SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  10
Télécharger pour lire hors ligne
C.P.I. UXÍONOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
 982870633// 982 870634 / 982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira
1
CPI UXÍO NOVONEIRA
C.P.I. UXÍONOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
 982870633// 982 870634 / 982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira
2
PREVIR AS DIFICULTADES NA LINGUAXE
Cando os nenos e nenas entran na escola aos 3 anos de idade, os procesos
de simplificación da fala son normais. O neno/a emprega unha linguaxe
infantil porque se atopa neste estadio de adquisición da linguaxe. Cara aos 4
anos o neno/a xa debe falar correctamente, aínda que lle serán difíciles as
palabras que conteñan os sons “r” e “rr” e os sinfóns (br, pr, bl, …). En todo
caso, hai que ter presente que cada neno ten un ritmo individual de
desenvolvemento e por iso debemos darlle un tempo para que vaian
madurando. Só se as dificultades persisten máis aló dos 6 anos debemos
consultar a un especialista.
No proceso de adquisición da linguaxe son moi importantes os membros da familia, que son as
persoas coas que pasa máis tempo.
A LINGUAXE. O SEU DESENVOLVEMENTO
A linguaxe é un instrumento de comunicación que permite ao neno e á nena entrar en relación con
outras persoas, avanzar no pensamento e regular o seu comportamento (moitas veces as rabechas
e os comportamentos agresivos aparecen porque non é capaz de expresar con palabras o que sinte
ou necesita).
A aparición da linguaxe está moi relacionado co interese do neno e da nena por comunicarse, por
iso o papel da familia é moi importante, observando, respondendo e animando a expresarse.
Dende que nacen os nenos e nenas manifestan distintos xeitos de comunicarse: choros, miradas,
sorrisos. Arredor dos 4 meses xa teñen un bo repertorio de xestos e sons para interactuar cos
demais.
A medida que se aproxima ao 6º mes comeza a aparecer a primeira indicación importante de que
emprega a linguaxe oral para comunicarse, o BALBUCEO (ma-ma, pa-pa, ba-ba).
A primeira palabra soe aparecer en torno ao ano ou ano e medio. Tamén mellora agora a
comprensión, aínda que a súa expresión é limitada, comprende máis do que é capaz de expresar.
C.P.I. UXÍONOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
 982870633// 982 870634 / 982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira
3
As primeiras palabras soe empregalas para referirse a máis dunha realidade (chama papa a todos os
homes, por exemplo). Tamén as emprega como frase. Por exemplo, con “pan” pode querer dicir
“quero pan”, “caeu o pan”, etc.
Ao longo deste primeiro ano experimentan importantes avances: experimenta unha “explosión de
vocabulario” na que aumenta o número de palabras simples que pronuncian, comezan a combinar
2 palabras para formar frases curtas,…
ASPECTOS XERAIS:
ALIMENTACIÓN: a partir dos 18 meses, o neno/a debe tomar alimentos sólidos, xa que a
mastigación desenvolve a musculatura da boca e, polo tanto, axuda a unha
correcta articulación.
USO DO CHUPETE: a estas idades non deben usar chupete; inflúe na deformación
da cavidade oral e da posición dentaria.
HIXIENE RESPIRATORIA: é importante ensinarlle a soarse correctamente. A respiración debe ser
nasal.
CONSELLOS PARA A ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL
 Dedicar un tempo diario a falar co neno ou nena. A maior parte do tempo o neno/a está
cos seus pais, polo que son os que mellor poden estimular a linguaxe, sempre dunha forma
lúdica. Hai que ter en conta que hai que falarlle lentamente, con CLARIDADE E
ARTICULANDO BEN. Debe evitarse falar co neno ou nena preto doutra fonte sonora, como a
televisión, porque a mensaxe do adulto non pode ser analizada.
 Deixar que o neno/a se exprese a súa maneira. Se comete erros cando fala, non debemos
rirnos; o recomendable é darlle un modelo correcto, para ampliar e reorganizar as súas
expresións. Por exemplo, cando di “roeme a tateza” debemos dicirlle “así que che doe a
cabeza, e ¿en que parte che doe?”.
 Escoitar ao neno ou nena sen interrompela e habituala a que tamén escoite cando lle
falan.
 Non contestarlle cando pida as cousas con xestos ou monosílabos, senón ensinarlle a
pedilas correctamente.
C.P.I. UXÍONOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
 982870633// 982 870634 / 982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira
4
 Non usar unha linguaxe simple e infantil e evitar os diminutivos. Non debemos imitar a súa
linguaxe senón darlle modelos adecuados.
 Evitar a sobreprotección e darlle responsabilidades que lle fagan sentir maior.
CONSELLOS PARA AXUDAR AO NENO OU NENA A ARTICULAR MELLOR
 AO LAVAR OS DENTES. Aproveitase para limpar non só dentes e moas,
senón tamén a lingua, a parte interna da boca, o padal, etc. No enxaugue
pódese ensinar ao neno a facer gárgaras.
 MENTRES NOS PEITEAMOS. Diante do
