SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  20
Télécharger pour lire hors ligne
índice 
Obxectivos 3 
Competencias básicas 3 
Contidos curriculares 4 
Contidos 4 
Actividade de comezo - LECTURA 5 
Carta dos Arroases aos nenos e nenas 10 
O mundo da pesca 12 
Actividade 1 - proposta por Sardiña 12 
Actividade 2 - proposta por Xurelo 13 
Coñecemento das especies 14 
Actividade 3 – proposta por Rodaballo 14 
Actividade 4 – proposta por Troita 15 
Nutrición 16 
Actividade 5 – proposta por Mexillón 16 
Actividade 6 – proposta por Pescada 17 
Actividade 7 – proposta por Lirio 18 
Cuestionario para a clase 19 
Edita:XUNTA DE GALICIA 
Revisión lingüística: Ramiro Combo 
Depósito legal: C 1526-2010 
2
Esta unidade didáctica está deseñada para ser utilizada tras a visita 
ao centro escolar do programa. 
Os principais aspectos do currículo educativo que o profesor ou 
profesora pode abordar desde estes cadernos son: 
Obxectivos 
Os obxectivos de partida desta campaña céntranse en lles transmitir 
aos escolares de Educación Primaria a importancia do peixe e 
o marisco na dieta, en relación coas súas achegas nutritivas, e 
fomentar o seu consumo. Ademais, afondarán no coñecemento das 
especies e o papel das persoas consumidoras á hora de preservar os 
recursos do mar e na posta en valor das profesións do mar. 
Competencias básicas 
**Competencia no coñecemento e na interacción co mundo 
físico. Contidos relacionados co mundo da pesca, o transporte e 
a preparación dos produtos do mar. 
**Competencia en comunicación lingüística. Comprensión lectora 
e expresión escrita. 
**Tratamento da información e competencia dixital. A través de 
descargas e enquisas de avaliación online. 
**Competencia social e cidadá. O consumo de peixe como fonte 
de saúde, e como recurso económico e social. 
**Competencia cultural e artística. O alumnado desenvolverá a 
súa creatividade e habilidades artísticas na representación 
Os Arroases. 
**Autonomía e iniciativa persoal. Novos coñecementos sobre 
o valor do consumo do peixe e do marisco que lles permitirán 
tomar decisións en relación co seu consumo. 
3
Contidos curriculares 
Aínda que os contidos da unidade didáctica se poden tratar desde 
un punto de vista das diferentes áreas de coñecemento, recollemos 
a continuación aqueles relacionados coa área de coñecemento do 
medio natural, social e cultural por ser a área de maior implicación e 
máis directamente relacionada. 
Contidos 
**Valoración dos hábitos de hixiene persoal, de descanso, de 
alimentación equilibrada e de exercicio físico axeitado para 
unha vida saudable. 
**Análise de dietas equilibradas. Clasificación dos alimentos en 
función dos nutrientes principais e identificación de sistemas 
de conservación alimentaria. 
**Identificación de animais e plantas como seres vivos. 
**Recoñecemento das principais características dos animais 
vertebrados e dalgúns invertebrados. Clasificación de animais 
a partir de características observables. 
**Valoración da importancia da existencia de animais e plantas 
para as persoas. 
**Interese e compromiso pola conservación e coidado de animais 
e plantas do contorno. 
**Identificación das formas da actividade económica do contorno 
próximo (traballo, profesións, produción): observación e 
análise de produtos de consumo habitual no contorno e dos 
lugares da súa comercialización (mercados, lonxas...). 
4
5 
Actividade de comezo - LECTURA 
A reunión era moi importante. Luís, 
o patrón de pesca, estaba moi 
preocupado. 
-“A algúns nenos e nenas 
non lles gusta comer 
peixe” –explicou. 
-“Imposible!” – 
berraron os sete 
pequenos superheroes á vez. 
Estaban no barco de Luís, un 
cerqueiro de 20 metros capaz de 
ir e vir por entre as ondas máis 
temibles na súa diaria busca e 
captura de peixe. Aquela era 
a misión máis difícil que lles 
encargaran nunca aos Arroases. 
Ningún deles pensara, ata ese 
momento, que houbese persoas 
ás que non lles gustase o 
peixe. Por que? 
Para saber por que, cómpre explicar 
quen son Os Arroases.
Troita 
Contén retinol (vitamina A), fundamental 
para a vista: MELLOR VISIÓN! 
A troita de mar, tamén chamada reo, péscase 
nas bocas das nosas rías. 
Á prancha, en croquetas ou en pastel, está 
saborosísima! 
6 
Rodaballo 
Contén potasio, moi importante para enviar o 
impulso aos nosos músculos: MÁIS AXILIDADE! 
Péscase en augas pouco profundas. Vive 
camuflado nos fondos areosos. 
Que bo está o rodaballo en paella ou filloas 
recheas! ÑAM ÑAM! 
Xurelo 
Contén niacina (vitamina B3), que favorece o noso 
bo humor: MÁIS DIVERSIÓN! 
Péscase lonxe da costa no inverno e preto dela 
no verán. 
Non deixes de probar a lasaña de xurelo! ÑAM ÑAM!
Pescada 
Contén tiamina (vitamina B1), que é moi importante 
para producirmos enerxía: MÁIS ENERXÍA! 
Péscase no inverno en augas frías e profundas, e no 
