1. A REVOLTA
DOS
IRMANDIÑO
S
Tomamos
San Paio!!
San Paio de Narla
Obradoiro de verán
2011
AUTORAS:
Ana Ferro Fernández
Cristina Barreiro Abuín
2. Imos ver cómo vivían os
irmandiños e as irmandiñas
O momento no que se rebelan os irmandiños e irmandiñas, correspóndese co século XV.
Sábese que neste século a meirande parte da xente vivía do campo traballando a terra, pero
tamén habia nesta época moitos galegos que exercían un oficio. Eran os burgueses e
burguesas, coñecidos por este nome por viviren nos burgos (vilas e cidades, como Ribadavia,
Betanzos ou Compostela)
Había toda clase de oficios: zapateiros, xastres, barbeiros, taberneiros, modistas…
A sociedade organizabase de acordo a un sistema feudal, baseado na entrega de terras a
cambio de servizos. Por exemplo, o rei outorgaba terras aos cabaleiros a cambio de que lle
axudasen a loitar nas guerras para defender o seu reino. Isto é o que se coñece como réxime de
feudalismo.
Os campesiños traballaban a terra en condicións infrahumanas e na miseria, tiñan que entregar
as colleitas ao rei e ao clero co que lles quedaba moi pouco para vivir, razón pola cal se
sublevaron no que se deu en chamar a Revolta dos Irmandiños.
Tiñan que traballar a terra pero tiñan poucos medios, non era nada por sí sós, xa que pertencían
ao señor e tiñan que darlle explicacións de toda a súa vida.
As casas dos irmandiños non eran tan cómodas como as que vos tendes hoxe en día. Eles ao
estaren acostumados a vivir moito tempo fóra da casa, apenas notaban que entraba o aire por
unha regandixa ou que a luz era escasa. Adaptábanse ao pouco que tiñan.
A familia medieval pasaba moito tempo xunta nun espazo moi reducido, malia que as vivendas
dos ricos eran moito máis elaboradas e complexas.
3. Curiosidades da vida medieval
A comida tamén variaba en función do poder adquisitivo das persoas, así os nobres comían
froitos secos (améndoas, noces, avelás….) e tiñan acceso a exquisiteces asiáticas, mentres que
os pobres alimentabánse de ortigas, zarzamoras, froitas silvestres…
O mundo medieval caracterizase por opulentas fortificacións que en época gótica se diferencian
do románico en abrirse aos influxos franceses dos cales copian a súa estrutura defensiva, tal é
como se ve en Rocha Forte, un castelo que os Irmandiños derruiron por completo en Santiago
de Compostela, cómo faremos nós en San Paio de Narla pero, permitirannos iso os donos do
castelo?
No mundo medieval é moi importante a loita , é a forma máis eficaz de facerse co poder pola
forza. Os nobres loitan para ampliar os seus dominios territoriais e os bispos envian cabaleiros a
combatir en Terra Santa para defender a cristiandade.
4. TEMOS NOVOS
CONVIDADOS: @S
IRMANDIÑ@S DO PAZO
DE TOR E SAN CIPRIÁN
5. A SANTA IRMANDADE EN MONFORTE DE LEMOS
A linaxe dos Lemos foi un dos blancos preferidos dos irmandiños, non en van o primeiro conde de
Lemos (1457-1483) era unha figura emblemática onde as haxa da Galicia baixomedieval. Era
considerado o maior señor de aquel reino de Galicia. O seu nome era Pedro Álvarez Osorio.
A confrontación irmandiña co conde de Lemos será total, a Santa Irmandade ve nel o seu maior inimigo;
precisarán axuda de toda Galicia, ademais do Bierzo, para vencelo en 1467. De aí que a súa fuxida final
cara Ponferrada, perseguido polo exército máis numeroso xuntado polos irmandiños. A derrota do
Conde de Lemos, o señor máis poderoso, significa a derrota dos señores de Galicia.
O primeiro Conde de Lemos tiña máis unha imaxe de señor feudal de grande poder, patrimonio e
xurisdicción (terras, fortaleza, vilas e xente de guerra) que de cabaleiro malfeitor, como Pedro Madruga
ou Pardo de Cela.
Na súa dimensión social a irmandade de Lemos é algo distinto do resto da Santa Irmandade do Reino
de Galicia, marcada pola dinámica máis complexa do maior señorío de Galicia. Influiron nela factores
como o ruralismo e o menor protagonismo urbano.
6. A PEGADA IRMANDIÑA NA MARIÑA LUCENSE
Na Mariña lucense son múltiples os vestixios que nos falan do pasado señorial e da ofensiva
irmandiña. Cabe salientar a zona de Alfoz, onde destacou a figura do mariscal Pardo de
Cela, vencellado ao castelo da Frouxeira. Precisamente foi neste castelo onde se rebelou
contra os Reis Católicos, sendo asediado polas tropas casteláns. Incapaces de conquistala
por medio das armas, recorreron á traizón, mercando a uns criados que lles ceibaron a porta.
