SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  16
Télécharger pour lire hors ligne
Plan de autoavaliación
                          e mellora da calidade da educación
                                       en centros educativos.


LINEA DE TRABALLO:   competencia “aprender a aprender”

Curso 2011-12.




   Centro: IES DA POBRA DO CARAMIÑAL
Cóntamo e olvidareino,
      amósamo e recordareino,
involúcrame e comprendereino.
1. Xustificación do proxecto.

2. Plantexamento e obxectivos.

3. Avaliación inicial.

4. Formación:
        Profesorado
        Alumnado
        Familias

5. Actividades a desenvolver.
          Profesorado
          Alumnado
          Familias

6. Repercusión no centro.

7. Continuidade do proxecto no tempo.

8. Metodoloxía e temporalización.

9. Recursos dispoñibles e necesidades orzamentarias.

10. Avaliación do proxecto.

11. Anexos.
1. XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO



A calidade do ensino ten que ser sempre obxectivo prioritario en calquera centro educativo, por elo, tódalas
actuacións encamiñadas á súa avaliación e mellora deben ser acollidas con entusiasmo.

En particular, o ensino por competencias e o traballo por proxectos veñen abrindo vías de aprendizaxe
integradoras e cunha ampla riqueza de matices educativos que contribúen notablemente á madurez do
alumnado.

De entre tódalas competencias, consideramos importante abordar nos primeiros lugares a de aprender a
aprender xa que resulta básica no desenvolvemento do proceso educativo, especialmente chegados a esta
era, onde os cambios sucédense con tanta rapidez, que consideramos que a mellor ensinanza que lle
podemo aportar ao noso alumnado e a da aprendizaxe autónoma, que lles dote da capacidade de seguir
aprendendo e adaptándose ó longo da súa vida:

        •   mesmo que o neno que aprende a andar ao principio necesita apoios e a supervisión dun adulto,
            tamén todo aprendizaxe está orientado a que a persoa que aprende poida un día aprender de
            forma autónoma.
        •   Nunha situación de aprendizaxe para toda a vida, o aprender a aprender convértese nunha
            destreza necesaria en si mesma.
        •   A persoa debe ser capaz de definir os seus obxectivos de aprendizaxe, de desenvolver un plan
            para alcanzalos, de aplicar o esforzo e a vontade necesarios e de avaliar os resultados da súa
            aprendizaxe.

A competencia de Aprender a aprender, implica desenvolver aspectos tanto cognitivos como emocionais:
         Desde logo, supón adquirir determinadas capacidades que permiten ao estudante coñecer e regular
        os seus propios procesos de aprendizaxe.
        Pero de nada serve coñecerse como aprendiz se o que vemos ao analizarnos desagrádanos e
        lévanos a considerarnos pouco capaces. Non se trata logo de ensinar unicamente determinados
        recursos que axudan a planificar e desenvolver unha tarefa estratexicamente, senón de acompañar
        ao nun proceso que lle permita coñecerse como aprendiz, aceptarse e aprender a mellorar.
A autoestima, a capacidade de aceptar o rexeitamento que provoca o erro, a tensión que implica manter o
esforzo son algunhas das dimensións de aprender a aprender que con maior claridade revelan a súa
natureza emocional.

 Ensinar a aprender a aprender significa conseguir que os alumno-as experimenten o pracer que produce
entender algo que antes non comprendian, resolver un problema que se nos resistía, … sentirnos capaces en
último termo.

O traballo colaborativo constitúe así mesmo un dos alicerces de aprender a aprender: traballar con outros
axuda a tomar conciencia dos propios procesos cognitivos e emocionais, ao traballar cos outros, debemos
pornos de acordo nos obxectivos e pensar sobre eles; debemos acordar como avanzar, pensar sobre as
estratexias e pasos; debemos detectar erros propios e alleos, e dar explicacións de por que o consideramos
un erro; debemos chegar a unha solución compartida, e explicar por que esa é a solución correcta.


Avaliación previa.

Dos resultados da avaliación previa (ver anexo), podemos e debemos extraer varias conclusións:

Profesorado: a gran maioría do profesorado manifesta ter bastantes coñecementos sobre as competencias,
aínda que a súa aplicación é relativamente baixa,e referíndose á competencia de “aprender a aprender”
manifestan non avaliala.
Parece coherente pensar que o baixo nivel de aplicación das competencias se deba ou ben a unha formación
insuficiente ou excesivamente teórica, que crea inseguridades para a súa posta en práctica, ou ben por falta
de motivación. En canto ó concepto de avaliación das mesmas, é moi probable que non se saiba identificar
como tal algúns dos procesos habituais de avaliación, que se levan a cabo de xeito habitual, pero non se
identifican particularmente ca competencia de aprender a aprender.
Este proxecto debería por tanto orientarse a dotar ó profesorado de coñecementos suficientes sobre as
competencias en xeral e sobre a de aprender a aprender en particular; deberá igualmente prover dun marco
onde se realicen e estimulen a aplicación práctica deses coñecementos, ó mesmo tempo que se identifican
os procesos avaliativos e se deseñan ferramentas para a súa implementación.

Alumnado: a avaliación previa do alumnado aportou algúns resultados esperados e outros algo
sorprendentes, mesmo merecedores de profundización nunha avaliación inicial ó principio do vindeiro curso.
En todo caso sí que resulta evidente que hai unha importante relación entre aqueles alumno-as que aplican
correctamente as técnicas de estudo e os resultados académicos obtidos, ó igual que se aprecia esta
relación entre os bos resultados e un alto grado de autoestima.
Por outra banda temos un grupo de alumnado que manifesta, nunha primeira aproximación, aplicar técnicas
de estudo, aínda que ó ter que concretalas de xeito detallado amosa lagoas e inseguridades, obtendo logo
uns resultados académicos floxos e dispares.
Así, por un lado vemos a importancia que para o alumnado ten saber aprender, e por outro vemos a
necesidade de mellorar a súa formación e boas prácticas ó respecto.
O presente proxecto debería aportar ó profesorado as ferramentas suficientes para poder levar a cabo esta
tarefa, e tamén definir e poñer en marcha prácticas e actividades que aporten ao alumnado a suficiente
información e motivación para a súa posta en práctica.

Familias: probablemente a conclusión mais clara e importante que se obtén da avaliación das prácticas
familiares con respecto ós resultados académicos, sexa que o alumnado que obtén bos resultados é o que
conta cun alto grado de implicación da familia nos seus estudos, independentemente de que reciba ou non
outros reforzos didácticos fora do instituto.
Parece evidente, por tanto, que o proxecto deberá incidir sobremaneira en fomentar esta implicación familiar;
para elo deberá diseñarse e por en práctica os canles para achegar ás familias esta información, que reforce
a súa motivación de implicarse no proceso, e logo dotar ós pais e nais da formacións axeitada e das
ferramentas necesarias para establecer as boas prácticas familiares que reforcen as dos seus fillos.
2. PRANTEXAMENTO E OBXECTIVOS DO PROXECTO:


O obxectivo principal está reflectido no título: mellora da calidade do ensino. E, posto que no ensino
interveñen fundamentalemnte tres estamentos, deberase actuar sobre os tres:
            •   O alumnado como destinatario final e axente causante e receptor de todo esforzo educativo;

            •   O profesorado como motor e condutor principal do proceso educativo;

            •   As familias, como responsables, garantes e axente de reforzo de dito proceso.
Debemos por tanto, prantexar o presente proxecto a tres bandas, ou dicir que son tres proxectos vencellados
entre si, e que necesariamente camiñan da man en todo momento. Así haberá que atender os procesos
formativos, desenvolvemento de actividades e procesos avaliativos dos tres estamentos independentemente,
que non por separado. Durante o curso no que se desenvolva o presente proxecto incidirase mais na
formación do profesorado, como base e vehículo de transmisión para os outros estamentos.
Todo isto englóbase nun marco que é o centro de ensino, así que deberemos contextualizar tódalas
actuacións dentro da situación de implantación das competencias no centro, e simultánea e
consecuentemente adaptar a organización, o PEC e o PXA do centro ó enfoque da educación por
competencias.
E, mesmo considerando un marco mais amplo, o concello de Pobra só conta co noso instituto, pero sí que
dispón de varios centros de primaria, polo que sería interesante coordinar con eles os eixes de traballo, para
que o alumnado tivese unha continuidade nas boas prácticas.
Debido a todo isto, a participación no proxecto debe incluír non só un amplo sector do profesorado, senón
tamén profesorado do departamento de orientación e membros do equipo directivo; pero tamén deberá
asegurarse unha fluída e continua comunicación, ao longo de toda a duración do proxecto, cos pais e nais, e
co profesorado e equipos directivos dos colexios de educación primaria.