verán preto da costa. 
Se a preparas en albóndegas, ao forno ou en 
barriñas, vas chupar os dedos! 
Sardiña 
Contén cobalamina (vitamina B12), que favorece o 
metabolismo e o mantemento do sistema nervioso: 
MÁIS FORZA! 
Péscase botando as redes sobre os grandes 
bancos que forma preto da superficie. 
A sardiña está moi rica en hamburguesa! ÑAM ÑAM! 
Mexillón 
Contén iodo, moi importante para o noso desenvolvemento 
físico e mental: MÁIS INTELIXENCIA! 
Recóllese nas rochas e cultívase en bateas nas rías. 
Se aínda non probaches a fideuá de mexillóns non sabes o 
que perdes! 
7 
Lirio 
Contén un tranquilizante natural que 
axuda a manter a boa saúde do noso 
sistema nervioso: MÁIS TRANQUILIDADE! 
Péscase ás veces a moita profundidade, 
onde vive en grandes bancos. 
A pizza de lirio é deliciosa!
8 
-Non podo crer que non lles guste! Pero se o peixe está 
riquísimo! –exclamou Sardiña. 
-É estupendo para medrar! Non hai máis que vernos! – 
contestoulle Rodaballo. 
-Iso está claro. Pero é verdade que a algúns nenos e nenas 
lles custa un pouco descubrir o seu bo sabor. É como 
montar en bicicleta; ata que aprendes paréceche moi difícil 
e, logo, non a soltas –reflexionou Lirio.
9 
Coma sempre, foi a Mexillón a quen se lle ocorreu unha idea 
para resolver o problema do seu amigo, Luís o patrón. 
-Xa sei o que imos facer –dixo. Temos que ir aos colexios a 
axudarlles a que lles guste o peixe. 
-Iso sería divertidísimo, pero non esquezan que tamén nós 
temos clase! –recordoulle Xurelo. 
-Non o esquezo. Por iso irán Luís e a nosa amiga a cociñeira 
Mariña. E levarán unha mensaxe nosa. 
-Escríboa eu!, apuntouse rapidamente Troita. 
-Vou buscar papel! 
Pescada sempre era a máis rápida. Subiu ao seu monopatín e 
nun intre xa estaba de volta. Esta é a mensaxe que escribiron 
Os Arroases:
Carta dos Arroases aos nenos e nenas 
10 
Rapazas e rapaces: 
Probablemente xa nos coñezades. Se non, 
ídesnos coñecer moi ben, porque vos imos dar 
a roncha durante un bo anaco. 
A vosa profesora ou profesor xa vos contaría 
quen somos, e canto nos gusta comer peixe, e 
como, grazas a iso, temos uns superpoderes 
moi especiais. 
A nosa misión de hoxe é unha das máis 
importantes de cantas emprendemos. 
Imos convencervos de que comades máis 
peixe. 
Por que? Entre outras cousas porque o noso 
amigo Luís, patrón de pesca, nos contou 
que a algunhas nenas e nenos non lles 
gusta demasiado o peixe. E iso é o mesmo que 
dicir que non lles gusta gozar de novos 
e riquísimos sabores, que non lles gusta 
medrar sans e fortes, que non lles gusta ter 
mellor vista, axilidade, intelixencia, forza, 
tranquilidade, enerxía e diversión.
O peixe dános todo iso! 
Resulta que ademais o peixe, e tamén o 
marisco, dan traballo a unha enorme 
cantidade de persoas que cada día se 
esforzan no mar e nas rías para traeren de alí 
todo tipo de especies moi importantes para 
a alimentación de maiores e pequenos. Se non 
comemos peixe, non só imos en contra da nosa 
propia saúde, senón que, ademais, os deixamos 
sen traballo! 
Para comprender por que, cada un de nós 
preparámosvos unha actividade. 
A ver que tal resultan! Esperamos que moi ben. 
Xa nos contaredes. 
Vémonos na nosa páxina web: 
www.osabordaaventuraestanomar.com 
11
O mundo da pesca 
Actividade 1 - proposta por sardiña 
Debate na clase 
Tras a lectura da carta dos Arroases, formúlanselles ás clases as 
seguintes preguntas. A medida que as van respondendo, anímase un 
debate ao redor das diferentes respostas. 
**Gústavos o peixe? A cantos si? A cantos non? 
**Credes que o patrón de pesca ten motivos para estar 
preocupado? 
**Por que? 
**Que levanten a man os que coman peixe máis de catro veces á 
semana. 
**Os que non a levantaron, por que non comen tanto peixe? É 
porque non lles gusta? É porque non llelo poñen na casa? 
**En canto aos que si o comen máis de catro veces á semana, cal é 
o peixe que máis lles gusta? Por que? 
12
Actividade 2 - proposta por Xurelo 
A ruta do peixe 
Saben os alumnos cal é o camiño de comercialización que segue 
o peixe? O profesor ou profesora exponlles a “ruta do peixe” e o 
alumnado debe debuxala. 
**Grupo 1: peixe no mar 
**Grupo 2: barco pesqueiro 
**Grupo 3: a lonxa 
**Grupo 4a: distribuidores almacenistas 
**Grupo 4b: distribuidores para a industria alimentaria 
**Grupo 5: peixaría ou grandes superficies 
**Grupo 6: persoas consumidoras 
Cada grupo fará o seu debuxo nunha cartolina, pondo ben visible o 
nome do paso da ruta. A continuación, o profesor anima un membro 
do primeiro grupo a colocar o debuxo na parede e explicar o que 
debuxaron. Despois, irán facendo o mesmo o resto de grupos ata 
completar a ruta do peixe. 
O profesor pode aproveitar para incitar un debate ou investigación 
sobre o funcionamento da lonxa, a frota pesqueira galega, o prezo do 
peixe, etc. 
13
Coñecemento das especies 
