SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  20
Télécharger pour lire hors ligne
Unha candidatura para continuar
o traballo comezado hai 20 anos
A
lejandra Pérez Máquez
volve a encabezar a can-
didatura dos socialistas
de Bergondo para as
eleccións municipais do 26 de
maio. Faino coa máxima ilusión
II Apostando polos
Servizos Sociais
P. 4-5
II Desenvolvemento
urbanístico para
San Cidre
P. 6
II Esforzo para
lograr unha edu-
cación universal
P. 8
II Investimento
para mellorar o
municipio
P. 12-15
II Xestión impeca-
ble para unhas
contas saneadas
P. 16
e co firme propósito de continuar
implementando as políticas que
caracterizan aos socialistas de
Bergondo desde hai 20 anos:
unha decidida aposta polas pro-
postas educativas e sociais pero
tamén tendo en conta o firme
obxectivo de aumentar os servi-
zos e mellorar as infraestrutu-
ras. O Bergondo que queremos é
un Bergondo en continuo crece-
mento. Lidera unha lista que une
mocidade e veteranía, sinónimo
de experiencia na xestión e de
coñecemento das necesidades
e os problemas do día a día das
súas veciñas e veciños, algo que
outros non poden ofrecer.
2 C A R T A
Estimado veciño:
Estimada veciña:
2
O vindeiro domingo 26 de maio celébranse
eleccións municipais, nas que me presento á
reelección como alcaldesa de Bergondo polo
PSdeG-PSOE.
Ante todo, quero animarte a participar
nestes comicios, que son especialmente
importantes porque a administración mu-
nicipal é a máis próxima á cidadanía, a que
se ocupa dos problemas cotiáns da xente.
Así o entendemos os socialistas e por iso
durante os últimos anos centramos os es-
forzos do goberno municipal que presido en
facer de Bergondo un lugar mellor para vivir.
Entre as numerosas accións que desenvolve-
mos neste mandato conseguimos algúns lo-
gros importantes para o noso concello como
a ampliación da rede de saneamento, a me-
llora da maior parte da rede de camiños mu-
nicipais, a mellora dos equipamentos depor-
tivos e de ensino, os avances no Plan Xeral, a
creación de novos modelos de asentamento e
tamén de novas posibilidades de comercio...
Pero sobre todo, sempre pensamos en go-
bernar para a xente. Por iso aumentamos o
investimento nos diferentes programas de
Servizos Sociais; reforzamos a nosa aposta
por un sistema de bolsas educativas centrado
en apoiar ás familias, mantemos os progra-
mas de axudas ás asociacións, empresas, de-
portistas... En definitiva, intentamos ser fieis
ao noso compromiso de atender as principais
necesidades das nosas veciñas e veciños.
Somos conscientes de que aínda é moito o
que queda por facer, moitos os retos que nos
agardan para o futuro. A nosa xestión dos
recursos está a traducirse nunhas contas
económicas en moi bo estado, o que nos vai
permitir afrontar os retos que nos veñen por
diante. Por iso, elaboramos un ambicioso
programa electoral, que queremos que sexa
o noso compromiso contigo para os vindeiros
catro anos. Un programa para seguir avan-
zando, que incorpora moitas das ideas que
os veciños nos fixestes chegar durante os
últimos anos no día a día ou a través dos no-
sos mecanismos de participación para seguir
mellorando o noso concello e que podere-
des consultar en bergondo.psdeg-psoe.org.
Para que o Bergondo que queremos sexa
unha realidade necesitamos o voso apoio,
un apoio maioritario que nos permita apli-
car o noso modelo de goberno. Pola nosa
experiencia destes 20 anos sabemos que
un goberno estable é garantía de progre-
so. Por ti e por Bergondo, necesitámos-
te. Espero e desexo poder contar co teu
voto e a túa confianza para facelo posible.
Pola miña parte, comprométome a seguir
traballando coa mesma ilusión do primeiro
día para construír, entre todos, un Bergondo
mellor e para todas e todos.
- Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa de Bergondo
3O B X E C T I V O S P R I O R I T A R I O S 3
Dotaremos a
San Cidre de
equipamentos,
espazo comercial e
zonas verdes
1.
Editaremos
publicacións
sobre a historia de
Bergondo
2.
Impulsaremos
actividades para a
mocidade na Casa
da Xuventude
3.
Deseñaremos
programas
de deporte en
coordinación cos
centros de saúde
5.
Continuaremos
levando a cabo
programas
de formación
gratuíta para
desempregados
7.
Creación dun
complexo deportivo
na Senra
6.
Dotación de
beirarrúas na
AC-214, no límite
de Guísamo con
Cambre
9.
Continuaremos
coa renovación da
iluminación con
tecnoloxía LED
10.
Creación do Centro
Interxeracional de
Bergondo: centro
socio-comunitario e
ludoteca
11.
Recuperación da
Praia do Regueiro
e reordenación do
espazo do Pedrido
12.
Potenciaremos
accións de
igualdade a través
da Mesa Local
Contra a Violencia
de Xénero
4.
Creación do Paseo
Fluvial do Río
Maior, que está en
tramitación
8.
4
Programassociaisparacontinuar
gobernandoparaaspersoas
O
departamento de Servizos
Sociais foi un dos máis
activos desta lexislatura.
O noso compromiso de
gobernar para as persoas é inelu-
dible e, por iso, destinamos ano
tras ano nos orzamentos munici-
pais importantes partidas econó-
micas para esta área. Levamos a
cabo programas deseñados para
cubrir as necesidades das nosas
veciñas e veciños. Os programas
de axuda ás familias, o apoio
e o coidado dos maiores ou a
formación son piares básicos da
nosa forma de gobernar para as
persoas. O noso compromiso é
firme. Por iso continuaremos
destinando esforzos e recursos
para desenvolver esta área.
Desde o 2015 un total de 126 familias en situación de precarie-
dade económica beneficiáronse a través de 386 prestacións do
programa municipal de apoio á cobertura dalgunha das súas
necesidades básicas.
Cobertura de necesidades básicas
B E N E S T A R S O C I A L
APOIAMOS
ÁS FAMILIAS
Regulamos o programa de reparto de alimentos derivados dos
excedentes de produción entre 418 persoas catalogadas como
poboación vulnerable.
Programa de alimentos de Cruz Vermella
Desenvolvéronse unha serie de accións específicas dirixidas a
mellorar a empregabilidade de diferentes colectivos en risco
de exclusión social nas que participaron 52 persoas.
Risco de exclusión social
Unha media de 800 participantes ao ano participan nas di-
ferentes actividades organizadas no programa de Envelle-
cemento Activo, a través de obradoiros, accións deportivas,
festas, roteiros ou saídas socioculturais.
Programa de Envellecemento Activo
ESTAMOS COS NOSOS
MAIORES
Foron 59 as mulleres coidadoras ou familiares que participa-
ron no programa Cuidadanas, que ten o obxectivo de aliviar o
estrés, o illamento e a sobrecarga emocional que van asocia-
dos ó traballo dos coidados non profesionais.
Programa Cuidadanas
PENSAMOS NOS
QUE COIDAN
Un curso formativo para familiares de persoas con demencia
que comezou no 2018 e no que participaron un total de 17
familiares ou profesionais.
Xuntos nos Coidados
No CPI Cruz do Sar leváronse a cabo unha serie de obradoiros
dirixidos a todo o alumnado con distintos fins: de educación
afectivo sexual, para a igualdade e de prevención de drogas.
Obradoiros de prevención
FORMAMOS
ÁS PERSOAS
Nesta lexislatura tamén se organizaron xornadas formativas
específicas en colaboración con entidades como Anhida Coru-
ña, TP Galicia ou Dismacor dirixidas a familias e profesionais
nas que participaron 222 persoas
Outras xornadas formativas
5B E N E S T A R S O C I A L
Estenderemos o Servizo de Axuda no Fogar para ten-
tar cubrir a totalidade dos demandantes.
Analizaremos diferentes accións de fomento da con-
ciliación.
Potenciaremos accións de igualdade a través da
Mesa Local Contra a Violencia de Xénero.
Estudaremos a implantación de programas como
Xantar na Casa.
Implantaremos novas propostas no programa de
maiores Envellecemento Activo a través de xornadas
lúdicas nas zonas de lecer do municipio.
Continuaremos co programa Xuntos nos Coidados,
coa unidade de memoria.
O Programa de Integración Laboral de persoas con
discapacidade continuará crecendo, así como as ac-
tividades deportivas e de lecer para persoas con dis-
capacidade e mobilidade reducida.
Impulsaremos o encontro entre xeracións a través
do Plan Municipal de Actuación Interxeracional, que
fomentará coñecemento e educará contra estereoti-
pos.
Creación dun centro sociocomunitario e ludoteca con
actividades para os nosos maiores e para rapaces.
NO BERGONDO QUE QUEREMOS...
Apostapola
inclusiónnun
UniversoDiverso
O
Concello de Bergondo
desenvolve desde hai
anos o programa Uni-
verso Diverso, dirixido ás
O programa
busca promover
a autonomía
de persoas con
diversidade
funcional
persoas con diversidade funcio-
nal do municipio.
O seu obxectivo é promover a
súa autonomía e integración a
través de proxectos de todo tipo
ao longo do ano.
Desde o ano 2015 o número
de beneficiarios directos e indi-
rectos deste programa ao que
dedicamos máis de 50.000 euros
anuais foi aumentando, pasando
de 54 a 62 rexistrados no pasado
ano 2018.
A Escola infantil,
servizo necesario
En Bergondo contamos desde
o ano 2005, momento no que
a inauguramos oficialmente,
cunha escola infantil municipal.
Un servizo moi necesario para
as nosas familias, que favore-
ce a conciliación e beneficia o
desenvolvemento individual dos
menores.
Cada ano adicamos máis de
90.000 euros para a renovación
dun servizo que consideramos
esencial para os nosos veciños
e veciñas. Máis de 40 nenas e
nenos de 0 a 3 anos matrículan-
se todos os cursos a través dos
Servizos Sociais do Concello de
Bergondo.
Ademais durante o ano 2018
levamos a cabo, utilizando unha
das axudas dos fondos europeos
FEDER, a instalación de varios
elementos no patio exterior
das instalacións. Colocáronse
toldos de fachada para mello-
rar o espazo do parque infantil
e protexer así aos menores da
exposición solar.
Visita ao Dolmen de Dombate
Exterior da Escola Infantil Municipal
6
Equipamentos, zonas verdes e
espazo comercial para San Cidre
O
proxecto de reordenación
da zona de San Cidre
continúa en marcha, co
obxectivo de reforzar e
completar a súa trama urbana,
dotándoo de equipamentos, es-
pazo comercial, zonas verdes e
mellorando o seu trazado viario
ademais de propoñer un novo
modelo de vivenda que responde
Plano da modificación puntual para a
zona de San Cidre
ás necesidades actuais.
É unha oportunidade para des-
envolver urbanísticamente estes
