4. Árbore de copa cónica cando
é novo e máis ancha e
abombada cando vello. Pode
chegar a medir ata 40 m de
altura.
Orixinaria do leste e sudoeste
América do Norte e
dalgunhas áreas de América
Central.
5. TALO:
Toro cilíndrico, recto, coas ponlas,
que comezan case desde a base,
dispostas horizontalmente ou
lixeiramente dirixidas cara arriba.
A tona é lisa e gris nas árbores novas
e nos de máis anos dividida en placas
con fendas profundas. Nas ponlas é
de cor amarela ou encarnada e con
costelas de cortiza.
6. FOLLAS
Simples, alternas, co
limbo de forma palmeada
dividido en 5 ou 7 lóbulos
triangulares coa beira
serrada (10-15 cm de
lonxitude). A cor é verde
brillante e no outono
cambian a amarela,
vermella ocre ou carmín.
O peciolo é cilíndrico e
longo (6-12 cm de
lonxitude).
9. FROITOS
Secos (cápsulas) agrupados
formando bolas espiñentas.
Ao secar abren e liberan as
sementes de cor castaña, moitas
pequenas estériles e unha ou
dúas fértiles de maior tamaño e
con ás.
Os froitos poden permanecer na
árbore durante todo o ano.
12. Pazo de Torrecedeira (Redondela)
Dous exemplares. -25,5 e 18,5 m de altura, e 2,63 e 2,35 m de perímetro.
13. USOS
É unha árbore ornamental moi valorada polas súas variadas e
chamativas cores outonais.
14. A madeira emprégase para
obter febra e para facer marcos
de cadros.
Algúns nativos americanos
empregaban a goma, a tona e a
raíz como antidiarreíco, en
dermatoloxía, en xinecoloxía,
como febrífugo, sedante...
A partir da madeira de
liquidámbar obtense o
estoraque (styrax), un bálsamo
ou resina empregado en
perfumería. Este foi empregado
como incenso nos templos das
culturas prehispánicas. Usouse
tamén como medicina (dores
musculares e de articulacións),
para darlle máis sabor ao
tabaco ou para perfumar
guantes.