Actividade 3 – proposta por Rodaballo 
E ti... de que peixe es? 
Unha vez máis divídese a clase en 7 grupos, un por cada personaxe 
dos Arroases. A partir dese momento cada grupo debe estudar o seu 
peixe ou marisco correspondente a partir dos seguintes parámetros 
que se poden ver nos carteis da campaña. 
**Aspecto do peixe ou marisco 
**Onde se pesca 
**Beneficio nutritivo 
Deben investigar tamén algunha outra característica que lles pareza 
curiosa ou interesante. 
Por quendas, cada grupo expón as vantaxes do seu peixe e debe 
defendelo ante as preguntas dos compañeiros doutros grupos. 
Finalmente todos votan; ningún grupo pode votarse a si mesmo. 
Queda así escollido o peixe desa aula, que se pode comparar co 
elixido noutras aulas do colexio. 
14
Actividade 4 – proposta por troita 
Nunca menos do seu tamaño 
Divídese a clase en grupos de 4-5 participantes. Previamente 
preparáronse folios ou tarxetas cos debuxos das sete especies 
protagonistas impresas a diferentes tamaños. Estas follas estarán 
distribuídas por toda a aula ou polo espazo de xogo (pódese facer 
nunha pista de deportes, patio, etc.). 
Cada grupo debe escoller un obxecto que represente 
aproximadamente os tamaños mínimos das seguintes especies: 
Xurelo: 15 cm 
Pescada: 27 cm 
Sardiña: 11 cm 
A continuación, un membro de cada grupo intenta recoller un 
debuxo de cada especie que cumpra co tamaño mínimo e levalo 
á súa mesa. Non pode levar consigo o obxecto de referencia. Un 
representante doutro grupo irá comprobar que, efectivamente, o 
tamaño é o adecuado. 
Finaliza o xogo cando non quedan debuxos das especies de peixe 
apropiadas. 
Despois do xogo establécese un debate arredor dos tamaños 
mínimos establecidos por lei: cal é o seu obxectivo?, que 
beneficios ten?, que dificultades presenta para os pescadores? 
15
Nutrición 
Actividade 5 – proposta por Mexillón 
Catro racións á semana! 
Na pirámide alimentaria o peixe ocupa un lugar relevante no 
nivel dos alimentos que se deben consumir “algunhas veces por 
semana”. Estímase que cada persoa debe tomar catro racións 
de peixe á semana. Entregaráselle a cada alumno un cadro para 
anotar a súa dieta ao longo dunha semana escolar: 
16 
Luns Martes Mércores Xoves Venres 
Xantar 
Cea 
**Comparan as pirámides alimentarias, 
localizando a situación do peixe e 
comparándoa coa doutros alimentos. 
**No cadro, anotan os alimentos presentes 
nas principais comidas de cada día. 
Deben colorear de forma rechamante 
cando se inclúa peixe. 
**A ración recomendada para esta 
idade é de entre 100 e 120 gramos 
de peixe limpo (dependendo 
da constitución física, a 
actividade...). Con axuda dunha 
balanza de cociña, deben 
localizar obxectos que teñan 
un peso equivalente para 
poder comparar.
Actividade 6 – proposta por Pescada 
Campaña de publicidade na casa 
Hai que comer máis peixe! Pero non só iso. Ademais, hailles que axudar 
aos Arroases a convencer a todo o mundo. 
Divídese a clase en grupos. Cada un deles debe pensar unha campaña 
de publicidade en forma de cartel para convencer as súas familias e 
amigos, así como o resto do centro escolar, dos moitos beneficios de 
comer peixe. 
En cada cartel debe haber, polo menos: 
**Unha frase - lema que anime ao consumo de peixe 
**Un debuxo alusivo 
**Unha lista de tres razóns polas que convén comer peixe 
**Os nomes dos autores da campaña 
Logo, estes carteis pódense fotocopiar para que cada participante leve 
un para a súa casa e o pegue na porta do frigorífico, por exemplo. 
17
Actividade 7 – proposta por Lirio 
Receitas con peixe 
Os nenos e nenas da clase teñen 
o encargo de lles preguntar ás 
súas familias por unha receita 
doada na que o peixe ocupe 
un lugar destacado como 
ingrediente. 
En cada receita deben apuntar: 
**Utensilios necesarios 
**Ingredientes 
**Cantidades 
**Instrucións de elaboración 
Logo, reúnense todas as receitas, 
gárdanse nunha bolsa e cada 
nena ou neno vai sacando unha, 
que levan á súa casa para que, 
se lles apetece, as cociñen e 
coman en familia. 
18
Cuestionario para a clase 
O profesor ou profesora poderá reunir o alumnado e responder 
individualmente ou en grupo este breve cuestionario, que servirá 
para reforzar os conceptos fundamentais, sobre todo de actitudes dos 
nenos e nenas. 
Agora xa sabes algo máis sobre o importante que é unha alimentación 
sa e que inclúa o peixe, peixe de Galicia. 
Por se nos queda algunha dúbida, responde... 
**Cres agora, máis que antes, que o peixe é fundamental na túa 
dieta? 
**Estás disposto a modificar os teus hábitos alimentarios para obter 
os beneficios que o peixe che achega? 
**Saberías dicir tres especies de peixes de mar de Galicia básicos 
na túa alimentación? 
**Que beneficios pode ter para ti comer máis peixe? 
**Aprendiches algo novo sobre o peixe na dieta que lles poidas 
contar aos teus pais ou irmáns? 
19
20

