SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  13
Télécharger pour lire hors ligne
Orientación Académica 2º ESO
Mónica Diz Besada
1
PROGRAMA DE ORIENTACIÓN VOCACIONAL
PARA 2º DE ESO
E DESPOIS DA ESO, QUE?
O traballo que che propoñemos a continuación pretende axudarche e acompañarte nunha decisión moi
importante para a túa vida futura como é a que indudablemente vas ter que tomar moi pronto, ao finalizar a
ESO.
Para decidir que estudos vas ter que realizar despois da ESO tes que ter moi presente certos datos como:
 Como é o sistema educativo.
 Características das diferentes opcións ao rematar a ESO.
 Itinerario ou percorrido a desenvolver para poder acceder a determinados estudos superiores.
Ademais debes facer unha análise de certos aspectos de ti mesmo/a.
 Que intención tes de seguir estudando?
 Que profesións che gustan ou interesan máis?
 Que aptitudes tes máis desenvolvidas?
 En que materias de ESO acadas mellores resultados?
 Que rasgos de personalidade destacan máis en ti?
Este programa quere servirche de axuda na túa toma de decisión. O esquema que aparece a continuación
representa as fases do proceso que seguirás con estas actividades:
1. ACTIVIDADES DE AUTOCOÑECEMENTO:
- 1ª ENQUISA Como estou de motivación nos estudos?
- 2ª ENQUISA Cales son as miñas preferencias profesionais?
- 3ª ENQUISA Cales son as miñas aptitudes?
- 4ª ENQUISA Cales son os meus rasgos de persoalidade?
2. ACTIVIDADES DE INFORMACIÓN:
- Que sei do bacharelato?
- Que son os ciclos formativos?
- Que outras opcións podo estudar?
3. ACTIVIDADES DE TOMA DE DECISIÓNS:
- 5ª ENQUISA para tomar unha decisión e escoller as materias de 3º de ESO.
Isto tratarémolo no caderno de
información académica e na sesión de
orientación.
Orientación Académica 2º ESO
Mónica Diz Besada
2
1ª ENQUISA: COMO ESTOU DE MOTIVACIÓN NOS ESTUDOS? ENQUISA DE MOTIVACIÓN:
Pensaches algunha vez se os estudos que queres realizar son de curta ou longa duración? Se realizas esta
enquisa con sinceridade poderás ter unha idea máis clara.
INSTRUCIÓNS:
- Le as preguntas que veñen na enquisa.
- Rodea a resposta que máis se adapta ao que pensas.
- Procura non abusar demasiado da opción marcada coa interrogación.
- Suma as eleccións de cada unha das columnas e anótao na última fila.
- Ten coidado, xa que a orde das respostas SI/NON varía.
PREGUNTA 1ªc 2ªc 3ª c
1. Xeralmente estou atento na clase
2. Gustaríame traballar canto antes
3. En case todas as avaliacións cáeme máis dun suspenso
4. Estudar é un gran fastío para min
5. Existen bastantes materias que me gustan
6. Creo que estudar no serve para nada
7. Desexaría poñerme a traballar en calquera cousa e deixar de estudar
8. Cando remate este ano penso seguir estudando.
9. Desanímome cando penso que teño que poñerme a estudar
10. Sería feliz se non tivese que estudar
11. Penso que o que estudo me vai servir de pouco.
12. Gustaríame estudar e prepararme ben antes de buscar traballo
13. Canto máis aprenda agora, máis posibilidades terei de conseguir un bo traballo
14. Para estudar necesito sempre alguén que me axude
15. É necesario estudar moito para ter unha boa situación o día de mañá.
16. Na maioría das clases abúrrome.
17. O tempo que adico ao estudo fáiseme moi longo.
18. Penso que poderei estudar unha carreira universitaria.
19. Cando estudo adoito levantarme con frecuencia.
20. O ano que vén gustaríame seguir estudando.
21. Estou estudando este curso porque non teño máis remedio.
22. Xeralmente estudo na casa todos os días.
23. Cando suspendo unha asignatura procuro recuperala o antes posible.
SI ¿? NON
NON ¿? SI
NON ¿? SI
NON ¿? SI
SI ¿? NON
NON ¿? SI
NON ¿? SI
SI ¿? NON
NON ¿? SI
NON ¿? SI
NON ¿? SI
SI ¿? NON
SI ¿? NON
NON ¿? SI
SI ¿? NON
NON ¿? SI
NON ¿? SI
SI ¿? NON
NON ¿? SI
SI ¿? NON
NON ¿? SI
SI ¿? NON
SI ¿? NON
Orientación Académica 2º ESO
Mónica Diz Besada
3
24. Preocúpame perder unha clase.
25. Estou decidido a seguir estudando para atopar un traballo mellor.
26. Cando me sae mal un exame, preparo con máis esforzo a recuperación
27. Se puidese traballar deixaría agora mesmo os estudos.
28. Só estudo porque me obrigan.
29. O meu desexo é estudar só un par de anos máis e atopar traballo.
30. Penso que para min aprender un oficio é o máis adecuado.
31. É probable que vaia á Universidade.
32. Se fago bacharelato penso que terei dificultades para rematalo.
33. Gustaríame facer uns estudos curtos de Formación Profesional.
34. Interésame facer o bacharelato aínda que teña que repetir algún curso.
35. Desexaría que o que vén fose o meu derradeiro ano de estudo.
36. Se fose só pola miña vontade, deixaría de estudar no vindeiro curso.
SI ¿? NON
SI ¿? NON
SI ¿? NON
NON ¿? SI
NON ¿? SI
NON ¿? SI
NON ¿? SI
SI ¿? NON
NON ¿? SI
NON ¿? SI
SI ¿? NON
NON ¿? SI
NON ¿? SI
Suma total …………………………
OBTENCIÓN DO RESULTADO:
Para obter o resultado dos datos desta enquisa deberás realizar as seguintes operacións:
1ª Multiplica por 2 o total da suma da 1ª columna.
2ª Multiplica por 1 o resultado da suma da 2ª columna.
3ª Calcula a suma total.
Total 1ª columna x 2 =
Total 2ª columna x 1 =
Total 3ª columna x 0 = 0
Suma total =
INTERPRETACIÓN DOS RESULTADOS:
MENOS DE 20 PUNTOS: Non sentes demasiado interese polos estudos agora mesmo. Sería pouco realista
que te formulases facer uns estudos de larga duración. Quizais o máis realista sería que acadases o
graduado en ESO e cursases estudos prácticos de curta duración, por exemplo algún ciclo formativo de FP
básico ou de grao medio.
ENTRE 20 E 50 PUNTOS: Tes certo interese por estudar, pero este non parece ser suficiente para facer uns
estudos de larga duración. O máis interesante para ti sería que aprobases o bacharelato e puideses acceder
a algún ciclo formativo de FP de grao superior.
MÁIS DE 50 PUNTOS: O teu interese parece dirixido a estudos de maior esixencia e duración. Podes
plantexarte estudar un bacharelato e despois un grao universitario.
Esta primeira atividade pretendeu poñerte na pista da túa situación ante futuros estudos. Non o tomes como
algo definitivo. A partir de agora é cando vas traballar o proceso de coñecerte a ti mesmo e de busca de
información para a toma de decisión que vas realizar.
Orientación Académica 2º ESO
Mónica Diz Besada
4
2ª ENQUISA: CALES SON AS MIÑAS PREFERENCIAS PROFESIONAIS? ENQUISA DE INTERESES
PROFESIONAIS
Tes claro os estudos que desexas realizar? Se realizas ben esta enquisa terás máis datos sobre os estudos
que realmente che interesan.
INSTRUCIÓNS:
A continuación presentámosche unha serie de actividades profesionais ou de estudo:
1. Leas detidamente.
2. Coloca na folla de respostas a puntuación que lle otorgas a cada unha segundo a seguinte escala:
1………….Non me gusta nada
2………….Non me gusta ou gústame só un pouco
3………….Resúltame indiferente
4………….Gústame
5………….Gústame moito
3. Asegúrate de que coincida o número da pregunta e o da casiña correspondente.
LEMBRA:
Non me gusta nada Gústame moito
1 ………………..2………………..3……………….4…………………5
1. Montar un circuito eléctrico.
2. Traballar nun hospital.
3. Axudar a resolver os problemas que teñen as familias necesitadas.
4. Ser escritor ou escritora.
5. Dar clases de música.
6. Facer reaccións químicas nun laboratorio.
7. Participar en programas de rehabilitación de enfermos.
8. Preocuparme polos problemas sociais do barrio ou a cidade onde vivo.
9. Estudar formas de vida de poboacións prehistóricas.
10. Interpretar obras de teatro.
11. Participar nun equipo de investigación científica.
12. Facer un curso de socorrismo e primeiros auxilios.
13. Atender e educar a persoas con deficiencias físicas ou psicolóxicas.
14. Estudar os fósiles para reconstruir formas de vida antigas.
15. Modelar obxectos de cerámica.
16. Recoller mostras da terra e estudar a súa composición.
17. Axudar en tarefas sanitarias.
18. Escribir artigos para revistas ou xornais.
19. Dar clase do teu idioma a estranxeiros.
20. Tocar algún instrumento musical nunha orquestra.
21. Deseñar o trazado dunha autoestrada.
22. Traballar nunha unidade de tratamento da dor.
23. Estudar os gustos da xente para vender mellor o produto.
24. Traducir un libro a outro idioma.
25. Restaurar cadros e obras de arte antigas.
26. Plantexar de xeito práctico no laboratorio principios ou fórmulas físicas.
27. Traballar nunha farmacia.
28. Traballar nun servizo de atención ao consumidor.
29. Estudar as características de diferentes linguas e as súas relacións.
30. Traballar na impresión dun periódico.
31. Montar o sistema de iluminación dun espectáculo.
32. Pertencer a un equipo de transplantes de órganos.
33. Defender a unha persoa nun xuízo.
34. Colaborar nunha revista literaria.
35. Facer labores de estética persoal, moda e perruquería.
36. Montar e probar motores de coches.
37. Elaborar dietas adecuadas a diferentes tipos de enfermidades.
Orientación Académica 2º ESO
Mónica Diz Besada
5
38. Facer estudos sobre a opinión da xente ante determinados temas.
39. Facer de intérprete nunha conferencia.
40. Pintar un cadro.
41. Deseñar unha máquina a través dun ordenador.
42. Realizar próteses, moldes ou pezas dentais.
43. Traballar nunha axencia de viaxes.
44. Traballar nunha biblioteca.
45. Deseñar moda de vestir.
46. Arranxar un enchufe eléctrico.
47. Realizar ecografías ou radiografías a pacientes.
48. Traballar en publicidade.
49. Dialogar sobre as calidades dunha película.
50. Dar clases de debuxo e pintura.
51. Obter, a través dunha práctica de laboratorio, a fórmula dun fenómeno físico.
52. Revisar e solucionar os problemas dentais das persoas.
53. Participar no proceso de selección de persoal dunha empresa.
54. Ordenar e clasificar documentos nun arquivo.
