SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  7
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
A MONARQUÍA HISPÁNICA:
A ÉPOCA DOS REIS CATÓLICOS E DOS AUSTRIAS
1. A MONARQUÍAAUTORITARIA: OS REIS CATÓLICOS
1.1. A UNIÓN DINÁSTICA
● En 1469 uníronse en matrimonio o príncipe Fernando, fillo de Xoán II, rei da Coroa de
Aragón, e a princesa Isabel, irmá de Enrique IV, rei de Castela.
● En 1479 Fernando converteuse en rei da Coroa de Aragón. Ese mesmo ano, Isabel
impúxose como raíña de Castela, tras unha guerra civil pola sucesión ao trono (1475-
1479) que a enfrontou á súa sobriña Xoana, chamada a Beltranexa.
● A unión de Isabel e Fernando non implicou a creación dun único reino, senón que foi só
unha unión dinástica (dinastía Trastámara): cada reino (Castela e Aragón) mantivo as
súas fronteiras, monarca, moeda, leis, costumes, institucións e idioma.
● Os Reis Católicos impuxeron formas de goberno e de actuacións conxuntas (política
exterior e conquistas militares), polo que comezaron a ser coñecidos internacionalmente
como reis de España.
1.2. A INTEGRACIÓN TERRITORIAL
● Durante o seu reinado (1479-1516), os Reis Católicos pretenderon unir todos os
territorios peninsulares baixo a súa autoridade, mediante a seguinte política de expansión
territorial:
Conquistaron o reino de Granada(1492), rematando así a Reconquista. Boabdil,
o derradeiro monarca nazarí, rendeuse.
Desenvolveron unha política de enlaces matrimoniais con Portugal. Dúas das
súas fillas, Isabel e María, casaron cos monarcas portugueses. Estes enlaces
deron froito anos máis tarde, cando Filipe II (neto dos RR.CC) herdou o reino de
Portugal e o incorporou á Coroa.
En 1512, o Reino de Navarra quedou incorporada a Castela, pero conservando
as súas leis (fueros) e institucións.
1.3. A POLÍTICA EXTERIOR
● Os Reis Católicos orientaron a súa política internacional nas seguintes direccións:
● Cara ao Mediterráneo:
 A Coroa de Aragón recuperou os condados do Rosellón e da Cerdaña (1493).
 En 1504, e tras varias guerras con Francia, un exército dirixido por Gonzalo
Fernández de Córdoba (o Gran Capitán) conquistou o reino de Nápoles.
 Conquista dos portos de Melilla (1497), Orán e Buxía (1509).
● Cara ao Atlántico:
 Apoiaron o proxecto de Cristovo Colón, que permitiu a chegada en 1492 a
América.
 Castela iniciou a súa expansión cara ao Atlántico, que concluíu en 1496 co
remate da conquista das illas Canarias.
● En Europa pretenderon illar a Francia, a través de alianzas matrimoniais con outros
países.
3º ESO 1
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
1.4. A MONARQUÍAAUTORITARIA
● Os Reis Católicos propuxéronse impoñer a autoridade do rei en todos os territorios e
sobre todos os grupos sociais (monarquía autoritaria).
● En cada un dos reinos nomeouse un vicerrei, como delegado do rei.
● Na Coroa de Castela Isabel recortou o poder da nobreza e mais da Igrexa e introduciu
unha serie de reformas para reforzar a autoridade real que deron comezo ao ESTADO
MODERNO:
Creación da Santa Irmandade (1476), un corpo armado encargado de perseguir
malfeitores e criminais, e dun exército profesional, formado por mercenarios.
Instauración de Consellos, formados por xuristas escollidos e pagados polo rei,
para asesoralo. (Ex. Consello Real).
Creación da Real Audiencia para controlar a xustiza.
Reforzamento do sistema de recadación de impostos mediante a Contadoría
Real de Facenda.
 Nomeamento de corrixidores, funcionarios reais que presidían os concellos
(“concejos”) e exercían funcións de goberno.
● Na Coroa de Aragón, mantivéronse as institucións medievais (Cortes, Generalitat,...).
Para gobernar, Fernando continou co pactismo (pactar leis e impostos cos grupos
privilexiados representados nas Cortes de cada reino).
1.5. A DEFENSA DO CATOLICISMO
● Os Reis Católicos destacaron pola defensa da relixión católica:
– En 1478, estableceron o Tribunal da Inquisición encargado de perseguir aos
herexes.
– No 1492 ordenaron a expulsión dos xudeos que non se bauizasen. Os que se
converteron ao cristianismo foron chamados conversos. Os seus descendentes son
os actuais sefarditas (Sefarad=España).
– O Papa Alejandro VI concedeulles o título de Reis Católicos en 1496 pola defensa
que fixeron da relixión católica.
2. OS AUSTRIAS MAIORES (HABSBURGO)
2.1. O IMPERIO UNIVERSAL: CARLOS I (1516-1556)
2.1.1. A HERDANZA
● Carlos I de España e V de Alemaña, o primeiro monarca da dinastía dos Austria, era fillo
de Xoana de Castela, herdeira dos Reis Católicos, e do príncipe alemán Filipe de
Habsburgo. Recibiu unha grande herdanza:
Por parte materna: Castela, Navarra, a Coroa de Aragón e as posesións en
América e Italia.
Por parte paterna: os Países Baixos, Luxemburgo e o Franco Condado; e ao
morrer o seu avó, Austria, o Sur de Alemaña e o título de emperador do Sacro
Imperio Romano Xermánico (1519), recoñecido como Carlos V de Alemaña.
● O seu obxectivo principal foi dirixir o Imperio cristián universal que debía reunir baixo a
súa autoridade, a todos os gobernantes para a defensa da cristiandade.
2.1.2. PROBLEMAS INTERNOS
3º ESO 2
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
● Durante o seu reinado enfrontouse a revoltas sociais en Castela e Aragón:
– A revolta das Comunidades en Castela (1520-1521), xuntas municipais que se
opoñían a súa política económica e a falta de respecto ás leis do reino.
Rematou coa derrota dos comuneiros en Villalar
– Xermanías en Valencia e Mallorca (1521-1523), unha revolta de campesiños e
artesáns contra a opresión señorial.
2.1.3. PROBLEMAS EXTERNOS
● Tamén mantivo conflitos internacionais:
– Frecuentes guerras con Francia polo dominio de territorios italianos e a supremacía
