SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  58
ESPAZOS NATURAIS
LIC Río Támega
Inclúe o curso do río Támega desde o seu nacemento en Albergaría
(Laza) ata a fronteira con Portugal, parte do curso dos seus afluentes
Trez, Vilaza e Ábedes, así como as veigas de Laza e Castrelo do Val, os
humidais da Bagoeira e algunhas áreas de ribeira.
SITUACIÓN:
No sueste galego, entre o
Macizo Central e a Fronteira
con Portugal, na comarca de
Verín. Abrangue case a
totalidade do curso do río
Támega dentro de Galiza.
SUPERFICIE:
630 ha.
CONCELLOS:
Castro do Val, Laza,
Monterrei, Verín e Oimbra.
VALORES NATURAIS:
O maior interese deste espazo
reside nas veigas e gándaras
que se forman arredor dos
ríos onde hai unha variada
flora e fauna acuáticas.
PROTECCIÓN
-Lugar de importancia comunitaria (LIC) 29 de decembro de 2004.
-Zona especial de conservación (ZEC) 31 de marzo de 2014.
CLIMA
Atlántico con características mediterráneas, con verán secos e calorosos.
O clima da zona favorece o cultivo de vides, laranxeiras, oliveiras...
Val do Támega en Laza
XEOLOXÍA
Unha parte do espazo pertence ás serras do Macizo Central (Montes de
Correchouso e estribacións de San Mamede) e o resto á coñecida como
Depresión de Monterrei.
O VAL DE MONTERREI
É unha depresión alongada percorrida polo río Támega. É unha foxa tectónica
pechada entre dous macizos graníticos fallados que levan asociados fontes
termais. As rochas que a rodean son granitos, cuarcitas, lousas e algún xisto. O
río Támega percorre o fondo do val e depositou aluvións cuaternarios de areas e
arxilas. Forma chairas anegadas en tempos de maior pluviosidade e nas súas
marxes hai algunhas lagoas naturalizadas orixinadas pola extracción de áridos.
Fraga de Lobos, cumes graníticos de 691 m de altitude
no rebordo leste da depresión de Monterrei.
REDE FLUVIAL
Forma parte da cunca do Douro a
través do seu afluente Támega, o río
principal da comarca de Verín que
recolle as augas dos montes que
verten cara á depresión de Monterrei.
Os ríos teñen fortes desniveis nos
cursos altos e un discorrer maino e
sinuoso polas chairas da depresión.
Río Támega
(Castrelo do Val)
RÍO TÁMEGA
Nace no Monte Talariño e despois dun percorrido por terras galegas (51 km) e
portuguesas desemboca no Río Douro. Ten un primeiro tramo de fortes
pendentes e remánsase polas Veigas de Laza e a Depresión de Monterrei. Os
principais afluentes pola dereita son o Carraxo e Bubal ou Vilaza; pola esquerda
Abelleira, Trez, Ábedes ou Fachedo e Pequeno.
O Támega en Laza
Brañas nas
Fontes do Támega
(Albergaría-Laza)
O Támega na Ponte
do Couto (Laza)
Laza
RÍO TREZ ou RIBEIRA
Fórmase pola confluencia de varios regos que baixan dos Montes de Correchouso (río
Correchouso ou das Cabras) e Cabeza da Cántara (Cereixo). Xúntase co Támega en Laza.
Está protexido un tramos que inclúes os regos da Profita, Auga Alta, Raposeira e Cereixo ou
Teixeira.
Río Trez pouco antes antes
de se xuntar co Támega
Rego da Profita (Trez-Támega)
Toro (Laza)
Rego de Auga Alta (Trez-Támega)
Toro (Laza)
Fervenza dos Muíños
Está modificada pola presa dun muíño.
O Támega no Marco do Ouro (Laza)
O Támega entre Laza e Castrelo do Val
O Támega en Castrelo do Val
O Támega entre Laza e Castrelo do Val
Verín
Lagoa naturalizada formada pola extracción de áridos.
O río Támega percorre o fondo do val de Monterrei e depositou aluvións cuaternarios de areas e arxilas.
