SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  3
Télécharger pour lire hors ligne
ENTREVISTA SOBRE O CANCIONEIRO DE MONFERO
Nerea Fernández Rodríguez, alumna de 3º da ESO do CPIP Virxe da Cela
(Monfero, A Coruña) entrevista a Verónica Dopico, profesora de música no centro e
coordinadora do “Cancioneiro de Monfero”, proxecto de recuperación da tradición oral
da zona. Maio 2020.
Nerea: Bos días, hoxe connosco temos a Verónica Dopico, responsable do proxecto
“Cancioneiro de Monfero”. Bos días Verónica, que tal?
Verónica: Bos días, Nerea. Estou contenta por ter este espazo para difundir este
proxecto. Gracias Nerea pola túa entrevista.
Nerea: O proxecto que estás a realizar en que consiste?
Verónica: Consiste na recollida da tradición oral da zona.
Nerea: Dende cando se leva a cabo?
Verónica: Pois agora de memoria non me acordo. Ademais desde a casa non podo
acceder a todo o material en papel que teño complilado e que quedou na escola, pero
aproximadamente desde fai unha década ou algo máis.
Nerea: En te inspiraches para realizalo?
Verónica: Pois eu naquela época asistía a clases de canto e pandeireta na Escola
Municipal de Folclore de Betanzos. Tiñamos un repertorio moi variado, ao lado dos
títulos das cancións viña o nome do lugar onde se tiña recollido esa canción (por
exemplo, Xota de Bembibre, Muiñeira de Tordoia). Sabía da existencia de estudosos
que se dedicaban a visitar polas aldeas a persoas maiores para aprender delas letras
de cancións e técnicas da pandeireta, recollendo estes valiosos datos que, de non ser
recollidos neses momentos, quedarían no olvido e acabarían desaparecendo.
Nerea: Como foi a túa experiencia na Escola Municipal de Folclore de Betanzos?
Verónica: Foi unha experiencia moi positiva. Descubrín un tipo de música que, a
pesar de ser propia da nosa cultura, nunca estivera presente na miña formación
musical nin no meu universo personal. Explícome. Vivir nunha cidade ou nunha vila
non é igual que vivir no rural. Non lembro de nena ter cantado ningunha copla en
galego nin tocar a pandeireta. A Escola Municipal de Folclore leva un par de décadas
rescatando o noso patrimonio e transmitíndoo ás novas xeracións.
Nerea: Que tal vos vai ca recollida tradicional?
Verónica: Durante os primeiros anos o alumnado da ESO tiña que facer como traballo
obrigatorio unha proposta de recollida da tradición oral da zona (a nivel individual ou
traballando en grupos). Por tanto temos bastante material dese período.
Posteriormente fíxose soamente o alumnado de 2º da ESO. Este ano, a raíz da nosa
participación no proxecto “Xornalismo na Escola” de La Voz de Galicia traballouse en
2º e 3º da ESO vinculado á investigación “Festival Grelo Folc” (mesmo a entrevista
que estás a facer agora incluiríase nese proxecto). Vamos, que materiais temos
abondo!! Non están todos difundidos. Houbo un ano que organicei e maquetei textos
como para un pequeno libro, que de momento está en formato dixital e non se
publicou en papel (pódese consultar no enderezo
http://cancioneirodemonfero.blogspot.com/2014/03/o-cancioneiro-de-monfero-traves-
do-cpi.html). O gran problema é o material audiovisual. Temos un montón de audios e
vídeos que de momento están gardados no disco duro, mais non foron difundidos
públicamente. Todavía non temos claro temas legais de autorización de imaxes, e por
tanto non nos atrevemos a penduralos no blog a través da plataforma Youtube por
medo a vernos metidos en calquera tipo de problema.
Nerea: Canto tempo máis crees que se pode seguir realizando este proxecto?
