SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  32
Télécharger pour lire hors ligne
PÁXINA 2
Editorial
A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
Dada a situación extraordinaria vivida polo estado de alarma, as nosas alumnas de 4º da ESO quedaron sen a súa festa de graduación. Por
esta razón, pareceunos unha boa idea ofrecerlles a posibilidade de despedirse dos seus compañeiros/as e profesores /as dende a editorial
do primeiro número de “A voz do Xestal”.
DISCURSO DESPEDIDA 4ºESO por Clara Brage e Lucía López.
Somos Clara e Lucía, e estamos no noso último ano no CPI Plurilingüe Virxe da Cela.
Despois de 13 anos neste colexio, á vez que foron pasando os anos, fomos madurando, e facéndonos nas persoas
que somos a día de hoxe. Para isto, contamos coa axuda de profesoras como Estela, que nos ensinou a escribir o
noso nome.
Cando chegou primaria, Marisol foi a que nos acompañou de primeiro ata cuarto, coa que temos moitos e moi bo-
nitos recordos: dende darnos gominolas se sabiamos ben a táboa do cinco ou os verbos, ata castigar a Cristian por
contarlle as súas historias cando non entregaba os deberes. Marisol, unha profesora que sempre imos ter no noso
recordo.
Outra das profesoras que tamén nos marcou durante a etapa de primaria, foi Begoña, a nosa profe de reli, á que
tamén lle temos especial cariño.
Logo chegou Camino, que dende Navarra e Aragón ata Finlandia, acompañounos nas nosas viaxes.
Acercábase a ESO, e Carmen estivo en 6º para prepararnos. Chegou a temible ESO, e aínda recordamos o primeiro
día que chegou Miriam, a profesora de castelán. Todos en silencio absoluto, co medo que lle tiñamos, e ela, co seu
clásico: “¡¿Pero qué os pasa?!”. Co tempo, entre as súas clases de morfosintaxe, fómola coñecendo, e é para nós
como unha máis da familia.
E, como non, en 1º da ESO, tivemos á marabillosa Teresa, profesora de sociais, coa que as clases eran moi diverti-
das. Ademais, fíxonos aprender moi ben a pronunciación do “Meridiano de Greenwich”.
Chegou 2º da ESO, e con el, coñecemos a Manuel, profesor de Tecnoloxía. Tamén recordamos que o primeiro día
mandounos facer un traballo sobre canto costaba facer unha tortilla. Este profesor tamén nos marcou en 3º, cando
odiabamos os circuítos, e ao final, o profesor decidiu poñernos a cravar táboas. Tamén é un profesor moi especial
para nós.
3º da ESO foi un curso moi peculiar, xa que empezamos sendo catro na clase. Neste curso, viaxamos a Roma, cos
nosos amigos e compañeiros que estaban ese ano en 4º. Foi unha viaxe inesquecible!
E, chegou o noso último ano, xa só quedabamos dúas. Este ano estivo cheo de viaxes, como Andorra ou Finlandia.
Queriamos resaltar ao noso titor David Casado, que xa nos acompañara dende 1º, explicándonos tan ben a súa
Bioloxía.
Este ano, tamén queriamos resaltar as clases de Plástica, que se nos facían moi amenas xunto coa nosa profe
Marta.
Tamén contamos coa chegada de Laura, a nosa profe de Francés, coa que non faltaba a creatividade, e as clases
facíaas moi divertidas.
E como non, falar da nosa profe Rosalía, que tivemos dende 3º, e que nos inculcou o amor pola Historia.
Pese ao pouco tempo que estivo, tamén nos gustaría falar de Marta, a nosa profesora de Matemáticas que tive-
mos durante o primeiro trimestre.
Finalmente, en canto aos profesores, gustaríanos mencionar a profesoras como Soraya, de Inglés, Delfina, coa que
as risas non faltaban, ou Teresa de Educación Física. E, con especial cariño, recordar a Yoli de Relixión, ou Ángeles
en 1º ou Jorge en 3º, cos que as matemáticas non se facían tan difíciles. E, á profesora de Educación Física de
primaria, Ruth, querémoslle moito.
Dende pequenos, sempre fomos 8, xunto con Álex, Sonia, Daniela, Tania, e Leonor. Pero, en 5º, Tania foise, e en 1º
da ESO, Leonor, pero, contamos coa chegada de Diego en 6º. En 1º, chegaron Héctor e Pablo Vila, e en 2º o adora-
ble Maroño. Con todos compartimos momentos inesquecibles, e querémolos moito. En 3º perdemos a Sonia, Da-
niela..., e tan só quedamos nós, Pablo Vila e Castri.
Escribindo este discurso, saíron risas, lágrimas, e moitos recordos.
Por último queremos agradecer a todos os profesores que pasaron pola nosa vida, o ben que nos trataron e nos
ensinaron. E como non, aos amigos que levamos.
Botarémolo todo de menos.
PÁXINA 3 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
"A cadeira vermella" é a
campaña que a ONG En-
treculturas lanza para
concienciar á poboación
do Dereito á Educación
de máis de 61 millóns de
nen@s en todo o mundo
que están sen escolarizar.
Un grupiño de alum-
nos/as de 2º, 3º e 4º da
ESO axudaron a presentar
esta campaña reivindi-
cando a escolarización
universal para todos os
nenos e nenas do mundo.
Así, realizaron diversas sesións de contacontos para o alumnado de infantil e primaria. Nas se-
sións os rapaces da ESO narraron o conto “Mahán e a cadeira vermella”, un conto creado polo
alumnado do CPI Virxe da Cela de Monfero, e que fala sobre o Dereito á Educación Universal. Lo-
go como parte da dinámica, realizaron o xogo de “ A cadeira vermella” así como un pasapalabra
sobre o conto. Ao remate da sesión todos os nenos e nenas foron agasallados cunha cadeiriña
vermella que levaron para súa clase como símbolo do Dereito á Educación de todos os Nenos e
Nenas do mundo (agradecemos a Alberto a súa implicación na actividade facendo as cadeiriñas
na impresora 3D).
Esta actividade está organizada polo EDLG, a
Biblioteca Escolar e o Departamento de Reli.
Queremos a través dela potenciar o uso da
lingua galega, tanto de maneira escrita como
oral, e ofrecérmonos o lugar perfecto para mer-
gullarnos no mundo das historias.
Aquí podedes ver un vídeo da xornada
20 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL dos dereitos dos nenos
PÁXINA 4 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
MANIFESTO NO DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS E
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO—
Hoxe con esta carreira solidaria queremos conmemorar dúas datas significativas que cumpre
lembrar: por unha banda o Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e Nenas e por outro O Día
Internacional contra a Violencia de Xénero. Por iso reunímonos aquí para alzar as nosas voces e
manifestar o noso compromiso concreto de traballar pola xustiza e a defensa dos Dereitos de to-
dos.
A pesar de que todos os nenos e nenas temos os mesmos dereitos, somos conscientes de que en
moitas partes do mundo vense vulnerados e que os gobernos e a sociedade en xeral non fan to-
dos os esforzos necesarios para cambiar esta situación.
É unha sorte ter unha familia que nos ama, recibir educación, estar rodeados de xente en quen
poder confiar e de amigos que nos axudan, ter asistencia médica, comida e unha casa. Moitos
outros nenos e nenas non poden dicir o mesmo. Por iso, queremos dar as grazas a todos aqueles
que se preocupan por nós e que nos axudan para que os nosos dereitos sexan respectados.
Pero queremos ir máis aló da nosa contorna máis próxima e manifestar de maneira especial o
noso firme rexeitamento a todas as situacións que viven millóns de nenos e nenas cando se vul-
nera a súa condición humana. Rexeitamos especialmente a guerra e as súas consecuencias, a
explotación laboral e sexual, a marxinación polas discapacidades físicas ou psíquicas, o tráfico de
nenos e a súa morte, a mutilación e o tráfico de órganos, a escravitude. Non aceptamos que os
nenos e as nenas se instrúan na guerra e maten, ou que se convertan en nenos soldados. Non
aceptamos que se incite aos nenos ao odio e á violencia. Unímonos a todos eses nenos e nenas
anónimos que pasaron por este mundo sen recibir amor nin protección.
Por iso, pedimos que todos os países se comprometan, que acepten e cumpran os dereitos dos
nenos. Que as familias, os centros educativos, os gobernantes, as institucións e a sociedade en
xeral recoñezan que os nenos somos persoas con dereitos e deberes, que nos deben respectar e
coidar e que temos dereito a ser nenos e a comportarnos así.
Nós, esforzarémonos por respectar e axudar aos demais para solucionar os conflitos mediante o
diálogo, para coidar da natureza, para valorar a liberdade, para facer feliz ao que temos á beira.
En definitiva, comprometémonos a construír un mundo mellor para todos e todas.
Por outra banda, tamén queremos lembrar a todas as mulleres que sufriron violencia de xénero e
denunciar e condenar calquera tipo de acto violento exercido contra elas, xa sexan malos tratos
físicos, que deixan marca e doen, que humillan e someten; abuso verbal e malos tratos psicolóxi-
cos, que destrúen, anulan e aniquilan a liberdade da muller; e os malos tratos sexuais, que deni-
gran e afunden ás vítimas.
No noso cole tentamos priorizar accións para a igualdade efectiva entre homes e mulleres. Ac-
cións que, como no día de hoxe, poñen de manifesto que achegamos o noso gran de area na loita
contra esta lacra que fai á nosa sociedade débil ética e moralmente.
A todos os que formamos parte do CPI Virxe dá Cela, encantaríanos que moi pronto, o día 25 de
novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, non haxa nada que celebrar. Porque
celebrar este día deste xeito non é unha festa, é un toque de atención para que nos deamos con-
ta e nos levantemos en defensa dos nosos dereitos e liberdades, porque as mulleres somos
iguais aos homes e nada nin ninguén debe someternos. Mentres tanto, desde o noso colexio, se-
guiremos educándonos na igualdade e loitando pola dignidade das mulleres.
A pesar das nosas diferenzas, compartimos a mesma realidade e estamos unidos na loita para
conseguir que o mundo sexa un lugar mellor para todos. Porque queremos outro mundo e sabe-
mos que é posible....
CONSTRUÁMOLO ENTRE TODOS!
PÁXINA 5 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Parece que todos os días semellan iguais, máis este 25 de
novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero,
queremos dun xeito especial, denunciar e levantar á nosa voz
contra esta lacra. A violencia contra as mulleres é unha das
máis degradantes violacións dos Dereitos Humanos e conti-
núa progresando no ámbito global.
Algo estamos a construír mal nesta sociedade cando non so-
mos capaces de resolver os conflitos coa palabra. Vivimos nun
mundo no que cada vez se vai máis rápido e no que o indivi-
dualismo e o poder é o que conta. Debemos espertar as nosas
conciencias ante as inxustizas e o sufrimento. Debemos parar-
nos e sentir que cada morte, cada acto violento fainos a todos
e a todas vulnerables.
É por iso polo que debemos seguir insistindo en campañas de
prevención, informando e previndo desde todos os ámbitos da
sociedade: desde a familia, cunha educación en igualdade,
desde os colexios, cunha coeducación real, desde o traballo e
desde os poderes políticos.
No noso centro, o CPI Virxe da Cela o alumnado de ESO tomou
a iniciativa de visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa
e a toda a sociedade en xeral realizando unha exposición de
carteis creados por eles na que mostran, a través da imaxe, a súa visión sobre esta data.
A exposición, na que tamén se amosan algúns carteis creados polo alumnado do CPI As Mirandas de Ares,
co cal colaboramos en diferentes datas, está exposta en ámbolos dous centros.
Por último dicir que, a todos os que formamos parte do CPI Virxe da Cela, encantaríanos que moi pronto,
o 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, non haxa nada que celebrar. Porque
celebrar este día, deste xeito, non é unha festa, é un toque de atención para que nos demos conta e nos
levantemos en defensa dos nosos dereitos e liberdades, porque as mulleres somos iguais aos homes e
nada nin ninguén debe someternos. Mentres tanto, desde o noso colexio, seguiremos educándonos na
igualdade e loitando pola dignidade de todos e todas.
Finalizamos coas verbas dunha excepcional muller, Clara Campoamor quen dixo:
“ACUSEI AS INXUSTIZAS PORQUE NON QUERO QUE O MEU SILENCIO AS ABSOLVA”
A pesar das nosas diferenzas, compartimos a
mesma realidade e estamos unidos na loita para
conseguir que o mundo sexa un lugar mellor para
todas e todos.
Porque queremos outro mundo, e sabemos que é
posible....
CONSTRUÁMOLO ENTRE TODOS E
TODAS!
PÁXINA 6 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
PÁXINA 7 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
Como en anos anteriores, o venres 22 de novembro do 2019 (Venres) celebramos no noso centro a Carreira
Quilómetros de Solidariedade para colaborar coa ONG “Save the Children”, que este ano vai dedicada ás ne-
nas/os do pobo Rohingya.
Pero este ano, a carreira tivo un triple motivo de conmemoración. Tendo en conta que o 20 de novembro foi o
día dos Dereitos dos Nen@s e o 25 de novembro é o Día Internacional contra da Violencia de Xéne-
ro, conmemoramos no mesmo acto estas dúas
datas e os valores que representan
Así que a carreira (a diferencia doutros anos) foi
unha carreira de relevos por clases, encabezada
primeiro por unha rapaza de cada un dos cursos
que, sentada nunha cadeira de cor vermella
(símbolo dos millóns de nenos e nenas que non
teñen dereito á educación), recolle o relevo simbo-
lizado por un facho de cor morado (símbolo do Día
contra a Violencia de Xénero), dando saída a todos
os nenos e nenas do seu curso.
Cada clase vestiu unha camiseta facilitada polo
Concello, coa lenda Monfero en Negro e o dorsal
de “Save the Children”.
Ao remate da carreira Clara e Lucía, alumnas de 4º
ESO, leron un manifesto a favor dos Dereitos dos Nen@s e en contra da Violencia de Xénero.
Como final do acto as profesoras de E.F deron aos nenos, nenas e rapaces/as un agasallo e un diploma pola
súa participación.
Dende o noso cole queremos dar as grazas a toda a comunidade educativa pola súa colaboración e solidarie-
dade.
Porque un mundo mellor é posible....
CONSTRUÁMOLO ENTRE TODOS!
AQUÍ
TEDES
UNS
VÍDEOS
DESE
DÍA!!
PÁXINA 8 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
PÁXINA 9 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
O SAMAÍN
Como en anos anteriores este curso celebrouse o concurso de portas do
Samaín no que participou todo o colexio dende E.I ata a ESO. Había premios para todas as cla-
ses de E.I, para unha clase de E.P e para unha clase da ESO. No caso de E.P gañou a porta de
cuarto de primaria. E no caso da ESO gañou o curso de segundo da ESO. Para todos os gañado-
res houbo unha deliciosa chocolatada. Riquísima!
Antía, Damián e Matías (2º ESO)
A porta gañadora da ESO
Os gañadores
de
2º ESO
PÁXINA 10 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
A porta de 1º da ESO A porta de 3º da ESO
A porta de 4º da ESO
As cabazas tiveron o seu protagonismo entre os máis
pequenos
PÁXINA 11 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
