2. En Galiza podemos atopar ecosistemas moi diferentes e
variados, como o son a súa xeografía e o seu clima.
Devesa da Rogueira, no Courel.
Illas Sisargas, na Costa da Morte.
3. Galicia, pola súa situación ten clima oceánico suavizado, nas zonas próximas á
costa, pola corrente do Golfo. O accidentado do seu relevo e a orientación do
terreo fan que o clima non sexa uniforme, senón que presente unha gran
variedade de zonas diferenciadas.
Climas
de
Galicia
4. Esta diversidade de
ambientes está ocupada
polas especies vexetais
correpondentes á zona de
converxencia entre as
especies atlánticas e
mediterráneas polo que as de
ámbalas dúas zonas
aparecen constantemente
mesturadas.
Se a esto lle engadimos a
diferente composición dos
solos e as transformacións
producidas, dende a
prehistoria, pola intervención
humana atopámonos con
multitude de espazos
variados con características
diferenciadas nos que é
posible distinguir múltiples
ecosistemas.
6. BOSQUE CADUCIFOLIO
É o tipo de bosque que lle corresponde pola súa situación. Formado
por árbores de folla ancha e caediza e un abundante e variado
sotobosque de especies trepadoras, herbas e plantas que florecen
antes da saída das follas das árbores, fungos, brións e liques.
Acollen aos animais máis grandes da fauna galega.
As fragas son os bosques naturais e maior diversidade.
7. As fragas son fragmentos dos bosques antigos orixinais que
chegaron aos nosos días cun grao de naturalidade máis ou
menos importante.
8. Biduídos. Bosques de bidueiras, formacións asociadas
ás zonas húmidas de altitude media.
9. Carballeiras. Bosques de carballos cun aproveitamento silvo-
pastoral. Presentan un grao de naturalidade inferior ás fragas.
10. Os faiales galegos son pequenas masas forestais asociados
aos terreos calcários. Os máis importantes atópanse en
Ancares, O Courel e Serra de Meira..
11. Acibeiral en Ancares. O acivro é unha árbore común no
sotobosque que forma pequenas masas moi pechadas e
escuras nas montañas de Ancares e o Courel.
12. As árbores vivas e
mortas alimentan aos
fungos que producen
cogomelos para
dispersar as súas
esporas.
Acivro (Ilex aquifolium)
Carballo (Quercus robur). As súas follas son
inconfundibles coa súa beira lobulada. Os seus Aproveitando a humidade e buscando a
froitos (landras) sérvenlle de alimento a moitos luz os brións e os liques desenvólvense
animais do bosque. nas ponlas das árbores.
13. Xilbarbeira (Ruscus aculeatus), unha
curiosa planta que vive ao abrigo das
Cabrifollo, unha planta trepadoras. grandes árbores. As láminas que
semellan follas son en realidade talos
aplanados.
14. Gato bravo (Felix silvestris)
O leirón (Glis glis) aliméntase dos froitos do
bosque e aproveita os furados das árbores
Bacalouras e véporas para agocharse e hibernar.
15. A pita do monte (Tetrao
urogallus) está en perigo
de extinción, pero aínda
sobrevive nalgúns lugares
dos Ancares.
Ferreiro abelleiro (Pharus major), Gabeador (Certhia ...). Gabea polos toros das
un paxaro insectivoro. árbores buscando alimento nas súas rendixas.
16. REBOLEIRAS
BOSQUE MEDITERRÁNEO
Atópanse na zona suroriental, máis seca. A especie máis abundante é
o rebolo, unha especie de carballo propia do clima seco, con
algunhas sobreiras e aciñeiras e sotobosque de erbedos e carrascas.
FLORA: rebolo, érbedo, aciñeira, esteva, cantroxo, orquídeas...
FAUNA: lobo, xabarín, raposo, porco teixo, donicela, gato algario,
gabeador, petos, ferreiriño, insectos, arañas...
21. BOSQUE DE RIBEIRA
Pequenas superficies arboradas que acompañan o percorrido dos ríos,
sobre todo nos lugares de dificil acceso.
Teñen gran importancia ecolóxica: serven de proteción e depuración aos
ríos e de corredores para a fauna. Acollen especies vexetais e animais de
gran interese, algunha protexidas.
22. FLORA:
Amieira, salgueiros, freixo, avelaira, sabugueiro, carballo, herba
salgueira, silveira, herba dos pobres, lúpulo, pe de boi, anxélica,
narcisos, cáncaros, violetas, fentos, brións, liques, fungos...