Continúa a
tramitación da
modificación das
normas para
reforzar o núcleo
sen agardar polo
Plan Xeral
Crearase un novo
equipamento que
funcionará como
Biblioteca e Arquivo
O PXOM continúa a cumprir os trámites
Paso a paso, cumprindo coas
obrigas que estipula a normativa
legal, o Plan Xeral de Bergondo
continúa a queimar etapas e
trámites para chegar ao noso
obxectivo final: a súa aprobación
definitiva.
Actualmente, atopámonos na
fase de aprobación inicial do bo-
rrador, que xa foi remitido á Xun-
ta de Galicia, que o validou e soli-
citou unha serie de modificacións
para adaptarse á normativa.
U R B A N I S M O
terreos sen agardar polo PXOM.
Así, San Cidre contaría cun
novo equipamento que funciona-
rá como Biblioteca e Arquivo, un
parque verde co triplo de super-
ficie co actual, dúas zonas para
vivendas colectivas en altura con
posibilidade de baixos comer-
ciais e unha superficie comercial
de 2.700 metros cadrados.
BORRADOR
DO PLAN
1.
APROBACIÓN
INICIAL
2.
PROPOSTA
DE PXOM E
AVALIACIÓN
AMBIENTAL
3.
APROBACIÓN
PROVISIONAL
4.
APROBACIÓN
DEFINITIVA
5.
PUBLICACIÓN
NO DOG E NO
BOP
6.
7U R B A N I S M O
Continuaremos coa tramitación do PXOM, un Plan
Xeral sostible e moi necesario que permitirá o cre-
cemento de Bergondo, a creación de novos modelos
de vivenda máis asequibles e adaptados aos novos
tempos, ademais da xeración de zonas verdes, equi-
pamentos e solo industrial.
Seguiremos, mentres tanto, coa tramitación da mo-
dificación das normas subsidiarias para ampliar os
usos e favorecer as opcións de negocio e emprende-
mento.
Dotaremos a San Cidre de equipamentos, espazo co-
mercial e zonas verdes a través da modificación pun-
tual.
Estudaremos a implantación do modelo de vivenda
colectiva.
Modificamos as normas para
crear oportunidades de negocio
A
pesar de que avanza nos
prazos marcados pola le-
xislación, somos conscien-
tes de que a tramitación
do Plan Xeral é un proceso longo.
Por iso, foi necesario actualizar
as normas subsidiarias, que
rexen o planeamento municipal
desde o ano 1992 e que nalgúns
puntos necesitaban dunha serie
de modificacións para adaptalas
á normativa vixente e para co-
rrixir algúns puntos que agora
permitirán novas oportunidades
de negocio para Bergondo.
Así, nos meses de xaneiro e fe-
breiro, desde o goberno levamos
a pleno as modificacións pun-
tuais sexta é sétima das normas
subsidiarias. A primeira, centra-
da na precisión das condicións de
ordenación que antes resultaban
de difícil aplicación por parte dos
técnicos municipais, permitiu
que non existan inconcrecións ou
A actualización das
regras favorece
tamén unha lóxica
e mellor xestión
municipal
As modificacións aprobáronse por
unanimidade en sesións plenarias
contradicións entre as diversas
ordenanzas de solo urbano ur-
banizable e núcleo rural. A nor-
mativa permite ampliar os usos,
algo que as normas subsidiarias
non permitían, e que significará
a posibilidade de crear segun-
das oportunidades a naves que
estaban fora de ordenación.
Por outra banda, a modificación
sétima é de interese público e
afecta a toda a cidadanía xa que-
NO BERGONDO QUE QUEREMOS...
se refire á corrección de erros
que dificultaban a aplicación de
determinados artigos, xerando
inseguridade xurídica. Esta mo-
dificación permitiu simplificar e
facilitar os procesos.
8 C U L T U R A , E D U C A C I Ó N E X U V E N T U D E
Crearemos puntos de intercambio de libros e unha
biblioteca municipal dixital.
Editaremos publicacións sobre a nosa historia.
Continuaremos incrementando o programa de bol-
sas a estudantes así como o banco de libros de texto.
Estableceremos o premio literario Filomena Dato, po-
tenciando a súa figura e o papel da muller.
Continuaremos coa Escola de Pais-Nais online.
Dotaremos de máis recursos ás escolas de música e
xadrez levadas a cabo pola ANPA.
Faremos proxectos nos colexios sobre: feminismo e
violencia de xénero; e sobre medos e violencia.
Impulsaremos actividades para a mocidade a través
da Casa da Xuventude e traballaremos para recupe-
rar os intercambios de estudantes.
Máisde30.000eurosen
axudasáescolarización
A
educación é un dos piares
fundamentais da socieda-
de. Unha das premisas de
goberno da alcaldesa de
Bergondo, Alejandra Pérez, e é
que a educación debe ser libre
Das subvencións
ao desprazamento
benefícianse máis
de 100 persoas ao
ano e das de libros
máis de 300
do que se beneficiaron 634 me-
nores dun total de 466 familias.
Outra das liñas, dotada con
43.080 euros nesta lexislatura,
ten que ver coa subvención ao
desprazamento aos centros,
destinado ás etapas que non
contan con servizos públicos de
transporte, e que contou con 471
beneficiarios en catro anos.
A terceira pata das axudas
educativas é a que se refire aos
libros de texto. O alumnado de
1º e 2º de primaria recibe deste
xeito libros gratuítos e os cursos
restantes poden optar ao présta-
mo de exemplares.
e gratuíta e perseguindo este
obxectivo, o Partido Socialista,
no Concello de Bergondo des-
envolve unha serie de progra-
mas e actuacións concretas.
O sistema de axudas mu-
nicipais busca responder ás
necesidades das familias nas
diferentes etapas de ensino.
Así, existen as axudas á escola-
rización de menores, dirixidas
ás familias de Bergondo que
se atopen nunhas condicións
económicas e sociais desfavo-
rables. Nos últimos catro anos
destináronse 33.103 euros a
este programa de subvencións
Éxitodasactividadesculturais
Un total de 1.395 persoas parti-
ciparon nas actividades culturais
municipais que levou a cabo o
Concello de Bergondo desde o
ano 2015.
Opcións como os cursos de
cociña, os de encaixe de bolillos,
os campamentos urbanos ou as
acampadas son as máis solicita-
das entre os usuarios.
O PSOE de Bergondo está con-
vencido de que os programas
que levan a cabo as asociacións
e as comisións de festas son
de interese xeral para todos os
veciños e veciñas, xa que fun-
cionan como complemento á
oferta municipal e do resto das
administracións públicas.
Por iso, para apoiar a súa acti-
vidade, durante esta lexislatura
destinou 32.500 euros ás sub-
vencións as comisións de festas
e 47.857 euros como subvención
ás entidades sen ánimo de lucro.
80.000 euros
para entidades e
comisións
Desde o 2009 desénvolvese o
programa ‘Madruga’, de fomen-
to da conciliación a través da
apertura dos centros educativos
fóra do horario lectivo. Durante
todo o ano 30 nenos e nenas al-
morzan na Senra desde ás 7:30
horas antes de entrar á clase, co
obxectivo de dar resposta ás ne-
cesidades horarias das familias
facilitando o acceso ao mercado
laboral dos proxenitores.
Programa
Madruga para a
conciliación
NO BERGONDO QUE QUEREMOS...
Momento dunha acampada
9F O R M A C I Ó N , P R O M O C I Ó N E C O N Ó M I C A E E M P R E G O
Formaciónparamellorar
aempregabilidade
O
método máis efectivo
para loitar contra o
desemprego, e un dos
poucos nos que ten
Máis dun milleiro
de persoas
participaron en
medio cento de
cursos formativos
municipais
competencias a administración
municipal, é a formación.
Por iso, desde o Concello de
Bergondo deséñase ano tras
ano un completo programa de
cursos formativos gratuítos no
que nesta lexislatura chegaron
a participar ata o momento 1.100
persoas, divididas nun total de
62 cursos, adquirindo compe-
tencias demandadas no mercado
laboral como o curso de carre-
tilla elevadora, manipulador de
O obxectivo primordial do PSOE
de Bergondo é favorecer os
intereses da veciñanza. Por
iso o Concello uniuse a outros
municipios da comarca para
levar a cabo, conxuntamente,
un obradoiro de emprego que
conta coas modalidades de fru-
ticultura e xardinaría e no que
participan 4 bergondeses.
Obradoirosde
fruticulturae
xardinaría
O proceso de busca de empre-
go é máis sinxelo se se conta
coas ferramentas necesarias e
se coñecen os camiños que se
deben seguir. Para iso, a figura
do orientador laboral é impres-
cindible.
O Concello de Bergondo, na
busca de ofrecer as mellores
posibilidades aos seus veciños
e veciñas, puxo en marcha este
servizo de xeito mancomunado
con Abegondo e, desde o 2015,
a orientadora laboral concertou
un total de 1.096 citas nas de-
pendencias municipais do Polí-
gono Industrial de Bergondo.
Orientación
para a busca de
emprego
alimentos, monitor de tempo
libre ou cursos de inglés.
Estas accións formativas
permitiron mellorar a empre-
gabilidade dos usuarios, o que
redundou no descenso da cifra
de desempregados en Ber-
gondo nos últimos catro anos,
pasando de contar con 517
persoas desempregadas en
2015 a rexistrarse 367 persoas
en situación de desemprego no
mes de abril de 2019.
Crearemos o programa Deseñando o Meu Futuro: pri-
meiro contacto entre empresas e estudantes.
Comprometémonos a continuar coa programación
formativa gratuíta municipal para desempregados.
Continuaremos apostando polo servizo de orienta-
ción laboral.
Buscaremos a colaboración das institucións para a
creación dun Viveiro de Empresas.
Crearemos a Escola de Emprendedores para guiar no
proceso de constitución de novas empresas, forma-
ción en emprendemento e vías de axuda.
Elaboraremos unha guía local de gastronomía e co-
mercio de Bergondo.
Sumarémonos a plans que potencien a promoción
do noso solo industrial
NO BERGONDO QUE QUEREMOS...
Os cursos que oferta o Concello
adaptánse ás demandas do mercado
10 C A N D I D A T U R A
ALEJANDRA
PÉREZ
MÁQUEZ
CANDIDATA
Á ALCALDÍA
DE BERGONDO
Como se definiría
Alejandra?
Defínome como unha persoa
traballadora, ilusionada co
que fai e que ten claros os
proxectos que lle gustaría que
se levasen a cabo no municipio
de Bergondo.
Que expectativas tes
para as eleccións?
Queremos mellorar o resul-
tado das pasadas eleccións
municipais, e cremos que te-
mos razóns para conseguilo.
O que precisa o concello de
Bergondo é estabilidade para
Que balance fas dos
anos na alcaldía?
Os dous primeiros anos foron
difíciles por ter que botar
man de proxectos que eu non
xestionaba directamente. O
mandato de 2011-2015 tamén
foi complicado. Neste último
houbo máis flexibilidade en
canto á normativa estatal.
Ademais, a estabilidade do go-
berno permitiunos facer moi-
tas máis cousas polos veciños
e veciñas.
Como é o teu día a
día como candidata?
Intentaremos chegar á maior
parte de veciños e veciñas