55. Decorar habitacións, casas e interiores.
56. Analizar a composición química dos alimentos.
57. Curar enfermidades dos animais domésticos.
58. Confeccionar as nóminas dos empregados dunha empresa.
59. Escribir contos, poesías, novelas.
60. Compoñer a música dunha canción.
61. Estudar novas formas de produción de enerxía.
62. Realizar sesións de relaxación, concentración mental e ioga para a rehabilitación de
enfermos.
63. Estudar os costumes de diferentes pobos.
64. Ensinar un idioma.
65. Maquillar a un artista.
66. Coñecer como se constrúe un edificio.
67. Asesorar a un agricultor sobre as condicións máis favorables para realizar un cultivo.
68. Participar nunha excavación arqueolóxica.
69. Analizar as causas e consecuencias de feitos ou acontecementos históricos.
70. Facer unha escultura.
71. Analizar nun laboratorio unha mostra de sangue.
72. Manter e coidar un acuario.
73. Traballar nun banco ou oficina.
74. Asistir a conferencias sobre temas culturais, historia, literatura, etc.
75. Visitar museos de pintura ou escultura.
76. Realizar o mantenemento da maquinaria dunha fábrica.
77. Mellorar o ton físico e o rendimento dun atleta ou deportista.
78. Gustaríame levar a contabilidade dunha empresa.
79. Ler o periódico, libros, … .
80. Facer gravacións e montaxes en vídeo.
81. Determiñar o grupo sanguíneo dunha persoa.
82. Coidar enfermos de todo tipo (curalos, asealos, darlles de comer, … ).
83. Aprender receitas de cociña e cociñar.
84. Aprender as linguas clásicas como o latín e o grego.
85. Pintar retratos de persoas.
86. Participar nun programa de control de residuos ambientais.
87. Estudar a influencia de determinados alimentos sobre a saúde das persoas.
88. Levar as relacións dunha empresa co exterior.
89. Estudar a cultura e costumes de diferentes países.
90. Facer a montaxe dunha película.
91. Realizar os planos e medidas topográficas para urbanizar unha zona da cidade.
92. Traballar no desenvolvemento de cultivos mariños.
93. Estudar a distribución da poboación nunha área xeográfica determiñada.
94. Facer o guión dunha obra de teatro.
95. Asistir a clases de música.
96. Traballar nunha refinería de petróleo.
Orientación Académica 2º ESO
Mónica Diz Besada
6
97. Facer o diagnóstico dunha enfermidade.
98. Ser correspondente dun periódico nun país.
99. Estudar a gramática dunha lingua.
100. Asistir a concertos de música clásica.
FOLLA DE RESPOSTAS:
CAMPO 1 CAMPO 2 CAMPO 3 CAMPO 4 CAMPO 5
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10
11 12 13 14 15
16 17 18 19 20
21 22 23 24 25
26 27 28 29 30
31 32 33 34 35
36 37 38 39 40
41 42 43 44 45
46 47 48 49 50
51 52 53 54 55
56 57 58 59 60
61 62 63 64 65
66 67 68 69 70
71 72 73 74 75
76 77 78 79 80
81 82 83 84 85
86 87 88 89 90
91 92 93 94 95
96 97 98 99 100
TOTAL
Entre 10 (un
decimal)
- Suma as puntuacións por columnas apuntando o resultado no cadro “TOTAL”
- Divide cada resultado entre 10 e anótao no seu lugar correspondente.
- Posteriormente deberás anotar na “Taboa resumo de autocoñecemento” (última folla) os
datos da última fila.
Orientación Académica 2º ESO
Mónica Diz Besada
7
INTERPRETACIÓN DOS RESULTADOS DA ENQUISA DE PREFERENCIAS PROFESIONAIS:
A continuación poderás comprobar a que tipo de estudos corresponden os campos nos que
obtiveches maior puntuación. Non penses que xa tomaches a decisión, tan só deches o primeiro paso, e
deberás realizar o programa completo para ter unha visión global.
CAMPO CICLOS DE FP, GRAOS UNIVERSITARIOS E MODALIDADE DE BACHARELATO
PROPIOS DESTE CAMPO
CAMPO 1:
Científico –
técnico
Graos universitarios de: Arquitectura, Enxeñarías, Tecnoloxía, Ciencias do Mar, Bioloxía,
Ciencias Ambientais, Física, Química, Matemáticas, Xeoloxía, Estatística, Navegación
Marítima, Radioelectrónica Naval, Estruturas mariñas, Informática, Ciencia e Tecnoloxía dos
alimentos.
Ciclos formativos das familias profesionais de: Actividades físico-deportivas, marítimo
pesqueiras, artes gráficas, comunicación, imaxe e son, Edificación e obra civil, Electricidade e
electrónica, Fabricación mecánica, industrias alimentarias, informática, madeira e moble,
mantenemento de vehículos, mantenemento e servizos á producción, química, téxtil, vidrio e
cerámica, agricultura e ganadería, medioambente.
Modalidade de Bacharelato: Ciencias
CAMPO 2:
Biosanitario
Graos universitarios de: Enfermeria, Farmacia, Fisioterapia, Logopedia, Medicina,
Odontoloxía, Podoloxía, Química, Terapia Ocupacional, Veterinaria, Psicoloxía, Óptica.
Ciclos formativos das familias profesionais de: Industrias alimentarias, química, sanidade,
maritimo pesqueira, imaxe persoal, vidrio e cerámica, téxtil, actividades físico – deportivas.
Modalidade de Bacharelato: Ciencias
CAMPO 3:
Ciencias
Sociais
Graos universitarios de: Administración e dirección de empresas, Ciencias empresariais,
Comunicación Audiovisual, Xornalismo, Dereito, Economía, Educación Social, Pedagoxía,
Mestre de Educación Infantil, Mestre de Educación Primaria, Publicidade e Relacións Públicas,
Relacións Laborais, Ciencias Políticas, Socioloxía, Xestión e Adm. Pública, Traballo Social,
Ciencias da Actividade física, Comercio, Turismo, Xeografía e Ordenación do Territorio.
Ciclos formativos das familias profesionais de: Actividades físico – deportivas,
Administración e xestión, Comercio e Marketing, Hostelería e turismo, Servizos socioculturais.
Modalidade de Bacharelato: Ciencias Sociais
CAMPO 4:
Humanístico
Graos universitarios de: Ciencias da cultura e difusión cultural, Español, Galego, Galego –
Portugués, Inglés, Lingua e Literatura modernas, Traducción e Interpretación, Filoloxía
Clásica, Filosofía, Historia Historia da Arte, Humanidades, Información e Documentación,
Xeografía e Historia.
Ciclos formativos das familias profesionais de: Actividades físico – deportivas, hostelería
e turismo, Servizos socioculturais.
Modalidade de Bacharelato: Humanidades
CAMPO 5:
Artístico
Graos universitarios de: Belas Artes, Música e Danza, Arte Dramática, Conservación e
Restauración de Bens culturais, Estudos superiores de deseño (de moda, de produtos, gráfico,
de interiores), Historia da Arte.
Ciclos formativos das familias profesionais de: Comunicación, imaxe e son, imaxe persoal,
vidrio e cerámica, artes gráficas, artes plásticas e deseño.
Modalidade de Bacharelato: Artes.
Orientación Académica 2º ESO
Mónica Diz Besada
8
3ª ENQUISA: CALES SON AS MIÑAS APTITUDES? ENQUISA DE APTITUDES
A continuación vas a explorar as aptitudes que pensas que tes para determinadas situacións a través dunha
enquisa.
A actividade que vén a continuación vaiche permitir obter máis datos para o teu coñecemento persoal.
Trátase de descubrir, a través da valoración que deas a determinados comportamentos, as habilidades e
aptitudes que destacan máis en ti. Faino con sinceridade.
Cada aptitude está composta por 5 actividades que deberás puntuar segundo a habilidade que creas que tes
para cada unha delas.
INSTRUCIÓNS:
- Rodea a valoración que corresponde á túa realidade en cada situación.
- Utiliza para iso a seguinte escala:
1.. moi pouco ou nada
2.. pouco ou algo
3.. normal
4.. bastante ben
5.. moito ou moi ben
- En cada bloque suma a puntuación rodeada e anota este resultado no cadro correspondente.
LEMBRA:
Moi pouco ou nada Pouco ou algo Normal Bastante ou ben Moito ou moi ben
1 …………....………..….2.………………..….3.………….4.………………………5………………..
1. Habilidades manuais ou mecánicas:
Dáseme moi ben:
1. O debuxo liñal …………………………………………………..................
2. Reparar aparatos ……………………………………………….................
3. Compoñer algo e despois desmontalo ……………………….................
4. A bricolaxe ……………………………………………………….................
5. Manexar ferramentas …………………………………………...................
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
SUMA: __________
2. Habilidades para o cálculo:
6. Teño rapidez e exactitude no cálculo mental ………………...................
7. Resolvo problemas sen cometer erros nas operacións ….....................
8. Dánseme ben os exercicios de ecuacións ………………......................
9. Sáenme ben as operacións tanto con números enteiros como con
decimais ……………………………………………....................................
10. Aplico facilmente unha porcentaxe de aumento ou desconto a unha
cantidade ……………………………………............................................
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
SUMA: __________
3. Aptitude verbal:
11. Atopo con facilidade palabras adecuadas para o que quero dicir .........
12. Cando estudo entendo o significado da maioría das palabras ..............
13. Se me dan unha palabra, teño facilidade para atopar sinónimos da
mesma …………………………………………..........................................
14. Gústame a lectura …………………………………………….....................
15. Redacto ben ……………………………………………………...................
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
SUMA: __________
4. Habilidades para as relacións sociais:
16. Gústame coñecer a xente nova ……………………………….................
17. Son sociable, relaciónome con facilidade ……………………................
18. Se descoñezo algo non teño problemas en preguntalo ……................
19. Non me importa falar en público ………………………………................
20. Son capaz de animar aos meus amigos se se atopan tristes ou
deprimidos …………………………………………...................................
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
SUMA: __________
Orientación Académica 2º ESO
Mónica Diz Besada
9
5. Aptitude espacial:
21. Fago os puzzles con gran facilidade ……………………….....................
22. Oriéntome ben sobre un mapa ………………………………..................