Amieira (Alnus glutinosa).
A árbore de máis talla das
ribeiras do río.
23. Dentabrú (Osmunda regalis).
O fento máis grande da beira do río.
Cabriña (Davalia canariensis).
Fento femia
(Athyrium filis-femina).
24. Os brións atópanse por todas
Violeta (Viola palustris) partes: sobre as pedras, nos
toros das árbores, no solo…
Pé de boi
(Oenanthe Hepáticas
crocata)
25. FAUNA:
Merlo rieiro, lavandeiras, ferreiriño subeliño, saramaganta, ra,
pintafontes, cabalos do demo, escarabellos, moscas, típulas,
mosquitos, lesmas, caracois, cárabos...
O merlo rieiro (Cinclus cinclus) métese
debaixo da auga para cazar as larvas de
insectos e outros animais que viven nos Lavandeira branca (Motacilla alba). Todas
ríos de augas limpas. as lavandeiras percorren as beiras dos
ríos e demais zonas húmidas pillando
nelas pequenos insectos.
27. Os cabalos do demo son
comúns á beira da auga na
que poñen os ovos e se
desenvolven as larvas.
Efémera
28. MONTAÑAS
A pesar de que non acadan grandes cotas, os curutos das máis
elevadas están cubertos de prados e especies arbustivas de
desenvolvemento moi escaso (queirugas, uces) entre as que viven
papuxas e outros pequenos paxaros.
Pena Trevinca. O monte máis alto de Galicia.
30. FLORA:
Xenebreiro, sempreviva, gramíneas, xuncos, breixo, dente de
can, uvas de lagarto, campaíñas, lirios, xensás...
Campaíñas (Campanula herminii)
Xensá (Gentiana luttea),
florece no verán nos prados
de montaña situados por
enriba dos 1.000 m.
31. FAUNA:
Cabra fera, corzo, lobo, águia, voutre, choia, laverca,
cotovía, merlo rubio, víbora, escarabellos...
As bolboretas son algo que nunca falta nas
pradeiras floridas da montaña.
Choias (Pyrrhocorax pyrrhocorax).
Córvidos que aniñan en fendas dos
penedos nas montañas máis altas.
32. MATOGUEIRA-MONTE BAIXO
Son a formación vexetal máis abundante en Galicia. Ocupan máis do
30% do territorio, a maior parte dos terreos incultos e as partes máis
altas das montañas. Teñen distinta constitución segundo a zona.
33. FLORA:
Piornos (só nas altas), toxos (só nas baixas), uces, carqueixas, xestas,
breixos, queirugas, abrodias, arandeiras...
O toxo (Ulex...) é a planta máis
común nas zonas baixas. Todos
os toxos son arbustos
espiñentos comúns en Galicia.
Foron moi usados sobre todo
para estrar as cortes do gando
de onde se sacaba máis tarde
para abonar as leiras.
34. Carqueixa (Ptrospartinum tridentatum). Breixo (Erica cinerea). Atópanse distintas
Vive en terreos pobres e soleados. castes de breixos en todas as matogueiras.
Os arandos (Vaccinium myrtillus)
Xesta (Cytisus striatus). maduran ao abrigo dos piornos.
35. FAUNA:
Coello, raposo, tartaraña, perdiz, paspallás, papuxas, chasco,
lagartos, bolboretas, saltóns, carricantas...
Carricanta (Ephippigera ephippiger). Camúflse
na herba para alimentarse doutros insectos.
Fregando as as produce un son característico.
Os saltóns vense no verán nos lugares secos.
Perdices Aliméntanse de vexetais.
40. CURSO BAIXO: pouca corrente, maior profundidade e abundancia
de sedimentos. Abonda a vexetación. No último tramo aparecen
augas salobres e especies mariñas.
41. FLORA:
Pé de boi, callitriche, herba das rans, ranúnculos, xuncos,
molinia, chantaxe de auga....
Herba lameiriña (Callitriche satagnalis)
Chantaxe de auga (Alisma plantago-aquatica) Ouca, herba da prata (Ranunculus peltatus)
42. FAUNA:
Londra, aguaneiro, merlo rieiro, picapeixes, lavanco, garza, bilurico, troita,
anguía, salmón, escalo, espiñento, lamprea, ra verde, cabalos do demo,
patinadores, moscas da auga, escaravellos de auga, caracois, lapas,
mexillón de río...