espello podemos aproveitar para facer xestos coa boca, sorrir de forma
esaxerada, dicir “a, o, u” “a, e, i”, esaxerando moito os movementos
dos beizos, abrir a boca coma se fósemos a bostezar, darnos bicos no
espello, poñer cara de susto, etc.
 DURANTE AS COMIDAS. É importante que os nenos e nenas mastiguen ben, para o que son
necesarios os alimentos sólidos e mastigar con calma antes de tragar.
ACTIVIDADES E MOMENTOS PARA A LINGUAXE
 Aprender adiviñas, cancións, rimas, retahílas, …
 Xogar ás onomatopeias, imitando animais ou accións con sons
similares aos que percibimos. Por exemplo:
o (Z-C) imitar o zumbido dunha mosca: “zzzzzzzzzzz”
o (CH) facer que estornudamos “atCCCHHHHHHHHis”
o (J) o león fai “JJJJJJAAAAAAUUUUU”
o (F) imitar o bufido dun gato “FFFFFFFfffuuuuu”
 Contarlle contos que introduzan onomatopeias, debuxos vistosos, exercicios motores como
soplar... Pedirlle que identifique aos personaxes e que explique o que fan. Tamén é
importante que sexa o el/ela o que conte o conto aos adultos.
 Ver libros de imaxes e fotografías comentando o que vemos.
C.P.I. UXÍONOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
 982870633// 982 870634 / 982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira
5
 Aproveitar calquera momento cotiá para establecer conversa: facer a comida, ir ao súper,
etc. Podemos nomear as diferentes cousas que empregamos ou que imos vendo , dicir para
que serven, as súas características (forma, cor, etc.)
 Xogo do “Vexo, vexo”
 Xogos de soprar como o muíño de vento, a pompeira de xabón,…
 Ver a televisión con el ou ela e despois que nos conte o que viu e recordarlle que a
televisión hai que usala ben e con moderación.
C.P.I. UXÍONOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
 982870633// 982 870634 / 982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira
6
FOMENTAR A AUTONOMÍA DOS NENOS E NENAS
É certo que os vosos fillos e fillas son aínda pequenos/as e
precisan da vosa axuda, pero hai moitas cousas que poden ir
facendo para reforzar a súa autonomía.
Ser autónomo para un neno/a é moi importante, xa que van
desenvolvendo áreas tan importantes como a capacidade de
desprazarse só por diferentes espazos, resolver pequenos
problemas por si mesmo, aumenta a súa capacidade de prestar atención ás cousas e aprendelas
máis rápido, fórmase unha boa autoestima ó sentirse capaz de facer cousas por si mesmo/a e
desenvolve a súa capacidade de afrontar a frustración, de forma que a resposta cando as cousas
non saen ben non sexa entristecerse e enfadarse.
¿COMO PODEMOS AXUDAR A QUE A NOSA FILLA OU FILLO SEXA MÁIS AUTÓNOMO?
A autonomía adquírese pouco a pouco, a medida que vai crecendo e se vai desenvolvendo. Como
pais e nais pódese favorecer a autonomía a través de:
 ASIGNADE OBRIGAS. Debedes evitar facerlles todo porque é
máis rápido e sinxelo. As obrigas e tarefas axudan a desenvolver
o sentimento de responsabilidade.
 ESIXIDE DENTRO DAS SÚAS POSIBILIDADES. Tendo presente
que as esixencias deben facerse con afecto pero con convicción.
 PERMITIDE QUE AFRONTE RETOS. Deixando que o neno ou
nena se enfronte pouco a pouco a novos retos, como atar os zapatos, usar o cóitelo e o
garfo, … Podemos axudalos recoñecendo a dificultade e animándoos, por exemplo, “… é
complicado utilizar as dúas mans á vez para usar os cubertos”. Tamén lles podemos dar
consellos sobre cómo poden facelo “… é complicado, pero ás veces funciona pinchar forte
co garfo para que o filete no saia disparado”
 PERMITIDE QUE SE EQUIVOQUE. Para logo ofrecerlle estratexias de solución. Así o neno/a
aprende a tolerar a frustración e a asumir as consecuencias dos seus actos.
C.P.I. UXÍONOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
 982870633// 982 870634 / 982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira
7
 ESTABLECEDE LÍMITES E NORMAS E APLICÁDEAS DE FORMA COHERENTE. Debe evitarse
castigar ante o incumprimento dunha norma unhas veces si e outras non, porque pode
xerar confusión e o neno/a non saberá nunca o que se espera del. Deben aprender que as
normas están para cumprirse. É preciso que as persoas adultas que conviven co neno/a
(pais, avós,..) acorden o que se lle permite, en caso contrario favorécese o incumprimento
da norma coa excuso de “O avó déixame…!”.
 FIXADE RUTINAS. Establecendo rutinas o máis regulares posibles (de comida, de sono, de
hixiene, de xogo,…) o neno/a pode precedir o que que ten que facer a continuación, é dicir,
axúdanlle a estructurar o tempo. Ademais, as rutinas proporcionan orde, seguridade e
confianza.
 FELICITÁDEO POLO SEUS LOGROS. É moi importante reforzar os seus logros, outorgándolle
importancia ás cousas que xa é capaz de facer por si mesmo/a.
Os vosos fillos e fillas poden ir aprendendo hábitos de autonomía relativos a:
Hixiene
Antes e despois das comidas e despois do xogo o neno/a debe
acostumarse a lavar as mans con auga e xabón, aclaralas con auga e