O Mariscal conseguiu fuxir, mais foi apreixado no castelo de Castro de Ouro, condenado a
morte e decapitado na praza de Mondoñedo.
Vidrieira co Castelo da Frouxeira
Mariscal Pardo de
Cela
7. PERCORRIDO POLAS FORTALEZAS
E CASAS SEÑORAIS DA PROVINCIA
DE LUGO.
Esas opulentas vivendas que os
irmandiños encargaronse de derrubar
COIDADO! HAI CASTELOS ENCANTADOS…
8. E logo, ¿cómo foi que se enfadaron os irmandiños?
O que pasou foi que os bons dos irmandiños cansaronse de ver cómo a miseria e a peste
negra se cebaba con eles, namentres nos castelos os nobres divertíanse e tiñan unha serie de
privilexios só por ser dunha linaxe máis prestixiosa. Estaban fartos de ter que traballar para os
señores que enchían o bandullo a súa costa mentres eles non podían alimentar aos seus fillos,
ademais tiñan que pagar trabucos (impostos) ao clero.
Era unha época de incertidume e de moito perigo, había moitísimos ladróns que asaltaban os
viandantes polos camiños o que daba inseguridade, ademais estaban as bandas dos malfeitores
que atacaban impunemente pois eran defendidas polos señores e bispos. Estas bandas tiñan
acubillo nos mesmos castelos, e a parte máis substanciosa do que sacaban ía a parar ás arcas
dos seus propietarios.
Desamparados pola xustiza e cansos de que as bandas acubilladas nos castelos lles
roubasen os bois, as bestas, os cartos e todo canto se lles antollase, os sofridos habitantes das
cidades, unidos aos labregos, acordaron organizar asociacións e veciños coa fin de establecer a
orde en toda Galicia. A estas xuntas chamáronlles irmandades e nelas debatiase cómo acabar
cos nobres e bispos.
Por un lado están os irmandiños e por outro os cuadrilleiros, xefes militares das irmandades,
mandando cada un deles cen irmandiños armados.
9. A por todas, morte á monarquía e
a igrexa!!!!
No ano 1467, miles de homes e mulleres marcharon contra os castelos berrando Viva a Santa
Irmandade, morran os cabaleiros e os cregos!. Foi tan enorme o exército irmandiño, que os
bispos e señores, sorprendidos e atemorizados, apenas ousaron enfrentarse a eles. O exército
popular asaltou as fortalezas, botando abaixo os muros defensivos.
Os señores como Pedro Madruga e o arcebispo Fonseca, incapaces de someter a revolución
irmandiña, tiveron que fuxir a Portugal. Vencida e fuxida pois a nobreza, as Irmandades tomaron
o goberno de Galicia, adicándose a pór orde nos camiños e a xulgar a señores e bandoleiros.
Conseguiron acabar con tódolos malfeitores e arrastraronnos ao patíbulo, aforcándoos e
apoderaronse de fortalezas consideradas inexpugnables.
Pero os nobres moi pillos eles, estaban agochados en Portugal, non se resignaban a perder os
seus antigos privilexios. Así que Pero Álvares de Soutomaior, máis coñecido como Pedro
Madruga, falou cos seus parentes e amigos, entre os que se atopaba o rei de Portugal, e
pediulles axuda para recuperar as terras e fortalezas que deixara en Galicia.
10. A ONDE SE
DIRIXEN
ESTES
NOBRES?
QUEREDES SABER CÓMO
CONTINUA A HISTORIA?
SE É SI, BERRADE MOI
FORTE SIIIIIIIIIIIIIIIII!!!
11. PORFAVOR, ISO É TODO O QUE
SODES CAPACES DE BERRAR?
CÓMO SE NOTA QUE SODES DE FRIOL, TOR E
SAN CIPRIÁN! SODES BEN MALOS OH, A ESO
SODES! MENUDO IRMANDIÑOS E IRMANDIÑAS
MÁIS MALOS IMOS TER!
A VER, ENSINADEME SE TEDES BOS
PULMÓNS!!! BERRADE CON FORZA!!!
12. ¿ Qué pasou despois, entón?
LOITADE IRMANDIÑOS,
Pois que todos lle dixeron a Pedro Madruga que si, que o socorrían. De maneira que na
primaveira de 1464 Pedro Madruga pasou o Miño, disposto a recobrar o que lle quitaran as
DEFENDEDE O QUE TANTO CARO
Irmandades.
VOS CUSTOU ACADAR!!
Os irmandiños alertados pola presenza en Galicia do exército de Pedro Madruga, intentaron
frealo seu avance opoñendo resistencia, pero o Pedro Madruga coñecía moi ben a táctica militar.