En tempos de moita pluviosidade inunda as chairas das súas marxes. Na proximidades de Verín hai
varias lagoas orixinadas pola extración de áridos, algunhas delas moi naturalizadas.
O RÍO VILAZA OU BUBAL.
Nace en Portugal, percorre terreos do sur de Monterrei e xúntase co Támega en
Verín. Está protexido o tramo final, desde Vilaza.
O Vilaza en Vilaza (Monterrei).
RÍO ÁBEDES
Nace nos montes situados no
linde de Verín con Vilardevós. O
Principal afluente é o rego das
Quintas que atravesa
Vilardevós e xúntase con el en
Ábedes (Verín).
Fervenzas: Fraga de Lobos
(Pozo do Demo).
Fervenza “Pozo do Demo” na Fraga de Lobos, en
Ábedes (Verín). No Rego das Quintas, un afluente do
río Ábedes que nace no monte Fraga de Lobos forma
un val encaixado con pequenos saltos e rápidos en
rochas graníticas.
Pozas das Fenteiras (Oímbra)
O Támega na Bagoeira
O Támega na Bagoeira
O Támega na Presa Mourazos (Verín)
O Támega na Presa (Mourazos, Verín)
O Támega en Rabal (Oímbra)
A depresión de Monterrei é unha zona de influencia mediterránea cunha
flora e fauna moi interesante na que están presentes varias especies
escasas noutras zonas de Galiza e algunhas únicas.
TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE
-Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas con vexetación de Littorelletea
uniflorae e/ou Isoeto-Nanojuncetea
-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-
Batrachion
-Ríos de ribeiras lamacentas con vexetación de Chenopodion rubri p.p. e de Bidention p.p.
-Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix
-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea
-Prados con molinias sobre substratos calcários, turbosos ou arxilo-limosos(Molinion
caeruleae)
-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino
-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)
-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae,
Salicion albae)
FLORA
A vexetación máis representativa é a asociada ao río e as súas marxes: bosques
de ribeira, veigas de asolagamento e pozas antrópicas naturalizadas. As árbores
máis comúns son as amieiras, freixos, salgueiros... e nalgunhas zonas alonxadas
do río carballos e sobreiras.
Destacan a presenza de Littorella uniflora no río.
ESPECIES DO ANEXO II DA
DIRECTIVA 92/43/CEE
Drepanocladus vernicosus
Narcissus asturiensis
O Támega en OímbraNarcissus asturiensis
Herba da prata (Ranumculus fluitans) unha das plantas máis
abondosas nas áreas remansadas e de corrente lenta.
Lirio amarelo (Iris pseudacorus)
Raíña
(Filipendula ulmaria)
Sedum forsteranum
Espadana (Typha latifolia)
FAUNA
A depresión de Monterrei é unha zona cunha fauna moi interesante. Téñense
catalogado 180 especies de vertebrados (5 peixes, 16 réptis, 11 anfibios, 110 aves
e 37 mamíferos) algúns escasos noutras zonas de Galiza.
Leirón careto (Eliomys quercinus)
MAMÍFEROS
Rato de almizcle, musgaño de Cabrera, morcego rabudo (límite noroccidental da súa
distribución mundial), leirón careto, rato papalbo, rato mouro...
ESPECIES DO ANEXO II DA
DIRECTIVA 92/43/CEE
Galemys pyrenaicus
Lutra lutra
Miniopterus schreibersii
Myotis myotis
Rhinolophus ferrumequinum
Rhinolophus hipposideros
Morcego grande de ferradura
(Rhinolophus ferrumequinum)
AVES
Cotovía dos camiños (Galerida cristata), anduriña das barreiras (Riparia riparia), pica papuda
(Anthus campestris), anduriña dáurica (Hirundo daurica). Nidifica o mergullón pequeno