secalas.
Debe saber que detrás de cada comida hai que lavar os dentes.
O neno ou nena pode participar no baño baixo a dirección do adulto, por
exemplo, enxabonando as zonas ás que accede máis fácilmente.
Vestido
Debe ser capaz de vestirse e desvestirse, aínda que pode ter dificultades con
algunhas prendas ou para atar os zapatos.
Alimentación
É importante que coma só e empregando a culler e o garfo.
Despois de comer é positivo que axude a recoller a mesa.
Colaboración
no fogar
O neno ou nena debe responsabilizarse de recoller os seus xoguetes cada
día despois do tempo para o xogo.
C.P.I. UXÍONOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
 982870633// 982 870634 / 982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira
8
A IMPORTANCIA DO ALMORZO
Durante o sono, aínda que pareza mentira, os nenos e nenas consumen enerxía, por exemplo, coa
respiración. A primeira hora da mañá o organismo leva entre 10 e
12 horas sen recibir ningún alimento. Isto supón unha baixada do
nivel de glucosa, o que dificulta o axeitado funcionamento do
cerebro, polo que descende o rendemento escolar, afectando
sobre todo á capacidade de expresarse, de memoria e de
resolución de problemas, así como a capacidade para
concentrarse. Non almorzar é coma facer un longo camiño no
coche sen apenas gasolina
Un almorzo equilibrado contribúe a un reparto máis armónico das calorías, previndo así os
problemas de obesidade infantil.
O almorzo dun neno debe ser variado e equilibrado; debe conter como mínimo: unha porción de
lácteos (leite ou iogur), unha de pan ou cereais e unha de froita.
É importante fomentar o almorzo como un momento de encontro familiar no que o voso fillo ou
filla se sinta relaxada/o.
C.P.I. UXÍONOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
 982870633// 982 870634 / 982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira
9
DIFICULTADES NA LECTOESCRITURA
QUE PODEN FACER OS PAIS/NAIS PARA AXUDAR AOS SEUS FILLOS E FILLAS?
 Como pais temos que deixarlle moi claro ao noso
fillo ou filla que pode ter éxito e animalo, para que poña
da súa parte o esforzo necesario para superar as
dificultades.
 Se os pais/nais tamén tiveron problemas coa
lectura sería bo que compartisen co seu fillo/a os
problemas que sufriron, para que non se sinta “diferente”.
 É totalmente inaxeitado comparalo con algún
irmán ou compañeiro/a sen problemas.
 É importante desenvolver a autoestima a todos os
niveis, en especial cando se sente decaído ou fracasado. É
fundamental avalialo polo seu propio nivel, esforzo e
rendemento.
QUE ACTIVIDADES PODEMOS FACER?
REALIZAR ACTIVIDADES VERBAIS PARA DESENVOLVER A CONCIENCIA FONOLÓXICA:
 Elixir unha letra do abecedario e buscar obxectos
que empecen por esa letra.
 Inventar rimas co nome do neno/a e dos
membros da familia, amigos/as, etc.
 Facer o son dunha letra e pedirlle que intente
atopar esa letra nun conto ou no xornal.
Lerémoslle a palabra que ten esa letra.
 Describir obxectos usando palabras que comecen
co mesmo son, por exemplo: “casa cadrada”.
 Ler co neno/a unha historia que rime e deixar que
vaia completando as palabras que riman.
 Xogar as palabras encadeadas. O primeiro xogador/a di unha palabra, por exemplo
PLANTA, o outro xogador/a debe dicir outra palabras que empece pola sílaba final, por
exemplo neste caso TAZA.
C.P.I. UXÍONOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
 982870633// 982 870634 / 982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira
10
DESENVOLVER A MEMORIA, ATENCIÓN E VOCABULARIO CON ACTIVIDADES COMO:
 Aprender o seu número de teléfono e dalgún amigo/a.
 Localizar no súper o que se vai comprar e collelo.
 Xogar con crebacabezas, barallas de familias, animais, etc.
 Aprender os días da semana, os meses do ano,…
 Observar durante un tempo unha foto e preguntarlle que cousas había.
 Ensinarlles cancións de corro, adiviñas, refráns, …
 Describirlle un obxecto da casa e que adiviñe cal é.
 Ler xuntos unha historia e falar sobre ela. Facerlle preguntas para ver de qué se acorda.
 Aproveitar calquera tipo de saídas para explicarlle o que vemos.
Non todos os nenos e nenas teñen o mesmo ritmo, é importante que cada un acade os seus
obxectivos de acordo a madurez que vai adquirindo. Non debemos perder a paciencia, nin atosigar
ao neno ou nena.
Hai que propiciar o desenvolvemento dunha relación positiva co texto escrito, asociando a lectura
con situacións pracenteiras: manipulación de libros, audición de lecturas antes de durmir, etc.
Temos que ser un exemplo e demostrarlle a utilidade
da lectura, por exemplo lendo no xornal a qué hora
empeza un programa de televisión que queremos ver,
consultando un catálogo de xoguetes, vendo a data do
seu cumpleanos no calendario, lendo unha receita do
seu postre favorito, escribindo notas para facer a
compra, etc. O neno ou nena comezará a achegarse á
lectura sobre todo cando ve ler aos máis próximos.