Obxectivos xerais:

    •   Ampliar a formación en educación por competencias de toda a comunidade educativa.
    •   Revisar e adaptar a documentación e as dinámicas do centro á avaliación por competencias.
    •   Acadar a adecuada formación e coordinación nas actuacións do profesorado na liña de ensinar a
        aprender.
    •   Ensinar ao alumnado a regular os seus propios procesos de aprendizaxe; é dicir a planificar,
        supervisar e avaliar o seu comportamento cando se enfrontan a calquera tarefa escolar.
    •   Coordinar e unificar criterios de actuación, nos procesos de aprender a aprender, cos centros de
        primaria vencellados ao instituto.

Obxectivos para o profesorado:

    •   Reflexionar sobre o carácter innovador da Educación por Competencias.
    •   Estudar a lexislación vixente e os principais documentos sobre competencias.
    •   Profundizar na relación entre as competencias básicas e a Educación Secundaria.
    •   Deseñar tarefas integradas para a educación por competencias.
    •   Definir os mecanismos de avaliación das competencias básicas.
•   Asumir a capacitación e a formación en centros como mecanismo de innovación educativa en
        relación cas competencias básicas.
    •   Acadar o adecuado nivel competencial teórico e práctico que permita e fomente a praxis diaria.
    •   Transmitir ó alumnado e ás familias a parte correspondente dos coñecementos adquiridos.


Obxectivos para o alumnado:
VALORAR a importancia da aprendizaxe autónoma no ámbitos persoal, educativo e laboral.
   •  Ser capaz de continuar aprendendo de maneira cada vez mais eficaz e autónoma dacordo aos
     propios obxectivos e necesidades.

COÑECER E APLICAR as distintas estratexias e técnicas de estudio,
        • Observación e rexistro sistemático de feitos e relacións,
        •   Traballo cooperativo e por proxectos,
        •   Resolución de problemas,
        •   Planificación e organización de actividades e tempos de forma efectiva,
        • Coñecemento dos diferentes recursos e fontes para a recollida, seleción e tratamento da
           información.


SABER definir e priorizar os obxectivos.
    •    Ser consciente do que se sabe e do que é necesario aprender e de cómo se aprende.
    •    Coñecer as propias potencialidades e carencias.
    •    Tomar conciencia do que se pode facer por un mesmo.
    •    Adquirir conciencia das propias capacidades (intelectuais, emocionais, físicas), do proceso e das
        estratexias necesarias para desenvolvelas,

APRENDER a valorar o tempo e organizalo de forma mais eficiente
    •    Plantexarse metas alcanzables a corto, medio e largo prazo e cumprilas, elevando os obxectivos de
        aprendizaxe de forma progresiva e realista.
    •    Perseverar no aprendizaxe, acadar responsabilidade e compromiso persoal, saber administrar o
        esforzo.

AUMENTAR progresivamente a autoestima e a seguridade para afrontar novos retos de aprendizaxe.
  •   Acadar un sentimento de competencia persoal, que redunda na motivación, a confianza nun mesmo
     e o gusto por aprender.
  • Ter conciencia de aquelas capacidades que entran en xogo na aprendizaxe, como a atención, a
     concentración, a memoria, a comprensión e a expresión lingüística ou a motivación.

SER CAPAZ de autoevaluarse e autorregularse; aceptar os erros e aprender de e cos demais.


Obxectivos para as familias:

    •   Acadar conciencia da importancia e das posibilidades de actuación no desenvolvemento dos estudos
        dos seus fillo-as, e no seu desenrolo persoal.
    •   Aumentar a participación activa nos procesos de aprendizaxe do seus fillos.
            o Facilitar espazos axeitados.
            o Saber asignar os tempos de traballo e lecer.
            o Supervisar as condicións e a realización das tarefas de estudo.
            o Prestar apoio afectivo e aumentar a autoestima.
    •   Mellorar a intercomunicación entre as familias e o centro de estudos.
3. AVALIACIÓN INICIAL.


Boa parte desta avaliación realizouse previamente ó desenvolvemento do proxecto. (Ver memoria da
avaliación previa.)
Aínda así, e mesmo á vista dalgúns dos resultados obtidos en dita avaliación previa, particularmente entre o
alumnado, parece convinte realizar unha avaliación inicial ó principio de curso e do proxecto, para profundizar
algúns aspectos, e aclarar algunhas conclusións imprecisas.

Así, sería convinte analizar os seguintes aspectos:

Para o alumando definiranse algúns items moi concretos, entre os que consideramos importante unha proba
sobre lectura rápida e comprensiva a principio de curso, e repetila a finais de curso, para ver a posible
evolución.

Para o profesorado elaborarase un dossier básico sobre competencias, para que cada participante se
informe sobre as competencias e estableza unha valoración sobre a súa posición persoal nas mesmas.
Tamén se realizará unha enquisa sobre elementos concretos de compentencias na programación de
asignatura e de aula.

Para as familias elaborarase unha enquisa sobre as condicións e hábitos de estudo dos alumnos que, ó
mesmo tempo que nos aporta información, sirva de elemento formativo e de reflexión para a familia.

Para a situación xeral do centro podemos empregar o análise DAFO ( Debilidades, Ameazas, Fortalezas e
Oportunidades), o que nos debería permitir establecer un plan de traballo axustado ás necesidades e
intereses do centro, tentando acadar que as fortalezas e oportunidades se desenvolvan ata superar as
debilidades e ameazas.
4. FORMACIÓN


Profesorado.

A formación do profesorado levarase a cabo mediante sesións formativas con poñentes externos, sesións de
traballo conxunto en grupos, e o estudo individual da documentación e bibliografía existentes. Asimesmo, ca
práctica na aula completarase a formación no seu aspecto práctico.

Os temas a desenvolver no eido formativo:
    Educación e avaliación por competencias.
            Que son as competencias básicas?
            Programación baseada en competencias e enfoque por tarefas
            Estratexias docentes para as competencias
            A avaliación das competencias
            Competencias como Proxecto Educativo de Centro.
    Aprender a ensinar.
    Ensinar a aprender.
    Abalar, as TIC e as competencias

Alumnado.

A formación do alumnado en aspectos específicos deberase facer primeiramente a través da actuación de
cada profesor-a na súa materia, pero tamén a través das titorías, o departamento de orientación, e mesmo de
xornadas adicadas especificamente a aprender a aprender.

Os temas a desenvolver:
    Técnicas de estudio.
    Técnicas de control do tempo.
            Axenda escolar
    Autoestima e motivación.
    Autoavaliación.

Familias.

Parte da formación dos pais e nais faise nas reunións periódicas ca dirección, cos titores e co equipo de
orientación. Pero, ademais, para a formación das familias deberemos botar man de recursos alleos ó propio
proxecto: moi probablemente a través da escola de pais/nais, en colaboración ca ANPA do centro.

Temas:
   Importancia e posibilidades de axuda da familia na aprendizaxe.
   A autoestima e a motivación dos estudantes.
   O tempo adicado a aprender: cómo organizalo e controlalo.
   Estilos parentais e a repercusión na aprendizaxe.
5. ACTIVIDADES A DESENVOLVER
Deberanse establecer reunións entre representantes do centro (equipo directivo, equipo de orientación,
coordinador deste proxecto, …) e o profesorado dos centros de primaria, para coordinar enfoques e
actuacións encamiñadas a sentar bases e dar continuidade ós procesos de aprender a aprender.

Actividades a desenvolver polo profesorado.