23. Cando vexo o plano dunha vivenda fágome unha idea clara da súa
distribución e dimensións ……………………………..............................
24. Se me dan tres vistas dunha figura (alzado, planta e perfil), imaxínoma
facilmente ……………………………………….......................................
25. Oriéntome con facilidade por cidades descoñecidas ………...............
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
SUMA: __________
6. Memoria:
26. Adoito recoñecer a persoas que só vin unha vez …………...................
27. Cando leo ou escoito algo, adoito quedarme coa maioría dos datos
………………………………………………………...................................
28. Lembro ben o estudado ………………………………………..................
29. Quédanseme ben os datos e datas históricas ………………................
30. Se observo con atención unha película, son capaz de reter case todos
os seus detalles ………………………………….....................................
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
SUMA: __________
7. Razonamento:
31. Formulo ben e sen dificultade os problemas ………………...................
32. Resolvo ben as series tanto de números como de letras …................
33. Sigo e comprendo ben as demostracións matemáticas …..................
34. Teño facilidade para entender as explicacións na clase ….................
35. Ao ler un problema recoñezo con facilidade o comenzo ou fórmula a
aplicar ………………………………………………..................................
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
SUMA: __________
8. Aptitude artística:
36. Teño facilidade para tocar instrumentos musicais ………….................
37. Son creativo/a nos traballos que realizo ……………………..................
38. A xente admírase cando ve os meus debuxos ……………..................
39. Dánseme ben os traballos manuais…………………………..................
40. A xente acostuma a loar as miñas cualidades artísticas ....................
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
1 2 3 4 5
SUMA: __________
OBTENCIÓN DE RESULTADOS:
Traslada as puntuacións obtidas en cada bloque ao Cadro – Resumo e realiza as operacións que se che
indican:
CADRO – RESUMO
APTITUDES Total Dividido entre 5 Multiplico por 2
(Putuación global)
Mecánicas
Cálculo
Verbal
Relacións sociais
Espacial
Memoria
Razonamento
Artística
Orientación Académica 2º ESO
Mónica Diz Besada
10
INTERPRETACIÓN DOS RESULTADOS:
Agora é o momento de que atopes o tipo de estudos que están máis dacordo coas túas aptitudes. Para iso:
1. Pon a puntuación global obtida en cada rasgo no cadro correspondente:
2. Multiplica esta puntuación polo número que se indica en cada cadro da columna que corresponda.
3. Suma as distintas puntuacións de cada fila e anótao no cadro do subtotal.
4. Divide este resultado entre 30 (un decimal) e anótao na última columna. Obterás un número do 1 ao 10.
5. Posteriormente deberás trasladar os datos da última columna á “Taboa resumo do autocoñecemento”
(última folla).
APTITUDES
Mecá
nico
Cálcul
o
Verbal Relaci
ónSoc
ial
Espac
ial
Memo
ria
Razoa
mento
Artísti
co
Subto
tal
Divide
entre 30
(1
decimal)
Punt. Global
Científico
Técnico x6= x6= x2= x1= x5= x2= x7= x1=
Biosanitario
x2= x4= x3= x5= x3= x7= x5= x1=
C. Sociales
x1= x5= x6= x6= x2= x5= x4= x1=
Humanidades
x1= x1= x9= x5= x2= x7= x4= x1=
Artístico
x6= x1= x4= x1= x5= x1= x2= x10=
Analizando estes resultados podes ver en que área profesional tes máis aptitudes.
Orientación Académica 2º ESO
Mónica Diz Besada
11
4ª ENQUISA: CALES SON OS MEUS RASGOS DE PERSONALIDADE? ENQUISA DE PERSOALIDADE.
Na seguinte enquisa preténdese que obteñas datos sobre como son os rasgos que definen a túa forma de
ser.
Deste xeito poderás ver a relación entre estes rasgos e os diferentes campos profesionais.
INSTRUCIÓNS:
- Le atentamente cada una das seguintes frases.
- Contesta na folla de respostas, puntuando segundo o grao de acordo ou
desacordo que amoses con cada unha delas.
- Utiliza para iso a seguinte escala:
1.. total desacordo
2.. desacordo
3.. indiferente
4.. acordo
5.. total acordo
LEMBRA:
Total desacordo Desacordo Indiferente Acordo Total acordo
1 ………………………….2.……………..……3.……………….4.…………….5……………….
1. Gústame o manexo de máquinas ou aparatos.
2. Gústame analizar e producir novas ideas.
3. Os sentimentos son algo importante na miña vida
4. Considero moi importante axudar a outras persoas
5. Son de carácter moi impulsivo e emprendedor
6. Creo que as normas son moi necesarias
7. Considérome realista, materialista
8. Disfruto con todo o relacionado coa linguaxe
9. Disfruto coas manifestacións artísticas
10. Son servicial e comprensivo
11. Non me deteño en formulacións e prefiro pasar á acción
12. Síntome a gusto coas tarefas que teñen normas moi claras
13. Atráeme o concreto das cousas máis que o mundo da imaxinación
14. Gústame analizar detidamente as cousas
15. Gústame a poesía, a música, a arte, etc.
16. Implicaríame dicididamente nunha ONG polo traballo solidario que realiza
17. Son audaz, dominante, enérxico
18. Non teño problemas con aceptar regras establecidas
19. Non me atrae o relacionado coa arte
20. Busco razóns e causas das cousas
21. Considérome pouco realista e, ás veces, déixome levar por intuicións
22. Prefiro o traballo con persoas antes que con máquinas
23. Considérome un bo vendedor
24. Son ordenado e sistemático nas miñas tarefas
25. Vaime máis o científico e o técnico que o relacionado coas letras e humanístico
26. Son unha persoa crítica e independente
27. Considérome creativo e imaxinativo
28. Creo que son sociable e cooperativo.
29. Penso que se me darían ben os negocios
30. Preocúpame máis o económico que o estético
31. Gústame ver rapidamente os resultados do meu esforzo
32. Cando se me formula un problema doulle voltas e non paro ata atopar unha solución ao mesmo
33. Considero que a creatividade é un elemento importante na miña vida
34. Esfórzome por ententer os sentimentos dos demais
35. Considérome capaz de montar nun futuro un negocio pola miña conta
36. Creo que sempre se debe sancionar a quen se salta as normas establecidas
Orientación Académica 2º ESO
Mónica Diz Besada
12
FOLLA DE RESPOSTAS: Suma a puntuación por columnas apuntando o resultado no cadro “TOTAL”:
1 2 3 4 5 6
1) 2) 3) 4) 5) 6)
7) 8) 9) 10) 11) 12)
13) 14) 15) 16) 17) 18)
19) 20) 21) 22) 23) 24)
25) 26) 27) 28) 29) 30)
31) 32) 33) 34) 35) 36)
TOTAL
INTERPRETACIÓN DOS RESULTADOS:
Agora é o momento de que atopes que tipo de estudos son máis acordes coa túa forma de ser. Para iso:
1. Pon a puntuación total obtida en cada rasgo no cadro correspondente.
2. Multiplica esa puntuación polo número que se indica en cada cadro da columna que corresponda.
3. Suma as distintas puntuacións de cada fila e anótao na cadro do subtotal.
4. Divide este resultado entre 90 (un decimal) e anótao na última columna. Obterás un número do 1 ao 10.
5. Posteriormente deberás trasladar os datos da última columna á “Taboa resumo del autocoñecemento” da
última folla.
1.
Realis
ta
2.
Intelect
ual
3.
Artístic
o
4.
Social
5.
Empren
dedor
6.
Conven
cional
Subto
tal
Divide entre
90
(1 decimal)
Punt. Total
Científico
Técnico X10= X9= x2= X2= x5= x2=
Biosanitario
X6= X9= X2= X9= X2= X2=
C. Sociais
x1= X4= X3= x6= x2= x5=
Humanidades
X2= X8= x9= X7= X2= X2=
Artístico
X1= X4= X18= X2= X4= x1=
As puntuacións da última columna ofrécenche datos sobre os campos profesionais que se adaptan mellor á
túa persoalidade.
Orientación Académica 2º ESO
Mónica Diz Besada
13
5ª ENQUISA: ENQUISA PARA TOMAR A DECISIÓN E ESCOLLER AS MATERIAS DE 3º ESO:
1º TÁBOA RESUMO DE AUTOCOÑECEMENTO:
CAMPO Resultados
enquisa 2:
INTERESES
PROFESIONAIS
Resultados
enquisa 3:
APTITUDES
Resultados
enquisa 4:
PERSOALIDADE
SUMA
Campo 1 Científico – Técnico
Campo 2 Biosanitario
Campo 3 Social
Campo 4 Humanidades
Campo 5 Artístico
2º SELECCIONO OS ESTUDOS RELACIONADOS COS CAMPOS:
- Esolle os 3 campos profesionais de maior puntuación e escríbeos na columna de campos.
- Escolle o tipo de bacharelato relacionado co campo ou o nome da familias de formación profesional que máis che
interesen, pero que estean relacionadas cos campos.
OS TRES CAMPOS CON MAIOR PUNTUACIÓN TIPO DE BACHARELATO OU CICLO FORMATIVO DE GRAO
MEDIO RELACIONADO
1º 1…………………………………………………………………
2………………………………………………………………..
3………………………………………………………………..
2º 4………………………………………………………………..
5………………………………………………………………..
6………………………………………………………………..
3º 7………………………………………………………………..
8………………………………………………………………...
9………………………………………………………………..
3º TOMO UNHA DECISIÓN:
“DECÍDOME E ESCOLLO UN CAMIÑO”
Agora, despois de pensalo ben, estou decidido/a a escoller un camiño. Despois da ESO eu vou estudar:
Bacharelato. Modalidade: ..................................................................................................................................
Ciclo formativo de grao Medio: ..........................................................................................................................
Ciclo de Formación Profesional Básica: ............................................................................................................
ESA . Módulos: ...................................................................................................................................................
Probas de acceso a ciclos de grao medio.
Outras opcións: ...................................................................................................................................................
Materias que necesito escoller en 3º de ESO: (marca unha de cada parella)
Matemáticas aplicadas OU Matemáticas académicas
2ª lingua estranxeira (Francés) OU Cultura Clásica
Relixión OU Valores éticos

