SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  87
Castiñeiro
castañeiro
(Castanea sativa)
castaño
chestnut
châtaignier
castanheiro
CLASE
Anxiospermas
ORDE
Fagales
FAMILIA
Fagáceas
Copa cónica nos exemplares novos e esférica nos máis
vellos que pode acadar os 30 m de altura.
É unha árbore orixinaria de Asia Menor que se difundíu por
Galiza desde tempos moi antigos e, en especial na época
romana.
O toro é robusto coas
ponlas fortes e case
horizontais. A tona é
gris lisa nos novos, e
logo vaise gretando e
escurecendo.
Castiñeiro co toro
modificado polas podas.
FOLLAS
Simples, alternas, en forma de
lanza coa beira dentada (15 x 5
cm), de cor verde brillante polo
dereito e cubertas de pelo moi
fino polo envés, cos nervos moi
marcados. O peciolo é
cilíndrico e curto (1-2 cm).
FLORES
Son unisexuais e aparecen en
amentos longos (25 a 32 cm )
ocupados maiormente por flores
masculinas de cor amarela,
formadas por masas de estames
libres.
Florece de maio a xuño.
Polinízase polo vento.
FLORES FEMININAS
Formadas por varios ovarios agrupados no
interior dunha cuberta espiñenta de cor
verde. Aparecen na base dos amentos.
FROITOS
Aquenios (castañas).
Desenvólvense no interior dunha
cúpula espiñenta (ourizo) que se
abre cando madura, entre setembro
e novembro, para deixalas libres.
CICLO ANUAL-CASTIÑEIRO
Folla
Flor
Froito
xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro
Os soutos son plantacións de castiñeiros.
Na actualidade ocupan en Galiza arredor de 30.000
ha, sobre todo nas provincias de Ourense e Lugo.
A cantidade de castiñeiros diminueu a
consecuencia do mal da tinta, producido por un
fungo (Phitophtora cinnamoni) que os afectou
gravemente.
Na actualidade estanse a introducir variedades
híbridas resistentes.
Os castiñeiros bravos atópanse mesturados con
outras especies en moitos bosques naturais por
todo o territorio galego.
A castaña recóllese no outono, entre setembro e novembro, segundo
a variedade. Primeiro recóllense as que caen de xeito natural e logo
varéase o castiñeiro para tirar os ourizos.
USOS
A madeira é moi apreciada en
ebanistería por que é dura, ten
un bo acabado e resiste ben a
couza e a rela.
As ponlas novas fendidas
úsanse para facer cestos.
As castañas como alimento de
persoas e animais.
Os soutos son ademais bos
produtores de cogomelos
(boletos, rúsulas,
cantarelos...).
Na actualidade Galiza
produce, cada ano, entre
15.000 e 25.000 toneladas
de castañas, un 60% da
que se comercializa no
estado.
A castaña foi un elemento importante
da alimentación das persoas e os
animais de Galiza ata que se
extenderon o cultivo da pataca
e o millo. Botábanse no caldo,
cocíanse con auga ou con leite,
asábanse, facíase puré,
conservábanse secas...
A amplia extensión do cultivo
deu lugar á aparición de moitas
variedades (hai 143 rexistradas) que
se distinguen pola época de
maduración, o tamaño, o sabor, a
facilidade para desprenderse da
tona...
Os produtores véndenas en verde,
pero hai empresas que as preparan,
envasan e conservan de diferentes
maneiras: conxeladas, confitadas
(marrón glacé, en almibre), secas,
moídas (fariñas para repostería)...
Tamén se fan licores.
INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA
"Castaña de Galicia"
Aprobada en 2009
Froitos obtidos a partir dos cultivares autóctonos galegos do
castiñeiro europeo (Castanea sativa) destinados ao consumo
humano e comercializados en fresco ou conxelado.
O ámbito xeográfico de produción
comprende o territorio galego que se
atopa delimitado ao oeste pola Dorsal
Galega e pola Serra do Xistral cara ao
norte.
A totalidade dos concellos da provincia
de Ourense.
Provincia da Coruña: a Terra de Melide
e os concellos de Arzúa e Boimorto da
comarca de Arzúa.
O conxunto da provincia de Lugo agás ,
os concellos do Vicedo, Viveiro, Xove e
Cervo (Mariña Occidental), Burela e Foz
(Mariña Central) e Barreiros e Ribadeo
(Mariña Oriental).
Provincia de Pontevedra: as comarcas
do Deza e de Tabeirós-Terra de Montes,
