanxentes a unha greta natural. Con estes motivos abstractos contrastan as figuras da dereita da superficie
O Outeiro dos Lameiros
12.- Zoomorfos e arte abstracta no petróglifo 9 pintados durante os traballos arqueolóxicos
A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
20. 36
37
13.- Debuxo do petróglifo 8 con tres zoomorfos
onde hai dous rebaixes, un circular e outro cuadrangular,
este cun suco de saída; hai tamén unha figura con certa aparencia antropomorfa (de ser humano) e dous zoomorfos de
catro patas, un deles montado e adosado nos seus cadrís a
dous circos concéntricos. (Fig. 12).
En definitiva unha superficie pequena onde coinciden a
arte abstracta de coviñas, rebaixes e circos e a arte naturalista dos zoomorfos e do posible antropomorfo.
P8 Desde a mesma plataforma nun espazo diaclasado
de 1x 0’5 m no ano 1984 limpouse esta superficie semiente-
14.- Pintado do petróglifo 8
O Outeiro dos Lameiros
A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
21. 38
39
O xeito de representar estes animais, sen corporeidade,
só con simple liñas é o que chamamos arte esquemática xa
que unha liña define o rabo, o lombo, a cabeza e o fociño,
desta liña parte outras menores para indicar as catro patas
e outras para as orellas ou as cornas. Máis adiante ollaremos cuantiosos exemplos no gran panel.
rrada que deu como resultado este sinxelo panel con tres
cuadrúpedes inscritos por tres lados por unha liña que parece encerralos. (Fig. 13).
Se temos que determinar a especie animal representada, consérvase moi deturpado o individuo da dereita, o
inmediato anterior inclinámonos por indicar que é un cérvido xa que posúe unhas cornas e un rabiño revirichado, mentres que enriba hai gravado outro individuo cunha morfoloxía ben distinta, coas patas máis curtas, o rabo moi longo e
unha boas orellas que ben podía ser un raposo. (Fig. 14).
P13 Continuamos o desvío collido anteriormente para
observar desde a seguinte plataforma unha rocha (P13) con
media ducia de coviñas e algúns trazos modernos, isto sabémolo polo suco máis vivo e con sección máis aguda. Estamos
diante do motivo máis sinxelo e numeroso da arte rupestre
galega. Uns metros máis abaixo outra laxe (P12) con máis de
40 coviñas, unha delas de boas proporcións e rodeada por
un circo. (Fig. 15).
A selección deste punto de observación tivo outro motivo que foi ollar a bifurcación ou unión de dous camiños tradicionais en uso ate hai poucos anos e que comunicaban
Baíña con Belesar e Sabarís. No mesmo P13 ficaron marcadas as rodeiras deixadas polos miles de carros que por aquí
pasaron para aproveitar o produto do monte –toxo, fento,
pedra, leña, madeira, ...- O camiño da dereita baixa ós Eidos
e ó resto da parroquia e o da esquerda sobe á aldea de San
Cosme.
Se ollamos detrás nosa vemos os restos dunha canteira
aínda con bloques caídos e cachotes, a laxe que ficou sen
explotar é tamén un petróglifo (P15) no que hai gravadas 29
coviñas.
O Outeiro dos Lameiros
A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
15.- Debuxo do Petróglifo 13 no que as frechas marcan as rodeiras de carro.
22. 40
41
P1 Volvemos sobre os nosos pasos cara o camiño principal que vén de P17 e collemos cara a esquerda non tomando
o desvío da dereita que deixamos para máis tarde. Agora
baixamos até as escaleiras que soben á plataforma desde a
que ollamos P1 e P2. Á nosa esquerda P1 é quizais o petróglifo de maior beleza do Outeiro dos Lameiros. Nesta laxe de
5x3m. inclinada cara o sur hai un grupo de motivos abstractos comúns á fachada atlántica europea, circos concéntricos, circos simples e coviñas. (Fig. 16).
