1. BOLETÍN PARROQUIAL
Nº 187 - Febreiro 2016
PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS
OBRAS DE MISERICORDIA (II)
DAR DE COMER E BEBER A FAMENTOS E SEDENTOS
Empezamos, no boletín anterior, unha viaxe polas obras de misericordia.
Sen facer o percorrido tradicional, fixámonos neste mes en dúas das obras
máis sensibles aos nosos sentidos: darlle de comer ao famento e de beber ao
sedento. Por que? Por varias razóns: nos carteis que irán aparecendo perio-
dicamente, nas portas da igrexa, e logo na fronte do altar, invítasenos e
recórdasenos o importante que é exercer estas obras con aquelas persoas
próximas e non tan próximas.
Pero ademais neste mes de febreiro, concretamente o día 10, empeza a
Coresma, tempo de conversión; nesa mesma semana, MANS UNIDAS con-
vídanos a unir as nosas mans a prol de tantas e tantas persoas que o seguen
a pasar mal.
Cales son as obras de misericordia máis urxentes? Todas son importantes
pero, sen ningunha dúbida, darlle de comer ao famento e de beber ao seden-
to son as máis necesarias. Unha vez recuperadas as forzas físicas, seguen a
ser prioritarias as
outras necesidades
persoais.
Fagamos deste mes
de febreiro un mes
solidario, cheo de
misericordia e cami-
ño de conversión!
ORACIÓN PARA O XUBILEO DA MISERICORDIA
Señor Xesús,
ti ensináchesnos a ser misericordiosos como o Pai do ceo,
e dixéchesnos que quen te ve, veo tamén a El.
Amósanos o teu rostro e obteremos a salvación.
A túa mirada chea de amor liberou a Zaqueo e a Mateo da escravitude do
diñeiro;
á adúltera e á Madalena de buscar a felicidade soamente nunha criatura;
fixo chorar a Pedro despois da traizón,
e aseguroulle o Paraíso ao ladrón arrepentido.
Fai que cada un de nós escoite como propia a palabra que lle dixeches á
samaritana:
Se coñeceses o don de Deus!
Ti es o rostro visible do Pai invisible,
do Deus que manifesta a súa omnipotencia sobre todo co perdón e a mise-
ricordia:
fai que, no mundo, a Igrexa sexa o teu rostro visible, o seu Señor, resucita-
do e glorioso.
Ti quixeches que tamén os teus ministros fosen revestidos de debilidade
para que sintan sincera compaixón polos que se atopan na ignorancia ou no
erro:
fai que quen se achegue a un deles se sinta esperado, amado e perdoado por
Deus.
Manda o teu Espírito e conságranos a todos
coa súa unción
para que o Xubileo da Misericordia sexa un
ano de graza do Señor
e a túa Igrexa poida, con renovado entusias-
mo, levarlles a Boa Nova aos pobres,
proclamarlles a liberdade aos prisioneiros e
oprimidos
e restituírlles a vista aos cegos.
Pedímoscho por interseción de María, Nai
da Misericordia,
a ti que vives e reinas co Pai e o Espírito
Santo por sempre eternamente.
Amén.
2. MANS UNIDAS 2016
Invítovos a participar nesta Campaña.
Os colectivos tan diversos que colabo-
ran con nós achégannos unha riqueza
extraordinaria. Acompañar os máis
pobres e “sentir con eles” debe formar
parte dos valores fundamentais dunha
sociedade que desexe ser xusta. Loitar
contra a fame é unha cuestión urxente
na construción dun mundo digno, pois
segue a ser actual o que san Xoán
Paulo II denominaba “paradoxo da
abundancia”: hai comida para todos
pero non todos poden comer; mentres
que o dispendio, o descarte, o consu-
mo excesivo e o uso de alimentos para
outros fins están ante os nosos ollos.