como adoitamos facer sem-
pre. Iso si, sen deixar de ocu-
par o cargo que ocupo. Temos
obrigas como pode ter calque-
ra outra persoa no seu traba-
llo privado. Esas ocupacións
obríganme a non esquecerme
de que sigo sendo a alcaldesa
de Bergondo e que non podo
deixar de atender o Concello
polo feito de ser tamén candi-
data.
Como foi elaborar a
candidatura?
Foi un proceso que empezou
a xurdir a través do equipo
que xa tiñamos conformado
Cal é o Bergondo
que queres?
Quero un Bergondo para as
familias, o que inclúe recursos
para os nenos e nenas, para os
mozos e mozas, para os maio-
res e, por suposto, para fomen-
tar o emprego. Estamos nunha
zona moi privilexiada tanto
polas conexións viarias como
pola proximidade á cidade da
Coruña. Bergondo é un punto
estratéxico onde se poden des-
envolver moitas actividades
comerciais e empresariais, e
iso sempre vai redundar no
beneficio de todos os veciños e
veciñas do municipio. Quero un
Bergondo onde poidan vivir no-
vas familias, do que os mozos e
mozas non teñan que marchar.
En definitiva, quero seguir
avanzando por Bergondo, con
sentidiño, para que siga sendo
un concello sostible e un lugar
atractivo para vivir.
Por que os veciños
deben votarvos?
Porque o noso proxecto futuro
para Bergondo mestura ilu-
sión e experiencia. Malia que
non o pareza, a experiencia
nun goberno é moi impor-
tante. Os veciños e veciñas
precisan dun goberno que
coñeza á perfección o funcio-
namento da administración
local. Está demostrado que
cando hai gobernos estables
e con maiorías, os Concellos
avanzan. Nós temos propostas
e proxectos e, agora, o que
necesitamos son votos para
levalos a cabo.
“OnosoproxectoparaBergondo
mesturailusióneexperiencia”
que os proxectos que o muni-
cipio necesita saian adiante.
Por esa razón, confiamos en
que os bergondeses e ber-
gondesas nos dean o seu voto
e a súa confianza para poder
mellorar os resultados con
respecto ás últimas eleccións
municipais.
desde hai catro anos. Algúns
son compañeiros que xa nos
acompañaron nos últimos
anos.
1.
11C A N D I D A T U R A
UN EQUIPO PARA
GOBERNAR
BERGONDO
MARÍA
BEGOÑA
CALVIÑO
DORADO
4. JUAN
FRANCISCO
SÁNCHEZ
LÓPEZ
5. SANTIAGO
FRANCO
BLANCO
6. JOSÉ
ARTURO
GÓMEZ
MATOS
7.
GERARDO
LOURO
GESTAL
8. ANA
MARÍA
MIÑO
MÉNDEZ
9. MARÍA
CARMEN
GARCÍA
FERNÁNDEZ
10. IRIA
BELLO
FERREIRO
11.
VALENTÍN
DOPAZO
FERNÁNDEZ
12. EVA
GARCÍA
LÓPEZ
13. MARÍA
MARGARITA
CORRAL
GÓMEZ
14. BRAIS
VICENTE
PÉREZ
15.
11
PATRICIA
MARÍA
VÁZQUEZ
FIGUEROA
2. JOSÉ
RAMÓN
LORENZO
CAROU
3.
12 I N F R A E S T R U T U R A S
Mellora da rede
viaria en todas
as parroquias
A
mellora da seguridade
viaria e da calidade de vida
dos veciños e veciñas de
Bergondo foi unha teima
constante da alcaldesa, Alejan-
dra Pérez Máquez.
Nos últimos catro anos exe-
cutáronse diferentes plans de
asfaltados, en aglomerado ou
en rega asfáltica, que permitiron
que 121 camiños do municipio
xa estén asfaltados ou, en todo
Nos últimos catro
anos executáronse
diferentes plans en
aglomerado ou en
rega asfáltica
caso, aprobados para asfaltar
inminentemente.
A mellora da rede viaria afecta
a todas as parroquias por igual
Asfaltado do camiño de Loureda
Os camiños que se
asfaltaron ou que
están aprobados para
pavimentar suman un
total de 121
e continuará a levarse a cabo ao
longo do ano, xa que é un traballo
constante, establecendo desde o
Concello a orde de prioridade
segundo as características da vía
en cuestión e o seu estado actual.
O saneamento é un servizo
básico para a poboación. Por
iso, lexislatura tras lexislatura,
un dos obxectivos prioritarios do
PSOE de Bergondo é aumentar a
rede de saneamento para chegar
ao maior número de vivendas
posibles.
Así, nos últimos catro anos ins-
taláronse un total de 11.482,35
metros de tubaxes correspon-
dentes ao colector de Moru-
xo-Fiobre, e aos saneamentos
en Reboredo, o acceso á praia de
Gandarío e Mesoiro; Santa Marta
e Rois, Vixoi e San Victorio, A La-
goa e Guísamo San Paio.
Estas novas infraestruturas
permitiron dotar de saneamento
a 235 vivendas de Reboredo,
A rede de saneamento esténdese para
chegar ao maior número de vivendas
A Depuradora de Gandarío ampliará
o saneamento a Ouces e Lubre
Asfaltado dunha pista en Moruxo
Mesoiro, Vilanova, A Lagoa, Guí-
samo e San Paio que antes non
dispoñían deste servizo.
O obxectivo é continuar es-
tendendo a rede de saneamento
por todo o municipio. Para iso,
a curto prazo será importante
a creación do Paseo Fluvial do
Río Maior que levaremos a cabo
proximamente, xa que se atopa
actualmente en tramitación e
inclúe a instalación do sanea-
mento. Tamén é imprescindible
que se fagan efectivas todas as
conexións dos particulares á
nova depuradora de Gandarío así
como no resto de depuradoras
que están pendentes, co que
tamén conseguiremos a elimina-
ción de verquidos.
13I N F R A E S T R U T U R A S
O PSOE esixe
unha actuación
urxente na N-VI
en Cortiñán
P
ara a alcaldesa, Alejandra
Pérez, a situación da Na-
cional VI ao seu paso por
Cortiñán é “insostible” e
por iso lle transmitiu ao Minis-
terio de Fomento a urxencia de
acelerar as obras neste punto.
Para a candidata á alcaldía
O mal estado
das vías e o
despintado das
liñas dificulta a
circulación
polo PSOE “a solución non pode
agardar máis” xa que o mal
estado das vías e o despintado
das liñas dificulta a circulación,
sobre todo pola noite.
Por outra banda a remode-
lación do cruce de Ferrol en
Guísamo, outro punto negro
do tráfico na Nacional VI, por
parte de Fomento continúa a
cumplir trámites. Actualmente,
o Ministerio está a modificar o
proxecto inicial para adaptalo
ás alegacións presentadas polo
Concello, particulares, empre-
sas e colectivos afectados.
OpolideportivoCruz
doSarestreaimaxe
No ano 2016 remataron as
obras de mellora no polideporti-
vo do CPI Cruz do Sar, necesa-
rias para incrementar as pres-
tacións da práctica deportiva e
mellorar o desenvolvemento das
clases do centro educativo e da
actividade dos clubes deportivos
bergondeses.
Os traballos consistiron na re-
novación do firme, a creación de
novos accesos máis seguros e
o pintado exterior e interior das
paredes e as gradas.
A inauguración da obra de mellora
levouse a cabo no ano 2016
Plan municipal de
cubrición de pistas
O fomento dunha vida saudable
a través da práctica deportiva
entre os veciños e veciñas é
unha das máximas do PSOE de
Bergondo. Por iso, se deseñou
un plan de cubrición das pistas
deportivas nas parroquias que
comezou en Lubre e continou
pola de San Cidre.
Estas pistas cubertas permi-
ten que os usuarios e usuarias
poidan usalas durante todo o
ano, sen depender das incle-
mencias meteorolóxicas.
A Nacional VI ao seu paso por Corti-
ñán require unha actuación urxente
A cuberta da pista de Lubre permite
ampliar o seu uso durante todo o ano
14 I N F R A E S T R U T U R A S
Crearemos o Centro Interxeracional de Bergondo,
para actividades para os maiores e os pequenos.
Continuaremos coa mellora da eficiencia enerxética.
Completaremos o saneamento onde sexa viable. In-
mediatos: Cortes, Tatín e o proxecto do Río Maior.
Dotaremos de beirarrúas á AC-214, no límite de Guí-
samo a Cambre, e a melloraremos as de Carrio.
Continuaremos coa mellora da estrada de Cortiñán
a Vixoi, inclúe saneamento, iluminación e beirarrúas.
Seguiremos mellorando a rede, viaria nas parroquias
e dotaremos de máis recursos ás zonas verdes.
Arranxaremos os cemiterios de Lubre e Bergondo.
Renovaremos o Campo da Feira en Guísamo polo
seu centenario, mantendo a súa natureza.
Reordenaremos o espazo do Pedrido, con inversións
na zona verde e equipamentos.
Esixiremos a mellora da N-VI en Cortiñán, así como
accións de mellora do tráfico para Guísamo.
NO BERGONDO QUE QUEREMOS...
Logramos financiamento para
modernizar a iluminación
P
roximamente máis do 60%
da iluminación pública do
municipio estará renova-
da grazas aos diferentes
Cámbianse por
LED as antigas
lámpadas de vapor
de sodio
plans que xa se executaron ou
está a punto de executarse.
Fai uns meses o Concello de
Bergondo acadou unha subven-
ción do Instituto para la Diversi-
ficación y el Ahorro de Energía
(IDAE) valorada en 800.000 euros
para cofinanciar co Concello,
que aportará 200.000 euros, un
proxecto de renovación de 1.961
puntos de luz no municipio que
permitirá acadar un aforro dun
81%, o que economicamente
significará 120.000 euros ao ano.
Esta modernización do siste-
ma, sumada a outros plans leva-
dos a cabo anteriormente nesta
lexislatura e que permitiron
renovar preto de 500 luminarias,
é unha aposta clara do PSOE de
Bergondo pola eficiencia enerxé-
tica. As novas lámpadas son de
tipo LED e substitúen ás antigas
luminarias de vapor de sodio,
máis contaminantes. Ademais, o
gasto do LED é moito menor polo
que o aforro será considerable e
permitirá que os cartos se desti-
nen a atender outras necesida-
des dos veciños e veciñas.
Mellorouse o pavimento, acondicionouse unha zona de paso para
peóns apta para aparcadoiros e asfaltáronse dous camiños
Renovación da contorna do parque de Ouces
Rehabilitouse un edificio inutilizado en San Cidre para crear un es-
pazo no que levar a cabo diferentes accións dirixidas á xuventude
Creación da Casa da Mocidade
15I N F R A E S T R U T U R A S
ALGUNHAS DAS OBRAS FEITAS
•• Reparación e
adecuación do
polideportivo do
CPI Cruz do Sar
•• Adecuación
dos parques de
Fiobre, Tatín,
Vixoi, centro
de saúde de
Guísamo, Praza
da Cultura,
Bergondo,
Lubre, Cortiñán,
Rois e Guísamo
•• Cuberta das
pista polidepor-
tivas de Lubre e
San Cidre
•• Creación da
Casa da Moci-
dade
•• Arranxo de
humidades en
edificios muni-
cipais
•• Pintado das
escolas unita-
rias
•• Asfaltado da
pista traseira do
CPI Cruz do Sar
EN EQUIPAMENTOS
•• Ampliación da
rede de Miodelo
•• Saneamento en
San Paio
•• Saneamento en
A Lagoa
•• Saneamento
en Reboredo,
Mesoiro e no
acceso á praia
de Gandarío
•• Rede de pluviais
na Lagoa
•• Colector para
Moruxo - Fiobre
•• Adecuación da
depuradora do
Polígono de
Bergondo
•• Rede de pluvias
en A Brea
•• Plan de Sanea-
mento para Vixoi
- San Victorio
•• Plan de Sa-
neamento para
Santa Marta
- Rois
EN SANEAMENTO E ABASTECEMENTO
•• Renovación e
mellora enerxé-
tica da N-VI
•• Renovación da
iluminación no
Pedrido
•• Mellora de
luminarias en
Pedras Bran-
