1. “Alí onde haxa unha noticia estaremos nós, informando ao pobo do
Xestal.”
A voz do Xestal, o novo periódico da escola.
Saudámosvos a todos/as, xentes do Xestal, e comunicámosvos a volta da que foi
“mítica” por algún tempo e foi coñecida como a Revista Xesteira e recolleu a
información máis relevante do curso editándose de forma anual (refírome a cada curso).
Sen embargo, a volta deste membro da escola, despois dunhas longas vacacións... será
moito máis enerxética que a anterior, editándose de forma mensual ou bimensual. O
obxectivo da revista é tratar dos temas que máis nos importan; os temas que tratan sobre
a vida na escola do Xestal, á que acudimos alumnos e alumnas de moitas partes dos
concellos de Monfero e Irixoa. Tamén trataremos de temas da actualidade dos que se
fala diariamente nos medios de comunicación e de cousas relacionadas coas materias
impartidas no centro...
Sen embargo, estes obxectivos son moi complicados de conseguir se só o levan
a cabo unha, dúas, ou tres persoas. Esta revista ou xornal ten o fin de que a elaboremos
alumnos/as (como é o meu caso) coa necesaria axuda de mestres e mestras, como a que
nos deu a iniciativa do proxecto, Verónica Dopico, que ademais, é a coordinadora do
EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega), profesora de Música e de
Educación á Cidadanía. Dende aquí, pedimos a axuda e colaboración do alumnado do
centro para que formen parte do equipo xornalístico, colaborando tanto con proxectos
que levasen a cabo na clase (en calquera materia), como colaborando directamente coa
redacción. Poden ser nenos e nenas de Educación Infantil que colaboren amosándonos
os traballos que fixesen na aula, de Educación Primaria e Educación Secundaria.
A colaboración é esencial para levar a cabo este proxecto. Ademais, os mestres e
mestras terán conta das persoas que colaboren, e posiblemente os bonifiquen coa subida
de nota, sempre e cando trates dun tema relacionado coa materia que imparte dito
mestre. Falaremos de todo o que ocorra no centro, dende o arranxo técnico do edificio
ata os concursos que haxa e a actualidade (deportes, situacións internacionais...). Tamén
son importantes os temas de historia, eleccións democráticas e outros.
Sen embargo, para que este proxecto prospere, é importante respectar os seus
fundamentos, o máis importante, respectarnos as persoas por riba de todo, o que é, non
prexudicar a ninguén con algún artigo do xornal, xa que este está creado para que, dun
xeito ou outro, fagamos un mundo mellor, aínda que non todas as persoas comprenderán
o modo...
E así, sen enredar máis as cousas, dámoslle a benvida á Revista Xesteira!!!!!!!!
Para que sexa os ollos e, sobre todo, a Voz do
Xestal!!!!
A REDACCIÓN, 2AL_97.(Alumno de 2º da ESO)