A londra (Lutra lutra) caza peixes
nos ríos limpos.
A troita (Salmo trutta) é o peixe
que podemos atopar en todas as
zonas do curso do río. Ra patilonga
44. LAGOAS
Depresións cheas de auga dóce na que se atopan
comunidades esencialmente acuáticas.
Lagoa de Sobrado
45. FLORA:
Salgueiro, espadaina, carrizo, xuncos, ambroíño, oucas, eneas, verdello,
utricularia, lentellas de auga...
O salgueiro (Salix cinerea)
é a árbore máis común das
zonas húmidas.
Eneas ou palla real (Typha latifolia).
46. Lentella de auga (Lemna minor), a
máis pequena das plantas con flor.
Ambroíño (Nymphaea alba).
Xunco (Eleocaris palustris).
47. FAUNA:
Aguaneira, lavanco, garza, galiñola, galiña de auga, mergullón, anguía,
espiñento, ra verde, cabalos do demo, patinadores, moscas da auga,
escaravellos de auga, caracois, lapas...
A galiñola negra (Fulica atra) é común en
todos os lugares onde exista unha
pequena lagoa rodeada de vexetación.
Lavanco real (Anas plathyrrynchos),
macho e femia.
48. Aeshna. O máis grande dos
cabalos do demo.
Ra verde (Rana perezi)
49. HUMIDAIS
GÁNDARAS, BRAÑAS, TURBEIRAS
Lagoa
Podemos consideralas como
elementos en distinta fase do
proceso de colmatación (recheo
natural producido nas lagoas
polos restos que van caíndo e as
achegas dos ríos) de zonas
húmidas pechadas.
Presentan un tipo de vexetación
en sucesión entre os vexetais
acuáticos, de ribeira e tipicamente
terrestres da zona na que se
atopan.
Gándara
Evolución desde unha
lagoa a unha braña Braña
50. Os humedais teñen unha gran importancia ecolóxica porque
reteñen a auga cando sobra e cédena cando falta. Manteñen a
biodiversidade servindo como puntos de descanso e lugares de
desenvolvemento de especies únicas. Son ecosistemas moi
sensibles que se contaminan facilmente e destrúense case sempre
por desecación ou recheo.
54. FLORA:
Salgueiros, espadainas, palla real, xuncos, brións, lirios,
rorelas, breixos pinguícola...
Os narcisos
(Narcisus...)
florecen nos
lugares
húmidos.
Pinguicula... planta carnívora A rorela (Drosera...) é unha planta
das brañas de monte. carnívora común nas brañas.
55. Os esfagnos son os brións máis comúns das
brañas e a materia prima das turbeiras.
Breixo de turbeira (Erica tetralis)
Xunca de algodón.
57. ECOSISTEMAS MARIÑOS
A pesar da súa uniformidade no mar e na costa atópanse espazos con
características propias que condicionan o asentamento e as adaptacións
dos seres vivos. As características de cada zona están determinadas pola
súa situación, a profundidade, as correntes e, na zona costeira, polo tipo
de materiais que a constitúen, a influencia do vento e as mareas.
A combinación destas características crean variados ecosistemas nos que se dan
condicións particulares e onde viven seres que se adaptan a elas con éxito.
58. REXIÓN NERÍTICA OU LITORAL: SISTEMA PELÁXICO:
situada enriba da plataforma continental, conxunto das augas
ata 200 m de profundidade.
intermareal
Rexión peláxica
zona fótica ou iluminada
200 m
Rexión litoral ou plataforma continental:
prolongación dos continentes debaixo da auga.
Rexión batipeláxica
Cantil (talude continental) zona afótica ou escura
ZONAS
DO
MAR
SISTEMA BENTÓNICO Abismos: + 6.000 m.
Fondos oceánicos:
3.000 a 5.000 m de
profundidade
Foxas mariñas (ata + de 11. 000 m de profundidade)
59. REXIÓN OCEÁNICA
É a que se atopa lonxe das costas onde se superan os 200 m de
fondo e poden chegar aos 4.000 de media. A súa importancia ven
dada pola riqueza da vida que acolle e, sobre todo, porque os
organismos que constitúen o fitoplanto son, polo seu número, os
máis grandes produtores de osíxeno do planeta.
Nesta zona só poden vivir os seres que aboian libremente e os bos
nadadores, e, na profundidade, os que son capaces de soportar a
falta de luz e as grandes presións.