       •   Organizar e acudir a conferencias formativas con poñentes externos ó centro.
       •   Proceder a realizar unha revisión documental, no eido das competencias:
               o Da documentación do centro: PEC, PXA, programacións, etc.
               o Lexislación existente a este respecto.
               o Outros proxectos do centro que poidan interactuar con este (clube de lectura, PLAMBE,
                   mediación, …).
       •   Documentación dispoñible sobre este tema: bibliografía, internet, …
       •   Crear un fondo documental e posta a disposición do mesmo para posterior consulta.
       •   Deseñar xornadas sobre a competencia de aprender a aprender, que se desenvolverán este
           curso por primeira vez, e se instaurarán para cursos vindeiros.
       •   Deseñar informes tipo para aplicar nas avaliacións.
       •   Establecer canles de comunicación cos centros de primaria para transmitir as conclusións deste
           proxecto e coordinar actuacións de mellora da calidade educativa.
       •   Desenvolver distintas actividades interdisciplinares para levar a cabo nas aulas:
             O deseño de tarefas integradas é un mecanismo de innovación educativa para ofrecer aos
             nosos estudantes actividades complexas nas cales teñan que pór en funcionamento as súas
             competencias para lograr unha acción eficaz.
             Tras estudar os vínculos entre as distintas materias e áreas de coñecemento, o guión para o
             deseño das tarefas integradas pode ser o seguinte:
                  - Título da tarefa
                  - Produto final desexado
                  - Contexto e xustificación da tarefa
                  - Relación entre as actividades e as competencias básicas
                  - Relación entre as actividades e as materias/áreas de coñecemento
                  - Secuencia de actividades
                  - Agrupamentos
                  - Temporalización
                  - Materiais
                  - Indicadores de éxito da tarefa


Actividades a desenvolver co alumnado.

   •   Actividades de técnicas de estudio,
   •   Actividades de mellora da autoestima e a motivación.
   •   Actividades ca axenda escolar europea.
   •   Actividades específicas deseñadas polo profesorado participante no proxecto.
   •   Xornadas de formación e sensibilización sobre aprender a aprender.



Actividades a desenvolver cas familias.

   •   Reunións periódicas con profesorado, titorías, orientación e/ou dirección.
   •   Conferencias e debates, en colaboración ca escola de pais e nais.
   •   Xornadas de formación e sensibilización sobre aprender a aprender.
6. REPERCUSIÓNS NO CENTRO ESCOLAR.

Xa que este proxecto apunta directamente a unha das bases de funcionamento dun centro educativo: o xeito
de organizar as clases e de avaliar, deberá ter profundas repercusións na organización e funcionamento do
centro.
Así, os avances do proxecto deberán ter reflexo no PEC, na PXA, nas PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS e
nas PROGRAMACIÓNS DE ASIGNATURA E DE AULA.



7. CONTINUIDADE DO PROXECTO NO TEMPO.

Este proxecto deberá supoñer un paso definitivo na incorporación das competencias ó funcionamento do
centro, sendo seguido nos vindeiros cursos polas incorporacións das restantes competencias que aínda non
o estén.
En particular, e como mínimo, deberase acadar o compromiso de tódolos departamentos didácticos de
realizar en todas as materias e ao longo de todos os cursos: resumos, mapas conceptuais, sínteses,
reflexións sobre a aprendizaxe, identificación por parte do alumno dos obxectivos propostos, e realización de
procesos de autoavaliación e crítica do traballo propio e en grupo.




8. METODOLOXÍA E TEMPORALIZACIÓN.


Distinguimos as distintas metodoloxías dos distintos aspectos deste proxecto:

A formación do profesorado: mediante sesións de docencia, traballo en grupo e traballo individual.
Para o traballo en grupo, así como para a elaboración das tarefas integradas, contaremos cas TIC, e cas
ferramentas de traballo colaborativo na nube.

A formación das familias mediante reunións periódicas con profesorado, departamento de orientación e
titores, e mediante conferencias e debates.

A formación do alumnado levarase a cabo mediante sesións de clase específicas co profesorado participante
no proxecto, sesións co titor, e mediante xornadas específicas con profesorado do centro e poñentes
externos.




Temporalización:

Estimamos, para o profesorado, unha adicación de 65 h., repartidas nos distintos tipos de actividades a
desenvolver, tendo en conta que as horas adicadas nas clases co alumnado e no traballo dos
departamentos, aínda que sexan referidas ós temas do proxecto, non se contabilizan:
TEMA                                    HORAS
Traballo en grupo        Avaliación inicial                                                  4h
Sesións formativas con   Contido das sesión formativas:                                      6 sesións
poñentes externos           • Educación por competencias: programación baseada en             de 2.5h:
                                 competencias e enfoque por tarefas, estratexias docentes,   15 h
                                 avaliación das competencias.
                            • Competencias no Proxecto Educativo de Centro.
                            • Métodos de ensino. Tipoloxía do estudante: visual, auditivo
                                 ou kinestético.
                            • Ensinar a aprender: técnicas de aprendizaxe, control do
                                 tempo, autoavaliación, autoestima.
                            • Educación documental e biblioteca escolar.
                            • As TIC e as competencias educativas: novas esixencias,
                                 novos retos. O autoaprendizaxe e a capacidade de
                                 adaptación.

Estudio individual       Lexislación e bibliografía.                                         10 h
Traballo en grupo                • Sesión inicial. Posta en marcha. Asignación de tarefas.   6 s x 2.5 h
                                     Calendario. Apertura de espazos colaborativos.
                                 • Deseño das xornadas monográficas “aprende a               15 h
                                     aprender” para o alumnado e familias.
                                 • Deseño de informes tipo para aplicar nas avaliacións
                                 • Avaliación intermedia. Revisión do proxecto.
                                 • Propostas para o PEC e a PXA.
                                 •


Traballo en pequenos     Elaboración de tarefas para desenvolver co alumnado.                4 s x 2.5h
grupos/individual.                                                                           10 h
Sesións de clase.        Desenvolvemento nas clases de actividades especificamente           Non se
                         deseñadas.                                                          contabilizan.
Cos departamentos        Integración das actividades e dos resultados do proxecto nas        Non se
didácticos.              programacións de área e de aula.                                    contabilizan.
Sesións cas familias.    Reunión cos pais e nais para formación, debate e seguemento.        4 ses x 2 h
                                                                                             8h
Con profesorado dos      •  Posta en común de boas prácticas e trazado de directrices        2 s x 2.5 h
centros de primaria.        conxuntas.                                                       5h
                         • Transmisión de conclusións e propostas resultantes do
                            proxecto.
Traballo en grupo        Avaliación final e memoria.                                         6h
                                                                                   TOTAL .   63 h
NOVEMBRO         Profesorado    Sesión inicial. Posta en marcha. Asignación de tarefas. Calendario.
                                 Apertura de espazos colaborativos.
                                 Avaliación inicial

 DECEMBRO         Profesorado    Sesión formativa: Educación por competencias: programación baseada en
 /                               competencias e enfoque por tarefas, estratexias docentes, avaliación das
 XANEIRO                         competencias.
                                 Estudio individual: Lexislación e bibliografía.

                  Familias       1ª Reunión cos pais e nais para formación

 FEBREIRO         Profesorado    Sesión formativa: Competencias como Proxecto Educativo de Centro
                                 Deseño das xornadas monográficas “aprende a aprender” para o
                                 alumnado e familias.
                                 Con profesorado dos centros de primaria: Posta en común de boas
                                 prácticas e trazado de directrices conxuntas.

 MARZO            Profesorado    Sesión formativa: Métodos de ensino. Tipoloxía do estudante: visual,
                                 auditivo ou kinestético.
                                 Sesión formativa: Ensinar a aprender: técnicas de aprendizaxe, control do
                                 tempo, autoavaliación, autoestima.
                                 Deseño de informes tipo para aplicar nas avaliacións
                  Familias       Xornadas monográficas “aprende a aprender”
                  Alumnado

 ABRIL            Profesorado    Elaboración de tarefas para desenvolver co alumnado.
                                 Sesión formativa: Educación documental e biblioteca escolar.
                                 Sesión formativa: As TIC e as competencias educativas: novas esixencias,
                                 novos retos. O autoaprendizaxe e a capacidade de adaptación.
                                 Avaliación intermedia. Revisión do proxecto.
                  Familias       Reunión cos pais e nais para debate

 MAIO             Profesorado    Realización de tarefas co alumnado.
                                 Propostas para o PEC e a PXA.
                                 Con profesorado dos centros de primaria: Transmisión de conclusións e
                                 propostas resultantes do proxecto.
                  Alumnado       Realización de tarefas na aula.
                  Familias       Reunión cos pais e nais.

 XUÑO             Profesorado    Avaliación final e memoria.
                                 Con profesorado dos centros de primaria: Transmisión de conclusións e
                                 propostas resultantes do proxecto.