os concellos de Cotobade, A Lama e
Campo Lameiro (comarca de
Pontevedra) e o concello de Cuntis
(comarca de Caldas).
Nas zonas onde está moi
extendido o cultivo da
castaña existen aparellos
e instalacións específicos
relacionados co seu
aproveitamento:
ouriceiras, onde se
amorean os ourizos para
que abran; e sequeiros,
onde se secan, para que
se conserven e se
desprendan da tona.
Ouriceira na
Fonsagrada.
Sequeiro en San Estevo
de Ribas de Sil.
APARELLOS PARA A
COLLEITA DA CASTAÑA
(Museo da Fonsagrada)
Aparellos para asar castañas
Bandoxo das castañas
asadeiros das castañas
(Museo de Vilar-O Courel)
USOS CURIOSOS
Castiñeiro da Capela, no adro da igrexa
de Baamonde (Begonte-Lugo).
No seu interior ten unha talla da Virxe do
Rosario. O especial cariño que lle tiña a xente
do lugar e o traballo que fixo nel o escultor
Victor Corral, impediron que fose cortado
cando se ampliou a estrada.
Vilar (O Courel). Refuxio para agardar
polo transporte.
CASTIÑEIROS
MONUMENTAIS
Cadro de 1777.
Castiñeiro dos cen
cabalos.
Situado en Sicilia (Sant’Afio).
É o máis grande e máis vello
de Europa.
Ten máis de 2.000 anos, 22 m
de perímetro no toro e 22 m
de altura.
Conta unha lenda que durante
unha partida de caza unha raíña
e o seu séquito foron
sorprendidos por unha tormenta
e refuxiáronse toda a noite
debaixo do castiñeiro.
CASTIÑEIROS MONUMENTAIS
GALEGOS
Incluído no Catálogo
Galego de Árbores Senlleiras.
En Galiza, onde o castiñeiro se cultiva desde tempos moi antigos,
consérvanse un bo número de exemplares que pola súa idade ou porte poden
ser considerados como árbores senlleiras. Moitos deles están incluídos nun
catálogo da Xunta de Galiza.
O Mola
(Chagoazoso-A Mezquita)
-9,4 m de perímetro.
Pumbariños, no Souto de Rozabales en Manzaneda (Ourense).
Foi declarado Monumento natural en 1995.
-16,60 m de altura; 13,3 m de perímetro. Achégase aos 1.000 anos.
Castiñeiro de Pumbariños no inverno
Souto de Rozavales
(Manzaneda).
A Regadiña. Mendoia. (Pobra de Trives-Ourense).
O toro ten un gran oco e a copa está moi mermada.
-7,8 m de altura; 11,2 m de perímetro.
A Ribeira (Manzalvos-A Mezquita)
-24,9 m de altura; 10,72 m de perímetro.
Peninvello (Xinzo de Limia). Dous exemplares.
-18,10 m de altura, 9,30 m de perímetro.
-16,40 m de altura; 8,10 m de perímetro.
A Ramigoa
(Armariz-Nogueira de Ramuín)
-15 m de altura, 9,15 m de
perímetro.
Pexeiroos
(Guntín, Os Blancos)
-13,5 m de altura e 12 m de perímetro
As Míllaras
(Cerdedelo, Laza-Ourense)
-11 m de perímetro.
Trambolosríos
(Parada do Sil, Ourense)
Santa Eufemia
(Baños de Molgas)
En Aira da Viña.
-9,35 m de perímetro.
As Necas-Prado da Ponte
(Cádavos, A Mezquita)
-9,60 m de perímetro.
Os Trogais
(Cádavos, A Mezquita)
-10,8 m de perímetro.
Cubeiros
(Placín,
Manzaneda)
-9,45 m de
perímetro.
Os Blancos (Ourense)
No centro da localidade. Varios
exemplares que sobrepasan os 6 m
de perímetro.
O Val da Fonte
(Paderne- Folgoso do Courel)
-18,70 m de altura, 7,80 m de
perímetro.
A Capela. Baamonde
(Begonte-Lugo).
-12,90 m de altura; 6, 60 m de
perímetro.
No interior ten unha capela
dedicada á Virxe do Rosario.
Fraga de Quintela de Catasós. (Lalín-Pontevedra).
Posiblemene plantados a mediados do século XIX. Miden entre 33 e 35 m de altura.
Declarados únicos pola FAO en 1954 por ter o fuste máis alto de Europa e actualmente
están declarados Monumento Natural.
Castelo de Frades (Cereixedo- Cervantes)
Na estrada de Doiras a Campo da Braña.
-10, 30 m de perímetro.
Souto de Saencia
(Rao, Navia de Suarna).
-8,40 m de perímetro.
Souto de Saencia
(Rao, Navia de Suarna).
-7,96 m de perímetro.-7 m de perímetro.
Souto de Saencia
(Rao, Navia de Suarna).
-7,30 m de perímetro.
Robledo de Rao, (Rao, Navia de Suarna).
-6,30 m de perímetro
Belote (Lagostelle, Guitiriz).
-5,40 m de perímetro.
Lobios (Sober)
O máis grande mide 8,90 m de perímetro.
Souto de Valguaire
(Sober, Lugo)
Hai varios exemplares de gran
porte. Os máis grosos teñen 11;
7, 50 e 7,40 m de perímetro.
“O que non se abarca”
