SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  2
Télécharger pour lire hors ligne
I XORNADAS CONVIVENCIA UNIVERSIDADE-ESCOLA
Esta semana finalizaron en Monfero as “I Xornadas de Convivencia
Escola-Universidade”, organizadas polo CPI Plurilingüe Virxe da Cela de
Monfero e a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.
Foi un espazo de encontro entre a comunidade educativa do CPI e os
estudantes do primeiro curso do Grao en Educación Primaria da UDC, dirixido
a promover o coñecemento mutuo e a fomentar o traballo colaborativo entre
ambos os colectivos.
As xornadas desenvólvense ao longo de dous días (10 de novembro e 7
de decembro de 2015), nos que os estudantes universitarios desprazáronse ata
Monfero para coñecer de primeira man os distintos proxectos educativos que
se están levando a cabo desde o CPI Virxe da Cela. Desta forma, en palabras
de Helena Zapico, profesora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da
Universidade da Coruña e unha das promotoras da iniciativa, “as futuras
mestras e mestres, que veñen de iniciar a súa andaina formativa na UDC,
interactuando coas cativas e cativos de Primaria, así como co profesorado do
centro, participando directamente en distintos proxectos, tales como os
obradoiros de Radio itinerante Creativa ou de Programación e pensamento
computacional". Trátase de dúas das propostas pedagóxicas desenvolvidas
durante este curso no CPI e que, segundo a directora do centro, Mª del Camiño
Pereiro, “permiten configurar a escola como unha comunidade de aprendizaxe,
máxime cando nos atopamos nun ámbito rural, que necesita do coñecemento e
a valoración da formación como vía de desenvolvemento persoal e social.”
Na primeira xornada, ademais de participar nos obradoiros e de crear
micro-relatos de sensibilización ambiental para logo compartilos a través da
radio, o alumnado universitario involucrouse, entre outras actividades, no
desenvolvemento dunha mesa redonda sobre o tema “Educar en comunidade:
máis aló do ámbito curricular", onde descubriron da man do profesorado e dos
alumnos e alumnas do CPI novas formas de ensinar e aprender.
Ditas actuacións, reforzáronse co desenvolvemento da segunda
xornada, onde o eixo central xiro ao redor de "A educación como aposta de
futuro"; reflexión compartida onde alumnado, familias (representadas pola
AMPA), profesorado e futuros docentes debateron sobre o modelo educativo
actual e sobre os retos de futuro que debe afrontar. Dentro desta liña,
destacaremos as entrevistas realizadas no marco da xornadas a Inés Santé
Riveira, directora do Instituto de Estudos do Territorio.
Como vemos, o desenvolvemento destas xornadas é un paso máis no
camiño da colaboración que iniciaron entre ambas institucións, pois como conta
Helena Zapico, “a través de Nova Escola Galega e especialmente do seu grupo
Cavila, fomos coñecendo algúns dous magníficos proxectos de innovación
educativa que se ían desenvolvendo no Virxe da Cela, coma por exemplo ou
Monfero solidario, Sustentabilidade e Paisaxe, E-Dixgal… Foi así como
comezamos a analizar estas iniciativas nas nosas aulas e mesmo o ano
pasado convidamos ao cole a participar nunhas xornadas de Prácticum
celebradas na nosa facultade, nas que o propio alumnado explicaba aos nosos
estudantes de último ano de carreira como estaban a traballar no colexio e
como crían que debía ser un bo docente. Pouco a pouco, vaise consolidando
este contacto co CPI, ata que neste curso decidimos dar un paso máis, e
velaquí estamos!”. Unha forma máis de dar a coñecer propostas educativas
valiosas e de mellorar ademais a formación dos futuros profesionais da
educación.

Contenu connexe

Tendances

Traballando intelixencias entre a universidade e a escola
Traballando intelixencias entre a universidade e a escolaTraballando intelixencias entre a universidade e a escola
Traballando intelixencias entre a universidade e a escolasatelite1
 
Xornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
Xornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía GlobalXornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
Xornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Globalsatelite1
 
Programa iv encontro rces congreso voluntariado
Programa iv encontro rces congreso voluntariadoPrograma iv encontro rces congreso voluntariado
Programa iv encontro rces congreso voluntariadosatelite1
 
Crónica visita fundación repsol
Crónica visita fundación repsolCrónica visita fundación repsol
Crónica visita fundación repsolsatelite1
 
As familias tamén programan
As familias tamén programanAs familias tamén programan
As familias tamén programansatelite1
 
Crónica rces 2016
Crónica rces 2016Crónica rces 2016
Crónica rces 2016satelite1
 
Crónica guadarrama
Crónica guadarramaCrónica guadarrama
Crónica guadarramasatelite1
 