(Tachybaptus ruficollis), o lavanco real (Anas platyrhynchos), a galiña de río (Gallinula
chloropus), a píllara areeira ou pequena (Charadrius dubius), o pombo zura (Columba
oenas), o cuco papudo (Clamator glandarius), o picapeixe (Alcedo atthis), o ouriolo (Oriolus
oriolus)...
ESPECIES DO ANEXO II DA
DIRECTIVA 92/43/CEE
Alcedo atthis
Anthus campestris
Lavandeira verdeal (Motacilla flava)
Mergullón pequeno
(Tachybaptus ruficollis)
Garza real
(Ardea cinerea)
Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi)
RÉPTILES
Escáncer cego (Blanus cinereus) atopado só nesta zona en toda Galiza. lagarta cinsenta
(Psammodromus hispanicus), lagartixa rabuda (Psammodromus algirus), ladra ou osga
(Tarentola mauritanica), por seren únicas en Galiza.
ESPECIES DO ANEXO II DA
DIRECTIVA 92/43/CEE
Lacerta schreiberi
Sapo de esporóns
(Pelobates cultripes).
ANFIBIOS
Unha grande variedade entre os que destaca o sapo de esporóns (Pelobates cultripes).
ESPECIES DO ANEXO II DA
DIRECTIVA 92/43/CEE
Chioglossa lusitanica
Discoglossus galganoi
Estroza ou rela (Hyla molleri)
No río Támega, de corrente lenta con zonas
asolagadas e abundante vexetación de ribeira,
danse as condicións apropiadas para o
desenvolvemento dos anfibios, especies
protexidas cada vez máis escasas, que están ben
representadas nesta área.
Ra verde (Pelophylax perezi)
Sapo común (Bufo bufo) en tempo de reprodución.
Pintafontes ou limpafontes común (Triturus boscai).
Endémico do Noroeste da Península Ibérica.
PEIXES
Destacan o barbo (Barbus barbus bocagei), especie restrinxida ao extremo máis meridional
de Galiza, e o cacho (Leuciscus carolitertti) que está presente en poucos ríos galegos.
ESPECIES DO ANEXO II DA
DIRECTIVA 92/43/CEE
Chondrostoma polylepis
Barbo (Barbus barbus bocagei)
INVERTEBRADOS
Abondan os insectos asociados á auga e zonas húmidas: cabaliños do demos, libélulas,
escaravellos de auga, patinadores. Os arbustos e plantas das ribeiras atraen a numerosas
bolboretas.
ESPECIES DO ANEXO II DA
DIRECTIVA 92/43/CEE
Cerambyx cerdo
Lucanus cervus
Oxygastra curtisii
Geomalacus maculosus
Libeliña (Sympetrum sanguineum)
Larva de ditisco
Laza
ACTIVIDADES
Pesca, lecer, extracción de áridos, subministro de auga para uso urbán, industrial
e agrícola.
Verín
HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL
•O nome do río é pre-romano,
dunha raíz indoeuropea
*tam- "de cor escura", que
aparece noutros nomes de ríos
galegos (Tambre, Támoga,
Tamuxe…). Do nome do río
deriva o do pobo pre-romano
dos tamagni, que habitaba o val
de Monterrei.
•As ribeiras do Támega foron
poboadas desde tempos antigos
e nas súas proximidades
desenvolvéronse asentamentos
importantes nos que se
conserva un rico patrimonio
cultural.
Muíño no Támega en Nocedo
(Castrelo do Val)
Verín
PROBLEMAS
-Verquidos e obras na canle e chaira inundable do Támega.
-Especies invasoras
-Contaminación
-Extracción de áridos
Corta da vexetación de ribeira para facer unha área de lecer.
Nocedo
PUNTOS DE INTERESE
-Fervenzas: Os Muíños, Rego de Auga Alta, Rego da Profita (río Trez),
-Muíños: Trez, Castrelo do Val, O Placer, San Pedro e A Acea (Verín)
-Lagoas e humidais: A Lameda, As Fenteiras, A Bagoeira, O Areal, As Lamas...
-Áreas de lecer: Castrelo do Val, Verín, A Bagoeira...
Lindando co espazo protexido do río Ábedes atópase o balneario e a fonte de auga
mineiro-medicinal de Cabreioroá.
Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta
Debuxos: Mon Daporta
Novembro 2016