As sesións estableceranse en principio na tarde do luns, ó remate das clases, cunha duración de dúas horas
ou dúas horas e media.
Queda pendente de determinar cáles serán os días cas familias e cos centros de primaria, e as sesións de
formación, para coordinalos cos poñentes.
9. RECURSOS DISPOÑIBLES E NECESIDADES ORZAMENTARIAS.
Recursos documentais: lexislación e bibliografía.
Recursos tecnolóxicos: as aulas informáticas e o equipamento do centro.
Recurso TIC: contidos publicados na web, aloxamento de espazos colaborativos para facilitar a creación de
documentos grupais, e a elaboración e desenrolo de tarefas co alumnado.



DOCENCIA                                                     CUSTO APROX.
Sesións de formación profesorado, nº de horas: 12.5                       850
Poñentes xornadas “aprende a aprender”                                    700
Conferencias para pais e nais.                                            500
AXUDAS A CUSTOS                                              CUSTO APROX.
Desprazamentos                                                            400
MATERIAL                                                     CUSTO APROX.
                    Funxibles varios.                                     900


BIBLIOGRAFÍA                                                 CUSTO APROX.
                    Bibliografía varia                                    700



TOTAL………………………………………………………………….                                   4.050
10. AVALIACION DO PROXECTO.
Para a avaliación final do proxecto contamos cun grupo de indicadores diferenciados para cada un dos
obxectivos, formación e actividades.

Un primeiro indicador cuantitativo será a porcentaxe de participación dos distintos estamentos:
   - Profesorado, mediante o control de asistencia a tódalas sesións do proxecto;
   - Alumnado, contabilizando a cantos alumnos do centro alcanzan as actividades promovidas polo
       proxecto;
   - Familias, estimando tamén a porcentaxe de participación nos encontros e sesións formativas.

Para as sesión formativas do profesorado deseñarase un modelo de valoración que inclúea: o/a poñente, a
adecuación dos contidos, materiais e metodoloxía empregados, e o grado de aprendizaxe persoal de cada
asistente.
Así mesmo deberanse avaliar de xeito individual os proxectos interdisciplinares que se elaboren, tendo en
conta a súa calidade e adecuación; si houbese tempo para a súa aplicación na aula, valorarase esta tamén.
Farase unha valoración conxunta do volume de actividades deseñadas.

A maioría das actividades previstas quedarán avaliadas positivamente pola mera constatación do seu
desenvolvemento, sin menoscabo de que sexa susceptibles dunha valoración mais puntual:
     - a creación dun fondo documental relativo ás competencias;
     - a elaboración de modelos de informe sobre competencias para aplicar nas avaliacións trimestrais e
         finais;
     - a realización das xornadas de “aprende a aprender”
     - …
Este mesmo procedemento servirá para avaliar a aportación de contidos ó PEC e a inclusión na memoria de
fin de curso de cada departamento participante no proxecto da readaptación das programacións para o
vindeiro curso.
Igualmente acadará valoración positiva o obxectivo de unificar criterios cos centros de primaria si, das
reunións que se manteñan, se desprenden resultados reflectidos en acordos e/ou protocolos de actuación.

Algo menos exahustivas serán as avaliacións de alumnado e familias:
    - as actuacións co alumnado non son obxectivo prioritario neste curso, xa que , mentres se realiza a
       formación do profesorado e se deseñan as actividades para o alumnado, pasarase boa parte do
       curso, sen demasiado tempo para a implantación práctica desas actividades;
    - cas familias, tendo en conta o cansazo que adoita ocasionar un exceso de convocatorias e reunións,
       interesa priorizar o aspecto formativo e participativo que o avaliativo.

Aínda así, cos alumnos faranse as probas de avaliación inicial e final xa indicadas no punto 3.Avaliación
inicial, e farase unha valoración individual de cada unha das actividades que se desenrolen con eles,
principalmente encamiñada a determinar o grado de adecuación da actividade co nivel no que se aplica e cos
obxectivos previstos para a mesma.
Cas familias tentarase recabar a opinión dos asistentes ó final de cada sesión, mediante sinxelas enquisas
que recaben a opinión respecto os/as poñentes, contidos tratados, metodoloxía empregada, ambiente da
reunión e, principalmente, do grado de interés conseguido, motivación acadada e posibles aplicacións
prácticas do aprendido

A finais de curso, no claustro darase conta das actividades realizadas.
10. ANEXOS.
Anexo I: Solicitude

Anexo II: certificación de aprobación do claustro.

Anexo III: certificación de aprobación do consello escolar.

Anexo IV: Avaliación interna previa á elaboración do proxecto.

Anexo V: listado de participantes no proxecto para o curso 2011-12.
               Esta listaxe considerase provisional xa que tódolo-as incluídos nela se comprometen a
      participar no proxecto, pero hai un grupo de docentes interesados, que non poden comprometer a súa
      participación neste momento por non ter segura a súa praza no centro para o vindeiro curso.
      Igualmente, dado a interese do proxecto, é moi probable que algúns dos docentes que se incorporen
      ó instituto no curso vindeiro, estean interesados en participar no mesmo.
      Tódolos membros do equipo directivo participarán no desenvolvemento do proxecto.




                                                   Asdo.
                                               A Coordinadora:

                                   Martínez Miras, Mª de las Mercedes




IES DA POBRA DO CARAMIÑAL - 15025530

Maño-Xobre
15940 – Pobra do Caramiñal

ies.pobra.caraminal@edu.xunta.es
981833900

Contenu connexe

En vedette

Deporte y condición física
Deporte y condición físicaDeporte y condición física
Deporte y condición física
eileem de bracho
 
10 ideas-falsas sobre la intersexualidad
10 ideas-falsas sobre la intersexualidad10 ideas-falsas sobre la intersexualidad
10 ideas-falsas sobre la intersexualidad
frejorsa
 
1495 confusion-(menudospeques.net)
1495 confusion-(menudospeques.net)1495 confusion-(menudospeques.net)
1495 confusion-(menudospeques.net)
Menudos Peques
 
Slides. planificacion. grupo d
Slides. planificacion. grupo dSlides. planificacion. grupo d
Slides. planificacion. grupo d
Roger Morillo
 
Engánchate al deporte
Engánchate al deporteEngánchate al deporte
Engánchate al deporte
anapunzon
 
Lareproduciónhumana
LareproduciónhumanaLareproduciónhumana
Lareproduciónhumana
Ellen Sanz
 
El Trasplante De óRganos
El Trasplante De óRganosEl Trasplante De óRganos
El Trasplante De óRganos
arualita
 

En vedette (20)

Deporte y condición física
Deporte y condición físicaDeporte y condición física
Deporte y condición física
 
Nerea Redondo
Nerea RedondoNerea Redondo
Nerea Redondo
 
10 ideas-falsas sobre la intersexualidad
10 ideas-falsas sobre la intersexualidad10 ideas-falsas sobre la intersexualidad
10 ideas-falsas sobre la intersexualidad
 
Indices acusticos
Indices acusticosIndices acusticos
Indices acusticos
 
1495 confusion-(menudospeques.net)
1495 confusion-(menudospeques.net)1495 confusion-(menudospeques.net)
1495 confusion-(menudospeques.net)
 
Ds 1955 reasentamientos humanos
Ds 1955   reasentamientos humanosDs 1955   reasentamientos humanos
Ds 1955 reasentamientos humanos
 
Presentacion proyecto guadalinfo solidari@
Presentacion proyecto guadalinfo solidari@Presentacion proyecto guadalinfo solidari@
Presentacion proyecto guadalinfo solidari@
 
Meditación sobre el uso de la TI - Una perspectiva espiritual
Meditación sobre el uso de la TI - Una perspectiva espiritualMeditación sobre el uso de la TI - Una perspectiva espiritual
Meditación sobre el uso de la TI - Una perspectiva espiritual
 
Slides. planificacion. grupo d
Slides. planificacion. grupo dSlides. planificacion. grupo d
Slides. planificacion. grupo d
 
Miguel de cervantes
Miguel de cervantesMiguel de cervantes
Miguel de cervantes
 
Óscar Lorente
Óscar LorenteÓscar Lorente
Óscar Lorente
 
HabíA Una Vez Tres Cerditos Hermanos Que VivíAn
HabíA Una Vez Tres Cerditos Hermanos Que VivíAnHabíA Una Vez Tres Cerditos Hermanos Que VivíAn
HabíA Una Vez Tres Cerditos Hermanos Que VivíAn
 