Contenu connexe

En vedette

En vedette (17)

Libriño outono 6º infantil
Libriño outono 6º infantilLibriño outono 6º infantil
Libriño outono 6º infantil
 
Os alimentos 5º inf.
Os alimentos 5º inf.Os alimentos 5º inf.
Os alimentos 5º inf.
 
The Battledore Walker a 19th Century New Sport
The Battledore Walker a 19th Century New SportThe Battledore Walker a 19th Century New Sport
The Battledore Walker a 19th Century New Sport
 
DEREITOS DOS NENOS E NENAS
DEREITOS DOS NENOS E NENASDEREITOS DOS NENOS E NENAS
DEREITOS DOS NENOS E NENAS
 
Presentación espazo abalar
Presentación espazo abalarPresentación espazo abalar
Presentación espazo abalar
 
Mindmap
MindmapMindmap
Mindmap
 
積算ソフトK2ライト導入検討・使い方ガイド
積算ソフトK2ライト導入検討・使い方ガイド積算ソフトK2ライト導入検討・使い方ガイド
積算ソフトK2ライト導入検討・使い方ガイド
 
Manifesto Pola Paz
Manifesto Pola PazManifesto Pola Paz
Manifesto Pola Paz
 
積算ソフト資料
積算ソフト資料積算ソフト資料
積算ソフト資料
 
Music Magazine Initial Research
Music Magazine Initial ResearchMusic Magazine Initial Research
Music Magazine Initial Research
 
ODB2009: Arendal- og Grimstadregionen
ODB2009: Arendal- og GrimstadregionenODB2009: Arendal- og Grimstadregionen
ODB2009: Arendal- og Grimstadregionen
 
Att00001
Att00001Att00001
Att00001
 
O Magosto
O  MagostoO  Magosto
O Magosto
 
Observar é Aprender
Observar é AprenderObservar é Aprender
Observar é Aprender
 
La Llegenda De Roma
La Llegenda De RomaLa Llegenda De Roma
La Llegenda De Roma
 
Libro do samaín 6º inf.
Libro do samaín 6º inf.Libro do samaín 6º inf.
Libro do samaín 6º inf.
 
A princesa rebelde
A princesa rebeldeA princesa rebelde
A princesa rebelde
 

Similaire à 2º ciclo unidad profesor2-2014

Retallos 2013
Retallos 2013Retallos 2013
Retallos 2013A Solaina
 
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalRevista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalalbinonunez
 
O MAR. Proxecto educativo de centro do CEIP de Xuño.
O MAR. Proxecto educativo de centro do CEIP de Xuño.O MAR. Proxecto educativo de centro do CEIP de Xuño.
O MAR. Proxecto educativo de centro do CEIP de Xuño.Leonor Mazgar
 
182_Unidad_11soldelinguagalegaaaaaaa.pdf
182_Unidad_11soldelinguagalegaaaaaaa.pdf182_Unidad_11soldelinguagalegaaaaaaa.pdf
182_Unidad_11soldelinguagalegaaaaaaa.pdfMoniVL1
 
As nosas mulleres traballadoras.5ºbdef
As nosas mulleres traballadoras.5ºbdefAs nosas mulleres traballadoras.5ºbdef
As nosas mulleres traballadoras.5ºbdefcalcetin5
 
Diario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarelaDiario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarelaCLMNTK2015
 
Diario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarelaDiario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarelachusclimantica
 
Unidade didctica auga
Unidade didctica augaUnidade didctica auga
Unidade didctica augaEstherv
 
A Biodiversidade Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo
A Biodiversidade  Propostas De Lectura Para Infantil E 1º CicloA Biodiversidade  Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo
A Biodiversidade Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclobiblioperillo
 
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010Encarna Lago
 
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010Encarna Lago
 
Memoria piragüismo 14 15
Memoria piragüismo 14 15Memoria piragüismo 14 15
Memoria piragüismo 14 15FELIPEBUCETA
 
Unidade didáctica MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICA
Unidade didáctica  MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICAUnidade didáctica  MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICA
Unidade didáctica MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICAEncarna Lago
 
ACTIVIDAD NÁUTICA PIRAGÜISMO - CURSO 2013-2014
ACTIVIDAD NÁUTICA PIRAGÜISMO - CURSO 2013-2014ACTIVIDAD NÁUTICA PIRAGÜISMO - CURSO 2013-2014
ACTIVIDAD NÁUTICA PIRAGÜISMO - CURSO 2013-2014FELIPEBUCETA
 