Contenu connexe

Tendances

ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESOORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESOjohancarballeira
 
REUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESO
REUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESOREUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESO
REUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESOLoudes Otero
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO pedrofloriani
 
O titor coas familias
O titor coas familias O titor coas familias
O titor coas familias Loudes Otero
 
Intercambios de experiencias de boas prácticas
Intercambios de experiencias de boas prácticasIntercambios de experiencias de boas prácticas
Intercambios de experiencias de boas prácticasLoudes Otero
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO pedrofloriani
 
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)Silvina Paricio Tato
 
Ponencia CFR Pontevedra septiembre del 2016
Ponencia CFR Pontevedra septiembre del 2016Ponencia CFR Pontevedra septiembre del 2016
Ponencia CFR Pontevedra septiembre del 2016cucacambados
 
Planificación sesións titoría 16 17
Planificación sesións titoría 16 17Planificación sesións titoría 16 17
Planificación sesións titoría 16 17Mónica Diz Besada
 
Orientación academica e profesional bacharelato ies johan carballeira (bueu)
Orientación academica e profesional bacharelato ies johan carballeira (bueu)Orientación academica e profesional bacharelato ies johan carballeira (bueu)
Orientación academica e profesional bacharelato ies johan carballeira (bueu)carballeira123
 

Tendances (19)

O paso á eso
O paso á eso O paso á eso
O paso á eso
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESOORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO
 
Enquisa ccl curso_09_10
Enquisa ccl curso_09_10Enquisa ccl curso_09_10
Enquisa ccl curso_09_10
 
Reunión pais eso
Reunión pais esoReunión pais eso
Reunión pais eso
 
REUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESO
REUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESOREUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESO
REUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESO
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
 
O titor coas familias
O titor coas familias O titor coas familias
O titor coas familias
 
Intercambios de experiencias de boas prácticas
Intercambios de experiencias de boas prácticasIntercambios de experiencias de boas prácticas
Intercambios de experiencias de boas prácticas
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
 
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)
 
Ponencia CFR Pontevedra septiembre del 2016
Ponencia CFR Pontevedra septiembre del 2016Ponencia CFR Pontevedra septiembre del 2016
Ponencia CFR Pontevedra septiembre del 2016
 
Planificación sesións titoría 16 17
Planificación sesións titoría 16 17Planificación sesións titoría 16 17
Planificación sesións titoría 16 17
 
Orientación academica e profesional bacharelato ies johan carballeira (bueu)
Orientación academica e profesional bacharelato ies johan carballeira (bueu)Orientación academica e profesional bacharelato ies johan carballeira (bueu)
Orientación academica e profesional bacharelato ies johan carballeira (bueu)
 
Lingua 6 examenes
Lingua 6 examenesLingua 6 examenes
Lingua 6 examenes
 
GuíA Oap 4 Eso
GuíA Oap 4 EsoGuíA Oap 4 Eso
GuíA Oap 4 Eso
 
Tâche 5 évaluer
Tâche 5 évaluerTâche 5 évaluer
Tâche 5 évaluer
 
Enquisa Cultura Clásica 2010-11
Enquisa Cultura Clásica 2010-11Enquisa Cultura Clásica 2010-11
Enquisa Cultura Clásica 2010-11
 
Como somos
Como somosComo somos
Como somos
 
Oriéntate
OriéntateOriéntate
Oriéntate
 

En vedette

Organización da eso LOMCE_ Mónica Diz Besada
Organización da eso LOMCE_ Mónica Diz BesadaOrganización da eso LOMCE_ Mónica Diz Besada
Organización da eso LOMCE_ Mónica Diz BesadaMónica Diz Besada
 
Sesión orientación 2º de ESO 2017
Sesión orientación  2º de ESO 2017Sesión orientación  2º de ESO 2017
Sesión orientación 2º de ESO 2017Mónica Diz Besada
 
Charla orientación 3º ESO 2017
Charla orientación 3º ESO 2017Charla orientación 3º ESO 2017
Charla orientación 3º ESO 2017Mónica Diz Besada
 
A estudiar también se aprende: las claves del éxito escolar
A estudiar también se aprende: las claves del éxito escolarA estudiar también se aprende: las claves del éxito escolar
A estudiar también se aprende: las claves del éxito escolarOrientateca de OrienTapas
 
Presentación residencias universitarias para estudiantes en Galicia
Presentación residencias universitarias para estudiantes en GaliciaPresentación residencias universitarias para estudiantes en Galicia
Presentación residencias universitarias para estudiantes en GaliciaMónica Diz Besada
 
Presentación da sesión de orientación 1º bacharelato 2016
Presentación da sesión de orientación 1º bacharelato 2016Presentación da sesión de orientación 1º bacharelato 2016
Presentación da sesión de orientación 1º bacharelato 2016Mónica Diz Besada
 
Relacionarse con compañeros con discapacidad
Relacionarse con compañeros con discapacidadRelacionarse con compañeros con discapacidad
Relacionarse con compañeros con discapacidadMónica Diz Besada
 
Como ayudar a los hijos en la toma decisiones
Como ayudar a los hijos en la toma decisionesComo ayudar a los hijos en la toma decisiones
Como ayudar a los hijos en la toma decisionesLoudes Otero
 
Prevención de violencia de xénero de Mábel Orienta o camiño
Prevención de violencia de xénero de Mábel Orienta o camiñoPrevención de violencia de xénero de Mábel Orienta o camiño
Prevención de violencia de xénero de Mábel Orienta o camiñoMónica Diz Besada
 
Sesión orientación fp para bacharelato 2016
Sesión orientación fp para bacharelato 2016Sesión orientación fp para bacharelato 2016
Sesión orientación fp para bacharelato 2016Mónica Diz Besada
 

En vedette (20)

Organización da eso LOMCE_ Mónica Diz Besada
Organización da eso LOMCE_ Mónica Diz BesadaOrganización da eso LOMCE_ Mónica Diz Besada
Organización da eso LOMCE_ Mónica Diz Besada
 
Sesión orientación 2º de ESO 2017
Sesión orientación  2º de ESO 2017Sesión orientación  2º de ESO 2017
Sesión orientación 2º de ESO 2017
 
Presentación becas mecd
Presentación  becas mecdPresentación  becas mecd
Presentación becas mecd
 
Dixital xoup
Dixital xoupDixital xoup
Dixital xoup
 
Charla orientación 3º ESO 2017
Charla orientación 3º ESO 2017Charla orientación 3º ESO 2017
Charla orientación 3º ESO 2017
 
Sesión orientación 4º ESO
Sesión orientación 4º ESOSesión orientación 4º ESO
Sesión orientación 4º ESO
 
Preparando os exames
Preparando os examesPreparando os exames
Preparando os exames
 
A estudiar también se aprende: las claves del éxito escolar
A estudiar también se aprende: las claves del éxito escolarA estudiar también se aprende: las claves del éxito escolar
A estudiar también se aprende: las claves del éxito escolar
 
Presentación residencias universitarias para estudiantes en Galicia
Presentación residencias universitarias para estudiantes en GaliciaPresentación residencias universitarias para estudiantes en Galicia
Presentación residencias universitarias para estudiantes en Galicia
 
Presentación da sesión de orientación 1º bacharelato 2016
Presentación da sesión de orientación 1º bacharelato 2016Presentación da sesión de orientación 1º bacharelato 2016
Presentación da sesión de orientación 1º bacharelato 2016
 
Presentación 6º primaria
Presentación 6º primariaPresentación 6º primaria
Presentación 6º primaria
 
Relacionarse con compañeros con discapacidad
Relacionarse con compañeros con discapacidadRelacionarse con compañeros con discapacidad
Relacionarse con compañeros con discapacidad
 
Netiquétate
NetiquétateNetiquétate
Netiquétate
 
Como ayudar a los hijos en la toma decisiones
Como ayudar a los hijos en la toma decisionesComo ayudar a los hijos en la toma decisiones
Como ayudar a los hijos en la toma decisiones
 
Inteligencias múltiples, cómo reconocerlas.
Inteligencias múltiples, cómo reconocerlas.Inteligencias múltiples, cómo reconocerlas.
Inteligencias múltiples, cómo reconocerlas.
 