TECNÓLOGO POR UN DÍA
Varios estudantes participaron o pasado decembro no programa "Tecnólogo por un día" do plan #DigiTalent
promovido pola Xunta de Galicia.
Everis abriu as portas para ilusionar a un grupo de xente nova que demostrou en todo momento o seu
interese.
O alumno Miguel Dopico Tomé de 1º da ESO foi o afortunado do noso centro que viviu a experiencia un
marabilloso día 10 de decembro. Tocoulle traballar nun grupo de 10 persoas dedicado a facer melloras para
as aplicacións. Cada persoa dese grupo tiña unha tarefa. Había un rapaz encargado de facer o programa infor-
mático da aplicación.
Catro rapazas eran as encargadas de facer que a aplicación non tivera problemas coa axuda dun robot que
mandaba avisos dos problemas que ían aparecendo.
Por outra banda, outros catro rapaces encargáronse de mirar o sistema operativo. Revisaron todo grazas ó
robot e resolveron os problemas surxidos creando así unha aplicación excelente.
Por último había outra persoa no grupo chamada Amaya que se encargou de facer unha presentación ben
explicada de toda a aplicación para que despois os profesores souberan explicarlla aos seus alumnos e poder
utilizala correctamente.
A empresa Everis é moi importante no sector. Ten a 2.500 traballadores en España e traballa con empresas
moi coñecidas como Estrella Galicia ou Inditex.
Miguel Dopico (1º ESO)
O día 2 de febreiro foi a Chandeleur e para celebralo as
alumnas de 4º da ESO e a nosa profesora de Francés e
Lingua Galega Laura fixeron unhas crêpes riquísimas, no
interior das crêpes podías engadir nutella ou plátano.
Tamén fixemos un cartel e a nosa profesora Verónica fixo
uns debuxos para acompañar ao cartel.
Damián García Ramos 2ºESO
PÁXINA 12 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
Aquí tes a receita
das crêpes!
A VIAXE A ANDORRA
O alumnado de E.S.O. do CPI Plurilingüe Virxe da Cela fixo unha viaxe ata Andorra para disfrutar duns
días esquiando. Tras moito esforzo físico...tamén lle dedicaron unha tarde a relaxarse no "Balneario de
Caldea". Unha aventura inesquecible! Aquí tedes unha pequeña parte de todo o que disfrutamos. Ruth
Varela (mestra de EF primaria, acompañante do grupo).
Aquí podedes ver
un vídeo da viaxe.
Mentres uns estaban en Ando-
rra, outros fixeron un rap no
centro!
Escucha hermano, dame la mano
No sientas temor, en el mundo hay amor
Aunque creas que tienes enemigos
Todos somos amigos.
Si uno te falló, no le eches la culpa a dos
Amor, paz, respeto e igualdad
No son palabras vacías
Ni simples profecías
Son palabras con contenido
Que mantienen el mundo unido.
Nico e Rubén R. de 3º ESO
PÁXINA 13 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
A Voz de Galicia do 14 de febreiro de 2020
informa de que "La Voz convierte a alumnos
de secundaria en reporteros con Periodismo
en la Escuela". Colgamos esta páxina do xor-
nal na que se menciona o noso colexio, o CPIP
Virxe da Cela, que tamén participará este pro-
grama piloto de xornalismo. Os rapaces e ra-
pazas de 2º e 3º da ESO farán unha reportaxe
sobre o Festival Grelo Folk.
PÁXINA 14 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
ANTÍA LÓPEZ de 2º ESO ENTREVISTA A ANA GONZÁLEZ
Queremos compartir convosco esta interesante entrevista que a alumna Antía López Teodosio (2º ESO)
realizoulle a Ana Belén González Jove, unha das fundadoras do Festival Grelo Folc.
Despois de falar con Ana, unha das organizadoras deste evento, podo compartir convosco moitos datos
sobre o Grelo Folc. Este festival lévase celebrando dende o ano 1999, aínda que houbo uns anos que
non se celebrou (si non me equivoco desde o 2004 ata o 2009). Nos seus inicios o festival celebrábase
en Xestoso, no río Dez, pero no 2000 cambiaron a ubicación para o Mosteiro de Monfero. O festival du-
ra todo o día: ao mediodía odo o mundo come coas súas familias e hai sesión vermú onde toca un grupo
de música, pola tarde faise o festival da Naviciña, dedicado aos nenos pequenos, donde hai un circo,
unha obra de teatro… E pola noite xa comezan a tocar os diferentes grupos que normalmente son catro
e tocan todo tipo de música aínda que toda en galego. Este festival leva organizandoo dende que come-
zou a asociación o Abordelo, que é unha asociación dunhas 15 persoas máis ou menos. Antes de que a
xente que formaba a asociación se marchara a vivir a outro lugar ou tivera fillos facían ao longo do ano
moitas cousas como clases de inglés… Pero agora xa solo fan o festival. Os cartos para organizar o festi-
val vanos conseguindo vendendo camisetas, no bochinche… Polo que me dixo Ana é un festival moi di-
vertido, así que animádemos todos a ir!!
Se queredes escoitar a entrevista
aquí a tedes!
PÁXINA 15 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
Coa finalidade de aprender máis sobre este festival, decidimos pregunatarlles aos fundadores deste proxecto
sobre o festival,xa que foron as personas que estiveron ahí dende o primeiro
momento.
GreloFolc. É un festival creado pola inquietude duns xóvenes que
lles gustaba un tipo diferente de música á desa época, apostaban pola músi-
cío do Dez,en Xestoso.Despois decidiuse cambiar o sitio pa-
ra oMosterio,xaque é un lugar máis coñecido e é aicona do concello ademáis
de que o Dez era un lugar protexido medioambientalmente No ano 2000 xa
selevou a cabo no Mosteirio e aí seguiron cada terceiro sábado de outubro
facendoeste festival.As principais persoas que estiveron dende o principio
neste proxecto foron Nico e Ana, coa axuda de moita xente máis. Comenza-
ron no festival tan só a organizar un concertó de grupos de música pola noite.
Este concertó mantense,normalmente veñen tocar catro grupos de distintos
estilos musicais pero todos eles cantan en galego e non deben usar linguaxe
sexista nas súas letras.Polo Grelo Folc pasaron grupos moi diversos, dende
grupos tan modernos co-
mo“AtaqueEscampe”ou“FamiliaCaamagno”como grupos tradicionais de zona
como “OsCarunchos”,“ABandaXangai”ou os míticos “RadioOcéano”. Neste festival tentase crear un pequeño
espazo para diversificara oferta cultural da zona e dar espazo aos grupos galegos. Segue sendo un festival
moi modesto,pequeniño e familiar,medrou en programación.Este festival ta men lleda importancia aos ne-
nos,pola tarde agora lévase a cabo unfestival que lle chaman”ANabiciña”que consiste en espectácu-
los culturais dirixidos ao público infantil,poden ser espetáculos musicais,circo,tetro… acompañado de xogos
tradicionais e unha merenda e ten bastante éxito. Cando comenzaron eran xente moi nova e simplemente
querían ternos eu territorio una alternativa cultural e de lecer que fose máis alá das festas patronais. Un dos
obxectivos é diversificar a oferta cultural e festiva no medio rural,outros dos obxectivos é a dignificación dun-
ha cultura e lingua propia.Mostra a diversida de musical que se pode dar en galego e poner en valor tanta xen-
te que está creando cultura neste país e que por veces teñen dificultades para mostrar as súas creacións.
Asociación O Abordelo creárona para acceder ás axudas da Xunta para festivales.
A edición pasada foi unha das que máis públlico tivo. Esta é a resposta de Ana de porque participou neste fes-
tival: “Comecei a participar na organización deste festival sendo moi nova. Ao rematar os estudos no Xestal,
tivera que irme para a cidade a seguir os meus estudos,daquela con 13 ou 14anos,o cambio non fóra fácil e
xa na xuventude xurdira un movemento cultural co que me dignificaba e co que eu me identificaba:o ser de
aldea,o falargalego,o ter identidade propia…era todo un movemento que ía desde publicacións literarias, ata
cinema e música… Nós desde Xestoso eramos un grupiño pequeño de xente que xaíamos ao Festival de Pari-
ñas,alí dábase un agromar cultural e como xente moi moza descubríamos un mundo que se nos presentaba
máis alá do que coñecíamos das festas patronais.Así comenzamos a organizar este festival,coa intención de
darlle ao noso territorio o que tanto nos gustaba gozar a outros lugares”. A conclusión de Rubén neste proxe-
cto,un dos nosos entrevistados é que el está satisfeiro polos logros conseguidos,ainda que sempre hay algo
que mellorar él está orgulloso de que Monfero saíra nos xornais grazas a este acontecemento,e que consegui-
ran mover a xente dentro do ámbito sociocultural de Monfero. E aí seguen,sendo un festival pequeniño pero
moi lindo e dando un espazo unha vez ao ano para gozar dun plan diferente no concello...O primeiro de todo
agradecer a Rubén e a Ana polo bo trato hacia nós á hora de responder ás preguntas, porque sen eles estre
traballo non sería igual. Falando desta iniciativa,parécenos moi ben que haxa xente que segue apostando pola
música tradiciona lgalega e por grupos de música pouco coñecidos, xa que desta forma pódese achegar este
tipo de música e tamén novos grupos musicais á xente de todas as idades. Noelia e Rubén Fraga de 3º ESO
PÁXINA 16 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
ABORDELANDO MONFERO. Festival Grelo Folc
Por Marta Fernández Sanjuán (3º ESO)
Fai anos visitei o festival Grelo Folc coa miña familia e nunca me parara a pensar no sentido deste even-
to. Fai unhos días entrevistei a unha das pioneiras, Ana Belén Gonzalez Jove, que me comentou con todo detalle
como nacera esta iniciativa:
MF.-En que ano se empezou a facer o evento?
AG.- No 1999 fixemos o primeiro festival no Río do Dez en Xestoso e despois xa se trasladou ao Mosteiro por
motivos ecolóxicos.
MF.- Como xurdiu esta iniciativa?
AG.- O festival xurdeu a finais da década dos 90. Foron eses anos moi
movidos no panorama musical e cultural galego. Eramos rapazas e rapa-
ces da aldea, moitas de nós, xa tiveramos que marchar á cidade a estu-
dar, nunha idade máis nova da que se marcha agora, xa que o bacharela-
to xa se empezaba con 13-14 anos. Os prexuízos cara a aldea e todo o
que significaba o galego estaban moi presentes, supoño que ao que máis
e ao que menos iso marcounos. De repente xurdeu un movemento que
se chamou o “Movemento Bravú”. Era como un agromar cultural e mu-
sical que se daba nas cidades, nas vilas e nas aldeas que poñía en valor e
levantaba a autoestima de todo o que nós sentíamos que éramos e que
alguén aí fóra nos estaba dicindo que non valía ou que era menos que o
outro. De repente, ser da aldea e falar galego era guai!! e iso para moitas de nós foi como un respiro.
Estoume enrollando moito pero podedes investigar un pouco sobre este movemento nas redes e darávos
moitas pistas do que se sentía nese momento. Ao redor dese movemento naceron moitos grupos de música de
moitos estilos diferentes, tendo de base o amor polo tradicional pero metendo outros xéneros que ata daquela eran
exclusivos do castelán, ninguén ata ese momento fixera rock ou rap en galego. Ao redor do bravú tamén houbo
publicacións de revistas culturais, literatura, xornadas, etc.
Nós, desde Xestoso, eramos un grupiño pequeno de xente que xa íamos ao Festival de Pardiñas, por cer-
canía. Aí respirábase a música e a cultura propia valorizada, e nós queríamos tamén facer unha xornada así na
nosa aldea. Fixémolo primerio no Río do Dez, facía dous anos que se declarara Parque Natural as Fragas do Eu-
me e o Dez estaba dentro dos límites do parque natural.
Para nós ao principio era como normal e sen problema facer alí un festival, pero un grupo ecoloxísta que
había nas Pontes chamáranos a atención. Para nós foi unha sorpresa porque daquela aínda non tiñamos nada de
conciencia ecoloxista pero en vez de reaccionar con este toque de atención, dímonos conta de que, efectivamente,
o respeto ao medio ambiente e á natureza era incompatible con facer un festival nun sitio protexido. Ese ano
aprendimos moitas cousas. Eramos rapaces de 18-20 anos e estábamos descubrindo un mundo…
No ano 2000 xa se cambiou a ubiación para o Mosteiro de Monfero por ser a icona do concello e un lugar
marabilloso tamén.
MF.- Cantos sodes na organización?
AG.- Na organización non hai un número fixo de persoas. Comezamos sendo un grupo de amigos cos mesmos
intereses pero ao pasar o tempo constituímonos nunha Asociación Cultural e Medioambiental que se chama 'O
Abordelo'. O concepto Abordelo e o verbo 'Abordelar' é un verbo xa en desuso pero que se usaba moito nas so-
ciedades labregas. Abordelar é cando dous bois tiraban por un carro moi pesado ou por camiños moi costos e non
podían coa carga e había que engancharlles outra parella de bois ou do animal de carga que fóra. Nós chamámo-
nos Abordelo, porque tiñamos intención de abordelar Monfero aportando o noso graíño de area na actividade cul-
tural do concello.
Actualmente o grupo máis activo da asociación compónse dunhas dez persoas e a maiores hai moita xen-
te que colabora o mesmo día do festival de distintas maneiras.
PÁXINA 17 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
MF.- Que actividades hai, de que vai a festa ou que se fai?
AG.- Pois o Festival Grelo Folc comezou sendo un festival de música en galego pola noite. Normalmente adoitaban
vir catro grupos musicais e tentamos sempre traer distintos estilos de música, iso si, para tocar no Grelo Folc os gru-
pos que veñen teñen que usar o galego como lingua principal e usar letras non sexistas. Ademáis da música tamén
queremos que ser respecten certos valores para nós importantes.
Agora a xornada é de todo o día. Comezamos ás dúas da tarde cunha sesión vermú seguido dun xantar. Pola
tarde hai un festival que cada ano é máis concorrido que lle chamamos 'A Nabiciña'. É un festival para público in-
fantil no que sempre traemos algunha actuación ou ben musical ou teatro, ou circo.... ten moito éxito e remata cunha
merenda para as crianzas. Pola noite segue o festival cos grupos de música.
MF.- Vai dirixido a persoas de calqueira idade ou en xeral?
AG.- Pois polo festival pasa xente de todas as idades, precisamente ao haber actividades durante todo o día é un ir e
vir de xente continuamente. Ao mediodía é público xeral de calquera idade e á foliada que se dá despois de comer
hai bastante xente maior. Á tarde está concorrida por público familiar de mamás e papás coas súas fillas e fillos e á
noite é maioritariamente xente máis moza.
MF.- Participa moita xente?
AG.- Ahahah diríache que me definiras 'moita'. Non, a verdade é que non é un acontecemento multitudinario, como
che comentei ao longo do día hai un ir e vir continuo de xente pero en ningún momento hai demasiada xente. É moi
curioso que co público local, o máis cercano cóstanos máis. Ven moita xente da comarca, sube xente de Pontedeu-
me, das cidades, etc. O público de Monfero vai aumentando moi timidamente, pero a base de ser constantes no tem-
po…
Evidentemente non son eventos que arrastren a moita xente, e se tes á panorama ou calquera outra orquestra