(Ramil-Triacastela)
-8,40 m de perímetro.
Frameán (Monterroso)
-8 m de perímetro
Igrexa de Fente (Monterroso)
-7,15 m de perímetro.
Bolaños (Castroverde,
Lugo)
Abeleira (Padrenda)
Varios exemplares, o máis
grande mide 8, 80 m de
perímetro.
Covas do Río
(A Merca, Ourense)
O máis grande mide
11,10 m de perímetro
Pexeiros
(Os Blancos)
-13,10 m de perímetro.
Loureses
(Aguís, Os Blancos)
10,85 m de perímetro.
Souto de Crespos
(Lampaza, Rairiz da Veiga)
Varios exemplares de bo porte, o
máis grande mide 8,7 m de
perímetro.
Lampaza (Rairiz da Veiga)
Varios exemplares de bo porte, o máis grande mide 10 m de perímetro.
Santa Mariña de
Augasantas (Allariz)
Varios exemplares: 8,30, 9,10 e 8 m
de perímetro.
Quintas de San Trocado (Allariz)
Varios exemplares, o máis grande mide 10, 40 m de perímetro.
San Martiño de Pazó
(Allariz)
Varios exemplares de bo porte.
O máis grande mide 10, 40 m de
perímetro.
Corgo dos Cales
(Cerdedelo, Laza)
-12 m de perímetro.
Espiño (Oímbra),
-8; 8,7; e 9,8 m de perímetro.
Na área recreativa do Sequeiro.
Castiñeiro do Basilio
(Santa Baia, Progo-Riós)
-10,5 m de perímetro.
Cimeterio de Progo (Riós)
Varios exemplares de bo porte.
O máis grande mide 9,5 m de
perímetro.
Souto de Progo
(Riós)
Progo (Riós)
-12,5 m de perímetro.
Pedra do Sol
(Montoedo, A Teixeira)
Varios castiñeiros de gran
porte. O máis groso mide
11,56 m de perímetro.
Souto de Xirás
(Montoedo, A Teixeira)
-8,5 m de perímetro.
Cernado (Manzaneda)
Os máis grandes miden
máis de 9 m de perímetro.
Soutogrande
(Sabuguido, Vilariño de Conso)
-12,5 m de perímetro.
O Real (Edroso, Viana do Bolo)
-15,30 m de perímetro
Pinza (Viana do Bolo)
-11,6 m de perímetro.
Prado da Parranda
(Seoane de Arriba, Solbeira,
Viana do Bolo)
-12,20 m de perímetro.
Seoane de Arriba
(Solbeira, Viana do Bolo)
-9,65 m de perímetro.
Dradelo
(Viana do Bolo)
Quintela de Umoso
(Viana do Bolo)
Chagoazoso
(A Mezquita)
-21,10 m de altura e 9,20 m
de perímetro.
Chagoazoso (A Mezquita)
-9,3 m de perímetro.
No souto a carón do cimeterio.
Os Trogais
(Cádavos,
A Mezquita)
-9,3 m de perímetro.
Balneario de Bembibre
Viana do Bolo
Imaxe de 1910-18?
O castiñeiro medía uns 20 m de
perímetro. Foi cortado en 1936.
Foto do libro sobre O Castiñeiro de Ernesto Viéitez Cortizo.
CASTIÑEIROS
MONUMENTAIS
DESAPARECIDOS
Recesende (Lugo)
REFRÁNS:
-O que non sabe mañas non come castañas.
-A castaña no agosto quer beber e no setembro
comer.
-A castaña no Nadal sabe ben e parte mal.
-A castaña e o besugo en febreiro non ten zugo.
-Temperá é a castaña que por setembre regaña.
-Non quero peral, quero castañeiro, para ter
castañas para o ano enteiro.
CANTIGAS
Indo polo souto abaixo
atopei un ouriciño,
tres castañiñas me deu
para ti meu queridiño.
Non chas quero, non chas quero,
castañas do teu magosto,
Non chas quero, non chas quero,
que me cheiran ao chamosco.
A castaña no ourizo
eu ben sei o que che fai;
se é que stá verde, amadura,
e despois de madura cai.
Santo que estás no canizo
bota castañas abaixo,
que anque non teño mantelo,
apáñochas no refaixo.
TRADICIÓN ORAL
TRADICIÓNS:
O magosto é unha festa que se celebra en novembro de
longa tradición en Ourense. Ten unha orixe moi antiga
relacionada co ciclo das colleitas.
Ásanse e cómense as castañas xógase e cántase.
Hai a crenza de que despois da festa as ánimas van
quentarse ás brasas das fogueiras e hai que deixarlles
algunhas castañas para elas.
ESCOLMA LITERARIA
Non quero que o lume
destrúa e aniquile
a miña carne
na que, ás veces,
cantou namorada
a cotovía.
Somente son terra.
Só desexo ser terra,
mesturarme coa terra,
perderme,
confundirme,
no silencio da terra.
e pídolle,
con todo o meu ser,
á terra miña nai,
que sexa xentil comigo
Manuel María
VEO o tempo morno do Outono
Os días son tardes longas
O aire é unha cousa...
Todo ten ise xeito:
os tesos
os camiños que se van
no serán do val
os soutos
alumados d’ouro
eu quedo ollando ó mofo...
Uxío Novoneyra (OS EIDOS)
MONTAXE E FOTOS:
Adela Leiro, Mon Daporta
Marzo 2015