en Europa.
– Loita contra o Imperio turco: este pobo de relixión musulmá, avanzaba sobre
Europa, converténdose nunha gran ameaza para os reinos cristiáns.
– A rebelión protestante no Imperio alemán: moitos príncipes alemáns apoiaban a
doutrina luterana e opoñíanse á autoridade política do emperador. Isto ocasionou
as guerras de relixión. Coa Paz de Augsburgo (1555), Carlos V recoñeceu a
relixión luterana e concedeu a liberdade relixionsa nos Estados alemáns.
● No 1556 abdicou e dividiu as súas posesións entre o seu irmán Fernando e o seu fillo
Felipe. Morreu no mosteiro de Yuste (1558).
2.2. O IMPERIO HISPÁNICO: FELIPE II (1556-1598)
● Felipe II herdou do seu pai todos os territorios, agás as posesións austríacas e o título
de emperador. Por iso, gobernou en función dos intereses hispánicos.
● O rei converteu Madrid en capital (1561) e gobernou persoalmente axudado por
funcionarios (burocracia): aumentou o seu poder, acentuou a centralización, ampliou o
sistema de Consellos e reforzou a figura do corrixidor. Durante o seu reinado, os dominios
americanos alcanzaron a súa máxima expansión.
2.2.1. POLÍTICA INTERIOR
● Filipe II foi un firme defensor da imposición do catolicismo e da Contrarreforma,
impulsando a loita contra o protestantismo,
– Fomentou a actuación da Inquisición perseguindo calquera desviación da doutrina
católica.
– Impuxo a limpeza de sangue que impedía ter cargos a quen tivera antepasados
xudeos ou musulmáns.
– Perseguiu aos xudeus conversos e aos mouriscos (musulmáns convertidos ao
catolicismo) granadinos o que provocou a sublevación das Alpujarras (1568-71).
2.2.2. POLÍTICA EXTERIOR
● Para manter a súa hexemonía en Europa:
– Loitou contra Francia (vitoria de San Quintín, 1557)
– Freou ao Imperio turco (Formación da Liga Santa e vitoria de Lepanto, 1571)
– Tentou dominar Inglaterra para acabar co cisma anglicano, cortar o apoio inglés
aos protestantes dos Países Baixos e impedir os ataques dos barcos corsarios. A
gran armada, enviada para conquistar Inglaterra foi un fracaso: derrota da Armada
3º ESO 3
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
Invencible (1588).
– O maior conflito foi a rebelión protestante en Flandres, que acabou nunha
sublevación (dirixida por Guillermo de Orange) e na división en dúas zonas dos
Países Baixos: o norte protestante e o sur católico baixo dependencia española, a
pesares da presenza dos terzos dirixidos polo duque de Alba (lenda negra).
– O seu maior éxito foi a anexión de Portugal (1581), grazas aos enlaces
matrimoniais entre ambas as dúas familias reais.
3. ECONOMÍA E SOCIEDADE HISPÁNICA NO SÉCULO XVI
● No século XVI produciuse unha gran demanda de produtos agrícolas para América, que
non podía ser cuberta coa produción hispánica.
● A escaseza de produtos e a gran chegada de ouro e prata das minas americanas
provocaron a suba dos prezos (revolución dos prezos) o que provocou o
empobrecemento das clases populares.
● Para poder acometer as guerras e proxectos imperiais de impoñer o catolicismo no
mundo, Carlos I precisaba moito ouro. Recurriu en numerosas ocasións aos empréstitos
de banqueiros, especialmente os alemáns Fugger. España quedou hipotecada durante os
100 anos seguintes e sufriu varias bancarrotas.
● A industria téxtil debilitouse pola competencia estranxeira, especialmente a de Flandres.
● O comercio, especialmente polo Atlántico experimentou un gran desenvolvemento. O
porto de Sevilla tiña o monopolio do comercio con América.
● No século XVI houbo un crecemento demográfico, sobre todo en Castela.
● A sociedade do século XVI seguía sendo estamental, dominada pola nobreza (Grandes
de España, cabaleiros e fidalgos) e polo clero, propietarios da maioría das terras e que
non pagaban impostos, mentres os non privilexiados, basicamente campesiños (máis do
80% da poboación), pagaban moitos impostos e tiñan numerosas obrigas. Tamén existían
grupos diferenciados, como os mouriscos e os xudeus conversos, aos que se marxinaba
e perseguía.
4. OS AUSTRIAS MENORES
4.1. O INICIO DO DECLIVE DO IMPERIO: FELIPE III
4.1.1. PAX HISPÁNICA
● A partir de Felipe III, os reis delegaron o goberno en validos, persoas que gozaban de
plena confianza do rei e gobernaban no seu nome.
● O feito máis destacado en política interior foi a expulsión dos mouriscos (1609).
● O reinado de Felipe III (1598-1621) e o seu valido, o duque de Lerma, foi bastante
pacífico en política exterior (tregua dos Doce Anos coas Provincias Unidas).
4.2. O REINADO DE FELIPE IV
4.2.1. PROBLEMAS EXTERNOS
● Baixo Felipe IV (1621-1665) e o seu valido, o conde-duque de Olivares, España
participou na Guerra dos Trinta Anos (1618-1648), que comezou sendo un conflito
relixioso e remantou sendo unha loita pola hexemonía europea debido ao interese de
moitos Estados en rematar co poder dos Habsburgo:
– Iniciouse en 1618 coa rebelión dos protestantes checos contra o futuro emperador
3º ESO 4
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
alemán Fernando II (católico), que pediu axuda ao seu parente español, Felipe III e
aos príncipes católicos alemáns. Venceron as tropas imperiais. Os protestantes
alemáns, preocupados polo poder do emperador solicitaron axuda a outros estados
protestantes europeos, formándose dous bandos:
 O bando dos católicos estaba formado polos Habsburgo de Viena e Madrid, o
Papa e príncipes alemáns católicos.
 Os protestantes: príncipes alemáns protestantes apoiados por Dinamarca,
Inglaterra, Holanda e Suecia.
– Francia, aínda que era un país católico, aliouse cos protestantes e entrou no
conflito en 1635 porque desexaba converterse nunha nación con poder en Europa.