Contenu connexe

Similaire à Folleto ei

Pautas para desenvolvemento da linguaxe
Pautas para desenvolvemento da linguaxePautas para desenvolvemento da linguaxe
Pautas para desenvolvemento da linguaxeaurorarra
 
Periodo de adaptación 2012.
Periodo de adaptación 2012.Periodo de adaptación 2012.
Periodo de adaptación 2012.macusanbla
 
Presentación periodo adaptación blog
Presentación periodo adaptación blogPresentación periodo adaptación blog
Presentación periodo adaptación blogportocabeiroinfantil
 
Periodo de adaptación 2015 4º Ed.Infantíl.Ceip"Virxe do Rocío"-Vigo
Periodo de adaptación 2015  4º Ed.Infantíl.Ceip"Virxe do Rocío"-VigoPeriodo de adaptación 2015  4º Ed.Infantíl.Ceip"Virxe do Rocío"-Vigo
Periodo de adaptación 2015 4º Ed.Infantíl.Ceip"Virxe do Rocío"-Vigomacusanbla
 
A LINGUAXE EN EDUCACIÓN INFANTIL
A LINGUAXE EN EDUCACIÓN INFANTILA LINGUAXE EN EDUCACIÓN INFANTIL
A LINGUAXE EN EDUCACIÓN INFANTILaurorarra
 
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Pautas dificultades atencion
Pautas dificultades atencion Pautas dificultades atencion
Pautas dificultades atencion Charo Lorenzo
 
BENVIDOS Á ESCOLA 22-23.pdf
BENVIDOS Á ESCOLA  22-23.pdfBENVIDOS Á ESCOLA  22-23.pdf
BENVIDOS Á ESCOLA 22-23.pdfDiana Sánchez
 
Orientacións para os pais
Orientacións para os paisOrientacións para os pais
Orientacións para os paisBelén
 
Folleto a,l,
Folleto  a,l,Folleto  a,l,
Folleto a,l,mmfontan
 
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 

Similaire à Folleto ei (20)

Pautas para desenvolvemento da linguaxe
Pautas para desenvolvemento da linguaxePautas para desenvolvemento da linguaxe
Pautas para desenvolvemento da linguaxe
 
Periodo de adaptación 2012.
Periodo de adaptación 2012.Periodo de adaptación 2012.
Periodo de adaptación 2012.
 
