1. 20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia.
CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES.
Equipo da Biblioteca
20 DE NOVEMBRO,
DÍA DOS DEREITOS
DA INFANCIA
http://blog.xerais.es/2014/un-libro-emocionante-os-dereitos-da-infancia-
anotacion-en-trafengando-ronseis/
SE VOS INTERESA ESTE LIBRO DA EDITORIAL XERAIS ESTÁ
RECÉN CHEGADO Á BIBLIOTECA! ESTES CONTOS QUE
PROPOÑEMOS SON SO UNHA PEQUENA MOSTRA E ESTÁN
RELACIONADOS COA INTERCULTURALIDADE.
2. 20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia.
CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES.
Equipo da Biblioteca
EPÍLOGO DO LIBRO:
A Declaración Universal dos Dereitos do Neno foi aprobada o 20
de Novembro de 1959 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas.
Nela recóllense dez principios que supuxeron o primeiro gran
consenso internacional sobre os dereitos fundamentais dos nenos
e das nenas.
No obstante, as súas orixes están na Declaración de Xenebra de
1924, cando despois da Primeira Guerra Mundial se considerou a
necesidade de protexer a vulnerabilidade dos nenos. Neste texto
histórico recoñecese por primeira vez a existencia de dereitos
específicos para os nenos.
En 1949 as Nacións Unidas, constituídas unha vez rematada a
Segunda Guerra Mundial, aprobaron a Declaración Universal dos
Dereitos Humanos e foi daquela cando decidiron elaborar a
Declaración dos Dereitos do Neno xa que na Declaración de
Xenebra atopaban moitas deficiencias.
Foi en 1959 cando os 78 estados membros aprobaron a
Declaración Universal dos Dereitos do Neno, cuxo obxectivo era
garantir a protección e o desenvolvemento dos nenos e nenas.
Trinta anos despois, o 20 de Novembro de 1989, a Asemblea
Xeral de Nacións Unidas deu un paso máis coa Convención sobre
os Dereitos do Neno. Ao longo de 54 artigos o documento
introduce novidades moi importantes con respecto á Declaración
de 1959, como por exemplo o recoñecemento dos nenos como
cidadáns desde o seu nacemento.
Moitos máis recursos sobre este tema podédelos atopar tamén
no seguinte enlace da mestra María Asunción García Álvarez.
https://sites.google.com/site/recursosdereitosdoneno/
3. 20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia.
CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES.
Equipo da Biblioteca
O DEREITO Á IGUALDADE, SEN
DISTINCIÓN DE RAZA, RELIXIÓN
OU NACIONALIDADE.
AS MONDAS DA LÚA
Gustavo Martín Garzo
Naquel país, ao chegar a primavera, as mulleres poñían un ovo,
branco, perfecto, de tacto aveludado, e sentaban a esperar a que
o neno nacese.
Era tan fermoso ese ovo que elas tiñan que telo nas mans todo o
tempo. Dormían con eles, e ao apagaren a luz oían un canto
misterioso que non sabían de onde viña, nin se era nos seus soños
onde o escoitaban.
Tiñan aqueles ovos con elas durante tres lúas. Ao chegar á
terceira, levábamos á fraga nunha ceremonia moi bonita na que
se adornaban con flores e se acompañaban con fermosos cantos.
Entón, deixaban os ovos nun claro e regresaban ás súas casa, pois
aqueles nenos necesitaban o segredo para naceren.
Esperaban entón unha lúa máis, e cando regresaban, os nenos xa
naceran. O claro da fraga estaba cheo das cascas baleiras, que á
luz da lúa tiñan unha blancura inmaculada.
As mondas da lúa, chamaban a aquelas cascas.
Daquela quedaban moi quietas agardando.
Oíase entón un canto, e outro máis, e outro, que viñan de todos
os recunchos da fraga. Eran os cantos dos nenos que ían ao
encontro das súas nais. Uns tiñan escamas; outros, aletas e cola;
outros, plumas coma as dos paxaros, pois durante o tempo que
estiveran na fraga, tomaran as calidades dos animais que había
nese lugar.
E as nais axiña identificaban os seus nenos pola súa forma de
cantar, xa que ese canto era o mesmo que escoitaran nos seus
4. 20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia.
CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES.
Equipo da Biblioteca
soños, cando aínda estaban dentro dos seus ovos e elas os tiñan
pola noite nas súas camas.
E cada unha levaba o seu sen importarlle como era. Entón
comezaba aquel mundo de agarimos, bicos e desvelos que é a
crianza dos nenos. E pouco a pouco estes ían perdendo as
escamas, plumas e cristas para transformárense en seres
humanos.
Non quere decir esto que se volvesen iguais, pois cada un
conservaba no seu carácter as calidades do animal que o
acomañara na fraga, de maneira que se un vivira cun rato, era un
neno moi rebuldeiro; se outro, cun gato, tiña os ollos riscados; se
unha nena nena estivo cun merlo; a súa voz era moi fermosa, e a
súa pel negra, e se fose un peixe o que coidara doutra nena, esta
quería estar na auga todo o tempo e movía as súas mans e pés
coma se fosen aletas e cola.
Non había un mundo onde os nenos fosen á vez tan distintos e tan
iguais coma aquel. Distintos, porque na fraga cada criatura ten
unha apariencia diferente e o seu propio xeito de ser; iguais,
porque os cantos cos que se chamaran polas súas nais se
asemellaban entre si como os ovos dos que naceran.
E todos tiñan o mesmo corazón.
5. 20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia.
CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES.
Equipo da Biblioteca
DEREITO A UN NOME E A UNHA
NACIONALIDADE DESDE O SEU
NACEMENTO.
NO MUNDO DOS SERES ESTRAÑOS.
ANA MARÍA SHUA.
- Mamá, mira o que atopei!
A mamá troll non compartía o entusiasmo do seu fillo.
- Un neno humano – dixo, engurrando o cello.
- Pero se non se reflicte nos espellos!
Era verdade. O neno tiña grandes ollos escuros, non sorría. E o
espello non o reflectía.
- Mmmmmm. Entón quizais poida quedar. Es sueco, rapaz?
- Non –dixo o neno- Non son sueco.
- Entón non es un troll. Nos somos monstruos suecos.
A ver que din os nosos veciños leprechauns.
Os leprechauns examinaron o neno.
- Os teus pais son irlandeses?- preguntáronlle.
- Non. Dixo o neno.
- Daquela, non es un leprechaun, nós somos trasnos
irlandeses.
Niso pasou Babá Iagá, a famosa bruxa rusa.
- Oes, Babá Iagá! – berrou nai troll -. Tomarías a este neno
como aprendiz de bruxo?
- É ruso? So lles ensino bruxerías a nenos rusos.
O neno negou tristemente coa cabeza.
Foron ao barrio das meigas.
- Es galego? Preguntáronlle alí.
Pero non o era.
6. 20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia.
CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES.
Equipo da Biblioteca
- Entón non es fillo dunha meiga. Nosoutras somos bruxas
galegas.
- Será unha Pantasma – dixo nai troll -. Elas non teñen
nacionalidade.
- Falso! – contestoulle unha pantasma -. Somos de todas as
nacionalidades, cada unha ten a súa… Podes atravesar unha
parede, rapaz?
O neno intentouno con tas as súas forzas, pero só logrou darse
un bo golpe na fronte.
Á nai troll, o neno deulle mágoa.
- Pode quedar uns días – díxolle ao seu fillo -. Pero se non
atopa a súa xente entre os Seres Estranos, terá que marchar.
Mentres tanto, nun país europeo, os pais buscaban ao seu fillo
desesperados. Fixeron a denuncia policial e os medios déronlle
difusión. Como seus pais eran inmigrantes ilegais, o neno non
tiña nacionalidade. Ningún goberno da terra o protexía baixo
as súas leis. Por iso na televisión falaban da desaparición do
“neno pantasma”, que así son chamados os pequenos apátridas.
Un xuiz interesouse no caso.
- Non quero prometerlles nada – dixo o xuiz -.Pero talvez
sexa posible darlle ao neno a nacionalidade do país onde
naceu.
Aos pais xa non lles importaba moito a nacionalidade. Só
querían que aparecese o seu filliño.