cas, Baldomir,
O Vilar, Corral
da Igrexa,
Urbanización
Os Xirasoles,
Loureda e
Peteiro
•• Mellora da
iluminación no
Polígono
•• Iluminación
na N-VI ao
seu paso por
Armuño e Bos
•• Substitución
de luminarias
en Cortiñán de
abaixo
•• Asfaltado
DP0810 de
Guiliade a
Guísamo
•• Reparación
da DP0810
no límite con
Abegondo
•• Aglomerados
en Bos, Pisón,
Outeiro, Sobre
da Igrexa,
Lagoa, Mesoiro,
Vixoi, Babío
•• Mellora das vías
do Polígono
•• Mellora e asfal-
tado de camiños
en Guísamo e
Babío
•• Plans de mello-
ra de camiños
mediante regos
asfálticos (2017)
•• Mellora do
Camiño de
Mariñán
•• Pavimentación
do camiño de
Loureda
•• Mellora de
camiños con
aglomerado
en Bergondo,
Babío, Ouces e
Moruxo
•• Acondicio-
namento da
contorna do
parque de
Ouces
•• Mellora da
seguridade
viaria na antiga
AC170 e na vía
de acceso á
autoestrada
•• Construción dun
muro na parada
de bus de San
Paio
EN ESPAZOS PÚBLICOS
•• Arranxo de pistas
deportivas en
Lubre, Rois e
Cortiñán
•• Mellora de
parques e prazas
•• Mellora de fontes
e lavadoiros
•• Pintado do CPI
Cruz do Sar
•• Peche de pistas
de Ouces e Fiobre
EN EQUIPAMENTOS
•• Rede de pluviais e
pavimentación na
vía de Gandarío
EN SANEAMENTO E ABASTECEMENTO
•• Canalizacíon da
iluminación de
Guísamo
•• Renovación do
60% da ilumi-
nación pública
•• Substitución de
144 luminarias
•• Arranxo dos
cemiterios
de Lubre e
Bergondo
•• Aglomerado de
Peteiro a Sobre
da Igrexa
EN ESPAZOS PÚBLICOS
•• Renovación
das beirarrúas
en Guísamo
•• Aglomerado en
Moruxo, Ou-
ces, Bergondo,
Lubre, Babío e
Guísamo
•• Mellora de
beirarrúas en
Carrio
•• Instalación de
redutores de
velocidade e
sinalización
ALGUNHAS DAS OBRAS
EN TRÁMITE E PRÓXIMAS
•• Mellora de
camiños en
Ouces, Moruxo,
Babío, Rois,
San Salvador,
Bergondo, Vixoi
e Lubre
•• Reordenación
viaria da praza
de Santa Marta
•• Plan de asfal-
tado en regas e
aglomerado do
2019
•• Paseo Fluvial do
Río Maior
16
A boa xestión dos recursos
permite novos investimentos
As contas económicas do Con-
cello de Bergondo son, desde hai
moitos anos, unhas das que teñen
mellores resultados na comarca.
Grazas a unha impecable xestión
municipal non existe débeda e,
por exemplo, ao peche do último
exercicio correspondente ao ano
2018 as arcas municipais amo-
saron un resultado orzamentario
positivo de 1.877.791,74 euros e
un remanente de tesourería de
6.857.797,71 euros.
Grazas ao control do gasto
efectuado polo goberno local,
este superávit permitirá levar a
Aínda así as
restricións do
Estado limitan ao
Concello
O remanente de
tesourería pechouse
en 6.857.797,71 euros
no último exercicio
correspondente ao 2018
P A R T I C I P A C I Ó N E X E S T I Ó N M U N I C I P A L
Modernizaremos a páxina web
Estudaremos melloras no transporte público colabo-
randocoas administracións e axentes implicados.
Seguiremos mellorando os sistemas de participación
a través dos servizos móbiles, redes sociais e do con-
sello de relacións veciñais.
Traballaremos coas diferentes empresas e adminis-
tracións para a implantación da banda ancha.
Implantaremos WIFI nas prazas públicas progresiva-
mente.
Formaremos parte das figuras de unión que se creen
para dotar de mellores servizos á veciñanza. Bergon-
do é un Concello importante dentro da área metropo-
litana.
Colaboraremos coa Igrexa para a recuperación da
reitoral de Guísamo e Lubre e para acondicionar os
adros de Santa Marta, Rois e Vixoi.
NO BERGONDO QUE QUEREMOS...
Os bergondeses poden participar activamente no desenvolve-
mento do seu municipio a través das ferramentas de participación
habilitadas: a app de incidencias Bergondo Contigo, o Whatsapp
municipal, as redes sociais e os Orzamentos Participativos.
Múltiples canles de participación veciñal
Co obxectivo de implicar aos veciños no día a día da xestión mu-
nicipal, desde o Concello impulsouse un grupo de voluntariado
que permite chegar aínda a máis veciños a través de actividades,
roteiros, obradoiros...
Creación dun grupo de Voluntariado Municipal
cabo diferentes investimentos
que respondan a algunhas das
necesidades do municipio e dos
seus veciños e veciñas.
O desexo do Concello, como
o doutras administracións que
están na súa mesma situación,
sería dispoñer destes cartos
para cubrir todas as necesidades
da veciñanza pero o Estado polo
momento non o permite e limita
moito o tipo de investimentos
que se poden levar a cabo cos
remanentes. Agardamos que o
Goberno amplíe o ábanico para o
investimento dos Concellos.
17S E G U R I D A D E C I D A D Á
Crearemos programas de protección de maiores en
coordinación coa Garda Civil e os equipos de emer-
xencia.
Colaboraremos nas campañas da Dirección Xeral de
Tráfico.
Temos ampliado a plantilla da Policía Local e mellora-
do os seus recursos. Seguiremos mellorando a dota-
ción de materiais. Máis medios, máis axilidade.
Impulsaremos o Plan de Educación Viaria en colabo-
ración coa comunidade educativa e as entidades.
NO BERGONDO QUE QUEREMOS...
Investimos preto de 100.000 euros para a adquisición dun tractor
que permitiu doblar o alcance do servizo de roce de camiños
Duplicando o servizo de roce
Auméntase progresivamente a dotación de equipamentos para o
uso da Policía Local e Protección Civil de Bergondo
Equipamentos para os corpos de seguridade
Mellora da seguridade dos
peóns coa campaña Distínguete
O
bsesionado con mellorar
a seguridade dos peóns, o
PSOE de Bergondo dese-
ñou a campaña Distínguete
para concienciar tanto aos máis
maiores como á mocidade da
importancia do uso de materiais
reflectores. Para iso, repartíron-
se 2.000 chalecos entre a veci-
ñanza e tamén se levaron a cabo
accións formativas nos centros
educativos.
Repartíronse
2.000 chalecos e
tamén se levaron
a cabo accións
formativas
Membros do goberno entregaron os
chalecos reflectores á veciñanza
18 D E P O R T E
Apostaremos polas carreiras populares.
Incrementaremos as axudas a entidades e deportis-
tas individuais.
Crearemos o complexo deportivo da Senra.
Instauraremos un viaxe municipal á neve destinado a
escolares.
Continuaremos coa mellora da rede de equipamen-
tos deportivos ao aire libre. Cubriremos as pistas
onde sexa posible.
Apostaremos polos programas de deporte en coordi-
nacíon cos centros de saúde.
Potenciaremos os deportes relacionados co mar.
NO BERGONDO QUE QUEREMOS...
Actividades
deportivas para
todas as idades
Máis de 3.500
persoas
participaron
nalgunha das
opcións da oferta
deportiva municipal
O
deporte como elemento
dinamizador da sociedade.
Esta é unha máxima com-
partida polo PSOE de Ber-
Apoioádedicacióndosnososdeportistas
Comezar unha carreira depor-
tiva en solitario é complicado, e
mantela aínda o é máis. Por iso,
o Concello de Bergondo creou
unha liña de axudas destinada
aos deportistas individuais em-
padronados no municipio, pre-
tendendo fomentar e incentivar a
súa actividade á vez que apoiar o
esforzo e a dedicación dos depor-
tistas da terra.
gondo e, por iso, todos os anos
elabora unha oferta deportiva
municipal para todos os gustos
e adaptada a todas as idades,
modelando as propostas según
as peticións dos usuarios.
Desde o 2015 foron 3.588 os
veciños e as veciñas que partici-
paron nalgunha das opcións que
inclúe a programación deportiva,
como pode ser o atletismo, a
ximnasia, ioga, taichí, zumba,
taekwondo...
A festa de clausura congrega a un
gran número de veciños todos os anos
No ano 2016 implantouse este
sistema do que, ata o de agora,
xa se beneficiaron 26 deportistas
bergondeses, que recibiron un
total de 6.908,56 euros para axu-
dalos a continuar coa súa traxec-
toria e que o económico non sexa
impedimento para cumplir os
seus soños.
Cada ano publícase a corres-
pondente convocatoria, na que se
beneficiaria son 500 euros, en
función da puntuación obtida se-
gundo os criterios marcados nas
bases. A través desta subvención
os deportistas poden xustificar
diferentes gastos como os des-
prazamentos ás competicións,
os aloxamentos, o mantemento
do seu portal web e a adquisición
de material e roupa deportiva,
entre outros.
Desde o ano 2016
beneficiáronse das
axudas un total de 26
persoas
establece, entre outros requisi-
tos a cumprir, que o máximo que
pode recibir cada beneficiario ou
19M E D I O A M B I E N T E , T U R I S M O E P A T R I M O N I O
O noso patrimonio natural e
histórico debe ser preservado
Nova ruta de sendeirismo
que leva desde a Marisma de
Betanzos ata un bosque de
ribeira ao longo do río Callou
Ruta do Rego Callou
Óbtivéronse óptimos resulta-
dos nas últimas analíticas que
se fixeron en todas praias do
Boa calidade da auga
nas praias
Encargouse un documento
no que se identifican os bens
de interese patrimonial do
municipio co obxectivo de
poñelos en valor
Plan Arqueolóxico
Municipal
Instaláronse paneis para
sinalar algúns espazos em-
blemáticos do municipio: no
mosteiro de Bergondo, Mari-
ñán, nas praias...
Paneis de información
turística
Crearemos o Paseo Fluvial no Río Maior en Lubre,
que xa está en tramitación.
Recuperaremos de xeito inmediato todas as fontes e
lavadoiros.
Crearemos un parque natural e de ocio na contorna
do Monte da Fame.
Poñeremos en valor os bens patrimoniais a través do
Plan Arqueolóxico Municipal.
Deseñaremos novas rutas de sendeirismo, como a
de O Regueiro - Gandarío, Miodelo e Santa Marta.
Loitaremos pola conservación dos restos do Pazo de
Baldomir en Guísamo.
Trataremos de buscar acordos entre entidades para
mellorar a igrexa de San Salvador de Bergondo
Control dos verquidos a través de campañas, orde-
nanzas...
Realización dunha auditoria ambiental: diagnose e
plan de acción.
Proxectos medioambientais coa Reserva de Biosfera
Recuperación da praia do Regueiro a través do proxec-
to de tratamento ambiental xa redactado por Costas
Rutas ambientais nos espazos naturais do Concello
en colaboración co Voluntariado
Xornadas de formación en educación ambiental
NO BERGONDO QUE QUEREMOS...
O BERGONDO QUE FIXEMOS
· 20 ANOS DE GOBERNO SOCIALISTA ·
PSOE Bergondo
@psdeg_bergondo
http://bergondo.psdeg-psoe.org
Cuberta do patio exterior do CPI Cruz do Sar Parque de Santa Marta
A Senra - Inauguración A Senra - Obras
A Senra - Antes
Celtas Cortos no Guísamo FolkObras no CPAP
Inauguración do Edificio de Servizos Sociais Inauguración da Escola Infantil