– A guerra rematou coa Paz de Westfalia (1648) que para España significou a fin da
súa hexemonía en Europa.
– Consecuencias: España tivo que recoñecer a independencia das Provincias Unidas
dos Países Baixos (Holanda); a Confederación Helvética (Suíza) e Austria
sepáranse do Imperio, recoñécese o principio de tolerancia relixiosa en Europa, o
Imperio alemán fragméntase .
● Felipe IV continou loitando contra Francia pola hexemonía europea, asinándose a Paz
dos Pirineos (1659) que significou a entrega aos franceses dalgúns territorios en Flandres,
do Rosellón e parte da Cerdaña.
4.2.2. PROBLEMAS INTERNOS
● Por iniciativa do seu valido Olivares, Felipe IV intentou eliminar os privilexios forais dos
distinto reinos que formaban a Monarquía. Este proxecto foi coñecido como Unión de
Armas (1624) e pretendía establecer en todos os territorios peninsulares as leis de
Castela e crear un exército permanente no que participasen todos os reinos. Foi rexeitado
nos territorios que gozaban de privilexios forais e non se levou a cabo.
● A participación de España na Guerra dos Trinta Anos, incrimentou a necesidade de
homes e diñeiro e desembocou na crise de 1640, con levantamentos en Cataluña
(apoiada por Francia) e en Portugal, que se independizou (1668).
4.3. O REINADO DE CARLOS II
4.3.1. A FIN DA DINASTÍA DOS AUSTRIAS
● O último Austria, Carlos II (1665-1700) representou o final da dinastía dos Habsburgo
españois, pola súa incapacidade, pola corrupción e pola grave crise económica e política.
A súa morte sen descendencia produciu un conflito sucesorio, a guerra de sucesión, entre
os candidatos á Coroa española: Carlos de Austria (apoiado por Austria, Inglaterra e
Holanda) e Felipe de Borbón (apoiado por Francia), designado como herdeiro por Carlos
II, que finalmente foi o que venceu.
5. CRISE ECONÓMICA E SOCIAL DO SÉCULO XVII
● No século XVII sufriuse unha grave crise demográfica debido ás migracións cara a
América, ás guerras, á expulsión dos mouriscos e ás pestes e epidemias.
● Tamén se viviu unha profunda crise económica:
– A marcha dos mouriscos e a suba de impostos empeoraron a agricultura e a
gandaría. Moitos campesiños marcharon ás cidades e malviviron como pícaros ou
mendigos.
3º ESO 5
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
– A competencia estranxeira, os impostos sobre os intercambios e a redución da
demanda americana afundiron aínda máis a industria e o comercio.
– As finanzas públicas tamén empeoraron a causa do aumento dos gastos da Coroa,
das guerras e do esgotamento das minas de ouro de prata. O Estado tivo que
declararse en bancarrota.
● As riquezas de América empregáronse para sufragar as guerras de relixión e enriquecer
á nobreza e non estimularon a produción. Consolidouse un modelo social rendista no que
se aspiraba a vivir de rendas ou a enriquecerse no novo continente, despreciábase o
traballo manual. En cambio, campesiños, artesáns e comerciantes empobrecéronse.
● Na Coroa de Aragón, marxinada da aventura americana, a crise foi menos intensa e
creáronse compañías comerciais e manufacturas.
6. GALICIA NOS SÉCULOS XVI E XVII
6.1. AACTUACIÓN DOS REIS CATÓLICOS EN GALICIA. AS INSTITUCIÓNS
● O reino de Galicia integrouse no novo Estado creado polos Reis Católicos e os seus
sucesores da casa de Austria. Xeralizouse o uso do castelán e o idioma galego quedou
relegado ao ámbito familiar.
● Creáronse novas institucións, que permitiron levar a autoridade dos Reis a todo o país:
A principal institución foi a Real Audiencia do Reino de Galicia cuxas funcións
eran: administrar xustiza, controlar a orde pública e solucionar preitos de rendas ou
foros de terras.
Máis tarde creouse o cargo de gobernador ou Capitán Xeneral, que presidía a
Audiencia e que posteriormente tivo un carácter exclusivamente militar, e o
corrixidor, máxima autoridade das vilas e cidades.
No ano 1528 creouse unha institución especificamente galega, con poucas f
uncións e formada por representantes das sete provincias de Galicia: a Xunta do
Reino de Galicia
● A nobreza galega foi sometida á autoridade dos Reis Católicos: “doma y castra de
Galicia”
6.2. A GALICIA DOS FIDALGOS E FOREIROS
● Ao iniciarse a Idade Moderna, a maioría da poboación galega vivía no campo, en
pequenas parroquias con poucos habitantes.
● A finais do século XVI reduciuse o número de habitantes en Galicia a consecuencia das
fames, as epidemias e a participación nos conflitos europeos.
● A sociedade galega presentaba grandes diferenzas:
O clero era moi poderoso e dispuña de extensas propiedades de terras que lle
proporcionaban rendas. Tamén percibía o décimo (diezmo)
A alta nobreza pasou a residir na Corte (Madrid). Esta ausencia permitiu o auxe
da fidalguía ou baixa nobreza, encargada de cobrar os foros que gravaban as
terras que traballaba o campesiñado con este sistema de contrato agrario. Os
fidalgos lograban dos grandes propietarios (Alta nobreza, Igrexa) a concesión de
parcelas de terreo en foro, que, á súa vez, subaforaban a campesiños, quedándose
cunha parte das rendas. Os pazos simbolizaban o seu poder.
Os campesiños representaban o 80% da poboación e pagaban diversos impostos
e rendas.
● A gran maioría das familias galegas vivían da agricultura, da venda de viño, de centeo
3º ESO 6
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
ou de produtos de gando vacún.
● O millo, procedente de América, introduciuse a comezos do século XVII e en pouco
tempo converteuse nun cultivo básico do campo galego; a pataca tardou un século máis
en afianzar o seu desenvolvemento. Os novos cultivos favoreceron o crecemento da
poboación.
3º ESO 7