Folleto fp dual_v3_verde6_v1
Folleto fp dual_v3_verde6_v1Folleto fp dual_v3_verde6_v1
Folleto fp dual_v3_verde6_v1
 
Prevención de violencia de xénero de Mábel Orienta o camiño
Prevención de violencia de xénero de Mábel Orienta o camiñoPrevención de violencia de xénero de Mábel Orienta o camiño
Prevención de violencia de xénero de Mábel Orienta o camiño
 
Tratame bien
Tratame bienTratame bien
Tratame bien
 
Orientacion vocacional 2012
Orientacion vocacional 2012Orientacion vocacional 2012
Orientacion vocacional 2012
 
Sesión orientación fp para bacharelato 2016
Sesión orientación fp para bacharelato 2016Sesión orientación fp para bacharelato 2016
Sesión orientación fp para bacharelato 2016
 

Similaire à Programa orientación vocacional 2º ESO

O paso á eso copia
O paso á eso copia O paso á eso copia
O paso á eso copia Loudes Otero
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º E.S.O.
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º E.S.O.ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º E.S.O.
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º E.S.O.johancarballeira
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO pedrofloriani
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO pedrofloriani
 
Manual de orientación académica profesional para 2º de Bacharelato. Curso 201...
Manual de orientación académica profesional para 2º de Bacharelato. Curso 201...Manual de orientación académica profesional para 2º de Bacharelato. Curso 201...
Manual de orientación académica profesional para 2º de Bacharelato. Curso 201...Agrela Elvixeo
 
Resultados da enquisa_de_mediacion_en_2o_de_es
Resultados da enquisa_de_mediacion_en_2o_de_esResultados da enquisa_de_mediacion_en_2o_de_es
Resultados da enquisa_de_mediacion_en_2o_de_esLoudes Otero
 
Cuestionario De Convivencia Alumnos
Cuestionario De Convivencia AlumnosCuestionario De Convivencia Alumnos
Cuestionario De Convivencia Alumnosmgvaamonde
 
Manual de orientación académica e profesional (2020-2021)
Manual de orientación académica e profesional (2020-2021)Manual de orientación académica e profesional (2020-2021)
Manual de orientación académica e profesional (2020-2021)Agrela Elvixeo
 
Cuestionario De Convivencia Pais
Cuestionario De Convivencia PaisCuestionario De Convivencia Pais
Cuestionario De Convivencia Paismgvaamonde
 
Cuestionario de Convivencia Mestres
Cuestionario de Convivencia MestresCuestionario de Convivencia Mestres
Cuestionario de Convivencia Mestresmgvaamonde
 
O paso a secundaria
O paso a secundariaO paso a secundaria
O paso a secundariaLuisa Diaz
 

Similaire à Programa orientación vocacional 2º ESO (20)

O paso á eso copia
O paso á eso copia O paso á eso copia
O paso á eso copia
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º E.S.O.
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º E.S.O.ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º E.S.O.
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º E.S.O.
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
 
Manual de orientación académica profesional para 2º de Bacharelato. Curso 201...
Manual de orientación académica profesional para 2º de Bacharelato. Curso 201...Manual de orientación académica profesional para 2º de Bacharelato. Curso 201...
Manual de orientación académica profesional para 2º de Bacharelato. Curso 201...
 
Resultados da enquisa_de_mediacion_en_2o_de_es
Resultados da enquisa_de_mediacion_en_2o_de_esResultados da enquisa_de_mediacion_en_2o_de_es
Resultados da enquisa_de_mediacion_en_2o_de_es
 
Tâche 2
Tâche 2 Tâche 2
Tâche 2
 
Cuestionario De Convivencia Alumnos
Cuestionario De Convivencia AlumnosCuestionario De Convivencia Alumnos
Cuestionario De Convivencia Alumnos
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
A entrevista 1
A entrevista 1A entrevista 1
A entrevista 1
 
Manual de orientación académica e profesional (2020-2021)
Manual de orientación académica e profesional (2020-2021)Manual de orientación académica e profesional (2020-2021)
Manual de orientación académica e profesional (2020-2021)
 
MA JOURNAL
MA JOURNALMA JOURNAL
MA JOURNAL
 
Cuestionario De Convivencia Pais
Cuestionario De Convivencia PaisCuestionario De Convivencia Pais
Cuestionario De Convivencia Pais
 
Cuestionario de Convivencia Mestres
Cuestionario de Convivencia MestresCuestionario de Convivencia Mestres
Cuestionario de Convivencia Mestres
 
JOURNAL FRANCÉS
JOURNAL FRANCÉSJOURNAL FRANCÉS
JOURNAL FRANCÉS
 
Orientacion Profesional Bach V4
Orientacion Profesional Bach V4Orientacion Profesional Bach V4
Orientacion Profesional Bach V4
 
O paso a secundaria
O paso a secundariaO paso a secundaria
O paso a secundaria
 

Plus de Mónica Diz Besada

Sesión ORIENTACIÓN 3º ESO 2022.pdf
Sesión ORIENTACIÓN 3º ESO 2022.pdfSesión ORIENTACIÓN 3º ESO 2022.pdf
Sesión ORIENTACIÓN 3º ESO 2022.pdfMónica Diz Besada
 
Caderno 3º ESO xuño 2022.pdf
Caderno 3º ESO xuño 2022.pdfCaderno 3º ESO xuño 2022.pdf
Caderno 3º ESO xuño 2022.pdfMónica Diz Besada
 
SESIÓN ORIENTACIÓN 2º DE ESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN  2º DE ESO 2022.pdfSESIÓN ORIENTACIÓN  2º DE ESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN 2º DE ESO 2022.pdfMónica Diz Besada
 
SESIÓN ORIENTACIÓN 1ºESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN  1ºESO 2022.pdfSESIÓN ORIENTACIÓN  1ºESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN 1ºESO 2022.pdfMónica Diz Besada
 
Resumo calendario ABAU 2022.pdf
Resumo calendario ABAU 2022.pdfResumo calendario ABAU 2022.pdf
Resumo calendario ABAU 2022.pdfMónica Diz Besada
 
Presentación admisión universidad.pdf
Presentación admisión universidad.pdfPresentación admisión universidad.pdf
Presentación admisión universidad.pdfMónica Diz Besada
 
Presentación 1º Bach 2022.pdf
Presentación 1º Bach 2022.pdfPresentación 1º Bach 2022.pdf
Presentación 1º Bach 2022.pdfMónica Diz Besada
 
Preinscripción e matrícula FP.pdf
Preinscripción e matrícula FP.pdfPreinscripción e matrícula FP.pdf
Preinscripción e matrícula FP.pdfMónica Diz Besada
 

Plus de Mónica Diz Besada (20)

abau_ 2023_horario_ext.pdf
abau_ 2023_horario_ext.pdfabau_ 2023_horario_ext.pdf
abau_ 2023_horario_ext.pdf
 
Oferta CB 2023.pdf
Oferta CB 2023.pdfOferta CB 2023.pdf
Oferta CB 2023.pdf
 
Presentación ABAU 2023.pdf
Presentación ABAU 2023.pdfPresentación ABAU 2023.pdf
Presentación ABAU 2023.pdf
 
Presentación Grados 2023.pdf
Presentación Grados  2023.pdfPresentación Grados  2023.pdf
Presentación Grados 2023.pdf
 
O Bacharelato 2022.pdf
O Bacharelato 2022.pdfO Bacharelato 2022.pdf
O Bacharelato 2022.pdf
 
Sesión ORIENTACIÓN 3º ESO 2022.pdf
Sesión ORIENTACIÓN 3º ESO 2022.pdfSesión ORIENTACIÓN 3º ESO 2022.pdf
Sesión ORIENTACIÓN 3º ESO 2022.pdf
 
Titulaciones SUG 2022-2023
Titulaciones SUG 2022-2023Titulaciones SUG 2022-2023
Titulaciones SUG 2022-2023
 
Caderno 3º ESO xuño 2022.pdf
Caderno 3º ESO xuño 2022.pdfCaderno 3º ESO xuño 2022.pdf
Caderno 3º ESO xuño 2022.pdf
 
Caderno 2º ESO maio 2022.pdf
Caderno 2º ESO maio 2022.pdfCaderno 2º ESO maio 2022.pdf
Caderno 2º ESO maio 2022.pdf
 
Caderno 1º ESO maio 2022.pdf
Caderno 1º ESO maio 2022.pdfCaderno 1º ESO maio 2022.pdf
Caderno 1º ESO maio 2022.pdf
 
SESIÓN ORIENTACIÓN 2º DE ESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN  2º DE ESO 2022.pdfSESIÓN ORIENTACIÓN  2º DE ESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN 2º DE ESO 2022.pdf
 
SESIÓN ORIENTACIÓN 1ºESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN  1ºESO 2022.pdfSESIÓN ORIENTACIÓN  1ºESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN 1ºESO 2022.pdf
 
Resumo calendario ABAU 2022.pdf
Resumo calendario ABAU 2022.pdfResumo calendario ABAU 2022.pdf
Resumo calendario ABAU 2022.pdf
 
Presentación admisión universidad.pdf
Presentación admisión universidad.pdfPresentación admisión universidad.pdf
Presentación admisión universidad.pdf
 
Presentación ABAU 2022.pdf
Presentación ABAU 2022.pdfPresentación ABAU 2022.pdf
Presentación ABAU 2022.pdf
 
Presentación Grados 2022.pdf
Presentación Grados  2022.pdfPresentación Grados  2022.pdf
Presentación Grados 2022.pdf
 
Presentación FP 2022.pdf
Presentación FP 2022.pdfPresentación FP 2022.pdf
Presentación FP 2022.pdf
 
Presentación 1º Bach 2022.pdf
Presentación 1º Bach 2022.pdfPresentación 1º Bach 2022.pdf
Presentación 1º Bach 2022.pdf
 
Preinscripción e matrícula FP.pdf
Preinscripción e matrícula FP.pdfPreinscripción e matrícula FP.pdf
Preinscripción e matrícula FP.pdf
 
Presentación ERE 2022.pdf
Presentación ERE 2022.pdfPresentación ERE 2022.pdf
Presentación ERE 2022.pdf
 