No centro da superficie destaca unha combinación circular de cinco aneis cunha coviña central da que sae un suco
até o exterior das circunferencias. Na parte alta catro circos
concéntricos con coviña central e unha serie de liñas curvas
asociadas, este conxunto áchase vinculado ó grupo inferior
por medio dunha liña que relaciona a maioría das figuras do
panel. Nesta parte inferior outra volta circos, simples e concéntricos, coviñas e liñas curvas. (Fig. 17). Este equilibrado
conxunto forma extrema entre as parroquias de Baíña e
Sabarís e na mesma extrema temos outros catro petróglifos
máis aquí na zona do Outeiro dos Lameiros.
P2 (Fig. 18). Á dereita da plataforma unha superficie de
3 x 2 m. con gravados, tamén descuberta a comezos de
1984, gran parte dela soterrada. A simple vista destacan as
coviñas pero unha observación máis aguda fainos percibir
que moitas delas están rodeadas por un circo incluso a coviña de maior tamaño que ten 8 cm de diámetro e 3cm de fondo. (Fig. 18 e 19).
O Outeiro dos Lameiros
16.- Debuxo da composición abstracta do petróglifo 1
A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
23. 43
Co petróglifo 1 e con este 2 redundamos na idea de que
estamos posiblemente a 4000 anos de distancia temporal
pero tamén de distancia mental nunha época na que en
Galicia non había escritura que nos deixase textos explicativos sobre estes gravados nas pedras. Temos que supoñer
que deste xeito expresaban as súas crenzas e que o código
interpretativo ignorámolo.
P6 Volvemos costa arriba até atopar un camiño á
esquerda e subimos cara a plataforma de observación de P6,
o gran panel do Outeiro dos Lameiros. Aquí a case 200m de
altura sobre o nivel do mar estamos nun lugar quen domina
a chan sobre a que se atopan os outros petróglifos, observamos ó fondo A Serra do Galiñeiro que cerra O Val Miñor polo
leste superando os 700m de altura. (Fig. 20).
Nas laxes e paredes do propio Outeiro dos Lameiros hai
tres petróglifos (máis dous de feitura recente ) destacando
esta parede vertical de 15 metros de longo e cinco de altura.
Até agora paseamos por superficies horizontais ou lenemente inclinadas que é o normal na arte rupestre abstracta galega. Cando se trata de escenas de caza ou mostrarios de
armas é normal que estean en superficies bastante inclinadas, incluso verticais como A Pedra Longa en Dumbría pero
son moi escasas as superficies completamente verticais con
gravados, só coñecemos o caso do Sueido en Chandebrito
17.- Circos concéntricos do petróglifo 1 vistos con luz natural
A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
24. 44
45
18.- O petróglifo 2 pintado con coviñas e circos simples
19.- Debuxo do petróglifo 2 con coviñas e circos simples
O Outeiro dos Lameiros
A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
25. 46
47
20.- Vista do emprazamento do panel gravado do Outeiro dos Lameiros
21.- Petróglifo 6 na parede vertical do Outeiro dos Lameiros durante os traballos arqueolóxicos
coa representación dun cervo, ou máis cervos no Porto do
Son: no Outeiro da Pedra Bicuda no Outeiro de Campelos e
nos Pozos da Garda. (Fig. 21).
É a superficie con máis cuadrúpedes da nosa arte
rupestre, contamos uns 78, todos eles, agás catro, coa dirección do paso de esquerda a dereita. Polo menos cinco están
montados en clara escena de equitación, unha delas cunha
importancia implícita dada pola man gravadora debido ó
seu gran tamaño de 51 cm. de longo por 32 cm. de ancho e
un suco que acada os 7 cm. de ancho e os 2’5 cm. de fondo.
(Fig. 22).
Afirmamos que esta gran manda de cuadrúpedes son
cabalos por estaren algúns montados e sobre todo pola cola
espesa co pelo caído cara o chan e por careceren de cornas.
Pero no panel non só hai animais gravados, tamén
algunhas figuras abstractas como un óvalo con divisións
O Outeiro dos Lameiros
A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
26. 48
49
22.- Debuxo do gran panel vertical do Outeiro dos Lameiros. Petróglifo 6
O Outeiro dos Lameiros
A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
27. 50
51
interiores con coviñas e apéndices no lado dereito e na parte baixa ocupando a parte central do panel, sendo un motivo
sen paralelo en Galicia.