perto xa non hai nada que facer. De todas formas, nós mantémonos coa ilusión de simplemente ofrecer diversidade
e alternativas, non temos ánimo de cambiar o gusto das persoas nin moito menos, pero que unha vez ao ano en
Monfero haxa unha opción cultural, musical e de lecer diferente ás festas patronais, que realmente é a única oferta
que temos no concello, pensamos que é enriquecedor para o territorio.
MF.-Tedes logotipo?
AG.- Temos o logotipo da asociacion que son un grupo de persoas tirando polo debuxo do concello de monfero,
abordelando “haha” e o logotipo do festival do Grelo Folc si
MF.- Véndese algun obxecto, como bolis, camisetas...??
AG.- Si claro, para cada edición sacamos unha tirada de camisetas con distintos deseños que encargamos a deseña-
dores gráficos, para nós é unha fonte de ingresos fundamental para poder costear todos os cartos que gastamos fa-
cendo o festival.
MF.- En que época do ano se celebra??
AG.- No outono, o terceiro sábado de outubro, cando co-
mezan os cogumelos... e as nabizas ;)
Despois desta interesante entrevista e como con-
clusión quería dar as grazas ao esforzo de Ana Belén Gon-
zález Jove e mais da miña profesora de músca Véronica
Dopico, xa que fun quen de levar a cabo este proxecto. E
un chamamento á mocidade: espero e desexo que a xente
nova como nós tamén poidamos contribuír a manter viva a
nosa cultura e patrimonio.
PÁXINA 18 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
FELIPE REY CASTRO de 3º ESO ENTREVISTA A ANTONIO GONZÁLEZ LÓPEZ
SOBRE O FESTIVAL GRELO FOLC
DATOS DO ENTREVISTADO:
Nome: Antonio González López
Idade: 23 anos
Residencia: Lg. Pazo de Irixoa, 7 – Irixoa (San Lourenzo)
Traballo: Estudante
Relación co mundo do folclore: Amigo das festas e dos cantos tradicionais.
FRC: Ola!! Espero que estés ben!!! Estou facendo unha investigación sobre o Grelo Folk para a asignatura de
Música do colexio, por favor gustaríame que si podes me adiques uns minutos e me axudes un pouquiño.
Lembrando… O Grelo Folc trátase dun festival organizado pola Asociación Cultural O Abordelo do concello de
Monfero. O festival naceu no ano 1995 como un concerto de rock de 24 horas en Monfero. Ao ano seguinte
organizouse un novo festival, e aí comezou o primeiro parón ata 1999. No 2001 os organizadores trasladaron
a súa ubicación ao mosteiro de Monfero e entón foi bautizado oficialmente como Grelo Folc, reivindicando así
o produto rei deste municipio. Polo festival pasaron numerosas agrupacións da comunidade que reivindican a
lingua galega. Desde 2001 hasta 2009 houbo un novo parón. Na octava edición, tendo en conta os paróns do
festival O Grelo Folc celebrouse cunha reivindicación da figura do poeta Lois Pereiro.Hai actuacións musicais
de distintas agrupacións folclóricas xunto coa lectura do pregón. A continuación veciños e visitantes poden
disfrutar dunhna gran comida cuxo menú está compostos por lacón, chourizos, costela, orella, patacas..., e
por suposto, o gran protagonista desta xornada, o grelo. Despois se pode disfrutar dun baile agradable acom-
pañado de música proveniente de distintas agrupacións.
FRC: Coñecías o festival Grelo Folk?
AGL: Si.
FRC: Sabes onde se celebra?
AGL: As primeiras edicións, nos anos 90, celebráronse no campo da Feira do Dez, xunto ao
río Frei Bermuz, que divide as dúas parroquias (antigamente unha soa) de Xestoso: o Alto e o
Val. O lugar, onde non hai casa ningunha, coñécese como o do Dez porque alí se celebraba
unha feira o décimo día do mes ata máis ou menos os anos 60-70 do pasado século. Xa co
cambio de século e de milenio se pasou a celebrar xunto ao Mosteiro de Monfero.
FRC: Sabes cando e con que periodicidade se celebra?
AGL: A mediados de outubro de cada ano (salvo que o impidan eventuais pandemias ou
catástrofes doutro tipo...)
FRC: Que opinas dos grupos que participan?
AGL: Cada ano cambian os grupos, aínda que se adoita manter o estilo do festival
combinando sempre algo de música tradicional máis ou menos renovada ou reelaborada,
algún grupo de rock e sempre unha adecuada dose do subxénero quizais máis grato aos
organizadores do festival, xenuíno da Galicia dos 90, que é o Bravú , con grupos como por
exemplo e sobre todo Os Papaqueixos , reconvertidos ultimamente como Os Ulträqäns
(pódense ver algúns vídeos en YouTube ).
FRC: Outras observacións que queiras facer:
AGL: Nas tres ou catro últimas edicións, debido a que os asiduos do festival (que contaban
arredor de vinte anos de idade nas primeiras edicións, e agora naturalmente contan arredor
dos corenta) agora asisten cos seus fillos, comezáronse a organizar pola tarde, tralo xantar
PÁXINA 19 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
Esta mañá tiven a oportunidade de falar con Emilia, ou como
se lle coñece pola aldea, Miluca da Moreira, unha Muller de
cincuenta e un anos que foi a principal recuperadora de máis
de mil de tradición, efectivamente, estamos a falar do entroido
de Sanmede, terra que criou a Miluca, e ela devolveulle o fa-
vor.
Emilia contoume como foi pola aldea preguntando ós maio-
res sobre as diferentes tradicións desta festa, e estes respon-
dían emocionados pola recuperación dunha tradición que os
acompañara na súa mozidade. Conta, que debido a este entu-
siasmo dos veciños, a recuperación foi doada.
Unha idea que apasiona a Miluca e que todo esto do en-
troido non morre na aldea senon que se extendeu a cidades
cercanas, á televisión, e incluso a outros países, quero dicir,
hai estudiantes de Betanzos (unha cidade próxima a Samede)
que están a realizar investigación a sobre esta festa para os
seus taballos de clase. Tamén programas de televisión coma
Luar se veron interesados e hai pouco os da Asociación Socio-
cultural de Sanmede foron cas súas tradicións a Bulgaria.
A parte de facerlle este favor á terra onde naceu tamén toca
a pandeireta e promove, dende a Asociación Sociocultural de
Sanmede as actividades de música tradicional que se levan na
zoa (ás que eu asisto) e son gratuitas.
Agora so podemos darlle as grazas a Miluca por revivir de
entre os mortos este festival e este espíritu carismático e optimista dos habitantes da aldea de Sanmede. Mi-
luca da Moreira, unha heroína do pobo.
Daniel Pena Bonome (3º ESO).
“Raíces e filloas”
por Daniel Pena de 3º ESO
CPIP VIRXE DA CELA NO EDCAMP MALLORCA
Compartimos convosco este vídeo que resume a participación de 9 alumnos do CPIP Virxe da cela no ED-
CAMP, un proxecto L@bs4Opps a través da Fundación Ayuda en Acción. Esta actividade tivo lugar o 26 de
outubro de 2019, e constituiu un lugar de intercambio de experiencias entre mozos e mozas de Baleares,
Aragón e Galicia, creando un espazo para o debate aberto sobre tecnoloxía e igualdade de oportunidades. A
EdCamp poido realizarse grazas ao apoio da Fundació Jaume Bofill e a Fundación Probitas.
AQUÍ TEDES
O VÍDEO
Excursión: teatro en francés
O pasado luns 20 de xaneiro os alumnos e alumnas de Francés fumos
ver unha obra de teatro en francés no Forum Metropolitano da Co-
ruña chamada “Le dîner de cons” na que o pasamos moi ben aínda
que non puidemos entender todo.
Antía López Teodosio (2ºESO)
PÁXINA 20 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
—
Dende o Departamento de Francés organizouse unha corres-
pondencia epistolar co alumnado de lingua española do Co-
llège Thalassa, un centro escolar situado na Bretaña france-
sa.
Os nosos alumnos e alumnas de francés presentáronse e
falaron dos seus costumes e gustos en francés durante dous
intercambios.
Por culpa do estado de alarma declarado pola crise sanitaria
que estamos a vivir, o intercambio viuse afectado. Unha mágoa! Pásamolo ben mentres durou! Cando pase
todo isto… Voltaremos!
3º Congreso Mundial de Educación EDUCA 2020
Os días 27, 28, e 29 de febreiro de 2020 celebrouse no Palacio de Con-
gresos y Exposicións de Santiago de Compostela, o 3º Congreso Mundial de
Educación EDUCA 2020. Varias mestras do noso centro acudimos a Congre-
so e tivemos a oportunidade de escoitar a educadores tan coñecidos e rele-
vantes coma Thomas Amstrong, Francesco Tonucci ou Francisco Mora e
coñecer a outros que nos sorprenderon gratamente como Marisa Moya,ou
Manu Velasco. Tratáronse temas moi en
boga e de actualidade como as intelixen-
cias múltiples, a neuroeducación e a neuro-
ciencia ou a disciplina positiva entre ou-
tros. Foron tres días cheos de coñecemen-
tos, onde tamén houbo lugar para aqueles
docentes que están investigando e presen-
tando as súas teses, xa que puideron reali-
zar pequenas conferencias especializadas
durante toda a tarde
do venres. En todo
intre houbo varios
stands, onde se podía
mercar libros especia-
lizados, botellas e ca-
misetas personaliza-
das e onde se amosaba os diversos recursos e mate-
riais específicos a utilizar co alumnado para proporcio-
nar unha atención especializada. Foi toda unha expe-
riencia!!!
Mina, a nosa mestra PT
PÁXINA 21 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
Equipo feminino Irimon
No colexio de Monfero hai un equipo de fútbol (Irimon), que inclúe tamén o equipo feminino, no que están al-
gunhas das alumnas da ESO, dende a clase de 1º, ata a de 3º.
Este fabuloso equipo non gana moitos partidos a verdade, ben… Mais ben ningún. Pero para nós, o máis impor-
tante é participar.
Os adestramentos son os mércores e os venres pola tarde, máis ou menos unha hora despois de que remate a
xornada no colexio.
No equipo hai sete participantes: Empezando na portería temos a Alicia e as demais posicións varíanse ao longo
do partido. Como non hai moitos equipos femininos, xogamos en moitas ocasión contra equipos masculinos.
O alumnado de 1º ESO viviu un gran cambio este ano. Queredes saber que supuxo para eles cambiar de primaria a
secundaria?
"Cando comecei tiña moito medo pola nova etapa que supón a ESO. Tiña moito medo a non dar o nivel
que hai que ter e sacar malas notas. Os primeiros días costoume adaptarme aos profesores, porque ca-
da un pide unha cousa e cada un pon un exame. Despois funme adaptando pouco a pouco e fun collendo
o ritmo. Na primeira avaliación baixei un pouco as notas pero agora na segunda vounas subir. O que máis
me gusta é ter un profesor para cada cousa e explican todo mellor. O que menos é que son moitas horas
de clase e poucas de recreos e incluso hai dous días nos que só temos un recreo en vez de dous."
Manuel Freire Platas
"O cambio foi moi grande porque en primaria tesun profesor para tres ou catro materias e na ESO tes un
profesor para cada materia. Cada profesor fai os exames dunha maneira e cada un explica á súa manei-
ra. Temos deberes todos os días e cando poñen exames xa te pos a estudiar. Gústame máis o horario de
primaria porque ten máis recreos e na ESO temos tres días dous recreos e os outros dous días temos un
recreo de 20 minutos."
Uxía Boado Porto
"Ao principio estaba moi asustado. Tiña moito medo de que fose moi difícil e de que non me dera adapta-
do. Co tempo a miña familia foime axudando a superalo e arranquei ven na ESO. Notei moito o cambio
porque pasei de ter un profesor para cinco materias a ter un profesor para cada unha delas. A ESO é un
pouco máis difícil que a primaria, pero co tempo vaise adaptando un. Tamén nótase no tempo de lecer
porque antes tiñamos moito máis recreo que agora, temos pouco tempo para xogar pero co tempo nos
imos acostumando. Antes sacaba máis notables e agora baixáronme algo as notas. Temos moitos máis
exmaes que antes e non son coma en primaria de tema en tema, agora temos algún de dous temas xun-
tos e son moito máis difíciles. Na ESO os profesores son un pouco máis esixentes que os de primaria, e na
ESO por só unha cousa xa tes unha falta leve".
Miguel Dopico Tomé
"Para min empezar na ESO era algo que vía moi difícil, pensaba que as miñas notas baixarían moito, que
ao ter máis profesores mandaríanme máis deberes; pero ao contrario, non é tan difícil. Os exames si que
son difíciles pero non tanto como din. Os que van en cursos superiores moitas veces dinlles aos de prima-
ria que a ESO é imposible, que van suspender e moitas cousas máis para meterlles medo. O que non me
gustou é que o recreo é moito máis curto, e hai dous días que temos so un. Polo demais penso que a ESO
non é tan mala como din".
Alicia Lucía Romero
PÁXINA 22 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
"A min parecíame moi difícil ao principio pero despois dinme conta de que non era para tanto. Meu irmán
dixérame que era moi difícil porque el en 2º da ESO deixou catro asignaturas, aínda así recuperounas des-
pois. Eu pensaba que non ía aprobar todo e ao final aprobei todo e rinme do meu irmán. Diríalle aos de sexto
de primaria que non teñan medo porque despois lévase ben e os profesores son todos bos e agradables."
Pablo Rodríguez Fernández
"A principio de curso cando cheguei ao colexio tiña un pouco de medo e nervios polos profesores que ía ter e a clase. Pero
cando vin que os meus compañeiros estaban contentos eu tamén dicidín sentirme contenta con esta etapa que ía a vir
na miña vida. Agora hai máis profesores, máis materias e é un pouco máis "rollo" porque cada profesor explica diferente e
fai os exames diferentes. Agora que levo catro meses aquí síntome mellor peeeero... As notas non seguen sen ser igual de
boas. Agora non saco Notables e Sobresaíntes e tamén hai dous recreos demasiado curtos."
Andrea Morás Naveira
"Eu ao principio tiña un pouco de medo para empezar a ESO porque pensaba que os profesores poñían moi-
tos exames e deberes. Tamén cría que as asignaturas ían ser máis difíciles. O que me gusta da ESO son as
excursións porque son moito máis divertidas. Os torneos de fútbol e as clases son tamén moito máis diverti-
dos. O que non me gusta é que os martes e os xoves non haxa recreo pola tarde, que haxa un profesor para
cada asignatura, que haxa tantos exames e que che poñan un negativo por calquera cousa. Tampouco me
gustan as asignaturas de música e de inglés. Estes cinco meses pasáronseme moi rápido."
Iker Martínez Menéndez
"Cando acabei sexto pensei en primeiro da ESO e segundo as cousas que escoitaba como: "Temos cinco exa-
mes esta semana, vou suspender" non me gustaban moito e queiras que non acábache metendo medo. Pero
agora, que xa estou nela, paréceme que levando unha rutina de estudo pódese conseguir todo xa que os exa-
mes son difíciles se non estudas. Os recreos son moi curtos e iso non mola. Pero mola porque aprendes moi-
to."
Brais Varela Amado
"O meu paso de sexto a primeiro da ESO foi dificil por que non me organizaba ben e cada profesor ten a sua
maneira de avaliar , os exames son máis difíciles e temos que preparalos tempo antes para poder ter todo
ben claro, e ese e o meu problema porque cando se xuntan varios exames líome co tempo e non podo prepa-