Contenu connexe

Tendances

Boletinxuventude 20 01_14-1
Boletinxuventude 20 01_14-1Boletinxuventude 20 01_14-1
Boletinxuventude 20 01_14-1
Charo García
 

Tendances (10)

Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
 
Benvida da ANPA
Benvida da ANPABenvida da ANPA
Benvida da ANPA
 
Iaf132nº1dixital
Iaf132nº1dixitalIaf132nº1dixital
Iaf132nº1dixital
 
IAF141 nº10dixital
IAF141 nº10dixital IAF141 nº10dixital
IAF141 nº10dixital
 
Memoria 2017 ASCM
Memoria 2017 ASCMMemoria 2017 ASCM
Memoria 2017 ASCM
 
Boletinxuventude 09 12_13
Boletinxuventude 09 12_13Boletinxuventude 09 12_13
Boletinxuventude 09 12_13
 
Boletinxuventude 20 01_14-1
Boletinxuventude 20 01_14-1Boletinxuventude 20 01_14-1
Boletinxuventude 20 01_14-1
 
Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)
 
Memorias 2016 fag
Memorias 2016 fagMemorias 2016 fag
Memorias 2016 fag
 
Revista Autismo Galicia 2016
Revista Autismo Galicia 2016Revista Autismo Galicia 2016
Revista Autismo Galicia 2016
 

Similaire à Boletín PSOE Bergondo 2019

Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1
odesvanmarita
 

Similaire à Boletín PSOE Bergondo 2019 (20)

programa bng ribadeo 2023.pdf
programa bng ribadeo 2023.pdfprograma bng ribadeo 2023.pdf
programa bng ribadeo 2023.pdf
 
Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
 
Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023
Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023
Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023
 
PG.pdf
PG.pdfPG.pdf
PG.pdf
 
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
 
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16
 
Programa electoral do BNG do Porriño
Programa electoral do BNG do PorriñoPrograma electoral do BNG do Porriño
Programa electoral do BNG do Porriño
 
Iaf133
Iaf133Iaf133
Iaf133
 
Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1
 
Propuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
Propuestas y Soluciones de Igualdad y TicPropuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
Propuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
 
[Decálogo pola lingua] Para situar a nosa lingua no futuro desde os concellos
[Decálogo pola lingua] Para situar a nosa lingua no futuro desde os concellos[Decálogo pola lingua] Para situar a nosa lingua no futuro desde os concellos
[Decálogo pola lingua] Para situar a nosa lingua no futuro desde os concellos
 
Discurso_investidura_Daniel_Vega.pdf
Discurso_investidura_Daniel_Vega.pdfDiscurso_investidura_Daniel_Vega.pdf
Discurso_investidura_Daniel_Vega.pdf
 
Memoria 2011
Memoria 2011Memoria 2011
Memoria 2011
 
Programa de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNGPrograma de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNG
 
IAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixitalIAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixital
 
Boletín BNG O Porriño
Boletín BNG O PorriñoBoletín BNG O Porriño
Boletín BNG O Porriño
 
Boletin fec abril 2018
Boletin fec abril 2018Boletin fec abril 2018
Boletin fec abril 2018
 
Memoria somos quen 17-18
Memoria somos quen 17-18Memoria somos quen 17-18
Memoria somos quen 17-18
 
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
 

Plus de psdegbergondo (7)

Programa PSOE Bergondo 2023
Programa PSOE Bergondo 2023Programa PSOE Bergondo 2023
Programa PSOE Bergondo 2023
 
Programa PSOE Bergondo 2023
Programa PSOE Bergondo 2023Programa PSOE Bergondo 2023
Programa PSOE Bergondo 2023
 
Programa PSOE Bergondo 2023
Programa PSOE Bergondo 2023Programa PSOE Bergondo 2023
Programa PSOE Bergondo 2023
 
Programa PSOE de Bergondo 2019
Programa PSOE de Bergondo 2019Programa PSOE de Bergondo 2019
Programa PSOE de Bergondo 2019
 
Xornal do PSOE de Bergondo
Xornal do PSOE de BergondoXornal do PSOE de Bergondo
Xornal do PSOE de Bergondo
 
Programa PSOE bergondo
Programa PSOE bergondoPrograma PSOE bergondo
Programa PSOE bergondo
 
Boletin do PSOE Bergondo
Boletin do PSOE BergondoBoletin do PSOE Bergondo
Boletin do PSOE Bergondo
 