Programa orientación vocacional 2º ESO

  • 1. Orientación Académica 2º ESO Mónica Diz Besada 1 PROGRAMA DE ORIENTACIÓN VOCACIONAL PARA 2º DE ESO E DESPOIS DA ESO, QUE? O traballo que che propoñemos a continuación pretende axudarche e acompañarte nunha decisión moi importante para a túa vida futura como é a que indudablemente vas ter que tomar moi pronto, ao finalizar a ESO. Para decidir que estudos vas ter que realizar despois da ESO tes que ter moi presente certos datos como:  Como é o sistema educativo.  Características das diferentes opcións ao rematar a ESO.  Itinerario ou percorrido a desenvolver para poder acceder a determinados estudos superiores. Ademais debes facer unha análise de certos aspectos de ti mesmo/a.  Que intención tes de seguir estudando?  Que profesións che gustan ou interesan máis?  Que aptitudes tes máis desenvolvidas?  En que materias de ESO acadas mellores resultados?  Que rasgos de personalidade destacan máis en ti? Este programa quere servirche de axuda na túa toma de decisión. O esquema que aparece a continuación representa as fases do proceso que seguirás con estas actividades: 1. ACTIVIDADES DE AUTOCOÑECEMENTO: - 1ª ENQUISA Como estou de motivación nos estudos? - 2ª ENQUISA Cales son as miñas preferencias profesionais? - 3ª ENQUISA Cales son as miñas aptitudes? - 4ª ENQUISA Cales son os meus rasgos de persoalidade? 2. ACTIVIDADES DE INFORMACIÓN: - Que sei do bacharelato? - Que son os ciclos formativos? - Que outras opcións podo estudar? 3. ACTIVIDADES DE TOMA DE DECISIÓNS: - 5ª ENQUISA para tomar unha decisión e escoller as materias de 3º de ESO. Isto tratarémolo no caderno de información académica e na sesión de orientación.
  • 2. Orientación Académica 2º ESO Mónica Diz Besada 2 1ª ENQUISA: COMO ESTOU DE MOTIVACIÓN NOS ESTUDOS? ENQUISA DE MOTIVACIÓN: Pensaches algunha vez se os estudos que queres realizar son de curta ou longa duración? Se realizas esta enquisa con sinceridade poderás ter unha idea máis clara. INSTRUCIÓNS: - Le as preguntas que veñen na enquisa. - Rodea a resposta que máis se adapta ao que pensas. - Procura non abusar demasiado da opción marcada coa interrogación. - Suma as eleccións de cada unha das columnas e anótao na última fila. - Ten coidado, xa que a orde das respostas SI/NON varía. PREGUNTA 1ªc 2ªc 3ª c 1. Xeralmente estou atento na clase 2. Gustaríame traballar canto antes 3. En case todas as avaliacións cáeme máis dun suspenso 4. Estudar é un gran fastío para min 5. Existen bastantes materias que me gustan 6. Creo que estudar no serve para nada 7. Desexaría poñerme a traballar en calquera cousa e deixar de estudar 8. Cando remate este ano penso seguir estudando. 9. Desanímome cando penso que teño que poñerme a estudar 10. Sería feliz se non tivese que estudar 11. Penso que o que estudo me vai servir de pouco. 12. Gustaríame estudar e prepararme ben antes de buscar traballo 13. Canto máis aprenda agora, máis posibilidades terei de conseguir un bo traballo 14. Para estudar necesito sempre alguén que me axude 15. É necesario estudar moito para ter unha boa situación o día de mañá. 16. Na maioría das clases abúrrome. 17. O tempo que adico ao estudo fáiseme moi longo. 18. Penso que poderei estudar unha carreira universitaria. 19. Cando estudo adoito levantarme con frecuencia. 20. O ano que vén gustaríame seguir estudando. 21. Estou estudando este curso porque non teño máis remedio. 22. Xeralmente estudo na casa todos os días. 23. Cando suspendo unha asignatura procuro recuperala o antes posible. SI ¿? NON NON ¿? SI NON ¿? SI NON ¿? SI SI ¿? NON NON ¿? SI NON ¿? SI SI ¿? NON NON ¿? SI NON ¿? SI NON ¿? SI SI ¿? NON SI ¿? NON NON ¿? SI SI ¿? NON NON ¿? SI NON ¿? SI SI ¿? NON NON ¿? SI SI ¿? NON NON ¿? SI SI ¿? NON SI ¿? NON
  • 3. Orientación Académica 2º ESO Mónica Diz Besada 3 24. Preocúpame perder unha clase. 25. Estou decidido a seguir estudando para atopar un traballo mellor. 26. Cando me sae mal un exame, preparo con máis esforzo a recuperación 27. Se puidese traballar deixaría agora mesmo os estudos. 28. Só estudo porque me obrigan. 29. O meu desexo é estudar só un par de anos máis e atopar traballo. 30. Penso que para min aprender un oficio é o máis adecuado. 31. É probable que vaia á Universidade. 32. Se fago bacharelato penso que terei dificultades para rematalo. 33. Gustaríame facer uns estudos curtos de Formación Profesional. 34. Interésame facer o bacharelato aínda que teña que repetir algún curso. 35. Desexaría que o que vén fose o meu derradeiro ano de estudo. 36. Se fose só pola miña vontade, deixaría de estudar no vindeiro curso. SI ¿? NON SI ¿? NON SI ¿? NON NON ¿? SI NON ¿? SI NON ¿? SI NON ¿? SI SI ¿? NON NON ¿? SI NON ¿? SI SI ¿? NON NON ¿? SI NON ¿? SI Suma total ………………………… OBTENCIÓN DO RESULTADO: Para obter o resultado dos datos desta enquisa deberás realizar as seguintes operacións: 1ª Multiplica por 2 o total da suma da 1ª columna. 2ª Multiplica por 1 o resultado da suma da 2ª columna. 3ª Calcula a suma total. Total 1ª columna x 2 = Total 2ª columna x 1 = Total 3ª columna x 0 = 0 Suma total = INTERPRETACIÓN DOS RESULTADOS: MENOS DE 20 PUNTOS: Non sentes demasiado interese polos estudos agora mesmo. Sería pouco realista que te formulases facer uns estudos de larga duración. Quizais o máis realista sería que acadases o graduado en ESO e cursases estudos prácticos de curta duración, por exemplo algún ciclo formativo de FP básico ou de grao medio. ENTRE 20 E 50 PUNTOS: Tes certo interese por estudar, pero este non parece ser suficiente para facer uns estudos de larga duración. O máis interesante para ti sería que aprobases o bacharelato e puideses acceder a algún ciclo formativo de FP de grao superior. MÁIS DE 50 PUNTOS: O teu interese parece dirixido a estudos de maior esixencia e duración. Podes plantexarte estudar un bacharelato e despois un grao universitario. Esta primeira atividade pretendeu poñerte na pista da túa situación ante futuros estudos. Non o tomes como algo definitivo. A partir de agora é cando vas traballar o proceso de coñecerte a ti mesmo e de busca de información para a toma de decisión que vas realizar.
  • 4. Orientación Académica 2º ESO Mónica Diz Besada 4 2ª ENQUISA: CALES SON AS MIÑAS PREFERENCIAS PROFESIONAIS? ENQUISA DE INTERESES PROFESIONAIS Tes claro os estudos que desexas realizar? Se realizas ben esta enquisa terás máis datos sobre os estudos que realmente che interesan. INSTRUCIÓNS: A continuación presentámosche unha serie de actividades profesionais ou de estudo: 1. Leas detidamente. 2. Coloca na folla de respostas a puntuación que lle otorgas a cada unha segundo a seguinte escala: 1………….Non me gusta nada 2………….Non me gusta ou gústame só un pouco 3………….Resúltame indiferente 4………….Gústame 5………….Gústame moito 3. Asegúrate de que coincida o número da pregunta e o da casiña correspondente. LEMBRA: Non me gusta nada Gústame moito 1 ………………..2………………..3……………….4…………………5 1. Montar un circuito eléctrico. 2. Traballar nun hospital. 3. Axudar a resolver os problemas que teñen as familias necesitadas. 4. Ser escritor ou escritora. 5. Dar clases de música. 6. Facer reaccións químicas nun laboratorio. 7. Participar en programas de rehabilitación de enfermos. 8. Preocuparme polos problemas sociais do barrio ou a cidade onde vivo. 9. Estudar formas de vida de poboacións prehistóricas. 10. Interpretar obras de teatro. 11. Participar nun equipo de investigación científica. 12. Facer un curso de socorrismo e primeiros auxilios. 13. Atender e educar a persoas con deficiencias físicas ou psicolóxicas. 14. Estudar os fósiles para reconstruir formas de vida antigas. 15. Modelar obxectos de cerámica. 16. Recoller mostras da terra e estudar a súa composición. 17. Axudar en tarefas sanitarias. 18. Escribir artigos para revistas ou xornais. 19. Dar clase do teu idioma a estranxeiros. 20. Tocar algún instrumento musical nunha orquestra. 21. Deseñar o trazado dunha autoestrada. 22. Traballar nunha unidade de tratamento da dor. 23. Estudar os gustos da xente para vender mellor o produto. 24. Traducir un libro a outro idioma. 25. Restaurar cadros e obras de arte antigas. 26. Plantexar de xeito práctico no laboratorio principios ou fórmulas físicas. 27. Traballar nunha farmacia. 28. Traballar nun servizo de atención ao consumidor. 29. Estudar as características de diferentes linguas e as súas relacións. 30. Traballar na impresión dun periódico. 31. Montar o sistema de iluminación dun espectáculo. 32. Pertencer a un equipo de transplantes de órganos. 33. Defender a unha persoa nun xuízo. 34. Colaborar nunha revista literaria. 35. Facer labores de estética persoal, moda e perruquería. 36. Montar e probar motores de coches. 37. Elaborar dietas adecuadas a diferentes tipos de enfermidades.