Contenu connexe

Similaire à Castiñeiro (Castanea sativa)

Pradairo (Acer pseudoplatanus)
Pradairo (Acer pseudoplatanus)Pradairo (Acer pseudoplatanus)
Pradairo (Acer pseudoplatanus)monadela
 
Teixo (Taxus baccata)
Teixo (Taxus baccata)Teixo (Taxus baccata)
Teixo (Taxus baccata)monadela
 
Araucarias
AraucariasAraucarias
Araucariasmonadela
 
Rebolo, cerquiño (Quercus pyrenaica)
Rebolo, cerquiño (Quercus pyrenaica)Rebolo, cerquiño (Quercus pyrenaica)
Rebolo, cerquiño (Quercus pyrenaica)monadela
 
Acivro (Ilex aquifolium)
Acivro (Ilex aquifolium)Acivro (Ilex aquifolium)
Acivro (Ilex aquifolium)monadela
 
Acacia (Acacia melanoxylon)
Acacia (Acacia melanoxylon)Acacia (Acacia melanoxylon)
Acacia (Acacia melanoxylon)monadela
 
Arbores senlleiras de Galiza: sobreiras
Arbores senlleiras de Galiza: sobreirasArbores senlleiras de Galiza: sobreiras
Arbores senlleiras de Galiza: sobreirasmonadela
 
Amieira, ameneiro (Alnus glutinosa)
Amieira, ameneiro (Alnus glutinosa)Amieira, ameneiro (Alnus glutinosa)
Amieira, ameneiro (Alnus glutinosa)monadela
 
Oliveira (Olea europaea)
Oliveira (Olea europaea)Oliveira (Olea europaea)
Oliveira (Olea europaea)monadela
 