Contenu connexe

Tendances

Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis CatólicosTema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
rubempaul
 
A hexemonía española no século xvi
A hexemonía española no século xviA hexemonía española no século xvi
A hexemonía española no século xvi
Rosacidgalante
 
Tema 9. A Monarquía Hispánica
Tema 9. A Monarquía HispánicaTema 9. A Monarquía Hispánica
Tema 9. A Monarquía Hispánica
Dudas-Historia
 
Tema 12: Galicia na Idade Moderna
Tema 12: Galicia na Idade ModernaTema 12: Galicia na Idade Moderna
Tema 12: Galicia na Idade Moderna
Santi Pazos
 
Tema 7 O nacemento do mundo moderno
Tema 7 O nacemento do mundo modernoTema 7 O nacemento do mundo moderno
Tema 7 O nacemento do mundo moderno
rubempaul
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade moderna
mttq
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade moderna
mttq
 
A península Ibérica entre os séculos VIII e XI
A península Ibérica entre os séculos VIII e XIA península Ibérica entre os séculos VIII e XI
A península Ibérica entre os séculos VIII e XI
Rosacidgalante
 

Tendances (20)

Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en EspañaTema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España
 
A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)
 
Vocabulario Historia España ABAU
Vocabulario Historia España ABAUVocabulario Historia España ABAU
Vocabulario Historia España ABAU
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudal
 
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis CatólicosTema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
 
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade MediaTema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
 
A hexemonía española no século xvi
A hexemonía española no século xviA hexemonía española no século xvi
A hexemonía española no século xvi
 
Tema 9. A Monarquía Hispánica
Tema 9. A Monarquía HispánicaTema 9. A Monarquía Hispánica
Tema 9. A Monarquía Hispánica
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
 
Tema 2. 3º ESO
Tema 2. 3º ESOTema 2. 3º ESO
Tema 2. 3º ESO
 
Tema 12: Galicia na Idade Moderna
Tema 12: Galicia na Idade ModernaTema 12: Galicia na Idade Moderna
Tema 12: Galicia na Idade Moderna
 
Tema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade ModernaTema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade Moderna
 
Tema 7 O nacemento do mundo moderno
Tema 7 O nacemento do mundo modernoTema 7 O nacemento do mundo moderno
Tema 7 O nacemento do mundo moderno
 
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia EspañaUnidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
 
Reis Católicos. Os descubrimentos xeográficos
Reis Católicos. Os descubrimentos xeográficosReis Católicos. Os descubrimentos xeográficos
Reis Católicos. Os descubrimentos xeográficos
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade moderna
 
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade MediaA fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudal
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade moderna
 
A península Ibérica entre os séculos VIII e XI
A península Ibérica entre os séculos VIII e XIA península Ibérica entre os séculos VIII e XI
A península Ibérica entre os séculos VIII e XI
 