En Mans Unidas colaboramos cos
pobres e con quen colabora con eles,
esforzámonos a prol dese mundo que
poña no centro a persoa, dunhas regras
comerciais nas que os pobres teñan
algo que dicir e dunha concepción do
desenvolvemento realmente humana e
para todos, o que obriga a individuos e
institucións a prestarlles unha atención
especialísima aos últimos dos últimos,
ao inmenso colectivo dos famentos.
Avancemos sen derrotismos. As metas
nunca se acadan de todo pero comezan
a ser reais cando cremos nelas e nos
poñemos a traballar. A indiferenza, en
cambio, empobrécenos moitísimo.
Un mundo máis xusto e irmandado é
necesario. Plántalle cara á fame.
SEMENTA.
PARROQUIA VIVA
2.- Presentación do Señor. Bendición
das candeas, ás 19 h.
10.- Mércores de Cinza. Xornada de
xaxún e abstinencia que sinala o
comezo da Coresma. Celebración, ás
19 h.
11.- Reunión do grupo parroquial
sinodal, ás 20 h.
12.- Cea de Mans Unidas, ás 20:30 h.
18.- Reunión dos pais e nais dos
nenos/as de 2º de Primeira
Comuñón, ás 8 do serán, nun local
da Asociación Recreativa e Cultural.
24.- Reunión do grupo de Cáritas, ás
20 h.
Nota: Todos os venres de Coresma,
ás 18:30 h haberá viacrucis. Logo
seguirá a Eucaristía.
O LAPIS
O inventor do lapis, antes de metelo
na caixa e envialo ao mundo, díxolle:
“Cinco cousas debes saber e recordar
sempre se queres ser o mellor lapis
do mundo”.
1ª.- Poderás facer grandes cousas,
pero só se permites que alguén te use.
2ª.- Experimentarás dor cando che
saquen punta, pero é necesario se
queres ser o mellor lapis do mundo.
3ª.- Corrixirás todas as faltas que
cometas.
4ª.- A túa parte máis importante está
sempre dentro de ti.
5ª.- Deixarás a túa marca sobre toda
a superficie na que sexas usado.
E, a pesar de todo, segue escribindo.
Agora ponte no lugar do lapis.
1.- Podes facer grandes cousas, pero
só se deixas que Deus e os demais te
usen e, ás veces, abusen de ti.
2.- Sentirás dor cando os problemas
da vida e as dificultades de todo tipo
che saquen punta. É necesario para
medrar e fortalecerte.
3.- Corrixe todos os erros que come-
tas.
4.- A túa parte máis importante está
dentro de ti.
5.- Deixa unha marca fermosa onde
escribas e por onde pases.
Impacto emocional, porque a presen-
tación do prato remítenos á alta coci-
ña, de empratado minimalista e sofis-
ticado, coa culler de madeira traba-
llada en perfecto equilibrio, que sos-
tén un “exquisito” manxar: un boca-
do de terra.
E tamén impacto moral, porque nos
lembra que non todo é tan sinxelo e
fácil como aparenta, que para ter un
prato na mesa e comer –iso que
nunha parte do mundo facemos
varias veces ao día sen prestar aten-
ción–, primeiro hai que ter algún ali-
mento e, para que ese alimento exis-
ta, antes hai que sementar.
Aquí vos deixamos a imaxe impac-
tante, sinxela e directa, coa que que-
remos ilustrar un lema igualmente
impactante, sinxelo e directo, que
nos envía a loitar contra a fame ata-
cando as súas causas e que nos con-
vida a plantarlle cara da única manei-
ra posible: sementando.
CAMPAÑA DE MANS UNIDAS
PLÁNTALLE CARA Á FAME:
SEMENTA
É dificil explicar o que se quere dicir
cunha imaxe, cando esta non preten-
de máis que ilustrar o que contan
unhas palabras, as do lema da
Campaña 2016 de Mans Unidas.
Por iso “impacto” é, quizais, a pala-
bra que define mellor o que quere
transmitir este cartel. Impacto visual,
polo contraste do prato branco, deli-
cado, pulido, co marrón escuro,
húmido, rudo, da terra sementada, e
o verde vivo da planta xermolada.