LIC Pena Maseira
LIC Pena MaseiraLIC Pena Maseira
LIC Pena Maseiramonadela
 
Río Landro
Río LandroRío Landro
Río Landromonadela
 
A vide-o viño
A vide-o viñoA vide-o viño
A vide-o viñomonadela
 
Eucalipto (Eucalyptus globulus e outros)
Eucalipto (Eucalyptus globulus e outros)Eucalipto (Eucalyptus globulus e outros)
Eucalipto (Eucalyptus globulus e outros)monadela
 
Canón do Sil (2)
Canón do Sil (2)Canón do Sil (2)
Canón do Sil (2)monadela
 

Similaire à Castiñeiro (Castanea sativa) (20)

Pradairo (Acer pseudoplatanus)
Pradairo (Acer pseudoplatanus)Pradairo (Acer pseudoplatanus)
Pradairo (Acer pseudoplatanus)
 
Teixo (Taxus baccata)
Teixo (Taxus baccata)Teixo (Taxus baccata)
Teixo (Taxus baccata)
 
Araucarias
AraucariasAraucarias
Araucarias
 
Rebolo, cerquiño (Quercus pyrenaica)
Rebolo, cerquiño (Quercus pyrenaica)Rebolo, cerquiño (Quercus pyrenaica)
Rebolo, cerquiño (Quercus pyrenaica)
 
Freixos
FreixosFreixos
Freixos
 
Acivro (Ilex aquifolium)
Acivro (Ilex aquifolium)Acivro (Ilex aquifolium)
Acivro (Ilex aquifolium)
 
Acacia (Acacia melanoxylon)
Acacia (Acacia melanoxylon)Acacia (Acacia melanoxylon)
Acacia (Acacia melanoxylon)
 
Arbores senlleiras de Galiza: sobreiras
Arbores senlleiras de Galiza: sobreirasArbores senlleiras de Galiza: sobreiras
Arbores senlleiras de Galiza: sobreiras
 
Amieira, ameneiro (Alnus glutinosa)
Amieira, ameneiro (Alnus glutinosa)Amieira, ameneiro (Alnus glutinosa)
Amieira, ameneiro (Alnus glutinosa)
 
Oliveira (Olea europaea)
Oliveira (Olea europaea)Oliveira (Olea europaea)
Oliveira (Olea europaea)
 
Guia natural
Guia naturalGuia natural
Guia natural
 
Historia da castaña1
Historia da castaña1Historia da castaña1
Historia da castaña1
 
Secuoias
SecuoiasSecuoias
Secuoias
 
Cedros
CedrosCedros
Cedros
 
LIC Pena Maseira
LIC Pena MaseiraLIC Pena Maseira
LIC Pena Maseira
 
Río Landro
Río LandroRío Landro
Río Landro
 
Historia da castaña
Historia da castañaHistoria da castaña
Historia da castaña
 
A vide-o viño
A vide-o viñoA vide-o viño
A vide-o viño
 
Eucalipto (Eucalyptus globulus e outros)
Eucalipto (Eucalyptus globulus e outros)Eucalipto (Eucalyptus globulus e outros)
Eucalipto (Eucalyptus globulus e outros)
 
Canón do Sil (2)
Canón do Sil (2)Canón do Sil (2)
Canón do Sil (2)
 

Plus de monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

Plus de monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Castiñeiro (Castanea sativa)