Folleto eso
Folleto esoFolleto eso
Folleto eso
 
Presentación periodo adaptación blog
Presentación periodo adaptación blogPresentación periodo adaptación blog
Presentación periodo adaptación blog
 
Periodo de adaptación 2015 4º Ed.Infantíl.Ceip"Virxe do Rocío"-Vigo
Periodo de adaptación 2015  4º Ed.Infantíl.Ceip"Virxe do Rocío"-VigoPeriodo de adaptación 2015  4º Ed.Infantíl.Ceip"Virxe do Rocío"-Vigo
Periodo de adaptación 2015 4º Ed.Infantíl.Ceip"Virxe do Rocío"-Vigo
 
Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12
 
Benvidos á escola.
Benvidos á escola.Benvidos á escola.
Benvidos á escola.
 
A LINGUAXE EN EDUCACIÓN INFANTIL
A LINGUAXE EN EDUCACIÓN INFANTILA LINGUAXE EN EDUCACIÓN INFANTIL
A LINGUAXE EN EDUCACIÓN INFANTIL
 
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Convivencia
ConvivenciaConvivencia
Convivencia
 
Pautas dificultades atencion
Pautas dificultades atencion Pautas dificultades atencion
Pautas dificultades atencion
 
BENVIDOS Á ESCOLA 22-23.pdf
BENVIDOS Á ESCOLA  22-23.pdfBENVIDOS Á ESCOLA  22-23.pdf
BENVIDOS Á ESCOLA 22-23.pdf
 
Orientacións para os pais
Orientacións para os paisOrientacións para os pais
Orientacións para os pais
 
Folleto a,l,
Folleto  a,l,Folleto  a,l,
Folleto a,l,
 
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
 
Familia e escola
Familia e escolaFamilia e escola
Familia e escola
 
Familia e escola
Familia e escolaFamilia e escola
Familia e escola
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20
 

Plus de CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro

Plus de CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro (20)

Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
 
Programa congreso
Programa congresoPrograma congreso
Programa congreso
 
Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021
 
Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021
 
Pintores na minna casa
Pintores na minna casaPintores na minna casa
Pintores na minna casa
 
comezo das ligas internas de ping pong e badminton
comezo das ligas internas de ping pong e badmintoncomezo das ligas internas de ping pong e badminton
comezo das ligas internas de ping pong e badminton
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Horario curso 20 21
Horario curso 20 21Horario curso 20 21
Horario curso 20 21
 
Plan adaptacion covid substitucions
Plan adaptacion covid substitucionsPlan adaptacion covid substitucions
Plan adaptacion covid substitucions
 
Informacion sorteo mesa xunta electoral
Informacion sorteo mesa xunta electoralInformacion sorteo mesa xunta electoral
Informacion sorteo mesa xunta electoral
 
Pxa 20 21
Pxa 20 21Pxa 20 21
Pxa 20 21
 
Declaracion responsable covid
Declaracion responsable covidDeclaracion responsable covid
Declaracion responsable covid
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Plan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familiasPlan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familias
 
Plan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covidPlan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covid
 
Plan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familiasPlan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familias
 
Plan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covidPlan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covid
 
Plan de acollida tras covid2
Plan de acollida tras covid2Plan de acollida tras covid2
Plan de acollida tras covid2
 
Plan adaptacion covid web
Plan adaptacion covid webPlan adaptacion covid web
Plan adaptacion covid web
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 

