1. BOLETÍN PARROQUIAL
Nº 206 - Abril 2018
PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS
A SEMANA SANTA CULMINA COA PASCUA
Quen lembra a frase da silueta humana que presidiu o tempo coresmal?
Recordades que ao longo das cinco semanas coresmais, debaixo da silueta de
cor negra, iamos descubrindo, en fondo verde, palabras que, rematado o
tempo coresmal, formaban unha frase: A PALABRA CONVÉRTESE EN
CAMIÑO DE LUZ E DE VIDA. Esta frase era unha invitación a que a
PALABRA DE DEUS se convertese para todos nós en camiño alumeado e
cheo de vida a través do deserto coresmal.
Rematada a Coresma fomos invitados a participar física e espiritualmente
nos misterios da Paixón, Morte e Resurrección de Xesús. Son os grandes
acontecementos da nosa salvación, nados no Nadal e completados coa festa
de Pentecoste.
O sobrenome de Semana Santa vén dado porque, ao longo destes días, des-
cubrimos que non debemos quedarnos nin na Paixón nin na Morte de Xesús,
pero si que son necesarios para comprender o grande acontecemento: Cristo
resucitou! El anticípanos o grande anuncio da nosa fe, proclamado por S.
Paulo: “Se morremos con el, viviremos con el. Se perseveramos, reinaremos
con el” (Tim. 2, 12-13).
A silueta humana de cor esperanza converterase, na Pascua, en cor branca
(cor alegre por excelencia). Esta comezará cun grande anuncio: Cristo resu-
citou!, que iremos completando ao longo das sete semanas en Pascua de
Resurrección. Permanezamos atentos á gran mensaxe que iremos descubrin-
do.
Aleluia. O Señor resucitou. Aleluia!
CONTAS PARROQUIAIS ANUAIS
O pasado día 18 de marzo celebrouse a Asemblea parroquial na que se aproba-
ron as contas do ano 2017 coas seguintes cifras e conceptos:
INGRESOS
Aranceis e servizos 150,00
Colectas parroquiais 9.762,84
Petos parroquiais 1.627,02
Doazóns de fregueses 7.454,00
Cotas de fregueses 18.515,10
Outros ingresos 624,00
Colectas para Cáritas 4.100,45
Petos de Cáritas 3.675,00
Cáritas diocesana 200,00
Colectas especiais 2.610,13
Total 48.718,54
GASTOS
Papelería e boletín 326,95
Catequese e litúrxicos 647,35
Actividades parroquiais e coro 2.058,67
Culto e liturxia 1.308,40
Decoración e lavandería 2.075,00
Mantemento e xardíns 1.051,62
Mantemento eléctrico 3.355,19
Seguro xeral 1.156,27
Comisións e bancarios 579,55
Electricidade 1.155,95
Auga 276,27
Gasóleo calefacción (dev.) -839,57
Outros servizos 336,85
Correos e mensaxería 41,50
Teléfono e ADSL 1.349,79
Achegas a Cáritas 4.100,45
Cáritas parroquial 13.893,55
Colectas especiais 2.610,13
Contribución coa Diocese 2.796,00
Liquidación IVE (2016-2017) 927,62
Total 39.207,54
RESULTADO 9.511,00
2. É motivo no terceiro facernos ver que
aos propios discípulos non lles foi
doado crer e avanzar na fe, xa que,
como vemos, no encontro co
Resucitado foi onde se lles abriron os
ollos que lles fixeron entender as
Escrituras. Tamén as nosas dúbidas ou
incertezas fannos ser máis sinxelos na
busca da verdade, incluso nos axuda a
relativizar ideas e imaxes idílicas que
fomos adquirindo na nosa mente pero
que aínda non moven o noso corazón.
Unha vez máis o xesto de Xesús ao
repartir o pan foi capaz de abrirlles os
ollos e emocionalos.
No cuarto domingo é a imaxe do Bo
Pastor. A firmeza con que Xesús di “eu
son…” fainos reconsiderar o valor de
fiarnos de Xesús e que neste momento
contrasta coa posición de moitos per-
soeiros que nos dirixen, e que parece
que son os donos do ser e da vida: líde-
res da economía, da política, do cientí-
fico… e ás veces tamén do eclesiásti-
co. O certo é que o “eu son” de Xesús
ten unha forza especial.