  • 3. Copa cónica nos exemplares novos e esférica nos máis vellos que pode acadar os 30 m de altura. É unha árbore orixinaria de Asia Menor que se difundíu por Galiza desde tempos moi antigos e, en especial na época romana.
  • 4. O toro é robusto coas ponlas fortes e case horizontais. A tona é gris lisa nos novos, e logo vaise gretando e escurecendo.
  • 6. FOLLAS Simples, alternas, en forma de lanza coa beira dentada (15 x 5 cm), de cor verde brillante polo dereito e cubertas de pelo moi fino polo envés, cos nervos moi marcados. O peciolo é cilíndrico e curto (1-2 cm).
  • 7. FLORES Son unisexuais e aparecen en amentos longos (25 a 32 cm ) ocupados maiormente por flores masculinas de cor amarela, formadas por masas de estames libres. Florece de maio a xuño. Polinízase polo vento.
  • 8. FLORES FEMININAS Formadas por varios ovarios agrupados no interior dunha cuberta espiñenta de cor verde. Aparecen na base dos amentos.
  • 9. FROITOS Aquenios (castañas). Desenvólvense no interior dunha cúpula espiñenta (ourizo) que se abre cando madura, entre setembro e novembro, para deixalas libres.
  • 10. CICLO ANUAL-CASTIÑEIRO Folla Flor Froito xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro
  • 11. Os soutos son plantacións de castiñeiros. Na actualidade ocupan en Galiza arredor de 30.000 ha, sobre todo nas provincias de Ourense e Lugo. A cantidade de castiñeiros diminueu a consecuencia do mal da tinta, producido por un fungo (Phitophtora cinnamoni) que os afectou gravemente. Na actualidade estanse a introducir variedades híbridas resistentes.
  • 12. Os castiñeiros bravos atópanse mesturados con outras especies en moitos bosques naturais por todo o territorio galego.
  • 13. A castaña recóllese no outono, entre setembro e novembro, segundo a variedade. Primeiro recóllense as que caen de xeito natural e logo varéase o castiñeiro para tirar os ourizos.
  • 14. USOS A madeira é moi apreciada en ebanistería por que é dura, ten un bo acabado e resiste ben a couza e a rela. As ponlas novas fendidas úsanse para facer cestos. As castañas como alimento de persoas e animais. Os soutos son ademais bos produtores de cogomelos (boletos, rúsulas, cantarelos...). Na actualidade Galiza produce, cada ano, entre 15.000 e 25.000 toneladas de castañas, un 60% da que se comercializa no estado.
  • 15. A castaña foi un elemento importante da alimentación das persoas e os animais de Galiza ata que se extenderon o cultivo da pataca e o millo. Botábanse no caldo, cocíanse con auga ou con leite, asábanse, facíase puré, conservábanse secas... A amplia extensión do cultivo deu lugar á aparición de moitas variedades (hai 143 rexistradas) que se distinguen pola época de maduración, o tamaño, o sabor, a facilidade para desprenderse da tona... Os produtores véndenas en verde, pero hai empresas que as preparan, envasan e conservan de diferentes maneiras: conxeladas, confitadas (marrón glacé, en almibre), secas, moídas (fariñas para repostería)... Tamén se fan licores.
  • 16. INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA "Castaña de Galicia" Aprobada en 2009 Froitos obtidos a partir dos cultivares autóctonos galegos do castiñeiro europeo (Castanea sativa) destinados ao consumo humano e comercializados en fresco ou conxelado. O ámbito xeográfico de produción comprende o territorio galego que se atopa delimitado ao oeste pola Dorsal Galega e pola Serra do Xistral cara ao norte. A totalidade dos concellos da provincia de Ourense. Provincia da Coruña: a Terra de Melide e os concellos de Arzúa e Boimorto da comarca de Arzúa. O conxunto da provincia de Lugo agás , os concellos do Vicedo, Viveiro, Xove e Cervo (Mariña Occidental), Burela e Foz (Mariña Central) e Barreiros e Ribadeo (Mariña Oriental). Provincia de Pontevedra: as comarcas do Deza e de Tabeirós-Terra de Montes, os concellos de Cotobade, A Lama e Campo Lameiro (comarca de Pontevedra) e o concello de Cuntis (comarca de Caldas).