  • 5. Orientación Académica 2º ESO Mónica Diz Besada 5 38. Facer estudos sobre a opinión da xente ante determinados temas. 39. Facer de intérprete nunha conferencia. 40. Pintar un cadro. 41. Deseñar unha máquina a través dun ordenador. 42. Realizar próteses, moldes ou pezas dentais. 43. Traballar nunha axencia de viaxes. 44. Traballar nunha biblioteca. 45. Deseñar moda de vestir. 46. Arranxar un enchufe eléctrico. 47. Realizar ecografías ou radiografías a pacientes. 48. Traballar en publicidade. 49. Dialogar sobre as calidades dunha película. 50. Dar clases de debuxo e pintura. 51. Obter, a través dunha práctica de laboratorio, a fórmula dun fenómeno físico. 52. Revisar e solucionar os problemas dentais das persoas. 53. Participar no proceso de selección de persoal dunha empresa. 54. Ordenar e clasificar documentos nun arquivo. 55. Decorar habitacións, casas e interiores. 56. Analizar a composición química dos alimentos. 57. Curar enfermidades dos animais domésticos. 58. Confeccionar as nóminas dos empregados dunha empresa. 59. Escribir contos, poesías, novelas. 60. Compoñer a música dunha canción. 61. Estudar novas formas de produción de enerxía. 62. Realizar sesións de relaxación, concentración mental e ioga para a rehabilitación de enfermos. 63. Estudar os costumes de diferentes pobos. 64. Ensinar un idioma. 65. Maquillar a un artista. 66. Coñecer como se constrúe un edificio. 67. Asesorar a un agricultor sobre as condicións máis favorables para realizar un cultivo. 68. Participar nunha excavación arqueolóxica. 69. Analizar as causas e consecuencias de feitos ou acontecementos históricos. 70. Facer unha escultura. 71. Analizar nun laboratorio unha mostra de sangue. 72. Manter e coidar un acuario. 73. Traballar nun banco ou oficina. 74. Asistir a conferencias sobre temas culturais, historia, literatura, etc. 75. Visitar museos de pintura ou escultura. 76. Realizar o mantenemento da maquinaria dunha fábrica. 77. Mellorar o ton físico e o rendimento dun atleta ou deportista. 78. Gustaríame levar a contabilidade dunha empresa. 79. Ler o periódico, libros, … . 80. Facer gravacións e montaxes en vídeo. 81. Determiñar o grupo sanguíneo dunha persoa. 82. Coidar enfermos de todo tipo (curalos, asealos, darlles de comer, … ). 83. Aprender receitas de cociña e cociñar. 84. Aprender as linguas clásicas como o latín e o grego. 85. Pintar retratos de persoas. 86. Participar nun programa de control de residuos ambientais. 87. Estudar a influencia de determinados alimentos sobre a saúde das persoas. 88. Levar as relacións dunha empresa co exterior. 89. Estudar a cultura e costumes de diferentes países. 90. Facer a montaxe dunha película. 91. Realizar os planos e medidas topográficas para urbanizar unha zona da cidade. 92. Traballar no desenvolvemento de cultivos mariños. 93. Estudar a distribución da poboación nunha área xeográfica determiñada. 94. Facer o guión dunha obra de teatro. 95. Asistir a clases de música. 96. Traballar nunha refinería de petróleo.
  • 6. Orientación Académica 2º ESO Mónica Diz Besada 6 97. Facer o diagnóstico dunha enfermidade. 98. Ser correspondente dun periódico nun país. 99. Estudar a gramática dunha lingua. 100. Asistir a concertos de música clásica. FOLLA DE RESPOSTAS: CAMPO 1 CAMPO 2 CAMPO 3 CAMPO 4 CAMPO 5 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 TOTAL Entre 10 (un decimal) - Suma as puntuacións por columnas apuntando o resultado no cadro “TOTAL” - Divide cada resultado entre 10 e anótao no seu lugar correspondente. - Posteriormente deberás anotar na “Taboa resumo de autocoñecemento” (última folla) os datos da última fila.
  • 7. Orientación Académica 2º ESO Mónica Diz Besada 7 INTERPRETACIÓN DOS RESULTADOS DA ENQUISA DE PREFERENCIAS PROFESIONAIS: A continuación poderás comprobar a que tipo de estudos corresponden os campos nos que obtiveches maior puntuación. Non penses que xa tomaches a decisión, tan só deches o primeiro paso, e deberás realizar o programa completo para ter unha visión global. CAMPO CICLOS DE FP, GRAOS UNIVERSITARIOS E MODALIDADE DE BACHARELATO PROPIOS DESTE CAMPO CAMPO 1: Científico – técnico Graos universitarios de: Arquitectura, Enxeñarías, Tecnoloxía, Ciencias do Mar, Bioloxía, Ciencias Ambientais, Física, Química, Matemáticas, Xeoloxía, Estatística, Navegación Marítima, Radioelectrónica Naval, Estruturas mariñas, Informática, Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos. Ciclos formativos das familias profesionais de: Actividades físico-deportivas, marítimo pesqueiras, artes gráficas, comunicación, imaxe e son, Edificación e obra civil, Electricidade e electrónica, Fabricación mecánica, industrias alimentarias, informática, madeira e moble, mantenemento de vehículos, mantenemento e servizos á producción, química, téxtil, vidrio e cerámica, agricultura e ganadería, medioambente. Modalidade de Bacharelato: Ciencias CAMPO 2: Biosanitario Graos universitarios de: Enfermeria, Farmacia, Fisioterapia, Logopedia, Medicina, Odontoloxía, Podoloxía, Química, Terapia Ocupacional, Veterinaria, Psicoloxía, Óptica. Ciclos formativos das familias profesionais de: Industrias alimentarias, química, sanidade, maritimo pesqueira, imaxe persoal, vidrio e cerámica, téxtil, actividades físico – deportivas. Modalidade de Bacharelato: Ciencias CAMPO 3: Ciencias Sociais Graos universitarios de: Administración e dirección de empresas, Ciencias empresariais, Comunicación Audiovisual, Xornalismo, Dereito, Economía, Educación Social, Pedagoxía, Mestre de Educación Infantil, Mestre de Educación Primaria, Publicidade e Relacións Públicas, Relacións Laborais, Ciencias Políticas, Socioloxía, Xestión e Adm. Pública, Traballo Social, Ciencias da Actividade física, Comercio, Turismo, Xeografía e Ordenación do Territorio. Ciclos formativos das familias profesionais de: Actividades físico – deportivas, Administración e xestión, Comercio e Marketing, Hostelería e turismo, Servizos socioculturais. Modalidade de Bacharelato: Ciencias Sociais CAMPO 4: Humanístico Graos universitarios de: Ciencias da cultura e difusión cultural, Español, Galego, Galego – Portugués, Inglés, Lingua e Literatura modernas, Traducción e Interpretación, Filoloxía Clásica, Filosofía, Historia Historia da Arte, Humanidades, Información e Documentación, Xeografía e Historia. Ciclos formativos das familias profesionais de: Actividades físico – deportivas, hostelería e turismo, Servizos socioculturais. Modalidade de Bacharelato: Humanidades CAMPO 5: Artístico Graos universitarios de: Belas Artes, Música e Danza, Arte Dramática, Conservación e Restauración de Bens culturais, Estudos superiores de deseño (de moda, de produtos, gráfico, de interiores), Historia da Arte. Ciclos formativos das familias profesionais de: Comunicación, imaxe e son, imaxe persoal, vidrio e cerámica, artes gráficas, artes plásticas e deseño. Modalidade de Bacharelato: Artes.
  • 8. Orientación Académica 2º ESO Mónica Diz Besada 8 3ª ENQUISA: CALES SON AS MIÑAS APTITUDES? ENQUISA DE APTITUDES A continuación vas a explorar as aptitudes que pensas que tes para determinadas situacións a través dunha enquisa. A actividade que vén a continuación vaiche permitir obter máis datos para o teu coñecemento persoal. Trátase de descubrir, a través da valoración que deas a determinados comportamentos, as habilidades e aptitudes que destacan máis en ti. Faino con sinceridade. Cada aptitude está composta por 5 actividades que deberás puntuar segundo a habilidade que creas que tes para cada unha delas. INSTRUCIÓNS: - Rodea a valoración que corresponde á túa realidade en cada situación. - Utiliza para iso a seguinte escala: 1.. moi pouco ou nada 2.. pouco ou algo 3.. normal 4.. bastante ben 5.. moito ou moi ben - En cada bloque suma a puntuación rodeada e anota este resultado no cadro correspondente. LEMBRA: Moi pouco ou nada Pouco ou algo Normal Bastante ou ben Moito ou moi ben 1 …………....………..….2.………………..….3.………….4.………………………5……………….. 1. Habilidades manuais ou mecánicas: Dáseme moi ben: 1. O debuxo liñal ………………………………………………….................. 2. Reparar aparatos ………………………………………………................. 3. Compoñer algo e despois desmontalo ………………………................. 4. A bricolaxe ………………………………………………………................. 5. Manexar ferramentas …………………………………………................... 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 SUMA: __________ 2. Habilidades para o cálculo: 6. Teño rapidez e exactitude no cálculo mental ………………................... 7. Resolvo problemas sen cometer erros nas operacións …..................... 8. Dánseme ben os exercicios de ecuacións ………………...................... 9. Sáenme ben as operacións tanto con números enteiros como con decimais …………………………………………….................................... 10. Aplico facilmente unha porcentaxe de aumento ou desconto a unha cantidade ……………………………………............................................ 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 SUMA: __________ 3. Aptitude verbal: 11. Atopo con facilidade palabras adecuadas para o que quero dicir ......... 12. Cando estudo entendo o significado da maioría das palabras .............. 13. Se me dan unha palabra, teño facilidade para atopar sinónimos da mesma ………………………………………….......................................... 14. Gústame a lectura ……………………………………………..................... 15. Redacto ben ……………………………………………………................... 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 SUMA: __________ 4. Habilidades para as relacións sociais: 16. Gústame coñecer a xente nova ………………………………................. 17. Son sociable, relaciónome con facilidade ……………………................ 18. Se descoñezo algo non teño problemas en preguntalo ……................ 19. Non me importa falar en público ………………………………................ 20. Son capaz de animar aos meus amigos se se atopan tristes ou deprimidos …………………………………………................................... 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 SUMA: __________