O Papa Francisco coa súa actitude sin-
xela, humilde, práctica e próxima esta-
lle a dar un aire novo á nosa Igrexa
para que sexa crible e recoñecida.
O quinto domingo adiántanos e repíte-
nos que dar froitos depende fundamen-
talmente da nosa permanencia en
Xesús. Non vale unha permanencia
por momentos ou circunstancial: non
vale celebrar a misa o domingo e o
luns esquecernos de todo o celebrado.
O día 1 de abril é o gran día da Pascua
despois de ter vivido nos últimos días
como e ata onde se entrega Xesús por
amor.
A vida e a resurrección descóbrense no
amor, ao partir o pan, na solidariedade,
na liberdade… pero houbo moitas per-
soas que aínda coñecendo a Xesús non
o chegaron a amar porque tiñan outras
prioridades. Pasou cos seus contempo-
ráneos como el mesmo nos lembra no
Evanxeo, pero tamén pasa hoxe entre
os cristiáns que non acabamos de ser
testemuñas cribles e fiables.
Para os crentes, neste día comeza un
amañecer novo, moi especial… porque
a lousa xa non tapaba o sepulcro e a
morte fora derrotada.
Durante os demais domingos de abril
seguiremos afondando nas consecuen-
cias da resurrección.
No segundo domingo, o texto de Feitos
trasládanos á comunidade de
Xerusalén que vivía con xestos sinxe-
los e diarios, expresando a súa alegría e
a súa comuñón. Porque vivir e solucio-
nar os problemas e limitacións de cada
un era compartir as mesmas necesida-
des. Aquela comunidade compartía e
ao mesmo tempo se alimentaba “coa
ensinanza dos apóstolos, na fracción
do pan e nas oracións”. Todo isto debí-
an facelo con moita convicción porque
impresionaban aos que os vían e coñe-
cían. Eran ben vistos.
Na Pascua percibimos mellor ca
nunca o valor da entrega e do servi-
zo –ao modo de Cristo– que nos
conduce a unha grande alegría (feli-
cidade) que nos fai vivir coma se
voásemos, reconfortados en que a
intensidade dunha vida de servizo
nos libera, nos iguala e nos recom-
pensa coa paz.
Se profundizamos na forza evanxeli-
zadora da caridade e da acción
social, entendemos que a Igrexa da
Pascua existe para evanxelizar e fai
a Boa Nova crible e énchea de espe-
ranza.
Quen se pode sentir defraudado des-
pois da resurrección de Xesús? A
Igrexa existe para evanxelizar e a
misión de cada cristián é a de facer
presente a boa noticia non só de que
Xesús naceu entre nós, senón de que
resucitou para nós. O amor de Deus
quedou manifestado na entrega de
Cristo e ante a súa Ascensión queda-
mos nós co compromiso de facer
presente o amor divino.
O servizo caritativo e social expresa
por si mesmo o amor de Deus. Está
recente a mensaxe do Xoves Santo:
“nisto coñecerán que sodes meus
discípulos, se vos amades uns a
outros, que vos amedes todos” (que
todos sexamos un).
A caridade é evanxelizadora e mos-
tra de fraternidade entre os homes,
base da convivencia cívica e motor
dun verdadeiro desenvolvemento.
PASCUA DE RESURRECCIÓN
1.- Domingo de Pascua de
Resurrección. Só hai misa ás 12.
2.- Grupo de oración. Dirixe o P.
Ignacio, xesuíta, ás 20,30.
7.- Dende Ferrol peregrinamos polo
Camiño Inglés.
8.- Prosegue o curso de catequese, ás
11 da mañá.
15.- Reunión de pais/nais de nenos/as
que recibirán este ano os sacramentos
da Penitencia e da Eucaristía, ás 11 da
mañá, no salón de actos da Asociación.
16.- Grupo de oración, ás 19,30.
19.- Grupo de Cáritas, ás 20,30.
30.- Grupo de reflexión, ás 20,30.
Defuncións:
Ramona Posse Iglesias (15-03-2018)
María Manuela Pena Liñares (22-03-
2018)
María Trigo Ouviña (26-03-2018)
PARROQUIA VIVA
ACONTECEMENTOS
CÁRITAS