ralo todo. Algunhas clases son máis divertidas que en primaria pero tanpouco está ben que por calquera
cousa que pase che poñan un negativo ou un parte."
Aaron Primoy García
PÁXINA 23 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
"Ola! Eu son Xiana, e neste textiño vouvos contar un pouquiño o meu paso dende 6º de primaria a 1º da ESO.
Na ESO e todo moi diferente a primaria xa que hai que estudar máis. Hai so un recreo por día segundo que
día sexa e uns días hai dous recreos e outros un. Un lío! O primeiro que pensei cando me sentei na miña ca-
deira foi “ isto vai ser moi diferente” e así foi. Empecei o curso moi ben e agora lévoo algo regulín máis que
nada porque estudar no é o meu pero hai uns meses dinme conta de que se estudo un pouco máis todo vai
saír ben, coma na primaria.
Os cambios que máis notei foron: a liberdade no recreo, a esixencia nos deberes, os exames, os traballos… E
tamén o notei que xa no fan isto de buscar traballos por aí e subirche un pouquiño a nota. Iso xa non. Se es
de 6º de primaria espero que che axudase un pouco a visualizar a ESO. "
Xiana Mosquera Varela
PÁXINA 24 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
ASOCIACIÓN AMIGOS DO MOSTEIRO DE MONFERO
por Hugo Lucía (3º ESO)
En Monfero atópase o mosteiro de Santa María de Monfe-
ro, que data do século XII. Este mosteiro atópase actual-
mente en pésimas condicións, pero había unha asociación
que velaba polo seu benestar, a Asociación Cultural Ami-
gos do Mosteiro.
A miña investigación acerca desta asociación comezou
como comezan tantas outras, buscando en Google o ter-
mo “Amigos do Mosteiro de Monfero”. Grande foi a miña
sorpresa ao descubrir que esta asociación non contaba
con páxina web algunha ou un correo electrónico.
O primeiro artigo que atopei pertencía a La Voz de Galicia, onde puiden ler (e a pescudar en consecuen-
cia) que en 2003 comezouse un proxecto turístico co que se quería dar visibilidade ao mosteiro, rehabi-
litándoo e, de paso, xerando uns cantos postos de traballo. Investíronse máis dun millón de euros, pero
co cambio de goberno acabouse abandonando o proxecto. Isto fixo que me dese de conta de que o de-
terioro do mosteiro non era nada novo e xa levaba moito tempo nese estado de abandono…
Continuei a miña procura, chegando a artigos de hai 20 anos, nos que se falaba dunha nova asociación
formada por máis de sesenta veciños, co obxectivo de restaurar o mosteiro. Esta asociación, como non,
era a dos “Amigos do Mosteiro”. Contactei co Concello de Monfero a fin de que me proporcionasen o
seu contacto e, sen moita demora, recibín a súa resposta. Na mensaxe figuraba unicamente un número
de teléfono ao que chamei, sen sorte, xa que se atopaba fóra de servizo.
Nun último intento de contactar con eles, busquei en Facebook e atopei unha páxina co seu nome,
“AsocAMigos Mosteiro Monfero”. Desgraciadamente descubro que na súa última publicación, do ano
2018, comunícase que se pecharán as súas redes sociais e en consecuencia a propia asociación, ao
parecer por falta de actividade e implicación por parte dalgúns socios.
AsocAmigos Mosteiro Monfero
20 de novembro de 2018
“Como persoa responsable das RRSS da Asociación de Amigos do Mosteiro de Monfero comunícovos
que en breve carrearei esta páxina e tamén a de twitter. Laméntoo porque iso vén acompañado da de-
saparición da asociación, que xa leva varios anos sen función ningunha, e laméntoo tamén por tantos
seguidores que xuntou nestes anos. Dos cales poucos somos socios e unha asociación sen socios tam-
pouco vive, e tampouco vive sen xente que traballe para ela (para todos) cando organizáronse diferen-
tes actividades, nin moita xente que a elas asista. Síntoo por todo o que se perde, e como dixo Alonso o
outro día, oxalá sexa un “deica logo” e non un “ata nunca”. (Fonte: Páxina Facebook AsocAmigos Mos-
teiro Monfero).
Botando unha ollada á súa páxina de Facebook puiden atopar información da asociación, obxectivos e
opinións acerca do tema, nas que case sempre se criticaba o seu estado.
Realmente é unha pena que esta xoia do patrimonio galego se atope nun estado deplorable e espero
que se aproveite o seu infinito potencial.
PÁXINA 25 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
ENTRECULTURAS:
ASAMBLEA FIN DE CURSO FORMATO TELEMÁTICO
Este ano, debido á situación excepcional (Covid-19), o encontro Fin de Curso da Rede Solidaria da Mocida-
de Entreculturas tivo lugar de maneira telemática o pasado xoves 14 de xuño de 2020 de 18:00 a 20:00
horas. Contamos coa participación da nosa profe Yolanda e dos alumnos Uxía (1º ESO) e Hugo (3º ESO).
Todos coñecemos algún evento ao que queríamos asistir este ano pero debido ao estado de alarma
que co que levamos convivindo xa tres meses non foi posible . Ao que quero chegar con isto é que a Rede
Solidaria Mocidade Entreculturas non se detivo ante esta situación e buscou alternativas para poder cele-
brar a súa Asamblea de Peche de Curso, o que levounos a celebrar a reunión dixitalmente. Algúns dos
alumnos do CPI Virxe da Cela participaron no encontro que, ainda de larga duración (dúas horas) facíase
levadeiro grazas a que a participacipación era activa. Neste encontro dixital tratamos temas como a inci-
dencia política, no que profundizamos bastante, o estado actual do medio ambiente e da migración e por
último a situación de desigualdade que estan a vivir mulleres de todo o planeta. Tamén empregamos a pla-
taforma kahoot, coa que tivemos que responder un quiz con preguntas relacionadas a estos temas. Per-
soalmente estou satisfecho de haber participado , xa que foi entretenido e adquirín coñecementos de te-
mas moi importantes que non dominaba tanto.
Hugo Lucía Romero (3º ESO)
O día 4 de Xuño participei no Encontro final de Entreculuras. Había rapaces e rapazas de Galicia, Asturias e
Latino América. Este ano foi por videoconferencia xa que por culpa da pandemia non o podeimos facer co-
mo todos os anos. Fixemos un Kahoot sobre a incidencia política, estivemos falando entre todos, puxéro-
nos en grupos pequenos para debater sobre as preguntas do Kahoot. Logo volveron a preguntarnos sobre
as cuestións tratadas nos grupos e debater que nos parecía, como foi a nosa posta en común etc. Eramos
35 persoas en total na vídeo conferencia de Galicia, Asturias e Latino América. Espero que para o próximo
curso non sexa por videoconferencia e poidamos vernos en persoa con saúde.
Uxía Boado (1º ESO)
ENCONTRO DAS FAMILIAS EN EDUACIÓN FÍSICA
Deixámovos este divertido vídeo realizado pola mestra de EF Ruth Varela coa colabora-
ción do alumnado e familias con motivo da celebración do II Encontro das Familias en
Educación Física (este ano tivo que ser de maneira telemática).
PÁXINA 26 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
HOMENAXE AOS NOVOS HEROES
“Quién vive y quién muere”
Daniel, de 3º da ESO, recita un rap composto por
el sobre o problema do COVID-19. Esta composi-
ción vai dirixida non só ó marabilloso equipo sani-
tario que temos senón tamén á poboación do país.
Agradecementos...
Pois eu a quen quero agradecer polo que esta pasando é aos policías, á garda civil, á policía nacional, aos
militares... Porque a parte de facer ou intentar que nos cumpramos as regras da corentena ademais están
levando comida ou medicamentos ás persoas maiores ou a os que están en corentena. Ademais diso e o
que máis me gusta é que polas cidades dalgunhas provincia van con globos nos coches e van entretendo
ás persoas, cantando o cumpreanos feliz se se dá o caso, e animando a os nenos/as a pasar ben a co-
rentena. Manel (1º ESO)
Alucinante !! Policía mallorquino animando á xente en corentena
Héroes de la cuarentena por Hugo Lucía de 3º ESO
Durante este periodo de cuarentena hemos podido comprobar que los
héroes existen, héroes que pensábamos extintos hasta que se desató
toda esta crisis del COVID-19, aportando su granito de arena para su-
perar esta enfermedad. Pero hoy no voy a hablar de héroes que ayuden
a superar la cuarentena, sino que consiguen amenizarla. El caso del
que voy a hablar se dio en Andalucía, donde el hotel El Hacho, a sabien-
das de que tendrían que cerrar debido a la cuarentena, tuvieron la ma-
ravillosa idea de ofrecer dulces y bebidas a los camioneros sin siquiera
aceptar dinero a cambio. Dispusieron los alimentos a modo de estación de servicio, de modo que los ca-
mioneros pudieras acceder a estos sin tener que interactuar con nadie, lo que facilita las cosas a todos y
ayuda a superar este periodo de crisis. Estoy convencido de que veremos más casos como éste durante
las próximas semanas, de otros tantos héroes que todavía no han hecho aparición y que, gracias a su
inestimable ayuda, harán posible acabar con esta situación de aislamiento e incertidumbre.
A nosa Ariadna de 3º da ESO tamén quixo
reflexar a súa homenaxe ós heroes e heroínas
da pandemia. É unha artista!
PÁXINA 27 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
PEQUENOS OLLOS, GRANDES OBRAS
O alumnado do CPI Virxe da Cela realiza un particular percorrido polas obras de
diferentes mulleres artistas. Unha forma de mergullarse na arte e de debatir so-
bre diferentes obras, aportando a súa opinión e concienciando sobre a existencia
de mulleres artistas.
"Pequenos Ollos, Grandes Obras" pretende ser unha canle para achegar a arte e
todas as súas implicacións á xente máis cativa. Neste paseo audiovisual desfruta-
remos de: 'Concorde' de Maruxa Mallo 'Ubi Girl from Tai Region' de Löis Mailou
'Sen título' de Lee Krasner 'Hacia acuario' de Remedios Varo. Unha produción do
CPI Virxe da Cela coa colaboración do Laboratorio de Radio e o apoio
de Ayuda en Acción e Fundación La Caixa. Que grandes os peques! E
que gran traballo o de Sergio e Lucía!
Neste código QR tedes o vídeo!
Prácticas 2º ESO física e química
O alumnado de física e química de 2º de ESO realizou durante varias xor-
nadas prácticas de laboratorio onde traballaron fabricando disolucións de dis-
tintas concentracións, para logo crear distintas composicións en función das
súas densidades. Aquí tedes algunhas fotos do traballo e resultados.
PÁXINA 28 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
Dende a Biblioteca Castelao propúxose esta actividade tan orixinal durante o confina-
mento. Que vos parece? Aquí tedes algunhas das imaxes! Grazas a todo o alumnado e
profesorado participante!
AUTORRETRATOS CON LIBRO
Se queredes ver todas as imaxes, aquí te-
des o código QR!
PÁXINA 29 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
- ENTROIDO 2020 -
Celebramos o Entroido o venres 21 de febreiro de 2020, e nesta ocasión centrámonos na temática das Ci-
vilizacións. Foi un festival multicultural e multicolor, no que os alumnos/as e profesores/as de educación
infantil e educación primaria exhibiron os seus fantásticos disfraces. Iniciamos o acto cun desfile de todos
os grupos polo patio cuberto, e acto seguido, cada clase realizou unha pequena actuación representando e
contextualizando o seu disfraz. Un grupiño de nais exerceu de xurado e entregou premios para todos/as!!
E como fin de festa unha boa chocolotada con doces típicos do Entroido. Moitísimas grazas aos cociñeiros e
ás nais coidadoras por agasallarnos con estas larpeiradas!
Aquí tedes os
vídeos
dese día!
PÁXINA 30 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
5 DE XUÑO,
DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE
O Día Mundial do Medioambiente quixemos visibilizar a natureza das no-
sas parroquias, do medio rural, e das súas xentes a través destes vídeos realiza-
dos polos nenos e nenas do Xestal, proposta realizada por D. Luís Rodríguez Pa-
tiño, Coordinador do programa UNED Sénior no centro asociado de A Coruña
e sacerdote na parroquia de Xestoso. Neles amosan a vida nas súas aldeas, paraísos naturais que temos ao
noso carón e que debemos valorar e coidar. Parabéns pola iniciativa! Nos seguintes códigos QR podedes ato-
par os vídeos!
CARVALHO CALERO EN EDUCACIÓN INFANTIL
Para celebrar o día das letras galegas decidimos traballar co conto “As pitas baixo a
choiva”. Primeiro coñecemos un pouco máis do autor eloxiado. E logo coñecemos
máis sobre as pitas e o seu ciclo de vida. E para rematar, Dani, o profe que estivo
de prácticas no cole o ano pasado fixo unha colaboración con nós: o video
“Xogamos coas Letras Galegas”. Desta iniciativa saíu un tendal de palabras en ga-
lego.
Neste código QR podedes atopar
o vídeo que fixo Dani
PÁXINA 31 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
RADIO NO CPI VIRXE DA CELA
Un ano máis o alumnado do CPI Virxe da Cela realizou os obradoiros do
"Laboratorio Radiofónico" impartidos por Lucía Abarrategui e Sergio Pascual. Aquí te-
des algúns exemplos!!!
Grazas por todo, amigos!
Conto pola Paz por Andrea Rivera (2º ESO) :
Celebramos a paz. Celebramos o día. A paz está nas pequenas cousas, non só nas grandes. A
paz non é o contrario da guerra, tamén son lugares do cotián. Tamén somos nós. Tamén face-
mos a paz. Este conto é dunha alumnado de 2º da ESO do CPI Virxe da Cela, mais os sons
veñen de 1º de primaria e a locución foi feita por 3º de primaria. Música Audionautix CC.
Terra, un poema de primaria:
1º de primaria. Palabras mesturadas. Creatividade e sonido. Velaí o resultado. Un podcast
chamado terra, un poema con musicalidade. Coa música CCbynoncomercial de
Chad_Crouch_-_Algorithms en freearchivemusic.
Entrevista con Domingo Presas:
Na radio do CPI Virxe da Cela, estamos a traballar sobre a discapacidade. Por iso, considera-
mos importante falar con aquelas asociacións que traballan a prol dos dereitos destas per-
soas. Por iso, convidamos a Domingo Presas. A música é de Audionautix, a voz, do alumnado
de 4º de primaria.
Dicionario galego "besbellos":
Na radio do CPI Virxe da Cela, creamos un dicionario sonoro de termos que aínda non coñece-
mos. A nosa primeira palabra é besbello, o alumnado pensa que significa unha cousa e, na
realidade, significa o que ides escoitar. Besbellos, escoitade! A música é de Audionautix.
A miña bisa no cole:
Julia é a bisavoa de Iria, alumna de 5º de Primaria. Ela ten moitos anos de experiencia
e moitas historias que compartir, por iso Iria conseguiu que a súa bisavoa viñera ao
cole a contalas. O formato escollido foi unha conversa radiofónica na que o alumnado
preparou unha serie de preguntas e curiosidades para coñecer unha desas historias: o
entroido de Ambroa, unha parroquia de Monfero. Ademais, Carmen, a titora do grupo,
participou como unha alumna máis na gravación do podcast xa que tamén é veciña da
parroquia de Julia. Un proxecto de Laboratorio de Radio co apoio de Ayuda en Acción,
Fundación Repsol e Fundación La Caixa
Neste código QR podedes visitar a entrada do blog onde apare-
cen tódolos programas. Animádevos a escoitar ós nosos alum-
nos e alumnas!
A voz do xestal