60. Planto e nadadores
Zona fótica (iluminada)
Plataforma Zona afótica (escura)
continental
Peixes abisais
Chemineas
hidrotermais
Cantil
61. balea azul: máis de 30 m augamar: 3 m diámetro
manta raia: 80 m tentáculos: 35 m
cachalote: 20 m
lura: 22 m peixe vela: 4 m
peixe lúa: 4 m
polbo: 10 m
tiburón balea: 18 m
rei das anchoas: 7-8 m tiburón banco: 10 m cangrexo xigante 4 m
Nos océnos atópanse algúns dos animais máis grandes
63. FAUNA:
Balea, cachalote, golfiño, atún, bonito, xurelo, sardiña, cigala,
tiburón, pescada, bacallao, augamares, cigala, cangrexo real,
calamar e polbo xigantes...
Pescada (Merlucius merlucius). Vive entre os
100 e os 1.000 m de profundidade, aínda que
cando é nova achégase moito á costa. Pode Bonito (Tunnus alalunga). Pode chegar
acadar 1 m de longo e pesar máis de 10 kg. a medir 1 m e pesar entre 9 e 10 kg.
Peixe pescador. Vive nas profundidades
abisais. Como consecuencia da falta de luz Quenlla (Prionace glauca). Un tiburón
non presenta pigmentación. que pode acadar os 4 m de lonxitude.
64. Augamar (Chysaora hysoscella).
Cachalote (Physeter macrocephalus).
Mamífero mariño que pode acadar os 25
m de lonxitude. É o máis grande dos
cetáceos con dentes. Aliméntase de
luras que pesca buceando a grandes
profundidades. En Galicia aparece
ocasionalmente varado nas praias. Crustáceo isópodo bentónico que
vive nas grandes profundidades
mariñas, a máis de 3.000 m.
65. REXIÓN LITORAL
A zona costeira ou litoral esténdese desde a faixa de terra influída polas
mareas e os salseiros do mar ata os 200 m de profundidade (augas
situadas sobre a plataforma continental).
66. ZONAS DO LITORAL
(en función do nivel medio que acadan as mareas)
ROCHOSO Zona supralitoral: é a situada por enriba do límite
máximo das mareas e está constituída por terreos
pobres. Recibe constantemente os ataques do
vento e das ondas do mar e a humidade das
brétemas mariñas cargadas de sal.
Zona litoral ou intermareal: é a zona de
oscilación das mareas, a que cobre a marea
alta e queda descuberta ao debalar o mar.
AREOSO
Zona sublitoral: atópase por debaixo do nivel
mínimo das mareas. É a zona comprendida
entre o punto neutro (liña na que as ondas
tocan o fondo) e o límite da marea baixa.
Nunca queda descuberta.
67. REXIÓN LITORAL (COSTA)
Esténdese desde a faixa de terra influída polas mareas e os salseiros do
mar ata os 200 m de profundidade (augas situadas sobre a plataforma
continental).
Podemos atopar hábitats moi diversos en función de factores como a
exposición aos ventos dominantes e aos embates das ondas (exposta-
protexida), o tipo de materiais do substrato (rochosa, areosa-fangosa), ou
a influencia das mareas.
A vida nestes medios ven marcada polo periódico ascenso e descenso do nivel do
mar que implica que durante un periodo de tempo unha grande parte dos fondos
mariños queden ao descuberto e polo tanto os seus habitantes teñen que
desenvolver estratexias para tratar de solventar este problema.
68. AS RÍAS
As rias galegas son medios cunhas condicións especiais.
Polas combinación de características físicas, oceanográficas e biolóxicas
son espazos naturais únicos no mundo de gran productividade primaria e
extraordinaria riqueza ecolóxica.
A súa situación, tanto pola orientación como pola protección fronte ás
forzas do mar e do vento, influida polas correntes oceánicas, a localización
diante dunha área de afloramento de minerais procedentes das
profundidades do mar e as achegas minerais e biolóxicas dos ríos,
multiplican a súa riqueza biolóxica e a súa produtividade.
Ría de Muros e Noia
69. CIRCULACIÓN DA
AUGA NAS RÍAS
A pesar de semellar
sistemas case
pechados, nas rías
prodúcese un contínuo
trasvase e renovación
das augas.
70. Rabada ou peixe sapo
(Lophius piscatorius).