Moción de apoio en defensa do rural
Moción de apoio en defensa do ruralMoción de apoio en defensa do rural
Moción de apoio en defensa do ruralsatelite1
 
Crónica encontro traballo ecg braga
Crónica encontro traballo ecg bragaCrónica encontro traballo ecg braga
Crónica encontro traballo ecg bragasatelite1
 
Crónica proxecto móvete
Crónica proxecto móveteCrónica proxecto móvete
Crónica proxecto móvetesatelite1
 
Crónica celebración día do voluntariado
Crónica celebración día do voluntariadoCrónica celebración día do voluntariado
Crónica celebración día do voluntariadosatelite1
 
Circular familias día internacional voluntariado
Circular familias día internacional voluntariadoCircular familias día internacional voluntariado
Circular familias día internacional voluntariadosatelite1
 
Crónica rastro solidario
Crónica rastro solidarioCrónica rastro solidario
Crónica rastro solidariosatelite1
 
Crónica seminario internacional sobre o dereito á educación
Crónica seminario internacional sobre o dereito á educaciónCrónica seminario internacional sobre o dereito á educación
Crónica seminario internacional sobre o dereito á educaciónsatelite1
 
Proxecto móvete voluntariado miudo
Proxecto móvete voluntariado miudoProxecto móvete voluntariado miudo
Proxecto móvete voluntariado miudosatelite1
 
Crónica campaña sensibilización día internacional do voluntariado
Crónica campaña sensibilización día internacional do voluntariadoCrónica campaña sensibilización día internacional do voluntariado
Crónica campaña sensibilización día internacional do voluntariadosatelite1
 
Intervención cpi virxe da cela
Intervención cpi virxe da celaIntervención cpi virxe da cela
Intervención cpi virxe da celasatelite1
 
Dossier de prensa_cme2015
Dossier de prensa_cme2015Dossier de prensa_cme2015
Dossier de prensa_cme2015satelite1
 
Circular rastro solidario marzo 2015
Circular rastro solidario marzo 2015Circular rastro solidario marzo 2015
Circular rastro solidario marzo 2015satelite1
 

Tendances (20)

Traballando intelixencias entre a universidade e a escola
Traballando intelixencias entre a universidade e a escolaTraballando intelixencias entre a universidade e a escola
Traballando intelixencias entre a universidade e a escola
 
Xornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
Xornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía GlobalXornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
Xornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
 
Programa iv encontro rces congreso voluntariado
Programa iv encontro rces congreso voluntariadoPrograma iv encontro rces congreso voluntariado
Programa iv encontro rces congreso voluntariado
 
Crónica visita fundación repsol
Crónica visita fundación repsolCrónica visita fundación repsol
Crónica visita fundación repsol
 
As familias tamén programan
As familias tamén programanAs familias tamén programan
As familias tamén programan
 
Crónica rces 2016
Crónica rces 2016Crónica rces 2016
Crónica rces 2016
 
Crónica guadarrama
Crónica guadarramaCrónica guadarrama
Crónica guadarrama
 
Moción de apoio en defensa do rural
Moción de apoio en defensa do ruralMoción de apoio en defensa do rural
Moción de apoio en defensa do rural
 
Crónica encontro traballo ecg braga
Crónica encontro traballo ecg bragaCrónica encontro traballo ecg braga
Crónica encontro traballo ecg braga
 
Crónica proxecto móvete
Crónica proxecto móveteCrónica proxecto móvete
Crónica proxecto móvete
 
Crónica celebración día do voluntariado
Crónica celebración día do voluntariadoCrónica celebración día do voluntariado
Crónica celebración día do voluntariado
 
Circular familias día internacional voluntariado
Circular familias día internacional voluntariadoCircular familias día internacional voluntariado
Circular familias día internacional voluntariado
 
Crónica rastro solidario
Crónica rastro solidarioCrónica rastro solidario
Crónica rastro solidario
 
Crónica seminario internacional sobre o dereito á educación
Crónica seminario internacional sobre o dereito á educaciónCrónica seminario internacional sobre o dereito á educación
Crónica seminario internacional sobre o dereito á educación
 
Proxecto móvete voluntariado miudo
Proxecto móvete voluntariado miudoProxecto móvete voluntariado miudo
Proxecto móvete voluntariado miudo
 
Crónica campaña sensibilización día internacional do voluntariado
Crónica campaña sensibilización día internacional do voluntariadoCrónica campaña sensibilización día internacional do voluntariado
Crónica campaña sensibilización día internacional do voluntariado
 