Contenu connexe

Tendances (12)

Manifesto 25 novembro 2016
Manifesto 25 novembro 2016Manifesto 25 novembro 2016
Manifesto 25 novembro 2016
 
A forza do feminismo
A forza do feminismoA forza do feminismo
A forza do feminismo
 
[25N] A violencia queda dentro
[25N] A violencia queda dentro[25N] A violencia queda dentro
[25N] A violencia queda dentro
 
Noa lorenzo 1 b
Noa lorenzo 1 b Noa lorenzo 1 b
Noa lorenzo 1 b
 
Programa TEI curso 2017-18 (IES Xesús Taboada Chivite)
Programa TEI curso 2017-18 (IES Xesús Taboada Chivite)Programa TEI curso 2017-18 (IES Xesús Taboada Chivite)
Programa TEI curso 2017-18 (IES Xesús Taboada Chivite)
 
Manifesto no día escolar da paz e a non violencia
Manifesto no día escolar da paz e a non violenciaManifesto no día escolar da paz e a non violencia
Manifesto no día escolar da paz e a non violencia
 
Igualdade
IgualdadeIgualdade
Igualdade
 
365 días respecto e igualdade
365 días respecto e igualdade365 días respecto e igualdade
365 días respecto e igualdade
 
Violencia De XéNero
Violencia De XéNeroViolencia De XéNero
Violencia De XéNero
 
Ppp Dh
Ppp DhPpp Dh
Ppp Dh
 
Manifesto galicia 8 de marzo
Manifesto galicia 8 de marzoManifesto galicia 8 de marzo
Manifesto galicia 8 de marzo
 
Proxecto igualdade
Proxecto igualdadeProxecto igualdade
Proxecto igualdade
 

Similaire à A voz do xestal

Nosoutras creamos mundo
Nosoutras creamos mundoNosoutras creamos mundo
Nosoutras creamos mundo
bibliobrozos
 
Retallos 2010
Retallos 2010Retallos 2010
Retallos 2010
A Solaina
 
Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)
satelite1
 
IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)
IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)
IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)
bibliobrozos
 
Semana intercultural (2)
Semana intercultural (2)Semana intercultural (2)
Semana intercultural (2)
REME BUDIÑO
 

Similaire à A voz do xestal (20)

Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017
Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017
Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017
 
Nosoutras creamos mundo
Nosoutras creamos mundoNosoutras creamos mundo
Nosoutras creamos mundo
 
Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
 
Retallos 2010
Retallos 2010Retallos 2010
Retallos 2010
 
Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)
IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)
IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)
 
Semana intercultural (2)
Semana intercultural (2)Semana intercultural (2)
Semana intercultural (2)
 
IRENA SENDLER
IRENA SENDLERIRENA SENDLER
IRENA SENDLER
 
Lajartiño13
Lajartiño13Lajartiño13
Lajartiño13
 
Pdi 25 n_titorías (1) (1)
Pdi 25 n_titorías (1) (1)Pdi 25 n_titorías (1) (1)
Pdi 25 n_titorías (1) (1)
 
Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9
 
REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12
 
Carmen Blanco
Carmen Blanco Carmen Blanco
Carmen Blanco
 
Revista toda juntga
Revista toda juntgaRevista toda juntga
Revista toda juntga
 
Ollos de aula. nº 10
Ollos de aula. nº 10Ollos de aula. nº 10
Ollos de aula. nº 10
 

Plus de satelite1

Plus de satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
 

Dernier (7)