Folleto ei

  • 1. C.P.I. UXÍONOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)  982870633// 982 870634 / 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira 1 CPI UXÍO NOVONEIRA
  • 2. C.P.I. UXÍONOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)  982870633// 982 870634 / 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira 2 PREVIR AS DIFICULTADES NA LINGUAXE Cando os nenos e nenas entran na escola aos 3 anos de idade, os procesos de simplificación da fala son normais. O neno/a emprega unha linguaxe infantil porque se atopa neste estadio de adquisición da linguaxe. Cara aos 4 anos o neno/a xa debe falar correctamente, aínda que lle serán difíciles as palabras que conteñan os sons “r” e “rr” e os sinfóns (br, pr, bl, …). En todo caso, hai que ter presente que cada neno ten un ritmo individual de desenvolvemento e por iso debemos darlle un tempo para que vaian madurando. Só se as dificultades persisten máis aló dos 6 anos debemos consultar a un especialista. No proceso de adquisición da linguaxe son moi importantes os membros da familia, que son as persoas coas que pasa máis tempo. A LINGUAXE. O SEU DESENVOLVEMENTO A linguaxe é un instrumento de comunicación que permite ao neno e á nena entrar en relación con outras persoas, avanzar no pensamento e regular o seu comportamento (moitas veces as rabechas e os comportamentos agresivos aparecen porque non é capaz de expresar con palabras o que sinte ou necesita). A aparición da linguaxe está moi relacionado co interese do neno e da nena por comunicarse, por iso o papel da familia é moi importante, observando, respondendo e animando a expresarse. Dende que nacen os nenos e nenas manifestan distintos xeitos de comunicarse: choros, miradas, sorrisos. Arredor dos 4 meses xa teñen un bo repertorio de xestos e sons para interactuar cos demais. A medida que se aproxima ao 6º mes comeza a aparecer a primeira indicación importante de que emprega a linguaxe oral para comunicarse, o BALBUCEO (ma-ma, pa-pa, ba-ba). A primeira palabra soe aparecer en torno ao ano ou ano e medio. Tamén mellora agora a comprensión, aínda que a súa expresión é limitada, comprende máis do que é capaz de expresar.
  • 3. C.P.I. UXÍONOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)  982870633// 982 870634 / 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira 3 As primeiras palabras soe empregalas para referirse a máis dunha realidade (chama papa a todos os homes, por exemplo). Tamén as emprega como frase. Por exemplo, con “pan” pode querer dicir “quero pan”, “caeu o pan”, etc. Ao longo deste primeiro ano experimentan importantes avances: experimenta unha “explosión de vocabulario” na que aumenta o número de palabras simples que pronuncian, comezan a combinar 2 palabras para formar frases curtas,… ASPECTOS XERAIS: ALIMENTACIÓN: a partir dos 18 meses, o neno/a debe tomar alimentos sólidos, xa que a mastigación desenvolve a musculatura da boca e, polo tanto, axuda a unha correcta articulación. USO DO CHUPETE: a estas idades non deben usar chupete; inflúe na deformación da cavidade oral e da posición dentaria. HIXIENE RESPIRATORIA: é importante ensinarlle a soarse correctamente. A respiración debe ser nasal. CONSELLOS PARA A ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL  Dedicar un tempo diario a falar co neno ou nena. A maior parte do tempo o neno/a está cos seus pais, polo que son os que mellor poden estimular a linguaxe, sempre dunha forma lúdica. Hai que ter en conta que hai que falarlle lentamente, con CLARIDADE E ARTICULANDO BEN. Debe evitarse falar co neno ou nena preto doutra fonte sonora, como a televisión, porque a mensaxe do adulto non pode ser analizada.  Deixar que o neno/a se exprese a súa maneira. Se comete erros cando fala, non debemos rirnos; o recomendable é darlle un modelo correcto, para ampliar e reorganizar as súas expresións. Por exemplo, cando di “roeme a tateza” debemos dicirlle “así que che doe a cabeza, e ¿en que parte che doe?”.  Escoitar ao neno ou nena sen interrompela e habituala a que tamén escoite cando lle falan.  Non contestarlle cando pida as cousas con xestos ou monosílabos, senón ensinarlle a pedilas correctamente.