Fiadeiro Letras Galegas 2013
Fiadeiro Letras Galegas 2013Fiadeiro Letras Galegas 2013
Fiadeiro Letras Galegas 2013moibon
 
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAR
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MARPaisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAR
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAREncarna Lago
 
Presentacion auga
Presentacion augaPresentacion auga
Presentacion augapatrisantos
 

Similaire à 2º ciclo unidad profesor2-2014 (20)

Retallos 2013
Retallos 2013Retallos 2013
Retallos 2013
 
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalRevista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
 
O MAR. Proxecto educativo de centro do CEIP de Xuño.
O MAR. Proxecto educativo de centro do CEIP de Xuño.O MAR. Proxecto educativo de centro do CEIP de Xuño.
O MAR. Proxecto educativo de centro do CEIP de Xuño.
 
Saúde e boas ondas!
Saúde e boas ondas!Saúde e boas ondas!
Saúde e boas ondas!
 
182_Unidad_11soldelinguagalegaaaaaaa.pdf
182_Unidad_11soldelinguagalegaaaaaaa.pdf182_Unidad_11soldelinguagalegaaaaaaa.pdf
182_Unidad_11soldelinguagalegaaaaaaa.pdf
 
As nosas mulleres traballadoras.5ºbdef
As nosas mulleres traballadoras.5ºbdefAs nosas mulleres traballadoras.5ºbdef
As nosas mulleres traballadoras.5ºbdef
 
Diario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarelaDiario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarela
 
Diario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarelaDiario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarela
 
Unidade didctica auga
Unidade didctica augaUnidade didctica auga
Unidade didctica auga
 
A Biodiversidade Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo
A Biodiversidade  Propostas De Lectura Para Infantil E 1º CicloA Biodiversidade  Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo
A Biodiversidade Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo
 
Memoria 2013 mar
Memoria 2013 marMemoria 2013 mar
Memoria 2013 mar
 
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
 
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
 
Memoria piragüismo 14 15
Memoria piragüismo 14 15Memoria piragüismo 14 15
Memoria piragüismo 14 15
 
Unidade didáctica MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICA
Unidade didáctica  MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICAUnidade didáctica  MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICA
Unidade didáctica MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICA
 
ACTIVIDAD NÁUTICA PIRAGÜISMO - CURSO 2013-2014
ACTIVIDAD NÁUTICA PIRAGÜISMO - CURSO 2013-2014ACTIVIDAD NÁUTICA PIRAGÜISMO - CURSO 2013-2014
ACTIVIDAD NÁUTICA PIRAGÜISMO - CURSO 2013-2014
 
Fiadeiro Letras Galegas 2013
Fiadeiro Letras Galegas 2013Fiadeiro Letras Galegas 2013
Fiadeiro Letras Galegas 2013
 
Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo
Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier CristoboUnidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo
Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo
 
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAR
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MARPaisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAR
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAR
 
Presentacion auga
Presentacion augaPresentacion auga
Presentacion auga
 

Plus de Marta Pérez Lage

Plus de Marta Pérez Lage (20)

Libros de texto 20 21.
Libros de texto 20 21.Libros de texto 20 21.
Libros de texto 20 21.
 
Libros de texto 20 21
Libros de texto 20 21Libros de texto 20 21
Libros de texto 20 21
 
Biografia de Ricardo Carvalho Calero
Biografia de Ricardo Carvalho CaleroBiografia de Ricardo Carvalho Calero
Biografia de Ricardo Carvalho Calero
 
Carpeta emocional
Carpeta emocionalCarpeta emocional
Carpeta emocional
 
CANCIÓNS DO Entroido 2020
CANCIÓNS DO Entroido 2020CANCIÓNS DO Entroido 2020
CANCIÓNS DO Entroido 2020
 
Actividades da ANPA
Actividades da ANPAActividades da ANPA
Actividades da ANPA
 
Muralla de lugo (galego)
Muralla de lugo (galego)Muralla de lugo (galego)
Muralla de lugo (galego)
 
A nosa flora
A nosa floraA nosa flora
A nosa flora
 
Extraescolares 18-19
Extraescolares 18-19Extraescolares 18-19
Extraescolares 18-19
 
Oferta actividades ANPA 18-19
Oferta actividades ANPA 18-19Oferta actividades ANPA 18-19
Oferta actividades ANPA 18-19
 
Apa celeiroo
Apa celeirooApa celeiroo
Apa celeiroo
 
Libros de texto 18 19
Libros de texto 18 19Libros de texto 18 19
Libros de texto 18 19
 
Libros de texto 18 19
Libros de texto 18 19Libros de texto 18 19
Libros de texto 18 19
 
Diptico Mª Victoria Moreno
Diptico Mª Victoria MorenoDiptico Mª Victoria Moreno
Diptico Mª Victoria Moreno
 
Programa microrrede 2018
Programa microrrede 2018Programa microrrede 2018
Programa microrrede 2018
 
Dia internacional da arte
Dia internacional da arteDia internacional da arte
Dia internacional da arte
 
Carta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDE
Carta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDECarta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDE
Carta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDE
 