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 

A voz do xestal

  • 1.
  • 2. PÁXINA 2 Editorial A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela Dada a situación extraordinaria vivida polo estado de alarma, as nosas alumnas de 4º da ESO quedaron sen a súa festa de graduación. Por esta razón, pareceunos unha boa idea ofrecerlles a posibilidade de despedirse dos seus compañeiros/as e profesores /as dende a editorial do primeiro número de “A voz do Xestal”. DISCURSO DESPEDIDA 4ºESO por Clara Brage e Lucía López. Somos Clara e Lucía, e estamos no noso último ano no CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Despois de 13 anos neste colexio, á vez que foron pasando os anos, fomos madurando, e facéndonos nas persoas que somos a día de hoxe. Para isto, contamos coa axuda de profesoras como Estela, que nos ensinou a escribir o noso nome. Cando chegou primaria, Marisol foi a que nos acompañou de primeiro ata cuarto, coa que temos moitos e moi bo- nitos recordos: dende darnos gominolas se sabiamos ben a táboa do cinco ou os verbos, ata castigar a Cristian por contarlle as súas historias cando non entregaba os deberes. Marisol, unha profesora que sempre imos ter no noso recordo. Outra das profesoras que tamén nos marcou durante a etapa de primaria, foi Begoña, a nosa profe de reli, á que tamén lle temos especial cariño. Logo chegou Camino, que dende Navarra e Aragón ata Finlandia, acompañounos nas nosas viaxes. Acercábase a ESO, e Carmen estivo en 6º para prepararnos. Chegou a temible ESO, e aínda recordamos o primeiro día que chegou Miriam, a profesora de castelán. Todos en silencio absoluto, co medo que lle tiñamos, e ela, co seu clásico: “¡¿Pero qué os pasa?!”. Co tempo, entre as súas clases de morfosintaxe, fómola coñecendo, e é para nós como unha máis da familia. E, como non, en 1º da ESO, tivemos á marabillosa Teresa, profesora de sociais, coa que as clases eran moi diverti- das. Ademais, fíxonos aprender moi ben a pronunciación do “Meridiano de Greenwich”. Chegou 2º da ESO, e con el, coñecemos a Manuel, profesor de Tecnoloxía. Tamén recordamos que o primeiro día mandounos facer un traballo sobre canto costaba facer unha tortilla. Este profesor tamén nos marcou en 3º, cando odiabamos os circuítos, e ao final, o profesor decidiu poñernos a cravar táboas. Tamén é un profesor moi especial para nós. 3º da ESO foi un curso moi peculiar, xa que empezamos sendo catro na clase. Neste curso, viaxamos a Roma, cos nosos amigos e compañeiros que estaban ese ano en 4º. Foi unha viaxe inesquecible! E, chegou o noso último ano, xa só quedabamos dúas. Este ano estivo cheo de viaxes, como Andorra ou Finlandia. Queriamos resaltar ao noso titor David Casado, que xa nos acompañara dende 1º, explicándonos tan ben a súa Bioloxía. Este ano, tamén queriamos resaltar as clases de Plástica, que se nos facían moi amenas xunto coa nosa profe Marta. Tamén contamos coa chegada de Laura, a nosa profe de Francés, coa que non faltaba a creatividade, e as clases facíaas moi divertidas. E como non, falar da nosa profe Rosalía, que tivemos dende 3º, e que nos inculcou o amor pola Historia. Pese ao pouco tempo que estivo, tamén nos gustaría falar de Marta, a nosa profesora de Matemáticas que tive- mos durante o primeiro trimestre. Finalmente, en canto aos profesores, gustaríanos mencionar a profesoras como Soraya, de Inglés, Delfina, coa que as risas non faltaban, ou Teresa de Educación Física. E, con especial cariño, recordar a Yoli de Relixión, ou Ángeles en 1º ou Jorge en 3º, cos que as matemáticas non se facían tan difíciles. E, á profesora de Educación Física de primaria, Ruth, querémoslle moito. Dende pequenos, sempre fomos 8, xunto con Álex, Sonia, Daniela, Tania, e Leonor. Pero, en 5º, Tania foise, e en 1º da ESO, Leonor, pero, contamos coa chegada de Diego en 6º. En 1º, chegaron Héctor e Pablo Vila, e en 2º o adora- ble Maroño. Con todos compartimos momentos inesquecibles, e querémolos moito. En 3º perdemos a Sonia, Da- niela..., e tan só quedamos nós, Pablo Vila e Castri. Escribindo este discurso, saíron risas, lágrimas, e moitos recordos. Por último queremos agradecer a todos os profesores que pasaron pola nosa vida, o ben que nos trataron e nos ensinaron. E como non, aos amigos que levamos. Botarémolo todo de menos.
  • 3. PÁXINA 3 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
  • 4. "A cadeira vermella" é a campaña que a ONG En- treculturas lanza para concienciar á poboación do Dereito á Educación de máis de 61 millóns de nen@s en todo o mundo que están sen escolarizar. Un grupiño de alum- nos/as de 2º, 3º e 4º da ESO axudaron a presentar esta campaña reivindi- cando a escolarización universal para todos os nenos e nenas do mundo. Así, realizaron diversas sesións de contacontos para o alumnado de infantil e primaria. Nas se- sións os rapaces da ESO narraron o conto “Mahán e a cadeira vermella”, un conto creado polo alumnado do CPI Virxe da Cela de Monfero, e que fala sobre o Dereito á Educación Universal. Lo- go como parte da dinámica, realizaron o xogo de “ A cadeira vermella” así como un pasapalabra sobre o conto. Ao remate da sesión todos os nenos e nenas foron agasallados cunha cadeiriña vermella que levaron para súa clase como símbolo do Dereito á Educación de todos os Nenos e Nenas do mundo (agradecemos a Alberto a súa implicación na actividade facendo as cadeiriñas na impresora 3D). Esta actividade está organizada polo EDLG, a Biblioteca Escolar e o Departamento de Reli. Queremos a través dela potenciar o uso da lingua galega, tanto de maneira escrita como oral, e ofrecérmonos o lugar perfecto para mer- gullarnos no mundo das historias. Aquí podedes ver un vídeo da xornada 20 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL dos dereitos dos nenos PÁXINA 4 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
  • 5. MANIFESTO NO DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO— Hoxe con esta carreira solidaria queremos conmemorar dúas datas significativas que cumpre lembrar: por unha banda o Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e Nenas e por outro O Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Por iso reunímonos aquí para alzar as nosas voces e manifestar o noso compromiso concreto de traballar pola xustiza e a defensa dos Dereitos de to- dos. A pesar de que todos os nenos e nenas temos os mesmos dereitos, somos conscientes de que en moitas partes do mundo vense vulnerados e que os gobernos e a sociedade en xeral non fan to- dos os esforzos necesarios para cambiar esta situación. É unha sorte ter unha familia que nos ama, recibir educación, estar rodeados de xente en quen poder confiar e de amigos que nos axudan, ter asistencia médica, comida e unha casa. Moitos outros nenos e nenas non poden dicir o mesmo. Por iso, queremos dar as grazas a todos aqueles que se preocupan por nós e que nos axudan para que os nosos dereitos sexan respectados. Pero queremos ir máis aló da nosa contorna máis próxima e manifestar de maneira especial o noso firme rexeitamento a todas as situacións que viven millóns de nenos e nenas cando se vul- nera a súa condición humana. Rexeitamos especialmente a guerra e as súas consecuencias, a explotación laboral e sexual, a marxinación polas discapacidades físicas ou psíquicas, o tráfico de nenos e a súa morte, a mutilación e o tráfico de órganos, a escravitude. Non aceptamos que os nenos e as nenas se instrúan na guerra e maten, ou que se convertan en nenos soldados. Non aceptamos que se incite aos nenos ao odio e á violencia. Unímonos a todos eses nenos e nenas anónimos que pasaron por este mundo sen recibir amor nin protección. Por iso, pedimos que todos os países se comprometan, que acepten e cumpran os dereitos dos nenos. Que as familias, os centros educativos, os gobernantes, as institucións e a sociedade en xeral recoñezan que os nenos somos persoas con dereitos e deberes, que nos deben respectar e coidar e que temos dereito a ser nenos e a comportarnos así. Nós, esforzarémonos por respectar e axudar aos demais para solucionar os conflitos mediante o diálogo, para coidar da natureza, para valorar a liberdade, para facer feliz ao que temos á beira. En definitiva, comprometémonos a construír un mundo mellor para todos e todas. Por outra banda, tamén queremos lembrar a todas as mulleres que sufriron violencia de xénero e denunciar e condenar calquera tipo de acto violento exercido contra elas, xa sexan malos tratos físicos, que deixan marca e doen, que humillan e someten; abuso verbal e malos tratos psicolóxi- cos, que destrúen, anulan e aniquilan a liberdade da muller; e os malos tratos sexuais, que deni- gran e afunden ás vítimas. No noso cole tentamos priorizar accións para a igualdade efectiva entre homes e mulleres. Ac- cións que, como no día de hoxe, poñen de manifesto que achegamos o noso gran de area na loita contra esta lacra que fai á nosa sociedade débil ética e moralmente. A todos os que formamos parte do CPI Virxe dá Cela, encantaríanos que moi pronto, o día 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, non haxa nada que celebrar. Porque celebrar este día deste xeito non é unha festa, é un toque de atención para que nos deamos con- ta e nos levantemos en defensa dos nosos dereitos e liberdades, porque as mulleres somos iguais aos homes e nada nin ninguén debe someternos. Mentres tanto, desde o noso colexio, se- guiremos educándonos na igualdade e loitando pola dignidade das mulleres. A pesar das nosas diferenzas, compartimos a mesma realidade e estamos unidos na loita para conseguir que o mundo sexa un lugar mellor para todos. Porque queremos outro mundo e sabe- mos que é posible.... CONSTRUÁMOLO ENTRE TODOS! PÁXINA 5 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
  • 6. 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Parece que todos os días semellan iguais, máis este 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, queremos dun xeito especial, denunciar e levantar á nosa voz contra esta lacra. A violencia contra as mulleres é unha das máis degradantes violacións dos Dereitos Humanos e conti- núa progresando no ámbito global. Algo estamos a construír mal nesta sociedade cando non so- mos capaces de resolver os conflitos coa palabra. Vivimos nun mundo no que cada vez se vai máis rápido e no que o indivi- dualismo e o poder é o que conta. Debemos espertar as nosas conciencias ante as inxustizas e o sufrimento. Debemos parar- nos e sentir que cada morte, cada acto violento fainos a todos e a todas vulnerables. É por iso polo que debemos seguir insistindo en campañas de prevención, informando e previndo desde todos os ámbitos da sociedade: desde a familia, cunha educación en igualdade, desde os colexios, cunha coeducación real, desde o traballo e desde os poderes políticos. No noso centro, o CPI Virxe da Cela o alumnado de ESO tomou a iniciativa de visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa e a toda a sociedade en xeral realizando unha exposición de carteis creados por eles na que mostran, a través da imaxe, a súa visión sobre esta data. A exposición, na que tamén se amosan algúns carteis creados polo alumnado do CPI As Mirandas de Ares, co cal colaboramos en diferentes datas, está exposta en ámbolos dous centros. Por último dicir que, a todos os que formamos parte do CPI Virxe da Cela, encantaríanos que moi pronto, o 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, non haxa nada que celebrar. Porque celebrar este día, deste xeito, non é unha festa, é un toque de atención para que nos demos conta e nos levantemos en defensa dos nosos dereitos e liberdades, porque as mulleres somos iguais aos homes e nada nin ninguén debe someternos. Mentres tanto, desde o noso colexio, seguiremos educándonos na igualdade e loitando pola dignidade de todos e todas. Finalizamos coas verbas dunha excepcional muller, Clara Campoamor quen dixo: “ACUSEI AS INXUSTIZAS PORQUE NON QUERO QUE O MEU SILENCIO AS ABSOLVA” A pesar das nosas diferenzas, compartimos a mesma realidade e estamos unidos na loita para conseguir que o mundo sexa un lugar mellor para todas e todos. Porque queremos outro mundo, e sabemos que é posible.... CONSTRUÁMOLO ENTRE TODOS E TODAS! PÁXINA 6 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
  • 7. PÁXINA 7 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
  • 8. Como en anos anteriores, o venres 22 de novembro do 2019 (Venres) celebramos no noso centro a Carreira Quilómetros de Solidariedade para colaborar coa ONG “Save the Children”, que este ano vai dedicada ás ne- nas/os do pobo Rohingya. Pero este ano, a carreira tivo un triple motivo de conmemoración. Tendo en conta que o 20 de novembro foi o día dos Dereitos dos Nen@s e o 25 de novembro é o Día Internacional contra da Violencia de Xéne- ro, conmemoramos no mesmo acto estas dúas datas e os valores que representan Así que a carreira (a diferencia doutros anos) foi unha carreira de relevos por clases, encabezada primeiro por unha rapaza de cada un dos cursos que, sentada nunha cadeira de cor vermella (símbolo dos millóns de nenos e nenas que non teñen dereito á educación), recolle o relevo simbo- lizado por un facho de cor morado (símbolo do Día contra a Violencia de Xénero), dando saída a todos os nenos e nenas do seu curso. Cada clase vestiu unha camiseta facilitada polo Concello, coa lenda Monfero en Negro e o dorsal de “Save the Children”. Ao remate da carreira Clara e Lucía, alumnas de 4º ESO, leron un manifesto a favor dos Dereitos dos Nen@s e en contra da Violencia de Xénero. Como final do acto as profesoras de E.F deron aos nenos, nenas e rapaces/as un agasallo e un diploma pola súa participación. Dende o noso cole queremos dar as grazas a toda a comunidade educativa pola súa colaboración e solidarie- dade. Porque un mundo mellor é posible.... CONSTRUÁMOLO ENTRE TODOS! AQUÍ TEDES UNS VÍDEOS DESE DÍA!! PÁXINA 8 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
  • 9. PÁXINA 9 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
  • 10. O SAMAÍN Como en anos anteriores este curso celebrouse o concurso de portas do Samaín no que participou todo o colexio dende E.I ata a ESO. Había premios para todas as cla- ses de E.I, para unha clase de E.P e para unha clase da ESO. No caso de E.P gañou a porta de cuarto de primaria. E no caso da ESO gañou o curso de segundo da ESO. Para todos os gañado- res houbo unha deliciosa chocolatada. Riquísima! Antía, Damián e Matías (2º ESO) A porta gañadora da ESO Os gañadores de 2º ESO PÁXINA 10 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
  • 11. A porta de 1º da ESO A porta de 3º da ESO A porta de 4º da ESO As cabazas tiveron o seu protagonismo entre os máis pequenos PÁXINA 11 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
  • 12. TECNÓLOGO POR UN DÍA Varios estudantes participaron o pasado decembro no programa "Tecnólogo por un día" do plan #DigiTalent promovido pola Xunta de Galicia. Everis abriu as portas para ilusionar a un grupo de xente nova que demostrou en todo momento o seu interese. O alumno Miguel Dopico Tomé de 1º da ESO foi o afortunado do noso centro que viviu a experiencia un marabilloso día 10 de decembro. Tocoulle traballar nun grupo de 10 persoas dedicado a facer melloras para as aplicacións. Cada persoa dese grupo tiña unha tarefa. Había un rapaz encargado de facer o programa infor- mático da aplicación. Catro rapazas eran as encargadas de facer que a aplicación non tivera problemas coa axuda dun robot que mandaba avisos dos problemas que ían aparecendo. Por outra banda, outros catro rapaces encargáronse de mirar o sistema operativo. Revisaron todo grazas ó robot e resolveron os problemas surxidos creando así unha aplicación excelente. Por último había outra persoa no grupo chamada Amaya que se encargou de facer unha presentación ben explicada de toda a aplicación para que despois os profesores souberan explicarlla aos seus alumnos e poder utilizala correctamente. A empresa Everis é moi importante no sector. Ten a 2.500 traballadores en España e traballa con empresas moi coñecidas como Estrella Galicia ou Inditex. Miguel Dopico (1º ESO) O día 2 de febreiro foi a Chandeleur e para celebralo as alumnas de 4º da ESO e a nosa profesora de Francés e Lingua Galega Laura fixeron unhas crêpes riquísimas, no interior das crêpes podías engadir nutella ou plátano. Tamén fixemos un cartel e a nosa profesora Verónica fixo uns debuxos para acompañar ao cartel. Damián García Ramos 2ºESO PÁXINA 12 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela Aquí tes a receita das crêpes!
  • 13. A VIAXE A ANDORRA O alumnado de E.S.O. do CPI Plurilingüe Virxe da Cela fixo unha viaxe ata Andorra para disfrutar duns días esquiando. Tras moito esforzo físico...tamén lle dedicaron unha tarde a relaxarse no "Balneario de Caldea". Unha aventura inesquecible! Aquí tedes unha pequeña parte de todo o que disfrutamos. Ruth Varela (mestra de EF primaria, acompañante do grupo). Aquí podedes ver un vídeo da viaxe. Mentres uns estaban en Ando- rra, outros fixeron un rap no centro! Escucha hermano, dame la mano No sientas temor, en el mundo hay amor Aunque creas que tienes enemigos Todos somos amigos. Si uno te falló, no le eches la culpa a dos Amor, paz, respeto e igualdad No son palabras vacías Ni simples profecías Son palabras con contenido Que mantienen el mundo unido. Nico e Rubén R. de 3º ESO PÁXINA 13 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
  • 14. A Voz de Galicia do 14 de febreiro de 2020 informa de que "La Voz convierte a alumnos de secundaria en reporteros con Periodismo en la Escuela". Colgamos esta páxina do xor- nal na que se menciona o noso colexio, o CPIP Virxe da Cela, que tamén participará este pro- grama piloto de xornalismo. Os rapaces e ra- pazas de 2º e 3º da ESO farán unha reportaxe sobre o Festival Grelo Folk. PÁXINA 14 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela ANTÍA LÓPEZ de 2º ESO ENTREVISTA A ANA GONZÁLEZ Queremos compartir convosco esta interesante entrevista que a alumna Antía López Teodosio (2º ESO) realizoulle a Ana Belén González Jove, unha das fundadoras do Festival Grelo Folc. Despois de falar con Ana, unha das organizadoras deste evento, podo compartir convosco moitos datos sobre o Grelo Folc. Este festival lévase celebrando dende o ano 1999, aínda que houbo uns anos que non se celebrou (si non me equivoco desde o 2004 ata o 2009). Nos seus inicios o festival celebrábase en Xestoso, no río Dez, pero no 2000 cambiaron a ubicación para o Mosteiro de Monfero. O festival du- ra todo o día: ao mediodía odo o mundo come coas súas familias e hai sesión vermú onde toca un grupo de música, pola tarde faise o festival da Naviciña, dedicado aos nenos pequenos, donde hai un circo, unha obra de teatro… E pola noite xa comezan a tocar os diferentes grupos que normalmente son catro e tocan todo tipo de música aínda que toda en galego. Este festival leva organizandoo dende que come- zou a asociación o Abordelo, que é unha asociación dunhas 15 persoas máis ou menos. Antes de que a xente que formaba a asociación se marchara a vivir a outro lugar ou tivera fillos facían ao longo do ano moitas cousas como clases de inglés… Pero agora xa solo fan o festival. Os cartos para organizar o festi- val vanos conseguindo vendendo camisetas, no bochinche… Polo que me dixo Ana é un festival moi di- vertido, así que animádemos todos a ir!! Se queredes escoitar a entrevista aquí a tedes!
