1. BOLETIN PARROQUIAL
Nº 175 - Xuño 2014
PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS
PROYECTO CAMBOYA
TESTEMUÑAS DO RESUCITADO
Estamos na recta final do tempo pascual. O resucitado cumprida a súa misión
volta ó Pai. Seguro que os discípulos ao escoitar os últimos anuncios se amosan
tristes porque aínda non comprenderon “totalmente” o anuncio de Xesús de vol-
ver ao Pai para prepararlles un sitio.
El garántelles o Espírito consolador; asegúralles que non quedarán sos; que non
os deixará orfos. Cando Xesús insiste tanto no adeus, sinal que os ánimos preci-
san dunha palabra de ilusión. Isto cala na vida dos discípulos como aparece reflec-
tido no libro dos Feitos dos Apóstolos.
A forza do Espírito Santo que Xesús lles envía ós discípulos, antes de dispersarse
por Xudea, Capadocia, etc., é garante da súa compañía, da forza de Deus en nós,
e de que todo o dicimos e facemos non é obra humana senón de Deus.
Dous mil anos despois esta historia de salvación faise actualidade: Xesús volve ó
Pai; non nos deixa orfos; envíanos o Espírito; queda connosco; permanece na
Palabra e na Eucaristía; a nosa Igrexa é a súa Igrexa. A única diferenza é que nós
somos discípulos seus no século XXI.
Toda esta mensaxe pascual debe de servirnos de estímulo para ser testemuñas de
Xesús. As circunstancias actuais nin son mellores nin peores que as de aqueles
tempos; son distintas; as preocupacións de antes e as
de agora son unha chamada a facer realidade o Reino
de Deus. Antes vivíanse tensións sociais e relixiosas, e
agora tamén. A mensaxe de Xesús entón e agora non
varía, el “non veu a cambiar nin unha til nin unha
palabra da Lei de Deus” senón a facela plenitude.
Recuperemos a esperanza, a ilusión, a confianza en
Deus. A obra de Deus e o seu Reino vaise facer reali-
dade por ti e por min, somos mediadores, o resto é
cousa de Deus.
2. dun consello pastoral renovado, que
ofreza oportunidades a todos para
estimular a corresponsabilidade,
complementariedade e integración.
Que a mirada de fe estea no comezo,
no centro e na finalidade de toda
acción evanxelizadora, porque un é o
que planta, outro o que rega, pero
Deus é quen fai medrar (1Cor 3,5-9).
Na parroquia hai un grupo de laicos
que se reune periodicamente co
párroco para reflexionar sobre este
reto que nos propón a nosa igrexa
particular de Santiago.
É unha oportunidade que se nos dá
de intervir e opinar para ben da
Igrexa diocesana, oportunidade que
se converte, ao mesmo tempo, en
sentirse igrexa viva e responsable
PARROQUIA VIVA
1 Domingo.- Ascensión do Señor.
XVIII aniversario da consagración
do templo parroquial. Despois da
misa de 12, festa do compartir.
2.- Reunión do grupo sinodal, ás
20,30.
6.- Pleno do Consello Parroquial, ás
20,30.
7.- Excursión fin de curso para nenos
e pais. Sairemos ás 9,30. Voltaremos
ás 19,30.
Visitaremos unha granxa bovina. Pola
tarde faremos unha visita guiada á
Cooperativa de Feiraco en Ponte
Maceira.
Debemos anotarnos e levar o bocata
de mediodia.
11.- Reunión de catequistas, ás 20,30.
15 Domingo.- Santísima Trindade.
Remata o curso de catequese.
16.- Comeza a preparación intensiva
dos nenos e nenas que fan este ano a
Primeira Comuñón, ás 7 da tarde.
16.- Reunión da comisión das Vodas
de Prata parroquiais, ás 8,30.
21.- Comida parroquial, ás 14.
Anotarse previamente.
21.- Celebración e festa do perdón, ás
6 da tarde.
22 Domingo.- Festa de Corpus Christi.
Día de Caridade.
23.- Continúa a preparación intensi-
va, ás 7 da tarde.
25.- Reunión do grupo de Cáritas, ás
20,30.
29.- Primeiras Comuñóns, ás 12 do
mediodía.
ACONTECEMENTOS
Bautismo:
Pablo Gago Fernández, de Enrique
Manuel e Silvia (25-05-2014).
Matrimonio:
Jorge Rodríguez Castro e Susana
María da Silva Mallo (24-05-2014).
Defuncións:
José Luís Vázquez Montoto, dos Tilos
(25-04-2014).
Jesús María Cruz González, de Urb. S.
Sadurniño (30-05-2014).
A PARROQUIA E O
SÍNODO DIOCESANO
No Boletín do mes pasado diciamos
que queriamos camiñar cara a
unha parroquia que sexa auténtica
comunidade evanxelizadora na
acollida, na iniciación cristiá, ante
os alonxados, animando grupos,
nas celebracións, na gratuidade e
no acompañamento.
Todo isto, de seu, xa significa moito
e cobre moitos espazos evanxeliza-
dores, pero se quixeramos completar
aínda máis a acción pastoral, pode-
riamos incluír algo máis:
Que sintonice coa mocidade e se
preocupe de que se sintan partícipes
e responsables da tarefa común,
especialmente da evanxelización
nos seus propios ambientes xuvenís,
e que apoie e promova aqueles
movementos de cariz evanxelizador
e de maior incidencia na transforma-
ción social.
Que suscite e alente os diversos
carismas e vocacións particulares
dentro da común vocación cristiá:
militancia laical, vida consagrada e
ministerio ordenado, para realizar a
misión universal da Igrexa.
Que estea aberta ó arciprestado, ós
movementos apostólicos suprapa-
rroquiais da Diocese, baixo a direc-
ción do Arcebispo que é quen nos
une a todos.
Que estableza unhas estruturas sin-
xelas, funcionais e operativas dentro
CÁRITAS
O domingo 22 celébrase a Solem-
nidade do Corpo e o Sangue de Cristo
(Corpus Christi) e coincidindo con
esa data tamén se celebra o Día de
Caridade co lema:
Construíndo espazos de esperanza.
A campaña de Cáritas “Vive sinxela-
mente para que outros, sinxelamente,
poidan vivir” inví́tanos a celebrar a
caridade e a esperanza dende os que
encarnan na súa propia vida estes va-
lores, a través do seu compromiso e o
radicalismo da súa fe, e constrúen es-
pazos de esperanza xunto coas persoas
máis vulnerables da nosa sociedade.
Cáritas xera esperanza facendo reali-
dade, a través dos seus proxectos,
auténticas zonas liberadas para recu-
perar os dereitos e a dignidade das
persoas, dende o sinxelo e o cotián,
dende a fidelidade a un Deus Pai de
toda a Creación que se conmove cos
máis débiles e pequenos, e anuncia
camiños novos de solidariedade, fra-
ternidade e esperanza.