Boletín PSOE Bergondo 2019

  • 1. Unha candidatura para continuar o traballo comezado hai 20 anos A lejandra Pérez Máquez volve a encabezar a can- didatura dos socialistas de Bergondo para as eleccións municipais do 26 de maio. Faino coa máxima ilusión II Apostando polos Servizos Sociais P. 4-5 II Desenvolvemento urbanístico para San Cidre P. 6 II Esforzo para lograr unha edu- cación universal P. 8 II Investimento para mellorar o municipio P. 12-15 II Xestión impeca- ble para unhas contas saneadas P. 16 e co firme propósito de continuar implementando as políticas que caracterizan aos socialistas de Bergondo desde hai 20 anos: unha decidida aposta polas pro- postas educativas e sociais pero tamén tendo en conta o firme obxectivo de aumentar os servi- zos e mellorar as infraestrutu- ras. O Bergondo que queremos é un Bergondo en continuo crece- mento. Lidera unha lista que une mocidade e veteranía, sinónimo de experiencia na xestión e de coñecemento das necesidades e os problemas do día a día das súas veciñas e veciños, algo que outros non poden ofrecer.
  • 2. 2 C A R T A Estimado veciño: Estimada veciña: 2 O vindeiro domingo 26 de maio celébranse eleccións municipais, nas que me presento á reelección como alcaldesa de Bergondo polo PSdeG-PSOE. Ante todo, quero animarte a participar nestes comicios, que son especialmente importantes porque a administración mu- nicipal é a máis próxima á cidadanía, a que se ocupa dos problemas cotiáns da xente. Así o entendemos os socialistas e por iso durante os últimos anos centramos os es- forzos do goberno municipal que presido en facer de Bergondo un lugar mellor para vivir. Entre as numerosas accións que desenvolve- mos neste mandato conseguimos algúns lo- gros importantes para o noso concello como a ampliación da rede de saneamento, a me- llora da maior parte da rede de camiños mu- nicipais, a mellora dos equipamentos depor- tivos e de ensino, os avances no Plan Xeral, a creación de novos modelos de asentamento e tamén de novas posibilidades de comercio... Pero sobre todo, sempre pensamos en go- bernar para a xente. Por iso aumentamos o investimento nos diferentes programas de Servizos Sociais; reforzamos a nosa aposta por un sistema de bolsas educativas centrado en apoiar ás familias, mantemos os progra- mas de axudas ás asociacións, empresas, de- portistas... En definitiva, intentamos ser fieis ao noso compromiso de atender as principais necesidades das nosas veciñas e veciños. Somos conscientes de que aínda é moito o que queda por facer, moitos os retos que nos agardan para o futuro. A nosa xestión dos recursos está a traducirse nunhas contas económicas en moi bo estado, o que nos vai permitir afrontar os retos que nos veñen por diante. Por iso, elaboramos un ambicioso programa electoral, que queremos que sexa o noso compromiso contigo para os vindeiros catro anos. Un programa para seguir avan- zando, que incorpora moitas das ideas que os veciños nos fixestes chegar durante os últimos anos no día a día ou a través dos no- sos mecanismos de participación para seguir mellorando o noso concello e que podere- des consultar en bergondo.psdeg-psoe.org. Para que o Bergondo que queremos sexa unha realidade necesitamos o voso apoio, un apoio maioritario que nos permita apli- car o noso modelo de goberno. Pola nosa experiencia destes 20 anos sabemos que un goberno estable é garantía de progre- so. Por ti e por Bergondo, necesitámos- te. Espero e desexo poder contar co teu voto e a túa confianza para facelo posible. Pola miña parte, comprométome a seguir traballando coa mesma ilusión do primeiro día para construír, entre todos, un Bergondo mellor e para todas e todos. - Alejandra Pérez Máquez Alcaldesa de Bergondo
  • 3. 3O B X E C T I V O S P R I O R I T A R I O S 3 Dotaremos a San Cidre de equipamentos, espazo comercial e zonas verdes 1. Editaremos publicacións sobre a historia de Bergondo 2. Impulsaremos actividades para a mocidade na Casa da Xuventude 3. Deseñaremos programas de deporte en coordinación cos centros de saúde 5. Continuaremos levando a cabo programas de formación gratuíta para desempregados 7. Creación dun complexo deportivo na Senra 6. Dotación de beirarrúas na AC-214, no límite de Guísamo con Cambre 9. Continuaremos coa renovación da iluminación con tecnoloxía LED 10. Creación do Centro Interxeracional de Bergondo: centro socio-comunitario e ludoteca 11. Recuperación da Praia do Regueiro e reordenación do espazo do Pedrido 12. Potenciaremos accións de igualdade a través da Mesa Local Contra a Violencia de Xénero 4. Creación do Paseo Fluvial do Río Maior, que está en tramitación 8.
  • 4. 4 Programassociaisparacontinuar gobernandoparaaspersoas O departamento de Servizos Sociais foi un dos máis activos desta lexislatura. O noso compromiso de gobernar para as persoas é inelu- dible e, por iso, destinamos ano tras ano nos orzamentos munici- pais importantes partidas econó- micas para esta área. Levamos a cabo programas deseñados para cubrir as necesidades das nosas veciñas e veciños. Os programas de axuda ás familias, o apoio e o coidado dos maiores ou a formación son piares básicos da nosa forma de gobernar para as persoas. O noso compromiso é firme. Por iso continuaremos destinando esforzos e recursos para desenvolver esta área. Desde o 2015 un total de 126 familias en situación de precarie- dade económica beneficiáronse a través de 386 prestacións do programa municipal de apoio á cobertura dalgunha das súas necesidades básicas. Cobertura de necesidades básicas B E N E S T A R S O C I A L APOIAMOS ÁS FAMILIAS Regulamos o programa de reparto de alimentos derivados dos excedentes de produción entre 418 persoas catalogadas como poboación vulnerable. Programa de alimentos de Cruz Vermella Desenvolvéronse unha serie de accións específicas dirixidas a mellorar a empregabilidade de diferentes colectivos en risco de exclusión social nas que participaron 52 persoas. Risco de exclusión social Unha media de 800 participantes ao ano participan nas di- ferentes actividades organizadas no programa de Envelle- cemento Activo, a través de obradoiros, accións deportivas, festas, roteiros ou saídas socioculturais. Programa de Envellecemento Activo ESTAMOS COS NOSOS MAIORES Foron 59 as mulleres coidadoras ou familiares que participa- ron no programa Cuidadanas, que ten o obxectivo de aliviar o estrés, o illamento e a sobrecarga emocional que van asocia- dos ó traballo dos coidados non profesionais. Programa Cuidadanas PENSAMOS NOS QUE COIDAN Un curso formativo para familiares de persoas con demencia que comezou no 2018 e no que participaron un total de 17 familiares ou profesionais. Xuntos nos Coidados No CPI Cruz do Sar leváronse a cabo unha serie de obradoiros dirixidos a todo o alumnado con distintos fins: de educación afectivo sexual, para a igualdade e de prevención de drogas. Obradoiros de prevención FORMAMOS ÁS PERSOAS Nesta lexislatura tamén se organizaron xornadas formativas específicas en colaboración con entidades como Anhida Coru- ña, TP Galicia ou Dismacor dirixidas a familias e profesionais nas que participaron 222 persoas Outras xornadas formativas
  • 5. 5B E N E S T A R S O C I A L Estenderemos o Servizo de Axuda no Fogar para ten- tar cubrir a totalidade dos demandantes. Analizaremos diferentes accións de fomento da con- ciliación. Potenciaremos accións de igualdade a través da Mesa Local Contra a Violencia de Xénero. Estudaremos a implantación de programas como Xantar na Casa. Implantaremos novas propostas no programa de maiores Envellecemento Activo a través de xornadas lúdicas nas zonas de lecer do municipio. Continuaremos co programa Xuntos nos Coidados, coa unidade de memoria. O Programa de Integración Laboral de persoas con discapacidade continuará crecendo, así como as ac- tividades deportivas e de lecer para persoas con dis- capacidade e mobilidade reducida. Impulsaremos o encontro entre xeracións a través do Plan Municipal de Actuación Interxeracional, que fomentará coñecemento e educará contra estereoti- pos. Creación dun centro sociocomunitario e ludoteca con actividades para os nosos maiores e para rapaces. NO BERGONDO QUE QUEREMOS... Apostapola inclusiónnun UniversoDiverso O Concello de Bergondo desenvolve desde hai anos o programa Uni- verso Diverso, dirixido ás O programa busca promover a autonomía de persoas con diversidade funcional persoas con diversidade funcio- nal do municipio. O seu obxectivo é promover a súa autonomía e integración a través de proxectos de todo tipo ao longo do ano. Desde o ano 2015 o número de beneficiarios directos e indi- rectos deste programa ao que dedicamos máis de 50.000 euros anuais foi aumentando, pasando de 54 a 62 rexistrados no pasado ano 2018. A Escola infantil, servizo necesario En Bergondo contamos desde o ano 2005, momento no que a inauguramos oficialmente, cunha escola infantil municipal. Un servizo moi necesario para as nosas familias, que favore- ce a conciliación e beneficia o desenvolvemento individual dos menores. Cada ano adicamos máis de 90.000 euros para a renovación dun servizo que consideramos esencial para os nosos veciños e veciñas. Máis de 40 nenas e nenos de 0 a 3 anos matrículan- se todos os cursos a través dos Servizos Sociais do Concello de Bergondo. Ademais durante o ano 2018 levamos a cabo, utilizando unha das axudas dos fondos europeos FEDER, a instalación de varios elementos no patio exterior das instalacións. Colocáronse toldos de fachada para mello- rar o espazo do parque infantil e protexer así aos menores da exposición solar. Visita ao Dolmen de Dombate Exterior da Escola Infantil Municipal
  • 6. 6 Equipamentos, zonas verdes e espazo comercial para San Cidre O proxecto de reordenación da zona de San Cidre continúa en marcha, co obxectivo de reforzar e completar a súa trama urbana, dotándoo de equipamentos, es- pazo comercial, zonas verdes e mellorando o seu trazado viario ademais de propoñer un novo modelo de vivenda que responde Plano da modificación puntual para a zona de San Cidre ás necesidades actuais. É unha oportunidade para des- envolver urbanísticamente estes Continúa a tramitación da modificación das normas para reforzar o núcleo sen agardar polo Plan Xeral Crearase un novo equipamento que funcionará como Biblioteca e Arquivo O PXOM continúa a cumprir os trámites Paso a paso, cumprindo coas obrigas que estipula a normativa legal, o Plan Xeral de Bergondo continúa a queimar etapas e trámites para chegar ao noso obxectivo final: a súa aprobación definitiva. Actualmente, atopámonos na fase de aprobación inicial do bo- rrador, que xa foi remitido á Xun- ta de Galicia, que o validou e soli- citou unha serie de modificacións para adaptarse á normativa. U R B A N I S M O terreos sen agardar polo PXOM. Así, San Cidre contaría cun novo equipamento que funciona- rá como Biblioteca e Arquivo, un parque verde co triplo de super- ficie co actual, dúas zonas para vivendas colectivas en altura con posibilidade de baixos comer- ciais e unha superficie comercial de 2.700 metros cadrados. BORRADOR DO PLAN 1. APROBACIÓN INICIAL 2. PROPOSTA DE PXOM E AVALIACIÓN AMBIENTAL 3. APROBACIÓN PROVISIONAL 4. APROBACIÓN DEFINITIVA 5. PUBLICACIÓN NO DOG E NO BOP 6.
  • 7. 7U R B A N I S M O Continuaremos coa tramitación do PXOM, un Plan Xeral sostible e moi necesario que permitirá o cre- cemento de Bergondo, a creación de novos modelos de vivenda máis asequibles e adaptados aos novos tempos, ademais da xeración de zonas verdes, equi- pamentos e solo industrial. Seguiremos, mentres tanto, coa tramitación da mo- dificación das normas subsidiarias para ampliar os usos e favorecer as opcións de negocio e emprende- mento. Dotaremos a San Cidre de equipamentos, espazo co- mercial e zonas verdes a través da modificación pun- tual. Estudaremos a implantación do modelo de vivenda colectiva. Modificamos as normas para crear oportunidades de negocio A pesar de que avanza nos prazos marcados pola le- xislación, somos conscien- tes de que a tramitación do Plan Xeral é un proceso longo. Por iso, foi necesario actualizar as normas subsidiarias, que rexen o planeamento municipal desde o ano 1992 e que nalgúns puntos necesitaban dunha serie de modificacións para adaptalas á normativa vixente e para co- rrixir algúns puntos que agora permitirán novas oportunidades de negocio para Bergondo. Así, nos meses de xaneiro e fe- breiro, desde o goberno levamos a pleno as modificacións pun- tuais sexta é sétima das normas subsidiarias. A primeira, centra- da na precisión das condicións de ordenación que antes resultaban de difícil aplicación por parte dos técnicos municipais, permitiu que non existan inconcrecións ou A actualización das regras favorece tamén unha lóxica e mellor xestión municipal As modificacións aprobáronse por unanimidade en sesións plenarias contradicións entre as diversas ordenanzas de solo urbano ur- banizable e núcleo rural. A nor- mativa permite ampliar os usos, algo que as normas subsidiarias non permitían, e que significará a posibilidade de crear segun- das oportunidades a naves que estaban fora de ordenación. Por outra banda, a modificación sétima é de interese público e afecta a toda a cidadanía xa que- NO BERGONDO QUE QUEREMOS... se refire á corrección de erros que dificultaban a aplicación de determinados artigos, xerando inseguridade xurídica. Esta mo- dificación permitiu simplificar e facilitar os procesos.