Á esquerda do óvalo central hai unha especie de escada
que semella un cercado sen que poidamos saber que quixeron representar con estas dúas liñas paralelas unidas por
outras menores a xeito de escaleiriforme.
Na zona dereita e a media altura unha figura de seis
raios curvos que conflúen nun punto central semellándose a
unha estrela dextroxira, chamada así porque o sentido do
movemento simulado vai de esquerda a dereita.
Diante do panel hai un banzo de 6 x 2 m. aproximadamente sobre o que hai gravados circos concéntricos con
coviña central.
Aínda podemos observar no extremo superior esquerdo
cinco cuadrúpedes a distintos niveis quizais querendo transmitirnos a sensación de dinamismo e ascensión por unha
ladeira.
23.- Debuxo dos reticulados do petróglifo 21
P21. Xa para rematarmos a visita baixamos da plataforma de observación do gran panel e collemos o primeiro
camiño á esquerda até P21, superficie descuberta durante
os traballos arqueolóxicos do ano 2007, que incluían a prospección intensiva da zona que deu como froito o achado desta laxe case completamente tapada por follato, terra e sobre
a que vivían dous eucaliptos. A limpeza descubriu unha
pedra de 4’20 x 6’40 m. sobre a que hai gravados cinco reticulados todos incompletos. (Fig. 23).
Estas insculturas enriquecen aínda máis esta zona
como a de maior concentración de reticulados que se coñece
en Galicia. Por outra banda pon en dúbida que sexan taboleiros de xogo, polo menos non todos xa que estes, a pesar
de estaren nunha superficie horizontal, están sen rematar e
chama a atención unha liña sinuosa que parte do extremo
dun dos reticulados. (Fig. 24).
O Outeiro dos Lameiros
A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
28. 52
53
O PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO
E ETNOGRÁFICO
24.- Reticulados, petróglifo 21, logo dos traballos de limpeza
O Outeiro dos Lameiros
A riqueza arqueolóxica e etnográfica do monte veciñal de
Santa Cristina da Ramallosa non se concentra só no Outeiro
dos Lameiros senón que se estende por cotas máis altas da
Serra. Inmediatamente ó sudeste desta zona arqueolóxica no
lugar polo que transcorre A Regueira de Retruca atopamos
unha concentración de vestixios arqueolóxicos variados, todos
eles gravados no granito:
- Un muíño navicular. Extramuros da Tomada dos Ineses,
nun bloque tirado dunha canteira áchase este muíño navicular. Cando o ser humano inventou no Próximo Oriente a
domesticación de plantas e animais, logo de ter o gran apañado de trigo, avea ou centeo tiña que moelo para convertelo en
fariña e continuar coa súa panificación. A partir do momento,
hai uns 6500 anos, que chega o neolítico a Galicia comezan a
aparecer muíños naviculares nos xacementos da época. O
gran moíase neles batendo cun man pétrea para relalo e
arrastrando para moelo nunha operación continuada de vaivén que producía un desgaste na superficie do muíño. Entón os
29. 54
55
muíños compóñense dun durminte no que se deposita o gran e
a man coa que se moe. Tanto o durminte como a man son
pezas móbiles, que se poden trasladar de lugar, pero tamén
existen muíños naviculares de soporte fixo, co durminte na
rocha nai, polo tanto non móbiles. Este tipo particular de muíños esténdense entre a península do Morrazo e a beira esquerda do río Miño, con dous casos excepcionais, un en Carnota e o
outro en Agolada. A área de maior concentración polo momento, atópase entre a Serra da Groba e O Maúxo e outro bo
núcleo en Valença.
A maioría destes muíños naviculares aparecen no ámbito
da arte rupestre e nun 20% dos casos comparten a mesma
superficie. Moi preto de aquí temos un caso excepcional no
extremo oeste de Monteferro (Panxón, Nigrán) no lugar da Porta
ou As Pinisas Pequenas onde nunha superficie granítica consérvanse 21 muíños naviculares que comparten a laxe con coviñas,
circos e con podomorfos humanos coas dedas marcadas.
Moi preto do muíño consérvanse, polo menos, outras
catro superficies con gravados, no lugar atravesado pola
Regueira do Retruca.
-Nunha das superficies hai sete reticulados que
aumentan aínda máis a nómina dos que aparecen no
Outeiro dos Lameiros. (Fig. 25).