Biografía de Rosalia de Castro
Biografía de  Rosalia de CastroBiografía de  Rosalia de Castro
Biografía de Rosalia de Castro
 
Matriarcas / Chea de vida
Matriarcas / Chea de vidaMatriarcas / Chea de vida
Matriarcas / Chea de vida
 
Adios ríos, adios fontes e pasa río
Adios ríos, adios fontes e pasa ríoAdios ríos, adios fontes e pasa río
Adios ríos, adios fontes e pasa río
 

2º ciclo unidad profesor2-2014

  • 1.
  • 2. índice Obxectivos 3 Competencias básicas 3 Contidos curriculares 4 Contidos 4 Actividade de comezo - LECTURA 5 Carta dos Arroases aos nenos e nenas 10 O mundo da pesca 12 Actividade 1 - proposta por Sardiña 12 Actividade 2 - proposta por Xurelo 13 Coñecemento das especies 14 Actividade 3 – proposta por Rodaballo 14 Actividade 4 – proposta por Troita 15 Nutrición 16 Actividade 5 – proposta por Mexillón 16 Actividade 6 – proposta por Pescada 17 Actividade 7 – proposta por Lirio 18 Cuestionario para a clase 19 Edita:XUNTA DE GALICIA Revisión lingüística: Ramiro Combo Depósito legal: C 1526-2010 2
  • 3. Esta unidade didáctica está deseñada para ser utilizada tras a visita ao centro escolar do programa. Os principais aspectos do currículo educativo que o profesor ou profesora pode abordar desde estes cadernos son: Obxectivos Os obxectivos de partida desta campaña céntranse en lles transmitir aos escolares de Educación Primaria a importancia do peixe e o marisco na dieta, en relación coas súas achegas nutritivas, e fomentar o seu consumo. Ademais, afondarán no coñecemento das especies e o papel das persoas consumidoras á hora de preservar os recursos do mar e na posta en valor das profesións do mar. Competencias básicas **Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico. Contidos relacionados co mundo da pesca, o transporte e a preparación dos produtos do mar. **Competencia en comunicación lingüística. Comprensión lectora e expresión escrita. **Tratamento da información e competencia dixital. A través de descargas e enquisas de avaliación online. **Competencia social e cidadá. O consumo de peixe como fonte de saúde, e como recurso económico e social. **Competencia cultural e artística. O alumnado desenvolverá a súa creatividade e habilidades artísticas na representación Os Arroases. **Autonomía e iniciativa persoal. Novos coñecementos sobre o valor do consumo do peixe e do marisco que lles permitirán tomar decisións en relación co seu consumo. 3
  • 4. Contidos curriculares Aínda que os contidos da unidade didáctica se poden tratar desde un punto de vista das diferentes áreas de coñecemento, recollemos a continuación aqueles relacionados coa área de coñecemento do medio natural, social e cultural por ser a área de maior implicación e máis directamente relacionada. Contidos **Valoración dos hábitos de hixiene persoal, de descanso, de alimentación equilibrada e de exercicio físico axeitado para unha vida saudable. **Análise de dietas equilibradas. Clasificación dos alimentos en función dos nutrientes principais e identificación de sistemas de conservación alimentaria. **Identificación de animais e plantas como seres vivos. **Recoñecemento das principais características dos animais vertebrados e dalgúns invertebrados. Clasificación de animais a partir de características observables. **Valoración da importancia da existencia de animais e plantas para as persoas. **Interese e compromiso pola conservación e coidado de animais e plantas do contorno. **Identificación das formas da actividade económica do contorno próximo (traballo, profesións, produción): observación e análise de produtos de consumo habitual no contorno e dos lugares da súa comercialización (mercados, lonxas...). 4
  • 5. 5 Actividade de comezo - LECTURA A reunión era moi importante. Luís, o patrón de pesca, estaba moi preocupado. -“A algúns nenos e nenas non lles gusta comer peixe” –explicou. -“Imposible!” – berraron os sete pequenos superheroes á vez. Estaban no barco de Luís, un cerqueiro de 20 metros capaz de ir e vir por entre as ondas máis temibles na súa diaria busca e captura de peixe. Aquela era a misión máis difícil que lles encargaran nunca aos Arroases. Ningún deles pensara, ata ese momento, que houbese persoas ás que non lles gustase o peixe. Por que? Para saber por que, cómpre explicar quen son Os Arroases.
  • 6. Troita Contén retinol (vitamina A), fundamental para a vista: MELLOR VISIÓN! A troita de mar, tamén chamada reo, péscase nas bocas das nosas rías. Á prancha, en croquetas ou en pastel, está saborosísima! 6 Rodaballo Contén potasio, moi importante para enviar o impulso aos nosos músculos: MÁIS AXILIDADE! Péscase en augas pouco profundas. Vive camuflado nos fondos areosos. Que bo está o rodaballo en paella ou filloas recheas! ÑAM ÑAM! Xurelo Contén niacina (vitamina B3), que favorece o noso bo humor: MÁIS DIVERSIÓN! Péscase lonxe da costa no inverno e preto dela no verán. Non deixes de probar a lasaña de xurelo! ÑAM ÑAM!