Uniuse ás tropas do arcebispo de Fonseca que tamén viñera a Galicia a recuperar as súas
ÁNIMO NOBRES E CABALEIROS,
propiedades, e estableceron o cerco da cidade, daquela amurallada
RECUPERADE AS VOSAS
PERTENZAS!!
Ui, ui, eu non sei a quen animar e
vos? Sabedelo?
13. Daquela, ¿qué lles pasou os Irmandiños?
Non lles quedou máis remedio que presentala rendición, despois de loitar nunha encarnizada e
cruenta batalla, na que mesmo o propio arcebispo Fonseca houbo de morrer dun saetazo nunha
perna.
14. Volta á dureza da vida…
Xa postos outra vez nos seus castelos e pazos, os vellos señores tomaron de novo o goberno de
Galicia. Moitos dos irmandiños foron executados. Os membros da irmandades mailos labradores
tiveron que erguer á súa conta os derribados muros da fortaleza e pagar centos de maravedíes pola
reconstrucción.
A derrota dos irmandiños supuxo que Galicia non se puidese desenvolver como o resto de Europa,
situación que aproveitaron os funcionarios e señores do reino de Castela, que entraron en Galicia sen
demasiados problemas. De maneira que o Reino de Galicia xa non estaba gobernado polas
Irmandades, nin polos señores galegos, nin polo arcebispo de Compostela, senón por xente castelá
de Isabel “ la Católica”.
15. AGORA XA VEDES O QUE
LLES PASOU OS
IRMANDIÑOS, IMÓSVOS
REPARTILO PAPEL QUE VOS
TOCA A CADA UN . Se vos
toca ser un irmandiño
pensades deixar que o señor
vos coma a vosa terra e vos
mate de fame? e se sodes un
señor, nobre, conde… Vades
permitir que os labregos se vos
rebelen?
16. OLLADE QUE BEN O VADES A
PASAR…
BÓTADELLE UN OLLO A ESTE
VIDEO PARA QUE VEXADES
CÓMO FOI A REVOLTA DOS
IRMANDIÑOS DE ANOS
ANTERIORES…
18. Trátase basicamente de que hai dos bandos ou equipos, os dos benfeitores e os dos malfeitores.
Primeiramente faise a parte de interacción, na que cada un de vós vai ler a parte do papel que lles
corresponda. A continuación, entablase a loita na que haberá que intentar conseguir a bandeira do
equipo contrario, polo que cada bando terá que coordinar ofensiva e ataque.
O problema vai ser que hai obstáculos polo camiño, isto é, catapultas, que son improvisados globos de
auga que se lanzarán contra o inimigo. Tamén os comodíns peste negra que son pestino e pestina.
Son personaxes que van disfrazados de negro e que se abrazan a un inimigo, mátanno ao instante.
Pero non vos preocupedes, porque non é a súa fin. Existen os personaxes dos menciñeiros, que
dándolle un antídoto (lacasitos) fai recuperar ao ferido de contadiño.
O QUE NON SE PODE FACER BAIXO NINGÚN CONCEPTO:
-Un xogador que sexa abatido polo comodín pestino ou pestina, non pode voltar a xogar ata que o
menciñeiro lle dé o antídoto. Se o fai, estará sendo tramposo e, obviamente, será descalificado polos
seus compañeiros porque non hai cousa PEOR QUE MENTIR NOS XOGOS!!!!!!!!!!!!
- As bandeiras teñen que estar visibles no campo de xogo, non é cuestión de ocultalas senón de
defendelas do inimigo. Por iso vos recomendo que asignedes a un centinela que avise da chegada do
bando inimigo e evitar así que vos rouben a bandeira. A perda da bandeira significa a derrota no xogo.
-Nin que decir ten, que non se pode ser un bruto e tirar globos á cara. Pódedesvos facer moito dano e
enfadarvos entre vós.
-ADVERTENCIA!: Eu, monitora desta actividade, non me responsabilizo de que a xente faga trampas.
Eso tédelo que ver entre vos, para ver quen gaña con deportividade. A estas alturas xa saberedes que
non se debe de ser trampulleiro nin mentireiro.
19. BEN, IRMANDIÑOS E NOBRES. A SORTE ESTÁ BOTADA.
DÉSEXOVOS MOITO ÉXITO NO VOSO LANCE E QUE
GAÑE…
O MELLOOOORR!!!!!!!!!!!!!!!!!
PARA IR ORGANIZADOS, ÍMOSVOS CHAMAR POR ORDE.
VIREDES AQUÍ A RECOLLER A VOSA TARXETA
IDENTIFICATIVA E O VOSO TRAXE. VÁDESVOS VESTIR
FÓRA DA SALA DE ARMAS PARA EVITAR
AGLOMERACIÓNS E BALBORDO