Leilía nº24 2017
Leilía nº24 2017Leilía nº24 2017
Leilía nº24 2017
 
Intervención cpi virxe da cela
Intervención cpi virxe da celaIntervención cpi virxe da cela
Intervención cpi virxe da cela
 
Dossier de prensa_cme2015
Dossier de prensa_cme2015Dossier de prensa_cme2015
Dossier de prensa_cme2015
 
Circular rastro solidario marzo 2015
Circular rastro solidario marzo 2015Circular rastro solidario marzo 2015
Circular rastro solidario marzo 2015
 

En vedette

مصدقة ماجستير كامل
مصدقة ماجستير كاملمصدقة ماجستير كامل
مصدقة ماجستير كاملadham alnabulsi
 
Ficha 25 lingua galega a prensa_3º ciclo primaria
Ficha 25 lingua galega a prensa_3º ciclo primariaFicha 25 lingua galega a prensa_3º ciclo primaria
Ficha 25 lingua galega a prensa_3º ciclo primariasatelite1
 
Diana caruncho cartas a gandhi
Diana caruncho cartas a gandhiDiana caruncho cartas a gandhi
Diana caruncho cartas a gandhisatelite1
 
Guías prácticas 1°semestre
Guías prácticas 1°semestreGuías prácticas 1°semestre
Guías prácticas 1°semestreJonathan Hurtado
 
Ispor poster appropriate_comparator_health_state_in_tto_studies_kks_oct2014
Ispor poster appropriate_comparator_health_state_in_tto_studies_kks_oct2014Ispor poster appropriate_comparator_health_state_in_tto_studies_kks_oct2014
Ispor poster appropriate_comparator_health_state_in_tto_studies_kks_oct2014Office of Health Economics
 
Como enseñar exploracion de la naturaleza y la sociedad
Como enseñar exploracion de la naturaleza y la sociedadComo enseñar exploracion de la naturaleza y la sociedad
Como enseñar exploracion de la naturaleza y la sociedadFernando Castañeda
 

En vedette (12)

مصدقة ماجستير كامل
مصدقة ماجستير كاملمصدقة ماجستير كامل
مصدقة ماجستير كامل
 
Ficha 25 lingua galega a prensa_3º ciclo primaria
Ficha 25 lingua galega a prensa_3º ciclo primariaFicha 25 lingua galega a prensa_3º ciclo primaria
Ficha 25 lingua galega a prensa_3º ciclo primaria
 
Diario la calle 11 setiembre
Diario la calle 11 setiembreDiario la calle 11 setiembre
Diario la calle 11 setiembre
 
3 d holography
3 d holography3 d holography
3 d holography
 
HMI_1
HMI_1HMI_1
HMI_1
 
fenómeno del niño 1
fenómeno del niño 1fenómeno del niño 1
fenómeno del niño 1
 
Diana caruncho cartas a gandhi
Diana caruncho cartas a gandhiDiana caruncho cartas a gandhi
Diana caruncho cartas a gandhi
 
שרבוט כפול
שרבוט כפולשרבוט כפול
שרבוט כפול
 
Impresa italia ancona
Impresa italia anconaImpresa italia ancona
Impresa italia ancona
 
Guías prácticas 1°semestre
Guías prácticas 1°semestreGuías prácticas 1°semestre
Guías prácticas 1°semestre
 
Ispor poster appropriate_comparator_health_state_in_tto_studies_kks_oct2014
Ispor poster appropriate_comparator_health_state_in_tto_studies_kks_oct2014Ispor poster appropriate_comparator_health_state_in_tto_studies_kks_oct2014
Ispor poster appropriate_comparator_health_state_in_tto_studies_kks_oct2014
 
Como enseñar exploracion de la naturaleza y la sociedad
Como enseñar exploracion de la naturaleza y la sociedadComo enseñar exploracion de la naturaleza y la sociedad
Como enseñar exploracion de la naturaleza y la sociedad
 

Similaire à I xornadas convivencia universidade

Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Maria Lemos Cerqueira
 
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroLoudes Otero
 
Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Loudes Otero
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicasNoemiLage
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicasNoemiLage
 
Monferosolidario Ponencia
Monferosolidario PonenciaMonferosolidario Ponencia
Monferosolidario Ponenciasatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarYolanda Castro
 
Dando moito que falar
Dando moito que falarDando moito que falar
Dando moito que falarsatelite1
 
As familias tamén programan
As familias tamén programanAs familias tamén programan
As familias tamén programansatelite1
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Yolanda Castro
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Presentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edPresentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edsatelite1
 
Monferosolidario
MonferosolidarioMonferosolidario
Monferosolidariosatelite1
 
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15cacharila
 
Monferosolidario de monfero a anantapur
Monferosolidario de monfero a anantapurMonferosolidario de monfero a anantapur
Monferosolidario de monfero a anantapursatelite1
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Iolidesarandon
 