  • 7. Pescada Contén tiamina (vitamina B1), que é moi importante para producirmos enerxía: MÁIS ENERXÍA! Péscase no inverno en augas frías e profundas, e no verán preto da costa. Se a preparas en albóndegas, ao forno ou en barriñas, vas chupar os dedos! Sardiña Contén cobalamina (vitamina B12), que favorece o metabolismo e o mantemento do sistema nervioso: MÁIS FORZA! Péscase botando as redes sobre os grandes bancos que forma preto da superficie. A sardiña está moi rica en hamburguesa! ÑAM ÑAM! Mexillón Contén iodo, moi importante para o noso desenvolvemento físico e mental: MÁIS INTELIXENCIA! Recóllese nas rochas e cultívase en bateas nas rías. Se aínda non probaches a fideuá de mexillóns non sabes o que perdes! 7 Lirio Contén un tranquilizante natural que axuda a manter a boa saúde do noso sistema nervioso: MÁIS TRANQUILIDADE! Péscase ás veces a moita profundidade, onde vive en grandes bancos. A pizza de lirio é deliciosa!
  • 8. 8 -Non podo crer que non lles guste! Pero se o peixe está riquísimo! –exclamou Sardiña. -É estupendo para medrar! Non hai máis que vernos! – contestoulle Rodaballo. -Iso está claro. Pero é verdade que a algúns nenos e nenas lles custa un pouco descubrir o seu bo sabor. É como montar en bicicleta; ata que aprendes paréceche moi difícil e, logo, non a soltas –reflexionou Lirio.
  • 9. 9 Coma sempre, foi a Mexillón a quen se lle ocorreu unha idea para resolver o problema do seu amigo, Luís o patrón. -Xa sei o que imos facer –dixo. Temos que ir aos colexios a axudarlles a que lles guste o peixe. -Iso sería divertidísimo, pero non esquezan que tamén nós temos clase! –recordoulle Xurelo. -Non o esquezo. Por iso irán Luís e a nosa amiga a cociñeira Mariña. E levarán unha mensaxe nosa. -Escríboa eu!, apuntouse rapidamente Troita. -Vou buscar papel! Pescada sempre era a máis rápida. Subiu ao seu monopatín e nun intre xa estaba de volta. Esta é a mensaxe que escribiron Os Arroases:
  • 10. Carta dos Arroases aos nenos e nenas 10 Rapazas e rapaces: Probablemente xa nos coñezades. Se non, ídesnos coñecer moi ben, porque vos imos dar a roncha durante un bo anaco. A vosa profesora ou profesor xa vos contaría quen somos, e canto nos gusta comer peixe, e como, grazas a iso, temos uns superpoderes moi especiais. A nosa misión de hoxe é unha das máis importantes de cantas emprendemos. Imos convencervos de que comades máis peixe. Por que? Entre outras cousas porque o noso amigo Luís, patrón de pesca, nos contou que a algunhas nenas e nenos non lles gusta demasiado o peixe. E iso é o mesmo que dicir que non lles gusta gozar de novos e riquísimos sabores, que non lles gusta medrar sans e fortes, que non lles gusta ter mellor vista, axilidade, intelixencia, forza, tranquilidade, enerxía e diversión.
  • 11. O peixe dános todo iso! Resulta que ademais o peixe, e tamén o marisco, dan traballo a unha enorme cantidade de persoas que cada día se esforzan no mar e nas rías para traeren de alí todo tipo de especies moi importantes para a alimentación de maiores e pequenos. Se non comemos peixe, non só imos en contra da nosa propia saúde, senón que, ademais, os deixamos sen traballo! Para comprender por que, cada un de nós preparámosvos unha actividade. A ver que tal resultan! Esperamos que moi ben. Xa nos contaredes. Vémonos na nosa páxina web: www.osabordaaventuraestanomar.com 11
  • 12. O mundo da pesca Actividade 1 - proposta por sardiña Debate na clase Tras a lectura da carta dos Arroases, formúlanselles ás clases as seguintes preguntas. A medida que as van respondendo, anímase un debate ao redor das diferentes respostas. **Gústavos o peixe? A cantos si? A cantos non? **Credes que o patrón de pesca ten motivos para estar preocupado? **Por que? **Que levanten a man os que coman peixe máis de catro veces á semana. **Os que non a levantaron, por que non comen tanto peixe? É porque non lles gusta? É porque non llelo poñen na casa? **En canto aos que si o comen máis de catro veces á semana, cal é o peixe que máis lles gusta? Por que? 12
  • 13. Actividade 2 - proposta por Xurelo A ruta do peixe Saben os alumnos cal é o camiño de comercialización que segue o peixe? O profesor ou profesora exponlles a “ruta do peixe” e o alumnado debe debuxala. **Grupo 1: peixe no mar **Grupo 2: barco pesqueiro **Grupo 3: a lonxa **Grupo 4a: distribuidores almacenistas **Grupo 4b: distribuidores para a industria alimentaria **Grupo 5: peixaría ou grandes superficies **Grupo 6: persoas consumidoras Cada grupo fará o seu debuxo nunha cartolina, pondo ben visible o nome do paso da ruta. A continuación, o profesor anima un membro do primeiro grupo a colocar o debuxo na parede e explicar o que debuxaron. Despois, irán facendo o mesmo o resto de grupos ata completar a ruta do peixe. O profesor pode aproveitar para incitar un debate ou investigación sobre o funcionamento da lonxa, a frota pesqueira galega, o prezo do peixe, etc. 13