Verónica: Eu creo que este proxecto en contreto ou proxectos deste tipo ou natureza
poden ter cabida durante moitísimos anos máis. De momento os vosos pais/nais,
avós/avoas e veciñanza teñen moitas historias que contar e moitas cancións que
cantar!! Non sei como será dentro dun par de anos, cando o mundo esté totalmente
dominado pola tecnoloxía!!
Nerea: Algunha vez tivechedes algún problema co proxecto?
Verónica: A verdade é que non, xa que é un proxecto “vivo” e “aberto” que se pode ir
transformando dependendo das circunstancias do momento. Si que é certo que hai
anos que ten máis éxito que outros entre o alumnado, dependendo dos seus intereses
e motivacións.
Nerea: En que ano comezou todo?
Verónica: Os primeiros documentos que conservo son do ano 2006!! Como pasa o
tempo!! Son follas en papel e gravacións en “cintas ou cassettes”!!! Que primitivo
resulta todo!! Recordo que comprei unha gravadora de “cinta-cassette” para que o
alumnado se turnara e a levara a casa… Unha vez gravados os audios, transcribían a
entrevista nunha folla de papel con boli!! Agora é todo máis sinxelo: todos temos
teléfonos móbilese ordenadores, e iso facilita moitísimo o traballo de investigación!!
Nerea: Grazas a este proxecto aprendiches algo novo?
Verónica: Por suposto que si… eu estou totalmente convencida que “cada avó/a é
unha biblioteca”! E temos que comprometernos a rescatar todo ese saber que pode
chegar a perderse…
Nerea: Seguides tendo as cintas dende o ano 2006? Poderías poñer algunha?
Verónica: Teño todo o material no colexio. Tería que revisar e organizar, e non dou
atopado o momento! Ano tras ano van xurdindo novos proxectos no Departamento de
Música que nos van roubando tempo. Sin ir máis lonxe, o último reto foi solicitar unha
sección bilingüe e impartir a materia en inglés, e iso supón moitísimo esforzo e horas
de traballo tanto para formarse como docente como para elaborar materiais
específicos. Tal vez para o vindeiro curso poña en práctica un grupo de alumnos/as
“voluntari@s” que se encarguen de dixitalizar e organizar os materiais existentes.
Nerea: Cando comezachedes con todo este proxecto imaxinaches que ibades chegar
ata donde estades ahora?
Verónica: Quen me ía dicir a min, aló polo 2006, que estaría a estas alturas
traballando no mesmo cole e dándolle clases aos nenos/as que entreban daquela en
educación infantil!! Nunca se me ocorreu pensar en tan largo prazo…
Nerea: Pensas que cando remates de traballar no Xestal, o proxecto seguirase
levando a cabo?
Verónica: Uf, o futuro é incerto… O mundo está cambiando constantemente, xa o
experimentamos na actualidade cos novos retos que nos impuxo o Covid-19… Non
teño nin idea de como vai resultar o próximo curso… Hai que adaptarse aos cambios,
e tal vez o proxecto teña que evolucionar ou morrer… O tempo o dirá… O importante é
o proceso, non o resultado.
Nerea: Realizar este proxecto axudouche a saber algo mais relacionado ca música?
Verónica: Claro que si, e non soamente a saber máis sobre a música, senón sobre a
cultura, as persoas, as maneiras de vivir, de sentir, de expresarse. É unha
investigación antropolóxica. Creo que os alumnos/as que o foron facendo durante
todos estes anos aprenderon moitas cousas dos seus maiores, e isto supón un
achegamento interxeracional.
Nerea: Pois moitísimas grazas por toda esta información e moita sorte no futuro!
Verónica: Grazas a tí. Vémonos pois en setembro… non sei si na aula de música ou a
través dunha pantalla de ordenador!!