Contenu connexe

Tendances

Tendances (20)

LIC Río Tambre
LIC Río TambreLIC Río Tambre
LIC Río Tambre
 
LIC A Ramallosa
LIC A RamallosaLIC A Ramallosa
LIC A Ramallosa
 
LIC Río Lérez
LIC Río LérezLIC Río Lérez
LIC Río Lérez
 
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do XurésLIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
 
LIC Pena Maseira
LIC Pena MaseiraLIC Pena Maseira
LIC Pena Maseira
 
LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careón
 
Parque Natural O Invernadeiro
Parque Natural O InvernadeiroParque Natural O Invernadeiro
Parque Natural O Invernadeiro
 
Comarca A Barcala
Comarca A BarcalaComarca A Barcala
Comarca A Barcala
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
 
LIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña OccidentalLIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña Occidental
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
 
Serra do Laboreiro
Serra do LaboreiroSerra do Laboreiro
Serra do Laboreiro
 
Serra de Enciña da Lastra
Serra de Enciña da LastraSerra de Enciña da Lastra
Serra de Enciña da Lastra
 
LIC Pena Trevinca
LIC Pena TrevincaLIC Pena Trevinca
LIC Pena Trevinca
 
LIC Cruzul-Agüeira
LIC Cruzul-AgüeiraLIC Cruzul-Agüeira
LIC Cruzul-Agüeira
 
Humidais da Terra Cha
Humidais da Terra ChaHumidais da Terra Cha
Humidais da Terra Cha
 
LIC Canón do Sil
LIC Canón do SilLIC Canón do Sil
LIC Canón do Sil
 
LIC Río Cabe-
LIC Río Cabe- LIC Río Cabe-
LIC Río Cabe-
 
LIC Esteiro do Tambre
LIC Esteiro do TambreLIC Esteiro do Tambre
LIC Esteiro do Tambre
 
LIC Baixo Miño
LIC Baixo MiñoLIC Baixo Miño
LIC Baixo Miño
 

Similaire à LIC Río Támega

Río Támega
Río TámegaRío Támega
Río Támega
monadela
 
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
LOPEZMOURENZA
 
Río Tambre
Río TambreRío Tambre
Río Tambre
monadela
 

Similaire à LIC Río Támega (20)

LIC Sobreirais do Arnego
LIC Sobreirais do ArnegoLIC Sobreirais do Arnego
LIC Sobreirais do Arnego
 
Río Támega
Río TámegaRío Támega
Río Támega
 
LIC Monte Maior
LIC Monte Maior LIC Monte Maior
LIC Monte Maior
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Espazo natural Videferre
Espazo natural VideferreEspazo natural Videferre
Espazo natural Videferre
 
Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga
Espazo natural Serra da Groba e Monte de ValgaEspazo natural Serra da Groba e Monte de Valga
Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga
 
Parque Natural Enciña da Lastra
Parque Natural Enciña da LastraParque Natural Enciña da Lastra
Parque Natural Enciña da Lastra
 
Lic Carballido
Lic CarballidoLic Carballido
Lic Carballido
 
Espazo natural Serra do Suído
Espazo natural Serra do SuídoEspazo natural Serra do Suído
Espazo natural Serra do Suído
 
Espazo natural Veigas do Río Salas
Espazo natural Veigas do Río SalasEspazo natural Veigas do Río Salas
Espazo natural Veigas do Río Salas
 
Ecosistemas galegos
Ecosistemas galegosEcosistemas galegos
Ecosistemas galegos
 
Meaño, A Costa
Meaño, A CostaMeaño, A Costa
Meaño, A Costa
 
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁNP N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
 
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
 
LiIC Río Landro e Souto da Retorta de Chavín
LiIC Río Landro e Souto da Retorta de ChavínLiIC Río Landro e Souto da Retorta de Chavín
LiIC Río Landro e Souto da Retorta de Chavín
 