  • 4. C.P.I. UXÍONOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)  982870633// 982 870634 / 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira 4  Non usar unha linguaxe simple e infantil e evitar os diminutivos. Non debemos imitar a súa linguaxe senón darlle modelos adecuados.  Evitar a sobreprotección e darlle responsabilidades que lle fagan sentir maior. CONSELLOS PARA AXUDAR AO NENO OU NENA A ARTICULAR MELLOR  AO LAVAR OS DENTES. Aproveitase para limpar non só dentes e moas, senón tamén a lingua, a parte interna da boca, o padal, etc. No enxaugue pódese ensinar ao neno a facer gárgaras.  MENTRES NOS PEITEAMOS. Diante do espello podemos aproveitar para facer xestos coa boca, sorrir de forma esaxerada, dicir “a, o, u” “a, e, i”, esaxerando moito os movementos dos beizos, abrir a boca coma se fósemos a bostezar, darnos bicos no espello, poñer cara de susto, etc.  DURANTE AS COMIDAS. É importante que os nenos e nenas mastiguen ben, para o que son necesarios os alimentos sólidos e mastigar con calma antes de tragar. ACTIVIDADES E MOMENTOS PARA A LINGUAXE  Aprender adiviñas, cancións, rimas, retahílas, …  Xogar ás onomatopeias, imitando animais ou accións con sons similares aos que percibimos. Por exemplo: o (Z-C) imitar o zumbido dunha mosca: “zzzzzzzzzzz” o (CH) facer que estornudamos “atCCCHHHHHHHHis” o (J) o león fai “JJJJJJAAAAAAUUUUU” o (F) imitar o bufido dun gato “FFFFFFFfffuuuuu”  Contarlle contos que introduzan onomatopeias, debuxos vistosos, exercicios motores como soplar... Pedirlle que identifique aos personaxes e que explique o que fan. Tamén é importante que sexa o el/ela o que conte o conto aos adultos.  Ver libros de imaxes e fotografías comentando o que vemos.
  • 5. C.P.I. UXÍONOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)  982870633// 982 870634 / 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira 5  Aproveitar calquera momento cotiá para establecer conversa: facer a comida, ir ao súper, etc. Podemos nomear as diferentes cousas que empregamos ou que imos vendo , dicir para que serven, as súas características (forma, cor, etc.)  Xogo do “Vexo, vexo”  Xogos de soprar como o muíño de vento, a pompeira de xabón,…  Ver a televisión con el ou ela e despois que nos conte o que viu e recordarlle que a televisión hai que usala ben e con moderación.
  • 6. C.P.I. UXÍONOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)  982870633// 982 870634 / 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira 6 FOMENTAR A AUTONOMÍA DOS NENOS E NENAS É certo que os vosos fillos e fillas son aínda pequenos/as e precisan da vosa axuda, pero hai moitas cousas que poden ir facendo para reforzar a súa autonomía. Ser autónomo para un neno/a é moi importante, xa que van desenvolvendo áreas tan importantes como a capacidade de desprazarse só por diferentes espazos, resolver pequenos problemas por si mesmo, aumenta a súa capacidade de prestar atención ás cousas e aprendelas máis rápido, fórmase unha boa autoestima ó sentirse capaz de facer cousas por si mesmo/a e desenvolve a súa capacidade de afrontar a frustración, de forma que a resposta cando as cousas non saen ben non sexa entristecerse e enfadarse. ¿COMO PODEMOS AXUDAR A QUE A NOSA FILLA OU FILLO SEXA MÁIS AUTÓNOMO? A autonomía adquírese pouco a pouco, a medida que vai crecendo e se vai desenvolvendo. Como pais e nais pódese favorecer a autonomía a través de:  ASIGNADE OBRIGAS. Debedes evitar facerlles todo porque é máis rápido e sinxelo. As obrigas e tarefas axudan a desenvolver o sentimento de responsabilidade.  ESIXIDE DENTRO DAS SÚAS POSIBILIDADES. Tendo presente que as esixencias deben facerse con afecto pero con convicción.  PERMITIDE QUE AFRONTE RETOS. Deixando que o neno ou nena se enfronte pouco a pouco a novos retos, como atar os zapatos, usar o cóitelo e o garfo, … Podemos axudalos recoñecendo a dificultade e animándoos, por exemplo, “… é complicado utilizar as dúas mans á vez para usar os cubertos”. Tamén lles podemos dar consellos sobre cómo poden facelo “… é complicado, pero ás veces funciona pinchar forte co garfo para que o filete no saia disparado”  PERMITIDE QUE SE EQUIVOQUE. Para logo ofrecerlle estratexias de solución. Así o neno/a aprende a tolerar a frustración e a asumir as consecuencias dos seus actos.
  • 7. C.P.I. UXÍONOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)  982870633// 982 870634 / 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira 7  ESTABLECEDE LÍMITES E NORMAS E APLICÁDEAS DE FORMA COHERENTE. Debe evitarse castigar ante o incumprimento dunha norma unhas veces si e outras non, porque pode xerar confusión e o neno/a non saberá nunca o que se espera del. Deben aprender que as normas están para cumprirse. É preciso que as persoas adultas que conviven co neno/a (pais, avós,..) acorden o que se lle permite, en caso contrario favorécese o incumprimento da norma coa excuso de “O avó déixame…!”.  FIXADE RUTINAS. Establecendo rutinas o máis regulares posibles (de comida, de sono, de hixiene, de xogo,…) o neno/a pode precedir o que que ten que facer a continuación, é dicir, axúdanlle a estructurar o tempo. Ademais, as rutinas proporcionan orde, seguridade e confianza.  FELICITÁDEO POLO SEUS LOGROS. É moi importante reforzar os seus logros, outorgándolle importancia ás cousas que xa é capaz de facer por si mesmo/a. Os vosos fillos e fillas poden ir aprendendo hábitos de autonomía relativos a: Hixiene Antes e despois das comidas e despois do xogo o neno/a debe acostumarse a lavar as mans con auga e xabón, aclaralas con auga e secalas. Debe saber que detrás de cada comida hai que lavar os dentes. O neno ou nena pode participar no baño baixo a dirección do adulto, por exemplo, enxabonando as zonas ás que accede máis fácilmente. Vestido Debe ser capaz de vestirse e desvestirse, aínda que pode ter dificultades con algunhas prendas ou para atar os zapatos. Alimentación É importante que coma só e empregando a culler e o garfo. Despois de comer é positivo que axude a recoller a mesa. Colaboración no fogar O neno ou nena debe responsabilizarse de recoller os seus xoguetes cada día despois do tempo para o xogo.