Contenu connexe

Similaire à Entrevista sobre o cancioneiro de monfero

Presentación recollida da tradición oral da zona
Presentación recollida da tradición oral da zonaPresentación recollida da tradición oral da zona
Presentación recollida da tradición oral da zonasatelite1
 
Monferosolidario de monfero a anantapur
Monferosolidario de monfero a anantapurMonferosolidario de monfero a anantapur
Monferosolidario de monfero a anantapursatelite1
 
Proxecto Somos Artistas 5ºI.pptx
Proxecto Somos Artistas 5ºI.pptxProxecto Somos Artistas 5ºI.pptx
Proxecto Somos Artistas 5ºI.pptxdinamizanormaliza
 
Revista falares 2016
Revista falares 2016Revista falares 2016
Revista falares 2016lolaiglesias
 
Crónica emisión radiofónica vi rastro solidario e operación quilo 2014
Crónica emisión radiofónica vi rastro solidario e operación quilo 2014Crónica emisión radiofónica vi rastro solidario e operación quilo 2014
Crónica emisión radiofónica vi rastro solidario e operación quilo 2014satelite1
 
Bloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-galBloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-galsatelite1
 
Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15maruxinha64
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarYolanda Castro
 
PNDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei. Un posible modelo para un contexto gal...
PNDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei. Un posible modelo para un contexto gal...PNDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei. Un posible modelo para un contexto gal...
PNDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei. Un posible modelo para un contexto gal...Román Landín
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicasNoemiLage
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicasNoemiLage
 
Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019ceipmontemogos
 
Crónica encontro fin de curso rede solidaria entreculturas en noia
Crónica encontro fin de curso rede solidaria entreculturas en noiaCrónica encontro fin de curso rede solidaria entreculturas en noia
Crónica encontro fin de curso rede solidaria entreculturas en noiasatelite1
 
Crónica presentación radiofónica pasaporte solidario
Crónica presentación radiofónica pasaporte solidarioCrónica presentación radiofónica pasaporte solidario
Crónica presentación radiofónica pasaporte solidariosatelite1
 
Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23Aquis Fala
 
Crónica chegou o paquete da india
Crónica chegou o paquete da indiaCrónica chegou o paquete da india
Crónica chegou o paquete da indiasatelite1
 

Similaire à Entrevista sobre o cancioneiro de monfero (20)

Presentación recollida da tradición oral da zona
Presentación recollida da tradición oral da zonaPresentación recollida da tradición oral da zona
Presentación recollida da tradición oral da zona
 
Monferosolidario de monfero a anantapur
Monferosolidario de monfero a anantapurMonferosolidario de monfero a anantapur
Monferosolidario de monfero a anantapur
 
Proxecto Somos Artistas 5ºI.pptx
Proxecto Somos Artistas 5ºI.pptxProxecto Somos Artistas 5ºI.pptx
Proxecto Somos Artistas 5ºI.pptx
 
Coñecemos marrocos
Coñecemos marrocosCoñecemos marrocos
Coñecemos marrocos
 
Revista falares 2016
Revista falares 2016Revista falares 2016
Revista falares 2016
 
Crónica emisión radiofónica vi rastro solidario e operación quilo 2014
Crónica emisión radiofónica vi rastro solidario e operación quilo 2014Crónica emisión radiofónica vi rastro solidario e operación quilo 2014
Crónica emisión radiofónica vi rastro solidario e operación quilo 2014
 
Bloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-galBloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-gal
 
Encontros plambe (12 marzo 2015) 2
Encontros plambe (12 marzo 2015) 2Encontros plambe (12 marzo 2015) 2
Encontros plambe (12 marzo 2015) 2
 
Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15
 
Ciconi@ 20 (galego)
Ciconi@ 20 (galego)Ciconi@ 20 (galego)
Ciconi@ 20 (galego)
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista Escolar
 
PNDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei. Un posible modelo para un contexto gal...
PNDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei. Un posible modelo para un contexto gal...PNDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei. Un posible modelo para un contexto gal...
PNDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei. Un posible modelo para un contexto gal...
 