Engánchate al deporte
Engánchate al deporteEngánchate al deporte
Engánchate al deporte
 
CARNAVALES DE RIO
CARNAVALES DE RIOCARNAVALES DE RIO
CARNAVALES DE RIO
 
Felicidad
FelicidadFelicidad
Felicidad
 
Lareproduciónhumana
LareproduciónhumanaLareproduciónhumana
Lareproduciónhumana
 
Evangelio 1° de Julio de 2012
Evangelio 1° de Julio de 2012Evangelio 1° de Julio de 2012
Evangelio 1° de Julio de 2012
 
Mercadotecnia!*
Mercadotecnia!*Mercadotecnia!*
Mercadotecnia!*
 
Segundo taller blackboard en español
Segundo taller  blackboard en españolSegundo taller  blackboard en español
Segundo taller blackboard en español
 
El Trasplante De óRganos
El Trasplante De óRganosEl Trasplante De óRganos
El Trasplante De óRganos
 

Similaire à Proxecto competencia aprender_aprender

Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10
josemiguens
 
Intercambios de experiencias de boas prácticas
Intercambios de experiencias de boas prácticasIntercambios de experiencias de boas prácticas
Intercambios de experiencias de boas prácticas
Loudes Otero
 
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorialGuía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
Accion_titorial
 
PáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. PptPáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. Ppt
guest1a0f53
 
PáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. PptPáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. Ppt
guest1a0f53
 
Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica A posta en práctica da acción titorialGuía didáctica A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial
Accion_titorial
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)
Marga Bio
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)
taboada5
 

Similaire à Proxecto competencia aprender_aprender (20)

Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10
 
Tarefa_1_módulo3-ref.pdf
Tarefa_1_módulo3-ref.pdfTarefa_1_módulo3-ref.pdf
Tarefa_1_módulo3-ref.pdf
 
Avalía o teu proxecto de Aprendizaxe Servizo
Avalía o teu proxecto de Aprendizaxe ServizoAvalía o teu proxecto de Aprendizaxe Servizo
Avalía o teu proxecto de Aprendizaxe Servizo
 
Unidade Didáctica 7
Unidade Didáctica 7Unidade Didáctica 7
Unidade Didáctica 7
 
Intercambios de experiencias de boas prácticas
Intercambios de experiencias de boas prácticasIntercambios de experiencias de boas prácticas
Intercambios de experiencias de boas prácticas
 
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorialGuía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
 
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
 
Informe de 2ª avaliación 2015 16
Informe de 2ª avaliación 2015 16Informe de 2ª avaliación 2015 16
Informe de 2ª avaliación 2015 16
 
Borrador
BorradorBorrador
Borrador
 
PáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. PptPáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. Ppt
 
PáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. PptPáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. Ppt
 
Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica A posta en práctica da acción titorialGuía didáctica A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial
 
Unidade Didáctica 8
Unidade Didáctica 8Unidade Didáctica 8
Unidade Didáctica 8
 
Tarefa 1
Tarefa 1Tarefa 1
Tarefa 1
 
Conclusións world
Conclusións worldConclusións world
Conclusións world
 
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorialGuia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorial
 
Argalhando competencias
Argalhando competenciasArgalhando competencias
Argalhando competencias
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)
 
Do que é e do que non é a educación infantil (2).pdf
Do que é e do que non é a educación infantil (2).pdfDo que é e do que non é a educación infantil (2).pdf
Do que é e do que non é a educación infantil (2).pdf
 

Plus de mercemartinez (10)

El proceso tecnológico
El proceso tecnológicoEl proceso tecnológico
El proceso tecnológico
 
Aprendizaxe, condutas, comportamento
Aprendizaxe, condutas, comportamentoAprendizaxe, condutas, comportamento
Aprendizaxe, condutas, comportamento
 
Avaliacion interna da competencia aprender a aprender
Avaliacion interna da competencia aprender a aprenderAvaliacion interna da competencia aprender a aprender
Avaliacion interna da competencia aprender a aprender
 
Exemplo informe avaliacion
Exemplo informe avaliacionExemplo informe avaliacion
Exemplo informe avaliacion
 
Competencias basicas
Competencias basicasCompetencias basicas
Competencias basicas
 
Edición de audio
Edición de audioEdición de audio
Edición de audio
 
Tratamento dixital de imaxes
Tratamento dixital de imaxesTratamento dixital de imaxes
Tratamento dixital de imaxes
 
Ahorro energético
Ahorro energéticoAhorro energético
Ahorro energético
 
Aforro Enerxético
Aforro EnerxéticoAforro Enerxético
Aforro Enerxético
 
Proyecto TIC en un centro educativo
Proyecto TIC en un centro educativoProyecto TIC en un centro educativo
Proyecto TIC en un centro educativo
 