Vive en fondos
Rodaballo (Psetta maxima). Pode fangosos de 10 a 500 m
acadar 1 m de lonxitude e os 12 kg de de profundidade. Pode
peso. Vive en terreos areosos ata os acadar 2 m de lonxitude
100 m de profundidade. e 40 kg de peso.
A sardiña é um dos peixes máis coñecidos porque se
Rabioso (Glycimeris captura en grandes cantidades no noso litoral. É un peixe
glycimeris). Vive en fondos oceánico que forma grandes bancos, sobre todo cando
de area en zonas de ata migra no verán e se achega á costa para alimentarse de
100 m de profundidade. seres plantónicos e poñer entre 50.000 e 60.000 ovos.
71. COSTA ROCHOSA
COSTA ROCHOSA
Formada por materiais en grandes bloques.
Con pouco terreo no que as plantas poidan asentarse. Os animais viven
en zonas onde poidan protexerse (fendas, pozas de marea, covas) ou son
visitantes ocasionais.
72. Zona supralitoral
A dureza dos materiais e a súa verticalidade
dificultan o asentamento dos seres vivos. As
plantas, que só viven na parte alta e nas
fendas, son pequenas, con raíces fortes e
longas, e coas follas moi reducidas ou
cubertas de pelos para resistir o ataque do
vento e do sal.
Os animais viven nos lugares onde poden
protexerse ou son visitantes ocasionais. É a
zona escollida por moitas aves como lugar de
descanso e de cría.
ZONA INTERMAREAL
Os seres vivos apéganse ás rochas ou
Poza de marea aproveitan as fendas. Teñen órganos de
suxección e cubertas fortes ou corpos flexibles,
e unha gran resistencia á desecación.
ZONA INFRALITORAL
Abondan as algas que xunto coas rochas
constitúen os refuxios onde viven ou acuden a
alimentarse todo tipo de animais, que adoitan
ser de formas mais ou menos comprimidas
para moverse comodamente nos espazos
estreitos e de cores pardas, con liñas ou
manchas, para pasar desapercibidos.
73. As pozas de marea son pequenos espazos que
quedan cheos de auga durante a marea baixa,
onde se desenvolven algas e se acobillan
moitos animais.
74. FLORA:
Algas, liques, herba de namorar, pirixel do mar...
Bocho (Fucus vesiculosus). Son algas que
viven na zona intermareal da costa
protexida e resisten ben a desecación
Golfos (Laminaria ochroleuca).
Algas pardas que poden acadar
máis de 2 m de lonxitude e
forman bosques submariños
no infralitoral exposto.
75. Lique (Lichina pigmaea), vive xusto
na línea a onde chega o mar.
Herba de namorar (Armeria maritima).
Reúne todas as características
necesarias para sobrevivir nestes
lugares: raíces longas, forma
compacta, follas con pelos, …
Prixel do mar (Crithmum
maritimum). Vive en
rochas abrigadas.
76. FAUNA:
Gaivota, corvo mariño, percebe, arneiróns, mexillóns, lapas,
ourizos, estrelas de mar, cangrexos, vermes...
Arneirón (Balanus spp).
Os percebes (Pollicipes cornucopia) son
crustáceos cirripedos que viven fixos nas Os mexillóns (Mytilus galloprovincialis) están
rochas batidas na zona intermareal. perfectamente adaptados á vida nas rochas,
teñen cunchas fortes e órganos de suxección.
77. Caramuxo (Littorina littorea). Vive sobre Ourizo.
as rochas e as algas da zona mediolitoral.
Chuponas (Actinia equina). Un
dos animáis máis comúns das
Queimacasas pozas de marea.
78. As gaivotas e outras aves mariñas
aproveitan os ocos e as plataformas
das rochas dos cantís para aniñar.
Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristolelis).
As aves pescadoras usan as rochas da costa para
descansar e os cantís para facer os seus niños.
79. COSTA AREOSA
É a que está formada por area ou materiais miúdos soltos.