  • 15. PÁXINA 15 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela Coa finalidade de aprender máis sobre este festival, decidimos pregunatarlles aos fundadores deste proxecto sobre o festival,xa que foron as personas que estiveron ahí dende o primeiro momento. GreloFolc. É un festival creado pola inquietude duns xóvenes que lles gustaba un tipo diferente de música á desa época, apostaban pola músi- cío do Dez,en Xestoso.Despois decidiuse cambiar o sitio pa- ra oMosterio,xaque é un lugar máis coñecido e é aicona do concello ademáis de que o Dez era un lugar protexido medioambientalmente No ano 2000 xa selevou a cabo no Mosteirio e aí seguiron cada terceiro sábado de outubro facendoeste festival.As principais persoas que estiveron dende o principio neste proxecto foron Nico e Ana, coa axuda de moita xente máis. Comenza- ron no festival tan só a organizar un concertó de grupos de música pola noite. Este concertó mantense,normalmente veñen tocar catro grupos de distintos estilos musicais pero todos eles cantan en galego e non deben usar linguaxe sexista nas súas letras.Polo Grelo Folc pasaron grupos moi diversos, dende grupos tan modernos co- mo“AtaqueEscampe”ou“FamiliaCaamagno”como grupos tradicionais de zona como “OsCarunchos”,“ABandaXangai”ou os míticos “RadioOcéano”. Neste festival tentase crear un pequeño espazo para diversificara oferta cultural da zona e dar espazo aos grupos galegos. Segue sendo un festival moi modesto,pequeniño e familiar,medrou en programación.Este festival ta men lleda importancia aos ne- nos,pola tarde agora lévase a cabo unfestival que lle chaman”ANabiciña”que consiste en espectácu- los culturais dirixidos ao público infantil,poden ser espetáculos musicais,circo,tetro… acompañado de xogos tradicionais e unha merenda e ten bastante éxito. Cando comenzaron eran xente moi nova e simplemente querían ternos eu territorio una alternativa cultural e de lecer que fose máis alá das festas patronais. Un dos obxectivos é diversificar a oferta cultural e festiva no medio rural,outros dos obxectivos é a dignificación dun- ha cultura e lingua propia.Mostra a diversida de musical que se pode dar en galego e poner en valor tanta xen- te que está creando cultura neste país e que por veces teñen dificultades para mostrar as súas creacións. Asociación O Abordelo creárona para acceder ás axudas da Xunta para festivales. A edición pasada foi unha das que máis públlico tivo. Esta é a resposta de Ana de porque participou neste fes- tival: “Comecei a participar na organización deste festival sendo moi nova. Ao rematar os estudos no Xestal, tivera que irme para a cidade a seguir os meus estudos,daquela con 13 ou 14anos,o cambio non fóra fácil e xa na xuventude xurdira un movemento cultural co que me dignificaba e co que eu me identificaba:o ser de aldea,o falargalego,o ter identidade propia…era todo un movemento que ía desde publicacións literarias, ata cinema e música… Nós desde Xestoso eramos un grupiño pequeño de xente que xaíamos ao Festival de Pari- ñas,alí dábase un agromar cultural e como xente moi moza descubríamos un mundo que se nos presentaba máis alá do que coñecíamos das festas patronais.Así comenzamos a organizar este festival,coa intención de darlle ao noso territorio o que tanto nos gustaba gozar a outros lugares”. A conclusión de Rubén neste proxe- cto,un dos nosos entrevistados é que el está satisfeiro polos logros conseguidos,ainda que sempre hay algo que mellorar él está orgulloso de que Monfero saíra nos xornais grazas a este acontecemento,e que consegui- ran mover a xente dentro do ámbito sociocultural de Monfero. E aí seguen,sendo un festival pequeniño pero moi lindo e dando un espazo unha vez ao ano para gozar dun plan diferente no concello...O primeiro de todo agradecer a Rubén e a Ana polo bo trato hacia nós á hora de responder ás preguntas, porque sen eles estre traballo non sería igual. Falando desta iniciativa,parécenos moi ben que haxa xente que segue apostando pola música tradiciona lgalega e por grupos de música pouco coñecidos, xa que desta forma pódese achegar este tipo de música e tamén novos grupos musicais á xente de todas as idades. Noelia e Rubén Fraga de 3º ESO
  • 16. PÁXINA 16 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela ABORDELANDO MONFERO. Festival Grelo Folc Por Marta Fernández Sanjuán (3º ESO) Fai anos visitei o festival Grelo Folc coa miña familia e nunca me parara a pensar no sentido deste even- to. Fai unhos días entrevistei a unha das pioneiras, Ana Belén Gonzalez Jove, que me comentou con todo detalle como nacera esta iniciativa: MF.-En que ano se empezou a facer o evento? AG.- No 1999 fixemos o primeiro festival no Río do Dez en Xestoso e despois xa se trasladou ao Mosteiro por motivos ecolóxicos. MF.- Como xurdiu esta iniciativa? AG.- O festival xurdeu a finais da década dos 90. Foron eses anos moi movidos no panorama musical e cultural galego. Eramos rapazas e rapa- ces da aldea, moitas de nós, xa tiveramos que marchar á cidade a estu- dar, nunha idade máis nova da que se marcha agora, xa que o bacharela- to xa se empezaba con 13-14 anos. Os prexuízos cara a aldea e todo o que significaba o galego estaban moi presentes, supoño que ao que máis e ao que menos iso marcounos. De repente xurdeu un movemento que se chamou o “Movemento Bravú”. Era como un agromar cultural e mu- sical que se daba nas cidades, nas vilas e nas aldeas que poñía en valor e levantaba a autoestima de todo o que nós sentíamos que éramos e que alguén aí fóra nos estaba dicindo que non valía ou que era menos que o outro. De repente, ser da aldea e falar galego era guai!! e iso para moitas de nós foi como un respiro. Estoume enrollando moito pero podedes investigar un pouco sobre este movemento nas redes e darávos moitas pistas do que se sentía nese momento. Ao redor dese movemento naceron moitos grupos de música de moitos estilos diferentes, tendo de base o amor polo tradicional pero metendo outros xéneros que ata daquela eran exclusivos do castelán, ninguén ata ese momento fixera rock ou rap en galego. Ao redor do bravú tamén houbo publicacións de revistas culturais, literatura, xornadas, etc. Nós, desde Xestoso, eramos un grupiño pequeno de xente que xa íamos ao Festival de Pardiñas, por cer- canía. Aí respirábase a música e a cultura propia valorizada, e nós queríamos tamén facer unha xornada así na nosa aldea. Fixémolo primerio no Río do Dez, facía dous anos que se declarara Parque Natural as Fragas do Eu- me e o Dez estaba dentro dos límites do parque natural. Para nós ao principio era como normal e sen problema facer alí un festival, pero un grupo ecoloxísta que había nas Pontes chamáranos a atención. Para nós foi unha sorpresa porque daquela aínda non tiñamos nada de conciencia ecoloxista pero en vez de reaccionar con este toque de atención, dímonos conta de que, efectivamente, o respeto ao medio ambiente e á natureza era incompatible con facer un festival nun sitio protexido. Ese ano aprendimos moitas cousas. Eramos rapaces de 18-20 anos e estábamos descubrindo un mundo… No ano 2000 xa se cambiou a ubiación para o Mosteiro de Monfero por ser a icona do concello e un lugar marabilloso tamén. MF.- Cantos sodes na organización? AG.- Na organización non hai un número fixo de persoas. Comezamos sendo un grupo de amigos cos mesmos intereses pero ao pasar o tempo constituímonos nunha Asociación Cultural e Medioambiental que se chama 'O Abordelo'. O concepto Abordelo e o verbo 'Abordelar' é un verbo xa en desuso pero que se usaba moito nas so- ciedades labregas. Abordelar é cando dous bois tiraban por un carro moi pesado ou por camiños moi costos e non podían coa carga e había que engancharlles outra parella de bois ou do animal de carga que fóra. Nós chamámo- nos Abordelo, porque tiñamos intención de abordelar Monfero aportando o noso graíño de area na actividade cul- tural do concello. Actualmente o grupo máis activo da asociación compónse dunhas dez persoas e a maiores hai moita xen- te que colabora o mesmo día do festival de distintas maneiras.
  • 17. PÁXINA 17 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela MF.- Que actividades hai, de que vai a festa ou que se fai? AG.- Pois o Festival Grelo Folc comezou sendo un festival de música en galego pola noite. Normalmente adoitaban vir catro grupos musicais e tentamos sempre traer distintos estilos de música, iso si, para tocar no Grelo Folc os gru- pos que veñen teñen que usar o galego como lingua principal e usar letras non sexistas. Ademáis da música tamén queremos que ser respecten certos valores para nós importantes. Agora a xornada é de todo o día. Comezamos ás dúas da tarde cunha sesión vermú seguido dun xantar. Pola tarde hai un festival que cada ano é máis concorrido que lle chamamos 'A Nabiciña'. É un festival para público in- fantil no que sempre traemos algunha actuación ou ben musical ou teatro, ou circo.... ten moito éxito e remata cunha merenda para as crianzas. Pola noite segue o festival cos grupos de música. MF.- Vai dirixido a persoas de calqueira idade ou en xeral? AG.- Pois polo festival pasa xente de todas as idades, precisamente ao haber actividades durante todo o día é un ir e vir de xente continuamente. Ao mediodía é público xeral de calquera idade e á foliada que se dá despois de comer hai bastante xente maior. Á tarde está concorrida por público familiar de mamás e papás coas súas fillas e fillos e á noite é maioritariamente xente máis moza. MF.- Participa moita xente? AG.- Ahahah diríache que me definiras 'moita'. Non, a verdade é que non é un acontecemento multitudinario, como che comentei ao longo do día hai un ir e vir continuo de xente pero en ningún momento hai demasiada xente. É moi curioso que co público local, o máis cercano cóstanos máis. Ven moita xente da comarca, sube xente de Pontedeu- me, das cidades, etc. O público de Monfero vai aumentando moi timidamente, pero a base de ser constantes no tem- po… Evidentemente non son eventos que arrastren a moita xente, e se tes á panorama ou calquera outra orquestra perto xa non hai nada que facer. De todas formas, nós mantémonos coa ilusión de simplemente ofrecer diversidade e alternativas, non temos ánimo de cambiar o gusto das persoas nin moito menos, pero que unha vez ao ano en Monfero haxa unha opción cultural, musical e de lecer diferente ás festas patronais, que realmente é a única oferta que temos no concello, pensamos que é enriquecedor para o territorio. MF.-Tedes logotipo? AG.- Temos o logotipo da asociacion que son un grupo de persoas tirando polo debuxo do concello de monfero, abordelando “haha” e o logotipo do festival do Grelo Folc si MF.- Véndese algun obxecto, como bolis, camisetas...?? AG.- Si claro, para cada edición sacamos unha tirada de camisetas con distintos deseños que encargamos a deseña- dores gráficos, para nós é unha fonte de ingresos fundamental para poder costear todos os cartos que gastamos fa- cendo o festival. MF.- En que época do ano se celebra?? AG.- No outono, o terceiro sábado de outubro, cando co- mezan os cogumelos... e as nabizas ;) Despois desta interesante entrevista e como con- clusión quería dar as grazas ao esforzo de Ana Belén Gon- zález Jove e mais da miña profesora de músca Véronica Dopico, xa que fun quen de levar a cabo este proxecto. E un chamamento á mocidade: espero e desexo que a xente nova como nós tamén poidamos contribuír a manter viva a nosa cultura e patrimonio.
  • 18. PÁXINA 18 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela FELIPE REY CASTRO de 3º ESO ENTREVISTA A ANTONIO GONZÁLEZ LÓPEZ SOBRE O FESTIVAL GRELO FOLC DATOS DO ENTREVISTADO: Nome: Antonio González López Idade: 23 anos Residencia: Lg. Pazo de Irixoa, 7 – Irixoa (San Lourenzo) Traballo: Estudante Relación co mundo do folclore: Amigo das festas e dos cantos tradicionais. FRC: Ola!! Espero que estés ben!!! Estou facendo unha investigación sobre o Grelo Folk para a asignatura de Música do colexio, por favor gustaríame que si podes me adiques uns minutos e me axudes un pouquiño. Lembrando… O Grelo Folc trátase dun festival organizado pola Asociación Cultural O Abordelo do concello de Monfero. O festival naceu no ano 1995 como un concerto de rock de 24 horas en Monfero. Ao ano seguinte organizouse un novo festival, e aí comezou o primeiro parón ata 1999. No 2001 os organizadores trasladaron a súa ubicación ao mosteiro de Monfero e entón foi bautizado oficialmente como Grelo Folc, reivindicando así o produto rei deste municipio. Polo festival pasaron numerosas agrupacións da comunidade que reivindican a lingua galega. Desde 2001 hasta 2009 houbo un novo parón. Na octava edición, tendo en conta os paróns do festival O Grelo Folc celebrouse cunha reivindicación da figura do poeta Lois Pereiro.Hai actuacións musicais de distintas agrupacións folclóricas xunto coa lectura do pregón. A continuación veciños e visitantes poden disfrutar dunhna gran comida cuxo menú está compostos por lacón, chourizos, costela, orella, patacas..., e por suposto, o gran protagonista desta xornada, o grelo. Despois se pode disfrutar dun baile agradable acom- pañado de música proveniente de distintas agrupacións. FRC: Coñecías o festival Grelo Folk? AGL: Si. FRC: Sabes onde se celebra? AGL: As primeiras edicións, nos anos 90, celebráronse no campo da Feira do Dez, xunto ao río Frei Bermuz, que divide as dúas parroquias (antigamente unha soa) de Xestoso: o Alto e o Val. O lugar, onde non hai casa ningunha, coñécese como o do Dez porque alí se celebraba unha feira o décimo día do mes ata máis ou menos os anos 60-70 do pasado século. Xa co cambio de século e de milenio se pasou a celebrar xunto ao Mosteiro de Monfero. FRC: Sabes cando e con que periodicidade se celebra? AGL: A mediados de outubro de cada ano (salvo que o impidan eventuais pandemias ou catástrofes doutro tipo...) FRC: Que opinas dos grupos que participan? AGL: Cada ano cambian os grupos, aínda que se adoita manter o estilo do festival combinando sempre algo de música tradicional máis ou menos renovada ou reelaborada, algún grupo de rock e sempre unha adecuada dose do subxénero quizais máis grato aos organizadores do festival, xenuíno da Galicia dos 90, que é o Bravú , con grupos como por exemplo e sobre todo Os Papaqueixos , reconvertidos ultimamente como Os Ulträqäns (pódense ver algúns vídeos en YouTube ). FRC: Outras observacións que queiras facer: AGL: Nas tres ou catro últimas edicións, debido a que os asiduos do festival (que contaban arredor de vinte anos de idade nas primeiras edicións, e agora naturalmente contan arredor dos corenta) agora asisten cos seus fillos, comezáronse a organizar pola tarde, tralo xantar
  • 19. PÁXINA 19 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela Esta mañá tiven a oportunidade de falar con Emilia, ou como se lle coñece pola aldea, Miluca da Moreira, unha Muller de cincuenta e un anos que foi a principal recuperadora de máis de mil de tradición, efectivamente, estamos a falar do entroido de Sanmede, terra que criou a Miluca, e ela devolveulle o fa- vor. Emilia contoume como foi pola aldea preguntando ós maio- res sobre as diferentes tradicións desta festa, e estes respon- dían emocionados pola recuperación dunha tradición que os acompañara na súa mozidade. Conta, que debido a este entu- siasmo dos veciños, a recuperación foi doada. Unha idea que apasiona a Miluca e que todo esto do en- troido non morre na aldea senon que se extendeu a cidades cercanas, á televisión, e incluso a outros países, quero dicir, hai estudiantes de Betanzos (unha cidade próxima a Samede) que están a realizar investigación a sobre esta festa para os seus taballos de clase. Tamén programas de televisión coma Luar se veron interesados e hai pouco os da Asociación Socio- cultural de Sanmede foron cas súas tradicións a Bulgaria. A parte de facerlle este favor á terra onde naceu tamén toca a pandeireta e promove, dende a Asociación Sociocultural de Sanmede as actividades de música tradicional que se levan na zoa (ás que eu asisto) e son gratuitas. Agora so podemos darlle as grazas a Miluca por revivir de entre os mortos este festival e este espíritu carismático e optimista dos habitantes da aldea de Sanmede. Mi- luca da Moreira, unha heroína do pobo. Daniel Pena Bonome (3º ESO). “Raíces e filloas” por Daniel Pena de 3º ESO CPIP VIRXE DA CELA NO EDCAMP MALLORCA Compartimos convosco este vídeo que resume a participación de 9 alumnos do CPIP Virxe da cela no ED- CAMP, un proxecto L@bs4Opps a través da Fundación Ayuda en Acción. Esta actividade tivo lugar o 26 de outubro de 2019, e constituiu un lugar de intercambio de experiencias entre mozos e mozas de Baleares, Aragón e Galicia, creando un espazo para o debate aberto sobre tecnoloxía e igualdade de oportunidades. A EdCamp poido realizarse grazas ao apoio da Fundació Jaume Bofill e a Fundación Probitas. AQUÍ TEDES O VÍDEO
  • 20. Excursión: teatro en francés O pasado luns 20 de xaneiro os alumnos e alumnas de Francés fumos ver unha obra de teatro en francés no Forum Metropolitano da Co- ruña chamada “Le dîner de cons” na que o pasamos moi ben aínda que non puidemos entender todo. Antía López Teodosio (2ºESO) PÁXINA 20 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela — Dende o Departamento de Francés organizouse unha corres- pondencia epistolar co alumnado de lingua española do Co- llège Thalassa, un centro escolar situado na Bretaña france- sa. Os nosos alumnos e alumnas de francés presentáronse e falaron dos seus costumes e gustos en francés durante dous intercambios. Por culpa do estado de alarma declarado pola crise sanitaria que estamos a vivir, o intercambio viuse afectado. Unha mágoa! Pásamolo ben mentres durou! Cando pase todo isto… Voltaremos!
  • 21. 3º Congreso Mundial de Educación EDUCA 2020 Os días 27, 28, e 29 de febreiro de 2020 celebrouse no Palacio de Con- gresos y Exposicións de Santiago de Compostela, o 3º Congreso Mundial de Educación EDUCA 2020. Varias mestras do noso centro acudimos a Congre- so e tivemos a oportunidade de escoitar a educadores tan coñecidos e rele- vantes coma Thomas Amstrong, Francesco Tonucci ou Francisco Mora e coñecer a outros que nos sorprenderon gratamente como Marisa Moya,ou Manu Velasco. Tratáronse temas moi en boga e de actualidade como as intelixen- cias múltiples, a neuroeducación e a neuro- ciencia ou a disciplina positiva entre ou- tros. Foron tres días cheos de coñecemen- tos, onde tamén houbo lugar para aqueles docentes que están investigando e presen- tando as súas teses, xa que puideron reali- zar pequenas conferencias especializadas durante toda a tarde do venres. En todo intre houbo varios stands, onde se podía mercar libros especia- lizados, botellas e ca- misetas personaliza- das e onde se amosaba os diversos recursos e mate- riais específicos a utilizar co alumnado para proporcio- nar unha atención especializada. Foi toda unha expe- riencia!!! Mina, a nosa mestra PT PÁXINA 21 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela Equipo feminino Irimon No colexio de Monfero hai un equipo de fútbol (Irimon), que inclúe tamén o equipo feminino, no que están al- gunhas das alumnas da ESO, dende a clase de 1º, ata a de 3º. Este fabuloso equipo non gana moitos partidos a verdade, ben… Mais ben ningún. Pero para nós, o máis impor- tante é participar. Os adestramentos son os mércores e os venres pola tarde, máis ou menos unha hora despois de que remate a xornada no colexio. No equipo hai sete participantes: Empezando na portería temos a Alicia e as demais posicións varíanse ao longo do partido. Como non hai moitos equipos femininos, xogamos en moitas ocasión contra equipos masculinos.