En vedette

A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antiga
rubempaul
 

En vedette (19)

A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
 
Tema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e ExiptoTema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e Exipto
 
A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
 
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOfficeElaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
 
A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antiga
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
 
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
 
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
 
O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)
 
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxíaTema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
 
A poboación mundial
A poboación mundial A poboación mundial
A poboación mundial
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
 
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanaOs pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
 

Similaire à Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)

Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade moderna
mttq
 
O reinado dos reis católicos
O reinado dos reis católicosO reinado dos reis católicos
O reinado dos reis católicos
icoico1
 
A España dos Reis Católicos
A España dos Reis CatólicosA España dos Reis Católicos
A España dos Reis Católicos
lolaen
 
Tema 5 Os grandes reinos peninsulares
Tema 5 Os grandes reinos peninsularesTema 5 Os grandes reinos peninsulares
Tema 5 Os grandes reinos peninsulares
rubempaul
 
Unidade 9 imperio español
Unidade 9 imperio españolUnidade 9 imperio español
Unidade 9 imperio español
camposseijo
 
renacemento 110517020217-phpapp02
renacemento 110517020217-phpapp02renacemento 110517020217-phpapp02
renacemento 110517020217-phpapp02
LOPEZMOURENZA
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade moderna
mttq
 
10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español
10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español
10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español
roberto
 

Similaire à Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO) (20)

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade moderna
 
Tema 10 O imperio dos Austria
Tema 10 O imperio dos AustriaTema 10 O imperio dos Austria
Tema 10 O imperio dos Austria
 
Historia Moderna
Historia ModernaHistoria Moderna
Historia Moderna
 
O reinado dos reis católicos
O reinado dos reis católicosO reinado dos reis católicos
O reinado dos reis católicos
 
A España dos Reis Católicos
A España dos Reis CatólicosA España dos Reis Católicos
A España dos Reis Católicos
 
Edadmoderna sexto
Edadmoderna   sextoEdadmoderna   sexto
Edadmoderna sexto
 
Tema6 150518150755-lva1-app6892
Tema6 150518150755-lva1-app6892Tema6 150518150755-lva1-app6892
Tema6 150518150755-lva1-app6892
 
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos AustriasA España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
 
O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
 O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.  O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
 
Tema 5 Os grandes reinos peninsulares
Tema 5 Os grandes reinos peninsularesTema 5 Os grandes reinos peninsulares
Tema 5 Os grandes reinos peninsulares
 
Unidade 9 imperio español
Unidade 9 imperio españolUnidade 9 imperio español
Unidade 9 imperio español
 
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdfApuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
 
A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)
A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)
A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)
 
UNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptx
UNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptxUNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptx
UNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptx
 
renacemento 110517020217-phpapp02
renacemento 110517020217-phpapp02renacemento 110517020217-phpapp02
renacemento 110517020217-phpapp02
 
Unidade 4. o reformismo borbónico
Unidade 4. o reformismo borbónicoUnidade 4. o reformismo borbónico
Unidade 4. o reformismo borbónico
 
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade moderna
 
10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español
10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español
10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español
 

Plus de rubempaul

2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
rubempaul
 

Plus de rubempaul (17)

Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacemento
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerras
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciario
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
 

Dernier

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Dernier (12)

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 

Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)