-Cara o norte nunha gran superficie plana unhas
vinte coviñas, o motivo máis repetido da nosa arte
rupestre, acompañado por un reticulado, un rebaixe
cuadrangular e varias liñas máis. (Fig. 26).
-Nunha pequena pedra un único équido montado
que repite os temas da zona máis baixa do Outeiro dos
Lameiros. Antes ollamos reticulados e coviñas e agora
equitación como no gran panel ou no petróglifo nº 8.
Se continuamos a ascensión cara o sur, a 245 metros de
altura na Regueira do Grilo atopamos un petróglifo curioso de
2 x 2 m., xa que aparece un reticulado no medio dun grupo de
motivos abstractos, circos, liñas e coviñas nun emprazamento
O Outeiro dos Lameiros
O patrimonio arqueolóxico e etnográfico
25.- Os sete reticulados do petróglifo da Regueira do Retruca
30. 56
57
26.- Debuxo do petróglifo da Regueira do Retruca con coviñas, liñas e un reticulado
27.- Debuxo do petróglifo da Regueira do Grilo con circos concéntricos e un reticulado
que domina a regueira desde a súa parte alta. Unha das liñas
que parte das combinacións circulares atravesa o reticulado o
que denuncia unha cronoloxía anterior para este. (Fig. 27).
Preto deste petróglifo hai máis superficies con reticulados e
non moi lonxe, no camiño empedrado que sobe da Porta Mián,
xa na parroquia de Belesar, tanto nas beiras como nas propias
laxes do camiño hai petróglifos con arte abstracta, reticulados
e incluso un zoomorfo nos lugares coñecidos como A Regueira
da Mexona, A Puexa e As Aveas.
Este mesmo camiño empedrado tradicional que sobe
cara á parte alta da serra, pronto pasa pola Comunidade de
Montes de Santa Cristina da Ramallosa ó pé do alto coñecido como O Grichouso ou O Pouso do Bico onde extreman
con Belesar. Alí nunha superficie chan aparecen gravados
motivos de arte abstracta que se veñen repetindo no
Outeiro dos Lameiros, na Regueira do Grilo, na Puexa, nas
Aveas e agora aquí a 335 m.s.n.m. cunha ampla panorámica visual. Son seis combinacións circulares de dous aneis e
outros catro circos simples con coviña central, todo o conxunto encerrado por unha liña exterior da que parte un
apéndice longo que remata nun circo con divisións interiores, ó seu carón hai dous muíños naviculares e na laxe con-
O Outeiro dos Lameiros
O patrimonio arqueolóxico e etnográfico
31. 58
59
2 8 . - Debuxo do petróglifo de Grichouso con circos, coviñas e muiños naviculares
O Outeiro dos Lameiros
tigua hai outros seis que por estaren feitos na rocha base
chamamos de soporte fixo. (Fig. 28).
Estes muíños aparecen en Galicia hai uns 6000 anos á
par da neolitización, é dicir, coa chegada da domesticación de
plantas e animais e polo tanto do cultivo de cereais que hai que
moer para logo facelos panificables. Estes muíños naviculares
de soporte fixo só aparecen entre o Morrazo e Caminha con só
tres excepcións en Carnota, Agolada e Ribeira. Chama a atención que aparezan no ámbito da arte rupestre ou compartindo
a mesma superficie polo que dubidamos do seu uso doméstico
e quizais teñan algún uso cultual ou ritual.
A riqueza arqueolóxica da zona complétase cunha
mámoa na chamada A Chan da Bouza ou A Chan do Ceboleiro.
Unha mámoa non é máis ca un enterramento prehistórico consistente nunha estrutura pétrea que pode ter uns poucos centímetros de altura até, por exemplo, os catro metros da lousa de
cabeceira do dolmen de Dombate. As medidas varían segundo
as zonas e as épocas. Esta estrutura recubríase con terra e
pedras e adquiría un aspecto de “mama”, o diminutivo é
“mamula” do que procede o nome mámoa tamén chamada
arca, arquiña, casa dos mouros, namela, medoña, madorra, ...