  • 8. 8 C U L T U R A , E D U C A C I Ó N E X U V E N T U D E Crearemos puntos de intercambio de libros e unha biblioteca municipal dixital. Editaremos publicacións sobre a nosa historia. Continuaremos incrementando o programa de bol- sas a estudantes así como o banco de libros de texto. Estableceremos o premio literario Filomena Dato, po- tenciando a súa figura e o papel da muller. Continuaremos coa Escola de Pais-Nais online. Dotaremos de máis recursos ás escolas de música e xadrez levadas a cabo pola ANPA. Faremos proxectos nos colexios sobre: feminismo e violencia de xénero; e sobre medos e violencia. Impulsaremos actividades para a mocidade a través da Casa da Xuventude e traballaremos para recupe- rar os intercambios de estudantes. Máisde30.000eurosen axudasáescolarización A educación é un dos piares fundamentais da socieda- de. Unha das premisas de goberno da alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, e é que a educación debe ser libre Das subvencións ao desprazamento benefícianse máis de 100 persoas ao ano e das de libros máis de 300 do que se beneficiaron 634 me- nores dun total de 466 familias. Outra das liñas, dotada con 43.080 euros nesta lexislatura, ten que ver coa subvención ao desprazamento aos centros, destinado ás etapas que non contan con servizos públicos de transporte, e que contou con 471 beneficiarios en catro anos. A terceira pata das axudas educativas é a que se refire aos libros de texto. O alumnado de 1º e 2º de primaria recibe deste xeito libros gratuítos e os cursos restantes poden optar ao présta- mo de exemplares. e gratuíta e perseguindo este obxectivo, o Partido Socialista, no Concello de Bergondo des- envolve unha serie de progra- mas e actuacións concretas. O sistema de axudas mu- nicipais busca responder ás necesidades das familias nas diferentes etapas de ensino. Así, existen as axudas á escola- rización de menores, dirixidas ás familias de Bergondo que se atopen nunhas condicións económicas e sociais desfavo- rables. Nos últimos catro anos destináronse 33.103 euros a este programa de subvencións Éxitodasactividadesculturais Un total de 1.395 persoas parti- ciparon nas actividades culturais municipais que levou a cabo o Concello de Bergondo desde o ano 2015. Opcións como os cursos de cociña, os de encaixe de bolillos, os campamentos urbanos ou as acampadas son as máis solicita- das entre os usuarios. O PSOE de Bergondo está con- vencido de que os programas que levan a cabo as asociacións e as comisións de festas son de interese xeral para todos os veciños e veciñas, xa que fun- cionan como complemento á oferta municipal e do resto das administracións públicas. Por iso, para apoiar a súa acti- vidade, durante esta lexislatura destinou 32.500 euros ás sub- vencións as comisións de festas e 47.857 euros como subvención ás entidades sen ánimo de lucro. 80.000 euros para entidades e comisións Desde o 2009 desénvolvese o programa ‘Madruga’, de fomen- to da conciliación a través da apertura dos centros educativos fóra do horario lectivo. Durante todo o ano 30 nenos e nenas al- morzan na Senra desde ás 7:30 horas antes de entrar á clase, co obxectivo de dar resposta ás ne- cesidades horarias das familias facilitando o acceso ao mercado laboral dos proxenitores. Programa Madruga para a conciliación NO BERGONDO QUE QUEREMOS... Momento dunha acampada
  • 9. 9F O R M A C I Ó N , P R O M O C I Ó N E C O N Ó M I C A E E M P R E G O Formaciónparamellorar aempregabilidade O método máis efectivo para loitar contra o desemprego, e un dos poucos nos que ten Máis dun milleiro de persoas participaron en medio cento de cursos formativos municipais competencias a administración municipal, é a formación. Por iso, desde o Concello de Bergondo deséñase ano tras ano un completo programa de cursos formativos gratuítos no que nesta lexislatura chegaron a participar ata o momento 1.100 persoas, divididas nun total de 62 cursos, adquirindo compe- tencias demandadas no mercado laboral como o curso de carre- tilla elevadora, manipulador de O obxectivo primordial do PSOE de Bergondo é favorecer os intereses da veciñanza. Por iso o Concello uniuse a outros municipios da comarca para levar a cabo, conxuntamente, un obradoiro de emprego que conta coas modalidades de fru- ticultura e xardinaría e no que participan 4 bergondeses. Obradoirosde fruticulturae xardinaría O proceso de busca de empre- go é máis sinxelo se se conta coas ferramentas necesarias e se coñecen os camiños que se deben seguir. Para iso, a figura do orientador laboral é impres- cindible. O Concello de Bergondo, na busca de ofrecer as mellores posibilidades aos seus veciños e veciñas, puxo en marcha este servizo de xeito mancomunado con Abegondo e, desde o 2015, a orientadora laboral concertou un total de 1.096 citas nas de- pendencias municipais do Polí- gono Industrial de Bergondo. Orientación para a busca de emprego alimentos, monitor de tempo libre ou cursos de inglés. Estas accións formativas permitiron mellorar a empre- gabilidade dos usuarios, o que redundou no descenso da cifra de desempregados en Ber- gondo nos últimos catro anos, pasando de contar con 517 persoas desempregadas en 2015 a rexistrarse 367 persoas en situación de desemprego no mes de abril de 2019. Crearemos o programa Deseñando o Meu Futuro: pri- meiro contacto entre empresas e estudantes. Comprometémonos a continuar coa programación formativa gratuíta municipal para desempregados. Continuaremos apostando polo servizo de orienta- ción laboral. Buscaremos a colaboración das institucións para a creación dun Viveiro de Empresas. Crearemos a Escola de Emprendedores para guiar no proceso de constitución de novas empresas, forma- ción en emprendemento e vías de axuda. Elaboraremos unha guía local de gastronomía e co- mercio de Bergondo. Sumarémonos a plans que potencien a promoción do noso solo industrial NO BERGONDO QUE QUEREMOS... Os cursos que oferta o Concello adaptánse ás demandas do mercado
  • 10. 10 C A N D I D A T U R A ALEJANDRA PÉREZ MÁQUEZ CANDIDATA Á ALCALDÍA DE BERGONDO Como se definiría Alejandra? Defínome como unha persoa traballadora, ilusionada co que fai e que ten claros os proxectos que lle gustaría que se levasen a cabo no municipio de Bergondo. Que expectativas tes para as eleccións? Queremos mellorar o resul- tado das pasadas eleccións municipais, e cremos que te- mos razóns para conseguilo. O que precisa o concello de Bergondo é estabilidade para Que balance fas dos anos na alcaldía? Os dous primeiros anos foron difíciles por ter que botar man de proxectos que eu non xestionaba directamente. O mandato de 2011-2015 tamén foi complicado. Neste último houbo máis flexibilidade en canto á normativa estatal. Ademais, a estabilidade do go- berno permitiunos facer moi- tas máis cousas polos veciños e veciñas. Como é o teu día a día como candidata? Intentaremos chegar á maior parte de veciños e veciñas como adoitamos facer sem- pre. Iso si, sen deixar de ocu- par o cargo que ocupo. Temos obrigas como pode ter calque- ra outra persoa no seu traba- llo privado. Esas ocupacións obríganme a non esquecerme de que sigo sendo a alcaldesa de Bergondo e que non podo deixar de atender o Concello polo feito de ser tamén candi- data. Como foi elaborar a candidatura? Foi un proceso que empezou a xurdir a través do equipo que xa tiñamos conformado Cal é o Bergondo que queres? Quero un Bergondo para as familias, o que inclúe recursos para os nenos e nenas, para os mozos e mozas, para os maio- res e, por suposto, para fomen- tar o emprego. Estamos nunha zona moi privilexiada tanto polas conexións viarias como pola proximidade á cidade da Coruña. Bergondo é un punto estratéxico onde se poden des- envolver moitas actividades comerciais e empresariais, e iso sempre vai redundar no beneficio de todos os veciños e veciñas do municipio. Quero un Bergondo onde poidan vivir no- vas familias, do que os mozos e mozas non teñan que marchar. En definitiva, quero seguir avanzando por Bergondo, con sentidiño, para que siga sendo un concello sostible e un lugar atractivo para vivir. Por que os veciños deben votarvos? Porque o noso proxecto futuro para Bergondo mestura ilu- sión e experiencia. Malia que non o pareza, a experiencia nun goberno é moi impor- tante. Os veciños e veciñas precisan dun goberno que coñeza á perfección o funcio- namento da administración local. Está demostrado que cando hai gobernos estables e con maiorías, os Concellos avanzan. Nós temos propostas e proxectos e, agora, o que necesitamos son votos para levalos a cabo. “OnosoproxectoparaBergondo mesturailusióneexperiencia” que os proxectos que o muni- cipio necesita saian adiante. Por esa razón, confiamos en que os bergondeses e ber- gondesas nos dean o seu voto e a súa confianza para poder mellorar os resultados con respecto ás últimas eleccións municipais. desde hai catro anos. Algúns son compañeiros que xa nos acompañaron nos últimos anos. 1.
  • 11. 11C A N D I D A T U R A UN EQUIPO PARA GOBERNAR BERGONDO MARÍA BEGOÑA CALVIÑO DORADO 4. JUAN FRANCISCO SÁNCHEZ LÓPEZ 5. SANTIAGO FRANCO BLANCO 6. JOSÉ ARTURO GÓMEZ MATOS 7. GERARDO LOURO GESTAL 8. ANA MARÍA MIÑO MÉNDEZ 9. MARÍA CARMEN GARCÍA FERNÁNDEZ 10. IRIA BELLO FERREIRO 11. VALENTÍN DOPAZO FERNÁNDEZ 12. EVA GARCÍA LÓPEZ 13. MARÍA MARGARITA CORRAL GÓMEZ 14. BRAIS VICENTE PÉREZ 15. 11 PATRICIA MARÍA VÁZQUEZ FIGUEROA 2. JOSÉ RAMÓN LORENZO CAROU 3.
  • 12. 12 I N F R A E S T R U T U R A S Mellora da rede viaria en todas as parroquias A mellora da seguridade viaria e da calidade de vida dos veciños e veciñas de Bergondo foi unha teima constante da alcaldesa, Alejan- dra Pérez Máquez. Nos últimos catro anos exe- cutáronse diferentes plans de asfaltados, en aglomerado ou en rega asfáltica, que permitiron que 121 camiños do municipio xa estén asfaltados ou, en todo Nos últimos catro anos executáronse diferentes plans en aglomerado ou en rega asfáltica caso, aprobados para asfaltar inminentemente. A mellora da rede viaria afecta a todas as parroquias por igual Asfaltado do camiño de Loureda Os camiños que se asfaltaron ou que están aprobados para pavimentar suman un total de 121 e continuará a levarse a cabo ao longo do ano, xa que é un traballo constante, establecendo desde o Concello a orde de prioridade segundo as características da vía en cuestión e o seu estado actual. O saneamento é un servizo básico para a poboación. Por iso, lexislatura tras lexislatura, un dos obxectivos prioritarios do PSOE de Bergondo é aumentar a rede de saneamento para chegar ao maior número de vivendas posibles. Así, nos últimos catro anos ins- taláronse un total de 11.482,35 metros de tubaxes correspon- dentes ao colector de Moru- xo-Fiobre, e aos saneamentos en Reboredo, o acceso á praia de Gandarío e Mesoiro; Santa Marta e Rois, Vixoi e San Victorio, A La- goa e Guísamo San Paio. Estas novas infraestruturas permitiron dotar de saneamento a 235 vivendas de Reboredo, A rede de saneamento esténdese para chegar ao maior número de vivendas A Depuradora de Gandarío ampliará o saneamento a Ouces e Lubre Asfaltado dunha pista en Moruxo Mesoiro, Vilanova, A Lagoa, Guí- samo e San Paio que antes non dispoñían deste servizo. O obxectivo é continuar es- tendendo a rede de saneamento por todo o municipio. Para iso, a curto prazo será importante a creación do Paseo Fluvial do Río Maior que levaremos a cabo proximamente, xa que se atopa actualmente en tramitación e inclúe a instalación do sanea- mento. Tamén é imprescindible que se fagan efectivas todas as conexións dos particulares á nova depuradora de Gandarío así como no resto de depuradoras que están pendentes, co que tamén conseguiremos a elimina- ción de verquidos.
  • 13. 13I N F R A E S T R U T U R A S O PSOE esixe unha actuación urxente na N-VI en Cortiñán P ara a alcaldesa, Alejandra Pérez, a situación da Na- cional VI ao seu paso por Cortiñán é “insostible” e por iso lle transmitiu ao Minis- terio de Fomento a urxencia de acelerar as obras neste punto. Para a candidata á alcaldía O mal estado das vías e o despintado das liñas dificulta a circulación polo PSOE “a solución non pode agardar máis” xa que o mal estado das vías e o despintado das liñas dificulta a circulación, sobre todo pola noite. Por outra banda a remode- lación do cruce de Ferrol en Guísamo, outro punto negro do tráfico na Nacional VI, por parte de Fomento continúa a cumplir trámites. Actualmente, o Ministerio está a modificar o proxecto inicial para adaptalo ás alegacións presentadas polo Concello, particulares, empre- sas e colectivos afectados. OpolideportivoCruz doSarestreaimaxe No ano 2016 remataron as obras de mellora no polideporti- vo do CPI Cruz do Sar, necesa- rias para incrementar as pres- tacións da práctica deportiva e mellorar o desenvolvemento das clases do centro educativo e da actividade dos clubes deportivos bergondeses. Os traballos consistiron na re- novación do firme, a creación de novos accesos máis seguros e o pintado exterior e interior das paredes e as gradas. A inauguración da obra de mellora levouse a cabo no ano 2016 Plan municipal de cubrición de pistas O fomento dunha vida saudable a través da práctica deportiva entre os veciños e veciñas é unha das máximas do PSOE de Bergondo. Por iso, se deseñou un plan de cubrición das pistas deportivas nas parroquias que comezou en Lubre e continou pola de San Cidre. Estas pistas cubertas permi- ten que os usuarios e usuarias poidan usalas durante todo o ano, sen depender das incle- mencias meteorolóxicas. A Nacional VI ao seu paso por Corti- ñán require unha actuación urxente A cuberta da pista de Lubre permite ampliar o seu uso durante todo o ano