Proxecto competencia aprender_aprender

  • 1. Plan de autoavaliación e mellora da calidade da educación en centros educativos. LINEA DE TRABALLO: competencia “aprender a aprender” Curso 2011-12. Centro: IES DA POBRA DO CARAMIÑAL
  • 2. Cóntamo e olvidareino, amósamo e recordareino, involúcrame e comprendereino.
  • 3. 1. Xustificación do proxecto. 2. Plantexamento e obxectivos. 3. Avaliación inicial. 4. Formación: Profesorado Alumnado Familias 5. Actividades a desenvolver. Profesorado Alumnado Familias 6. Repercusión no centro. 7. Continuidade do proxecto no tempo. 8. Metodoloxía e temporalización. 9. Recursos dispoñibles e necesidades orzamentarias. 10. Avaliación do proxecto. 11. Anexos.
  • 4. 1. XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO A calidade do ensino ten que ser sempre obxectivo prioritario en calquera centro educativo, por elo, tódalas actuacións encamiñadas á súa avaliación e mellora deben ser acollidas con entusiasmo. En particular, o ensino por competencias e o traballo por proxectos veñen abrindo vías de aprendizaxe integradoras e cunha ampla riqueza de matices educativos que contribúen notablemente á madurez do alumnado. De entre tódalas competencias, consideramos importante abordar nos primeiros lugares a de aprender a aprender xa que resulta básica no desenvolvemento do proceso educativo, especialmente chegados a esta era, onde os cambios sucédense con tanta rapidez, que consideramos que a mellor ensinanza que lle podemo aportar ao noso alumnado e a da aprendizaxe autónoma, que lles dote da capacidade de seguir aprendendo e adaptándose ó longo da súa vida: • mesmo que o neno que aprende a andar ao principio necesita apoios e a supervisión dun adulto, tamén todo aprendizaxe está orientado a que a persoa que aprende poida un día aprender de forma autónoma. • Nunha situación de aprendizaxe para toda a vida, o aprender a aprender convértese nunha destreza necesaria en si mesma. • A persoa debe ser capaz de definir os seus obxectivos de aprendizaxe, de desenvolver un plan para alcanzalos, de aplicar o esforzo e a vontade necesarios e de avaliar os resultados da súa aprendizaxe. A competencia de Aprender a aprender, implica desenvolver aspectos tanto cognitivos como emocionais: Desde logo, supón adquirir determinadas capacidades que permiten ao estudante coñecer e regular os seus propios procesos de aprendizaxe. Pero de nada serve coñecerse como aprendiz se o que vemos ao analizarnos desagrádanos e lévanos a considerarnos pouco capaces. Non se trata logo de ensinar unicamente determinados recursos que axudan a planificar e desenvolver unha tarefa estratexicamente, senón de acompañar ao nun proceso que lle permita coñecerse como aprendiz, aceptarse e aprender a mellorar. A autoestima, a capacidade de aceptar o rexeitamento que provoca o erro, a tensión que implica manter o esforzo son algunhas das dimensións de aprender a aprender que con maior claridade revelan a súa natureza emocional. Ensinar a aprender a aprender significa conseguir que os alumno-as experimenten o pracer que produce entender algo que antes non comprendian, resolver un problema que se nos resistía, … sentirnos capaces en último termo. O traballo colaborativo constitúe así mesmo un dos alicerces de aprender a aprender: traballar con outros axuda a tomar conciencia dos propios procesos cognitivos e emocionais, ao traballar cos outros, debemos pornos de acordo nos obxectivos e pensar sobre eles; debemos acordar como avanzar, pensar sobre as estratexias e pasos; debemos detectar erros propios e alleos, e dar explicacións de por que o consideramos un erro; debemos chegar a unha solución compartida, e explicar por que esa é a solución correcta. Avaliación previa. Dos resultados da avaliación previa (ver anexo), podemos e debemos extraer varias conclusións: Profesorado: a gran maioría do profesorado manifesta ter bastantes coñecementos sobre as competencias, aínda que a súa aplicación é relativamente baixa,e referíndose á competencia de “aprender a aprender” manifestan non avaliala. Parece coherente pensar que o baixo nivel de aplicación das competencias se deba ou ben a unha formación insuficiente ou excesivamente teórica, que crea inseguridades para a súa posta en práctica, ou ben por falta de motivación. En canto ó concepto de avaliación das mesmas, é moi probable que non se saiba identificar
  • 5. como tal algúns dos procesos habituais de avaliación, que se levan a cabo de xeito habitual, pero non se identifican particularmente ca competencia de aprender a aprender. Este proxecto debería por tanto orientarse a dotar ó profesorado de coñecementos suficientes sobre as competencias en xeral e sobre a de aprender a aprender en particular; deberá igualmente prover dun marco onde se realicen e estimulen a aplicación práctica deses coñecementos, ó mesmo tempo que se identifican os procesos avaliativos e se deseñan ferramentas para a súa implementación. Alumnado: a avaliación previa do alumnado aportou algúns resultados esperados e outros algo sorprendentes, mesmo merecedores de profundización nunha avaliación inicial ó principio do vindeiro curso. En todo caso sí que resulta evidente que hai unha importante relación entre aqueles alumno-as que aplican correctamente as técnicas de estudo e os resultados académicos obtidos, ó igual que se aprecia esta relación entre os bos resultados e un alto grado de autoestima. Por outra banda temos un grupo de alumnado que manifesta, nunha primeira aproximación, aplicar técnicas de estudo, aínda que ó ter que concretalas de xeito detallado amosa lagoas e inseguridades, obtendo logo uns resultados académicos floxos e dispares. Así, por un lado vemos a importancia que para o alumnado ten saber aprender, e por outro vemos a necesidade de mellorar a súa formación e boas prácticas ó respecto. O presente proxecto debería aportar ó profesorado as ferramentas suficientes para poder levar a cabo esta tarefa, e tamén definir e poñer en marcha prácticas e actividades que aporten ao alumnado a suficiente información e motivación para a súa posta en práctica. Familias: probablemente a conclusión mais clara e importante que se obtén da avaliación das prácticas familiares con respecto ós resultados académicos, sexa que o alumnado que obtén bos resultados é o que conta cun alto grado de implicación da familia nos seus estudos, independentemente de que reciba ou non outros reforzos didácticos fora do instituto. Parece evidente, por tanto, que o proxecto deberá incidir sobremaneira en fomentar esta implicación familiar; para elo deberá diseñarse e por en práctica os canles para achegar ás familias esta información, que reforce a súa motivación de implicarse no proceso, e logo dotar ós pais e nais da formacións axeitada e das ferramentas necesarias para establecer as boas prácticas familiares que reforcen as dos seus fillos.
  • 6. 2. PRANTEXAMENTO E OBXECTIVOS DO PROXECTO: O obxectivo principal está reflectido no título: mellora da calidade do ensino. E, posto que no ensino interveñen fundamentalemnte tres estamentos, deberase actuar sobre os tres: • O alumnado como destinatario final e axente causante e receptor de todo esforzo educativo; • O profesorado como motor e condutor principal do proceso educativo; • As familias, como responsables, garantes e axente de reforzo de dito proceso. Debemos por tanto, prantexar o presente proxecto a tres bandas, ou dicir que son tres proxectos vencellados entre si, e que necesariamente camiñan da man en todo momento. Así haberá que atender os procesos formativos, desenvolvemento de actividades e procesos avaliativos dos tres estamentos independentemente, que non por separado. Durante o curso no que se desenvolva o presente proxecto incidirase mais na formación do profesorado, como base e vehículo de transmisión para os outros estamentos. Todo isto englóbase nun marco que é o centro de ensino, así que deberemos contextualizar tódalas actuacións dentro da situación de implantación das competencias no centro, e simultánea e consecuentemente adaptar a organización, o PEC e o PXA do centro ó enfoque da educación por competencias. E, mesmo considerando un marco mais amplo, o concello de Pobra só conta co noso instituto, pero sí que dispón de varios centros de primaria, polo que sería interesante coordinar con eles os eixes de traballo, para que o alumnado tivese unha continuidade nas boas prácticas. Debido a todo isto, a participación no proxecto debe incluír non só un amplo sector do profesorado, senón tamén profesorado do departamento de orientación e membros do equipo directivo; pero tamén deberá asegurarse unha fluída e continua comunicación, ao longo de toda a duración do proxecto, cos pais e nais, e co profesorado e equipos directivos dos colexios de educación primaria. Obxectivos xerais: • Ampliar a formación en educación por competencias de toda a comunidade educativa. • Revisar e adaptar a documentación e as dinámicas do centro á avaliación por competencias. • Acadar a adecuada formación e coordinación nas actuacións do profesorado na liña de ensinar a aprender. • Ensinar ao alumnado a regular os seus propios procesos de aprendizaxe; é dicir a planificar, supervisar e avaliar o seu comportamento cando se enfrontan a calquera tarefa escolar. • Coordinar e unificar criterios de actuación, nos procesos de aprender a aprender, cos centros de primaria vencellados ao instituto. Obxectivos para o profesorado: • Reflexionar sobre o carácter innovador da Educación por Competencias. • Estudar a lexislación vixente e os principais documentos sobre competencias. • Profundizar na relación entre as competencias básicas e a Educación Secundaria. • Deseñar tarefas integradas para a educación por competencias. • Definir os mecanismos de avaliación das competencias básicas.
