SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  4
Télécharger pour lire hors ligne
7 días por Galicia: Paseando
pola Costa da Morte.
O ano pasado fun coa miña familia de vacacións a primeira
semana de Agosto, decidimos ir pola Costa da Morte, foi unha
viaxe marabillosa. Vouvos contar por se tendes uns días e vos
animedes a ir.
O primeiro día coincidiunos a Romaría de San Fins do Castro
que se celebra o 1 de Agosto en Cabana de Bergantiños,
tiñamos moitas ganas de ir a esa festa da que tanto oíramos
falar (vaia festa)celébrase nunha gran carballeira ,hai música,
toldos de todas clases con comida , xoguetes, tabernas,
atraccións para os nenos...pasamos alí todo o día ,comemos
no campo e botamos uns bailes.
Romaría San Fins do Castro.
Como estabamos moi cansos fomos durmir ao noso
aloxamento que era no hotel Bahía de Laxe.
No segundo día, despois de repoñer forzas cun bo almorzo
decidimos visitar o pobo no que estabamos aloxados, un pobo
moi bonito .Fomos ver a famosa praia dos cristais onde por
certo hai unhas vistas espectaculares ,baixamos ao porto ver
como traballaban os mariñeiros e os seus barcos logo fomos
recorrer a praia que ten case 3 km.
Vila de Laxe.
Pola tarde visitamos o concello lindeiro (Ponteceso),primeiro
Fomos a Valarés bañarnos na súa bonita praia(que auga máis
fría!)logo do baño fomos visitar o Faro Roncudo, onde houbo
tantos naufraxios e onde se encontran os percebes máis
saborosos de Galicia. Logo de volta en Laxe fomos cear un bo
marisquiño da zona.
Praia de Valarés. Faro Roncudo.
O terceiro día decidimos facer un roteiro por varios sitios
empezamos por Muxía, fomos coñecer un dos santuarios
mariñeiros máis tradicionais de Galicia que se encontra á beira
do mar, alí din que a virxe se lle apareceu ao apóstolo
Santiago. Logo fomos visitar Fisterra onde din que se acaba o
mundo. Alí está o faro máis importante da Costa da Morteque
guía aos barcos polas súas perigosas augas.
Logo de comer marabillosamente no Ézaro, fomos ver a súa
famosa cascada (é fermosísima).Antes de acabar o día aínda
nos dou tempo de visitar a vila de Muros alí chama a atención
as súas casas antigas con bonitas galerías.
Santuario Virxe da Barca, Fisterra e cascada do Ézaro.
No cuarto día pola mañá fomos ao mercado de Vimianzo(os
xoves)que ten moita variedade de cousas .Xa gastamos uns
cartiños, decidimos comer alí pois ten unha gran variedade
gastronómica e cómese moi ben.
Pola tarde fomos visitar a capital do encaixe
(Camariñas),fomos ao Cabo Vilán ao cemiterio dos ingleses e
tamén ver o museo de Man que está cerca en Camelle, un
bonito museo ao aire libre.
Camariñas Museo de Man (Camelle).
O quinto día fomos como non a outro gran porto pesqueiro
chamado Malpica. Outro pobo cunha bonita praia, tamén
fomos visitar a Ermida de San Adrián do Mar onde podes ir a
pe dende o pobo a través dunha senda costeira, que cando
chegas a ermida se está un día despexado abarcas coa vista
centos de km de costa. Comemos en Malpica e pola tarde
viñemos polo pobo oleiro de Buño onde vimos que marabillas
traballan co barro, fixemos unha paradiña en Ponteceso para
tomar algo fresquiño e a descansar.
Ermida de Santo Adrián. Oleiro de Buño.
O sexto día fomos a Borneiro ,ao Castro (a cidade dos nosos
antepasados celtas)e a o Dolmen, sen dúbida, dous dos
monumentos máis importantes de Galicia. Encóntranse cerca
un do outro e hai unha lenda que di que os une un túnel de
ouro. Pola tarde fixemos unha ruta empezando polas Torres
do Allo (Zas)pasando polos Batáns do Mosquetín e rematamos
o día visitando o castelo de Vimianzo.
Castro de Borneiro, Dolmen de Dombate e Castelo de Vimianzo.
O último día dedicámolo a dar unha voltiña por Laxe, tomar
algo nas súas terrazas e despedirnos da xente polo trato
amable. Ata a próxima, sen dúbidas repetiremos!!!.
Matías Parga Rodríguez 1ºB ESO