80. ZONA SUPRALITORAL
Os materiais soltos son movidos constantemente
polo vento e reteñen pouca auga, o que fai dificil
o asentamento dos vexetais que teñen que
desenvolver adaptacións: longas raíces para
suxeitarse e captar a auga, talos curtos, moi
flexibles, rasteiros ou subterráneos para resistir o
vento e os golpes da area, e follas reducidas ou ZONA INTERMAREAL
finas, cubertas de pelo, coirentas para evitar a Presenta moitas variacións segundo o tipo de substrato (area,
perda de auga, ou carnosas para almacenala e de limo, grava ou cascallo) e a forza das ondas. A mobilidade do
cores craras para resistir o exceso de luz. substrato impide a fixación das algas aínda que permite a das
Os animais viven nos refuxios que lles fanerógamas mariñas (plantas con flores) grazas ás súas
proporcionan as plantas e os restos depositados longas raíces.
polo mar. Os animais son de formas comprimidas ou deprimidas, realizan
migracións ao ritmo das mareas, enterrarse na area ou
protéxense entre as plantas. É a zona máis visitada polas aves,
especialmente as limícolas.
ZONA INFRALITORAL
Con poucas algas e nas zonas protexidas con pradeiras
de fanerógamas mariñas. Habitada por animais que se
enterran ou viven pousados nos fondos.
81. PRAIAS
Son zonas baixas co terreo formado por area ou
materiais miúdos soltos polo que as plantas teñen
moita dificultade para suxeitarse e os animais
poucos sitios nos que agocharse.
82. DUNAS
Son un medio moi hostil para o desenvolvemento da vida porque
están formadas por material solto en movemento no que a auga
é escasa e están sometidos a unha forte insolación e exposición
ao vento. Son medios moi fráxiles que se alteran gravemente
pola acción humana.
84. FLORA:
Algas, herba coral, seba, cardo mariño, cebola das
gaivotas, feo, carrascas de San Xoán, arenaria...
Leituga de mar (Ulva rigida).
Alga de talo laminar que se
atopa frecuentemente
aboaiando nas augas tranquilas.
Seba (Zostera…). Planta con flores que
vive por debaixo do límite das mareas.
Forma extensos campos submariños
nas zonas de augas tranquilas de area
fina ou lama desde o nivel da baixamar
ata os 10 m de profundidade,
especialmente nos esteiros e enseadas.
85. Arenaria do mar
(Honkenya peploides).
A planta das praias que
vive máis perto do mar.
Cardo mariño. (Eryngium
maritimum). Desenvólvese nos
primeiros amoreamentos de area que
se forman po enriba da liña de marea.
Feo (Ammophila arenaria), medra na
parte máis alta da duna móbil, onde o
vento bate con máis forza. Coas
longas raíces e talos subterráneos
contribúe a fixar a area.
86. FAUNA:
Solla, lenguado, faneca brava, escacho, xiba, mavalla, arola,
ameixa, berberecho, miñocas, cangrexos...
Ourizo de area
(Echinocardium
cordatum). Vive
Lenguado (Solea vulgaris). Os peixes planos enterrado ata 20 cm
están adaptados á vida nos fondos areosos. de profundidade na
area das praias
expostas.
Navalla (Ensis ensis).
Vive enterrada Arola (Lutratia lutraria). Molusco
Coquina (Donax vitatus). Un bivalvo que pode acadar os 13 cm de
molusco abundante nos fondos verticalmente en
fondos de area fina. lonxitude. Vive en fondos de area e
areosos das praias de mar aberto. grava ata os 100 m de profundidade.
87. Raia (Raja clavata). Vive en fondos de
area e fango ata 500 de profundidade.
Pode acadar 1 m de lonxitude.
Xiba ou chopo (Sepia officinalis). Molusco cefalópodo que
vive en zonas de area e fango con vexetación. Nace preto
da costa e vaise alonxando dela segundo medra.
88. A ameixa san (Venerupis decussata) vive Berberecho (Cerastoderma edule).
na zona intermareal enterrada ata 15 cm Molusco bivalvo que vive en fondos de
de profundidade. area fina no intermareal de augas pouco
fondas e tranquilas.
Cagón (Arenicola marina), vive nunha galería en
forma de U. Aliméntase dos restos que filtra dos
sedimentos. Polo orificio de entrada colle
material e polo orificio de saída expulsa a area
filtrada formando as moreas características.
89. LAGOAS LITORAIS
Son medios formados por auga dóce ou solobre polas filtracións que
chegan do mar. Nelas aséntase unha vexetación acuática propia de augas
dóces na parte máis alonxada do mar e plantas que soportan a salinidade na
zonas máis próximas a el. Son refuxios de aves acuáticas e acollen unha
gran diversidade de anfibios e insectos.
Lagoa de Louro
91. FLORA:
Xuncos, espadanas, nenúfares, oucas...
Carrizos (Phragmites australis).
