2. ÍNDICE
● Tipos de muíños
● Muíños de vento
● Muíños hidráulicos
● Muíños de marea
● As partes do muíño
● Como funcionan
● Muíños Ponte
Goiáns
● Ficha técnica
● As muiñadas
● Cantigas
● Bibliografía
4. MUÍÑOS DE VENTO
● Levan unha roda vertical, que xira
impulsada pola forza do vento ao bater
contra as aspas.
● En Boiro ata agora, non se atoparon restos
de ningún exemplar, pero sabemos que
existiron na comarca do Barbanza,
concretamente no concello de Ribeira.
5. MUÍÑOS HIDRÁULICOS
Estes muíños son fermosas obras de enxeñería,
feitas por artesáns do pobo, nas que se utiliza a
forza da auga para mover o seu mecanismo de
trituración, que nos muíños de cereais está dentro
dunha construción específica para eles, feita con
materiais básicos procedentes do contorno, e
situada xunto aos ríos e regatos, onde se recolle a
auga dunha presa, conducindo o interior do muíño
mediante unha canle de derivación, que
normalmente remata nun cubo con desnivel que vai
estreitando progresivamente para aumentar a
presión da auga na saída ao inferno situado na parte
interior do muíño.
6. MUÍÑOS DE MAREA
● Hai uns muíños en muros que en vez de
estar en un río, están no mar.
● Este tipo de muíños só se encontran no
litoral.
● Mentres está a baixar a marea, vaise
soltando para o muíño a auga que se
almacenou durante a marea alta, o que fai
que o seu tempo de traballo sexa limitado.
7. AS PARTES DO MUÍÑO
● Os muíños teñen distintas partes:
8. COMO FUNCIONAN
A auga procedente da canle bate contra o
rodicio, que se pon en movemento. Este
movemento transmítese a través do eixe á peza
de moer. O gran, colocado na moega,vai caendo
no ollo da moa a través da quenlla. A moa xira e
esmiúza o gran contra o pé.
9. MUÍÑOS PONTE GOIÁNS
Trátase dun conxunto de tres muíños dos
cales dous deles, o “Muíño de Abaixo ou Do
Agro” e o “Muíño de Arriba, de Xaime ou de
Casais” están musealizados. O terceiro está
convertido nun bar de tapas coñecido como
“Os Muíños” están ubicados no río Coroño, moi
cerca do seu estuario e conta cun merendeiro.
10. FICHA TÉCNICA
● Características: Teñen planta rectangular de 6,30 m
de longo por 3,95 de ancho, e uns 3,40 m de alto
(2,40 na parte máis baixa). Aumentouse a altura con
tres filas de ladrillos. A porta mide 1,75 por 0,70 m.
● Data: S.XVIII, ou anterior.
● Gravados: 4 cruciformes; 3 na xamba da parte
dereita da porta, de dobre tamaño a da parte interna.
Na xamba da esquerda aparece unha cruz no interior.
● Estado actual: Conserva enteira a estructura e os
elementos interiores.
● Propiedade: Varios propietarios.
11. AS MUIÑADAS
● As xentes ían ó muíño co froito da súa colleita
e, mentres moían dedicábanse á conversa á
troula, o que se coñece co nome de muiñadas.
● Xeralmente celebrábanse pola noite e a elas
acudía sobre todo a mocidade. As muiñadas,
como as fiadas, os velorios, as pitanzas e
as confrarías estiveron sempre profundamente
arraigadas na cultura popular galega pero
mal vistas polo clero que as consideraba
causa de desordes morais e pecado,
chegando a calificalas de xuntanzas infernais.
12. CANTIGAS
No muíño fan cantigas
no muíño fan concellos
no muíño fanse amores
e contan contos os vellos
Unha noite no muíño,
unha noite non é nada;
unha semaniña enteira
esa si que é muiñada.
Era unha noite de chuvia e de frío
a que pasei no muíño do río.
Entrei para adentro, empecei a cantar
para non ter medo e a noite pasar.
Dios cho pague churrusqueira
téñocho que agradecer
cando vou ó teu muíño
sempre me deixas moer.