Ecosistemas2º
Ecosistemas2ºEcosistemas2º
Ecosistemas2º
 
Río Tambre
Río TambreRío Tambre
Río Tambre
 
Ecosistemas galegos
Ecosistemas galegosEcosistemas galegos
Ecosistemas galegos
 
LIC Serra do Cando
LIC Serra do CandoLIC Serra do Cando
LIC Serra do Cando
 
Reserva da Biosfera Área de Allariz
Reserva da Biosfera Área de AllarizReserva da Biosfera Área de Allariz
Reserva da Biosfera Área de Allariz
 

Plus de monadela

Plus de monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 
Esteiro do Baxoi
Esteiro do BaxoiEsteiro do Baxoi
Esteiro do Baxoi
 

Dernier

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Dernier (11)

A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 

LIC Río Támega

  • 2. Inclúe o curso do río Támega desde o seu nacemento en Albergaría (Laza) ata a fronteira con Portugal, parte do curso dos seus afluentes Trez, Vilaza e Ábedes, así como as veigas de Laza e Castrelo do Val, os humidais da Bagoeira e algunhas áreas de ribeira.
  • 3. SITUACIÓN: No sueste galego, entre o Macizo Central e a Fronteira con Portugal, na comarca de Verín. Abrangue case a totalidade do curso do río Támega dentro de Galiza. SUPERFICIE: 630 ha. CONCELLOS: Castro do Val, Laza, Monterrei, Verín e Oimbra. VALORES NATURAIS: O maior interese deste espazo reside nas veigas e gándaras que se forman arredor dos ríos onde hai unha variada flora e fauna acuáticas.
  • 4. PROTECCIÓN -Lugar de importancia comunitaria (LIC) 29 de decembro de 2004. -Zona especial de conservación (ZEC) 31 de marzo de 2014.
  • 5. CLIMA Atlántico con características mediterráneas, con verán secos e calorosos. O clima da zona favorece o cultivo de vides, laranxeiras, oliveiras...
  • 6. Val do Támega en Laza XEOLOXÍA Unha parte do espazo pertence ás serras do Macizo Central (Montes de Correchouso e estribacións de San Mamede) e o resto á coñecida como Depresión de Monterrei.
  • 7. O VAL DE MONTERREI É unha depresión alongada percorrida polo río Támega. É unha foxa tectónica pechada entre dous macizos graníticos fallados que levan asociados fontes termais. As rochas que a rodean son granitos, cuarcitas, lousas e algún xisto. O río Támega percorre o fondo do val e depositou aluvións cuaternarios de areas e arxilas. Forma chairas anegadas en tempos de maior pluviosidade e nas súas marxes hai algunhas lagoas naturalizadas orixinadas pola extracción de áridos.
  • 8. Fraga de Lobos, cumes graníticos de 691 m de altitude no rebordo leste da depresión de Monterrei.
  • 9. REDE FLUVIAL Forma parte da cunca do Douro a través do seu afluente Támega, o río principal da comarca de Verín que recolle as augas dos montes que verten cara á depresión de Monterrei. Os ríos teñen fortes desniveis nos cursos altos e un discorrer maino e sinuoso polas chairas da depresión. Río Támega (Castrelo do Val)
  • 10. RÍO TÁMEGA Nace no Monte Talariño e despois dun percorrido por terras galegas (51 km) e portuguesas desemboca no Río Douro. Ten un primeiro tramo de fortes pendentes e remánsase polas Veigas de Laza e a Depresión de Monterrei. Os principais afluentes pola dereita son o Carraxo e Bubal ou Vilaza; pola esquerda Abelleira, Trez, Ábedes ou Fachedo e Pequeno. O Támega en Laza
  • 11. Brañas nas Fontes do Támega (Albergaría-Laza)
  • 12. O Támega na Ponte do Couto (Laza)
  • 13. Laza
  • 14. RÍO TREZ ou RIBEIRA Fórmase pola confluencia de varios regos que baixan dos Montes de Correchouso (río Correchouso ou das Cabras) e Cabeza da Cántara (Cereixo). Xúntase co Támega en Laza. Está protexido un tramos que inclúes os regos da Profita, Auga Alta, Raposeira e Cereixo ou Teixeira. Río Trez pouco antes antes de se xuntar co Támega
  • 15. Rego da Profita (Trez-Támega) Toro (Laza) Rego de Auga Alta (Trez-Támega) Toro (Laza)