Similaire à I xornadas convivencia universidade (20)

Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
 
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
 
Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicas
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicas
 
Monferosolidario Ponencia
Monferosolidario PonenciaMonferosolidario Ponencia
Monferosolidario Ponencia
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista Escolar
 
Inspira ti cs
Inspira ti csInspira ti cs
Inspira ti cs
 
Dando moito que falar
Dando moito que falarDando moito que falar
Dando moito que falar
 
Biblioteca
BibliotecaBiblioteca
Biblioteca
 
As familias tamén programan
As familias tamén programanAs familias tamén programan
As familias tamén programan
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Presentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edPresentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto ed
 
Monferosolidario
MonferosolidarioMonferosolidario
Monferosolidario
 
Monferosolidario
MonferosolidarioMonferosolidario
Monferosolidario
 
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
 
Monferosolidario de monfero a anantapur
Monferosolidario de monfero a anantapurMonferosolidario de monfero a anantapur
Monferosolidario de monfero a anantapur
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013
 

Plus de satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao colesatelite1
 

Plus de satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
 

Dernier

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Dernier (7)

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 

I xornadas convivencia universidade

  • 1. I XORNADAS CONVIVENCIA UNIVERSIDADE-ESCOLA Esta semana finalizaron en Monfero as “I Xornadas de Convivencia Escola-Universidade”, organizadas polo CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero e a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Foi un espazo de encontro entre a comunidade educativa do CPI e os estudantes do primeiro curso do Grao en Educación Primaria da UDC, dirixido a promover o coñecemento mutuo e a fomentar o traballo colaborativo entre ambos os colectivos. As xornadas desenvólvense ao longo de dous días (10 de novembro e 7 de decembro de 2015), nos que os estudantes universitarios desprazáronse ata Monfero para coñecer de primeira man os distintos proxectos educativos que se están levando a cabo desde o CPI Virxe da Cela. Desta forma, en palabras de Helena Zapico, profesora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña e unha das promotoras da iniciativa, “as futuras mestras e mestres, que veñen de iniciar a súa andaina formativa na UDC, interactuando coas cativas e cativos de Primaria, así como co profesorado do centro, participando directamente en distintos proxectos, tales como os obradoiros de Radio itinerante Creativa ou de Programación e pensamento computacional". Trátase de dúas das propostas pedagóxicas desenvolvidas durante este curso no CPI e que, segundo a directora do centro, Mª del Camiño Pereiro, “permiten configurar a escola como unha comunidade de aprendizaxe, máxime cando nos atopamos nun ámbito rural, que necesita do coñecemento e a valoración da formación como vía de desenvolvemento persoal e social.” Na primeira xornada, ademais de participar nos obradoiros e de crear micro-relatos de sensibilización ambiental para logo compartilos a través da radio, o alumnado universitario involucrouse, entre outras actividades, no desenvolvemento dunha mesa redonda sobre o tema “Educar en comunidade: máis aló do ámbito curricular", onde descubriron da man do profesorado e dos alumnos e alumnas do CPI novas formas de ensinar e aprender.
  • 2. Ditas actuacións, reforzáronse co desenvolvemento da segunda xornada, onde o eixo central xiro ao redor de "A educación como aposta de futuro"; reflexión compartida onde alumnado, familias (representadas pola AMPA), profesorado e futuros docentes debateron sobre o modelo educativo actual e sobre os retos de futuro que debe afrontar. Dentro desta liña, destacaremos as entrevistas realizadas no marco da xornadas a Inés Santé Riveira, directora do Instituto de Estudos do Territorio. Como vemos, o desenvolvemento destas xornadas é un paso máis no camiño da colaboración que iniciaron entre ambas institucións, pois como conta Helena Zapico, “a través de Nova Escola Galega e especialmente do seu grupo Cavila, fomos coñecendo algúns dous magníficos proxectos de innovación educativa que se ían desenvolvendo no Virxe da Cela, coma por exemplo ou Monfero solidario, Sustentabilidade e Paisaxe, E-Dixgal… Foi así como comezamos a analizar estas iniciativas nas nosas aulas e mesmo o ano pasado convidamos ao cole a participar nunhas xornadas de Prácticum celebradas na nosa facultade, nas que o propio alumnado explicaba aos nosos estudantes de último ano de carreira como estaban a traballar no colexio e como crían que debía ser un bo docente. Pouco a pouco, vaise consolidando este contacto co CPI, ata que neste curso decidimos dar un paso máis, e velaquí estamos!”. Unha forma máis de dar a coñecer propostas educativas valiosas e de mellorar ademais a formación dos futuros profesionais da educación.