Contenu connexe

Tendances (20)

Cris Valiente
Cris ValienteCris Valiente
Cris Valiente
 
Kendra Rodríguez
Kendra RodríguezKendra Rodríguez
Kendra Rodríguez
 
Yaiza Suárez
Yaiza SuárezYaiza Suárez
Yaiza Suárez
 
Cabo udra lucia vázquez 2ºb 1
Cabo udra lucia vázquez 2ºb 1Cabo udra lucia vázquez 2ºb 1
Cabo udra lucia vázquez 2ºb 1
 
Tríptico A Coruña pcpi
Tríptico A Coruña pcpiTríptico A Coruña pcpi
Tríptico A Coruña pcpi
 
Ganapan 2º a
Ganapan 2º aGanapan 2º a
Ganapan 2º a
 
Excursión a asturias (1)
Excursión a asturias (1)Excursión a asturias (1)
Excursión a asturias (1)
 
Fisterra
FisterraFisterra
Fisterra
 
Excursión fin de_curso_2014
Excursión fin de_curso_2014Excursión fin de_curso_2014
Excursión fin de_curso_2014
 
Faro de Fisterra 2
Faro de Fisterra 2Faro de Fisterra 2
Faro de Fisterra 2
 
A BRINCADEIRA
A BRINCADEIRAA BRINCADEIRA
A BRINCADEIRA
 
Power A Rribada
Power A RribadaPower A Rribada
Power A Rribada
 
Queixo nico 5ºb
Queixo nico 5ºbQueixo nico 5ºb
Queixo nico 5ºb
 
Tamara pindo
Tamara pindoTamara pindo
Tamara pindo
 
Faro de Fisterra
Faro de FisterraFaro de Fisterra
Faro de Fisterra
 
Muíños de marea
Muíños de mareaMuíños de marea
Muíños de marea
 
Programa 2011 reconquista de vigo
Programa 2011 reconquista de vigoPrograma 2011 reconquista de vigo
Programa 2011 reconquista de vigo
 
Viaxe de Iago a México
Viaxe de Iago a México Viaxe de Iago a México
Viaxe de Iago a México
 
4 5-6 anos-patrimoniocuriosidadesbaiona.covaterreña.
4 5-6 anos-patrimoniocuriosidadesbaiona.covaterreña.4 5-6 anos-patrimoniocuriosidadesbaiona.covaterreña.
4 5-6 anos-patrimoniocuriosidadesbaiona.covaterreña.
 
Queixo luciav 5ºb
Queixo luciav 5ºbQueixo luciav 5ºb
Queixo luciav 5ºb
 

Similaire à Matias

Riamonte, un lugar para coñecer
Riamonte, un lugar para coñecerRiamonte, un lugar para coñecer
Riamonte, un lugar para coñecer2TERE
 
Oceántica’13
Oceántica’13Oceántica’13
Oceántica’13iesasorey
 
Riamonte
RiamonteRiamonte
Riamonte2TERE
 
Fábrica da luz
Fábrica da luzFábrica da luz
Fábrica da luz2TERE
 
Carnota, A Costa
Carnota, A CostaCarnota, A Costa
Carnota, A CostaMonContos
 
Carnota, A Costa
Carnota, A CostaCarnota, A Costa
Carnota, A CostaMonContos
 
Traballo san andres
Traballo san andresTraballo san andres
Traballo san andresraul_tova
 
Andainas pola contorna
Andainas pola contornaAndainas pola contorna
Andainas pola contorna2TERE
 
Redondela, a costa
Redondela, a costaRedondela, a costa
Redondela, a costaMonContos
 
Muxía, A Costa
Muxía, A CostaMuxía, A Costa
Muxía, A CostaMonContos
 
O Vicedo. A Costa
O Vicedo. A CostaO Vicedo. A Costa
O Vicedo. A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 
Fisterra, a costa
Fisterra, a costaFisterra, a costa
Fisterra, a costaMonContos
 