  • 8. C.P.I. UXÍONOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)  982870633// 982 870634 / 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira 8 A IMPORTANCIA DO ALMORZO Durante o sono, aínda que pareza mentira, os nenos e nenas consumen enerxía, por exemplo, coa respiración. A primeira hora da mañá o organismo leva entre 10 e 12 horas sen recibir ningún alimento. Isto supón unha baixada do nivel de glucosa, o que dificulta o axeitado funcionamento do cerebro, polo que descende o rendemento escolar, afectando sobre todo á capacidade de expresarse, de memoria e de resolución de problemas, así como a capacidade para concentrarse. Non almorzar é coma facer un longo camiño no coche sen apenas gasolina Un almorzo equilibrado contribúe a un reparto máis armónico das calorías, previndo así os problemas de obesidade infantil. O almorzo dun neno debe ser variado e equilibrado; debe conter como mínimo: unha porción de lácteos (leite ou iogur), unha de pan ou cereais e unha de froita. É importante fomentar o almorzo como un momento de encontro familiar no que o voso fillo ou filla se sinta relaxada/o.
  • 9. C.P.I. UXÍONOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)  982870633// 982 870634 / 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira 9 DIFICULTADES NA LECTOESCRITURA QUE PODEN FACER OS PAIS/NAIS PARA AXUDAR AOS SEUS FILLOS E FILLAS?  Como pais temos que deixarlle moi claro ao noso fillo ou filla que pode ter éxito e animalo, para que poña da súa parte o esforzo necesario para superar as dificultades.  Se os pais/nais tamén tiveron problemas coa lectura sería bo que compartisen co seu fillo/a os problemas que sufriron, para que non se sinta “diferente”.  É totalmente inaxeitado comparalo con algún irmán ou compañeiro/a sen problemas.  É importante desenvolver a autoestima a todos os niveis, en especial cando se sente decaído ou fracasado. É fundamental avalialo polo seu propio nivel, esforzo e rendemento. QUE ACTIVIDADES PODEMOS FACER? REALIZAR ACTIVIDADES VERBAIS PARA DESENVOLVER A CONCIENCIA FONOLÓXICA:  Elixir unha letra do abecedario e buscar obxectos que empecen por esa letra.  Inventar rimas co nome do neno/a e dos membros da familia, amigos/as, etc.  Facer o son dunha letra e pedirlle que intente atopar esa letra nun conto ou no xornal. Lerémoslle a palabra que ten esa letra.  Describir obxectos usando palabras que comecen co mesmo son, por exemplo: “casa cadrada”.  Ler co neno/a unha historia que rime e deixar que vaia completando as palabras que riman.  Xogar as palabras encadeadas. O primeiro xogador/a di unha palabra, por exemplo PLANTA, o outro xogador/a debe dicir outra palabras que empece pola sílaba final, por exemplo neste caso TAZA.
  • 10. C.P.I. UXÍONOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)  982870633// 982 870634 / 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira 10 DESENVOLVER A MEMORIA, ATENCIÓN E VOCABULARIO CON ACTIVIDADES COMO:  Aprender o seu número de teléfono e dalgún amigo/a.  Localizar no súper o que se vai comprar e collelo.  Xogar con crebacabezas, barallas de familias, animais, etc.  Aprender os días da semana, os meses do ano,…  Observar durante un tempo unha foto e preguntarlle que cousas había.  Ensinarlles cancións de corro, adiviñas, refráns, …  Describirlle un obxecto da casa e que adiviñe cal é.  Ler xuntos unha historia e falar sobre ela. Facerlle preguntas para ver de qué se acorda.  Aproveitar calquera tipo de saídas para explicarlle o que vemos. Non todos os nenos e nenas teñen o mesmo ritmo, é importante que cada un acade os seus obxectivos de acordo a madurez que vai adquirindo. Non debemos perder a paciencia, nin atosigar ao neno ou nena. Hai que propiciar o desenvolvemento dunha relación positiva co texto escrito, asociando a lectura con situacións pracenteiras: manipulación de libros, audición de lecturas antes de durmir, etc. Temos que ser un exemplo e demostrarlle a utilidade da lectura, por exemplo lendo no xornal a qué hora empeza un programa de televisión que queremos ver, consultando un catálogo de xoguetes, vendo a data do seu cumpleanos no calendario, lendo unha receita do seu postre favorito, escribindo notas para facer a compra, etc. O neno ou nena comezará a achegarse á lectura sobre todo cando ve ler aos máis próximos.