  • 22. O alumnado de 1º ESO viviu un gran cambio este ano. Queredes saber que supuxo para eles cambiar de primaria a secundaria? "Cando comecei tiña moito medo pola nova etapa que supón a ESO. Tiña moito medo a non dar o nivel que hai que ter e sacar malas notas. Os primeiros días costoume adaptarme aos profesores, porque ca- da un pide unha cousa e cada un pon un exame. Despois funme adaptando pouco a pouco e fun collendo o ritmo. Na primeira avaliación baixei un pouco as notas pero agora na segunda vounas subir. O que máis me gusta é ter un profesor para cada cousa e explican todo mellor. O que menos é que son moitas horas de clase e poucas de recreos e incluso hai dous días nos que só temos un recreo en vez de dous." Manuel Freire Platas "O cambio foi moi grande porque en primaria tesun profesor para tres ou catro materias e na ESO tes un profesor para cada materia. Cada profesor fai os exames dunha maneira e cada un explica á súa manei- ra. Temos deberes todos os días e cando poñen exames xa te pos a estudiar. Gústame máis o horario de primaria porque ten máis recreos e na ESO temos tres días dous recreos e os outros dous días temos un recreo de 20 minutos." Uxía Boado Porto "Ao principio estaba moi asustado. Tiña moito medo de que fose moi difícil e de que non me dera adapta- do. Co tempo a miña familia foime axudando a superalo e arranquei ven na ESO. Notei moito o cambio porque pasei de ter un profesor para cinco materias a ter un profesor para cada unha delas. A ESO é un pouco máis difícil que a primaria, pero co tempo vaise adaptando un. Tamén nótase no tempo de lecer porque antes tiñamos moito máis recreo que agora, temos pouco tempo para xogar pero co tempo nos imos acostumando. Antes sacaba máis notables e agora baixáronme algo as notas. Temos moitos máis exmaes que antes e non son coma en primaria de tema en tema, agora temos algún de dous temas xun- tos e son moito máis difíciles. Na ESO os profesores son un pouco máis esixentes que os de primaria, e na ESO por só unha cousa xa tes unha falta leve". Miguel Dopico Tomé "Para min empezar na ESO era algo que vía moi difícil, pensaba que as miñas notas baixarían moito, que ao ter máis profesores mandaríanme máis deberes; pero ao contrario, non é tan difícil. Os exames si que son difíciles pero non tanto como din. Os que van en cursos superiores moitas veces dinlles aos de prima- ria que a ESO é imposible, que van suspender e moitas cousas máis para meterlles medo. O que non me gustou é que o recreo é moito máis curto, e hai dous días que temos so un. Polo demais penso que a ESO non é tan mala como din". Alicia Lucía Romero PÁXINA 22 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela
  • 23. "A min parecíame moi difícil ao principio pero despois dinme conta de que non era para tanto. Meu irmán dixérame que era moi difícil porque el en 2º da ESO deixou catro asignaturas, aínda así recuperounas des- pois. Eu pensaba que non ía aprobar todo e ao final aprobei todo e rinme do meu irmán. Diríalle aos de sexto de primaria que non teñan medo porque despois lévase ben e os profesores son todos bos e agradables." Pablo Rodríguez Fernández "A principio de curso cando cheguei ao colexio tiña un pouco de medo e nervios polos profesores que ía ter e a clase. Pero cando vin que os meus compañeiros estaban contentos eu tamén dicidín sentirme contenta con esta etapa que ía a vir na miña vida. Agora hai máis profesores, máis materias e é un pouco máis "rollo" porque cada profesor explica diferente e fai os exames diferentes. Agora que levo catro meses aquí síntome mellor peeeero... As notas non seguen sen ser igual de boas. Agora non saco Notables e Sobresaíntes e tamén hai dous recreos demasiado curtos." Andrea Morás Naveira "Eu ao principio tiña un pouco de medo para empezar a ESO porque pensaba que os profesores poñían moi- tos exames e deberes. Tamén cría que as asignaturas ían ser máis difíciles. O que me gusta da ESO son as excursións porque son moito máis divertidas. Os torneos de fútbol e as clases son tamén moito máis diverti- dos. O que non me gusta é que os martes e os xoves non haxa recreo pola tarde, que haxa un profesor para cada asignatura, que haxa tantos exames e que che poñan un negativo por calquera cousa. Tampouco me gustan as asignaturas de música e de inglés. Estes cinco meses pasáronseme moi rápido." Iker Martínez Menéndez "Cando acabei sexto pensei en primeiro da ESO e segundo as cousas que escoitaba como: "Temos cinco exa- mes esta semana, vou suspender" non me gustaban moito e queiras que non acábache metendo medo. Pero agora, que xa estou nela, paréceme que levando unha rutina de estudo pódese conseguir todo xa que os exa- mes son difíciles se non estudas. Os recreos son moi curtos e iso non mola. Pero mola porque aprendes moi- to." Brais Varela Amado "O meu paso de sexto a primeiro da ESO foi dificil por que non me organizaba ben e cada profesor ten a sua maneira de avaliar , os exames son máis difíciles e temos que preparalos tempo antes para poder ter todo ben claro, e ese e o meu problema porque cando se xuntan varios exames líome co tempo e non podo prepa- ralo todo. Algunhas clases son máis divertidas que en primaria pero tanpouco está ben que por calquera cousa que pase che poñan un negativo ou un parte." Aaron Primoy García PÁXINA 23 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela "Ola! Eu son Xiana, e neste textiño vouvos contar un pouquiño o meu paso dende 6º de primaria a 1º da ESO. Na ESO e todo moi diferente a primaria xa que hai que estudar máis. Hai so un recreo por día segundo que día sexa e uns días hai dous recreos e outros un. Un lío! O primeiro que pensei cando me sentei na miña ca- deira foi “ isto vai ser moi diferente” e así foi. Empecei o curso moi ben e agora lévoo algo regulín máis que nada porque estudar no é o meu pero hai uns meses dinme conta de que se estudo un pouco máis todo vai saír ben, coma na primaria. Os cambios que máis notei foron: a liberdade no recreo, a esixencia nos deberes, os exames, os traballos… E tamén o notei que xa no fan isto de buscar traballos por aí e subirche un pouquiño a nota. Iso xa non. Se es de 6º de primaria espero que che axudase un pouco a visualizar a ESO. " Xiana Mosquera Varela
  • 24. PÁXINA 24 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela ASOCIACIÓN AMIGOS DO MOSTEIRO DE MONFERO por Hugo Lucía (3º ESO) En Monfero atópase o mosteiro de Santa María de Monfe- ro, que data do século XII. Este mosteiro atópase actual- mente en pésimas condicións, pero había unha asociación que velaba polo seu benestar, a Asociación Cultural Ami- gos do Mosteiro. A miña investigación acerca desta asociación comezou como comezan tantas outras, buscando en Google o ter- mo “Amigos do Mosteiro de Monfero”. Grande foi a miña sorpresa ao descubrir que esta asociación non contaba con páxina web algunha ou un correo electrónico. O primeiro artigo que atopei pertencía a La Voz de Galicia, onde puiden ler (e a pescudar en consecuen- cia) que en 2003 comezouse un proxecto turístico co que se quería dar visibilidade ao mosteiro, rehabi- litándoo e, de paso, xerando uns cantos postos de traballo. Investíronse máis dun millón de euros, pero co cambio de goberno acabouse abandonando o proxecto. Isto fixo que me dese de conta de que o de- terioro do mosteiro non era nada novo e xa levaba moito tempo nese estado de abandono… Continuei a miña procura, chegando a artigos de hai 20 anos, nos que se falaba dunha nova asociación formada por máis de sesenta veciños, co obxectivo de restaurar o mosteiro. Esta asociación, como non, era a dos “Amigos do Mosteiro”. Contactei co Concello de Monfero a fin de que me proporcionasen o seu contacto e, sen moita demora, recibín a súa resposta. Na mensaxe figuraba unicamente un número de teléfono ao que chamei, sen sorte, xa que se atopaba fóra de servizo. Nun último intento de contactar con eles, busquei en Facebook e atopei unha páxina co seu nome, “AsocAMigos Mosteiro Monfero”. Desgraciadamente descubro que na súa última publicación, do ano 2018, comunícase que se pecharán as súas redes sociais e en consecuencia a propia asociación, ao parecer por falta de actividade e implicación por parte dalgúns socios. AsocAmigos Mosteiro Monfero 20 de novembro de 2018 “Como persoa responsable das RRSS da Asociación de Amigos do Mosteiro de Monfero comunícovos que en breve carrearei esta páxina e tamén a de twitter. Laméntoo porque iso vén acompañado da de- saparición da asociación, que xa leva varios anos sen función ningunha, e laméntoo tamén por tantos seguidores que xuntou nestes anos. Dos cales poucos somos socios e unha asociación sen socios tam- pouco vive, e tampouco vive sen xente que traballe para ela (para todos) cando organizáronse diferen- tes actividades, nin moita xente que a elas asista. Síntoo por todo o que se perde, e como dixo Alonso o outro día, oxalá sexa un “deica logo” e non un “ata nunca”. (Fonte: Páxina Facebook AsocAmigos Mos- teiro Monfero). Botando unha ollada á súa páxina de Facebook puiden atopar información da asociación, obxectivos e opinións acerca do tema, nas que case sempre se criticaba o seu estado. Realmente é unha pena que esta xoia do patrimonio galego se atope nun estado deplorable e espero que se aproveite o seu infinito potencial.
  • 25. PÁXINA 25 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela ENTRECULTURAS: ASAMBLEA FIN DE CURSO FORMATO TELEMÁTICO Este ano, debido á situación excepcional (Covid-19), o encontro Fin de Curso da Rede Solidaria da Mocida- de Entreculturas tivo lugar de maneira telemática o pasado xoves 14 de xuño de 2020 de 18:00 a 20:00 horas. Contamos coa participación da nosa profe Yolanda e dos alumnos Uxía (1º ESO) e Hugo (3º ESO). Todos coñecemos algún evento ao que queríamos asistir este ano pero debido ao estado de alarma que co que levamos convivindo xa tres meses non foi posible . Ao que quero chegar con isto é que a Rede Solidaria Mocidade Entreculturas non se detivo ante esta situación e buscou alternativas para poder cele- brar a súa Asamblea de Peche de Curso, o que levounos a celebrar a reunión dixitalmente. Algúns dos alumnos do CPI Virxe da Cela participaron no encontro que, ainda de larga duración (dúas horas) facíase levadeiro grazas a que a participacipación era activa. Neste encontro dixital tratamos temas como a inci- dencia política, no que profundizamos bastante, o estado actual do medio ambiente e da migración e por último a situación de desigualdade que estan a vivir mulleres de todo o planeta. Tamén empregamos a pla- taforma kahoot, coa que tivemos que responder un quiz con preguntas relacionadas a estos temas. Per- soalmente estou satisfecho de haber participado , xa que foi entretenido e adquirín coñecementos de te- mas moi importantes que non dominaba tanto. Hugo Lucía Romero (3º ESO) O día 4 de Xuño participei no Encontro final de Entreculuras. Había rapaces e rapazas de Galicia, Asturias e Latino América. Este ano foi por videoconferencia xa que por culpa da pandemia non o podeimos facer co- mo todos os anos. Fixemos un Kahoot sobre a incidencia política, estivemos falando entre todos, puxéro- nos en grupos pequenos para debater sobre as preguntas do Kahoot. Logo volveron a preguntarnos sobre as cuestións tratadas nos grupos e debater que nos parecía, como foi a nosa posta en común etc. Eramos 35 persoas en total na vídeo conferencia de Galicia, Asturias e Latino América. Espero que para o próximo curso non sexa por videoconferencia e poidamos vernos en persoa con saúde. Uxía Boado (1º ESO) ENCONTRO DAS FAMILIAS EN EDUACIÓN FÍSICA Deixámovos este divertido vídeo realizado pola mestra de EF Ruth Varela coa colabora- ción do alumnado e familias con motivo da celebración do II Encontro das Familias en Educación Física (este ano tivo que ser de maneira telemática).
  • 26. PÁXINA 26 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela HOMENAXE AOS NOVOS HEROES “Quién vive y quién muere” Daniel, de 3º da ESO, recita un rap composto por el sobre o problema do COVID-19. Esta composi- ción vai dirixida non só ó marabilloso equipo sani- tario que temos senón tamén á poboación do país. Agradecementos... Pois eu a quen quero agradecer polo que esta pasando é aos policías, á garda civil, á policía nacional, aos militares... Porque a parte de facer ou intentar que nos cumpramos as regras da corentena ademais están levando comida ou medicamentos ás persoas maiores ou a os que están en corentena. Ademais diso e o que máis me gusta é que polas cidades dalgunhas provincia van con globos nos coches e van entretendo ás persoas, cantando o cumpreanos feliz se se dá o caso, e animando a os nenos/as a pasar ben a co- rentena. Manel (1º ESO) Alucinante !! Policía mallorquino animando á xente en corentena Héroes de la cuarentena por Hugo Lucía de 3º ESO Durante este periodo de cuarentena hemos podido comprobar que los héroes existen, héroes que pensábamos extintos hasta que se desató toda esta crisis del COVID-19, aportando su granito de arena para su- perar esta enfermedad. Pero hoy no voy a hablar de héroes que ayuden a superar la cuarentena, sino que consiguen amenizarla. El caso del que voy a hablar se dio en Andalucía, donde el hotel El Hacho, a sabien- das de que tendrían que cerrar debido a la cuarentena, tuvieron la ma- ravillosa idea de ofrecer dulces y bebidas a los camioneros sin siquiera aceptar dinero a cambio. Dispusieron los alimentos a modo de estación de servicio, de modo que los ca- mioneros pudieras acceder a estos sin tener que interactuar con nadie, lo que facilita las cosas a todos y ayuda a superar este periodo de crisis. Estoy convencido de que veremos más casos como éste durante las próximas semanas, de otros tantos héroes que todavía no han hecho aparición y que, gracias a su inestimable ayuda, harán posible acabar con esta situación de aislamiento e incertidumbre. A nosa Ariadna de 3º da ESO tamén quixo reflexar a súa homenaxe ós heroes e heroínas da pandemia. É unha artista!
  • 27. PÁXINA 27 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela PEQUENOS OLLOS, GRANDES OBRAS O alumnado do CPI Virxe da Cela realiza un particular percorrido polas obras de diferentes mulleres artistas. Unha forma de mergullarse na arte e de debatir so- bre diferentes obras, aportando a súa opinión e concienciando sobre a existencia de mulleres artistas. "Pequenos Ollos, Grandes Obras" pretende ser unha canle para achegar a arte e todas as súas implicacións á xente máis cativa. Neste paseo audiovisual desfruta- remos de: 'Concorde' de Maruxa Mallo 'Ubi Girl from Tai Region' de Löis Mailou 'Sen título' de Lee Krasner 'Hacia acuario' de Remedios Varo. Unha produción do CPI Virxe da Cela coa colaboración do Laboratorio de Radio e o apoio de Ayuda en Acción e Fundación La Caixa. Que grandes os peques! E que gran traballo o de Sergio e Lucía! Neste código QR tedes o vídeo! Prácticas 2º ESO física e química O alumnado de física e química de 2º de ESO realizou durante varias xor- nadas prácticas de laboratorio onde traballaron fabricando disolucións de dis- tintas concentracións, para logo crear distintas composicións en función das súas densidades. Aquí tedes algunhas fotos do traballo e resultados.
  • 28. PÁXINA 28 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela Dende a Biblioteca Castelao propúxose esta actividade tan orixinal durante o confina- mento. Que vos parece? Aquí tedes algunhas das imaxes! Grazas a todo o alumnado e profesorado participante! AUTORRETRATOS CON LIBRO Se queredes ver todas as imaxes, aquí te- des o código QR!
  • 29. PÁXINA 29 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela - ENTROIDO 2020 - Celebramos o Entroido o venres 21 de febreiro de 2020, e nesta ocasión centrámonos na temática das Ci- vilizacións. Foi un festival multicultural e multicolor, no que os alumnos/as e profesores/as de educación infantil e educación primaria exhibiron os seus fantásticos disfraces. Iniciamos o acto cun desfile de todos os grupos polo patio cuberto, e acto seguido, cada clase realizou unha pequena actuación representando e contextualizando o seu disfraz. Un grupiño de nais exerceu de xurado e entregou premios para todos/as!! E como fin de festa unha boa chocolotada con doces típicos do Entroido. Moitísimas grazas aos cociñeiros e ás nais coidadoras por agasallarnos con estas larpeiradas! Aquí tedes os vídeos dese día!
  • 30. PÁXINA 30 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela 5 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE O Día Mundial do Medioambiente quixemos visibilizar a natureza das no- sas parroquias, do medio rural, e das súas xentes a través destes vídeos realiza- dos polos nenos e nenas do Xestal, proposta realizada por D. Luís Rodríguez Pa- tiño, Coordinador do programa UNED Sénior no centro asociado de A Coruña e sacerdote na parroquia de Xestoso. Neles amosan a vida nas súas aldeas, paraísos naturais que temos ao noso carón e que debemos valorar e coidar. Parabéns pola iniciativa! Nos seguintes códigos QR podedes ato- par os vídeos! CARVALHO CALERO EN EDUCACIÓN INFANTIL Para celebrar o día das letras galegas decidimos traballar co conto “As pitas baixo a choiva”. Primeiro coñecemos un pouco máis do autor eloxiado. E logo coñecemos máis sobre as pitas e o seu ciclo de vida. E para rematar, Dani, o profe que estivo de prácticas no cole o ano pasado fixo unha colaboración con nós: o video “Xogamos coas Letras Galegas”. Desta iniciativa saíu un tendal de palabras en ga- lego. Neste código QR podedes atopar o vídeo que fixo Dani
  • 31. PÁXINA 31 A VOZ DO XESTAL, Nº 1CPI Plurilingüe Virxe da Cela RADIO NO CPI VIRXE DA CELA Un ano máis o alumnado do CPI Virxe da Cela realizou os obradoiros do "Laboratorio Radiofónico" impartidos por Lucía Abarrategui e Sergio Pascual. Aquí te- des algúns exemplos!!! Grazas por todo, amigos! Conto pola Paz por Andrea Rivera (2º ESO) : Celebramos a paz. Celebramos o día. A paz está nas pequenas cousas, non só nas grandes. A paz non é o contrario da guerra, tamén son lugares do cotián. Tamén somos nós. Tamén face- mos a paz. Este conto é dunha alumnado de 2º da ESO do CPI Virxe da Cela, mais os sons veñen de 1º de primaria e a locución foi feita por 3º de primaria. Música Audionautix CC. Terra, un poema de primaria: 1º de primaria. Palabras mesturadas. Creatividade e sonido. Velaí o resultado. Un podcast chamado terra, un poema con musicalidade. Coa música CCbynoncomercial de Chad_Crouch_-_Algorithms en freearchivemusic. Entrevista con Domingo Presas: Na radio do CPI Virxe da Cela, estamos a traballar sobre a discapacidade. Por iso, considera- mos importante falar con aquelas asociacións que traballan a prol dos dereitos destas per- soas. Por iso, convidamos a Domingo Presas. A música é de Audionautix, a voz, do alumnado de 4º de primaria. Dicionario galego "besbellos": Na radio do CPI Virxe da Cela, creamos un dicionario sonoro de termos que aínda non coñece- mos. A nosa primeira palabra é besbello, o alumnado pensa que significa unha cousa e, na realidade, significa o que ides escoitar. Besbellos, escoitade! A música é de Audionautix. A miña bisa no cole: Julia é a bisavoa de Iria, alumna de 5º de Primaria. Ela ten moitos anos de experiencia e moitas historias que compartir, por iso Iria conseguiu que a súa bisavoa viñera ao cole a contalas. O formato escollido foi unha conversa radiofónica na que o alumnado preparou unha serie de preguntas e curiosidades para coñecer unha desas historias: o entroido de Ambroa, unha parroquia de Monfero. Ademais, Carmen, a titora do grupo, participou como unha alumna máis na gravación do podcast xa que tamén é veciña da parroquia de Julia. Un proxecto de Laboratorio de Radio co apoio de Ayuda en Acción, Fundación Repsol e Fundación La Caixa Neste código QR podedes visitar a entrada do blog onde apare- cen tódolos programas. Animádevos a escoitar ós nosos alum- nos e alumnas!