Este xeito de enterrar comezou hai pouco máis de 6000
anos e con distintas morfoloxías perdurou durante uns 2000
anos. Nas mámoas en Galicia non se conservan restos humanos polo chan acedo pero si restos dos enxovais alí depositados
consistentes en cacharros cerámicos, útiles líticos, puntas de
frecha e incluso adornos metálicos.
Crese que nelas non enterraban a todos os membros da
comunidade senón os máis significados. Construír unha
O patrimonio arqueolóxico e etnográfico
32. 60
61
mámoa supuña, dependendo das dimensións, un esforzo
colectivo considerable acompañado dun complexo ritual de
inhumanación.
A variedade patrimonial do monte de Santa Cristina complétase coa boa conservación en varios tramos dos camiños
empedrados tradicionais moitas veces erroneamente chamados camiños romanos. Pode ser que algún dos camiños empedrados que cruzan as nosas vilas e aldeas coincidan con algún
dos camiños romanos que comunicaban hai case dous mil
anos as distintas zonas do país pero a inmensa maioría dos
camiños empedrados que coñecemos nas nosas aldeas e nos
nosos montes son as vías que comunicaban aldeas veciñas ou
os camiños que comunicaban cos montes dos arredores que
constituían un espazo forestal do que se obtiñan produtos
indispensables na conformacion da economía rural; estámonos a referir a leña, pedra, estrume, pasto para o gando, ...
Estes camiños non sempre eran empedrados pero nas
zonas máis encostadas ou lamentas era bo que se petrificasen
para permitir unha mellor marcha dos carros. Este é o caso do
camiño que sobe da Portamián do Castro na Medialdea de
Belesar e viña cruzando O Río dos Bois e subía paralela á
Regueira da Mexona, polas Aveas, ó pé das Fontaíñas a 300
metros de altura cara as zonas altas da serra. O outro camiño
é aquel que sobe do barrio de Morade e discorre integramente
polos montes de Santa Cristina da Ramallosa acadando pronto
cotas superiores ós 250 metros na Regueira do Retruca á par
do Picoto da Bouza ou As Pedras da Queimada e os máis de
300 metros na Costa de Quelle.
O Outeiro dos Lameiros
ACCESO ÓS OUTROS PETRÓGLIFOS
Desde a zona de entrada ó grupo de petróglifos do
Outeiro dos Lameiros ó lado do petróglifo 17 ollamos cara ó
sur e collemos o carreiro que pasa por diante do portal da
Tomada dos Ineses, este camiño pronto chega a unha pista
que collemos cara a esquerda, baixámola menos de 100 m. e
á esquerda nesa vagoada chamada A REGUEIRA DO
RETRUCA hai dous petróglifos sinalizados.
Volvemos sobre os nosos pasos até a pista e andámola
cara a dereita en sentido ascendente até atoparnos con
outra que collemos á esquerda ó longo duns 400 metros
ollando sempre á nosa esquerda A Regueira do Retruca,
onde remata vemos xa o camiño empedrado que continúa
monte arriba. Na ampla chan da dereita, seguindo a pista,
coñecida como A Chan do Ceboleiro ou A Chan da Bouza
atópase unha mámoa que ollamos recortándose ó fondo.
Pero nós onde vemos o camiño empedrado tiramos pola pista da esquerda e a 200 metros pasamos unha zona chan,
inmediatamente aparece outra valgada e alí á esquerda
33. nunha laxe ben visible temos o petróglifo da Regueira do
Grilo ou A Regueira da Mexona (para os de Baíña).
Facemos o camiño cara atrás e da chan devandita sae
un camiño á esquerda que subimos até chegarmos a unha
pista ancha que vén de San Cosme e vai cara Belesar.
Andámola até atopar á dereita un marabilloso camiño
empedrado, é o que vén da Portamián (A Medialdea,
Belesar). Subimos por el uns douscentos metros e temos que
cortar á esquerda, atravesar outra pista para chegarmos á
parte alta coñecida como O Grichouso ou O Pouso do Bico e
alí atoparmos un conxunto de arte abstracta e muíños naviculares.
UN MONTE VECIÑAL
MULTIFUNCIONAL
NUN MUNDO RURAL VIVO
O Outeiro dos Lameiros
A Estación de Arte Rupestre do Outeiro dos Lameiros
62