  • 9. Orientación Académica 2º ESO Mónica Diz Besada 9 5. Aptitude espacial: 21. Fago os puzzles con gran facilidade ………………………..................... 22. Oriéntome ben sobre un mapa ……………………………….................. 23. Cando vexo o plano dunha vivenda fágome unha idea clara da súa distribución e dimensións …………………………….............................. 24. Se me dan tres vistas dunha figura (alzado, planta e perfil), imaxínoma facilmente ………………………………………....................................... 25. Oriéntome con facilidade por cidades descoñecidas ………............... 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 SUMA: __________ 6. Memoria: 26. Adoito recoñecer a persoas que só vin unha vez …………................... 27. Cando leo ou escoito algo, adoito quedarme coa maioría dos datos ………………………………………………………................................... 28. Lembro ben o estudado ……………………………………….................. 29. Quédanseme ben os datos e datas históricas ………………................ 30. Se observo con atención unha película, son capaz de reter case todos os seus detalles …………………………………..................................... 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 SUMA: __________ 7. Razonamento: 31. Formulo ben e sen dificultade os problemas ………………................... 32. Resolvo ben as series tanto de números como de letras …................ 33. Sigo e comprendo ben as demostracións matemáticas ….................. 34. Teño facilidade para entender as explicacións na clase …................. 35. Ao ler un problema recoñezo con facilidade o comenzo ou fórmula a aplicar ……………………………………………….................................. 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 SUMA: __________ 8. Aptitude artística: 36. Teño facilidade para tocar instrumentos musicais …………................. 37. Son creativo/a nos traballos que realizo …………………….................. 38. A xente admírase cando ve os meus debuxos …………….................. 39. Dánseme ben os traballos manuais………………………….................. 40. A xente acostuma a loar as miñas cualidades artísticas .................... 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 1 2 3 4 5 SUMA: __________ OBTENCIÓN DE RESULTADOS: Traslada as puntuacións obtidas en cada bloque ao Cadro – Resumo e realiza as operacións que se che indican: CADRO – RESUMO APTITUDES Total Dividido entre 5 Multiplico por 2 (Putuación global) Mecánicas Cálculo Verbal Relacións sociais Espacial Memoria Razonamento Artística
  • 10. Orientación Académica 2º ESO Mónica Diz Besada 10 INTERPRETACIÓN DOS RESULTADOS: Agora é o momento de que atopes o tipo de estudos que están máis dacordo coas túas aptitudes. Para iso: 1. Pon a puntuación global obtida en cada rasgo no cadro correspondente: 2. Multiplica esta puntuación polo número que se indica en cada cadro da columna que corresponda. 3. Suma as distintas puntuacións de cada fila e anótao no cadro do subtotal. 4. Divide este resultado entre 30 (un decimal) e anótao na última columna. Obterás un número do 1 ao 10. 5. Posteriormente deberás trasladar os datos da última columna á “Taboa resumo do autocoñecemento” (última folla). APTITUDES Mecá nico Cálcul o Verbal Relaci ónSoc ial Espac ial Memo ria Razoa mento Artísti co Subto tal Divide entre 30 (1 decimal) Punt. Global Científico Técnico x6= x6= x2= x1= x5= x2= x7= x1= Biosanitario x2= x4= x3= x5= x3= x7= x5= x1= C. Sociales x1= x5= x6= x6= x2= x5= x4= x1= Humanidades x1= x1= x9= x5= x2= x7= x4= x1= Artístico x6= x1= x4= x1= x5= x1= x2= x10= Analizando estes resultados podes ver en que área profesional tes máis aptitudes.
  • 11. Orientación Académica 2º ESO Mónica Diz Besada 11 4ª ENQUISA: CALES SON OS MEUS RASGOS DE PERSONALIDADE? ENQUISA DE PERSOALIDADE. Na seguinte enquisa preténdese que obteñas datos sobre como son os rasgos que definen a túa forma de ser. Deste xeito poderás ver a relación entre estes rasgos e os diferentes campos profesionais. INSTRUCIÓNS: - Le atentamente cada una das seguintes frases. - Contesta na folla de respostas, puntuando segundo o grao de acordo ou desacordo que amoses con cada unha delas. - Utiliza para iso a seguinte escala: 1.. total desacordo 2.. desacordo 3.. indiferente 4.. acordo 5.. total acordo LEMBRA: Total desacordo Desacordo Indiferente Acordo Total acordo 1 ………………………….2.……………..……3.……………….4.…………….5………………. 1. Gústame o manexo de máquinas ou aparatos. 2. Gústame analizar e producir novas ideas. 3. Os sentimentos son algo importante na miña vida 4. Considero moi importante axudar a outras persoas 5. Son de carácter moi impulsivo e emprendedor 6. Creo que as normas son moi necesarias 7. Considérome realista, materialista 8. Disfruto con todo o relacionado coa linguaxe 9. Disfruto coas manifestacións artísticas 10. Son servicial e comprensivo 11. Non me deteño en formulacións e prefiro pasar á acción 12. Síntome a gusto coas tarefas que teñen normas moi claras 13. Atráeme o concreto das cousas máis que o mundo da imaxinación 14. Gústame analizar detidamente as cousas 15. Gústame a poesía, a música, a arte, etc. 16. Implicaríame dicididamente nunha ONG polo traballo solidario que realiza 17. Son audaz, dominante, enérxico 18. Non teño problemas con aceptar regras establecidas 19. Non me atrae o relacionado coa arte 20. Busco razóns e causas das cousas 21. Considérome pouco realista e, ás veces, déixome levar por intuicións 22. Prefiro o traballo con persoas antes que con máquinas 23. Considérome un bo vendedor 24. Son ordenado e sistemático nas miñas tarefas 25. Vaime máis o científico e o técnico que o relacionado coas letras e humanístico 26. Son unha persoa crítica e independente 27. Considérome creativo e imaxinativo 28. Creo que son sociable e cooperativo. 29. Penso que se me darían ben os negocios 30. Preocúpame máis o económico que o estético 31. Gústame ver rapidamente os resultados do meu esforzo 32. Cando se me formula un problema doulle voltas e non paro ata atopar unha solución ao mesmo 33. Considero que a creatividade é un elemento importante na miña vida 34. Esfórzome por ententer os sentimentos dos demais 35. Considérome capaz de montar nun futuro un negocio pola miña conta 36. Creo que sempre se debe sancionar a quen se salta as normas establecidas
  • 12. Orientación Académica 2º ESO Mónica Diz Besada 12 FOLLA DE RESPOSTAS: Suma a puntuación por columnas apuntando o resultado no cadro “TOTAL”: 1 2 3 4 5 6 1) 2) 3) 4) 5) 6) 7) 8) 9) 10) 11) 12) 13) 14) 15) 16) 17) 18) 19) 20) 21) 22) 23) 24) 25) 26) 27) 28) 29) 30) 31) 32) 33) 34) 35) 36) TOTAL INTERPRETACIÓN DOS RESULTADOS: Agora é o momento de que atopes que tipo de estudos son máis acordes coa túa forma de ser. Para iso: 1. Pon a puntuación total obtida en cada rasgo no cadro correspondente. 2. Multiplica esa puntuación polo número que se indica en cada cadro da columna que corresponda. 3. Suma as distintas puntuacións de cada fila e anótao na cadro do subtotal. 4. Divide este resultado entre 90 (un decimal) e anótao na última columna. Obterás un número do 1 ao 10. 5. Posteriormente deberás trasladar os datos da última columna á “Taboa resumo del autocoñecemento” da última folla. 1. Realis ta 2. Intelect ual 3. Artístic o 4. Social 5. Empren dedor 6. Conven cional Subto tal Divide entre 90 (1 decimal) Punt. Total Científico Técnico X10= X9= x2= X2= x5= x2= Biosanitario X6= X9= X2= X9= X2= X2= C. Sociais x1= X4= X3= x6= x2= x5= Humanidades X2= X8= x9= X7= X2= X2= Artístico X1= X4= X18= X2= X4= x1= As puntuacións da última columna ofrécenche datos sobre os campos profesionais que se adaptan mellor á túa persoalidade.
  • 13. Orientación Académica 2º ESO Mónica Diz Besada 13 5ª ENQUISA: ENQUISA PARA TOMAR A DECISIÓN E ESCOLLER AS MATERIAS DE 3º ESO: 1º TÁBOA RESUMO DE AUTOCOÑECEMENTO: CAMPO Resultados enquisa 2: INTERESES PROFESIONAIS Resultados enquisa 3: APTITUDES Resultados enquisa 4: PERSOALIDADE SUMA Campo 1 Científico – Técnico Campo 2 Biosanitario Campo 3 Social Campo 4 Humanidades Campo 5 Artístico 2º SELECCIONO OS ESTUDOS RELACIONADOS COS CAMPOS: - Esolle os 3 campos profesionais de maior puntuación e escríbeos na columna de campos. - Escolle o tipo de bacharelato relacionado co campo ou o nome da familias de formación profesional que máis che interesen, pero que estean relacionadas cos campos. OS TRES CAMPOS CON MAIOR PUNTUACIÓN TIPO DE BACHARELATO OU CICLO FORMATIVO DE GRAO MEDIO RELACIONADO 1º 1………………………………………………………………… 2……………………………………………………………….. 3……………………………………………………………….. 2º 4……………………………………………………………….. 5……………………………………………………………….. 6……………………………………………………………….. 3º 7……………………………………………………………….. 8………………………………………………………………... 9……………………………………………………………….. 3º TOMO UNHA DECISIÓN: “DECÍDOME E ESCOLLO UN CAMIÑO” Agora, despois de pensalo ben, estou decidido/a a escoller un camiño. Despois da ESO eu vou estudar: Bacharelato. Modalidade: .................................................................................................................................. Ciclo formativo de grao Medio: .......................................................................................................................... Ciclo de Formación Profesional Básica: ............................................................................................................ ESA . Módulos: ................................................................................................................................................... Probas de acceso a ciclos de grao medio. Outras opcións: ................................................................................................................................................... Materias que necesito escoller en 3º de ESO: (marca unha de cada parella) Matemáticas aplicadas OU Matemáticas académicas 2ª lingua estranxeira (Francés) OU Cultura Clásica Relixión OU Valores éticos