  • 1. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA A MONARQUÍA HISPÁNICA: A ÉPOCA DOS REIS CATÓLICOS E DOS AUSTRIAS 1. A MONARQUÍAAUTORITARIA: OS REIS CATÓLICOS 1.1. A UNIÓN DINÁSTICA ● En 1469 uníronse en matrimonio o príncipe Fernando, fillo de Xoán II, rei da Coroa de Aragón, e a princesa Isabel, irmá de Enrique IV, rei de Castela. ● En 1479 Fernando converteuse en rei da Coroa de Aragón. Ese mesmo ano, Isabel impúxose como raíña de Castela, tras unha guerra civil pola sucesión ao trono (1475- 1479) que a enfrontou á súa sobriña Xoana, chamada a Beltranexa. ● A unión de Isabel e Fernando non implicou a creación dun único reino, senón que foi só unha unión dinástica (dinastía Trastámara): cada reino (Castela e Aragón) mantivo as súas fronteiras, monarca, moeda, leis, costumes, institucións e idioma. ● Os Reis Católicos impuxeron formas de goberno e de actuacións conxuntas (política exterior e conquistas militares), polo que comezaron a ser coñecidos internacionalmente como reis de España. 1.2. A INTEGRACIÓN TERRITORIAL ● Durante o seu reinado (1479-1516), os Reis Católicos pretenderon unir todos os territorios peninsulares baixo a súa autoridade, mediante a seguinte política de expansión territorial: Conquistaron o reino de Granada(1492), rematando así a Reconquista. Boabdil, o derradeiro monarca nazarí, rendeuse. Desenvolveron unha política de enlaces matrimoniais con Portugal. Dúas das súas fillas, Isabel e María, casaron cos monarcas portugueses. Estes enlaces deron froito anos máis tarde, cando Filipe II (neto dos RR.CC) herdou o reino de Portugal e o incorporou á Coroa. En 1512, o Reino de Navarra quedou incorporada a Castela, pero conservando as súas leis (fueros) e institucións. 1.3. A POLÍTICA EXTERIOR ● Os Reis Católicos orientaron a súa política internacional nas seguintes direccións: ● Cara ao Mediterráneo:  A Coroa de Aragón recuperou os condados do Rosellón e da Cerdaña (1493).  En 1504, e tras varias guerras con Francia, un exército dirixido por Gonzalo Fernández de Córdoba (o Gran Capitán) conquistou o reino de Nápoles.  Conquista dos portos de Melilla (1497), Orán e Buxía (1509). ● Cara ao Atlántico:  Apoiaron o proxecto de Cristovo Colón, que permitiu a chegada en 1492 a América.  Castela iniciou a súa expansión cara ao Atlántico, que concluíu en 1496 co remate da conquista das illas Canarias. ● En Europa pretenderon illar a Francia, a través de alianzas matrimoniais con outros países. 3º ESO 1
  • 2. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA 1.4. A MONARQUÍAAUTORITARIA ● Os Reis Católicos propuxéronse impoñer a autoridade do rei en todos os territorios e sobre todos os grupos sociais (monarquía autoritaria). ● En cada un dos reinos nomeouse un vicerrei, como delegado do rei. ● Na Coroa de Castela Isabel recortou o poder da nobreza e mais da Igrexa e introduciu unha serie de reformas para reforzar a autoridade real que deron comezo ao ESTADO MODERNO: Creación da Santa Irmandade (1476), un corpo armado encargado de perseguir malfeitores e criminais, e dun exército profesional, formado por mercenarios. Instauración de Consellos, formados por xuristas escollidos e pagados polo rei, para asesoralo. (Ex. Consello Real). Creación da Real Audiencia para controlar a xustiza. Reforzamento do sistema de recadación de impostos mediante a Contadoría Real de Facenda.  Nomeamento de corrixidores, funcionarios reais que presidían os concellos (“concejos”) e exercían funcións de goberno. ● Na Coroa de Aragón, mantivéronse as institucións medievais (Cortes, Generalitat,...). Para gobernar, Fernando continou co pactismo (pactar leis e impostos cos grupos privilexiados representados nas Cortes de cada reino). 1.5. A DEFENSA DO CATOLICISMO ● Os Reis Católicos destacaron pola defensa da relixión católica: – En 1478, estableceron o Tribunal da Inquisición encargado de perseguir aos herexes. – No 1492 ordenaron a expulsión dos xudeos que non se bauizasen. Os que se converteron ao cristianismo foron chamados conversos. Os seus descendentes son os actuais sefarditas (Sefarad=España). – O Papa Alejandro VI concedeulles o título de Reis Católicos en 1496 pola defensa que fixeron da relixión católica. 2. OS AUSTRIAS MAIORES (HABSBURGO) 2.1. O IMPERIO UNIVERSAL: CARLOS I (1516-1556) 2.1.1. A HERDANZA ● Carlos I de España e V de Alemaña, o primeiro monarca da dinastía dos Austria, era fillo de Xoana de Castela, herdeira dos Reis Católicos, e do príncipe alemán Filipe de Habsburgo. Recibiu unha grande herdanza: Por parte materna: Castela, Navarra, a Coroa de Aragón e as posesións en América e Italia. Por parte paterna: os Países Baixos, Luxemburgo e o Franco Condado; e ao morrer o seu avó, Austria, o Sur de Alemaña e o título de emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (1519), recoñecido como Carlos V de Alemaña. ● O seu obxectivo principal foi dirixir o Imperio cristián universal que debía reunir baixo a súa autoridade, a todos os gobernantes para a defensa da cristiandade. 2.1.2. PROBLEMAS INTERNOS 3º ESO 2