Tema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da MorteTema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da Mortebienesgalicia
 
Concello De Ribadeo
Concello De RibadeoConcello De Ribadeo
Concello De RibadeoRiita
 
Salnés máis nós
Salnés máis nósSalnés máis nós
Salnés máis nósA MARALEIXA
 
Cedeira, A Costa
Cedeira, A CostaCedeira, A Costa
Cedeira, A Costamonadela
 
Corcubión, A Costa
Corcubión, A CostaCorcubión, A Costa
Corcubión, A CostaMonContos
 

Similaire à Matias (20)

Riamonte, un lugar para coñecer
Riamonte, un lugar para coñecerRiamonte, un lugar para coñecer
Riamonte, un lugar para coñecer
 
Oceántica’13
Oceántica’13Oceántica’13
Oceántica’13
 
Riamonte
RiamonteRiamonte
Riamonte
 
Fábrica da luz
Fábrica da luzFábrica da luz
Fábrica da luz
 
Turga126835
Turga126835Turga126835
Turga126835
 
San sadurniño
San sadurniñoSan sadurniño
San sadurniño
 
Carnota, A Costa
Carnota, A CostaCarnota, A Costa
Carnota, A Costa
 
Carnota, A Costa
Carnota, A CostaCarnota, A Costa
Carnota, A Costa
 
Traballo san andres
Traballo san andresTraballo san andres
Traballo san andres
 
Andainas pola contorna
Andainas pola contornaAndainas pola contorna
Andainas pola contorna
 
Redondela, a costa
Redondela, a costaRedondela, a costa
Redondela, a costa
 
Muxía, A Costa
Muxía, A CostaMuxía, A Costa
Muxía, A Costa
 
O Vicedo. A Costa
O Vicedo. A CostaO Vicedo. A Costa
O Vicedo. A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 
Fisterra, a costa
Fisterra, a costaFisterra, a costa
Fisterra, a costa
 
Tema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da MorteTema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da Morte
 
Concello De Ribadeo
Concello De RibadeoConcello De Ribadeo
Concello De Ribadeo
 
Salnés máis nós
Salnés máis nósSalnés máis nós
Salnés máis nós
 
Cedeira, A Costa
Cedeira, A CostaCedeira, A Costa
Cedeira, A Costa
 
Corcubión, A Costa
Corcubión, A CostaCorcubión, A Costa
Corcubión, A Costa
 

Plus de revoltalingua (19)