Antela (Scirpus lacustris). Son É unha planta que vive nas
típicos de lugares húmidos, augas dóces e soporta unha
especialmente preto da costa. lixeira salinidade.
92. FAUNA:
Lavancos, parrulos, galiñolas, ras, cabalos do demo...
Galiñola negra (Fulica atra)
Garza real (Ardea cinerea)
Lavancos (Anas platyrrynchos)
93. ESTEIROS OU MARISMAS
Son lugares chans que sofren o efecto das mareas. Neles viven
plantas que soportan o sal e inmersións periódicas e plantas
puramente acuáticas, pero o máis importante, pola súa función
depuradora, é o número de seres que viven no substrato dos que
se alimentan aves acuáticas e limícolas.
Esteiro do Miño
94. FLORA:
Xuncos, carrizos, herba coral, algas espadanas...
A vexetación acuática xoga un papel importante na evolución da marisma
xa que frea a velocidade das augas e capta as pequenas partículas en
suspensión que se depositan entre elas e, co paso do tempo, van
elevando o terreo evolucionando de medio acuático a terrestre.
95. Spartina maritima. É unha das plantas
máis comúns dos esteiros e marismas.
Vive en terreos de lama e resiste ben a
salinidade e a inmersión.
Os xuncos son os compoñentes
fundamentais das xunqueiras,
Herba coral (Sarcocornia perennis). cos seus rizomas forman un
Planta de marisma de talos e follas entramado que retén os
carnosos que vive no límite da marea. sedimentos.
96. A acelga salgada (Limonium vulgare) ten
unhas flores que conservan a súa cor
durante moito tempo. Existen variedades
que se cultivan para adorno.
97. FAUNA:
Lavancos, parrulos, píllaras, biluricos, garzas…
As limícolas son as aves típicas dos esteiros. Teñen as patas longas para vadear
e os peteiros adaptados para capturar animais que viven enterrados.
98. Cullereiros (Platalea leucorodia). Co seu
curioso peteiro en forma de culler filtra o
fango e captura pequenos animais.
Pilro curlibico (Calidris alpina)
Garzota (Egretta garzetta)
99. MEDIOS ANTRÓPICOS
CULTIVOS TERRESTRES
Son ecosistemas onde predomina a acción humana.
A preparación do terreo para os cultivos altera a súa composición
natural o que dificulta o desenvolvemento das especies propias da
zona e os labores que se lles fan elimínanas case por completo,
polo que os cultivos son zonas pobres en especies vexetais e os
animais atopan poucos sitios onde protexerse.
O ecosistema está dominado pola especie de cultivo acompañada
polas chamadas malas herbas ou especies resistentes, animais
herbívoros ou comedores de froitos e sementes e algún
depredador.
100. SOUTOS
Bosques ou plantacións de castiñeiros. Son máis
comúns nas provincias de Lugo e Ourense. Ocupan
o espazo de antigas carballeiras.
102. PIÑEIRAIS
Plantacións de piñeiros. Na zonas baixas e preto da costa están
constituídos por piñeiro galego e piñeiro de repoboación e nas
altas, do interior, por piñeiro silvestre.
Debaixo dos piñeiros, a falta de luz impide o desenvolvemento de
moitas especies. So se desenvolven ben os fentos e algunhas
herbas. Por ser máis pobre en especies vexetais a fauna é menos
variada que a do bosque caducifolio.
103. Nas zonas máis altas os bosques son de piñeiros
silvestres (Pinus sylvestris) porque resisten mellor o
frío.
104. Nos bosques claros e nas
beiras medran as carpazas
(Cistus...).
Escoba de bruxa,
producido por unha
bacteria
Peido de lobo
Fentos (Pteridium aquilinum)
(Licoperdon...). Un fungo que
medra nos claros do chan do
bosque de piñeiros.
105. O peor enemigo dos piñeiros son as eirugas da
procesionaria ou alacráns dos piñeiros
(Thaenmetopoca pinivora) que lle comen as follas.
O esquío (Sciurus vulgaris), que se alimenta
de gomos de piñeiros e de piñóns, está
aumentando o seu número. O peto (Picus viridis) busca larvas de
insectos debaixo da casca e na madeira das
106. EUCALIPTAIS
Os eucaliptos foron introducidos como cultivo hai pouco máis dun
século. Na actualidade cobren grandes superficies que presentan,
pola falta de auga e as secrecións das propias árbores, o terreo case
espido, no que apenas se desenvolven máis que algunhas herbas e
arbustos residuais resistentes.