  • 3. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA ● Durante o seu reinado enfrontouse a revoltas sociais en Castela e Aragón: – A revolta das Comunidades en Castela (1520-1521), xuntas municipais que se opoñían a súa política económica e a falta de respecto ás leis do reino. Rematou coa derrota dos comuneiros en Villalar – Xermanías en Valencia e Mallorca (1521-1523), unha revolta de campesiños e artesáns contra a opresión señorial. 2.1.3. PROBLEMAS EXTERNOS ● Tamén mantivo conflitos internacionais: – Frecuentes guerras con Francia polo dominio de territorios italianos e a supremacía en Europa. – Loita contra o Imperio turco: este pobo de relixión musulmá, avanzaba sobre Europa, converténdose nunha gran ameaza para os reinos cristiáns. – A rebelión protestante no Imperio alemán: moitos príncipes alemáns apoiaban a doutrina luterana e opoñíanse á autoridade política do emperador. Isto ocasionou as guerras de relixión. Coa Paz de Augsburgo (1555), Carlos V recoñeceu a relixión luterana e concedeu a liberdade relixionsa nos Estados alemáns. ● No 1556 abdicou e dividiu as súas posesións entre o seu irmán Fernando e o seu fillo Felipe. Morreu no mosteiro de Yuste (1558). 2.2. O IMPERIO HISPÁNICO: FELIPE II (1556-1598) ● Felipe II herdou do seu pai todos os territorios, agás as posesións austríacas e o título de emperador. Por iso, gobernou en función dos intereses hispánicos. ● O rei converteu Madrid en capital (1561) e gobernou persoalmente axudado por funcionarios (burocracia): aumentou o seu poder, acentuou a centralización, ampliou o sistema de Consellos e reforzou a figura do corrixidor. Durante o seu reinado, os dominios americanos alcanzaron a súa máxima expansión. 2.2.1. POLÍTICA INTERIOR ● Filipe II foi un firme defensor da imposición do catolicismo e da Contrarreforma, impulsando a loita contra o protestantismo, – Fomentou a actuación da Inquisición perseguindo calquera desviación da doutrina católica. – Impuxo a limpeza de sangue que impedía ter cargos a quen tivera antepasados xudeos ou musulmáns. – Perseguiu aos xudeus conversos e aos mouriscos (musulmáns convertidos ao catolicismo) granadinos o que provocou a sublevación das Alpujarras (1568-71). 2.2.2. POLÍTICA EXTERIOR ● Para manter a súa hexemonía en Europa: – Loitou contra Francia (vitoria de San Quintín, 1557) – Freou ao Imperio turco (Formación da Liga Santa e vitoria de Lepanto, 1571) – Tentou dominar Inglaterra para acabar co cisma anglicano, cortar o apoio inglés aos protestantes dos Países Baixos e impedir os ataques dos barcos corsarios. A gran armada, enviada para conquistar Inglaterra foi un fracaso: derrota da Armada 3º ESO 3
  • 4. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA Invencible (1588). – O maior conflito foi a rebelión protestante en Flandres, que acabou nunha sublevación (dirixida por Guillermo de Orange) e na división en dúas zonas dos Países Baixos: o norte protestante e o sur católico baixo dependencia española, a pesares da presenza dos terzos dirixidos polo duque de Alba (lenda negra). – O seu maior éxito foi a anexión de Portugal (1581), grazas aos enlaces matrimoniais entre ambas as dúas familias reais. 3. ECONOMÍA E SOCIEDADE HISPÁNICA NO SÉCULO XVI ● No século XVI produciuse unha gran demanda de produtos agrícolas para América, que non podía ser cuberta coa produción hispánica. ● A escaseza de produtos e a gran chegada de ouro e prata das minas americanas provocaron a suba dos prezos (revolución dos prezos) o que provocou o empobrecemento das clases populares. ● Para poder acometer as guerras e proxectos imperiais de impoñer o catolicismo no mundo, Carlos I precisaba moito ouro. Recurriu en numerosas ocasións aos empréstitos de banqueiros, especialmente os alemáns Fugger. España quedou hipotecada durante os 100 anos seguintes e sufriu varias bancarrotas. ● A industria téxtil debilitouse pola competencia estranxeira, especialmente a de Flandres. ● O comercio, especialmente polo Atlántico experimentou un gran desenvolvemento. O porto de Sevilla tiña o monopolio do comercio con América. ● No século XVI houbo un crecemento demográfico, sobre todo en Castela. ● A sociedade do século XVI seguía sendo estamental, dominada pola nobreza (Grandes de España, cabaleiros e fidalgos) e polo clero, propietarios da maioría das terras e que non pagaban impostos, mentres os non privilexiados, basicamente campesiños (máis do 80% da poboación), pagaban moitos impostos e tiñan numerosas obrigas. Tamén existían grupos diferenciados, como os mouriscos e os xudeus conversos, aos que se marxinaba e perseguía. 4. OS AUSTRIAS MENORES 4.1. O INICIO DO DECLIVE DO IMPERIO: FELIPE III 4.1.1. PAX HISPÁNICA ● A partir de Felipe III, os reis delegaron o goberno en validos, persoas que gozaban de plena confianza do rei e gobernaban no seu nome. ● O feito máis destacado en política interior foi a expulsión dos mouriscos (1609). ● O reinado de Felipe III (1598-1621) e o seu valido, o duque de Lerma, foi bastante pacífico en política exterior (tregua dos Doce Anos coas Provincias Unidas). 4.2. O REINADO DE FELIPE IV 4.2.1. PROBLEMAS EXTERNOS ● Baixo Felipe IV (1621-1665) e o seu valido, o conde-duque de Olivares, España participou na Guerra dos Trinta Anos (1618-1648), que comezou sendo un conflito relixioso e remantou sendo unha loita pola hexemonía europea debido ao interese de moitos Estados en rematar co poder dos Habsburgo: – Iniciouse en 1618 coa rebelión dos protestantes checos contra o futuro emperador 3º ESO 4
