Ce diaporama a bien été signalé.
Nous utilisons votre profil LinkedIn et vos données d’activité pour vous proposer des publicités personnalisées et pertinentes. Vous pouvez changer vos préférences de publicités à tout moment.

Boletin decembro 2015

691 vues

Publié le

Boletín - decembro 2015
Parroquia San Francisco de Asís dos Tilos - Teo

Publié dans : Spirituel
  • Login to see the comments

  • Soyez le premier à aimer ceci

Boletin decembro 2015

  1. 1. BOLETÍN PARROQUIAL Nº 185 - Decembro 2015 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS ADVENTO, CAMIÑO DE MISERICORDIA Todos sabemos que o Advento é un tempo litúrxico do ano cristián que se desenvolve ao longo de catro semanas. Coma un camiño que, día a día, nos vai acercando á meta, o Nadal de Xesús. Este camiño sinalado pola misericordia de Deus que, con amor de Pai, nos envía o seu Fillo para que camiñemos con El e El ao noso carón ata chegar á meta do seu Reino en plenitude; é camiño de misericordia porque a tenru- ra de Deus se converte en amor de Pais cos fillos. Este camiño é tamén invi- tación permanente de Xesús que nos acompaña a sermos misericordiosos cos irmáns e irmás en tantas e tantas opor- tunidades que se nos presentan ao longo dos días, concretamente no Advento. Cando o día 8 de decembro se inaugure en Roma o Ano Santo da Misericordia e, aquí en Santiago, o fagamos o día 13, ás 5 da tarde, ábrese, unha vez máis, para nós, a dobre porta da misericordia: por unha banda, Deus Pai misericordioso acóllenos co seu perdón e, por outra, ábrese a oportu- nidade, sempre presente, de facer isto mesmo, como fillos do Pai Deus, exercendo a misericordia con e para con todos os irmáns e irmás. “Aproveitemos este Ano Santo para abundar en Misericordia”. O NOSO NADAL Ademais de percorrer, durante o Advento, o camiño da misericordia, o Advento é unha oportunidade única para preparar o Nacemento de Xesús. Nestes momentos hai moitas propostas perigosas para converter o Nadal nun tempo de descanso, de vacacións ou de ocio, ausente dunha mínima presenza do verdadeiro senso navideño. Somos un pouquiño máis xenerosos cos desfavorecidos, quizais para tran- quilizarnos e, logo, despreocuparnos durante todo o ano no que segue habendo necesitados moi próximos a nós. No libriño do Evanxeo 2016 que se vos dá na parroquia aparecen as obras de misericordia, cheas sempre de actualidade, pero especialmente no Nadal. En cada acto de amor, de misericordia, de preocupación polos demais, o noso corazón de carne faise un pouco máis belén no que acollemos a Xesús. Calquera expresión (portal, belén, árbore...) debe manifestar a acollida que lle damos a un neno (inmigrante, refuxiado...), a un mozo (que fuxe de tan- tas escravitudes e pobrezas), a tantas e tantas familias (que non son acolli- das nin nos portais dos nosos beléns). ¿Que novidade lle vou engadir neste Nadal, ao noso Nadal? ¡FELIZ NADAL PARA TI E OS TEUS, E FAGÁMOSLLES UN NADAL FELIZ AOS DEMAIS! ADVENTO, TEMPO DE ESPERANZA Nun mundo tan convulso; nun mundo cheo de problemas e de medos; nunha humanidade onde os corazóns xa non son de carne senón de cemento e ferro; nun mundo no que todo nos parece normal; nun mundo e nunha humanidade na que parece que non hai horizontes claros, necesitamos unha grande esperanza. Unha persoa sen esperanza é como un peregrino que camiña sen rumbo, cara a ningures. Repetindo co Papa Francisco: “O tempo de Advento devólvenos o horizon- te da esperanza, unha esperanza que non decepciona porque está fundada na Palabra de Deus. Unha esperanza que non decepciona, sinxelamente porque o Señor non decepciona endexamais. ¡El é fiel! ¡El non decepciona! ¡Pensemos e sintamos esta beleza!”. O Advento deixa de ser esperanza en Nadal, pois xa se fai vida e realidade.