  • 17. Nas zonas onde está moi extendido o cultivo da castaña existen aparellos e instalacións específicos relacionados co seu aproveitamento: ouriceiras, onde se amorean os ourizos para que abran; e sequeiros, onde se secan, para que se conserven e se desprendan da tona. Ouriceira na Fonsagrada.
  • 18. Sequeiro en San Estevo de Ribas de Sil.
  • 19. APARELLOS PARA A COLLEITA DA CASTAÑA (Museo da Fonsagrada)
  • 20. Aparellos para asar castañas
  • 21. Bandoxo das castañas asadeiros das castañas (Museo de Vilar-O Courel)
  • 22. USOS CURIOSOS Castiñeiro da Capela, no adro da igrexa de Baamonde (Begonte-Lugo). No seu interior ten unha talla da Virxe do Rosario. O especial cariño que lle tiña a xente do lugar e o traballo que fixo nel o escultor Victor Corral, impediron que fose cortado cando se ampliou a estrada. Vilar (O Courel). Refuxio para agardar polo transporte.
  • 23. CASTIÑEIROS MONUMENTAIS Cadro de 1777. Castiñeiro dos cen cabalos. Situado en Sicilia (Sant’Afio). É o máis grande e máis vello de Europa. Ten máis de 2.000 anos, 22 m de perímetro no toro e 22 m de altura. Conta unha lenda que durante unha partida de caza unha raíña e o seu séquito foron sorprendidos por unha tormenta e refuxiáronse toda a noite debaixo do castiñeiro.
  • 24. CASTIÑEIROS MONUMENTAIS GALEGOS Incluído no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras. En Galiza, onde o castiñeiro se cultiva desde tempos moi antigos, consérvanse un bo número de exemplares que pola súa idade ou porte poden ser considerados como árbores senlleiras. Moitos deles están incluídos nun catálogo da Xunta de Galiza. O Mola (Chagoazoso-A Mezquita) -9,4 m de perímetro.
  • 25. Pumbariños, no Souto de Rozabales en Manzaneda (Ourense). Foi declarado Monumento natural en 1995. -16,60 m de altura; 13,3 m de perímetro. Achégase aos 1.000 anos.
  • 28. A Regadiña. Mendoia. (Pobra de Trives-Ourense). O toro ten un gran oco e a copa está moi mermada. -7,8 m de altura; 11,2 m de perímetro.
  • 29. A Ribeira (Manzalvos-A Mezquita) -24,9 m de altura; 10,72 m de perímetro.
  • 30. Peninvello (Xinzo de Limia). Dous exemplares. -18,10 m de altura, 9,30 m de perímetro. -16,40 m de altura; 8,10 m de perímetro.
  • 31. A Ramigoa (Armariz-Nogueira de Ramuín) -15 m de altura, 9,15 m de perímetro.
  • 32. Pexeiroos (Guntín, Os Blancos) -13,5 m de altura e 12 m de perímetro
  • 35. Santa Eufemia (Baños de Molgas) En Aira da Viña. -9,35 m de perímetro.
  • 36. As Necas-Prado da Ponte (Cádavos, A Mezquita) -9,60 m de perímetro.
  • 37. Os Trogais (Cádavos, A Mezquita) -10,8 m de perímetro.
  • 39. Os Blancos (Ourense) No centro da localidade. Varios exemplares que sobrepasan os 6 m de perímetro.
  • 40. O Val da Fonte (Paderne- Folgoso do Courel) -18,70 m de altura, 7,80 m de perímetro.
  • 41. A Capela. Baamonde (Begonte-Lugo). -12,90 m de altura; 6, 60 m de perímetro. No interior ten unha capela dedicada á Virxe do Rosario.
  • 42. Fraga de Quintela de Catasós. (Lalín-Pontevedra). Posiblemene plantados a mediados do século XIX. Miden entre 33 e 35 m de altura. Declarados únicos pola FAO en 1954 por ter o fuste máis alto de Europa e actualmente están declarados Monumento Natural.
  • 43. Castelo de Frades (Cereixedo- Cervantes) Na estrada de Doiras a Campo da Braña. -10, 30 m de perímetro.
  • 44. Souto de Saencia (Rao, Navia de Suarna). -8,40 m de perímetro.
  • 45. Souto de Saencia (Rao, Navia de Suarna). -7,96 m de perímetro.-7 m de perímetro.
  • 46. Souto de Saencia (Rao, Navia de Suarna). -7,30 m de perímetro.
  • 47. Robledo de Rao, (Rao, Navia de Suarna). -6,30 m de perímetro
  • 49. Lobios (Sober) O máis grande mide 8,90 m de perímetro.
  • 50. Souto de Valguaire (Sober, Lugo) Hai varios exemplares de gran porte. Os máis grosos teñen 11; 7, 50 e 7,40 m de perímetro.
  • 51. “O que non se abarca” (Ramil-Triacastela) -8,40 m de perímetro.