  • 14. 14 I N F R A E S T R U T U R A S Crearemos o Centro Interxeracional de Bergondo, para actividades para os maiores e os pequenos. Continuaremos coa mellora da eficiencia enerxética. Completaremos o saneamento onde sexa viable. In- mediatos: Cortes, Tatín e o proxecto do Río Maior. Dotaremos de beirarrúas á AC-214, no límite de Guí- samo a Cambre, e a melloraremos as de Carrio. Continuaremos coa mellora da estrada de Cortiñán a Vixoi, inclúe saneamento, iluminación e beirarrúas. Seguiremos mellorando a rede, viaria nas parroquias e dotaremos de máis recursos ás zonas verdes. Arranxaremos os cemiterios de Lubre e Bergondo. Renovaremos o Campo da Feira en Guísamo polo seu centenario, mantendo a súa natureza. Reordenaremos o espazo do Pedrido, con inversións na zona verde e equipamentos. Esixiremos a mellora da N-VI en Cortiñán, así como accións de mellora do tráfico para Guísamo. NO BERGONDO QUE QUEREMOS... Logramos financiamento para modernizar a iluminación P roximamente máis do 60% da iluminación pública do municipio estará renova- da grazas aos diferentes Cámbianse por LED as antigas lámpadas de vapor de sodio plans que xa se executaron ou está a punto de executarse. Fai uns meses o Concello de Bergondo acadou unha subven- ción do Instituto para la Diversi- ficación y el Ahorro de Energía (IDAE) valorada en 800.000 euros para cofinanciar co Concello, que aportará 200.000 euros, un proxecto de renovación de 1.961 puntos de luz no municipio que permitirá acadar un aforro dun 81%, o que economicamente significará 120.000 euros ao ano. Esta modernización do siste- ma, sumada a outros plans leva- dos a cabo anteriormente nesta lexislatura e que permitiron renovar preto de 500 luminarias, é unha aposta clara do PSOE de Bergondo pola eficiencia enerxé- tica. As novas lámpadas son de tipo LED e substitúen ás antigas luminarias de vapor de sodio, máis contaminantes. Ademais, o gasto do LED é moito menor polo que o aforro será considerable e permitirá que os cartos se desti- nen a atender outras necesida- des dos veciños e veciñas. Mellorouse o pavimento, acondicionouse unha zona de paso para peóns apta para aparcadoiros e asfaltáronse dous camiños Renovación da contorna do parque de Ouces Rehabilitouse un edificio inutilizado en San Cidre para crear un es- pazo no que levar a cabo diferentes accións dirixidas á xuventude Creación da Casa da Mocidade
  • 15. 15I N F R A E S T R U T U R A S ALGUNHAS DAS OBRAS FEITAS •• Reparación e adecuación do polideportivo do CPI Cruz do Sar •• Adecuación dos parques de Fiobre, Tatín, Vixoi, centro de saúde de Guísamo, Praza da Cultura, Bergondo, Lubre, Cortiñán, Rois e Guísamo •• Cuberta das pista polidepor- tivas de Lubre e San Cidre •• Creación da Casa da Moci- dade •• Arranxo de humidades en edificios muni- cipais •• Pintado das escolas unita- rias •• Asfaltado da pista traseira do CPI Cruz do Sar EN EQUIPAMENTOS •• Ampliación da rede de Miodelo •• Saneamento en San Paio •• Saneamento en A Lagoa •• Saneamento en Reboredo, Mesoiro e no acceso á praia de Gandarío •• Rede de pluviais na Lagoa •• Colector para Moruxo - Fiobre •• Adecuación da depuradora do Polígono de Bergondo •• Rede de pluvias en A Brea •• Plan de Sanea- mento para Vixoi - San Victorio •• Plan de Sa- neamento para Santa Marta - Rois EN SANEAMENTO E ABASTECEMENTO •• Renovación e mellora enerxé- tica da N-VI •• Renovación da iluminación no Pedrido •• Mellora de luminarias en Pedras Bran- cas, Baldomir, O Vilar, Corral da Igrexa, Urbanización Os Xirasoles, Loureda e Peteiro •• Mellora da iluminación no Polígono •• Iluminación na N-VI ao seu paso por Armuño e Bos •• Substitución de luminarias en Cortiñán de abaixo •• Asfaltado DP0810 de Guiliade a Guísamo •• Reparación da DP0810 no límite con Abegondo •• Aglomerados en Bos, Pisón, Outeiro, Sobre da Igrexa, Lagoa, Mesoiro, Vixoi, Babío •• Mellora das vías do Polígono •• Mellora e asfal- tado de camiños en Guísamo e Babío •• Plans de mello- ra de camiños mediante regos asfálticos (2017) •• Mellora do Camiño de Mariñán •• Pavimentación do camiño de Loureda •• Mellora de camiños con aglomerado en Bergondo, Babío, Ouces e Moruxo •• Acondicio- namento da contorna do parque de Ouces •• Mellora da seguridade viaria na antiga AC170 e na vía de acceso á autoestrada •• Construción dun muro na parada de bus de San Paio EN ESPAZOS PÚBLICOS •• Arranxo de pistas deportivas en Lubre, Rois e Cortiñán •• Mellora de parques e prazas •• Mellora de fontes e lavadoiros •• Pintado do CPI Cruz do Sar •• Peche de pistas de Ouces e Fiobre EN EQUIPAMENTOS •• Rede de pluviais e pavimentación na vía de Gandarío EN SANEAMENTO E ABASTECEMENTO •• Canalizacíon da iluminación de Guísamo •• Renovación do 60% da ilumi- nación pública •• Substitución de 144 luminarias •• Arranxo dos cemiterios de Lubre e Bergondo •• Aglomerado de Peteiro a Sobre da Igrexa EN ESPAZOS PÚBLICOS •• Renovación das beirarrúas en Guísamo •• Aglomerado en Moruxo, Ou- ces, Bergondo, Lubre, Babío e Guísamo •• Mellora de beirarrúas en Carrio •• Instalación de redutores de velocidade e sinalización ALGUNHAS DAS OBRAS EN TRÁMITE E PRÓXIMAS •• Mellora de camiños en Ouces, Moruxo, Babío, Rois, San Salvador, Bergondo, Vixoi e Lubre •• Reordenación viaria da praza de Santa Marta •• Plan de asfal- tado en regas e aglomerado do 2019 •• Paseo Fluvial do Río Maior
  • 16. 16 A boa xestión dos recursos permite novos investimentos As contas económicas do Con- cello de Bergondo son, desde hai moitos anos, unhas das que teñen mellores resultados na comarca. Grazas a unha impecable xestión municipal non existe débeda e, por exemplo, ao peche do último exercicio correspondente ao ano 2018 as arcas municipais amo- saron un resultado orzamentario positivo de 1.877.791,74 euros e un remanente de tesourería de 6.857.797,71 euros. Grazas ao control do gasto efectuado polo goberno local, este superávit permitirá levar a Aínda así as restricións do Estado limitan ao Concello O remanente de tesourería pechouse en 6.857.797,71 euros no último exercicio correspondente ao 2018 P A R T I C I P A C I Ó N E X E S T I Ó N M U N I C I P A L Modernizaremos a páxina web Estudaremos melloras no transporte público colabo- randocoas administracións e axentes implicados. Seguiremos mellorando os sistemas de participación a través dos servizos móbiles, redes sociais e do con- sello de relacións veciñais. Traballaremos coas diferentes empresas e adminis- tracións para a implantación da banda ancha. Implantaremos WIFI nas prazas públicas progresiva- mente. Formaremos parte das figuras de unión que se creen para dotar de mellores servizos á veciñanza. Bergon- do é un Concello importante dentro da área metropo- litana. Colaboraremos coa Igrexa para a recuperación da reitoral de Guísamo e Lubre e para acondicionar os adros de Santa Marta, Rois e Vixoi. NO BERGONDO QUE QUEREMOS... Os bergondeses poden participar activamente no desenvolve- mento do seu municipio a través das ferramentas de participación habilitadas: a app de incidencias Bergondo Contigo, o Whatsapp municipal, as redes sociais e os Orzamentos Participativos. Múltiples canles de participación veciñal Co obxectivo de implicar aos veciños no día a día da xestión mu- nicipal, desde o Concello impulsouse un grupo de voluntariado que permite chegar aínda a máis veciños a través de actividades, roteiros, obradoiros... Creación dun grupo de Voluntariado Municipal cabo diferentes investimentos que respondan a algunhas das necesidades do municipio e dos seus veciños e veciñas. O desexo do Concello, como o doutras administracións que están na súa mesma situación, sería dispoñer destes cartos para cubrir todas as necesidades da veciñanza pero o Estado polo momento non o permite e limita moito o tipo de investimentos que se poden levar a cabo cos remanentes. Agardamos que o Goberno amplíe o ábanico para o investimento dos Concellos.
  • 17. 17S E G U R I D A D E C I D A D Á Crearemos programas de protección de maiores en coordinación coa Garda Civil e os equipos de emer- xencia. Colaboraremos nas campañas da Dirección Xeral de Tráfico. Temos ampliado a plantilla da Policía Local e mellora- do os seus recursos. Seguiremos mellorando a dota- ción de materiais. Máis medios, máis axilidade. Impulsaremos o Plan de Educación Viaria en colabo- ración coa comunidade educativa e as entidades. NO BERGONDO QUE QUEREMOS... Investimos preto de 100.000 euros para a adquisición dun tractor que permitiu doblar o alcance do servizo de roce de camiños Duplicando o servizo de roce Auméntase progresivamente a dotación de equipamentos para o uso da Policía Local e Protección Civil de Bergondo Equipamentos para os corpos de seguridade Mellora da seguridade dos peóns coa campaña Distínguete O bsesionado con mellorar a seguridade dos peóns, o PSOE de Bergondo dese- ñou a campaña Distínguete para concienciar tanto aos máis maiores como á mocidade da importancia do uso de materiais reflectores. Para iso, repartíron- se 2.000 chalecos entre a veci- ñanza e tamén se levaron a cabo accións formativas nos centros educativos. Repartíronse 2.000 chalecos e tamén se levaron a cabo accións formativas Membros do goberno entregaron os chalecos reflectores á veciñanza
  • 18. 18 D E P O R T E Apostaremos polas carreiras populares. Incrementaremos as axudas a entidades e deportis- tas individuais. Crearemos o complexo deportivo da Senra. Instauraremos un viaxe municipal á neve destinado a escolares. Continuaremos coa mellora da rede de equipamen- tos deportivos ao aire libre. Cubriremos as pistas onde sexa posible. Apostaremos polos programas de deporte en coordi- nacíon cos centros de saúde. Potenciaremos os deportes relacionados co mar. NO BERGONDO QUE QUEREMOS... Actividades deportivas para todas as idades Máis de 3.500 persoas participaron nalgunha das opcións da oferta deportiva municipal O deporte como elemento dinamizador da sociedade. Esta é unha máxima com- partida polo PSOE de Ber- Apoioádedicacióndosnososdeportistas Comezar unha carreira depor- tiva en solitario é complicado, e mantela aínda o é máis. Por iso, o Concello de Bergondo creou unha liña de axudas destinada aos deportistas individuais em- padronados no municipio, pre- tendendo fomentar e incentivar a súa actividade á vez que apoiar o esforzo e a dedicación dos depor- tistas da terra. gondo e, por iso, todos os anos elabora unha oferta deportiva municipal para todos os gustos e adaptada a todas as idades, modelando as propostas según as peticións dos usuarios. Desde o 2015 foron 3.588 os veciños e as veciñas que partici- paron nalgunha das opcións que inclúe a programación deportiva, como pode ser o atletismo, a ximnasia, ioga, taichí, zumba, taekwondo... A festa de clausura congrega a un gran número de veciños todos os anos No ano 2016 implantouse este sistema do que, ata o de agora, xa se beneficiaron 26 deportistas bergondeses, que recibiron un total de 6.908,56 euros para axu- dalos a continuar coa súa traxec- toria e que o económico non sexa impedimento para cumplir os seus soños. Cada ano publícase a corres- pondente convocatoria, na que se beneficiaria son 500 euros, en función da puntuación obtida se- gundo os criterios marcados nas bases. A través desta subvención os deportistas poden xustificar diferentes gastos como os des- prazamentos ás competicións, os aloxamentos, o mantemento do seu portal web e a adquisición de material e roupa deportiva, entre outros. Desde o ano 2016 beneficiáronse das axudas un total de 26 persoas establece, entre outros requisi- tos a cumprir, que o máximo que pode recibir cada beneficiario ou
  • 19. 19M E D I O A M B I E N T E , T U R I S M O E P A T R I M O N I O O noso patrimonio natural e histórico debe ser preservado Nova ruta de sendeirismo que leva desde a Marisma de Betanzos ata un bosque de ribeira ao longo do río Callou Ruta do Rego Callou Óbtivéronse óptimos resulta- dos nas últimas analíticas que se fixeron en todas praias do Boa calidade da auga nas praias Encargouse un documento no que se identifican os bens de interese patrimonial do municipio co obxectivo de poñelos en valor Plan Arqueolóxico Municipal Instaláronse paneis para sinalar algúns espazos em- blemáticos do municipio: no mosteiro de Bergondo, Mari- ñán, nas praias... Paneis de información turística Crearemos o Paseo Fluvial no Río Maior en Lubre, que xa está en tramitación. Recuperaremos de xeito inmediato todas as fontes e lavadoiros. Crearemos un parque natural e de ocio na contorna do Monte da Fame. Poñeremos en valor os bens patrimoniais a través do Plan Arqueolóxico Municipal. Deseñaremos novas rutas de sendeirismo, como a de O Regueiro - Gandarío, Miodelo e Santa Marta. Loitaremos pola conservación dos restos do Pazo de Baldomir en Guísamo. Trataremos de buscar acordos entre entidades para mellorar a igrexa de San Salvador de Bergondo Control dos verquidos a través de campañas, orde- nanzas... Realización dunha auditoria ambiental: diagnose e plan de acción. Proxectos medioambientais coa Reserva de Biosfera Recuperación da praia do Regueiro a través do proxec- to de tratamento ambiental xa redactado por Costas Rutas ambientais nos espazos naturais do Concello en colaboración co Voluntariado Xornadas de formación en educación ambiental NO BERGONDO QUE QUEREMOS...
  • 20. O BERGONDO QUE FIXEMOS · 20 ANOS DE GOBERNO SOCIALISTA · PSOE Bergondo @psdeg_bergondo http://bergondo.psdeg-psoe.org Cuberta do patio exterior do CPI Cruz do Sar Parque de Santa Marta A Senra - Inauguración A Senra - Obras A Senra - Antes Celtas Cortos no Guísamo FolkObras no CPAP Inauguración do Edificio de Servizos Sociais Inauguración da Escola Infantil