PNDL IES Chano Piñeiro Forcarei
PNDL IES Chano Piñeiro ForcareiPNDL IES Chano Piñeiro Forcarei
PNDL IES Chano Piñeiro Forcarei
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicas
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicas
 
Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019
 
Crónica encontro fin de curso rede solidaria entreculturas en noia
Crónica encontro fin de curso rede solidaria entreculturas en noiaCrónica encontro fin de curso rede solidaria entreculturas en noia
Crónica encontro fin de curso rede solidaria entreculturas en noia
 
Crónica presentación radiofónica pasaporte solidario
Crónica presentación radiofónica pasaporte solidarioCrónica presentación radiofónica pasaporte solidario
Crónica presentación radiofónica pasaporte solidario
 
Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23
 
Crónica chegou o paquete da india
Crónica chegou o paquete da indiaCrónica chegou o paquete da india
Crónica chegou o paquete da india
 

Plus de satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao colesatelite1
 

Plus de satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
 

Dernier

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 

Dernier (7)

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 

Entrevista sobre o cancioneiro de monfero

  • 1. ENTREVISTA SOBRE O CANCIONEIRO DE MONFERO Nerea Fernández Rodríguez, alumna de 3º da ESO do CPIP Virxe da Cela (Monfero, A Coruña) entrevista a Verónica Dopico, profesora de música no centro e coordinadora do “Cancioneiro de Monfero”, proxecto de recuperación da tradición oral da zona. Maio 2020. Nerea: Bos días, hoxe connosco temos a Verónica Dopico, responsable do proxecto “Cancioneiro de Monfero”. Bos días Verónica, que tal? Verónica: Bos días, Nerea. Estou contenta por ter este espazo para difundir este proxecto. Gracias Nerea pola túa entrevista. Nerea: O proxecto que estás a realizar en que consiste? Verónica: Consiste na recollida da tradición oral da zona. Nerea: Dende cando se leva a cabo? Verónica: Pois agora de memoria non me acordo. Ademais desde a casa non podo acceder a todo o material en papel que teño complilado e que quedou na escola, pero aproximadamente desde fai unha década ou algo máis. Nerea: En te inspiraches para realizalo? Verónica: Pois eu naquela época asistía a clases de canto e pandeireta na Escola Municipal de Folclore de Betanzos. Tiñamos un repertorio moi variado, ao lado dos títulos das cancións viña o nome do lugar onde se tiña recollido esa canción (por exemplo, Xota de Bembibre, Muiñeira de Tordoia). Sabía da existencia de estudosos que se dedicaban a visitar polas aldeas a persoas maiores para aprender delas letras de cancións e técnicas da pandeireta, recollendo estes valiosos datos que, de non ser recollidos neses momentos, quedarían no olvido e acabarían desaparecendo. Nerea: Como foi a túa experiencia na Escola Municipal de Folclore de Betanzos? Verónica: Foi unha experiencia moi positiva. Descubrín un tipo de música que, a pesar de ser propia da nosa cultura, nunca estivera presente na miña formación
  • 2. musical nin no meu universo personal. Explícome. Vivir nunha cidade ou nunha vila non é igual que vivir no rural. Non lembro de nena ter cantado ningunha copla en galego nin tocar a pandeireta. A Escola Municipal de Folclore leva un par de décadas rescatando o noso patrimonio e transmitíndoo ás novas xeracións. Nerea: Que tal vos vai ca recollida tradicional? Verónica: Durante os primeiros anos o alumnado da ESO tiña que facer como traballo obrigatorio unha proposta de recollida da tradición oral da zona (a nivel individual ou traballando en grupos). Por tanto temos bastante material dese período. Posteriormente fíxose soamente o alumnado de 2º da ESO. Este ano, a raíz da nosa participación no proxecto “Xornalismo na Escola” de La Voz de Galicia traballouse en 2º e 3º da ESO vinculado á investigación “Festival Grelo Folc” (mesmo a entrevista que estás a facer agora incluiríase nese proxecto). Vamos, que materiais temos abondo!! Non están todos difundidos. Houbo un ano que organicei e maquetei textos como para un