  2. 2. O Papa Francisco na Bula Miseri- cordiae Vultus con motivo da pro- clamación do Ano da Misericordia dinos: “Sempre temos necesidade de con- templar o misterio da misericordia. É fonte de alegría, de serenidade e de paz. É condición para a nosa salva- ción. Misericordia: é a palabra que revela o misterio da Santísima Trindade. Misericordia: é o acto último e supremo co cal Deus vén ao noso encontro. Misericordia: é a lei fundamental que habita no corazón de cada persoa cando mira con ollos sinceros o irmán que atopa no camiño da vida. Misericordia: é a vía que une a Deus co home, porque abre o corazón á esperanza de ser amados para sempre con todo o límite do noso pecado." Que coincida esta etapa no inicio do Advento convértese nunha incompa- rable oportunidade para que este pró- ximo Nadal sexa diferente para expe- rimentar a profundidade da nosa fe desde o misterio de Belén. PARROQUIA VIVA 8.- Festa da Inmaculada Concep- ción. Inaugúrase, en Roma, o Ano Santo da Misericordia. 9.- Grupo de Cáritas, ás 20 h. 10.- Grupo sinodal, ás 20:15 h. 13.- Apertura da Porta Santa, ás 5 da tarde. Comezo do Ano Santo da Misericordia. 17.- Reunión dos pais e nais dos nenos e nenas de 2º de Primeira Comuñón, nun salón da Asociación Recreativa, ás 20 h. 20.- Celebración comunitaria da misericordia, ás 11 da mañá. Concerto de Nadal, ás 12:30, do Grupo Coral Aleceia, no templo parroquial dos Tilos. 25.- Nadal. Só haberá misa ás 12. 27.- Festa da Sagrada Familia. As “obras de misericordia” non son algo para memorizar de corrido desde o catecismo, senón máis ben experiencias vitais, verdadeiro cerne da espiritualidade cristiá. Agora ben, é o propio Catecismo da Igrexa Católica o que orienta a súa práctica cando na segunda sección dedicada aos Dez Mandamentos, capítulo primeiro, artigo 6º, “O amor aos pobres” (n. 2447), di expresa- mente: “As obras de misericordia son accións caritativas mediante as cales axudamos o noso próximo nas súas necesidades corporais e espirituais. Instruír, aconsellar, consolar, confor- tar, son obras espirituais de miseri- cordia, como tamén o son perdoar e sufrir con paciencia. As obras de misericordia corporais consisten especialmente en darlle de comer ao famento, darlle teito a quen non o ten, vestir o espido, visitar os enfer- mos e os presos, enterrar os mortos. Entre estas obras, a esmola feita aos pobres é un dos principais testemu- ños da caridade fraterna; é tamén unha práctica de xustiza que agrada a Deus”. Preséntanos tres citas bíblicas para a nosa consideración: Lc 3,11; Lc 11,41; e St 2,15-16. Os adornos de Nadal es ti, cando as túas virtudes son cores que adornan a túa vida. A campá de Nadal es ti, cando cha- mas, congregas e buscas unir. Es tamén luz de Nadal, cando ilumi- nas coa túa vida o camiño dos demais coa bondade, a paciencia, a alegría e a xenerosidade. Os anxos de Nadal es ti, cando cantas ao mundo unha mensaxe de paz, de xustiza e de amor. A estrela de Nadal es ti, cando condu- ces a alguén ao encontro co Señor. Es tamén os Reis Meigos, cando dás o mellor que tes sen importar a quen. A música de Nadal es ti, cando con- quistas a harmonía dentro de ti. O agasallo de Nadal es ti, cando es de verdade amigo e irmán de todo ser humano. A tarxeta de Nadal es ti, cando a bon- dade está escrita nas túas mans. A felicitación de Nadal es ti, cando perdoas e reestableces a paz, aínda cando sufras. A cea de Nadal es ti, cando sacias de pan e de esperanza o pobre que está ao teu lado. Ti es, si, a noite de Nadal, cando humilde e consciente, recibes no silencio da noite o Salvador do mundo sen ruídos nin grandes cele- bracións. Ti es sorriso de confianza e de tenru- ra, na paz interior dun Nadal perenne que establece o Reino dentro de ti. ¡Unha moi Boa Noite de Nadal para todos os que se parecen ao Nadal! ANO DA MISERICORDIA ¡FELIZ NADAL E VENTUROSO ANO DA MISERICORDIA! MENSAXE DO PAPA FRANCISCO ANTE O NADAL "O Nadal adoita ser unha festa ruidosa: viríanos ben un pouco de silencio, para escoitar a voz do Amor." Nadal es ti, cando decides nacer de novo cada día e deixar entrar a Deus na túa alma. O piñeiro de Nadal es ti, cando resistes vigoroso aos ventos e dificultades da vida.

×