  • 5. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA alemán Fernando II (católico), que pediu axuda ao seu parente español, Felipe III e aos príncipes católicos alemáns. Venceron as tropas imperiais. Os protestantes alemáns, preocupados polo poder do emperador solicitaron axuda a outros estados protestantes europeos, formándose dous bandos:  O bando dos católicos estaba formado polos Habsburgo de Viena e Madrid, o Papa e príncipes alemáns católicos.  Os protestantes: príncipes alemáns protestantes apoiados por Dinamarca, Inglaterra, Holanda e Suecia. – Francia, aínda que era un país católico, aliouse cos protestantes e entrou no conflito en 1635 porque desexaba converterse nunha nación con poder en Europa. – A guerra rematou coa Paz de Westfalia (1648) que para España significou a fin da súa hexemonía en Europa. – Consecuencias: España tivo que recoñecer a independencia das Provincias Unidas dos Países Baixos (Holanda); a Confederación Helvética (Suíza) e Austria sepáranse do Imperio, recoñécese o principio de tolerancia relixiosa en Europa, o Imperio alemán fragméntase . ● Felipe IV continou loitando contra Francia pola hexemonía europea, asinándose a Paz dos Pirineos (1659) que significou a entrega aos franceses dalgúns territorios en Flandres, do Rosellón e parte da Cerdaña. 4.2.2. PROBLEMAS INTERNOS ● Por iniciativa do seu valido Olivares, Felipe IV intentou eliminar os privilexios forais dos distinto reinos que formaban a Monarquía. Este proxecto foi coñecido como Unión de Armas (1624) e pretendía establecer en todos os territorios peninsulares as leis de Castela e crear un exército permanente no que participasen todos os reinos. Foi rexeitado nos territorios que gozaban de privilexios forais e non se levou a cabo. ● A participación de España na Guerra dos Trinta Anos, incrimentou a necesidade de homes e diñeiro e desembocou na crise de 1640, con levantamentos en Cataluña (apoiada por Francia) e en Portugal, que se independizou (1668). 4.3. O REINADO DE CARLOS II 4.3.1. A FIN DA DINASTÍA DOS AUSTRIAS ● O último Austria, Carlos II (1665-1700) representou o final da dinastía dos Habsburgo españois, pola súa incapacidade, pola corrupción e pola grave crise económica e política. A súa morte sen descendencia produciu un conflito sucesorio, a guerra de sucesión, entre os candidatos á Coroa española: Carlos de Austria (apoiado por Austria, Inglaterra e Holanda) e Felipe de Borbón (apoiado por Francia), designado como herdeiro por Carlos II, que finalmente foi o que venceu. 5. CRISE ECONÓMICA E SOCIAL DO SÉCULO XVII ● No século XVII sufriuse unha grave crise demográfica debido ás migracións cara a América, ás guerras, á expulsión dos mouriscos e ás pestes e epidemias. ● Tamén se viviu unha profunda crise económica: – A marcha dos mouriscos e a suba de impostos empeoraron a agricultura e a gandaría. Moitos campesiños marcharon ás cidades e malviviron como pícaros ou mendigos. 3º ESO 5
  • 6. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA – A competencia estranxeira, os impostos sobre os intercambios e a redución da demanda americana afundiron aínda máis a industria e o comercio. – As finanzas públicas tamén empeoraron a causa do aumento dos gastos da Coroa, das guerras e do esgotamento das minas de ouro de prata. O Estado tivo que declararse en bancarrota. ● As riquezas de América empregáronse para sufragar as guerras de relixión e enriquecer á nobreza e non estimularon a produción. Consolidouse un modelo social rendista no que se aspiraba a vivir de rendas ou a enriquecerse no novo continente, despreciábase o traballo manual. En cambio, campesiños, artesáns e comerciantes empobrecéronse. ● Na Coroa de Aragón, marxinada da aventura americana, a crise foi menos intensa e creáronse compañías comerciais e manufacturas. 6. GALICIA NOS SÉCULOS XVI E XVII 6.1. AACTUACIÓN DOS REIS CATÓLICOS EN GALICIA. AS INSTITUCIÓNS ● O reino de Galicia integrouse no novo Estado creado polos Reis Católicos e os seus sucesores da casa de Austria. Xeralizouse o uso do castelán e o idioma galego quedou relegado ao ámbito familiar. ● Creáronse novas institucións, que permitiron levar a autoridade dos Reis a todo o país: A principal institución foi a Real Audiencia do Reino de Galicia cuxas funcións eran: administrar xustiza, controlar a orde pública e solucionar preitos de rendas ou foros de terras. Máis tarde creouse o cargo de gobernador ou Capitán Xeneral, que presidía a Audiencia e que posteriormente tivo un carácter exclusivamente militar, e o corrixidor, máxima autoridade das vilas e cidades. No ano 1528 creouse unha institución especificamente galega, con poucas f uncións e formada por representantes das sete provincias de Galicia: a Xunta do Reino de Galicia ● A nobreza galega foi sometida á autoridade dos Reis Católicos: “doma y castra de Galicia” 6.2. A GALICIA DOS FIDALGOS E FOREIROS ● Ao iniciarse a Idade Moderna, a maioría da poboación galega vivía no campo, en pequenas parroquias con poucos habitantes. ● A finais do século XVI reduciuse o número de habitantes en Galicia a consecuencia das fames, as epidemias e a participación nos conflitos europeos. ● A sociedade galega presentaba grandes diferenzas: O clero era moi poderoso e dispuña de extensas propiedades de terras que lle proporcionaban rendas. Tamén percibía o décimo (diezmo) A alta nobreza pasou a residir na Corte (Madrid). Esta ausencia permitiu o auxe da fidalguía ou baixa nobreza, encargada de cobrar os foros que gravaban as terras que traballaba o campesiñado con este sistema de contrato agrario. Os fidalgos lograban dos grandes propietarios (Alta nobreza, Igrexa) a concesión de parcelas de terreo en foro, que, á súa vez, subaforaban a campesiños, quedándose cunha parte das rendas. Os pazos simbolizaban o seu poder. Os campesiños representaban o 80% da poboación e pagaban diversos impostos e rendas. ● A gran maioría das familias galegas vivían da agricultura, da venda de viño, de centeo 3º ESO 6
  • 7. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA ou de produtos de gando vacún. ● O millo, procedente de América, introduciuse a comezos do século XVII e en pouco tempo converteuse nun cultivo básico do campo galego; a pataca tardou un século máis en afianzar o seu desenvolvemento. Os novos cultivos favoreceron o crecemento da poboación. 3º ESO 7