Cristina valiente
Cristina valienteCristina valiente
Cristina valiente
 
Elena pose
Elena poseElena pose
Elena pose
 
Brais Rellán
Brais RellánBrais Rellán
Brais Rellán
 
Noé Souto
Noé SoutoNoé Souto
Noé Souto
 
Antía Suárez
Antía SuárezAntía Suárez
Antía Suárez
 
Ines Eiroa
Ines EiroaInes Eiroa
Ines Eiroa
 
Antía Suárez
Antía SuárezAntía Suárez
Antía Suárez
 
Laura Antelo
Laura AnteloLaura Antelo
Laura Antelo
 
Noe Souto
Noe SoutoNoe Souto
Noe Souto
 
Helena Stümpel
Helena StümpelHelena Stümpel
Helena Stümpel
 
Tania González
Tania GonzálezTania González
Tania González
 
Noe
NoeNoe
Noe
 
Laura antelo
Laura anteloLaura antelo
Laura antelo
 
Brais
BraisBrais
Brais
 
Antía
AntíaAntía
Antía
 
Adrian garcia
Adrian garciaAdrian garcia
Adrian garcia
 
Centons
CentonsCentons
Centons
 
Maria xose silvar
Maria xose silvarMaria xose silvar
Maria xose silvar
 
Ezetaerre
EzetaerreEzetaerre
Ezetaerre
 

Matias

  • 1. 7 días por Galicia: Paseando pola Costa da Morte. O ano pasado fun coa miña familia de vacacións a primeira semana de Agosto, decidimos ir pola Costa da Morte, foi unha viaxe marabillosa. Vouvos contar por se tendes uns días e vos animedes a ir. O primeiro día coincidiunos a Romaría de San Fins do Castro que se celebra o 1 de Agosto en Cabana de Bergantiños, tiñamos moitas ganas de ir a esa festa da que tanto oíramos falar (vaia festa)celébrase nunha gran carballeira ,hai música, toldos de todas clases con comida , xoguetes, tabernas, atraccións para os nenos...pasamos alí todo o día ,comemos no campo e botamos uns bailes. Romaría San Fins do Castro. Como estabamos moi cansos fomos durmir ao noso aloxamento que era no hotel Bahía de Laxe. No segundo día, despois de repoñer forzas cun bo almorzo decidimos visitar o pobo no que estabamos aloxados, un pobo moi bonito .Fomos ver a famosa praia dos cristais onde por certo hai unhas vistas espectaculares ,baixamos ao porto ver
  • 2. como traballaban os mariñeiros e os seus barcos logo fomos recorrer a praia que ten case 3 km. Vila de Laxe. Pola tarde visitamos o concello lindeiro (Ponteceso),primeiro Fomos a Valarés bañarnos na súa bonita praia(que auga máis fría!)logo do baño fomos visitar o Faro Roncudo, onde houbo tantos naufraxios e onde se encontran os percebes máis saborosos de Galicia. Logo de volta en Laxe fomos cear un bo marisquiño da zona. Praia de Valarés. Faro Roncudo. O terceiro día decidimos facer un roteiro por varios sitios empezamos por Muxía, fomos coñecer un dos santuarios mariñeiros máis tradicionais de Galicia que se encontra á beira do mar, alí din que a virxe se lle apareceu ao apóstolo Santiago. Logo fomos visitar Fisterra onde din que se acaba o mundo. Alí está o faro máis importante da Costa da Morteque guía aos barcos polas súas perigosas augas. Logo de comer marabillosamente no Ézaro, fomos ver a súa famosa cascada (é fermosísima).Antes de acabar o día aínda
  • 3. nos dou tempo de visitar a vila de Muros alí chama a atención as súas casas antigas con bonitas galerías. Santuario Virxe da Barca, Fisterra e cascada do Ézaro. No cuarto día pola mañá fomos ao mercado de Vimianzo(os xoves)que ten moita variedade de cousas .Xa gastamos uns cartiños, decidimos comer alí pois ten unha gran variedade gastronómica e cómese moi ben. Pola tarde fomos visitar a capital do encaixe (Camariñas),fomos ao Cabo Vilán ao cemiterio dos ingleses e tamén ver o museo de Man que está cerca en Camelle, un bonito museo ao aire libre. Camariñas Museo de Man (Camelle). O quinto día fomos como non a outro gran porto pesqueiro chamado Malpica. Outro pobo cunha bonita praia, tamén fomos visitar a Ermida de San Adrián do Mar onde podes ir a pe dende o pobo a través dunha senda costeira, que cando chegas a ermida se está un día despexado abarcas coa vista centos de km de costa. Comemos en Malpica e pola tarde viñemos polo pobo oleiro de Buño onde vimos que marabillas
  • 4. traballan co barro, fixemos unha paradiña en Ponteceso para tomar algo fresquiño e a descansar. Ermida de Santo Adrián. Oleiro de Buño. O sexto día fomos a Borneiro ,ao Castro (a cidade dos nosos antepasados celtas)e a o Dolmen, sen dúbida, dous dos monumentos máis importantes de Galicia. Encóntranse cerca un do outro e hai unha lenda que di que os une un túnel de ouro. Pola tarde fixemos unha ruta empezando polas Torres do Allo (Zas)pasando polos Batáns do Mosquetín e rematamos o día visitando o castelo de Vimianzo. Castro de Borneiro, Dolmen de Dombate e Castelo de Vimianzo. O último día dedicámolo a dar unha voltiña por Laxe, tomar algo nas súas terrazas e despedirnos da xente polo trato amable. Ata a próxima, sen dúbidas repetiremos!!!. Matías Parga Rodríguez 1ºB ESO