  • 14. Coñecemento das especies Actividade 3 – proposta por Rodaballo E ti... de que peixe es? Unha vez máis divídese a clase en 7 grupos, un por cada personaxe dos Arroases. A partir dese momento cada grupo debe estudar o seu peixe ou marisco correspondente a partir dos seguintes parámetros que se poden ver nos carteis da campaña. **Aspecto do peixe ou marisco **Onde se pesca **Beneficio nutritivo Deben investigar tamén algunha outra característica que lles pareza curiosa ou interesante. Por quendas, cada grupo expón as vantaxes do seu peixe e debe defendelo ante as preguntas dos compañeiros doutros grupos. Finalmente todos votan; ningún grupo pode votarse a si mesmo. Queda así escollido o peixe desa aula, que se pode comparar co elixido noutras aulas do colexio. 14
  • 15. Actividade 4 – proposta por troita Nunca menos do seu tamaño Divídese a clase en grupos de 4-5 participantes. Previamente preparáronse folios ou tarxetas cos debuxos das sete especies protagonistas impresas a diferentes tamaños. Estas follas estarán distribuídas por toda a aula ou polo espazo de xogo (pódese facer nunha pista de deportes, patio, etc.). Cada grupo debe escoller un obxecto que represente aproximadamente os tamaños mínimos das seguintes especies: Xurelo: 15 cm Pescada: 27 cm Sardiña: 11 cm A continuación, un membro de cada grupo intenta recoller un debuxo de cada especie que cumpra co tamaño mínimo e levalo á súa mesa. Non pode levar consigo o obxecto de referencia. Un representante doutro grupo irá comprobar que, efectivamente, o tamaño é o adecuado. Finaliza o xogo cando non quedan debuxos das especies de peixe apropiadas. Despois do xogo establécese un debate arredor dos tamaños mínimos establecidos por lei: cal é o seu obxectivo?, que beneficios ten?, que dificultades presenta para os pescadores? 15
  • 16. Nutrición Actividade 5 – proposta por Mexillón Catro racións á semana! Na pirámide alimentaria o peixe ocupa un lugar relevante no nivel dos alimentos que se deben consumir “algunhas veces por semana”. Estímase que cada persoa debe tomar catro racións de peixe á semana. Entregaráselle a cada alumno un cadro para anotar a súa dieta ao longo dunha semana escolar: 16 Luns Martes Mércores Xoves Venres Xantar Cea **Comparan as pirámides alimentarias, localizando a situación do peixe e comparándoa coa doutros alimentos. **No cadro, anotan os alimentos presentes nas principais comidas de cada día. Deben colorear de forma rechamante cando se inclúa peixe. **A ración recomendada para esta idade é de entre 100 e 120 gramos de peixe limpo (dependendo da constitución física, a actividade...). Con axuda dunha balanza de cociña, deben localizar obxectos que teñan un peso equivalente para poder comparar.
  • 17. Actividade 6 – proposta por Pescada Campaña de publicidade na casa Hai que comer máis peixe! Pero non só iso. Ademais, hailles que axudar aos Arroases a convencer a todo o mundo. Divídese a clase en grupos. Cada un deles debe pensar unha campaña de publicidade en forma de cartel para convencer as súas familias e amigos, así como o resto do centro escolar, dos moitos beneficios de comer peixe. En cada cartel debe haber, polo menos: **Unha frase - lema que anime ao consumo de peixe **Un debuxo alusivo **Unha lista de tres razóns polas que convén comer peixe **Os nomes dos autores da campaña Logo, estes carteis pódense fotocopiar para que cada participante leve un para a súa casa e o pegue na porta do frigorífico, por exemplo. 17
  • 18. Actividade 7 – proposta por Lirio Receitas con peixe Os nenos e nenas da clase teñen o encargo de lles preguntar ás súas familias por unha receita doada na que o peixe ocupe un lugar destacado como ingrediente. En cada receita deben apuntar: **Utensilios necesarios **Ingredientes **Cantidades **Instrucións de elaboración Logo, reúnense todas as receitas, gárdanse nunha bolsa e cada nena ou neno vai sacando unha, que levan á súa casa para que, se lles apetece, as cociñen e coman en familia. 18
  • 19. Cuestionario para a clase O profesor ou profesora poderá reunir o alumnado e responder individualmente ou en grupo este breve cuestionario, que servirá para reforzar os conceptos fundamentais, sobre todo de actitudes dos nenos e nenas. Agora xa sabes algo máis sobre o importante que é unha alimentación sa e que inclúa o peixe, peixe de Galicia. Por se nos queda algunha dúbida, responde... **Cres agora, máis que antes, que o peixe é fundamental na túa dieta? **Estás disposto a modificar os teus hábitos alimentarios para obter os beneficios que o peixe che achega? **Saberías dicir tres especies de peixes de mar de Galicia básicos na túa alimentación? **Que beneficios pode ter para ti comer máis peixe? **Aprendiches algo novo sobre o peixe na dieta que lles poidas contar aos teus pais ou irmáns? 19
  • 20. 20