  • 52. Frameán (Monterroso) -8 m de perímetro Igrexa de Fente (Monterroso) -7,15 m de perímetro.
  • 54. Abeleira (Padrenda) Varios exemplares, o máis grande mide 8, 80 m de perímetro.
  • 55. Covas do Río (A Merca, Ourense) O máis grande mide 11,10 m de perímetro
  • 58. Souto de Crespos (Lampaza, Rairiz da Veiga) Varios exemplares de bo porte, o máis grande mide 8,7 m de perímetro.
  • 59. Lampaza (Rairiz da Veiga) Varios exemplares de bo porte, o máis grande mide 10 m de perímetro.
  • 60. Santa Mariña de Augasantas (Allariz) Varios exemplares: 8,30, 9,10 e 8 m de perímetro.
  • 61. Quintas de San Trocado (Allariz) Varios exemplares, o máis grande mide 10, 40 m de perímetro.
  • 62. San Martiño de Pazó (Allariz) Varios exemplares de bo porte. O máis grande mide 10, 40 m de perímetro.
  • 63. Corgo dos Cales (Cerdedelo, Laza) -12 m de perímetro.
  • 64. Espiño (Oímbra), -8; 8,7; e 9,8 m de perímetro. Na área recreativa do Sequeiro.
  • 65. Castiñeiro do Basilio (Santa Baia, Progo-Riós) -10,5 m de perímetro.
  • 66. Cimeterio de Progo (Riós) Varios exemplares de bo porte. O máis grande mide 9,5 m de perímetro.
  • 67. Souto de Progo (Riós) Progo (Riós) -12,5 m de perímetro.
  • 68. Pedra do Sol (Montoedo, A Teixeira) Varios castiñeiros de gran porte. O máis groso mide 11,56 m de perímetro.
  • 69. Souto de Xirás (Montoedo, A Teixeira) -8,5 m de perímetro.
  • 70. Cernado (Manzaneda) Os máis grandes miden máis de 9 m de perímetro.
  • 71. Soutogrande (Sabuguido, Vilariño de Conso) -12,5 m de perímetro.
  • 72. O Real (Edroso, Viana do Bolo) -15,30 m de perímetro
  • 73. Pinza (Viana do Bolo) -11,6 m de perímetro.
  • 74. Prado da Parranda (Seoane de Arriba, Solbeira, Viana do Bolo) -12,20 m de perímetro.
  • 75. Seoane de Arriba (Solbeira, Viana do Bolo) -9,65 m de perímetro.
  • 78. Chagoazoso (A Mezquita) -21,10 m de altura e 9,20 m de perímetro.
  • 79. Chagoazoso (A Mezquita) -9,3 m de perímetro. No souto a carón do cimeterio.
  • 81. Balneario de Bembibre Viana do Bolo Imaxe de 1910-18? O castiñeiro medía uns 20 m de perímetro. Foi cortado en 1936. Foto do libro sobre O Castiñeiro de Ernesto Viéitez Cortizo. CASTIÑEIROS MONUMENTAIS DESAPARECIDOS
  • 83. REFRÁNS: -O que non sabe mañas non come castañas. -A castaña no agosto quer beber e no setembro comer. -A castaña no Nadal sabe ben e parte mal. -A castaña e o besugo en febreiro non ten zugo. -Temperá é a castaña que por setembre regaña. -Non quero peral, quero castañeiro, para ter castañas para o ano enteiro. CANTIGAS Indo polo souto abaixo atopei un ouriciño, tres castañiñas me deu para ti meu queridiño. Non chas quero, non chas quero, castañas do teu magosto, Non chas quero, non chas quero, que me cheiran ao chamosco. A castaña no ourizo eu ben sei o que che fai; se é que stá verde, amadura, e despois de madura cai. Santo que estás no canizo bota castañas abaixo, que anque non teño mantelo, apáñochas no refaixo. TRADICIÓN ORAL
  • 84. TRADICIÓNS: O magosto é unha festa que se celebra en novembro de longa tradición en Ourense. Ten unha orixe moi antiga relacionada co ciclo das colleitas. Ásanse e cómense as castañas xógase e cántase. Hai a crenza de que despois da festa as ánimas van quentarse ás brasas das fogueiras e hai que deixarlles algunhas castañas para elas.
  • 85. ESCOLMA LITERARIA Non quero que o lume destrúa e aniquile a miña carne na que, ás veces, cantou namorada a cotovía. Somente son terra. Só desexo ser terra, mesturarme coa terra, perderme, confundirme, no silencio da terra. e pídolle, con todo o meu ser, á terra miña nai, que sexa xentil comigo Manuel María
  • 86. VEO o tempo morno do Outono Os días son tardes longas O aire é unha cousa... Todo ten ise xeito: os tesos os camiños que se van no serán do val os soutos alumados d’ouro eu quedo ollando ó mofo... Uxío Novoneyra (OS EIDOS)
  • 87. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Marzo 2015