  • 7. Asumir a capacitación e a formación en centros como mecanismo de innovación educativa en relación cas competencias básicas. • Acadar o adecuado nivel competencial teórico e práctico que permita e fomente a praxis diaria. • Transmitir ó alumnado e ás familias a parte correspondente dos coñecementos adquiridos. Obxectivos para o alumnado: VALORAR a importancia da aprendizaxe autónoma no ámbitos persoal, educativo e laboral. • Ser capaz de continuar aprendendo de maneira cada vez mais eficaz e autónoma dacordo aos propios obxectivos e necesidades. COÑECER E APLICAR as distintas estratexias e técnicas de estudio, • Observación e rexistro sistemático de feitos e relacións, • Traballo cooperativo e por proxectos, • Resolución de problemas, • Planificación e organización de actividades e tempos de forma efectiva, • Coñecemento dos diferentes recursos e fontes para a recollida, seleción e tratamento da información. SABER definir e priorizar os obxectivos. • Ser consciente do que se sabe e do que é necesario aprender e de cómo se aprende. • Coñecer as propias potencialidades e carencias. • Tomar conciencia do que se pode facer por un mesmo. • Adquirir conciencia das propias capacidades (intelectuais, emocionais, físicas), do proceso e das estratexias necesarias para desenvolvelas, APRENDER a valorar o tempo e organizalo de forma mais eficiente • Plantexarse metas alcanzables a corto, medio e largo prazo e cumprilas, elevando os obxectivos de aprendizaxe de forma progresiva e realista. • Perseverar no aprendizaxe, acadar responsabilidade e compromiso persoal, saber administrar o esforzo. AUMENTAR progresivamente a autoestima e a seguridade para afrontar novos retos de aprendizaxe. • Acadar un sentimento de competencia persoal, que redunda na motivación, a confianza nun mesmo e o gusto por aprender. • Ter conciencia de aquelas capacidades que entran en xogo na aprendizaxe, como a atención, a concentración, a memoria, a comprensión e a expresión lingüística ou a motivación. SER CAPAZ de autoevaluarse e autorregularse; aceptar os erros e aprender de e cos demais. Obxectivos para as familias: • Acadar conciencia da importancia e das posibilidades de actuación no desenvolvemento dos estudos dos seus fillo-as, e no seu desenrolo persoal. • Aumentar a participación activa nos procesos de aprendizaxe do seus fillos. o Facilitar espazos axeitados. o Saber asignar os tempos de traballo e lecer. o Supervisar as condicións e a realización das tarefas de estudo. o Prestar apoio afectivo e aumentar a autoestima. • Mellorar a intercomunicación entre as familias e o centro de estudos.
  • 8. 3. AVALIACIÓN INICIAL. Boa parte desta avaliación realizouse previamente ó desenvolvemento do proxecto. (Ver memoria da avaliación previa.) Aínda así, e mesmo á vista dalgúns dos resultados obtidos en dita avaliación previa, particularmente entre o alumnado, parece convinte realizar unha avaliación inicial ó principio de curso e do proxecto, para profundizar algúns aspectos, e aclarar algunhas conclusións imprecisas. Así, sería convinte analizar os seguintes aspectos: Para o alumando definiranse algúns items moi concretos, entre os que consideramos importante unha proba sobre lectura rápida e comprensiva a principio de curso, e repetila a finais de curso, para ver a posible evolución. Para o profesorado elaborarase un dossier básico sobre competencias, para que cada participante se informe sobre as competencias e estableza unha valoración sobre a súa posición persoal nas mesmas. Tamén se realizará unha enquisa sobre elementos concretos de compentencias na programación de asignatura e de aula. Para as familias elaborarase unha enquisa sobre as condicións e hábitos de estudo dos alumnos que, ó mesmo tempo que nos aporta información, sirva de elemento formativo e de reflexión para a familia. Para a situación xeral do centro podemos empregar o análise DAFO ( Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades), o que nos debería permitir establecer un plan de traballo axustado ás necesidades e intereses do centro, tentando acadar que as fortalezas e oportunidades se desenvolvan ata superar as debilidades e ameazas.
  • 9. 4. FORMACIÓN Profesorado. A formación do profesorado levarase a cabo mediante sesións formativas con poñentes externos, sesións de traballo conxunto en grupos, e o estudo individual da documentación e bibliografía existentes. Asimesmo, ca práctica na aula completarase a formación no seu aspecto práctico. Os temas a desenvolver no eido formativo: Educación e avaliación por competencias. Que son as competencias básicas? Programación baseada en competencias e enfoque por tarefas Estratexias docentes para as competencias A avaliación das competencias Competencias como Proxecto Educativo de Centro. Aprender a ensinar. Ensinar a aprender. Abalar, as TIC e as competencias Alumnado. A formación do alumnado en aspectos específicos deberase facer primeiramente a través da actuación de cada profesor-a na súa materia, pero tamén a través das titorías, o departamento de orientación, e mesmo de xornadas adicadas especificamente a aprender a aprender. Os temas a desenvolver: Técnicas de estudio. Técnicas de control do tempo. Axenda escolar Autoestima e motivación. Autoavaliación. Familias. Parte da formación dos pais e nais faise nas reunións periódicas ca dirección, cos titores e co equipo de orientación. Pero, ademais, para a formación das familias deberemos botar man de recursos alleos ó propio proxecto: moi probablemente a través da escola de pais/nais, en colaboración ca ANPA do centro. Temas: Importancia e posibilidades de axuda da familia na aprendizaxe. A autoestima e a motivación dos estudantes. O tempo adicado a aprender: cómo organizalo e controlalo. Estilos parentais e a repercusión na aprendizaxe.
  • 10. 5. ACTIVIDADES A DESENVOLVER Deberanse establecer reunións entre representantes do centro (equipo directivo, equipo de orientación, coordinador deste proxecto, …) e o profesorado dos centros de primaria, para coordinar enfoques e actuacións encamiñadas a sentar bases e dar continuidade ós procesos de aprender a aprender. Actividades a desenvolver polo profesorado. • Organizar e acudir a conferencias formativas con poñentes externos ó centro. • Proceder a realizar unha revisión documental, no eido das competencias: o Da documentación do centro: PEC, PXA, programacións, etc. o Lexislación existente a este respecto. o Outros proxectos do centro que poidan interactuar con este (clube de lectura, PLAMBE, mediación, …). • Documentación dispoñible sobre este tema: bibliografía, internet, … • Crear un fondo documental e posta a disposición do mesmo para posterior consulta. • Deseñar xornadas sobre a competencia de aprender a aprender, que se desenvolverán este curso por primeira vez, e se instaurarán para cursos vindeiros. • Deseñar informes tipo para aplicar nas avaliacións. • Establecer canles de comunicación cos centros de primaria para transmitir as conclusións deste proxecto e coordinar actuacións de mellora da calidade educativa. • Desenvolver distintas actividades interdisciplinares para levar a cabo nas aulas: O deseño de tarefas integradas é un mecanismo de innovación educativa para ofrecer aos nosos estudantes actividades complexas nas cales teñan que pór en funcionamento as súas competencias para lograr unha acción eficaz. Tras estudar os vínculos entre as distintas materias e áreas de coñecemento, o guión para o deseño das tarefas integradas pode ser o seguinte: - Título da tarefa - Produto final desexado - Contexto e xustificación da tarefa - Relación entre as actividades e as competencias básicas - Relación entre as actividades e as materias/áreas de coñecemento - Secuencia de actividades - Agrupamentos - Temporalización - Materiais - Indicadores de éxito da tarefa Actividades a desenvolver co alumnado. • Actividades de técnicas de estudio, • Actividades de mellora da autoestima e a motivación. • Actividades ca axenda escolar europea. • Actividades específicas deseñadas polo profesorado participante no proxecto. • Xornadas de formación e sensibilización sobre aprender a aprender. Actividades a desenvolver cas familias. • Reunións periódicas con profesorado, titorías, orientación e/ou dirección. • Conferencias e debates, en colaboración ca escola de pais e nais. • Xornadas de formación e sensibilización sobre aprender a aprender.
  • 11. 6. REPERCUSIÓNS NO CENTRO ESCOLAR. Xa que este proxecto apunta directamente a unha das bases de funcionamento dun centro educativo: o xeito de organizar as clases e de avaliar, deberá ter profundas repercusións na organización e funcionamento do centro. Así, os avances do proxecto deberán ter reflexo no PEC, na PXA, nas PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS e nas PROGRAMACIÓNS DE ASIGNATURA E DE AULA. 7. CONTINUIDADE DO PROXECTO NO TEMPO. Este proxecto deberá supoñer un paso definitivo na incorporación das competencias ó funcionamento do centro, sendo seguido nos vindeiros cursos polas incorporacións das restantes competencias que aínda non o estén. En particular, e como mínimo, deberase acadar o compromiso de tódolos departamentos didácticos de realizar en todas as materias e ao longo de todos os cursos: resumos, mapas conceptuais, sínteses, reflexións sobre a aprendizaxe, identificación por parte do alumno dos obxectivos propostos, e realización de procesos de autoavaliación e crítica do traballo propio e en grupo. 8. METODOLOXÍA E TEMPORALIZACIÓN. Distinguimos as distintas metodoloxías dos distintos aspectos deste proxecto: A formación do profesorado: mediante sesións de docencia, traballo en grupo e traballo individual. Para o traballo en grupo, así como para a elaboración das tarefas integradas, contaremos cas TIC, e cas ferramentas de traballo colaborativo na nube. A formación das familias mediante reunións periódicas con profesorado, departamento de orientación e titores, e mediante conferencias e debates. A formación do alumnado levarase a cabo mediante sesións de clase específicas co profesorado participante no proxecto, sesións co titor, e mediante xornadas específicas con profesorado do centro e poñentes externos. Temporalización: Estimamos, para o profesorado, unha adicación de 65 h., repartidas nos distintos tipos de actividades a desenvolver, tendo en conta que as horas adicadas nas clases co alumnado e no traballo dos departamentos, aínda que sexan referidas ós temas do proxecto, non se contabilizan:
  • 12. TEMA HORAS Traballo en grupo Avaliación inicial 4h Sesións formativas con Contido das sesión formativas: 6 sesións poñentes externos • Educación por competencias: programación baseada en de 2.5h: competencias e enfoque por tarefas, estratexias docentes, 15 h avaliación das competencias. • Competencias no Proxecto Educativo de Centro. • Métodos de ensino. Tipoloxía do estudante: visual, auditivo ou kinestético. • Ensinar a aprender: técnicas de aprendizaxe, control do tempo, autoavaliación, autoestima. • Educación documental e biblioteca escolar. • As TIC e as competencias educativas: novas esixencias, novos retos. O autoaprendizaxe e a capacidade de adaptación. Estudio individual Lexislación e bibliografía. 10 h Traballo en grupo • Sesión inicial. Posta en marcha. Asignación de tarefas. 6 s x 2.5 h Calendario. Apertura de espazos colaborativos. • Deseño das xornadas monográficas “aprende a 15 h aprender” para o alumnado e familias. • Deseño de informes tipo para aplicar nas avaliacións • Avaliación intermedia. Revisión do proxecto. • Propostas para o PEC e a PXA. • Traballo en pequenos Elaboración de tarefas para desenvolver co alumnado. 4 s x 2.5h grupos/individual. 10 h Sesións de clase. Desenvolvemento nas clases de actividades especificamente Non se deseñadas. contabilizan. Cos departamentos Integración das actividades e dos resultados do proxecto nas Non se didácticos. programacións de área e de aula. contabilizan. Sesións cas familias. Reunión cos pais e nais para formación, debate e seguemento. 4 ses x 2 h 8h Con profesorado dos • Posta en común de boas prácticas e trazado de directrices 2 s x 2.5 h centros de primaria. conxuntas. 5h • Transmisión de conclusións e propostas resultantes do proxecto. Traballo en grupo Avaliación final e memoria. 6h TOTAL . 63 h
  • 13. NOVEMBRO Profesorado Sesión inicial. Posta en marcha. Asignación de tarefas. Calendario. Apertura de espazos colaborativos. Avaliación inicial DECEMBRO Profesorado Sesión formativa: Educación por competencias: programación baseada en / competencias e enfoque por tarefas, estratexias docentes, avaliación das XANEIRO competencias. Estudio individual: Lexislación e bibliografía. Familias 1ª Reunión cos pais e nais para formación FEBREIRO Profesorado Sesión formativa: Competencias como Proxecto Educativo de Centro Deseño das xornadas monográficas “aprende a aprender” para o alumnado e familias. Con profesorado dos centros de primaria: Posta en común de boas prácticas e trazado de directrices conxuntas. MARZO Profesorado Sesión formativa: Métodos de ensino. Tipoloxía do estudante: visual, auditivo ou kinestético. Sesión formativa: Ensinar a aprender: técnicas de aprendizaxe, control do tempo, autoavaliación, autoestima. Deseño de informes tipo para aplicar nas avaliacións Familias Xornadas monográficas “aprende a aprender” Alumnado ABRIL Profesorado Elaboración de tarefas para desenvolver co alumnado. Sesión formativa: Educación documental e biblioteca escolar. Sesión formativa: As TIC e as competencias educativas: novas esixencias, novos retos. O autoaprendizaxe e a capacidade de adaptación. Avaliación intermedia. Revisión do proxecto. Familias Reunión cos pais e nais para debate MAIO Profesorado Realización de tarefas co alumnado. Propostas para o PEC e a PXA. Con profesorado dos centros de primaria: Transmisión de conclusións e propostas resultantes do proxecto. Alumnado Realización de tarefas na aula. Familias Reunión cos pais e nais. XUÑO Profesorado Avaliación final e memoria. Con profesorado dos centros de primaria: Transmisión de conclusións e propostas resultantes do proxecto. As sesións estableceranse en principio na tarde do luns, ó remate das clases, cunha duración de dúas horas ou dúas horas e media. Queda pendente de determinar cáles serán os días cas familias e cos centros de primaria, e as sesións de formación, para coordinalos cos poñentes.
  • 14. 9. RECURSOS DISPOÑIBLES E NECESIDADES ORZAMENTARIAS. Recursos documentais: lexislación e bibliografía. Recursos tecnolóxicos: as aulas informáticas e o equipamento do centro. Recurso TIC: contidos publicados na web, aloxamento de espazos colaborativos para facilitar a creación de documentos grupais, e a elaboración e desenrolo de tarefas co alumnado. DOCENCIA CUSTO APROX. Sesións de formación profesorado, nº de horas: 12.5 850 Poñentes xornadas “aprende a aprender” 700 Conferencias para pais e nais. 500 AXUDAS A CUSTOS CUSTO APROX. Desprazamentos 400 MATERIAL CUSTO APROX. Funxibles varios. 900 BIBLIOGRAFÍA CUSTO APROX. Bibliografía varia 700 TOTAL…………………………………………………………………. 4.050
  • 15. 10. AVALIACION DO PROXECTO. Para a avaliación final do proxecto contamos cun grupo de indicadores diferenciados para cada un dos obxectivos, formación e actividades. Un primeiro indicador cuantitativo será a porcentaxe de participación dos distintos estamentos: - Profesorado, mediante o control de asistencia a tódalas sesións do proxecto; - Alumnado, contabilizando a cantos alumnos do centro alcanzan as actividades promovidas polo proxecto; - Familias, estimando tamén a porcentaxe de participación nos encontros e sesións formativas. Para as sesión formativas do profesorado deseñarase un modelo de valoración que inclúea: o/a poñente, a adecuación dos contidos, materiais e metodoloxía empregados, e o grado de aprendizaxe persoal de cada asistente. Así mesmo deberanse avaliar de xeito individual os proxectos interdisciplinares que se elaboren, tendo en conta a súa calidade e adecuación; si houbese tempo para a súa aplicación na aula, valorarase esta tamén. Farase unha valoración conxunta do volume de actividades deseñadas. A maioría das actividades previstas quedarán avaliadas positivamente pola mera constatación do seu desenvolvemento, sin menoscabo de que sexa susceptibles dunha valoración mais puntual: - a creación dun fondo documental relativo ás competencias; - a elaboración de modelos de informe sobre competencias para aplicar nas avaliacións trimestrais e finais; - a realización das xornadas de “aprende a aprender” - … Este mesmo procedemento servirá para avaliar a aportación de contidos ó PEC e a inclusión na memoria de fin de curso de cada departamento participante no proxecto da readaptación das programacións para o vindeiro curso. Igualmente acadará valoración positiva o obxectivo de unificar criterios cos centros de primaria si, das reunións que se manteñan, se desprenden resultados reflectidos en acordos e/ou protocolos de actuación. Algo menos exahustivas serán as avaliacións de alumnado e familias: - as actuacións co alumnado non son obxectivo prioritario neste curso, xa que , mentres se realiza a formación do profesorado e se deseñan as actividades para o alumnado, pasarase boa parte do curso, sen demasiado tempo para a implantación práctica desas actividades; - cas familias, tendo en conta o cansazo que adoita ocasionar un exceso de convocatorias e reunións, interesa priorizar o aspecto formativo e participativo que o avaliativo. Aínda así, cos alumnos faranse as probas de avaliación inicial e final xa indicadas no punto 3.Avaliación inicial, e farase unha valoración individual de cada unha das actividades que se desenrolen con eles, principalmente encamiñada a determinar o grado de adecuación da actividade co nivel no que se aplica e cos obxectivos previstos para a mesma. Cas familias tentarase recabar a opinión dos asistentes ó final de cada sesión, mediante sinxelas enquisas que recaben a opinión respecto os/as poñentes, contidos tratados, metodoloxía empregada, ambiente da reunión e, principalmente, do grado de interés conseguido, motivación acadada e posibles aplicacións prácticas do aprendido A finais de curso, no claustro darase conta das actividades realizadas.
  • 16. 10. ANEXOS. Anexo I: Solicitude Anexo II: certificación de aprobación do claustro. Anexo III: certificación de aprobación do consello escolar. Anexo IV: Avaliación interna previa á elaboración do proxecto. Anexo V: listado de participantes no proxecto para o curso 2011-12. Esta listaxe considerase provisional xa que tódolo-as incluídos nela se comprometen a participar no proxecto, pero hai un grupo de docentes interesados, que non poden comprometer a súa participación neste momento por non ter segura a súa praza no centro para o vindeiro curso. Igualmente, dado a interese do proxecto, é moi probable que algúns dos docentes que se incorporen ó instituto no curso vindeiro, estean interesados en participar no mesmo. Tódolos membros do equipo directivo participarán no desenvolvemento do proxecto. Asdo. A Coordinadora: Martínez Miras, Mª de las Mercedes IES DA POBRA DO CARAMIÑAL - 15025530 Maño-Xobre 15940 – Pobra do Caramiñal ies.pobra.caraminal@edu.xunta.es 981833900