  • 16. Fervenza dos Muíños Está modificada pola presa dun muíño.
  • 17. O Támega no Marco do Ouro (Laza)
  • 18. O Támega entre Laza e Castrelo do Val
  • 19. O Támega en Castrelo do Val
  • 20. O Támega entre Laza e Castrelo do Val
  • 22. Lagoa naturalizada formada pola extracción de áridos. O río Támega percorre o fondo do val de Monterrei e depositou aluvións cuaternarios de areas e arxilas. En tempos de moita pluviosidade inunda as chairas das súas marxes. Na proximidades de Verín hai varias lagoas orixinadas pola extración de áridos, algunhas delas moi naturalizadas.
  • 23. O RÍO VILAZA OU BUBAL. Nace en Portugal, percorre terreos do sur de Monterrei e xúntase co Támega en Verín. Está protexido o tramo final, desde Vilaza.
  • 24. O Vilaza en Vilaza (Monterrei).
  • 25. RÍO ÁBEDES Nace nos montes situados no linde de Verín con Vilardevós. O Principal afluente é o rego das Quintas que atravesa Vilardevós e xúntase con el en Ábedes (Verín). Fervenzas: Fraga de Lobos (Pozo do Demo).
  • 26. Fervenza “Pozo do Demo” na Fraga de Lobos, en Ábedes (Verín). No Rego das Quintas, un afluente do río Ábedes que nace no monte Fraga de Lobos forma un val encaixado con pequenos saltos e rápidos en rochas graníticas.
  • 27. Pozas das Fenteiras (Oímbra)
  • 28. O Támega na Bagoeira
  • 29. O Támega na Bagoeira
  • 30. O Támega na Presa Mourazos (Verín)
  • 31. O Támega na Presa (Mourazos, Verín)
  • 32. O Támega en Rabal (Oímbra)
  • 33. A depresión de Monterrei é unha zona de influencia mediterránea cunha flora e fauna moi interesante na que están presentes varias especies escasas noutras zonas de Galiza e algunhas únicas.
  • 34. TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE -Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas con vexetación de Littorelletea uniflorae e/ou Isoeto-Nanojuncetea -Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho- Batrachion -Ríos de ribeiras lamacentas con vexetación de Chenopodion rubri p.p. e de Bidention p.p. -Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix -Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea -Prados con molinias sobre substratos calcários, turbosos ou arxilo-limosos(Molinion caeruleae) -Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino -Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis) -Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)
  • 35. FLORA A vexetación máis representativa é a asociada ao río e as súas marxes: bosques de ribeira, veigas de asolagamento e pozas antrópicas naturalizadas. As árbores máis comúns son as amieiras, freixos, salgueiros... e nalgunhas zonas alonxadas do río carballos e sobreiras. Destacan a presenza de Littorella uniflora no río. ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Drepanocladus vernicosus Narcissus asturiensis O Támega en OímbraNarcissus asturiensis
  • 36. Herba da prata (Ranumculus fluitans) unha das plantas máis abondosas nas áreas remansadas e de corrente lenta.
  • 37. Lirio amarelo (Iris pseudacorus)
  • 41. FAUNA A depresión de Monterrei é unha zona cunha fauna moi interesante. Téñense catalogado 180 especies de vertebrados (5 peixes, 16 réptis, 11 anfibios, 110 aves e 37 mamíferos) algúns escasos noutras zonas de Galiza.
  • 42. Leirón careto (Eliomys quercinus) MAMÍFEROS Rato de almizcle, musgaño de Cabrera, morcego rabudo (límite noroccidental da súa distribución mundial), leirón careto, rato papalbo, rato mouro... ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Galemys pyrenaicus Lutra lutra Miniopterus schreibersii Myotis myotis Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros Morcego grande de ferradura (Rhinolophus ferrumequinum)