A especie máis abundante é o Eucaliptus globulus
118. CULTIVOS MARIÑOS
PARQUES MARISQUEIROS
Terreos areosos acondicionados para o cultivo de ameixa e
berberecho. Sométense a limpezas periódicas, seméntanse as
especies e elimínanse competidores.
119. BATEAS:
Instalacións flotantes para o cultivo de bivalvos filtradores:
mexillón, ostra, vieira, ameixa. Nos soportes e sobre as propias
especies cultivadas aséntanse comunidades de algas e
invertebrados e entre elas aliméntanse algúns peixes.
121. SEBES E BEIRAIS
Liñas de vexetación que rodean os cultivos nas que perviven especies
que foron desaloxadas do seu medio natural. Estas formacións supoñen
unha oportunidade de supervivencia para moitas especies vexetais e
animais. Manteñen a biodiversidade das zonas cultivadas e sérvenlle de
refuxio aos animais silvestres.
122. O sapo (Bufo...) busca o abeiro dos
beirais para protexerse durante o día.
Pola noite caza nos cultivos.
Os lagartos son habituais nos valos onde
atopan alimento e buratos para refuxiarse.
Lagartiño galego (Podarcis bocagei)
endémico de Galicia e o norte de Portugal. Rato de campo
124. PARQUES E XARDÍNS
Espazos públicos ou privados situados xeralmente no interior das
cidades con vexetais plantados con fins ornamentais. Son os lugares
onde podemos atopar máis especies alleas ao noso medio natural,
algunha de gran interese pola súa singularidade ou monumentalidade.
A protección que ofrecen e a facilidade para atopar alimento fai que
neles se asenten especies forestais e oportunistas.
127. SOLARES SEN EDIFICAR
Son espazos de vida silvestre no medio dos lugares
habitados. As sementes das plantas chegan ata eles cos
excrementos das aves ou traídas polo vento, e tamén
voando chegan os insectos e os paxaros.
128. Os insectos, pola súa capacidade para
voar, chegan a todas partes. A xoaniña
(Cocinella setempunctata) aliméntase dos
pulgóns parásitos das plantas.
129. As estrugas (Urtica...) desenvólvense en
lugares ricos en materia orgánica.
A hedra (Hedera helix) aproveita calquera
soporte para gabear suxeitándose coas Silvas (Rubus...). Os seus froitos, as amorias, son
raíces que bota ao longo dos seus talos. aproveitados polos paxaros e polas persoas.
131. VALADOS, PAREDES E TELLADOS
Son lugares aparentemente
pouco axeitados para o
desenvolvemento dos seres
vivos, pero nos casos nos
que se dan as condicións
mínimas as plantas poden
convertelos en pequenos
“xardíns” onde os fentos,
os couselos, as herbas da
pedra, os brións e os liques
crean o ambiente preciso
para que poidan asentarse
pequenos animais como
pulgóns, xoaniñas,
caracois, arañas...
138. Curroxo (Phoenicurus ochruros). O merlo (Turdus merula) é outra ave
Un paxaro comedor de insectos habitual que aproveita os arbustos dos
cada vez máis común nos lugares parques e as matogueiras dos solares
habitados. Fai o niño nos ocos para facer os seus niños.
das paredes.
139. Pardal (Paser domesticus).
Nalgúns parques achégase ata Ao chasco (Saxicola torquata) podémolo
comer na man das persoas. atopar nos beirais ou nas matogueiras
curioseando sempre desde a ponla máis alta.
As pegas (Pica pica) son
aves do bosque que se
As pombas aproveitan calquera
adaptan perfectamente á
resto comestíble e os ocos dos
vida nos parques.
edificios para facer os seus niños.
140. Os morcegos aproveitan os ocos para
acollerse e a noite para cazar os insectos
que son atraídos pola luz das cidades.
As ratas (Ratus norvegicus), tal vez a
especie animal máis numerosa do planeta,
aliméntanse dos restos que deixamos e
viven en case todos os espacios posibles.
141. ENCOROS
Grandes masas de auga dóce contidas por unha presa. As
caracteríticas son unha mestura das dos ríos e as dos lagos.
142. ESTANQUES
Pequenos espazos pechados con auga doce e especies
ornamentais entre as que se desenvolven outras silvestres
propias dos ambientes acuáticos.