1. ANTE AS AGRESIÓNS SÓ CABE DEFENDERSE E LOITAR
Compañeiras e compañeiros:
Estes días de mobilización demostraron
que os poderosos, cando os traballadores loitan e se amosan reivindicati-
vos, póñense nerviosos. Cunhas poucas manifestacións coordenadas xa
conseguimos que o ex interino Feijóo presentara unhas mínimas melloras
no asunto das retribucións nas baixas por enfermidade. Con isto demós-
trase que, se incrementamos a contundencia das mobilizacións, podere-
mos conseguir a volta atrás nas intencións deste fato de desvergonzados.
Están anunciando que as medidas de roubo dos nosos dereitos aproba-
ranse o día 28 próximo no parlamento. Isto non nos ten que deter na no-
sa loita; ao contrario, isto tennos que decidir a aumentar o ritmo e a pro-
fundidade das mobilizacións, pero sen que supoña que a partir do 28 es-
teamos quedos.
Os tramposos do goberno galego pensan que os traballadores públicos,
coa norma aprobada, non serán quen de manter as mobilizacións. De-
mostrémoslles que están equivocados e sexamos conscientes de que o
mesmo que a aprobaron, a poden derrogar.
OS DEREITOS NON SE NEGOCIAN, DEFÉNDENSE!
CONTRA OS RECORTES AOS EMPREGADOS PÚBLICOS, MOBILIZACIÓN!