  • 43. AVES Cotovía dos camiños (Galerida cristata), anduriña das barreiras (Riparia riparia), pica papuda (Anthus campestris), anduriña dáurica (Hirundo daurica). Nidifica o mergullón pequeno (Tachybaptus ruficollis), o lavanco real (Anas platyrhynchos), a galiña de río (Gallinula chloropus), a píllara areeira ou pequena (Charadrius dubius), o pombo zura (Columba oenas), o cuco papudo (Clamator glandarius), o picapeixe (Alcedo atthis), o ouriolo (Oriolus oriolus)... ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Alcedo atthis Anthus campestris Lavandeira verdeal (Motacilla flava)
  • 45. Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi) RÉPTILES Escáncer cego (Blanus cinereus) atopado só nesta zona en toda Galiza. lagarta cinsenta (Psammodromus hispanicus), lagartixa rabuda (Psammodromus algirus), ladra ou osga (Tarentola mauritanica), por seren únicas en Galiza. ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Lacerta schreiberi
  • 46. Sapo de esporóns (Pelobates cultripes). ANFIBIOS Unha grande variedade entre os que destaca o sapo de esporóns (Pelobates cultripes). ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Chioglossa lusitanica Discoglossus galganoi Estroza ou rela (Hyla molleri) No río Támega, de corrente lenta con zonas asolagadas e abundante vexetación de ribeira, danse as condicións apropiadas para o desenvolvemento dos anfibios, especies protexidas cada vez máis escasas, que están ben representadas nesta área.
  • 47. Ra verde (Pelophylax perezi) Sapo común (Bufo bufo) en tempo de reprodución.
  • 48. Pintafontes ou limpafontes común (Triturus boscai). Endémico do Noroeste da Península Ibérica.
  • 49. PEIXES Destacan o barbo (Barbus barbus bocagei), especie restrinxida ao extremo máis meridional de Galiza, e o cacho (Leuciscus carolitertti) que está presente en poucos ríos galegos. ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Chondrostoma polylepis Barbo (Barbus barbus bocagei)
  • 50. INVERTEBRADOS Abondan os insectos asociados á auga e zonas húmidas: cabaliños do demos, libélulas, escaravellos de auga, patinadores. Os arbustos e plantas das ribeiras atraen a numerosas bolboretas. ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Cerambyx cerdo Lucanus cervus Oxygastra curtisii Geomalacus maculosus Libeliña (Sympetrum sanguineum) Larva de ditisco
  • 51. Laza ACTIVIDADES Pesca, lecer, extracción de áridos, subministro de auga para uso urbán, industrial e agrícola.
  • 53. HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL •O nome do río é pre-romano, dunha raíz indoeuropea *tam- "de cor escura", que aparece noutros nomes de ríos galegos (Tambre, Támoga, Tamuxe…). Do nome do río deriva o do pobo pre-romano dos tamagni, que habitaba o val de Monterrei. •As ribeiras do Támega foron poboadas desde tempos antigos e nas súas proximidades desenvolvéronse asentamentos importantes nos que se conserva un rico patrimonio cultural. Muíño no Támega en Nocedo (Castrelo do Val)
  • 54. Verín PROBLEMAS -Verquidos e obras na canle e chaira inundable do Támega. -Especies invasoras -Contaminación -Extracción de áridos
  • 55. Corta da vexetación de ribeira para facer unha área de lecer.
  • 56. Nocedo PUNTOS DE INTERESE -Fervenzas: Os Muíños, Rego de Auga Alta, Rego da Profita (río Trez), -Muíños: Trez, Castrelo do Val, O Placer, San Pedro e A Acea (Verín) -Lagoas e humidais: A Lameda, As Fenteiras, A Bagoeira, O Areal, As Lamas... -Áreas de lecer: Castrelo do Val, Verín, A Bagoeira...
  • 57. Lindando co espazo protexido do río Ábedes atópase o balneario e a fonte de auga mineiro-medicinal de Cabreioroá.
  • 58. Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta Debuxos: Mon Daporta Novembro 2016