No entanto, nese momento, algo moi raro acontece una cabana
dos trolls. Ao pasar o neno diante do espello, apareceu unha
bruma borrosa coa forma do seu corpo.
- Si que é un neno humano despois de todo. Teremos que
devolvelo – dixo a nai troll.
Pouco a pouco, co corrrer dos días, ía asomando no espello
unha cariña morena e riseira, cos dentes moi brancos.
7. 20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia.
CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES.
Equipo da Biblioteca
Antes de que se reflectise completamente, os trolls deixaron
o neno no linde da fraga. Alí o atopou a policía, que o levou cos
seus pais.
Uns meses despois o neno fora debidamente rexistrado. Tiña
por fin os seus documentos, o seu nome oficial e a súa
nacionalidade. Deixou de ser unha pantasma e endexamais tivo
que volver ao mundo dos Seres Estraños.
Pero quedoulle sempre agradecido á nai troll e cada pouco
déixalle unha caixa de pizza preto da fraga. Desde que os
trolls probaron a pizza, non había nada que lle gustase tanto!
8. 20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia.
CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES.
Equipo da Biblioteca
DEREITO A UNHA EDUCACIÓN
QUE FOMENTE A SOLIDARIEDADE,
A AMIZADE E A XUSTIZA ENTRE
TODO O MUNDO.
CONFUSIÓN
ELIACER CANSINO
O mozo por fin enxergou as tendas onde acampaban os homes
do deserto. Estou salvado! – díxose. E dirixiuse a eles e falou
deste xeito:
- Veño famento e teño sede. Preciso da vosa axuda.
Os homes mirárono con desconfianza, pois non o coñecían. Un
deles adiántouse e díxolle:
- Ofrecémosche a nosa axuda, pero antes debes dicirnos que
nos darás a cambio.
O rapaz lembrou as palabras do seu mestre: “só é valioso o que
se ama”, e rebuscando na súa alforxa sacou dela un libro.
- Deixareivos este libro – dixo- . Nel están as palabras do meu
deus. Son palabras boas que abrirán os vosos corazóns.
Os homes colleron o libro e sen apenas miralo devolvéronllo.
Precisamente loitamos contra ese libro.
Entón o rapaz extraeu un pano dun fermoso tecido.
Este pano é para min moi amado. Lévoo sempre onde vou. E
nas festas cíngoo ao meu pescozo como insignia.
Miraron os homes o pano e viron que as súas cores eran da
bandeira dun país próximo. E devolvéronllo.
- Non queremos ese pano: as súas cores oféndennos, pois
desprezamos o país que representan.
9. 20 de Novembro: Día dos Dereitos da Infancia.
CEIP PLURILINGÜE SERRA DE OUTES.
Equipo da Biblioteca
O rapaz non entendeu aquel desprezo, pero volveu gardalo sen
protestar.
- Nese caso talvez vos gusten estas follas encadernadas.
Nelas están escritas as palabras necesarias para entenderse
con outros pobos. Se alguén vos fala nunha lengua
descoñecida, mirando aquí podedes entendelo.
- Para que queremos esas follas con palabras estrañas. A nosa
lengua é a lengua verdadeira, a máis pura. Se alguén quere
falar connosco que aprenda. Nós non precisamos aprender a
súa. Se non falases a nosa lingua nin sequera te habiamos
escoltar.
Estaba a piques de desistir cando lembrou a súa moeda de
ouro. Unha moeda que tiña o escudo do seu país, as palabras do
seu deus, a lingua da súa terra. E dixo:
- É o único que me queda. Pero sei que non ides querelo,
porque ten todo o que desprezades: as palabras do meu
deus, a miña lingua initelixible, o escudo coa bandeira do
meu país. Así que seguirei o meu camiño esperando atopar a
alguén que se apiade de min.
Daquela os homes dixeron:
- Agarda. Dixeche que esa moeda é de ouro?
- Si, iso dixen.
- Entón dánola, porque o ouro non ten lengua, nin relixión, nin
país. Agora xa podes comer e beber.
O rapaz entregoulla e, mentres saciaba a súa sede e a súa
fame, pensou que aqueles homes estaban verdadeiramente
tolos, pois confundiran o ouro co amor.