pequeno libro, que de momento está en formato dixital e non se publicou en papel (pódese consultar no enderezo http://cancioneirodemonfero.blogspot.com/2014/03/o-cancioneiro-de-monfero-traves- do-cpi.html). O gran problema é o material audiovisual. Temos un montón de audios e vídeos que de momento están gardados no disco duro, mais non foron difundidos públicamente. Todavía non temos claro temas legais de autorización de imaxes, e por tanto non nos atrevemos a penduralos no blog a través da plataforma Youtube por medo a vernos metidos en calquera tipo de problema. Nerea: Canto tempo máis crees que se pode seguir realizando este proxecto? Verónica: Eu creo que este proxecto en contreto ou proxectos deste tipo ou natureza poden ter cabida durante moitísimos anos máis. De momento os vosos pais/nais, avós/avoas e veciñanza teñen moitas historias que contar e moitas cancións que cantar!! Non sei como será dentro dun par de anos, cando o mundo esté totalmente dominado pola tecnoloxía!! Nerea: Algunha vez tivechedes algún problema co proxecto? Verónica: A verdade é que non, xa que é un proxecto “vivo” e “aberto” que se pode ir transformando dependendo das circunstancias do momento. Si que é certo que hai anos que ten máis éxito que outros entre o alumnado, dependendo dos seus intereses e motivacións. Nerea: En que ano comezou todo? Verónica: Os primeiros documentos que conservo son do ano 2006!! Como pasa o tempo!! Son follas en papel e gravacións en “cintas ou cassettes”!!! Que primitivo resulta todo!! Recordo que comprei unha gravadora de “cinta-cassette” para que o alumnado se turnara e a levara a casa… Unha vez gravados os audios, transcribían a entrevista nunha folla de papel con boli!! Agora é todo máis sinxelo: todos temos teléfonos móbilese ordenadores, e iso facilita moitísimo o traballo de investigación!! Nerea: Grazas a este proxecto aprendiches algo novo? Verónica: Por suposto que si… eu estou totalmente convencida que “cada avó/a é unha biblioteca”! E temos que comprometernos a rescatar todo ese saber que pode chegar a perderse… Nerea: Seguides tendo as cintas dende o ano 2006? Poderías poñer algunha? Verónica: Teño todo o material no colexio. Tería que revisar e organizar, e non dou atopado o momento! Ano tras ano van xurdindo novos proxectos no Departamento de Música que nos van roubando tempo. Sin ir máis lonxe, o último reto foi solicitar unha sección bilingüe e impartir a materia en inglés, e iso supón moitísimo esforzo e horas
  • 3. de traballo tanto para formarse como docente como para elaborar materiais específicos. Tal vez para o vindeiro curso poña en práctica un grupo de alumnos/as “voluntari@s” que se encarguen de dixitalizar e organizar os materiais existentes. Nerea: Cando comezachedes con todo este proxecto imaxinaches que ibades chegar ata donde estades ahora? Verónica: Quen me ía dicir a min, aló polo 2006, que estaría a estas alturas traballando no mesmo cole e dándolle clases aos nenos/as que entreban daquela en educación infantil!! Nunca se me ocorreu pensar en tan largo prazo… Nerea: Pensas que cando remates de traballar no Xestal, o proxecto seguirase levando a cabo? Verónica: Uf, o futuro é incerto… O mundo está cambiando constantemente, xa o experimentamos na actualidade cos novos retos que nos impuxo o Covid-19… Non teño nin idea de como vai resultar o próximo curso… Hai que adaptarse aos cambios, e tal vez o proxecto teña que evolucionar ou morrer… O tempo o dirá… O importante é o proceso, non o resultado. Nerea: Realizar este proxecto axudouche a saber algo mais relacionado ca música? Verónica: Claro que si, e non soamente a saber máis sobre a música, senón sobre a cultura, as persoas, as maneiras de vivir, de sentir, de expresarse. É unha investigación antropolóxica. Creo que os alumnos/as que o foron facendo durante todos estes anos aprenderon moitas cousas dos seus maiores, e isto supón un achegamento interxeracional. Nerea: Pois moitísimas grazas por toda esta información e moita sorte no futuro! Verónica: Grazas a tí. Vémonos pois en setembro… non sei si na aula de música ou a través dunha pantalla de ordenador!!